4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e...

14
Boas tardes rapaces/zas Ao final non me acordei de poñervos as preguntas da Idade Antiga , o luns 18 toca da Idade Media. Non sei o que pensades, se queredes que vos faga esas preguntas, non teño problema, pero quero que polo menos mas faga algún de vós. Decídeme se queredes qua faga sí ou non. As composicións históricas do s XIX van a ser de novo unha de Isabel II, non fai falta que a fagades de novo, simplemente ir situando e comentando os textos que aquí van. E outra do Sexenio revolucionario. Acordádevos de non só citar os textos senon tamén de poner alguna frase ou comentario sobre él, cando hai Constitucións é preciso tamén ir citando os artigos .Como os anteriores van un sen galego e outros en castela´n segundo os atopei na internet. Do S XX van documentos referidos ao Bienio Reformista de II República e á Guerra Civil Española. Neste último tema mándovos tamén unha teoría nova sobre a pregunta da internacionalización do conflito que creo que vos pode resultar mellor. Tamén poño outro texto da Guerra Civil pero que fala tamén da evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de preguntas do grupo de traballo, non entra, pero vouno poner para que lle votedes unha ollada Tedes ata o vindeiro luns 25 de maio para facelas, pero polo que vin hoxe , se todo vai ben o 25 de maio poderemos voltar ás aulas polo menos os de segundo bac e de ciclos. Seguide con moito ánimo

Transcript of 4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e...

Page 1: 4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de preguntas do grupo de traballo, non entra, pero

Boas tardes rapaces/zas

Ao final non me acordei de poñervos as preguntas da Idade Antiga , o luns 18

toca da Idade Media. Non sei o que pensades, se queredes que vos faga esas

preguntas, non teño problema, pero quero que polo menos mas faga algún de

vós. Decídeme se queredes qua faga sí ou non.

As composicións históricas do s XIX van a ser de novo unha de Isabel II, non

fai falta que a fagades de novo, simplemente ir situando e comentando os

textos que aquí van. E outra do Sexenio revolucionario. Acordádevos de non só

citar os textos senon tamén de poner alguna frase ou comentario sobre él,

cando hai Constitucións é preciso tamén ir citando os artigos .Como os

anteriores van un sen galego e outros en castela´n segundo os atopei na

internet.

Do S XX van documentos referidos ao Bienio Reformista de II República e á

Guerra Civil Española. Neste último tema mándovos tamén unha teoría nova

sobre a pregunta da internacionalización do conflito que creo que vos pode

resultar mellor. Tamén poño outro texto da Guerra Civil pero que fala tamén da

evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de

preguntas do grupo de traballo, non entra, pero vouno poner para que lle

votedes unha ollada

Tedes ata o vindeiro luns 25 de maio para facelas, pero polo que vin hoxe , se

todo vai ben o 25 de maio poderemos voltar ás aulas polo menos os de

segundo bac e de ciclos.

Seguide con moito ánimo

Page 2: 4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de preguntas do grupo de traballo, non entra, pero

4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS DO LIBERALISMO E

DIFERENCIAS ENTRE AS DIFERENTES FAMILIAS OILÍTICAS)

ORIENTACIÓNS: Os documentos seguintes deben permitirche elaborar un texto sobre a vida política

durante o reinado de Isabel II. Na túa redacción debes abordar as seguintes cuestións: A diversidade das forzas políticas, dende o carlismo ata o republicanismo democrático; o predominio político moderado; o intervencionismo militar na política; as circunstancias que concorren na caída do réxime. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita. Doc. 1.-María Teresa de Braganza y Borbón, muller do infante Don Carlos, expón así algunhas das ideas do carlismo: “Relixión, Patria e Rei (...). Rei, digo por último, pero rei pola Graza de Deus e non pola graza da soberanía nacional (...). Segundo o liberalismo, da soberanía nacional emana todo o poder e os poderes que existen, negando deste xeito todo poder de orixe divina. Agora ben, isto está condenado pola Igrexa católica e con razón; pois a Escritura sagrada di expresamente: todo poder vén de Deus (...)”. Doc. 2.-Preámbulo da Constitución de 1845: “Dona Isabel II, pola Graza de Deus e da Constitución da Monarquía Española, Raíña das Españas, a todos os que a presente viren e entenderen, sabede: Que sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en consonancia coas necesidades actuais do Estado os antigos fueros e liberdades destes reinos, e a intervención que as súas Cortes tiveron en todos os tempos nos negocios graves da Monarquía, modificando ao efecto a Constitución promulgada en 18 de xuño de 1837, vimos (…) en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”. Doc.3.-Comentario sobre o intervencionismo militar na vida política (El pensamiento de la nación, 18 de marzo de 1846): “As queixas contra a preponderancia militar datan de moito tempo: hai longos anos que as fraccións liberais se acusan unhas a outras polos estados de sitio. O que en 1834 e 1835 dicían os progresistas contra os moderados, dixeron os moderados contra os progresistas en 1836 e 1837; ata 1840 tocoulles aos progresistas repetir os mesmos cargos que logo reproduciron os moderados ata 1843; dende o pronunciamento de xuño do dito ano quéixanse outra vez os progresistas (…).O poder militar é forte porque o civil é fraco, non tanto se debe pensar en abater aquel como en fortalecer este; a forza do poder civil será a ruína do militar, que deixará de ser poder e pasará a ser unha clase como as demais do Estado ...”. Doc. 4.-En 1860, o republicano Fernando Garrido caracteriza así as máis importantes tendencias políticas do momento: “Os moderados representan un paso máis na escala do progreso, non conceden senón a medias o principio da soberanía nacional. Din: o rei ten o seu dereito de ser soberano, dereito histórico e de raza, pero o pobo tamén ten dereito a intervir co rei na xestión dos públicos intereses; e conservando as institucións do absolutismo, líganas o menos mal que poden coas novas, que deben satisfacer os desexos das clases acomodadas, e unha pequena parte das medias. Os progresistas parten do principio da soberanía nacional, que colocan sobre todos os outros. O rei, segundo eles, éo porque a nación quere que o sexa, e non porque o herdara dos seus devanceiros (…). Hai unha fracción demócrata que cre posible a amalgama da monarquía e dos principios democráticos, da liberdade individual e da soberanía nacional. Segue a esta a fracción republicana propiamente dita. A democracia como réxime político quere, segundo vemos nas súas publicacións, no canto do rei un consello ou xunta federal composta, como en Suíza, por un ou máis membros por cada provincia ou Estado. No canto de dúas cámaras, unha soa. No canto do censo electoral, o sufraxio universal para toda clase de eleccións. Os seus elementos máis activos pertencen ás profesións liberais, aos traballadores e artesáns, e unha parte máis considerable cada día á clase media”. Doc. 5.-As forzas militares mandadas por Prim, Serrano e Topete pronúncianse en Cádiz en setembro de 1868, publicando o seguinte manifesto: “Aldraxada a lei fundamental (…), corrompido o sufraxio pola ameaza e o suborno (…), pasto a Administración e a Facenda da inmoralidade (…), muda a prensa (…). Tal é a España de hoxe (…). Queremos que un Goberno provisional querepresente todas as forzas vivas do país asegure a orde, en tanto que o sufraxio universal bota os alicerces da nosa rexeneración social e política”.

Page 3: 4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de preguntas do grupo de traballo, non entra, pero

5.- A REVOLUCIÓN GLORIOSA E A CONSTITUCIÓN DE 1869 ORIENTACIÓNS: Os documentos que se presentan reflicten momentos importantes da evolución política durante o Sexenio democrático (1868-1874). Na túa redacción debes abordar as seguintes cuestións: as circunstancias que conduciron á expulsión do trono de Isabel II e as aspiracións dos revolucionarios triunfantes; os trazos esenciais do novo réxime político que a Constitución de 1869 instaura . Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc 1.- Manifiesto sobre o Pacto de Ostende (1867)

1º. Que o obxecto e bandeira da revolución en España é a caída dos Borbóns.

2º. Que sendo para os demócratas un principio esencial do seu dogma político o sufraxio universal, e admitindo os progresistas o dereito moderno constituínte do plebiscito, a base para a intelixencia dos dous partidos fora que por un plebiscito (…) ou por unas Cortes constituíntes elexidas por un sufraxio universal, decidiríase a forma de goberno que se habería de establecer en España (…) , na intelixencia de que, ata que así se decidira , tería que ser absoluta a liberdade de imprenta, e sen ninguna limitación o dereito de reunión, para que a opinión nacional poidera ilustrarse e organizarse convenientemente.

Manifiesto de DON CARLOS MARÍA DE LA TORRE sobre os acordos dos firmantes del Pacto de Ostende (Bruselas, 1867

Doc.2.-O 27 de setembro de 1868, a Xunta de Goberno de Málaga súmase con esta proclama á revolución coñecida como Gloriosa: “Aspiramos á liberdade de conciencia (...). Imos, pois, establecer a liberdade de cultos. Aspiramos á liberdade de sufraxio (...), proclamamos o sufraxio universal. Aspiramos á liberdade da razón, e queremos o ensino libre, e que o pensamento escrito circule sen traba. Aspiramos, en fin, á liberdade económica e de asociación (...). Queremos Cortes Constituíntes, expresión fiel da soberanía da Nación, para que promulguen unha Constitución (...). Cidadáns: ¡Viva a liberdade! ¡Viva a soberanía nacional! ¡Abaixo os Borbóns!”. Doc 3.- Reforma do sistema monetario.

O triunfo da revolución iniciada no glorioso alzamento de Cádiz fai indispensable unha medida de grandísima importancia : a

reacuñación da moeda. (…) Pero ao reacuñar a moeda, posta que han de facerse os gastos necesarios para este obxecto, parace a

ocasión oportuna de realizar a reforma do sistema monetario, axustando este ás bases adoptadas no convenio internacional de 23

de decembro de 1865 por Francia, Bélxica, Italia e Suiza. (…) España non entra, sen embargo, a formar desde logo parte da

unión monetaria establecida polos catro países indicados, nen se somete ás obrigas do referido convenio; conservando a súa

liberdade de acción para todo o que non se determina dun modo expreso no presente decreto(…)

Por todas estas consideracións, e en uso das facultades que me competen, como individuo e Ministro de Facenda, veño en

decretar o seguinte :

Art 1.- En todos os dominios españois a unidade monetaria será a peseta, moeda efectiva equivalente a 100 céntimos.

Art 2.- Acuñaranse moedas de ouro de 100,50,20,10 e 5 pesetas.

Art 3.- Asimesmo acuñaranse moedas de prata de 5 pesetas.

Art 4.- Tamén se acuñarán moedas de dúas pesetas, unha peseta, 50 céntimos e 20 céntimos.

Art 5.- Acuñaranse moedas de bronce de 10,5,2, e un céntimo.

19 de outubro de 1868

Page 4: 4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de preguntas do grupo de traballo, non entra, pero

Doc.4.-Constitución de 1869: “A Nación Española, e no seu nome as Cortes Constituíntes, elixidas por sufraxio universal, desexando afianzar a xustiza, a liberdade e a seguridade, e prover ao ben de cantos vivan en España, decretan e sancionan a seguinte Constitución (...): Art. 17. Tampouco pode ser privado ningún español: do dereito de emitir libremente as súas ideas e opinións, xa de palabra, xa por escrito (...). Do dereito de reunirse pacificamente. Do dereito de asociarse para todos os fins da vida humana que non sexan contrarios á moral pública (...). Art 21.- A Nación obrígase a mamnter o culto e os ministros da relixión católica. O exercicio público e privado de carquera outro culto queda garantizado (…) sen máis limitacións que as regras universais da moral e o dereito (…) Art. 32. A soberanía reside esencialmente na nación, da cal emanan todos os poderes. Art. 33. A forma de goberno da Nación Española é a Monarquía. Art. 34. A potestade de facer as leis reside nas Cortes. O Rei sanciona e promulga as leis. Art. 35. O poder executivo reside no Rei, que o exerce por medio dos ministros. Art. 36. Os tribunais exercen o poder xudicial”. Art. 930. Establecerase o xuizo por xurados para todos os delitos políticos e para os común que determine a lei.

Doc 5.- Partidos políticos durante el Sexenio Revolucionario

Page 5: 4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de preguntas do grupo de traballo, non entra, pero

17.- AS GRANDES REFORMAS DA REPÚBLICA

A instauración da Segunda República supón o inicio dunha serie de reformas en diversos ámbitos, como os que aparecen reflectidos nos documentos que se propoñen. Á luz dos textos, debes comentar cada unha das cuestión que se citan neles, sen esquecer tratar no seu conxunto a política de reformas atendendo á caracterización xeral da mesma, ás forzas sociais e políticas que a promoveron e a aquelas que se opuxeron, e aludindo ás derivacións ou desenlace da confrontación en torno a tales medidas. Doc.1.-A Constitución de 1931 aborda así a cuestión relixiosa: .Art. 3. O Estado español non ten relixión oficial (...). Art. 26. Tódalas confesións relixiosas serán consideradas comoAsociacións sometidas a unha lei especial.O Estado, as rexións, as provincias e os Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas,Asociacións e institucións relixiosas. Unha lei especial regulará a total extinción, nun prazo máximo de dous anos, do presuposto do Clero. Quedan disoltas aquelas Ordes relixiosas que estatutariamente impoñan, ademais dos tres votos canónicos, outro especial de obediencia a autoridade distinta da lexítima do Estado (...). As demais Ordes relixiosas someteranse a unha lei especial votada por estas Cortes Constituíntes e axustada ás seguintes bases: 1ª. Disolución das que polas súas actividades constitúan un perigo para a seguridade do Estado (...). 4ª. Prohibición de exercer a industria, o comercio ou o ensino. 5ª. Submisión a todas as leis tributarias do país.. Doc.2.-O decreto de 23 de abril de 1931 obriga ós militares a prometer fidelidade á República: .A revolución de abril, que por vontade do pobo instaurou a República, extingue o xuramento de obediencia e fidelidade que as forzas armadas da nación prestaran ás institucións hoxe desaparecidas (...), a unha dinastía ou unha persoa.Amisión do Exército é soster a independencia da Patria (...). OGoberno provisional da República decreta: Art.. 1º. Tódolos xenerais en situación de actividade ou reserva, e tódolos xefes, oficiais e asimilados (...) haberán prestar no prazo de catro días (...) solemne promesa de adhesión e fidelidade á República.. Doc.3.-Lei de Bases da Reforma Agraria (1932): “Base 5ª. Serán susceptibles de expropiación as terras incluídas nos seguintes apartados: 1º. As ofrecidas voluntariamente polos seus donos (...). 4º. As fincas rústicas de Corporacións, fundacións e establecementos públicos que as exploten en réxime de arrendamento, parcería ou calquera outra forma que non sexa explotación directa (...). 5º. As que polas circunstancias da súa adquisición, por non seren explotadas directamente polos adquirentes (...), deba presumirse que foron compradas con fins de especulación ou co único obxecto de percibir a súa renda. 6º. As que constituíron señoríos xurisdicionais (...). 7º. As incultas ou manifestamente mal cultivadas (...)”. Doc 4.- La disolución de la Compañía de Jesús “(…) Los religiosos y novicios de la Compañía de Jesús cesarán en la vida común dentro del territorio nacional en el término de diez días, a contar desde la publicación del presente Decreto. Transcurrido dicho término, los gobernadores civiles darán cuenta al Gobierno del cumplimiento de esta disposición. Los miembros de la disuelta Compañía no podrán en lo sucesivo convivir en un mismo domicilio en forma manifiesta ni encubierta, ni reunirse ni asociarse para continuar la extinguida personalidad de aquélla (…)”

Decreto de disolución de la Compañía de Jesús, 23-I-1932.

Page 6: 4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de preguntas do grupo de traballo, non entra, pero

Doc.5.-O 21 de setembro de 1932, a Gaceta de Madrid publicou o Estatuto de Autonomía de Cataluña: “Art. 1º. Cataluña constitúese en rexión autónoma dentro do Estado español, de acordo coa Constitución da República e o presente Estatuto. O seu organismo representativo é a Generalitat (...). Art. 2º. O idioma catalán é, como o castelán, lingua oficial en Cataluña (...). Dentro do territorio catalán, os cidadáns, calquera que sexa a súa lingua materna, terán dereito a elixir o idioma oficial que prefiran nas súas relacións cos tribunais, autoridades e funcionarios de todas clases, tanto da Generalitat como da República (...). Art. 11º. Corresponde á Generalitat a lexislación exclusiva en materia civil, agás o disposto no artigo 15, número 1, da Constitución, e a administrativa que lle estea plenamente atribuída por este Estatuto”. Doc 6.- Acto de constitución de la C.E.D.A. (1933) “Anoche se constituyó, entre vítores de entusiasmo, la Confederación Española de Derechas Autónomas. Gil Robles, en las palabras finales, decía: ‘Debemos felicitarnos de los trabajos, de la misma diversidad de tendencias manifestadas, porque sólo han revelado la pugna de llevar a las conclusiones la interpretación más fiel y avanzada de la doctrina social y política cristiana. Dios ha bendecido nuestros trabajos porque los ha presidido la humildad del corazón y la pureza de los fines. Me limito, pues, a darle las gracias y a declarar solemnemente que ha quedado constituida la C.E.D.A., que ha de ser el núcleo derechista que salve a la Patria, hoy en peligro’. Al discutirse, por la tarde, después de terminar todas las secciones sus respectivos trabajos, el Estatuto de la C.E.D.A., se admitieron como coincidencias fundamentales de los partidos que la integran -aparte de las conclusiones aprobadas en detalle- las siguientes, debidas a la iniciativa de la Derecha Regional Valenciana: a) Afirmación y defensa de los principios fundamentales de la civilización cristiana. b) Necesidad de una revisión constitucional de acuerdo con dichos principios. c) Aceptación, como táctica para toda su actuación política, de las normas dadas por el Episcopado a los católicos españoles en su declaración colectiva de diciembre de 1931.” “El Debate”, 5 de marzo de 1933

Page 7: 4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de preguntas do grupo de traballo, non entra, pero

Guerra civil Española HISTORIA DE ESPAÑA

Os seguintes documentos deben permitirche elaborar un texto sobre a Guerra Civil. Na redacción debes

desenvolver as seguintes cuestións: a sublevación militar que lle dá inicio; as posicións ideolóxicas que

se enfrontan no conflito;a súa dimensión internacional. Lembra que non se trata de responder a

preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se

terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc. 1.-Dolores Ibarruri, Pasionaria, chama á resistencia no seu discurso do 19 de xullo de 1936:

“Traballadores, antifascistas, pobo laborioso: todos en pé a defender a República, as liberdades

populares e as conquistas democráticas do pobo (...). Todo o país vibra de emoción ante eses desalmados

que queren polo fogo e o terror sumir á España democrática e popular nun inferno (...). Pero non pasarán;

España enteira está en pé de loita (...). ¡Viva a Fronte Popular! ¡Viva a unión de todos os antifascistas!

¡Viva a República do pobo!”.

Doc. 2.-Manifesto do xeneral Franco, 17 de xullo de 1936.

“Españoles: a cuantos sentís el santo amor a España, a los que en las filas del Ejército y la Armada habéis hecho profesión de fe en el servicio a la Patria, a cuantos jurasteis defenderla de sus enemigos hasta perder la vida, la nación os llama en su defensa. La situación de España es cada día más crítica, la anarquía reina en la mayoría de los campos y pueblos; autoridades de nombramiento gubernativo presiden, cuando no fomentan las revueltas: a tiros de pistola y ametralladoras se dirimen las diferencias entre los ciudadanos que alevosa y traidoramente asesinan sin que los poderes públicos impongan la paz y la justicia […]. ¿Es que se puede consentir un día más el vergonzoso espectáculo que estamos dando al mundo? […] Españoles: ¡Viva España! ¡Viva el honrado pueblo español!” Tetuán, 17 de julio de 1936. ABC, jueves 23 de julio de 1936. Edición de Andalucía, pág. 1 Doc. 3.-Galeazzo Ciano, ministro italiano de Asuntos Exteriores, informa así da situación en España:

“En España xa se formaron dúas frontes. Cunha están alemáns e italianos; con outra franceses,

belgas e rusos. O Duce está de acordo con Hitler en opinar que a determinación das dúas frontes é xa un

feito consumado. Italia apoiou e segue a apoiar aos españois sen condicións (...). A nosa acción en España

é unha proba efectiva da nosa participación na loita antibolxevique”.

Page 8: 4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de preguntas do grupo de traballo, non entra, pero

Doc 4.- Declaración francesa de “no intervención”, 16 de agosto de 1936

“El gobierno de la República Francesa, deplorando los trágicos acontecimientos de que es teatro España; decidió abstenerse rigurosamente de cualquier injerencia directa o indirecta en los asuntos internos de este país; animado de la voluntad de evitar cualquier complicación perjudicial al mantenimiento de las buenas relaciones entre los pueblos; declaran lo siguiente: 1. El Gobierno francés prohíbe en lo que concierne, la exportación directa o indirecta, la reexportación y el tránsito con destino a España, posesiones españolas y zona española de Marruecos de todas las armas, municiones, y material de guerra así como de todas las aeronaves montadas o desmontadas, y de toda nave de guerra. 2. Esta prohibición se cursa a los contratos en curso de ejecución. 3. El Gobierno francés tendrá informados a otros Gobiernos participantes en este acuerdo de todas las medidas que tome para hacer efectiva la presente declaración. El gobierno francés, en lo que concierne, pondrá en ejecución esta declaración apenas se hayan adherido a ella los gobiernos británico, alemán, italiano, soviético y portugués”. París, 15 de agosto de 1936."

Page 9: 4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de preguntas do grupo de traballo, non entra, pero

PAU XUÑO 2012

HISTORIA DE ESPAÑA OPCIÓN B

Os seguintes documentos deben permitirche elaborar un texto sobre a Guerra Civil. Na redacción debes

desenvolver as seguintes cuestións: a sublevación militar que lle dá inicio; as posicións ideolóxicas que

se enfrontan no conflito; a evolución política das dúas zonas; os factores que favorecen a vitoria final

dos sublevados e as consecuencias desa vitoria. Lembra que non se trata de responder a preguntas

illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en

conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc. 1.-Dolores Ibarruri, Pasionaria, chama á resistencia no seu discurso do 19 de xullo de 1936: “Traballadores, antifascistas, pobo laborioso: todos en pé a defender a República, as liberdades populares

e as conquistas democráticas do pobo (...). Todo o país vibra de emoción ante eses desalmados que queren

polo fogo e o terror sumir á España democrática e popular nun inferno (...). Pero non pasarán; España

enteira está en pé de loita (...). ¡Viva a Fronte Popular! ¡Viva a unión de todos os antifascistas! ¡Viva a

República do pobo!”.

Doc. 2.-Galeazzo Ciano, ministro italiano de Asuntos Exteriores, informa así da situación en

España: “En España xa se formaron dúas frontes. Cunha están alemáns e italianos; con outra franceses, belgas e

rusos. O Duce está de acordo con Hitler en opinar que a determinación das dúas frontes é xa un feito

consumado. Italia apoiou e segue a apoiar aos españois sen condicións (...). A nosa acción en España é

unha proba efectiva da nosa participación na loita antibolxevique”.

Doc. 3.-Discurso de Largo Caballero, presidente do Goberno e secretario xeral da UGT, outubro de

1936: “Primeiro debemos gañar a guerra e despois xa poderemos falar de revolución”.

Doc. 4.-Boletín informativo da CNT-FAI, xaneiro de 1937: “Que quede ben entendido que non estamos a loitar pola República democrática. Estamos a loitar polo

triunfo da revolución proletaria. A revolución e a guerra son inseparables. Todo o que se diga en sentido

contrario é contrarrevolución reformista”.

Doc. 5.-Postura defendida en Mundo Obrero, órgano de expresión do PCE, marzo de 1937: “¿De que nos acusan os camaradas da CNT? Segundo eles, afastámonos do camiño do marxismo

revolucionario. ¿Por que? Porque defendemos a República democrática (...). Unha República democrática

e parlamentaria dun contido social como non existiu endexamais”.

Doc. 6.-O 20 de abril de 1937, Francisco Franco, Xefe do Estado e Xeneralísimo das forzas

nacionais, asina o Decreto de Unificación: “Art. 1. Falange Española e Requetés, cos seus actuais servizos e elementos, intégranse, baixo a Miña

Xefatura, nunha soa entidade política de carácter nacional que, de momento, se denominará Falange

Tradicionalista y de las JONS.

Esta organización, intermedia entre a Sociedade e o Estado, ten a misión principal de comunicar ao

Estado o alento do pobo e de levar a este o pensamento de aquel a través das virtudes político-morais, de

servizo, xerarquía e irmandade (...).

Quedan disoltas as demais organizacións e partidos políticos”.

Doc. 7.-Último parte de guerra: “No día de hoxe, cativo e desarmado o exército roxo, acadaron as tropas nacionais os seus últimos

obxectivos militares. A guerra rematou.

Francisco Franco. Burgos, 1-IV-1939. Ano da Vitoria”.

Page 10: 4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de preguntas do grupo de traballo, non entra, pero

1

Composición histórica sobre a guerra civil española

Xa desde o triunfo da Fonte popular en febreiro de 1836, os grupos de dereitas e parte

do exército iniciaron unha conspiración contra o goberno, nos primeiros momentos foi

moi débil ata que colleu a dirección o xeneral Emilio Mola. O clima de revolución social

e crispación que se vivía neses momentos facilitou o aumento dos conspiradores. O

día 14 de xullo morreu asesinado o dirixente monárquico José Calvo Sotelo, a mans

dun grupo de esquerdistas, como represalia polo asesinato do tenente Castillo, que

colaboraba coas milicias de esquerdas. Dias máis tarde comezou a sublevación.

A guerra civil española vai desde o 18 de xullo de 1936 ata o 1 de abril de 1939. Comeza coa sublevación do exército de África o 17 de xullo , que pasou a estar baixo o mando do xeneral Franco. O 18 de xullo tivo lugar o alzamento militar na península. Estaba pensado que se sublevasen ao mesmo tempo todas as guarnicións militares e era imprescindible o triunfo en Madrid e Barcelona. A guerra civil tivo lugar pólo fracaso do golpe de estado e a indecisión do goberno.

A fidelidade de parte do exército á República, a resistencia popular e a oposición das masas obreiras motivarán o fracaso nas cidades máis importantes do país como Barcelona, Madrid ou Valencia (en Barcelona a acción combinada das forzas de seguridade e dos anarquistas permitiu dominar a rebelión; en Madrid os rebeldes fixéronse fortes no cuartel da Montaña, que foi asaltado por obreiros armados e tropas fieis ao goberno e en Valencia a indecisión dos rebeldes facilitou que o goberno dominase a situación en toda a rexión)

A indecisión do Goberno da República favoreceu aos sublevados:

Nun primeiro momento o goberno tratará de negociar e apaciguar aos rebeldes, ordenando a desmobilización dos soldados o que desarticulou ao exército da república. Únicamente, o día 19, nomeado José Giral presidente do Goberno co apoio da Fronte Popular, decidiuse entregar armas ás organizacións obreiras, que formaron milicias dirixidas por comités locais e provinciais, co risco de debilitar ao estado republicano e que estas organizacións impuxeran a revolución e a desunión. España quedou dividida em dúas zonas, nacional e republicana e fóronse configurando os bandos.

Sublevados: Gran parte do exército de Terra (as tropas máis preparadas do exército de África) e parte da Garda Civil.

División no exército: República: A Garda de Asalto, a Aviación e a Mariña, na que os mariñeiros amotináronse contra os mandos golpistas obstaculizando o traslado das forzas de África á Península.

División do país: Canarias e Marrocos

- Zona “nacional” Áreas agrarias do norte e centro, excepto a franxa cantábrica (Asturias-País Vasco)

Áreas con votantes tradicionais católicos e de dereitas (moitas capitais de provincia). Sevilla e Zaragoza, de forte implantación das esquerdas, foron controladas debido á decidida actuación dos xenerais Queipo de Llano e Cabanellas, respectivamente.

Page 11: 4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de preguntas do grupo de traballo, non entra, pero

2

- Zona republicana As principais cidades, áreas industriais e mineiras (Asturias, Cataluña, Valencia, Madrid,…) e gran parte das zonas con xornaleiros e agricultura latifundista (Estremadura, Castela-A Mancha, gran parte de Andalucía), así como aquelas nas que predominaban os nacionalistas (Guipúscoa, Biscaia).

Aliñamento social:

- Ó lado dos rebeldes situaronse as masas católicas, conservadoras e tradicionalistas, o gran capital e os pequenos e medianos campesinos do norte (o que lles permitiu controlar desde un principio Navarra, Castela-León, Aragón e Galicia).

- A República contou coa fidelidade do proletariado urbano

industrial, os xornaleiros do sur e a pequena e mediana burguesía urbana, son dirixidos por partidos de esquerdas como no Doc 1 onde Dolores Ibárriri “ A Pasionaria”, dirixente do Partido Comunista fai un chamamento á resistência contra os fascistas En moitas áreas xurdiron comités locais, dominados polos partidos e sindicatos de esquerda, que se fixeron co poder, controlaron a economía e a orde pública e movilizaron aos obreiros.

Dous bandos enfrontados: - Os sublevados definirán o seu movemento como un

Alzamento Nacional en defensa da patria para acabar coa anarquía e restablecer a orde, Como indica o Doc 2 no que Franco chama ás defenda da patria na que dí reina a anrquía; denominarán rojos aos seus inimigos e chamarán España Nacional á área que dominaban.

- A República considerou a sublevación como unha rebelión

contra o sistema democrático legalmente establecido.

As características xerais desta guerra son :

A guerra representa para moitos dos participantes e a opinión pública internacional os rasgos dun enfrontamento que culminará na segunda guerra mundial:

Fascismo v. Democracias Ideolóxico

Civilización occidental v. Comunismo ateo Enfrontamento

Obreiros v. Patronos Social: loita de clases

Xornaleiros v. Propietarios

Implicación da poboación:

- No bando nacional o control do exército levará a unha militarización da sociedade. A muller desempeñará tarefas vinculadas co auxilio social, atención aos feridos, etc., consideradas “apropiadas” socialmente.

- No bando republicano as organizacións obreiras actuarán como canle de movilización popular debido á fragmentación do Estado. As mulleres

Page 12: 4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de preguntas do grupo de traballo, non entra, pero

3

participarán activamente no conflicto, tanto na retagarda como na fronte de batalla (milicianas).

Novedosas formas de combate:

□ Uso da propaganda (radio, prensa, carteis, cancións, para asegurar a moral de combate e atacar ao contrario). □ Experiméntanse novas armas e tácticas militares empregadas posteriormente na guerra mundial: movilidade das accións, combate de tanques e carros blindados, bombardeos masivos á poboación para minar a moral e causar o maior dano posible (destrucción de Guernica pola Lexión Condor alemana ao servicio do bando nacional). □ Os republicanos, con un exército descomposto, deberán apoiarse na movilización da poboación organizada en milicias. As necesidades do combate forzaron progresivamente a unificación e coordinación das milicias nun novo exército popular.

Desenvolvemento de experiencias revolucionarias na zona republicana: Os

partidos e sindicatos obreiros trataron de poñer en práctica, nas zonas que controlaban, os modelos sociais e económicos socialistas e anarquistas (economía planificada, colectivización, comunas, ...).

Internacionalización do conflito A guerra civil comenzou nun momento moi crítico para as relacións

internacionais. En 1936 a tensión entre as democracias europeas de Francia e Gran Bretaña e os réximes totalitarios de Alemaña e Italia era máxima e temíase unha nova guerra mundial. A intervención e axuda a cada un dos bandos representaba o agravamento da tensión internacional e foi motivo de fortes tensións e conflictos.

Desde os primeiros momentos da guerra os contendentes buscaron o apoio

internacional. O temor a un conflicto polo enfrontamento ideolóxico e político entre as potencias europeas (democracias de Francia e Inglaterra, fascismos en Italia e Alemania, comunismo na Rusia soviética) conducirá a que estas asinen o:

Acordo de Non Intervención (Agosto de 1936): Tratado internacional polo que as principais nacións europeas acordan non tomar parte no conflicto, prohibindo o envío de armas e homes aos contendentes na guerra civil española.

- Foi asinado por 29 países (incluidos Alemaña, Italia e a URSS).

- Gran Bretaña, seguindo a actitude neutralista do seu goberno conservador, e Francia (para manter a súa vital alianza co Reino Unido) e procuraron cumplilo escrupulosamente para apaciguar ás potencias fascistas, deixando en clara desvantaxe ao goberno da república.

- Italia e Alemaña non cumpriron o pactado e o comité non foi capaz de obrigalos.

- EEUU, ainda que non se sumou ao acordo, decidiu non intervir oficialmente, manténdo a neutralidade e a defensa do libre comercio, ainda que permitindo a saída de voluntarios.

- A URSS nun principio asinou o acordo mantense ó marxe, interesada en manter boas relacións coas democracias occidentais.

Page 13: 4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de preguntas do grupo de traballo, non entra, pero

4

A Axuda estranxeira

Os dous bandos solicitaron a axuda das potencias europeas coas que mantiñan afinidades ideolóxicas, dada a situación inicial de equilibrio de forzas e escaseza de medios e equipamento militar. Como ben indica o Doc 3 xa desde um primeiro momento ambos bandos estaban ben definidos ao igual que os apoios estranxeiros.

a) A axuda á República

A axuda por parte das democracias occidentais será moi desigual e sen continuidade, condicionada polos temores que motivaron a creación do Comité de Non Intervención.

A principal axuda para a República procederá do réxime comunista da Unión Soviética (URSS), dirixida por Stalin. - A intervención de nazis e fascistas a favor dos sublevados, aos que a URSS vía como enemigos, e o incremento da importancia en España do PCE motivaron a axuda soviética. - A URSS enviou armas, víveres e especialistas, ainda que a axuda non foi tan copiosa como a italoalemana, que a República tivo que pagar coas reservas de ouro do Banco de España. - Intensificará o control do PCE, buscando que a súa influencia conducira á República pola vía do comunismo soviético. - Acollerá a nenos de familias republicanas, que despois da guerra quedaron desamparados (os nenos da guerra).

Francia:

Inicialmente o goberno da Fronte Popular do socialista Leon Blum axudará á República.

O contexto internacional, a necesidade de manter a alianza cos británicos que defendían a neutralidade e a protección dos importates investimentos franceses levaronos á Non Intervención.

Únicamente se mantivo a movilización particular (voluntarios, contrabando de armas).

Gran Bretaña Os intereses económicos do capital inglés en España e a política neutralista para manter apaciguado a Hitler leváronos a ser os máis firmes defensores da Non Intervención.

México O gobérno de Lázaro Cárdenas prestará unha axuda máis simbólica que efectiva. Despois da guerra foi un dos principais países que acolleron aos exiliados republicanos.

As Brigadas Internacionais:

Os grupos de esquerda de todo o mundo viron na guerra de España o inicio do combate entre o fascismo e a libertade, e movilizaron ao seu favor os seus recursos e militantes en solidaridade coa defensa da causa republicana fronte á ameaza internacional do fascismo. Os voluntarios de todo o mundo, que chegaron desde Outubro de 1936 para combater a favor da República, formaron o corpo militar das Brigadas Internacionais.

Foron cerca de 60.000 combatentes de múltiples nacionalidades, maioritariamente de orixe obreiro e dun amplo abano ideolóxico (comunistas, socialistas , anarquistas, demócratas).

Esta axuda foi moi importante para elevar a moral do bando republicano e xogaron un destacado papel na defensa de Madrid.

Page 14: 4.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL ( PRINCIPIOS ......evolución dos dous bandos ( nacional e republicano), polo que vin no cadro de preguntas do grupo de traballo, non entra, pero

5

Formaron parte delas importantes intelectuais (Malraux, Orwell, Hemingway, ...)

Abandoaron España en outubro de 1938 por decisión do Goberno republicano, a causa do desgaste da guerra e a presión da Sociedade de Nacións, que temía a internacionalización do conflicto.

b) A axuda aos militares sublevados

As potencias fascistas, afins ideolóxicamente aos sublevados, prestáronlles axuda desde o primeiro momento por razóns políticas e estratéxicas.

O triunfo do golpe militar privaba a Francia dun aliado seguro Alemania nazi no flanco sur.

A guerra será un campo de probas de material militar e (liderada por Hitler) tácticas de guerra.

Axuda militar: barcos e avións para o paso do estreito, o corpo de aviación da Lexión Cóndor

España pagará con materias primas minerais, importantes para a maquinaria de guerra xermana.

Italia fascista Enviará material bélico e voluntarios militares. Estaba (dirixida por Mussolini) moi interesada en contar con España para impoñer o seu soño imperial de dominio no Mediterráneo e no norte de África

Portugal Axuda, pero en menor medida. Gobernada pola dictadura de Salazar, moi afín a Franco, facilitará o paso de armas e víveres, e enviará voluntários ( viriatos).

A axuda militar de nazis e fascistas foi regular, moi considerable e decisiva para a vitoria do exército de Franco. Ademáis o bando franquista non tivo demasiadas dificultades para financiar o custo da guerra: alemáns e italianos proporcionáronlle créditos e cobráronse con alimentos, materias primas e minerais. Tanto capitalistas españois como multinacionais angloamericanas, proporcionáronlles axuda financieira, petróleo, e materiais a crédito.