Analisis Dun Cadro

11
ANALISIS DUN CADRO

Transcript of Analisis Dun Cadro

ANALISIS DUN CADRO

A proporción do cadro é de 1:√2 e de formato horizontal , carácter frío e de terra que potencia o motivo térreo: o traballo ao sol das mulleres. Reforzado isto pola gran proporción do plano que representa a terra. Na parte do ceo do cadro representase o mar que se relaciona coas figuras das mulleres arredor do pano.

As figuras humanas e o pano branco pódense pechar nun cadrado que ten de lado o alto do cadro.

Si facemos pasar unha liña horizontal polo borde superior da mancha branca que representa o pano, obtemos outro cadrado na esquina superior dereita.

Polas dúas figuras pasan as diagonais do cadro co cal están en liñas de equilibrio e é menor a tensión. Ao estar as figuras humanas sobre puntos áureos os reforza como centros de interese.

As manchas escuras das figuras coa mancha da pedra da parte superior e que coa mancha da parte inferior xeran unha escala de profundidade, e forman unha liña ascendente.

As dúas figuras humanas pódense pechar en dos triángulos semellantes en contacto que forman nunha escala de tamaño-altura que representa profundidade. e que marcan unha liña ascendente moi dinámica.

A liña oblicua en tensión que une as figuras oponse outra que marca o contorno superior do plano que representa a terra e que vai de lado esquerdo ao dereito

Esa liña xunto a branca do mar , a do borde superior do pano branco e outra menor dunha sombra na tela forman un sistema de liñas concorrentes nun punto de fuga que está fora dos límites do cadro. Representarían profundidade e en conxunto un vector direccional. Por outra banda as dúas liñas antes citadas sinalarían tamén as figuras das dúas mulleres, reforzando así eses dous centros de interese.

Outra liña mais, mais longa, debuxada por outra sombra da tela se dirixiría cara a figura feminina inferior acentuando ese centro de interese,e que xunto a unha pequena liña do bordo da tela na parte inferior esquerda do cadro formarían outro par de liñas concorrentes e outro vector.