updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewCONCELLO DE XINZO DE LIMIA. Unhas pinceladas do...

41
CONCELLO DE XINZO DE LIMIA Unhas pinceladas do Concello O municipio de Xinzo de Limia está situado no sur da provincia de Ourense. Xinzo ocupa unha gran depresión tectónica, de fondo plano, recorrida de este a oeste, polo río Limia. Aquí atópase a lagoa de Antela, o que foi un dos maiores lagos de auga doce da Península, ata a súa desecación definitiva en 1938, par ao aproveitamento agrícola e por motivos de saúde para os habitantes da zona. Xinzo pertence á comarca da Limia. A depresión ten unha altitude media de 600 m e presenta unha topografía chaira e pouco accidentada, resaltando pequenos relevos que separan as canles dos ríos. No norte elévanse os montes da Pena e o Alto d Medorra con case 800 m pero as máximas altitudes alcánzanse no sur, onde as estribacións septentrionais da Serra de Aguioncha (920 m) e a Serra de Cualedro (1024 m) cerran a depresión. A rede hidrográfica, antes marcada pola lagoa de Antela, trala súa desecación, pasou a organizarse en torno ó río Limia, que cruza todo o concello con escasa pendente e dificultades de drenaxe, polo que en inverno é frecuente ver zonas encharcadas. Pola súa marxe esquerda únenselle varios afluentes que teñen o seu nacemento nos rebordes meridionais: Faramontaos, Nocelo, Rego dos Amos e Rego da Ribeira. Como xa se apuntou anteriormente trátase dun territorio onde predomina a planicie, interrompida cara o norte pola presenza do bloque do Alto da Pena que acada os

Transcript of updlimiaverin.files.wordpress.com€¦  · Web viewCONCELLO DE XINZO DE LIMIA. Unhas pinceladas do...

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

Unhas pinceladas do Concello

O municipio de Xinzo de Limia está situado no sur da provincia de Ourense. Xinzo ocupa unha gran depresión tectónica, de fondo plano, recorrida de este a oeste, polo río Limia. Aquí atópase a lagoa de Antela, o que foi un dos maiores lagos de auga doce da Península, ata a súa desecación definitiva en 1938, par ao aproveitamento agrícola e por motivos de saúde para os habitantes da zona. Xinzo pertence á comarca da Limia. A depresión ten unha altitude media de 600 m e presenta unha topografía chaira e pouco accidentada, resaltando pequenos relevos que separan as canles dos ríos. No norte elévanse os montes da Pena e o Alto d Medorra con case 800 m pero as máximas altitudes alcánzanse no sur, onde as estribacións septentrionais da Serra de Aguioncha (920 m) e a Serra de Cualedro (1024 m) cerran a depresión.

A rede hidrográfica, antes marcada pola lagoa de Antela, trala súa desecación, pasou a organizarse en torno ó río Limia, que cruza todo o concello con escasa pendente e dificultades de drenaxe, polo que en inverno é frecuente ver zonas encharcadas. Pola súa marxe esquerda únenselle varios afluentes que teñen o seu nacemento nos rebordes meridionais: Faramontaos, Nocelo, Rego dos Amos e Rego da Ribeira.

Como xa se apuntou anteriormente trátase dun territorio onde predomina a planicie, interrompida cara o norte pola presenza do bloque do Alto da Pena que acada os 758 m, e que serve de interfluvio entre o val do Limia, ó este, e as terras ocupadas pola antiga Lagoa de Antela, ó oeste. Polo sur, as ladeiras empínanse na cabeceira do Rego da Ribeira e do río Nocedo, superándose os 800 m.

A topografía, a humidade e o trazado das vías de comunicación, condicionaron os asentamentos de poboación e as diferentes unidades de paisaxe. No val do ribeira atópanse Cima de Ribeira; no do Nocedo, Moreiras, Faramontaos, As Fiestras, etc.; e no centro do Municipio, na chaira, nunha encrucillada de camiños, a capital, Xinzo.

O municipio conta con 34 entidades singulares distribuídas en 20 parroquias:

Xinzo de Limia (Santa Mariña): Xinzo de Limia e Baronzás. Ganade (San Bartolomeu): Ganade, San Vitoiro e Gorgoloza. San Pedro de Laroá (San Pedro): Rebordechá, San Pedro e

Paredes. Morgade (Santo Tomé): Morgade. Lamas (Santa María): Lamas. Pena (San Pedro): Pena, Trandeiras e Soutelo de Pena. Laroá (Santa María): Laroá e Fiestras. Parada de Ribeira (San Salvador): Parada de Ribeira. Boado (San Pedro): Boado e Porto Alto. Gudín (San Miguel): Gudín. Solveira (San Pedro): Solveira e Pidre. Piñeira Seca (San Andrés): Piñeira Seca. Faramontaos (San Salvador): Faramontaos. Mosteiro de Ribeira (Santa María): Mosteiro de Ribeira. Guntimil (San Xoán): Guntimil e Gudes. Novas (San Nicolás): Novas, Queirugás e Mosteiro. Damil (San Salvador): Damil. Moreiras (Santo Tomé): Moreiras. Seoane de Oleiros (San Xoán): Seoane de Oleiros. Cima de Ribeira (San Miguel): Cima de Ribeira e Soutelo de

Ribeira.

CÓMO CHEGAR

Desde Ourense tómase a OU-540 dirección Benavente/Madrid, segue pola A-52 cara Xinzo de Limia. Atópase a 40 km dende Ourense.

Unha mirada atrás

Xinzo conta con evidencias arqueolóxicas que proban a ocupación humana da Lagoa da Antela dende o Paleolítico Inferior (raedeiras, machetes, etc.). A continuidade do poboamento está atestemuñada por monumentos megalíticos con indicios no escalón montañoso de Antela: A Madorra e Penedo da Moura, en Trandeiras; e as Madorras e o Pozo da anta, en Pidre.

Segundo a tradición popular, a antiga Antioquía estaba para uns no val de Xinzo e para outros no fondo da lagoa de Antela, lugar onde se atoparon pilotes carbonizados dunha construción palafítica e puntas de frecha do neolítico. Dado que un dos fenómenos máis singulares da prehistoria son os Palafitos, nos que o seu final coincidiu co cambio climático que elevou o nivel de augas da Antela ó final do Bronce en Galicia (800- 600 a. C.), condicionando a sólida agricultura castrexa. O pobo límico habitou castros como o de Novás (con argolas, vasillas, unha rocha insculturada da que mana unha fonte, etc.). hai outros poboados da Idade de Ferro, como o Castro da Fraga en Seoane de Oleiros, o Castro da cidá en Morgade, o Castro de Parada de ribeira, o Castelo de Boado e os da Gorgoloza e Damil. A dispersión destes recintos e a complicidade das súas vivendas recórdannos o poboamento actual de Galicia. As beiras do río Limia, apareceron dúas estatuas sedentes en actitude oferente, con torques ou brazaletes autóctonos ou con influencias mediterráneas.

Existe unha lenda que di que a antiga cidade de Antioquía foi castigada coa inundación quedando sepultada baixo as augas pola idolatría do seu culto ó galo. Estas lendas perpetúan a memoria das antigas poboacións lacustres, que teñen a súa testemuña na lagoa nos desaparecidos “cortellos”. Durante a dominación romana estas terras estiveron poboadas polos antigos límicos e no norte do Concello consérvanse vestixios da vía XVIII, que unía Braga e Astorga, así como un resto dunha canle de 26 Km para drenar a lagoa.

O paso do río Limia ou Lethes por Décimo Junio Bruto – segundo Tito Livio no ano 137 a.C.- foi o primeiro contacto dos romanos cos límicos, pobo altamente romanizado.

Antela foi parcialmente canalizada, desecada e convertida en “Palla Aurea” ou graneiro dourado.

Estrabón relata que Décimo Junio Bruto rematou coa lenda do río Lethes (outro nome do Limia), segundo a cal o que o cruzara esqueceríase da súa patria e da súa anterior vida. Pola súa situación fronteiriza, estas terras foron invadidas en varias ocasións polo rei portugués Alfonso Henríquez e recobradas por Fernando II, pasando a constituír un condado. Tamén sufriu os

avatares da revolta irmandiña, así como as disputas da separación definitiva de Portugal no século XVII e máis tarde a Guerra da Independencia.

Existiu unha xurisdición propia: a Civitas Limicorum e o núcleo urbano con categoría de municipio, centro comercial e administrativo (o forum Limicorum), de época flavia. Xinzo de Limia, foi ademais centro nodal de comunicacións: paso da vía nº XII Chaves- Lugo que enlazaba en Sandiás coa inmediata vía nº XVIII ou Vía Nova, a máis moderna da Gallaecia.

En San Tomé de Soutelo e Mosteiro de Novás hai sepulcros antropomorfos . no século V adquiriron protagonismo o gran cronista límico Idacio bispo de Chaves e Santa Mariña patroa de Xinzo e mártir.

Dende o século X existiu o Conde de Limia, comarca con posesións dos condes de lemos, Monterrei e dos mosteiros de Allariz, Xunqueira de Ambía (que detentaba Trandeiras) e Celanova. Tamén houbo un mosteiro en San Pedro de Laroá. No século XII hai conflitos fronteirizos con Portugal e entre nobres que se disputaban a Limia: no século XIV Alfonso XI dona A Pena da Portela ós Viedma quenes levantan a Torre da Portela que foi tomada polo Duque de Lancaster nas guerras civís do XIV; e pasou do Conde de Monterrei ó de Lemos e finalmente ós alba, estando habitada ata o século XVIII. Nos séculos XII e XIII foi importante o comercio gracias á Vía da Prata que seguían os peregrinos xacobeos.

A poboación municipal medrou ata a peste de 1575. A recuperación demográfica chegou no século XVIII a pesar da emigración. A economía baseábase nos cereais, a exportación de gandeiría bovina, cabalar, o liño, o comercio, a caza de patos e o cultivo progresivo da pataca. O contrabando viuse impulsado polas facilidades que ofrecía o non lonxano Couto Mixto. En Xinzo houbo almacéns de tropas cando as guerras con Portugal. A terra seguía sendo propiedade eclesiástica (cistercenses de Xunqueira, clarisas de Allariz) ou da Casa de Alba, que a aforaban a intermediarios (fidalgos con pazos). Progresaba a burguesía.

O convento franciscano do Bon Xesús da Limia chegaron clérigos franceses expulsados trala famosa revolución de 1789 e durante a Guerra da Independencia as tropas napoleónicas tomaron a vila de Xinzo (1809) e o convento. A exclaustración expulsou de Trandeiras ós últimos franciscanos e a desamortización de 1837 arruinou o patrimonio conventual, creáronse varios concellos, como o de Moreiras, no que hoxe é o termo municipal de Xinzo, e durante o século XIX ,medrou a poboación de tódalas parroquias, pasando Xinzo de aldea a pequena vila a pesar da emigración a Castela, Cuba, Arxentina….

Foron críticos os anos da Guerra da Independencia pero a Limia pronto volveu a ser “o graneiro de Galicia” (trigo, centeo, millo) e a exportar patacas, liño e gandeiría vacuna- cabalar a Castela, Portugal, etc.

As actuais parroquias formaban parte na súa maioría, da xurisdición de Xinzo de Limia, na que establecía o seu señorío o Conde de Monterrei; outras dependían das xurisdicións de Torre de Portela, que pertencía ó conde de Lemos, da de Porqueira, Novás, Mosteiro e Xunqueira de Ambía. Coa formación dos primeiros concellos xurdiron Xinzo e Moreiras, logo en 1922 desaparece este último pero figuran outros novos (fiestras, Ganade, Guntín, Guntimil e Pena) ata que en 1927 queda definitivamente constituído o de Xinzo de Limia cos seus límites actuais. É curioso sinalar que a principios do século XIX a marquesa de Longueville fixo algunhas obras de desecación da lagoa, co fin de exportar ancas de rá a Francia.

A principios do século XX constitúense sociedades agrarias en Xinzo que pasa a ser municipio único dende 1927.

Onde perderse

Xoias naturais.

Xinzo, constitúe un dos municipios no que se mestura o encanto e maxestuosidade dos seus bosques coa sinxeleza da chaira limiá. Neste nivel atópase a frondosidade da fraga do Monte do “Castelo” en Mosteiro de ribeira, Cima de ribeira e Gorgoloza; ou o Entorno Natural da Torre de Pena e do Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras que nos agasallan, con olores, sons e vistas que avivan os sentidos, dando lugar a unha paisaxe multicolor favorecida por un contraste superposto de luz e sombra que seduce ó visitante; invitándoo a compartir as súas emocións nun entorno máxico e sorprendente.

Foto: entorno natural de Trandeiras

Itinerario

Percorrido: Ponte de Faramontaos, Embalse de Gudín, Parque eólico.

Distancia: 8,5 Km (ida).

Dificultade: Baixa- Media.

Itinerario: lineal.

Punto de partida: Ponte de Faramontaos.

Épocas aconselladas: Inverno, primavera e outono.

Uso recomendado: peatonal e cicloturista.

Lenda da Lagoa de Antela.- Segundo conta a lenda, antigamente, cando aínda non existía a Lago de Antela, había dúas torres: a do castro e a Torre da Pena. En cada unha delas vivía un canteiro que picaba nas pedras cun martelo. O problema era que só contaba cun martelo para os dous co cal tiñan que facer quendas para facer uso da ferramenta lanzándoo de torre a torre. Cóntase que un día a un canteiro faltáronlle as forzas e o martelo quedou a medio camiño entre as dúas torres. Cando o martelo caeu, segundo din, a auga comezou a brotar nun buraco que fixera ó caer e de tanta auga que saíu formouse a Lagoa de Antela.

Foto: vistas a Pena Foto: vistas dende a Pena Foto: A Pena dende Trandeiras

A Lagoa de Antela, a pesares da súa desecación, foi conformando pequenas Veigas, consideradas Espazos Naturais nas Normas complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Xunta de Galicia; o propio río Limia; e as pozas que se forman coas extracións de area, constitúen uns redutos de grande valor ecolóxico, sobre todo pola fauna ornítica que alberga; nos que aínda se poden descubrir o niño da pita de auga ou observar os patos, cegoñas, garzas, galupos, merguillete…, que voaron sobre as augas cando esta terra permanecía somerxida baixo a inmensidade da Lagoa.

Este pequeno territorio comprende os Concellos de Xinzo, Rairiz, Porqueira, Vilar de Santos e Sandiás.

No que respecta ó turismo Activo, Xinzo de Limia sorpréndenos con diferentes roteiros e paraxes naturais para a práctica de sendeirismo e cicloturismo, tal e como se detallan a continuación:

RUTAS DE SENDEIRISMO EN XINZO DE LIMIA

Itinerario

Percorrido: Mosteiro de Trandeiras, Solveira, Torre de Pena, Mosteiro de Trandeiras.

Distancia: 8,2 Km.

Dificultade: Media- Baixa.

Itinerario: circular.

Punto de partida: Mosteiro de Trandeiras.

Épocas aconselladas: tódalas estacións.

Uso recomendado: peatonal e cicloturista.

Ruta do río de Faramontaos ó parque eólico.- A rota iníciase na localidade de Faramontaos (a 7,2 Km de Xinzo de Limia), xunto a ponte de orixe medieval que alí se asenta.

O trazado do percorrido discorre a carón do río do pobo; polo que esta ruta se compón de múltiples atractivos xa que ademais de disfrutar da verde natureza durante todo o camiño tamén se poden apreciar os sons da auga e dos animais da zona que fan desta paraxe un fluír de sentimentos de sosegamento e tranquilidade.

Por este sendeiro continuo ó río pódense observar os múltiples muíños que se ubican ó seu carón empregados ata fai pouco pola xente do pobo, así como unha ponte agochada entre a frondosa vexetación que fan desta ruta un entorno natural espectacular.

Outro elemento salientable son os innumerables penedos existentes formados pola erosión da auga, que ademais de proporcionarlle á ruta unha imaxe impactante logra que entre veciños e visitantes se alimenten e difundan unha serie de lendas relacionadas cos mouros, xa que se dicía que estes ían alí para lavar o ouro.

Unha vez rematado o sendeiro atópase o embalse de Gudín que abarca unha ampla extensión de auga que abastece o río Faramontaos.

Dende aquí obtense unha bonita panorámica da zoa vendo como a auga discorre en plena armonía coa vexetación ó seu redor.

O percorrido adentráse no pobo de gudín que serve de enlace para chegar e concluír o recorrido no denominado Parque eólico ubicado na Serra do Larouco.

Dende este punto a panorámica e as posibilidades de visión son inmellorables e ademais pódese disfrutar do aire fresco pola altitude da serra.

Sen dúbida esta ruta é atraínte pola mestura de elementos que nela converxen posto que tanto a vexetación natural do curso do río como as diferentes visións que se obteñen da zoa fan dela unha boa alternativa a ter en conta.

Ruta do Mosteiro.- (un paseo pola natureza entre os restos arquitectónicos do mosteiro)

Esta ruta iníciase na localidade de Trandeiras (a 7 Km de Xinzo de Limia), a carón do mosteiro.

Itinerario

Percorrido: Mosteiro de Ribeira, a Gorgoloza, Cima de Ribeira e Mosteiro de Ribeira.

Distancia: 6 Km.

Dificultade: Baixa.

Itinerario: circular.

Punto de partida: Mosteiro de Ribeira.

Épocas aconselladas: tódalas estacións.

Uso recomendado: peatonal e cicloturista.

Este rodéase dun entorno enfeitizante cunha vexetación frondosa e exuberante de castiñeiros, carballos, freixos… onde o conxunto vexetal e arquitectónico se unen por completo.

Outro elemento salientable neste entorno natural é a importancia da auga visiblemente reflectida nas canles, fontes e mesmo nos canos de pedra existentes.

O edificio rodeado na súa totalidade pola fermosa natureza boscosa e pola significativa fauna autóctona, domina unha ampla extensión de terreo acadando o monte onde se atopa erguido uns 700 m de altitude, dende onde se pode contemplar unha bonita panorámica das terras da Lagoa da Antela.

Conta a lenda que este mosteiro foi construído pola visión que Xoán Folgoso, veciño do coto de Trandeiras, tivo da Virxe María, de aí que no lugar mandara construír unha ermida. Posteriormente cambiouse a advocación Mariana pola do Bon Xesús.

Continuando a ruta e atravesando o alto da Medorra atópase o Penedo da Moura, situado entre Trandeiras e Solveira, símbolo de delimitación.

Unha vez en Solveira pódese visitar unha pequena ermida románica.

Seguindo o percorrido cara o pobo de Pena atópase a Torre que leva o nome da localidade; unha construción que responde a unha tipoloxía defensiva.

A torre ubicada nun outeiro permite obter unha estupenda perspectiva da Lagoa de Antela. Esta torre formaba parte das catro fortificacións que protexían a Lagoa: Pena, Sandiás, Porqueira e Celme (desaparecida).

Por último atravésase a poboación de Soutelo da Pena para regresar a Trandeiras.

O máxico da ruta reflíctese na mestura de sensacións das que se pode disfrutar posto que ademais de gozar dunha fermosa natureza e fauna autóctona pódese coñecer unha abundante arquitectura civil e relixiosa; todo elo envolto de lendas, costumes e tradicións das xentes da zoa.

Ruta da Gorgoloza.- O percorrido iníciase na pequena localidade do Mosteiro de Ribeira (a 6,5 Km de Xinzo de Limia), onde se pode comezar visitando o pobo e máis concretamente a igrexa de Santa María que alí se ubica.

A medida que se avanza a través do sendeiro, e a escasos Km antes de continuar o percorrido, pódese desviar á Gorgoloza, unha pequena aldea, pero moi acolledora, na que se pode visitar a capela da Ascensión e o Campo do Forno.

Continuando a ruta, xa polo sendeiro principal cada vez se mostra máis palpable que a fermosura da que goza ven dada pola súa abundante, frondosa e boscosa vexetación; posto que os carballos, bidueiros e castiñeiros nos marcan unha engaiolante paraxe natural.

Xa o final desta pista está a poboación de Cima de ribeira, onde se pode reparar na igrexa de San Miguel,mentres se segue a disfrutar do medio natural e mentres se collen folgos para iniciar a subida ó monte do castelo, dende o cal se pode obter unha fermosa panorámica dos arredores e de toda a comarca da Limia.

Xa concluíndo o percorrido acercarse de novo ó Mosteiro de Ribeira para completar o itinerario circular exposto.

Cabe salientar, que esta ruta presenta unha paisaxe privilexiada de vexetación na que as árbores xunto co mato existente conforman un sendeiro pechado no que o camiñante se envolve dun entorno enfeitizante e acolledor no que pode coñecer tamén a fauna do lugar como: rolas, perdices, coellos…

Vista do río Limia ou “Lethes”: río do esquecemento.- Considerado o río dos romanos, cando chegaron a Galicia, enfeitizados pola lenda do esquecemento, ninguén se atrevía a cruzalo por medo a esquecer tódolos seus recordos, ata que Décimo xuño Bruto, nun acto de valentía atravesouno para botar polo chan as crenzas populares daquela época, chamando a cada un dos seus soldados polo seu nome, acto que se rememora cada ano coincidindo coa Festa do Esquecemento. Este río chegou a ser un dos máis importantes da provincia de Ourense, que dende a desecación da lagoa de Antela en 1958 marca a rede hidrográfica do municipio de Xinzo de Limia.

Na localidade de Xinzo de Limia salienta no toural o entorno do río, preto de onde ten lugar a feira do gando.

Tamén existen outras áreas recreativas na capitalidade do Municipio.

Área recreativa en Faramontaos.- Paraxe situado no entorno da ponte medieval da mesma localidade.

Tesouros arquitectónicos.

Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras.- O máis moderno dos grandes mosteiros ourensáns. As súas orixes remóntanse a principios do século XVI e están envoltos en lendas. Por un lado existe unha que conta a aparición da Virxe María a un veciño do lugar, Xoán Folgoso, a quen lle pide que faga unha igrexa na honra do Bon Xesús e os avatares polos que pasa ata que o chantre de Ourense, don alonso de Piña, decide acometer a construción dun mosteiro próximo á ermida. Outros autores contan que iniciaron a obra un grupo de cabaleiros portugueses que chegaron á zona atraídos polo culto que se profesaba ó Bon Xesús.

O que si se sabe a ciencia certa é que en febreiro de 1520 comézase a obra e ofréceselle á orde de San Francisco. En decembro de 1523, sen rematar as obras, chegan ó mosteiro os monxes e o gardián, e alóxanse nas dependencias que xa estaban construídas. O Conde de Monterrei quixo destruír a construción pensando que o Chantre de Ourense estaba levantando un castelo, pero non o conseguiu ante a resistencia das tropas deste. En 1668 sufriu un incendio que destruíu as celas dos freires. Despois da Revolución Francesa, 300 eclesiásticos fuxidos de Francia foron acollidos polo bispo Quevedo que hospedou a unha parte en Trandeiras. En 1809, durante a Guerra da Independencia, as tropas francesas destruíron a igrexa e as súas imaxes, matando a continuación a sacerdotes, freires e paisanos. En 1813, outro incendio arrasa os dormitorios, cociña, claustro e enseres dos franciscanos. Coa exclaustración producirase o abandono definitivo do convento e o inicio da súa decadencia.

Ó chegar ó mosteiro atópase un bo acceso á igrexa para turismos e aparcamento.

O mosteiro conserva íntegra a igrexa, cunha fermosa fachada, rematada nun piñón de cruz e cunha torre campanario cadrada cunha sinxeleza sobre- acolledora; uns muros lisos de perpiaño granítico, unha fiestra con dous corpos e unha diminuta fornecina coa imaxe do Salvador, franqueada por unha fermosa portada gótico- plateresca, na

que se fai evidente a influencia portuguesa nunha combinación do plateresco e o gótico tardío, constitúe unha obra so século XVI e ábrese mediante un arco conopial sobre piastras, rodeado dunhas arquivoltas, co espazo intermedio cuberto pola estilizada botánica típica do plateresco, acompañadas dalgúns escudos entre rosetas e os acantos.

Destaca nela, o retablo da Dormición da Virxe Nosa Señora, que contén tallas do século XVI do escultor Cornielles de Holanda. Nun retablo do XVIII, Ecce Homo, de principios do XVII.

A ambos lados da fachada da igrexa hai portas enmarcadas en grandes dovelas. A da esquerda está cegada e só se conserva o muro. A da dereita conduce ó interior do recinto monástico. Unha vez dentro atópase o claustro á esquerda e as ruínas das celas á dereita.

Nestas últimas aprécianse dous pisos de habitacións, con faladoiros nas fiestras, e unha pranta baixa seguramente adicada a almacéns, talleres e adegas. Esta última presenta portas polo exterior.

Á esquerda está o claustro, consérvase case íntegro, ten unha forma rectangular, 28 arcos conopiais, con fustes lisos de coidada molduración, saen dous capiteis adornados con motivos vexetais, nos que se transforman e asocian elementos de aparencia humildes. Estes, coroan fustes con sección mixtiliña que poden considerarse constituídos pola agrupación simétrica, dous a dous, de catro molduras de talón. O podio ten 60 Cm de altura, e sobre el descansan as esveltas columnas, ademais dos machóns ou piares de catro ángulos, mostra ó centro de cada lado un contraforte.

No centro de cada lado e nas esquinas presenta uns robustos contrafortes. A segunda pranta era de fachada lisa con fiestras rectangulares. Un dos lados coincide co lateral da igrexa, outros dous corresponden ás dependencias habitacionais e o do fondo, dende a entrada, debeu corresponder ás dependencias reglares á vista das grandes dependencias que se conservan e os seus ventanais.

O lado que está en fronte da igrexa, conserva integra a escaleira que conduce á primeira pranta, por detrás dela aínda se poden observar restos das habitacións deste piso, os seus detalles construtivos e da cuberta. Pola parte

derruída deste lado pódese saír á parte posterior do recinto.

Aquí, no medio dun precioso bosque, pódense ver restos de canalizacións de pedra que saen de mananciais e conducen cara o mosteiro.

Outras lendas: no mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras, apareceulle a Virxe a unha nena. A Virxe contáballe cousas que ían pasar pero cando a nena llas contaba os veciños, ninguén a

cría. Co tempo, a medida que ía sucedendo aquilo que a nena contaba non tiveron máis remedio que crela.

Pero os veciños non lles gustaba que contara o que a Virxe lle dicía así que para que non o contara, pechárona no mosteiro e nunca máis se soubo dela. Din que aínda vive alí dentro pero

non se sabe.

No edificio, bordeando os seus muros exteriores, chégase ós grandes arcos que deberon configurar a entrada principal do recinto.Estes forman, por baixo das dependencias, un túnel ó que se accede dende un amplo camiño. Xirando á dereita vense as portas das cadras, almacéns e talleres. Diante delas hai un bo espazo entre muros. Dende aquí vólvese á fachada principal por unha porta

rectangular e sinxela, moi próxima á que nos permitiu entrar no claustro.

Igrexa de Santa Mariña, en Xinzo de Limia.- Tamén chamada Igrexa Vella, está vinculada á célebre mártir Santa Mariña (Patroa do municipio),

conformando unha realidade que vai máis alá do mito histórico configurando unha paisaxe arqueolóxica froito dun proceso secular, que deu lugar a un rexistro de información importante sobre a historia da vila de Xinzo. O templo conserva o seu estilo orixinal; a estrutura, a fachada e unha torre de arco liso cun arranque de finais do século XII; mostra unha portada románica na que sobresaen unha serie de columnas con piares adosados e capiteis decorados con releves que representan vexetais, caras e figuras de deseño

arcaico.

Do interior da igrexa, sobresae o releve da Sagrada Familia, obra do primeiro cuarto do século XVII, que representa dous freires orantes que imploran a súa protección, existe outro pétreo do Santiago apóstolo do século XVII e diversas pedras armeiras, lucindo os blasóns de familias da vila de Xinzo enterradas no interior.

Como se dixo anteriormente, foi templo románico, aínda que de ese momento tan só se conserva a fachada, parte da pranta e un lenzo. A fachada, con portada do século XII presenta tres arquivoltas sobre columnas con capiteis historiados. Rodeando as arquivoltas atópanse unha banda de cabezas de clavo, decoración típica das igrexas románicas da Limia. A partir do século XVI sufriu modificacións e reformas que non lle impediron que o conxunto aínda conserve harmonía. No interior destacan

varios retablos neogóticos, e diferentes tallas barrocas (Santa Mariña e un Crucificado). Recentes escavacións no entorno da igrexa descubriron restos romanos de especial importancia á hora de estudar e situar a orixe da vila de Xinzo.

A igrexa nova de Xinzo de Limia- É una construción do século XX, inaugurada en 1965. Conserva una valiosa talla actual de Santa Mariña.

Igrexa de San Bartolomeu de Ganade.- Igrexa parroquial barroca. Portada moi elaborada, organizada en base a dúas piastras adosadas que sosteñen un frontón triangular con fornecina onde se atopa San Bartolomeu. Culmina, a fachada, cunha torre de forma cuadrangular rematada en cúpula, dando ó conxunto una forma máis esvelta.

No interior salienta o retablo, de estilo rococó, de finais do século XVIII, así como varias imaxes.

Igrexa de San Tomé de Morgade.- Igrexa reedificada no ano 1920, pero que conserva restos da súa anterior fábrica románica como son as

portadas, a principal con catro arquivoltas con decoración de molduras, círculos, picos e perlas zig- zag. Xunquiños e baquetóns interpostos. Nos capiteis das columnas da portada principal sobresaen os detalles da píntega e a rá, símbolos medievais da castidade e a luxuria. Na Portada Norte ten un axedrezado e no tímpano

sobresae o seu curioso rosetón con forma de esvástica de sete brazos que recorda os “trisqueis”

prehistóricos, sendo probablemente un símbolo solar.

No seu interior salienta a imaxe de San Tomé, barroca e de gran calidade.

Igrexa de San Nicolao de Novás.- Igrexa de pequenas proporcións que estaría incluída dentro do románico popular, tan frecuente na zona. Presenta una soa pranta cunha soa nave e ábsida rectangular. O acceso ó templo realízase por una pequena porta situada na fachada principal, flanqueada por

un arco de medio punto e dobre arquivolta que descansa sobre una ménsula. A cornixa está sostida por caneciños sen variedade de decoración. No seu interior salientan diferentes imaxes barrocas.

Igrexa de San Xoán de Seoane.- Igrexa de orixe románica, dunha soa nave e ábsida rectangular. Conserva case intacta a súa estrutura medieval. A portada, moi sinxela e carente de decoración, con dobre arquivolta que rodea o tímpano descansando sobre un par de columnas e outro par de falsas columnas con capiteis moi arcaicos. O máis salientable é a fiestra do ábsida (de grandes

proporcións respecto ó resto da construción), con arco de medio punto sobre columnas con capiteis decorados. No interior destacan dúas tallas barrocas (San Pedro e San Pablo). De gran interese sonas pinturas descubertas recentemente, así como dúas inscricións, unha dunha ara romana e outra medieval.

Igrexa románica que posúe gran imaxinería barroca. Son de resaltar neste conxunto as pinturas murais do século XVI, entre as que sobresae o motivo do martirio de San Sebastián: invocando como protector contra a Peste, unha das pragas na Galicia da época. Á peste “ira de Deus contra os pecadores” aluden as frechas que saetean ó santo.

Igrexa de San Pedro de Laroá.- Igrexa de orixe románica pero con reformas barrocas. Ten torre. Destaca no seu interior o retablo maior, de estilo rococó, de finais do século XVIII, con tallas de San Paulo, San Xoán e diversos releves que forman un conxunto bastante sobresaínte dentro da retablística do barroco. En canto a orfebrería destaca unha cruz procesional do século XVIII.

Igrexa de San Salvador de Damil.- Igrexa construída no ano 1722. Exemplo destacado da arquitectura barroca, con bóvedas de crucería. Presenta unha nave única onde se abren unha serie de capelas para acoller os diferentes retablos. No seu interior retablo do século XVIII con imaxes próximas ó estilo de Francisco de Moure (escultor galego barroco). Os retablos laterais son barrocos con imaxes do mesmo estilo.

Igrexa de Santo André de Piñeira Seca.- Igrexa do século XVIII. Retablo maior renacentista, con relees

na predela de San Pedro e San Paulo. Interesantísimas pinturas do século XVI, sobresaíndo os temas do martirio de San Xoán Bautista e de San Martiño cortando e repartindo a súa capa cun pobre.

Igrexa de San Xoán de Guntimil.- Templo barroco do século XVIII con portada principal de orixe románica de finais do século XII. Nas portadas das igrexas medievais, a representación de caras é posiblemente unha alusión a ancestrais crenzas referidas ó culto ós mortos. Neste sentido, estarían en relación co dogma fundamental do cristianismo: a Resurección.

No seu interior preserva interesantes imaxes, destacando un releve no sagrario do seu retablo maior representando ó bo pastor, século XVIII.

Igrexa de San Pedro de Solveira.- templo de orixe románica modificado no século XVI que se cubría con madeira ata o incendio de 1915 e en 1924 con falsa bóveda de canón, que loce na actualidade. Retablo maior barroco con boa imaxinería. Gran cruz procesional do século XVIII do prateiro ourensán Carballal. As cruces procesionais en Galicia son emblema da identidade da parroquia para lucir nas festividades.

Igrexa de Santa María de Laroá.- Templo de tradición románica con transformacións consecutivas. Moi boas tallas, despuntando San Xoán e a Virxe, formando parte dun Calvario, obras de Francisco Moure, de principios do século XVII, e situadas nun retablo do XVIII. Tamén son dignas de mención unha Asunción, ademais de dous interesantes retablos: un desenvolvendo un tema de ánimas, barroco de estípites do século XVIII, e outro da advocación de San Xosé, da segunda metade do XVIII.

Igrexa de San Pedro de Boado.- Igrexa románica do século XIII reedificada a finais do XVIII. Da época medieval, conserva as súas portadas con tímpano e caneciños. É de nave única e o seu retablo maior do século XVIII, obra neoclásica con motivos recocós. Salienta a imaxe dun Crucificado, do século XVII.

Igrexa de San Pedro da Pena.- Templo de tradición románica con cambios posteriores. Cautivadora talla barroca- rococó de San Pedro na súa cátedra.

Santa María, O Castelo, Mosteiro de Ribeira.- O territorio do mosteiro foi donado por Ordoño II ó conde Gutier Menéndez, pai de S. Rosendo que edificou un castelo na cima do monte O Castelo. Na chaira atópase un mosteiro de tipo familiar dúplice. Fundado por Alfonso Romarigiz e dona Gutina a principios do século X foi destruído por dona Guntroda, abadesa do veciño mosteiro de Palatiolo, sendo de novo reconstruído. Pronto pasou a ser priorado dependente de Celanova que tivo que solicitar a intervención real para protexerse das usurpacións dos nobres veciños. Alfonso IX e Fernando III confirmaron os dereitos que tiña o mosteiro nunha rica e abundante documentación.

Das primitivas construcións nada queda, a non ser a toponimia e restos do priorado modificado no século XVIII. O castelo, edificado sobre un castro, pasou ós ribeira descendentes do fundador. No século XVI figuraba entre as posesións do conde de Monterrei e pronto se converteu en ruínas. Quedan evocadores nomes na toponimia como Pedras Bastas, Castrillón, Pedra Campanilla, Monte do Castelo, Castro, etc… enriquecidos por preciosas historias.

Dende o cumio divísase unha fermosa panorámica da Limia.

Outras igrexas que forman parte do patrimonio arquitectónico relixioso do Concello serían as de San Salvador de Faramontaos (imaxe da esquerda) e a de San Miguel de Gudín (imaxe da dereita).

O Concello de Xinzo ademais de igrexas tamén conta coa existencia de capelas. Unha  capela  é un templo relixioso, xeralmente de menor tamaño que unha igrexa convencional. Pode estar construída no interior dunha  igrexa, xeralmente anexa á nave maior, ou ben constituír unha edificación propia.

Componse esencialmente dun  retablo, ou  altar  e  columnas  ou piares pequenos. O teito non adoita rematar cunha cúpula ou  bóveda.

Capela da Concepción na Pena.- Capela de carácter popular.

Capela de Santa Bárbara.- Capela onde os veciños da zona manifestan a súa vocación a esta Santa.

Casa reitorais no Concello de Xinzo.- As casas reitorais (popularmente chamadas  a casa do cura) é o nome co que se coñece á vivenda asignada ó  sacerdote  cristiá  dunha  parroquia. A casa non lle pertence a el, senón que é titularidade da  Igrexa, que llela asigna mentres oficia o sacerdocio nese lugar.

En  Galicia, as casas reitorais están habitualmente construídas ó carón das  igrexas, sendo frecuente atopar na mesma zona a igrexa, a casa reitoral e o  campo da festa, formando o punto de encontro tradicional nas vilas e pobos galegos. Co despoboamento do rural a asignación de varias parroquias a un sacerdote, moitas casas reitorais atópanse a día de hoxe en estado de abandono.

Salientan entre outras, as de Morgade (boa casa reitoral tipo Pazo/ imaxe á esquerda) ou de Xinzo de Limia, como se pode observar na imaxe da dereita.

Pazo en Gudes.- Casa grande- Pazo, blasoada, dos Colmenero- Vallejo, edificio barroco do século XVIII. O pazo de Gudes ou Casa Grande é un bo edificio de pranta rectangular cun patio exterior inscrito. Actualmente dividido entre varios propietarios, presenta ó exterior gran parte da súa barroca

grandeza. No patio, ó que se accede por un portalón, tiña as dependencias agrícolas.

Na fachada principal uns balcóns de gran voo e un interesante escudo. A cheminea da cociña de boas dimensións e corte troncocónico cun orixinal remate de espirais e pináculo apiramidado.

O Concello de Xinzo conta tamén coa existencia de cruceiros. Un  cruceiro  é un monumento  relixioso  constituído por unha cruz de  pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha  columna  asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de  camiños, adros de  igrexas,  etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos  pagáns  á  natureza .

O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura  galegas, intimamente vencellado á  paisaxe  rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en  prazas,  xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis.

Cruceiro de Faramontaos.- Presenta a estrutura habitual deste tipo de construcións. Levántase sobre unha plataforma con varias gradas nas que se asenta un fuste rematado en capitel e cruz onde se representa a Cristo crucificado e a Virxe no reverso.

Cruceiro de Laroá.- Pequeno cruceiro coa estrutura habitual neste tipo de monumentos. Aséntase sobre unha plataforma con pedestal sobre a que se ergue un fuste semicircular rematado en capitel e cruz coa representación de Cristo crucificado.

Cruceiro de Moreiras.- É un dos elementos característicos do arte popular galego. A súa estrutura é clásica. Sobre un gradarío aséntase un pedestal do que arranca un fuste circular rematado nun capitel de inspiración xónica onde se apoia a cruz coa imaxe de Cristo crucificado con tres cravos e a cabeza inclinada cara a dereita, no reverso está a Virxe María apoiada sobre unha peana.

Cruceiro do Mosteiro de Ribeira.- É un dos elementos máis característicos do arte popular galego. A súa composición é sinxela, sobre unha plataforma con tres gradas, levántase un pedestal monolítico no que aparece esculpido un releve dunha calaveira que representa a morte, sobre el un fuste circular rematado en capitel sobre o que se asenta a cruz coa imaxe de Cristo crucificado e unha representación da Virxe no reverso.

Cruceiro de Xinzo de Limia.- Na beirarrúa, xunto a un pequeno recinto axardinado e frontalmente á fachada dunha antiga casa datada no ano 1859, atópase este sinxelo símbolo de Galicia. Iníciase esta piadosa obra popular cunha plataforma escalonada de dous escalóns de pedra rematados por un pedestal, de forma cúbica, cos cantos superiores rebaixados;

nel, na cara emprazada baixo a figura de Cristo, existe un curioso oco. O capitel é dos denominados clásicos e de orde ou estilo xónico,

con planos rectos. A cruz ten forma estriada e nela figura a imaxe do Crucificado, nunha postura máis sentada que na forma tradicional. A Nai de Deus represéntase de modo orante sostida por unha peana decorada cun anxo.

Aínda que existen cruceiros de arte popular no centro da localidade, case todos eles de finais do século XVIII, principios do XIX.

Cruceiro de Morgade.- Cruceiro popular na praza do pobo.

Cruceiros de Solveira.- Fronte a igrexa hai tres cruceiros populares do século XVIII.

Tamén os veciños de Piñeira Seca posúen un cruceiro aínda que este é un tanto peculiar tal e como se pode apreciar na imaxe.

En Trandeiras e no seu arredores tamén os cruceiros son tamén característicos.

Outra das mostras da arquitectura relixiosa son os petos das ánimas, que son manifestacións materiais do culto ós  mortos e da devoción polas ánimas. No concello de Xinzo salientan fundamentalmente

Peto de ánimas da Pena.- Asenta sobre unha plataforma e centra a arquitectura unha fornecina de medio punto avenerada, subraiada ó exterior por moldura chaira, que enlaza na zona superior cun nicho de idéntica organización pero de menor tamaño; a repisa a súa vez alcanza o extremo inferior mediante unha placa, consistindo a estética do monumento nun contraste de luces e sombras conseguidas pola labra a dous planos da superficie. Os extremos presentan

piastras adosadas que a partir de simplificados capiteis proxéctanse en molduras seguindo as liñas estruturais da cornixa organizada en gola; sobre elas descansan pináculos piramidais. Completando os remates, no centro unha cruz de sección rómbica.

Peto de ánimas de Rebordechá.- O corpo principal do monumento asenta sobre un corpo inferior pechado con cornixa de cuarto bocel, provisto de fornecina e cuberto por un tellado de dobre vertente. No vértice unha columna xónica serve de apoio a un Crucificado. A arquitectura se adornase con encintados, en harmonía co resto do edificio.

No interior da fornecina destaca unha ordenada sucesión. Na parte superior sobre unha base corrida, obsérvase no alto releve a Virxe do Carme co escapulario e San Antonio co cordón e o libro; a continuación as ánimas do Purgatorio, coas ánimas rodeadas individualmente por las chamas dispostas en círculo; as ánimas de gran inxenuidade estenden suplicantes os brazos, agás as dos extremos que se prestan á oración. Na fornecina figura unha inscrición indicando a data da construción do monumento e o seu autor, evidenciando a súa procedencia portuguesa: Manoel Rodrigues, ANO 1786.

Peto de ánimas de Trandeiras.- O monumento asenta sobre dous peldaños; o corpo inferior inicia con molduras en toro e presenta o dado labrado a dous planos, rematado por cornixa recta. O corpo principal resólvese en arco de medio punto impostado, presenta guarnición de listeis escalonados, creando un belo efecto de luces e sombras. O monumento remataba en cruz, conservándose só o pedestal.

Peto de ánimas de Faramontaos.- Curioso peto ubicado no interior da igrexa.

Riqueza histórico- cultural.

A torre da Pena.- Coñecida popularmente como o Castelo da “Porteliña” formaba parte das catro fortificacións que protexían a Lagoa de Antela (Pena, Sandiás, Celme e Porqueira). Aínda que algúns historiadores atribúen a súa construción ós suevos, pénsase que foi erixida no século XII para previr os intentos de invasión de Alfonso Henríquez de Portugal. Foi tomada polo Duque de Lancaster en 1386, cando pertencía ós Viedmas por mercede de Enrique II.

Deles pasou ós Monterrei, pero cando Francisca de Zúñiga e Viedma, filla do Conde de Monterrei, casou co Conde de Lemos empezou un interminable pleito entre estes dous condados pola súa posesión. No século XVIII a fortaleza foi abandonada e destruída, conservándose só esta garrida torre.

O adxectivo Portela recorda o paso dalgún antigo camiño, posiblemente a vía romana XVIII.

Esta era a torre de homenaxe do castelo da Pena da Portela, e do que só se conserva a fábrica exterior da torre en bo estado e algúns anacos dunha muralla exterior de mampostería e planta oblonga con adaptación perfecta ás curvas de nivel. A torre ten planta cuadrangular (10.40x10.30). Os seus muros son de grosor considerable (2.40 m), construídos en perpiaño ben escadrado e colocados en fiadas regulares con marcas de canteiro. Na porta aparecen ménsulas decoradas nunha folla de oito pétalos, que sosteñen o dintel do arco de

descarga onde se adiviña un escudo de armas. No interior ten tres plantas, as dúas últimas cubertas con bóveda de canón.

Estatua sedente.- Achada en Xinzo de Limia na beira do Río Limia en actitude oferente, representa un modelo iconográfico da plástica castrexa do Noroeste, vinculado co mundo funerario ou o culto ás Matres. Trátase de figuras sentadas en cadeiras de catro patas e respaldo, vestidas con brazaletes nos brazos apoiados nos laterais, sostendo unha pátera ou un vaso cilíndrico. O seu parecido máis inmediato habería que buscalo nas divindades sedentes da área ibérica, na “Dama de Baza”.

Ponte de Faramontaos.- Ponte medieval chamado tamén “Das Poldras”. Por el transcorría o camiño entre o val de Monterrei e a Limia, atravesando o territorio de Cualedro e Moreiras.

A calzada e as lousas pequenas superpostas sobre outras máis grandes

Lenda do Castelo da Pena

Hai moitos anos, contan os vellos, que a Lagoa de Antela estaba comunicada por tres castelos ben diferenciados entre eles: a Torre de Pena, a Torre do Castro e a Torre da Forxa. Din que había un túnel que unía estas tres torres, ata o punto de que botaban unha galiña con poliños na Torre da Pena e ían a saír á Torre do Castro. Este tipo de túneles eran utilizados polos mouros que poboaban as torres para espiarse os uns ós outros e tamén para acceder ó interior dos castelos, porque andaban en guerra entre eles.

Concretamente, falan os vellos, que o castelo de Pena tiña unhas celas escuras, provistas dunhas argolas cunhas cadeas onde prendían os mouros apresados para torturalos. Téñense atopado mesmo esqueletos.

Este castelo da Pena estaba rodeado dunha gran muralla, que dificultaba a entrada dos mouros e que servía de protección ó castelo, porque a única forma de traspasala era a través dos túneles.ç

Nesa época, segundo din os máis vellos, a loita entre os mouros era con espadas e tamén con aparellos de todo tipo, de aí os seguintes versos:

O meu avó

Tiraba de castelo a castelo

Coa pica dun martelo.

Por iso se di que o pico que lle falta ó castelo da Pena foi destruído nesas loitas cun enorme martelo, sendo roubado polos mouros de Sandiás, os da torre do Castro, como símbolo de vinganza.

de tipo “Pontillón”, forman una lixeira elevación no centro. Carece de barandas e ten oito arcos de bóveda plana case simétricos.

Sepulcros antropomorfos.- Localizados en Soutelo, son un conxunto de sepulcros antropomorfos escavados na rocha, do mundo altomedieval.

Castro de Morgade.- Castro próximo a Xinzo, ó pé dos montes que circundan a ex lagoa de Antela polo Este na estrada que vai a Vilar de Barrio.. salienta a súa posición dominante sobre a Limia e a súa grandiosidade, aínda que a penas foi obxecto de estudo. Coñécese polos nomes da Cidade ou Castro dos Mouros e sobre el circundan preciosas lendas de encantamentos.

Forno comunal limiao.- A explotación da terra é a constante histórica da Limia, coñecida antano como “O graneiro de Galicia”, debido en parte á proliferación dos terreos de cultivo. A base da economía foi sempre a produción de cereais, hoxe substituídos en gran parte pola pataca; o que conforma moitos dos seus sinais de identidade manifestada en abundancia de elementos etnográficos relacionados cos cultivos agrarios. Sobresae o forno comunal de Trandeiras no que se pretende recuperar a tradición e arte de cocer o pan, intentando recuperar os vellos utensilios utilizados na elaboración artesanal do pan. Era moi habitual que cada aldea e pobo da Limia tivera o seu forno comunal, onde a maioría deles están plenamente restaurados.

Museo galego do Antroido.- Sobre o edificio da antiga “Praza de Abastos”, restaurado e reestruturado, eríxese o actual “Museo Galego do Antroido” na confluencia das rúas Dous de Maio e Ladeira. Este museo ven a rubricar a condición do Entroido de Xinzo, considerado de interese turístico nacional, e ser un dos máis longos de España, xa que o seu ciclo completo

abarca nada menos que cinco domingos sucesivos, como se verá máis adiante. Este museo representativo de toda Galicia está destinado a converterse no gran centro de información, investigación e interpretación do Entroido.

Outras cousas que ver

Monumento á pantalla.- Monumento adicado ó personaxe típico do Entroido. A Pantalla é a máscara do Entroido limiá, constituíndo o símbolo de manifestación máis importante, con raíces castrexas marcadas, nas que o seu poder relixioso, xudicial e social queda manifesto, na máscara (o relixioso), que constitúe unha variante única e singular, no seu porte de virilidade e fermosura das vellas máscaras medievais europeas que recolleron elementos de ritos paganos de fertilidade, que nas procesións relixiosas representaban ó inframundo e xenericamente o primitivismo do home non cristianizado; na imposición das vexigas (o xudicial) e na participación e función de ordenar a festa (o social); sendo ademais unha das escasas máscaras rurais que perviven na Europa do novo milenio.

A súa saída ás rúas chegan a sumar centos delas, o que é ritual e tradicional. A “Pantalla” é a raíña do Entroido limiá, ninguén se pode meter con ela, co movemento das fitas, son das campás e axoúxeres, e os golpeteos das vexigas, deixan constancia da ledicia do Entroido.

Monumento á memoria dos heroes limiaos que loitaron con valor e morreron con honra na batalla de Xinzo,

o 23 de febreiro de 1809 defendendo a liberdade contra as tropas francesas. Situado na capitalidade do Concello.

Praza do Bispo Idacio.- Praza situada nun solar que pertencía á familia dos Henríquez- Cadórniga, que aínda conservan fronte á Praza, unha casa típica galega. A praza adicouse dende os anos 70 ó bispo Idacio, nado en Xinzo de Limia, entón Civitas Limicorum, no ano 390, sendo bispo de Chaves e autor do “Cronicón”. Nesta praza, ata vai ben pouco, vendíase peixe nos días de feira, por iso é popularmente coñecida como a “Praza do Peixe”.

Parque do Pombal.- Obra da arquitecta limiá Dolores Pélaez, constituíndo un dos proxectos de modernización de Xinzo dos anos 80, nos que se combinan o espazo verde con materiais como a lousa, metais, madeira e pedra. Situada ó lado da Avenida de Ourense na estrada 525.

Fonte do parque do Toural.- Situada no parque do mesmo nome, construída nos anos 70 á beira do río Limia, no espazo onde tradicionalmente se facía a feira do gando, unha das máis importantes de Galicia. Esta fonte circular en pedra ten tres alturas e remata nun trébol cun surtidor de auga.

Praza Maior.- Orixinalmente chamada “Praza da Constitución”, foi construída durante o reinado de Isabel II, na segunda metade do século XIX, segundo a obra nun plano de Xinzo de 1856. Ocupa o solar que o Concello comprara á familia de Saa. A praza sufriu diversas reformas, especialmente de pavimento, conservando a súa forma de L case dende a orixe. O pavimento orixinal era de terra a modo de aira, máis tarde colocóuselle empedrado e no último terzo do século XX os coñecidos espolóns.

Praza de Xoán XXIII.- Ubicada fronte á igrexa nova de Xinzo, foi rematada na segunda metade do século XX e está rodeada de fermosos edificios. Foi empregada como espazo de mercado dende a Idade Media; chamada tamén “Praza dos cubertos”, porque nela estaban situados os postos cubertos do mercado da feira, administrados naquel tempo polo Conde de Monterrei. Mantivo ó longo do tempo o seu carácter feiral, sobre todo no comercio de carbón, trigo e ovos, polo que actualmente coñécese polo nome de “Praza dos ovos” ou “Praza do trigo”.

Ademais da capitalidade, tamén polas rúas das distintas localidades do Concello atopamos prazas, lavadoiros, fontes e construcións de máis recente creación como poden ser as que se amosan a continuación:

Un alto no camiño.

Foto: fonte Boado

Foto: lavadeiro Piñeira Seca

Foto: fonte Trandeiras

Unha mostra da cultura dos pobos son as súas festas. Co cal sería moi interesante visitar o Concello e facer unha parada nalgunha destas festas populares. No concello de Xinzo de Limia tódalas localidades teñen o seu día grande, no que salientan entre outras as de:

Festa do Esquecemento.- Festa de interese turístico local. No patrimonio cultural nos últimos anos, ven adquirindo un impulso forte, a Festa do Esquecemento, na honra do río Limia ou Lethes, na que cada penúltima fin de semana de agosto (venres, sábado e domingo) preténdese revivir por uns días “viaxando no tempo” á época dos romanos, realizándose varios actos relacionados coas culturas romana e castrexa. Con esta festa, a vila de Xinzo transfórmase nunha auténtica “Civitas Limicorum”, co seu foro, campamento e mercado romano e castrexo. Inténtase rememorar o paso dos comerciantes pola Vía Nova entre Bráccara e Artúrica- Augusta; escenificando en distintos lugares templos onde se rende culto ós deuses, centros de espallamento e lecer como os baños ou o impresionante Circus, con espectáculos de aurigas, gladiadores, danzas e liortas que espertan a paixón de propios e foráneos; así como unha escenificación maxistral do “Paso do Río Lethes” por parte do exército romano, conducido por Xuño Bruto, no ano 137 a. C. Festa de rememoración histórica romano- castrexa.

ENTROIDO.- Polo seu carácter etnográfico e cultural, o Entroido constitúe a tradición máis arraigada na comarca, considerado dende fai anos festa de interese turístico nacional, tratándose do máis amplo, longo e intenso de España, tanto no tempo como nas súas formas de expresión popular; abarcando cinco domingos sucesivos:

Domingo fareleiro: Festa da fariña.Domingo Oleiro: xogo das olas.Domingo Corredoiro: Procesión e colgamento do “Meco”. Disfraces.Entroido: sábado, domingo, luns e martes. Disfraces, desfiles, concursos, charangas e festa rachada.Enterro da sardiña, co pregón o mércores de Cinsa.Domingo de Piñata como colofón.

Outra tradición fortemente arraigada no Concello, constitúena os Magostos, que se celebran no municipio cada 11 de novembro na Praza de Oriente no pleno centro do Casco Vello de Xinzo, no que as castañas, o viño e

os bolos preñados adquiren un papel protagonista, arredor das fogueiras que enfeitizan estas noites frías na Limia.

Feiras de Xinzo: Mercado na rúa de San Roque, mercado de gando no recinto feiral e polbeiras, os días 14 e 27 de cada mes.

Expolimia: Feira de Mostras Multisectorial, 1ª fin de semana de setembro en Xinzo de Limia. A feira Expolimia é o mellor exponente da industrialización da bisbarra, pois converteuse nunha macro exposición, en especial de maquinaria agrícola, directamente relacionada co cultivo e industrialización da pataca da Limia.

Teñen cabida nesta feira os máis diversos campos, dende o comercio ata o turismo, pasando pola exaltación do produto típico da Limia, a pataca de Galicia, de “indicación xeográfica protexida”.

Baronzás: San Andrés, o 3º domingo de xuño.

Boado: San Pedro, 29 de xuño.

Damil: Nosa Señora do Carmo, 1º domingo de setembro.

Faramontaos: Santa Lucía o 13 de setembro e festa popular a 1ª fin de semana de agosto.

Fiestras: Santa Marta, 29 de xullo.

Ganade: Santa Isabel o 1º domingo de xuño e San Bartolomé o 24 de agosto.

Gorgoloza: Día da Ascensión (propio).

Gudes: Festa da Sagrada Familia: 2º domingo despois do Nadal.

Gudín: Santa Bárbara a finais de maio e San Miguel o 26 de setembro.

Guntimil: San Xoán, o 24 de xuño.

Lamas: San roque o 8 de setembro e Festa da Santa Cruz o 3 de maio. Festa importante pola tradición dos danzantes de Lamas.

Laroá, Santa María: San Blas o 3 de febreiro.

Laroá, San Pedro: San Pedro, o 29 de xuño.

Moreiras: San Bartolomé o 24 de agosto e a Nosa Dona das Dores o 15 de setembro.

Morgade: 2º domingo de maio e 2º domingo de setembro.

Mosteiro (Gudín): Os Remedios o 8 e o 9 de setembro.

Mosteiro (Ribeira): San Gregorio o 9 de maio.

Novás: Os Remedios o 8 e 9 de setembro.

Parada de Ribeira: Inmaculada o 2º domingo de xuño (o propio día, só festa relixiosa)

Paredes: San Ciríaco o 8 de agosto.

Pena: San Pedro o 29 de xuño.

Pidre: Santa bárbara en Agosto.

Piñeira Seca: San Antón o 13 e 14 de xuño.

Queiroás: Corpus Christi (o día propio).

Rebordechá: San Bieito o luns de pascua.

Ribeira: San Miguel o 29 de setembro.

San Salvador: o 2º domingo de agosto.

San Vitorio: a Virxe da Caridade o día de San Pentecostés e a festa patronal o 30 de agosto.

Seoane: Ascensión (o día propio) e San Sebastián o 20 de xaneiro.

Solveira: Corpus Christi.

Soutelo de Ribeira: San Eufraxio o 15 de maio.

Trandeiras: o Bon Xesús e a festa das flores o 15 de maio.

Xinzo de Limia: Festa patronal de Santa Mariña o 18 de xullo.

Existen varios lugares para repostar forzas: Onde Comer e onde durmir.

A gastronomía limiá céntrase na comida galega, na que a pataca é ingrediente común ó lado da carne de vacún e de porco, fundamentalmente.

A pataca é ingrediente, xunto á berza, fabas, repolo e grelos dos afamados e excelentes caldos e cocidos galegos.

En Xinzo de Limia son numerosísimos os recunchos nos que se poden degustar estas comidas e pinchos típicos galegos, tanto en restaurantes como en bodegóns, tabernas, etc., en especial nas rúas do “Barrio Vello” ou “Barrio de Abaixo” e, por suposto, nos hoteis e restaurantes, nos que pode descansar na súa estadía en Xinzo de Limia:

- Hotel- restaurante Xinzo, rúa 2 de maio, 31. Telf: 988461202- Hotel- restaurante Orly, rúa 2 de maio, 19. Telfs: 988460506/ 636493968- Hotel- restaurante 2 de Maio, rúa 2 de maio, 49. Telf: 988461125- Pensión residencial “Bos Aires” (parrillada): Avda de Ourense, 160.

Telfs: 988460450/ 988460516- Pensión residencial “Antela” (parrillada): Avda de Ourense, 164. Telfs:

988460090/ 655154425- Pensión residencial “Xinzo 82”: Avda de Ourense, 86. Telf: 988460439- Restaurante “Anduriña”: rúa Curros Enríquez, 43. Telf: 988461347- Restaurante “Da Limia”: Avda de Ourense, 162. Telf: 988460965- Restaurante “Dous de Maio”: rúa 2 de maio, 23. Telf: 988460528- Restaurante “Düsseldorf”: Avda de Ourense, 180. Telf: 988462415- Restaurante “Fonda Vila”: Rúa Leopoldo Álvarez, 9. Telf: 988460453- Restaurante “Europa”: Rúa 2 de maio, 49. Telf: 988460926- Restaurante “Fontana”: Rúa Marcelo Macías, 25. Telf: 988460709- Restaurante “Galicia”: Rúa Río Arnoia, 16. Telf: 988462224- Restaurante “Novo Frita”: Rúa do Toural, 16. Telf: 988462461- Restaurante “Pallona”: Rúa Curros Enríquez, 29. Telf: 988460636- Restaurante “Rancho Grande”: Avda de Madrid, 165. Telf: 988462603- Restaurante “Semas”: Avda de Ourense, 174. Telf: 988461498- Restaurante “Stop”: Avda de Madrid, 165. Telf: 988460318- Pizzería “La Milanesa”: Rúa Río Arnoia, 29. Telf: 988462500- Restaurante “O Peto”: Rúa Santa Mariña, 16. Telf: 988461599- Restaurante “Leman”: Rúa Celso Emilio Ferreiro, 13. Telf: 988461042- Pizzería “La Romana”: Estación de autobuses, local 11. Telf: 988462096- Pizzería “Net”: Rúa Marcelo Macías, 1. Telf: 988461369- Pizzería “Tómbola”: Avda de Ourense, 136. Telf: 988462643- Burguer- Boc. “Bocados”: Rúa Curros Enríquez, 22

- Burguer- Boc. “Capa’s”: Rúa San sebastián, 12. Telf: 988462643- Burguer- Boc. “Tívolí”: Rúa do Toural, 3. Telf: 988462856