DEPARTAMENTO DE MÚSICA · departamento de mÚsica programaciÓn didÁctica ies cidade de...

56
DEPARTAMENTO DE MÚSICA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA IES CIDADE DE ANTIOQUÍA Xinzo de Limia Curso 2017-2018 1

Transcript of DEPARTAMENTO DE MÚSICA · departamento de mÚsica programaciÓn didÁctica ies cidade de...

DEPARTAMENTO DEMÚSICA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

IES CIDADE DE ANTIOQUÍA Xinzo de Limia

Curso 2017-2018

1

INDICE

PRESENTACIÓN.......................................................................................................... 4. Membros do Departamento. Cursos e materias que imparte cada profesor/a

- E.S.O.- BACHARELATO

. Reunión do Departamento

. Contexto docente

E.S.O.Segundo curso .........................................................................................................6

- Obxectivos xerais- Contidos temporalizados por avaliación- Contidos organizados por bloques- Actitudes, valores e normas- Contidos mínimos esixibles- Contribución da música a adquisición das competencias básicas- Metodoloxía didáctica- Criterios de avaliación- Criterios de cualificación- Actividades de recuperación e reforzó para os alumnos

con materia pendente- Estándares de aprendizaxe- Materiais e recursos didácticos- Temas transversais- Actividades complementarias e extraescolares previstas- Medidas de atención á diversidade

.Terceiro curso ........................................................................................................ 24- Obxectivos xerais- Contribución da materia no logro das competencias- Contidos organizados por bloques- Contidos mínimos esixibles-Actitudes valore e normas- Metodoloxía- Criterios de avaliación- Criterios de cualificación- Estándares de aprendizaxe- Actividades de recuperación e reforzó para os alumnos con materia pendente- Materiais e recursos didácticos- Temas transversais- Actividades complementarias e extraescolares- Medidas de atención á diversidade

2

BACHARELATO .1º BACHARELATO .- Linguaxe e práctica musical..................................................33

- Obxectivos xerais- Contidos organizados por bloques- Contidos mínimos- Actitudes, valores e normas- Contribución da música a adquisición das competencias básicas- Metodoloxía didáctica- Procedementos de avaliación- Criterios de avaliación- Estándares de aprendizaxe- Actividades de recuperación e reforzo- Materiais e recursos didácticos- Temas transversais- Actividades complementarias e extraescolares- Medidas de atención a diversidade

.2º BACHARELATO. Historia da música.....................................................................49- Obxectivos xerais- Contidos organizados por avaliacións- Contidos mínimos- Actitudes, valores e normas- Metodoloxía didáctica- Procedementos de avaliación- Actividades de recuperación e reforzo- Materiais e recursos didácticos- Temas transversais- Actividades complementarias e extraescolares- Medidas de atención a diversidade

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE……………………………...................................... 54

PROGRAMA DE REFORZO PARA O ALUMNADO COA MATERIA DEMÚSICA PENDENTE………………………………………………………………..55

CRITERIOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN.............................56

3

PRESENTACIÓN

Membros do Departamento

María Josefa Mosquera SeoaneRoberto de Andrés Iglesias (Xefe de Departamento)

Cursos e materias que imparte cada profesor/a

ESO

2º cursoGrupo A, B: Roberto de Andrés Iglesias

3º cursoGrupos A, B: Roberto de Andrés Iglesias

BACHARELATO

1º BacharelatoGrupo: María Josefa Mosquera Seoane

2º BacharelatoGrupo: María Josefa Mosquera Seoane

Distribución do alumnado por grupos e niveisNiveis Cursos NºAlumnos/as Nº de Grupos 2º ESO : 2 grupos 3º ESO : 2 grupos 1º BACH: 1 grupo 2º BACH: 1 grupoTotal : 6 grupos (15 horas lectivas)

Temporalización

O desenvolvemento do curso está estruturado en tres trimestres que corresponden con tres avaliacións.nas2º Trimestr35semanasA programación da área, dentro de cada avaliación ou trimestre, articularase a través de Unidades Didácticas homoxéneas, que engloben contidos afíns e en grao crecente de dificultade. O número de horas lectivas dedicada a cada unidade é orientativo, dada a

4

dificultade que entraña o seguimento estrito debido á diversidade de coñecementos previos, capacidades e intereses dos alumnos.Reunión do Departamento

As reunións do Departamento quedarán rexistradas no correspondente libro de actas.

Contexto docenteXinzo de Limia conta cun Conservatorio Profesional de Música onde realizan

estudos específicos de música algúns dos alumnos que estudan no IES Cidade deAntioquía.

Asimesmo, a proximidade da referida localidade coa cidade de Ourense facilitao acceso a ampla Programación musical que ofertan as distintas Institucións ao longo doano.

Comprobando sen embargo que a participación do alumnado de tales ofertas émoi limitada sinalamos a continuación algunas liñas de traballo que nos parecenprioritarias:

• Dar a coñecer as diferentes propostas musicais que se ofertan nazona

• Fomentar a participación en agrupación musicais aproveitando osrecursos da comunidade

• Servir de nexo introductor co mundo cultural de creación• Introducir na vida diaria a necesidade da práctica musical• Favorecer un desenvolvemento persoal rico en experiencias

artísticas

A programación segue as directrices da nova lei de educación LOMCEreguladas no referente as ensinanzas da educación secundaria obligatoria e deBacharelato da Comunidade Autónoma de Galiciado Decreto 86/2015 do 25 dexuño.

5

2º ESOAsignatura Música Cód 590016

Profesor/a Roberto de Andrés Iglesias

OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO Recoñecer os elemento básicos da linguaxe musical que permitan a súa

análise e interpretación

Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos e usos musicais establecendo valoracións propias e autónomas en situacións cotiás.

Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, co fin de enriquecer as súas posibilidades de comunicación e expresión, respetando tamén outras formas de facelo.

Desenvolver a capacidade de análise de obras musicais como exemplo da creación artística e do patrimonio cultural, comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas e relacionalas cos seus propios gustos e valores.

Aprender a utilizar de forma autónoma e creativa diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical, relacionándoos cos seus propios gustos e valores.

Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais como fonte de enriquecemento cultural e de placer personal, con vistas a favorecer aampliación e diversificación dos seus gustos musicais.

Participar en actividades musicais, tanto dentro como fóra da aula, individual e grupalmente, con actitude aberta, interesada e respetuosa, tomando conciencia do enriquecimento que supoñen as aportacións dos demais.

Coñecer as diferentes manifestacións musicais a través da historia e a súa significación no ámbito artístico e sociocultural.

6

Introducirse na utilización das novas tecnologías para a reproducción, transmisión e grabación do fenómeno musical.

Valorar a importancia do silencio como condición previa a música, así como concienciarse da agresión que supón o uso indiscriminado do sonido.

CONTIDOS (TEMPORALIZADOS POR AVALIACIÓN )

1ªAVALIACIÓNUNIDADE 1

-O son: produción, transmisión e cualidades do son-O ruido

-O silencio-Xéneros musicais: Música popular y música culta; Música religiosa y música

profana; música descriptiva y música profana.

UNIDADE 2-A altura: pentagrama e as notas musicais-As claves-Os instrumentos musicais-A voz: clasificación das voces, a transformación da voz.

UNIDADE 3 -A duración: as figuras musicais -Instrumentos cordófonos: coda frotada; corda pulsada; corda percutida. - Fabricantes de instrumentos

UNIDADE 4-A intensidade: as indicacións de dinámica.-Instrumentos membranófonos: de sonido determinado e indeterminado.

UNIDADE 5-O timbre: a instrumentación-Instrumentos idiófonos: idiófonos de madeira, idiófonos de metal e idiófonos

de materiais diversos.

UNIDADE 6-A melodía: compás, intervalos, escalas, acordes.-Instrumentos aerófonos: embocadura de bisel, embocadura de caña o lengüeta

7

2ª AVALIACIÓN

UNIDADE 7-O movemento: o metrónomo; as indicacións de movemento; o carácter.

-Instrumentos electrófonos: electrónicos e electroacústicas.

UNIDADE 8 -A música popular. A música étnica. -¿Que é o folclore? -O folclore en Galicia - As formas musicais: forma binaria e forma ternaria

UNIDADE 9-A creatividade.-Tipos de xénero-Instrumentos, voces e forma-Serie de notas musicais.-Serie de figuras rítmicas

-Serie de indicadores de dinámica.-Serie de acordes.

UNIDADE 10 -A melodía: escalas, grados, intervalos, acordes, tonalidade. -As agrupacións orquestais: orquestra de corda, orquestra sinfónica, banda de música.

UNIDADE 11 -O ritmo: compases simples e compostos. -A síncope e o contratempo. -Os grupos de cámara: duetos, tríos, cuartetos, quintetos e outras formacións. UNIDADE 12 -O folclore: as agrupacións populares; os instrumentos; as danzas. -A textura musical. -Os instrumentos antigos: Traverso, órgano, clavicémbalo.

3ª AVALIACIÓN

UNIDADE 13

8

-A música e os medios de comunicación: música e radio; música e televisión; música e cine. -Formas musicais: rondó; tema e variacións.

UNIDADE 14 -A música e a publicidade. -Formas musicais: fuga e sonata.

UNIDADE 15 -A música e a tecnología: grabación e reproducción do son; evolución da informática musical. -A música escénica: ópera, zarcuela y ballet. -As agrupacións vocales.

UNIDADE 16 -A orixe da música moderna: o final do século XIX e a década de 1910: espiritual negro, ragtime, blues, estilo New Orleans. -As décadas de 1920, 1930 e 1940: a big band.

UNIDADE 17 -As décadas de 1950 e 1960: rock-and-roll; folk-rock, pop rock, o soul. -A década de 1970: o rock duro, o punk, o rock progresivo, o reggae, o rock. -A década de 1980: a new wave, a música disco, o funk, o rap, e a música house. -A década de 1990: o bacalao.

UNIDADE 18 -A creatividade: composición de partituras. -Agrupacións vocais e instrumentais. -Textura e formas musicais

CONTIDOS ORGANIZADOS POR BLOQUES INTERPRETACIÓN E CREACIÓN

Contidos Obxectivos

Competencias clave

• Parámetros do son. Elementos básicos dalinguaxe musical

• Características da voz e da palabra como medios de expresión

musical

• Instrumentos e corpo como medios de expresión musical

• Agrupacións vocais e instrumentais

• Práctica da relaxación, a respiración, a articulación, a resonancia

N

Ñ

M

CCEL

CCL

CCMT

CCEC

9

e a entoación

• Fomento da sensibilidade estética

• Grafías e outras formas de notación musical N CCEC

• Exploración das posibilidades de diversas fontes sonoras

• Exploración e práctica das técnicas do movemento e a danza

N

G

CAA

CCEC

• Práctica das pautas básicas da interpretación

• Aceptación e cumprimento das normas que rexen a interpretación

en grupo

• Aceptación e predisposición para mellorar as capacidades

técnicas e interpretativas propias

A

D

B

CAA

CCEC

• Improvisación, elaboración de arranxos e composición,

elaboración de arranxos de cancións e pezas instrumentais con acompañamentos sinxelos

• Composición individual ou en grupo de cancións e pezas

instrumentais para distintas agrupacións

A

N

CAA

CCEC

CSIEE

• Práctica de pezas musicais aprendidas a través da memorización

e da lectura de partituras

• Sonorización de representacións dramáticas, actividades de

expresión corporal e danza e imaxes fixas e en movemento

G

N

D

Ñ

CCEC

CSC

CSIEE

ESCOITA

• Utilización de recursos necesarios para a comprensión da música

escoitada

• Identificación dos elementos de música e das súas características

na audición e na análise

• clasificación e discriminación auditiva dos tipos de voces e

instrumentos

N

Ñ

CCEC

• Elementos que interveñen na construcción dunha obra musical N CCEC

• Desenvolver hábitos positivos e de respecto ás demais persoas B CSC

10

durante a escoita A

• Audicións, análise elemental e apreciación crítica de obras vocáis

e instrumentais de distintos estilos, xéneros, tendencias e culturasmusicais

H

N

CCL

CCEC

• Sensibilización e actitude crítica ante o consumo indiscriminado

de música e a contaminación sonora

E

F

M

CSC

CSIEE

CD

CONTEXTOS MUSICAIS E CULTURAIS

• A música ao servizo doutras linguaxes

• Análise da música empregada en diferentes tipos de espectáculos

e produccións audiovisuais

M

N

CCEC

• Pluralidade de estilos na música actual L

N

CCEC

• Emprego e coñecemento dos recuroso necesarios para a

conservación e a difusión das creacións musicais propias e alleas

• Utilización de diversas fontes de información para indagar sobre

insrumentos, compositores, concertos e producións msicais e vivo e gravadas

L

N

Ñ

CCEC

CSIEE

• Recollida de información, valoración e exposición do feito

musical e as súas opinións

H

E

CCL

• Música actual: novas tendencias. Concertos en directo E

N

L

CD

CAA

MÚSICA E TECNOLOXÍAS

• Utilización de dispositivos electrónicos, recursos da internet e

software musical

• Aplicación de técnicas de gravación analóxica e dixital para

rexistrar as creacións propias, as interpretacións da aula

• Utilización de tecnoloxías da información nos procesos de

E

N

CD

CSIEE

11

creación musical

• Coñecemento e emprego das tecnoloxías da información na

interpretación e gravación de peas musicais

• Emprego e coñecemento dos recursos necesarios para a

conservación e a difusión das creacións musicais propias e alleas

• O son e a música nos medios audiovisuais e nas tecnoloxías da

información e da comunicación.

E

N

CD

ACTITUDES, VALORES E NORMAS

-Valoración da actividade instrumental e vocal como fonte de aprendizaxe, diversión, relación e expresión-Sensibilidade e capacidade crítica ante as interpretacións propias e alleas, tanto vocaiscomo instrumentais-Aceptación e cumprimento das normas que rexen a interpretación, tanto vocal como instrumental, individual e colectiva-Interese polo coidado e mantemento dos instrumentos e do uso correcto da voz-Apreciación e goce da audición de obras e espectáculos musicais e respecto polas normas que rexen o comportamento dos mesmos-Recoñecemento da danza como medio para enriquecer a percepción visual, espacial e musical e apreciación das súas posibilidades expresivas-Participación con interese e creatividade nas distintas actividades individuais ou colectivas-Interese por afondar no coñecemento das composicións musicais de distintos estilos-Sensibilidade ante as obras que constituen o noso patrimonio musical-Actitude crítica ante a programación de música nos medios de comunicación

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES

1.-A linguaxe da música. Profundización e práctica no coñecemento da linguaxe musical así como a historia e a práctica da representación gráfica da música. O Son: principais características, diferencias sonido-ruido, contaminación sonora. A textura: a horizontalidade e a verticalidade. Monodia, polifonía, contrapunto, melodía acompañada e homofonía. Procedementos compositivos e formas de organización musical: principios básicos. Iniciación ás estruturas binarias e ternarias. O rondó e a sonata

2.-A voz e os instrumentos. A voz na música: cualidades, agrupacións, formas, prácticavocal con pequenas obras vocais. Os instrumentos: familias e técnicas. Agrupacións instrumentais: populares, música de cámara e sinfónica. Práctica instrumental con diferentes instrumentos (Orff, percusión…) de pequenas pezas musicais.

3.-A música na cultura e a sociedade. A presencia da música noutras manifestacións

12

artísticas: tradicional (con especial importancia á Galega), popular (inicios, principais estilos, grupos ou solistas máis importantes…), música en directo, evolución histórica da música culta occidental (cos principais compositores).

CONTRIBUCIÓN DA MÚSICA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIASBÁSICAS

A materia de Música contribúe de forma directa á adquisición da competencia cultural e artística en todos os aspectos que a configuran. Fomenta a capacidade de apreciar, comprender e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e musicais, a través de experiencias perceptivas e expresivas e do coñecemento de músicas de diferentes culturas, épocas e estilos. Pode potenciar así mesmo, actitudes abertas e respectuosas e ofrecer elementos para a elaboración de xuízos fundamentados respecto ás distintas manifestacións musicais, para establecer conexións con outras linguaxes artísticas e cos contextos social e histórico aos que se circunscribe cada obra. A orientación desta materia, na que a expresión xoga un papel importante, permite adquirir habilidades para expresar ideas, experiencias ou sentimentos de forma creativa, especialmente presentes en contidos relacionados coa interpretación, a improvisación e a composición, tanto individual como colectiva, que á súa vez estimulan a imaxinación e a creatividade. Por outra banda, unha mellor comprensión do feito musical favorece considerala como fonte de pracer e enriquecemento persoal.Colabora ao desenvolvemento da competencia de autonomía e iniciativa persoal, mediante o traballo de colaboración ao que antes nos referimos e á habilidade para planificar e xestionar proxectos. A interpretación e a composición son dous claros exemplos de actividades que requiren dunha planificación previa e da toma de decisións para obter os resultados desexados. Por outra parte, naquelas actividades relacionadas en especial coa interpretación musical, desenvólvense capacidades e habilidades tales como a perseveranza, a responsabilidade, a autocrítica e a autoestima,factores clave para a adquisición desta competencia.A área de Música contribúe tamén á competencia social e cidadá. A participación en actividades musicais de distinta índole, especialmente as referidas á interpretación e creación colectiva que requiren dun traballo cooperativo, colabora na adquisición de habilidades para relacionarse cos demais. A participación en experiencias musicais colectivas dá a oportunidade de expresar ideas propias, valorar as dos demais e coordinar as súas propias accións coas dos outros integrantes do grupo e responsabilizarse na consecución dun resultado.A toma de contacto cunha ampla variedade de músicas, tanto do pasado como do presente, favorece a comprensión de diferentes culturas e da súa achega ao progreso dahumanidade e con iso á valoración dos demais e aos trazos da sociedade en que se vive.A área de Música tamén contribúe de xeito directo ao desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital. O uso dos recursos tecnolóxicos no campo da música posibilita o coñecemento e dominio básico do hardware e o software musical, os distintos formatos de son e de audio dixital ou as técnicas de tratamento e gravación do son relacionados, entre outros, coa produción de mensaxes musicais, audiovisuais e multimedia. Favorece, así mesmo, o seu aproveitamento como ferramenta para os procesos de autoaprendizaxe e a súa posible integración nas actividades de ocio.Ademais a obtención de información musical necesita de destrezas relacionadas co

13

tratamento da información aínda que dende esta materia, merece especial consideración o uso de produtos musicais e a súa relación coa distribución e os dereitosde autor.A área de Música tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia para aprender a aprender, potenciando capacidades e destrezas fundamentais para a aprendizaxe guiada e autónoma como a atención, a concentración e a memoria ao tempo que desenvolve o sentido da orde e da análise. Por unha parte, a audición musical esixe unha escoita reiterada para chegar a coñecer unha obra, recoñecela, identificar os seus elementos e "apropiarse" desta.Por outra, todas aquelas actividades de interpretación musical e de adestramento auditivo requiren da toma de conciencia sobre as propias posibilidades, a utilización dedistintas estratexias de aprendizaxe, a xestión e control eficaz dos propios procesos. Entodos estes casos, é imprescindible unha motivación prolongada para alcanzar os obxectivos propostos dende a autoconfianza no éxito da propia aprendizaxe.Respecto á competencia en comunicación lingüística, a área da Música contribúe, ao igual que outras materias, a enriquecer os intercambios comunicativos e á adquisición e uso dun vocabulario musical básico. Tamén axuda a integrar a linguaxe musical e a linguaxe verbal e a valorar o enriquecemento da devandita interacción.Dende o punto de vista da competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, a área de Música contribúe á mellora da calidade do medio ambiente identificando e reflexionando sobre o exceso de ruído, a contaminación sonora e o uso indiscriminado da música, co fin de xerar hábitos saudables. Ademais os contidos relacionados co uso correcto da voz e do aparato respiratorio, non só son útiles para conseguir resultados musicais óptimos, senón tamén para previr problemas de saúde e para axudar a incidir no desenvolvemento desta competencia.

METODOLOXÍA DIDÁCTICAOs principios que rexen a elaboración da presente programación serán:

A Actividade: un método activo que se caracteriza pola concepción inicial de queas cousas se aprenden facéndoas. A actividade supón a posta en marcha dunha serie complexa de variables, que debido ao talante da nosa área poden ser corporais, intelectuais, espirituais, afectivas, sociais e expresivo-comunicativas.

A creatividade: mediante a inclusión de actividades (exercicios, traballos, prácticas, investigacións...) que estimulen o pensamento.

A interdisciplinariedade: en todo momento terase en conta: - A posibilidade de aproveitar os numerosos puntos de contacto co currículo das outras áreas. - A consideración dos contidos transversais como posible elemento motivador que aúne actividades concretas coma un posible centro de interese.

Enfoques globalizadores. O enfoque globalizado supón presentar os contidos da ensinanza resaltando as súas relacións con outros contidos doutras áreas e todos vinculados cun tema de interese para o alumno.

Intervención pedagóxica. Debe ter un carácter o máis individualizado posible, xa

14

que o seu obxectivo é adaptarse ás características persoais de cada alumno ou alumna. Este enfoque metodolóxico debe completarse con orientacións e suxestións do profesor sobre aquelas actividades que máis lle conveñen a cada alumno en determinada situación.

Socialización. É necesario fomentarmos certos hábitos, conductas e actitudes queestimulen un verdadeiro espírito de cooperación e colaboración grupal. Facer música xuntos implica coordinación e respecto polos demais membros do grupo. Para afondar neste obxectivo podemos utilizar distintas técnicas de dinámica de grupos.

Contorno sociocultural. É fundamental ter en conta os recursos didácticos do contorno sociocultural e os recursos ou medios indirectos, como poidan ser os medios audiovisuais. A correcta utilización do medio como recurso didáctico implica por parte do profesor un coñecemento profundo da comunidade e do contorno musical existente.

Profesorado. O profesor/a é un axente motivador que, empregando estratexias

didácticas diversas, consegue espertar o interese e a participación activa do alumno. Entre as estratexias básicas debemos recordar: estimular a participación activa dos alumnos en clase; fomentar o traballo en grupo; evitar as sancións negativas polo fracaso e a falta de recoñecemento persoal polo éxito; procurar que o alumnado interveña na planificación didáctica, por exemplo na súa preparación, opinando sobre a súa realización das actividades que se propoñan; invitar ao alumnado a participar na avaliación da súa aprendizaxe; coidar a formade presentación da información, non abusando sempre da mesma vía de comunicación; empregar estratexias que fagan revivir nos/nas alumnos/as os coñecementos anteriores para construír sobre eles a aprendizaxe dos novos coñecementos; espertar e desenvolver en todo momento a creatividade nos/nas alumnos/as...

Polas súas características, o método científico ten moita utilidade na nosa área, xa que a interacción teoría-práctica é continua e, dado o nivel de desenvolvemento dos coñecementos do alumnado, precisa enormemente unha base empírica.

O método científico parte de cinco etapas: -Presentación do problema: coñecementos dos feitos, detección dun punto escuro, reducción e formulación do problema. -Construcción dun modelo teórico: formulación de hipóteses. -Deducción das consecuencias. -Proba das hipóteses formuladas. -Introducción das conclusións na teoría preexistente e reaxuste do modelo establecido en base a elas.

A este respecto convén termos en conta que non hai métodos bos ou malos. A elección dependerá da calidade da axuda didáctica que se lle ofreza a cada alumno en cada momento, en función das súas necesidades e da posibilidade de acadar unha aprendizaxe significativa.

15

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

INTERPRETACIÓN E CREACIÓN

Distinguir e utilizar os elementos de representación gráfica nunha partitura. Discriminar os tipos de textura diferentes a partir dunha audición. Coñece o procedemento para elaborar obras musicais. Participa correctamente nas montaxes musicais de grupo. Improvisa instrumentalmente a partir dunhas pautas dadas.

ESCOITA

Identifica os distintos instrumentos e voces nunha audición. Lee e interpreta a partir dunha partitura Discrimina a época ou a cultura á que pertence unha música. Describe elementos da forma e da estrutura musical (ritmo,melodía, textura

,timbre..) dunha peza musical escoitada.

CONTEXTOS MUSICAIS E CULTURAIS

Exercicios que relacionan a música con outras disciplinas. Interese por distintas músicas do tempo e do espazo. Distinguir as grandes épocas da historia da música. Empregar linguaxe apropiado ó falar da música.

MÚSICA E TECNOLOXÍAS

Utilizar con autonomía recursos tecnolóxicos para gravar,reproducir, crear e interpretar música.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A cualificación componse de 3 partes:-Exame escrito ou proxecto ao final da avaliación. Supón o 60% da cualificación final (6puntos sobre 10) e para que a nota obtida neste exame se sume á nota final, é obrigatorioaprobalo (é dicir, obter 3 puntos dos 6 totais do exame).-Práctica instrumental, vocal e corporal. 30 % da cualificación final (é dicir 3 puntos dos

16

10 máximos). Esta nota componse das cualificacións obtidas nas diferentes actividades formativas de carácter práctico levadas a cabo en cada avaliación.Participación, actitude e comportamento na aula. 10 % da cualificación final (é dicir 1 punto dos 10 máximos).

No caso de suspender algunha avaliación farase a súa recuperación ao final da 3ª avaliación. Esta recuperación constará de unha parte teórica escrita (60%) e unha parte práctica de interpretación (40%).

Para aqueles alumnos que teñan que realizar o examen en setembro por non ter aprobadoa asignatura en Xuño, valorarase soamente unha proba, a cal será escrita e valorará tantocoñecementos relativos á linguaxe musical coma coñecementos teóricos.

ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO PARA ALUMNOS/AS COA MATERIA PENDENTEFaranse exames de recuperación en cada avaliación das partes suspensas teórica e/ou práctica. As porcentaxes serán as mesmas que nos exames ordinarios.

Para aqueles alumnos que teñan que realizar examen en setembro por non ter aprobado a asignatura en Xuño, valorarase soamente unha proba, a cal será escrita e valorará tanto coñecementos relativos á linguaxe musical coma coñecementos teóricos.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

• Recoñece os parámetros do son e os elementos básicos da linguaxe musical

• Recoñece e aplica os ritmos e os compases a través da lectura ou a audición de

pequenas obras

• Identifica e transcribe ditados de patróns rítmicos e melódicos con

formulacións sinxelas

• Distingue e emprega os elementos que se utilizan na representación gráfica da

música

• Improvisa e interpreta estruturas musicais elementais

• Utiliza os elementos e recursos adquiridos para elaborar arranxos e crear

cancións, pezas instrumentais e coreografías

• Amosa interese polo coñecemento e a aplicación de técnicas e as normas do

coidado da voz, corpo e instrumentos

• Canta pezas vocais propostas con unha correcta emisión da voz

• Practica a relaxación, repiración, articulación, resonancia e entoación

17

• Adquire e aplica habilidades técnicas e interpretativas nas actividades de

interpretación

• Coñece e pon en práctica as técnicas de control de emocións

• Realiza improvisación e composición s partindo de pautas previamente

establecidas

• Amosa actitude de superación e mellora das súas posibilidades e respecta as

capacidades e formas de expresión dos compañeiros

• Practica, interpreta e memoriza pezas vocais, instrumentais e danzas de

diferentes xeneros, estilos e culturas

• Practica, interpreta e memoriza pezas vocais, instrumentais e danzas do

patrimonio español e galego

• Amosa apertura e respecto cara ás propostas do profesorado e dos compañeiros

• Practica as pautas básicas da interpretación

• Participa activamente en agrupacións vocais e instrumentais

• Diferencia as sonoridades dos instrumentos da orquestra

• Diferencia as sonoridades dos instrumentos da música popular moderna,

folclore e outras agrupacións musicais

• Sigue partituras como apoio á audición

• Valora e aplica osilencio como elemento indispensabl para a interpretación e

audición

• Describe os elementos das obras musicais propostas

• Utiliza de xeito guiado recursos como apoio á análise musical

• Emprega conceptos musicais para comunicar coñecemnetos, xuízos e opinicóns

musicais de forma oral e escrita

• Toma conciencia da contribución da múica á calidade da experiencia humana

• Elabora traballos de indagación sobre a contaminación acústica

• Recoñece crea e interpreta distintas manifestacións de danza

• Distingue as diersas funcións que cumpre a música na nosa sociedade

• Amosa interese por coñecr os xéneros musicais e as súas funcións expresivas

18

• Valora e respecta a importancia do patrimonio musical español e galego

• Practica, interpreta e memoriza pezas vocais, instrumentais e danzas do

patrimonio español e galego

• Coñece e describe os instruentos tradicionais españois e galegos

• Contribúe á conservación, recuperación e transmisión do patrimonio musical

galego

• Emprega un vocabulario adecuado para describir percepcións e coñecementos

musicais

• Comunica coñecementos, xuízos e opinións musicais de xeito oral e escritos.

Utiliza diversas fontes de información de xeito guiado para indagar sobre novastendencias, representantes, grupos de música popular…

• Interese por ampliar e diversificar as preferencias musicais propias

• Coñece algunhas das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías e utilízaas como

ferramentas para a actividade musicais

• Participa na produción musical

• Utiliza de xeito guiado as fontes e os procedementos apropiados para elaborar

traballos sobre temas relacionados co feito musicais

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

-Libro de Música 2º de E.S.O. da Editorial Galinova.- O I.E.S. Cidade de Antioquía conta con: * un aula de música onde se imparten as clases* instrumentos Orff* guitarras españolas* teclado eléctrico (Clavinova) con rexistros de piano, órgano e clave* equipo de música para C s, cassettes e discosDD* C s ,cassettes e discos que abarcan casi todos os estilos da músicaDD* libros e tomos da Historia da Música*Un ordenador*Micrófonos*Mesa de mezclas de 10 canales.

TEMAS TRANSVERSAIS

Os contidos da presente programación son abordados dende os procedementos ata os conceptos, con grande atención ás actitudes, tal e como corresponde á unha área eminentemente práctica. Por esta razón, e polo que supón de educación do espírito e do

19

intelecto, os temas transversais son sumamente sinxelos de abordar en relación ao resto de contidos da área.

Educación ambiental

É tratada a través do interese espertado polo estudio da contaminación sonora, o nivel deruídos no contorno, o coidado pola producción excesiva de sons por parte do propio alumnado e a atención ao silencio como marco imprescindible na execución musical.A construcción de instrumentos musicais con materiais de refugallo facilita un achegamento e respecto polas tarefas de reciclaxe e o conseguinte respecto polo medio ambiente.

Educación para a saúde

A práctica musical realízase corporalmente, polo que leva consigo a apreciación do corpo e das súas posibilidades de movemento global e segmentario, de expresión e de comunicación consigo mesmo e cos demais.A través do movemento obtense unha posición e un ton muscular correctos, co engadido dunha completa osixenación que favorece o crecemento e desenvolvemento corporal, axudando na procura dunha imaxe máis adecuada de si mesmos. O coñecemento do propio corpo debe implicar a interiorización e automatización dos movementos, sexan estes ben de tipo exploratorio con desprazamento asociado, ben expresivo-comunicativos, funcionais ou artísticos, así como dos procesos respiratorios e de percepción espacial e espazo-temporal implicados neles.

O coñecemento da voz e dos cambios que se producen nela ao longo da etapa secundariaobrigatoria, incluso no bacharelato, é fundamental á hora de considerar a hixiene vocal, e incide na educación ambiental ao non producir con sons innecesarios un exceso de ruído no contorno. Evitar vicios que afecten ao aparello respiratorio, intentando conseguir unha forma física aceitada.

A práctica instrumental axuda na consecución dunha posición e un ton muscular equilibrado. O coñecemento corporal logrado implica a interiorización e automatización dos procesos mecánicos implicados no movemento e que relacionan a súa execución coaaudición interior ou coa lectura musical directa da obra.

Convén lembrar que a música, polos seus compoñentes afectivos, fisiolóxicos e intelectuais, incide positivamente no equilibrio persoal e anímico nas persoas, tanto dende o punto de vista do oínte como do intérprete ou do creador.

Educación para a igualdade entre os sexos

A educación a partir da música non está, inicialmente, ligada ao sexo, xa que todos se poden expresar por igual a través dela. Sen embargo, as actividades musicais previstas poden servir como demostración das diferencias e similitudes existentes entre os dous sexos, e como mostra da necesidade da súa complementariedade.

Os exercicios e xogos en relación ao movemento e á danza estiveron tradicionalmente máis enfocados cara ás nenas por motivos puramente sociais e culturais. A nosa programación incide na realización de bailes de grupo nun primeiro momento, debido á

20

situación corporal experimentada polos adolescentes, para pasar rapidamente á execución de exercicios por parellas mixtas, que poden ser fixas ou ben con cambio de parella, ademais dos bailes de grupo.

Dende o punto de vista da práctica vocal, a complementariedade e necesidade dos dous sexos é evidente á hora de cantar a voces mixtas. A maior parte do repertorio vocal dos períodos da historia da música foi pensada para formacións vocais de homes e mulleres; ademais, nos casos nos que as obras fosen ideadas para coros de voces iguais, é posible conxuntar só ás persoas do sexo implicado.

Finalmente, toda actividade musical en grupo parte do principio de integración, de reparto de traballos e respecto mutuo aos demais integrantes da clase, independentemente do sexo ao que pertenzan.

Educación para a paz e a tolerancia

A educación para a paz e a tolerancia mantén unha presencia máis que constante na secuencia, a través dun tratamento dobre: por un lado, cara ás persoas do contorno inmediato; por outro, ás diferentes culturas presentes no mundo, a partir da práctica ou audición de obras folclóricas.

A aceptación das regras dos xogos, pasos da danza ou da coreografía, das regras de actuación, a localización no plano sonoro axeitado, a atención aos demais na práctica vocal, instrumental e de movemento... implican un acatamento das normas, imprescindible á hora de considerar o desenvolvemento social do individuo, especialmente polo que á interacción cos outros elementos do grupo se refire.

A comprensión das diferentes culturas vén propiciada pola audición, práctica vocal e instrumental, así como pola execución de danzas folclóricas das diferentes etnias mundiais. Este coñecemento proporciona os criterios necesarios para poder diferenciar as características da cultura propia das outras, promovendo a valoración do seu patrimonio cultural e, máis concretamente, musical, polo que supón de propio.

Educación para o lecer

Debido ao aumento do tempo libre, faise necesario inculcar no alumnado o sentido do lecer, do aproveitamento do seu tempo, a través de actividades lúdico-musicais extraescolares.

As diferentes ofertas en relación á danza existente, sexa folclórica ou de salón, favorecen no alumnado o desenvolvemento persoal, tanto físico como espiritual, entendendo este último como un crecemento da sensibilidade, a cultura e o sentir estético.

Outra actividade de ocupación do tempo libre pasa pola práctica musical, ben de tipo vocal ou ben instrumental. Debido á idade dos rapaces e rapazas, a súa preferencia decántase pola práctica instrumental e resulta frecuente que compatibilicen os seus estudios obrigatorios coa aprendizaxe dun instrumento musical, en centros especializados diversos (academias, escolas de música, conservatorios e centros autorizados).

21

Educación do consumidor

O consumo da música é algo habitual entre os adolescentes, máxime ó estaren influídos pola mensaxe publicitaria e a moda. Por isto é conveniente desenvolver neles unha actitude crítica ante o fenómeno musical, especialmente ante a proliferación de “estrelas” (solistas ou grupos) co único mérito de contar cunha completa e orquestrada campaña publicitaria, exenta de calquera tipo de criterios musicais. O sentido crítico debe estar presente para evitar caer nun consumo excesivo e inxustificado, máxime cando se trata de obras non pertencentes ó repertorio que lles é propio.

O tratamento deste tema transversal realizarase nunha primeira fase aumentando a consideración persoal cara á súa propia música e costumes, propiciando o aumento da súa capacidade de elección á hora de consumir música, preferentemente, e debido á súa idade, de pop e rock con influencias folclóricas (principalmente no que se refire ó idiomático e instrumental), ou ben doutros tipos de música folclórica ou xuvenil. E, en segundo lugar, comprendendo a beleza das outras culturas por proxección da propia, no sentido do respecto ás unidades maiores dende países máis pequenos, é dicir, dende a súa parroquia ou aldea (na orde pobo, comarca, provincia, comunidade, estado, comunidade europea) ata outros países máis afastados na distancia e, polo tanto, nas súas manifestacións, pero nin máis nin menos ricas cás propias.

Educación vial

Trátase do tema transversal máis complexo de tratar en relación aos contidos da área, xa que os demais están directamente relacionados con eles, e este só pode ser traballado especificamente, a través de cancións, actividades alusivas, etc.

Educación moral e cívica

A área de música posúe un destacado compoñente de contidos actitudinais baseados no respecto ás normas, aos demais, ao material da aula... reflectidos na secuencia. Por outra parte, a música, ó longo do tempo amosou a súa relación coa sociedade, polo que a educación cívica a través dela apareceu como constante en tódalas épocas.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS

-Asistencia a concertos didácticos-Visita a unha catedral ou igrexa con órgano

22

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O principio de continuidade na avaliación permite prestar unha atención ás diferencias que os/as alumnos/as van mostrando nas actividades que aplican e concretan os conceptos, procedementos e actitudes seleccionados. Elo fai posible organizar actividades de apoio, para os/as alumnos/as que mostren algunha dificultade, e actividades de desenvolvemento, para quen mostren un maior interese e/ou capacidade.O noso material presenta unha grande variedade de procedementos que traducen o noso desexo de alentar e fomentar o desenvolvemento das capacidades perceptivas e expresivas da educación musical respectando as diferencias de comprensión e expresión.

A variedade de procedementos metodolóxicos e de actividades de aprendizaxe que se presentan aportan o material necesario para atender á diversidade. O/A profesor/a, no contexto da súa clase e en relación co seu grupo, poderá determinar con maior precisión o momento no que tratará determinados contidos e a atención e profundidadeque deberá darlles. Trátase de afrontar a atención á diversidade a través da ensinanza personalizada, para favorecer a construcción de coñecementos por parte do alumnado. A maneira de chegar a este alumnado non supón un tratamento específico e diferencial para cada un deles, senón atopar formas metodolóxicas e didácticas, a través das cales se poida acceder ao obxecto de aprendizaxe dende as propias características individuais.

23

3º ESO

OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO

-Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación

-Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, co fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión

-Aprender a utilizar os medios audiovisuais, as tecnoloxías e as diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical e adquirir un sentido crítico das mesmas valorando as súas posibilidades expresivas e de coñecemento.

-Desenvolve-la capacidade de análise de obras musicais como exemplo da creación artística e do patrimonio cultural, comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas

-Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais e establecer valoracións propias

-Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais como fonte de enriquecemento cultural e de pracer persoal, con vistas a favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais

-Participar en actividades musicais, tanto dentro como fóra da aula, individual e grupalmente, con actitude aberta, interesada e respectuosa en un entorno de igualdade, cooperación e tolerancia.

-Desenvolver e valorar o esforzo a disciplina e, consolidar hábitos de traballo individual e en equipo adquirindo un espíritu emprendedor e iniciativa persoal.

-Coñecer as diferentes manifestacións musicais a través da historia e a súa significaciónno ámbito artístico e sociocultural.

-Introducirse na utilización das novas tecnoloxías para a reproducción, transmisión e gravación do fenómeno musical

CONTRIBUCIÓN DA MATERIA NO LOGRO DAS COMPETENCIAS

Comunicación lingüística (CCL)

24

A música como linguaxe que é sen dúbida potencia a aprendizaxe doutras linguas e da comunicación. A expresión musical é un elemento de comunicación que complementa aoutros máis explícitos, pero que ten o poder de comunicar o que a linguaxe falada ou escrita non pode. Neste senso o alumnado nestas idades atopa no feito musical un xeito de expresión tanto colectivo como individual que vai conformando á súa personalidade e que forma parte importante da súa comunicación có resto, e da súa autoafirmación como persoa. Ademais disto é obvio que a palabra forma parte da música vocal, polo que o uso das linguas asociado ó feito musical é unha oportunidade constante para que ambas linguaxes se potencien. A linguaxe musical tamén ten elementos de comunicación como as frases, suxeitos, antecedente, consecuente, cadencias, repeticións, motivos,...que propician a análise destes elementos.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT)

A matemática e a música comparten conceptos como a duración das figuras, o tempo , a medida do ritmo e dos compases, a interválica...tamén outros eidos da ciencia como afísica do son ou a bioloxía da música son precisos para afondar no feito musical. A tecnoloxía non é allea porque moitos dos avances de gravación e reprodución do son teñen un gran impacto e repercusión na vida cotiá dos propios educandos.

Competencia dixital (CD)

As posibilidades informáticas aplicadas á música son máis cada día, dende os editores de partituras ata os editores de son, programas de manipulación dixital do son e os que posibilitan a creación orixinal de produtos dixitais nos que a música ten un papel predominante.

Aprende a aprender (CAA)

A Música é unha oportunidade para o alumnado de creación e expresión a partir dos seus coñecementos e capacidade artística, complementaria doutras capacidades. En moitos casos alumnado con dificultades noutras áreas do coñecemento atopan na música un medio de creación e expresión satisfactorio que lle aporta autoestima e experiencias satisfactorias no ámbito docente, contribuíndo notoriamente á súa integración e motivación.

Competencias sociais e cívicas(CSC)

A través da música o alumnado exercita a tolerancia coas outras opcións ou gustos, tamén exercita a convivencia a través da práctica colectiva que precisa de todos para producirse e non discrimina a ninguén pois cada un ten un papel necesario e distinto, como na vida mesma. A disciplina do ensaio, da aprendizaxe lenta, da integración no grupo é algo que a música consegue sen querer.

25

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)

A creación musical é unha oportunidade para propoñer ideas ós demais, para compartir.

Conciencia e expresións culturais(CCEC)

Sen dúbida é esta a competencia clave menos transversal, xa que ó tratarse dunha actividade artística contribúe de cheo con ela. O coñecemento da música histórica, étnica, comercial,...en definitiva das músicas que eles non consumen espontáneamente e algo fundamental para que completen a súa cultura e achegamento ó arte, o que lles dará as claves para comprende e gozar da actividade musical moito máis no futuro.

CONTIDOS ORGANIZADOS POR BLOQUES

INTERPRETACIÓN E CREACIÓN

CC OBX

Elementos da representación gráfica na música CCEC N

Textura CCEC,CAA N,b

Procedementos compositivos CCEC N,b

Movemento e danza básicos,relaxación,entoación,interpretación en grupo

CCEC,CSIEE M,c,d

Sonorización de imaxes e danzas CCEC,CSIEE M,c,d

Composicións básicas CCAA,CCEC A,n

Práctica de interpretación en grupo a partir da lectura de partituras

CCEC A,c,d,g,ñ

Interpretación con diversas fontes sonoras CCEC,CD,CAA

N,b,e

ESCOITA

CONTIDOS CC OBX

26

Discriminación auditiva de voces e instrumentos nasdistintas agrupacións

CCEC,CAA M,n

Identificación de elementos da música na audición eanálise das obras musicais

CCEC B,n

Audición,análise e apreciación de todo tipo de obrasmusicais , concertos en vivo

CCAA,CCEC,CSC

L,n,g

Elementos da obra musical : melodía, ritmo,harmonía, timbre, textura, forma,tempo,dinámica. Valoración da audición

CCEC,CAA,CCL H,e

CONTEXTOS MUSICAIS E CULTURAIS

CONTIDOS CC OBX

Músicas e outras linguaxes ( corporal, teatral,cine,publicidade,radio,...)

CCEC,CCL N,f

Investigación utilizando diversas fontes dun tema musicalMúsica nos medios audiovisuais e tecnolóxicos

CCEC,CAA L,n,ñ

Recoñecemento no espazo e no tempo das manifestacións musicais máis significativas do patrimonio musical propio e alleo

CCEC,CAA B,f,ñ

Épocas da historia da música, características principais CCEC,CSC,CCL

N

Valoración e exposición do feito musical CCL,CD,CAA H,n,g,e

MÚSICA E TECNOLOXÍAS

CONTIDOS CC OBX

Utilización de dispositivos electrónicos e recursos de internet para a escoita, interpretación e creación musical.Utilización de técnicas de gravación.Utilización das TIC no proceso de creación musical.

CD,CCEC,CSC,CSIEE

E,n

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES

1.-A linguaxe da música. Profundización e práctica no coñecemento da linguaxe musical así como a historia e a práctica da representación gráfica da música. O Son: principais características. A textura: a horizontalidade e a verticalidade. Monodia, polifonía, contrapunto, melodía acompañada e homofonía. Procedementos compositivos e formas de organización musical: principios básicos. Iniciación ás estructuras binarias e ternarias. O rondó e a sonata

2.-Os instrumentos. Os instrumentos: familias e técnicas. Agrupacións instrumentais: populares, música de cámara e sinfónica. Práctica instrumental con diferentes

27

instrumentos (Orff, percusión…) de pequenas pezas musicais.

3.-A música na cultura e a sociedade. A presencia da música noutras manifestacións artísticas: tradicional (con especial importancia á Galega), popular (inicios, principais estilos, grupos ou solistas máis importantes…), música en directo, evolución histórica da música culta occidental (cos principais compositores) e a música e o cine.

4.-As orixes da Música Occidental. A música relixiosa e profana no Medievo. A músicano Renacemento. O Barroco musical. A música vocal e instrumental e as súas formas. A música e os músicos do clasicismo ao romanticismo. A música instrumental no Clasicismo: sonata, sinfonía, de cámara, o piano e o lied. O teatro musical do Clasicismo ao Romanticismo. A música na sociedade contemporánea. Movementos musicais na primeira metade do século XX. As vangardas e a música actual: incidencias das novas tecnologías.

5.- Grandes compositores.

6.- Música e medios de comunicación. O son grabado. A música no cine, radio e televisión.

ACTITUDES, VALORES E NORMAS

-Valoración da actividade instrumental e vocal como fonte de aprendizaxe, diversión, relación e expresión-Sensibilidade e capacidade crítica ante as interpretacións propias e alleas, tanto vocaiscomo instrumentais-Aceptación e cumprimento das normas que rexen a interpretación, tanto vocal como instrumental, individual e colectiva-Interese polo coidado e mantemento dos instrumentos e do uso correcto da voz-Apreciación e goce da audición de obras e espectáculos musicais e respecto polas normas que rexen o comportamento dos mesmos-Recoñecemento da danza como medio para enriquecer a percepción visual, espacial e musical e apreciación das súas posibilidades expresivas-Participación con interese e creatividade nas distintas actividades individuais ou colectivas-Interese por afondar no coñecemento das composicións musicais de distintos estilos-Sensibilidade ante as obras que constituen o noso patrimonio musical-Actitude crítica ante a programación de música nos medios de comunicación

METODOLOXÍA

Os principios que rexen a elaboración da presente programación serán:

A Actividade: un método activo que se caracteriza pola concepción inicial de

28

que as cousas se aprenden facéndoas. A actividade supón a posta en marcha dunha serie complexa de variables, que debido ao talante da nosa área poden sercorporais, intelectuais, espirituais, afectivas, sociais e expresivo-comunicativas.

A creatividade: mediante a inclusión de actividades (exercicios, traballos, prácticas, investigacións...) que estimulen o pensamiento.

A interdisciplinariedade: en todo momento terase en conta: - A posibilidade de aproveitar os numerosos puntos de contacto co currículo das outras áreas. - A consideración dos contidos transversais como posible elemento motivador que aúne actividades concretas coma un posible centro de interese.

Enfoques globalizadores. O enfoque globalizado supón presentar os contidos daensinanza resaltando as súas relacións con outros contidos doutras áreas e todos vinculados cun tema de interese para o alumno.

Intervención pedagóxica. Debe ter un carácter o máis individualizado posible, xa que o seu obxectivo é adaptarse ás características persoais de cada alumno ou alumna. Este enfoque metodolóxico debe completarse con orientacións e suxestións do profesor sobre aquelas actividades que máis lle conveñen a cada alumno en determinada situación.

Socialización. É necesario fomentarmos certos hábitos, conductas e actitudes que estimulen un verdadeiro espírito de cooperación e colaboración grupal. Facer música xuntos implica coordinación e respecto polos demais membros dogrupo. Para afondar neste obxectivo podemos utilizar distintas técnicas de dinámica de grupos (Philips 6/6, Mesa redonda e Debate, Remuíño de ideas...).

Contorno sociocultural. É fundamental ter en conta os recursos didácticos do contorno sociocultural e os recursos ou medios indirectos, como poidan ser os medios audiovisuais. A correcta utilización do medio como recurso didáctico implica por parte do profesor un coñecemento profundo da comunidade e do contorno musical existente.

Profesorado. O profesor/a é un axente motivador que, empregando estratexias didácticas diversas, consegue espertar o interese e a participación activa do alumno. Entre as estratexias básicas debemos recordar: estimular a participaciónactiva dos alumnos en clase; fomentar o traballo en grupo; evitar as sancións negativas polo fracaso e a falta de recoñecemento persoal polo éxito; procurar que o alumnado interveña na planificación didáctica, por exemplo na súa preparación, opinando sobre a súa realización das actividades que se propoñan; invitar ao alumnado a participar na avaliación da súa aprendizaxe; coidar a forma de presentación da información, non abusando sempre da mesma vía de comunicación; empregar estratexias que fagan revivir nos/nas alumnos/as os coñecementos anteriores para construír sobre eles a aprendizaxe dos novos coñecementos; espertar e desenvolver en todo momento a creatividade nos/nas alumnos/as...

29

Polas súas características, o método científico ten moita utilidade na nosa área, xa que a interacción teoría-práctica é continua e, dado o nivel de desenvolvemento dos coñecementos do alumnado, precisa enormemente unha base empírica.

O método científico parte de cinco etapas:- Presentación do problema: coñecementos dos feitos, detección dun punto escuro, reducción e formulación do problema.- Construcción dun modelo teórico: formulación de hipóteses.- Deducción das consecuencias.- Proba das hipóteses formuladas.- Introducción das conclusións na teoría preexistente e reaxuste do modeloestablecido en base a elas.

A este respecto convén termos en conta que non hai métodos bos ou malos. A elección dependerá da calidade da axuda didáctica que se lle ofreza a cada alumno en cada momento, en función das súas necesidades e da posibilidade de acadar unha aprendizaxe significativa.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

INTERPRETACIÓN E CREACIÓN

Distinguir e utilizar os elementos de representación gráfica nunha partitura. Discriminar os tipos de textura diferentes a partir dunha audición. Coñece o procedemento para elaborar obras musicais. Participa correctamente nas montaxes musicais de grupo. Improvisa instrumentalmente a partir dunhas pautas dadas.

ESCOITA

Identifica os distintos instrumentos e voces nunha audición. Lee e interpreta a partir dunha partitura Discrimina a época ou a cultura á que pertence unha música. Describe elementos da forma e da estrutura musical (ritmo,melodía, textura

,timbre..) dunha peza musical escoitada.

CONTEXTOS MUSICAIS E CULTURAIS

Exercicios que relacionan a música con outras disciplinas. Interese por distintas músicas do tempo e do espazo. Distinguir as grandes épocas da historia da música. Empregar linguaxe apropiado ó falar da música.

MÚSICA E TECNOLOXÍAS

30

Utilizar con autonomía recursos tecnolóxicos para gravar,reproducir, crear e interpretar música.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A cualificación componse de 3 partes:Exame escrito ou proxecto ao final da avaliación. Supón o 60% da cualificación final (6 puntos sobre 10) e para que a nota obtida neste exame se sume á nota final, é obrigatorio aprobalo (é dicir, obter 3 puntos dos 6 totais do exame).Práctica instrumental, vocal e corporal. 30 % da cualificación final (é dicir 3 puntos dos10 máximos). Esta nota componse das cualificacións obtidas nas diferentes actividades formativas de carácter práctico levadas a cabo en cada avaliación.Participación, actitude e comportamento na aula. 10 % da cualificación final (é dicir 1 punto dos 10 máximos).

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

Distingue e emprega os elementos da linguaxe musical escrita. Comprende e analiza tipos de textura. Canta pezas vocais con técnica correcta. Practica a relaxación e a entoación. Interpreta con corrección individualmente e no grupo. Realiza improvisacións e composicións. Practica, crea, interpreta e memoriza, pezas vocais, instrumentais e danzas. Le e analiza partituras como apoio á audición. Amosa interese por músicas doutras épocas e distintos estilos. Sabe situar no espazo e no tempo músicas distintas. Emprega conceptos musicais para expresarse. Utiliza distintas fontes de información para a actividade musical. Distingue explica e relaciona as diversas funcións que cumpre a música na

sociedade ao longo da historia. Emprega un vocabulario adecuado. Coñece e cumpre as normas establecidas para realizar as actividades da aula. Coñece algunhas das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías e utilízaas como

ferramentas para a actividade musical.

ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO PARA ALUMNOS/AS COA MATERIA PENDENTE

Faranse exames de recuperación en cada avaliación das partes suspensas teórica e/ou práctica. As porcentaxes serán as mesmas que nos exames ordinarios.

31

Para aqueles alumnos que teñan que realizar examen en setembro por non ter aprobadoa asignatura en Xuño, valorarase soamente unha proba, a cal será escrita e valorará tanto coñecementos relativos á linguaxe musical coma coñecementos teóricos.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

- Libro de texto de 3ª de ESO da editorial Galinova- E o material propia da aula.

TEMAS TRANSVERSAIS

A comprensión lectora. A expresión oral e escrita. A comunicación audiovisual. As tecnoloxías da información e da comunicación. O emprendemento. A educación cívica e constitucional

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS

-Asistencia a concertos didácticos-Visita a unha catedral ou igrexa con órgano

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O principio de continuidade na avaliación permite prestar unha atención ás diferencias que os/as alumnos/as van mostrando nas actividades que aplican e concretan os conceptos, procedementos e actitudes seleccionados. Elo fai posible organizar actividades de apoio, para os/as alumnos/as que mostren algunha dificultade, e actividades de desenvolvemento, para quen mostren un maior interese e/ou capacidade. O noso material presenta unha grande variedade de procedementos que traducen o noso desexo de alentar e fomentar o desenvolvemento das capacidades perceptivas e expresivas da educación musical respectando as diferencias de comprensión e expresión.

A variedade de procedementos metodolóxicos e de actividades de aprendizaxe que se presentan aportan o material necesario para atender á diversidade. O/A profesor/a, no contexto da súa clase e en relación co seu grupo, poderá determinar con maior precisión o momento no que tratará determinados contidos e a atención e profundidadeque deberá darlles. Trátase de afronta-la atención á diversidade a través da ensinanza personalizada, para favorece-la construcción de coñecementos por parte do alumnado. A maneira de chegar a este alumnado non supón un tratamento específico e diferencial para cada un deles, senón atopar formas metodolóxicas e didácticas, a través das cales se poida acceder ao obxecto de aprendizaxe dende as propias características

32

individuais.

1º BACHAsignatura Linguaxe e Práctica Musical Cód 590016

Profesor/a María Josefa Mosquera Seoane

OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO

-Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación

-Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, co fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión

-Aprender a utilizar diversas fontes de información para o seu uso social e as súas intencións expresivas

-Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais e establecer valoracións propias

-Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais como fonte de enriquecemento cultural e de pracer persoal.

-Participar en actividades musicais, tanto dentro como fóra da aula, individual e grupalmente, con actitude aberta, interesada e respectuosa.

-Introducirse na utilización das novas tecnoloxías para a reproducción, transmisión e gravación do fenómeno musical.

- Analizar a función da crítica musical elaborando críticas musicais.

- Expresar opinións fundamentadas das diversas versións de obras musicais de varios estilos.

- Identificar paralelismos e diferentas nas versións de distintas obras musicais.

- Coñecer as diferentes manifestacións musicais a través da historia e a súa significación no ámbito artístico e sociocultural.

CONTIDOS ORGANIZADOS POR BLOQUES

33

DESTREZAS MUSICAIS

CONTIDOS OBXECTIVOS

COMPETENCIAS

• Utilización da voz partindo do coñecemento do aparato fonador,

respiración, emisión, articulación, relaxación e afinación

• Interpretación vocal atendendo ás indicacións relativas á

expresión, dinámica, agóxica, articulación dos sons e os seus ataques e á ornamentación musical

D,E,F,I,M

CMCCT

CAA

CSC

CCEC

• Entoación individual e colectiva de escalas, intervalos melódicos,

harmónicos,arpexos ou acordes

C,D,I,N,Ñ

CAA

CSC

CMCCT

• Interiorización do pulso

• Interpretación instrumental atendendo ás indicacións relativas á

expresión, dinámica, agóxica, ornamentación musical, articulación dos sons e dos seus ataques

• Práctica da lectura articuada e da escritura tanto melódica como

harmónica nas claves de sol e fa en cuarta

• Práctica de lectura de notas, sen clave

• Práctica da lectura de obrasmusicais utlilzando partituras

C,D,I,M,N,Ñ,P

CMCCT

CCEC

CSC

CAA

AUDICIÓN COMPRENSIVA• Percepción e identificación do pulso, dos acentos e dos compases

binarios, ternarios e cuaternarios

• Percepción, identificación e transcrición de fórmulas rítmicas

básicas orixinadas polo pulso binario ou ternario

• Percepción, identificación e transcrición de signos que modifican

a duración, síncopar, anacruses, notas a contratempo, cambios de compas, grupos de valoración especial, equialencas pulso- pulso efracción- fracción,...

I, N, Ñ

CMCCT

CSC

• Identificación auditiva das características morfolóxicas básicas

das obras musicais, tanto de música culta como de música contemporánea

34

• Percepción, identificación auditiva e transcrición das escalas,

funcións tonais- acordes maiores e monores, acordes de sétima dominante e de sétima diminuída, cadencias e os modos e intervalos fóra do concepto tonal

• Recoñecemento comprensivo das texturas musicais e dos timbres

instrumentais nas obras escoitadas ou interpretadas

• Recoñecemento auditivo e transcrición dos esquemas rítmicos, das

melodías, dos intervalos e dos fragmentos melódicos resultantes da combinación dos devanditos elementos

• Reproducción vocla memorizadas dos esquemas rítmicos, das

melodías, dos iervalos e dos fragmentos melódicos

• Identificación de erros ou diferenzas entre un fragmento escrito e

outro escoitado

• Transcrición de esquemas harmónicos das obras esciotadas

B,D,E,F,I,N

CMCCT

CCEC

CCL

A TEORÍA MUSICAL• Coñecemento das grafías das fórmulas rítmicas

• Coñecemento das grafías e dos termos de expresión musical,

dinámica, tempo, agóxica, articulación musical e ataque do son

• Aproximación ás grafías contemporáneas

D,I,N CCEC

CCL

CMCCT

• Coñecemento das normas de escritura melódica

• Coñecemento e comprensión dos ritmos característicos das

danzas e das obras musicais

• Coñecemento e comprensión de escalas, funcións tonais,

intervalos, cadencias, acordes básicos e complementarios, tonalidade modalidade e modulación

• Coñecemento dos principais sistemas de cifraxe harmónica

• Coñecemento da ornamentación musical

• Comprensión do efecto que producen na música os sons da

ornamentación e intensificación expresivas. Ámbito sonoro das claves e a súa relación entre sí.

I

N

CAA

CCEC

CMCCT

CCL

35

A CREACIÓN E A INTERPRETACIÓN• Realización vocal ou instrumental de fórmulas rítmicas orixinadas

polo pulso binario ou ternario e as súas variantes

C,D,I,L,M´N

CMCCT

• Improvisación de breves melodías

• Utilización de escalas e acordes máis habituáis nosistema modal e

tonal

C,D,I,L,M,N

CCEC

CSIEE

• Interpretación memorizada de obras ou fragmentos musicais

vocais adecuados ao nivel, con ou sen acompañamento

A,B,C,D,H,I,N

CCEC

CSC

CAA

CSIEE

• Achegamento aos procesos compositivos máis habituais

• Utilización de expresión corporal e movemento corporal como

complemento ao feito musical

• Desenvolvemento da lateralidade a través da realización de ritmos

básicos

A,B,C,D,H,I,L,N

CCEC

CAA

CMCCT

CSIEE

CSC

• Participación activa na organización e na realización de

actividades musicais desenvolvidas en diferentes contextos

• Participación na organización e na realización de actividades con

respecto e disposición para superar estereotipos e prexuízos, tomando conciencia, como parte dun grupo, do enriquecemento que se produce nas achegas das demais persoas

A,B,C,N

CSC

AS TECNOLOXÍAS APLICADAS AO SON• Fenómeno físico- harmónico;movemeto ondulatorio. A serie de

Fourier

• Características acústicas dos instrumentos. Manipulación artificial

do son

• Fundamentos dos sistemas de afinación

• Transmisión e amortecemento do sonido-ruidoSinal analóxico e

D,E,F,G,H,I,L,M,N

CD

CMCCT

36

sinal dixital. Dixitalización do son analóxico

• Síntese do son

• Hardware musical

• Tipos de software musical: editores de partituras, secuenciadores,

programas xeradores de acompañamentos e mesas de mesturas

• Práctica dos sistemas de gravación analóxica ou dixital, de

procesamento de sons de comunicación MIDI en interpretacións oucreacións propias

• Uso da música con soporte electrónico en producións escénicas

ou audiovisuais

• Realización de sonorizacións a través a improvisación, a

composición oua selección musicl de textos ou de imaxes

G,H,I,L,M

CAA

CD

CMCCT

CONTIDOS MINIMOS

1.-A linguaxe da música. Profundización e práctica no coñecemento da linguaxe musical así como a historia e a práctica da representación gráfica da música. O Son: principais características. A textura: a horizontalidade e a verticalidade. Monodia, polifonía, contrapunto, melodía acompañada e homofonía. Procedementos compositivos e formas de organización musical: principios básicos. Iniciación ás estructuras binarias e ternarias. O rondó e a sonata

2.-Os instrumentos. Os instrumentos: familias e técnicas. Agrupacións instrumentais: populares, música de cámara e sinfónica. Práctica instrumental con diferentes instrumentos (Orff, percusión…) de pequenas pezas musicais.

3.-A música na cultura e a sociedade. A presencia da música noutras manifestaciónsartísticas: tradicional (con especial importancia á Galega), popular (inicios, principaisestilos, grupos ou solistas máis importantes…), música en directo, evolución históricada música culta occidental (cos principais compositores) e a música e o cine.

4.- A música actual: incidencias das novas tecnologías.

5.- Grandes compositores.

6.- Música e medios de comunicación. O son grabado. A música no cine, radio etelevisión.

37

7.- A Música en relación á imaxe, a tecnoloxía e a grabación: breve percorridohistórico e evolución, as novas tecnoloxías aplicadas á música, edición musical,vanguardias musicales onde se aplicaron estas tecnoloxías e principais compositores; amúsica na Rede.

8.- A Música en relación coa Radio, Tv y Cine: percorrido histórico sobre o comezo, evolución e principais características da música con cada medio de comunicación. Principais características da banda sonora e evolución.

9.- As danzas: Utilización de ritmos de danzas para traballas distintos parámetros de rítmicos e de linguaxe musical.

10.- Música popular Urbana: percorrido histórico dos principais xéneros: jazz, blues, rock, pop… principais compositores ou grupos e audicións dos mesmos.

ACTITUDES, VALORES E NORMAS

-Valoración da actividade instrumental e vocal como fonte de aprendizaxe, diversión, relación e expresión-Sensibilidade e capacidade crítica ante as interpretacións propias e alleas, tanto vocais como instrumentais-Aceptación e cumprimento das normas que rexen a interpretación, tanto vocal como instrumental, individual e colectiva-Interese polo coidado e mantemento dos instrumentos e do uso correcto da voz-Apreciación e goce da audición de obras e espectáculos musicais e respecto polas normas que rexen o comportamento dos mesmos-Recoñecemento da danza como medio para enriquecer a percepción visual, espacial e musical e apreciación das súas posibilidades expresivas-Participación con interese e creatividade nas distintas actividades individuais ou colectivas-Interese por afondar no coñecemento das composicións musicais de distintos estilos-Sensibilidade ante as obras que constituen o noso patrimonio musical-Actitude crítica ante a programación de música nos medios de comunicación

CONTRIBUCIÓN DA MÚSICA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICASA materia de Linguaxe e Práctica Musical contribúe de forma directa á adquisición da competencia cultural e artística en todos os aspectos que a configuran. Fomenta a capacidade de apreciar, comprender e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e musicais, a través de experienciasperceptivas e expresivas e do coñecemento de músicas de diferentes culturas, épocas e estilos. Pode potenciar así mesmo, actitudes abertas e respectuosas e ofrecer elementos para a elaboración de xuízos fundamentados respecto ás distintas manifestacións musicais, para establecer conexións con outras linguaxes artísticas e cos contextos social

38

e histórico aos que se circunscribe cada obra.

A orientación desta materia, na que a expresión xoga un papel importante, permite adquirir habilidades para expresar ideas, experiencias ou sentimentos de forma creativa, especialmente presentes en contidos relacionados coa interpretación, a improvisación e acomposición, tanto individual como colectiva, que á súa vez estimulan a imaxinación e acreatividade. Por outra banda, unha mellor comprensión do feito musical favorece considerala como fonte de pracer e enriquecemento persoal.

Colabora ao desenvolvemento da competencia de autonomía e iniciativa persoal, mediante o traballo de colaboración ao que antes nos referimos e á habilidade para planificar e xestionar proxectos. A interpretación e a composición son dous claros exemplos de actividades que requiren dunha planificación previa e da toma de decisións para obter os resultados desexados. Por outra parte, naquelas actividades relacionadas enespecial coa interpretación musical, desenvólvense capacidades e habilidades tales comoa perseveranza, a responsabilidade, a autocrítica e a autoestima, factores clave para a adquisición desta competencia.

A área de Música contribúe tamén á competencia social e cidadá. A participación en actividades musicais de distinta índole, especialmente as referidas á interpretación e creación colectiva que requiren dun traballo cooperativo, colabora na adquisición de habilidades para relacionarse cos demais. A participación en experiencias musicais colectivas dá a oportunidade de expresar ideas propias, valorar as dos demais e coordinar as súas propias accións coas dos outros integrantes do grupo e responsabilizarse na consecución dun resultado.

A toma de contacto cunha ampla variedade de músicas, tanto do pasado como do presente, favorece a comprensión de diferentes culturas e da súa achega ao progreso da humanidade e con iso á valoración dos demais e aos trazos da sociedade en que se vive.

A área de Música tamén contribúe de xeito directo ao desenvolvemento do tratamento dainformación e competencia dixital. O uso dos recursos tecnolóxicos no campo da músicaposibilita o coñecemento e dominio básico do hardware e o software musical, os distintos formatos de son e de audio dixital ou as técnicas de tratamento e gravación do son relacionados, entre outros, coa produción de mensaxes musicais, audiovisuais e multimedia. Favorece, así mesmo, o seu aproveitamento como ferramenta para os procesos de autoaprendizaxe e a súa posible integración nas actividades de ocio.

Ademais a obtención de información musical necesita de destrezas relacionadas co tratamento da información aínda que dende esta materia, merece especial consideración o uso de produtos musicais e a súa relación coa distribución e os dereitos de autor.

A área de Música tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia para aprender a aprender, potenciando capacidades e destrezas fundamentais para a aprendizaxe guiada eautónoma como a atención, a concentración e a memoria ao tempo que desenvolve o sentido da orde e da análise. Por unha parte, a audición musical esixe unha escoita reiterada para chegar a coñecer unha obra, recoñecela, identificar os seus elementos e "apropiarse" desta.

Por outra, todas aquelas actividades de interpretación musical e de adestramento

39

auditivo requiren da toma de conciencia sobre as propias posibilidades, a utilización de distintas estratexias de aprendizaxe, a xestión e control eficaz dos propios procesos. En todos estes casos, é imprescindible unha motivación prolongada para alcanzar os obxectivos propostos dende a autoconfianza no éxito da propia aprendizaxe.

Respecto á competencia en comunicación lingüística, a área da Música contribúe, ao igual que outras materias, a enriquecer os intercambios comunicativos e á adquisición e uso dun vocabulario musical básico. Tamén axuda a integrar a linguaxe musical e a linguaxe verbal e a valorar o enriquecemento da devandita interacción.

Dende o punto de vista da competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico,a área de Música contribúe á mellora da calidade do medio ambiente identificando e reflexionando sobre o exceso de ruído, a contaminación sonora e o uso indiscriminado da música, co fin de xerar hábitos saudables. Ademais os contidos relacionados co uso correcto da voz e do aparato respiratorio, non só son útiles para conseguir resultados musicais óptimos, senón tamén para previr problemas de saúde e para axudar a incidir no desenvolvemento desta competencia.

METODOLOXÍA DIDÁCTICA

Os principios que rexen a elaboración da presente programación serán:

A Actividade: un método activo caracterízase pola concepción inicial de que as cousas se aprenden facéndoas. A actividade supón a posta en marcha dunha serie complexa de variables, que debido ó talante da nosa área poden ser corporais, intelectuais, espirituais, afectivas, sociais e expresivo-comunicativas.

A creatividade: mediante a inclusión de actividades (exercicios, traballos, prácticas, investigacións...) que estimulen o pensamento.

A interdisciplinariedade: en todo momento terase en conta:

-A posibilidade de aproveita-los numerosos puntos de contacto co currículo das outras áreas. -A consideración dos contidos transversais como posible elemento motivador que aúne actividades concretas como un posible centro de interese.

Enfoques globalizadores. O enfoque globalizado supón presenta-los contidos da ensinanza resaltando as súas relacións con outros contidos doutras áreas e todos vinculados cun tema de interese para o alumno.

Intervención pedagóxica. Debe ter un carácter o máis individualizado posible, xa que o seu obxectivo é adaptarse ás características persoais de cada alumno ou alumna. Este enfoque metodolóxico debe completarse con orientacións e suxestións do profesor sobre aquelas actividades que máis lle conveñen a cada alumno en determinada situación.

Socialización. É necesario fomentarmos certos hábitos, conductas e actitudes que estimulen un verdadeiro espírito de cooperación e colaboración grupal. Facer música xuntos implica coordinación e respecto polos demais membros do

40

grupo. Para afondar neste obxectivo podemos utilizar distintas técnicas de dinámica de grupos (Philips 6/6, Mesa redonda e Debate, Remuíño de ideas...).

Contorno sociocultural. É fundamental ter en conta os recursos didácticos do contorno sociocultural e os recursos ou medios indirectos, como poidan se-los medios audiovisuais. A correcta utilización do medio como recurso didáctico implica por parte do profesor un coñecemento profundo da comunidade e do contorno musical existente.

Profesorado. O profesor/a é un axente motivador que, empregando estratexias didácticas diversas, consegue esperta-lo interese e a participación activa do alumno. Entre as estratexias básicas debemos recordar: estimula-la participación activa dos alumnos en clase; fomentar o traballo en grupo; evita-las sancións negativas polo fracaso e a falta de recoñecemento persoal polo éxito; procurar que o alumnado interveña na planificación didáctica, por exemplo na súa preparación, opinando sobre a súa realización das actividades que se propoñan; invitar ó alumnado a participar na avaliación da súa aprendizaxe; coidar a forma de presentación da información, non abusando sempre da mesma vía de comunicación; empregar estratexias que fagan revivir nos/nas alumnos/as os coñecementos anteriores para construír sobre eles a aprendizaxe dos novos coñecementos; espertar e desenvolver en todo momento a creatividade nos/nas alumnos/as...

Polas súas características, o método científico ten moita utilidade na nosa área, xa que a interacción teoría-práctica é continua e, dado o nivel de desenvolvemento dos coñecementos do alumnado, precisa enormemente unha base empírica.

O método científico parte de cinco etapas:-Presentación do problema: coñecementos dos feitos, detección dun punto

escuro, reducción e formulación do problema.-Construcción dun modelo teórico: formulación de hipóteses.-Deducción das consecuencias.-Proba das hipóteses formuladas.-Introducción das conclusións na teoría preexistente e reaxuste do modelo

establecido en base a elas

A este respecto convén termos en conta que non hai métodos bos ou malos. A elección dependerá da calidade da axuda didáctica que se lle ofreza a cada alumno en cada momento, en función das súas necesidades e da posibilidade de acadar unha aprendizaxe significativa.

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

Os procedementos de avaliación consistirán básicamente en:-Valoración da teoría musical: Realizarase ben a través de probas escritas, ben a través de proxectos. Terán unha valoración dun 60 % da nota -Probas sobre práctica vocal/instrumental, así como de movemento e danza. Puntuarán sobre 10 e será necesario un mínimo de 2 puntos para poder avaliar. Se valoran cun

41

30%. -Valoración do traballo e da actitude na aula cun 10%, entendendo que unha actitude activa é positiva e unha actitude pasiva é negativa.

Para aqueles alumnos que teñan que realizar examen en setembro por non ter aprobadoa asignatura en Xuño, valorarase con unha proba, a cal será escrita e valorará tanto coñecementos relativos á linguaxe musical coma coñecementos teóricos e a entrega de un traballo o proxecto.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

DESTREZAS MUSICAIS

• Entoar cunha corecta emisión da voz unha meldía ou canción con

acompañamento

• Identificar e repreducir intervalos, modelos melódicos sinxelos, escalas ou

acordes arpexiados a partir de diferentes alturas

• Identificar e executar instrumentalmente o vocalmente estruturas e patróns r

´timicos ou melódicos simultáneos dunha obra breve ou dun fragmento, con ou sen cambio de compás, nun tempo establecido

AUDICIÓN COMPRENSIVA

• Recoñecer auditivamente o pulso dunha obra ou dun fragmento, así como o

acento períodico e interiorizalopara menter durante breves periodos de silencio

• Recoñecer auditivamente e describir con posterioridade as acracterísticas das

obras escoitadas ou interpretadas

A TEORÍA MUSICAL

• Coñecer e aplicar na lectura e na interpretación de partituras os termos e os

signos relacionados cotitmo e coa expresion musical

• Recoñecer nunha partitura os elementos básicos dalinguaxe musical

CREACIÓN E INTERPRETACIÓN

• Realizar exercicios psicomotores e improvisar estruturas rítmicas sobre un

fragmento escoitadode maneira individual ou conxunta

• Improvisar individual ou colectivamente, breves melodías tonais ou modais,

pequenas formas musicais partindo de premisas relativas a diferentes aspectos da linguaxe musical

42

• Interpretar de memoria fragmentos de obras do repertorio seleccionados entre

os propostos polo alumnado

• Improvisar ou compor e interpretar unha breve obra musical para unha melodía

dada, que necesite a participación de varios executantes e incorporar movemento coreográfico, utilizando os coñecementos musicais adquiridos

• Saber cinoirtarse como espectador ou interprete e controlar o medo escénico

nas actuacións

AS TECNOLOXÍAS APLICADAS AO SON

• Realizar traballos e exercicios aplicando as ferramentas que ofrecen as novas

tecnoloxías

• Crear pezas sonoras ou audiovisuais utilizando distintos sistemas de

repreducción e gravación de son

ESTANDARES DE APRENDIZAXE

DESTREZAS MUSICAIS

• Coñece os órganos e as funcións do aparello fonadorçRealiza exercicios de

respiración, relaxación, articulación, fraseo…

• Aplicca a técnica vocal para canta entoada e afinadamente, aplicando as

indicacións expresivas e dinámicas presentes na partitura

• Reproduce e identifica intervalos, escalas ou acordes a partir de diferentes

alturas, utilizando unha correcta emisión de voz

• Interpreta instrumentalmente ou vocalmente, estructuras rítmicas adecuadas a

este nivel

• Executa estructuras rítmicas simultáneas

• Practica a lectura e a escritura musical

AUDICIÓN COMPRENSIVA

• Percibe o pulso como referencia básica para a execución rítmicasPercibe

aspector rítmicos, melódicos, tonais, modais, cadenciais, formais, tímbricos,…das obras escoitadas ou interpretadas

• Utiliza a lectura e a escritura musical como apoio a audición

43

• Escoita obras musicais seguindo a partiturasEscoita e recoñece os elementos

básicos das linguaxen propias da música culta e da música contemporánea

• Describe as características das obras escoitadas, utilizando a terminoloxía

axeritada

TEORÍA MUSICAL

• Identifica e interpreta os termos e signos relacionados co ritmo e coa expresión

musicalesIdentifica os signos gráficos propios da linguaxe musicalcontemporánea

• Identifica os elementos da linguaxe musical, utilizando distintos soportes

• Recoñece elementos básicos harmónicos e formais

• Aplica correctamente a terminoloxía propia da teoría musical

CREACIÓN E INTERPRETACIÓN

• Practica variantes de fórmulas rítmicas coñecidas e improvísaas libremente

• Asimila os conceptos tonais e modais básicos, desenvolvendo a creatividade e a

capacidade de seleccionar e usar libremente os elementos da linguaxe musical

• Coñeceo o repertorio traballado

• Mantén unha actitude positiva ante a música e oscompañeiros

• Utiliza os instrumentos da aula cunha técnica correcta

• Aplia a técnica vocal para cantar entoadamente e afinadamente nas actividades

de interpretación

• Mantén unha actitude positiva para integrarse como un membromáis no grupo

• Crea unha pequena obra musical utilizando os coñecementos musicais

adquiridos

• Constrúa a través do movemento unha creación coreagrafica adecuando a súa

concepción ao carácter expresivo d obra

• Compórtarse de maneira correcta como espectado e como intérprete

• Practica as técnicas necesarias para controla o medio escénico

AS TECNOLOXÍAS APLICADAS AO SON

• Utiliza correctamente editores de partituras, secuenciadores MIDI e software

44

para aplicacións audiovisuais

• Utiliza de forma autónoma os recursos tecnolóxicos como ferramentas para a

audición, a interpretación a creación, a edición, a gravación, a investigación e aaprendizaxe do feito musical

ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO PARA ALUMNOS/AS COA MATERIA PENDENTEFaranse exames de recuperación dos contidos mínimos de cada avaliación. Así mesmo,entregarán os traballos ou proxectos especificados para recuperar as avaliacións suspensas. Os alumnos que non superen os contidos mínimos esixidos en xuño teñen a posibilidade de superar a asignatura en setembro.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

- Apuntes proporcionados polo profesor-O material propio da aula.-O emprego da aula multimedia do centro.

TEMAS TRANSVERSAIS

Os contidos da presente programación son abordados dende os procedementos ata os conceptos, con grande atención ás actitudes, tal e como corresponde á unha área eminentemente práctica. Por esta razón, e polo que supón de educación do espírito e dointelecto, os temas transversais son sumamente sinxelos de abordar en relación ó resto de contidos da área.

Educación ambiental

É tratada a través do interese espertado polo estudio da contaminación sonora, o nivel de ruídos no contorno, o coidado pola producción excesiva de sons por parte do propio alumnado e a atención ó silencio como marco imprescindible na execución musical.

A construcción de instrumentos musicais con materiais de refugo facilita un achegamento e respecto polas tarefas de reciclaxe e o conseguinte respecto polo medio ambiente.

Educación para a saúde

A práctica musical realízase corporalmente, polo que leva consigo a apreciación do corpo e das súas posibilidades de movemento global e segmentario, de expresión e de comunicación consigo mesmo e cos demais.

A través do movemento obtense unha posición e un ton muscular correctos, co engadido dunha completa osixenación que favorece o crecemento e desenvolvemento corporal, axudando na procura dunha imaxe máis adecuada de si mesmos. O coñecemento do propio corpo debe implica-la interiorización e automatización dos

45

movementos, sexan estes ben de tipo exploratorio con desprazamento asociado, ben expresivo-comunicativos, funcionais ou artísticos, así como dos procesos respiratorios e de percepción espacial e espacio-temporal implicados neles.

O coñecemento da voz e dos cambios que se producen nela ó longo da etapa secundaria obrigatoria, incluso no bacharelato, é fundamental á hora de considera-la hixiene vocal, e incide na educación ambiental ó non producir con sons innecesarios unexceso de ruído no contorno. Evitar vicios que afecten ó aparello respiratorio, intentando conseguir unha forma física axeitada.

A práctica instrumental axuda na consecución dunha posición e un ton muscular equilibrado. O coñecemento corporal logrado implica a interiorización e automatización dos procesos mecánicos implicados no movemento e que relacionan a súa execución coa audición interior ou coa lectura musical directa da obra. Convén lembrar que a música, polos seus compoñentes afectivos, fisiolóxicos e intelectuais, incide positivamente no equilibrio persoal e anímico nas persoas, tanto dende o punto de vista do oínte como do intérprete ou do creador.

Educación para a igualdade entre os sexos

A educación a partir da música non está, inicialmente, ligada ó sexo, xa que todos se poden expresar por igual a través dela. Sen embargo, as actividades musicais previstas poden servir como demostración das diferencias e similitudes existentes entre os dous sexos, e como mostra da necesidade da súa complementariedade.

Os exercicios e xogos en relación ó movemento e á danza estiveron tradicionalmente máis enfocados cara ás nenas por motivos puramente sociais e culturais. A nosa programación incide na realización de bailes de grupo nun primeiro momento, debido á situación corporal experimentada polos adolescentes, para pasar rapidamente á execución de exercicios por parellas mixtas, que poden ser fixas ou ben con cambio de parella, ademais dos bailes de grupo.

Dende o punto de vista da práctica vocal, a complementariedade e necesidade dos doussexos é evidente á hora de cantar a voces mixtas. A maior parte do repertorio vocal dos períodos da historia da música foi pensada para formacións vocais de homes e mulleres; ademais, nos casos nos que as obras fosen ideadas para coros de voces iguais, é posible conxuntar só a persoas do sexo implicado.Finalmente, toda actividade musical en grupo parte do principio de integración, de reparto de traballos e respecto mutuo ós demais integrantes da clase, independentemente do sexo ó que pertenzan.

Educación para a paz e a tolerancia

A educación para a paz e a tolerancia mantén unha presencia máis que constante na secuencia, a través dun tratamento dobre: por un lado, cara ás persoas do contorno inmediato; por outro, ás diferentes culturas presentes no mundo, a partir da práctica ou audición de obras folclóricas.

A aceptación das regras dos xogos, pasos da danza ou da coreografía, das regras de

46

actuación, a localización no plano sonoro axeitado, a atención ós demais na práctica vocal, instrumental e de movemento... implican un acatamento das normas, imprescindible á hora de considera-lo desenvolvemento social do individuo, especialmente polo que á interacción cos outros elementos do grupo se refire.

A comprensión das diferentes culturas vén propiciada pola audición, práctica vocal e instrumental, así como pola execución de danzas folclóricas das diferentes etnias mundiais. Este coñecemento proporciona os criterios necesarios para poder diferencia-las características da cultura propia das outras, promovendo a valoración do seu patrimonio cultural e, máis concretamente, musical, polo que supón de propio.

Educación para o lecer

Debido ó aumento do tempo libre, faise necesario inculcar no alumnado o sentido do lecer, do aproveitamento do seu tempo, a través de actividades lúdico-musicais extraescolares.

As diferentes ofertas en relación á danza existente, sexa folclórica ou de salón, favorecen no alumnado o desenvolvemento persoal, tanto físico como espiritual, entendendo este último como un crecemento da sensibilidade, a cultura e o sentir estético.

Outra actividade de ocupación do tempo libre pasa pola práctica musical, ben de tipo vocal ou ben instrumental. Debido á idade dos rapaces e rapazas, a súa preferencia decántase pola práctica instrumental e resulta frecuente que compatibilicen os seus estudios obrigatorios coa aprendizaxe dun instrumento musical, en centros especializados diversos (academias, escolas de música, conservatorios e centros autorizados).

Educación do consumidor

O consumo da música é algo habitual entre os adolescentes, máxime ó estaren influídos pola mensaxe publicitaria e a moda. Por isto é conveniente desenvolver neles unha actitude crítica ante o fenómeno musical, especialmente ante a proliferación de “estrelas”

(solistas ou grupos) co único mérito de contar cunha completa e orquestrada campaña publicitaria, exenta de calquera tipo de criterios musicais. O sentido crítico debe estar presente para evitar caer nun consumo excesivo e inxustificado, máxime cando se trata de obras non pertencentes ó repertorio que lles é propio.

O tratamento deste tema transversal realizarase nunha primeira fase aumentando a consideración persoal cara á súa propia música e costumes, propiciando o aumento da súa capacidade de elección á hora de consumir música, preferentemente, e debido á súaidade, de pop e rock con influencias folclóricas (principalmente no que se refire ó idiomático e instrumental), ou ben doutros tipos de música folclórica ou xuvenil. E, en segundo lugar, comprendendo a beleza das outras culturas por proxección da propia, nosentido do respecto ás unidades maiores dende países máis pequenos, é dicir, dende a súa parroquia ou aldea (na orde pobo, comarca, provincia, comunidade, estado, comunidade europea) ata outros países máis afastados na distancia e, polo tanto, nas

47

súas manifestacións, pero nin máis nin menos ricas cás propias.

Educación vial

Trátase do tema transversal máis complexo de tratar en relación ós contidos da área, xaque os demais están directamente relacionados con eles, e este só pode ser traballado especificamente, a través de cancións, actividades alusivas, etc.

Educación moral e cívica

A área de música posúe un destacado compoñente de contidos actitudinais baseados norespecto ás normas, ós demais, ó material da aula... reflectidos na secuencia. Por outra parte, a música, ó longo do tempo amosou a súa relación coa sociedade, polo que a educación cívica a través dela apareceu como constante en tódalas épocas.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS

-Asistencia a concertos didácticos -Visita a unha catedral ou igrexa con órgano

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O principio de continuidade na avaliación permite prestar unha atención ás diferencias que os/as alumnos/as van mostrando nas actividades que aplican e concretan os conceptos, procedementos e actitudes seleccionados. Elo fai posible organizar actividades de apoio, para os/as alumnos/as que mostren algunha dificultade, e actividades de desenvolvemento, para quen mostren un maior interese e/ou capacidade. O noso material presenta unha grande variedade de procedementos que traducen o noso desexo de alentar e fomenta-lo desenvolvemento das capacidades perceptivas e expresivas da educación musical respectando as diferencias de comprensión e expresión.

A variedade de procedementos metodolóxicos e de actividades de aprendizaxe que se presentan aportan o material necesario para atender á diversidade. O/A profesor/a, no contexto da súa clase e en relación co seu grupo, poderá determinar con maior precisión o momento no que tratará determinados contidos e a atención e profundidade que deberádarlles. Trátase de afronta-la atención á diversidade a través da ensinanza personalizada, para favorece-la construcción de coñecementos por parte do alumnado. A maneira de chegar a este alumnado non supón un tratamento específico e diferencial para cada un deles, senón atopar formas metodolóxicas e didácticas, a través das cales se poida acceder ó obxecto de aprendizaxe dende as propias características individuais.

48

2º BACH

ASIGNATURA Historia da Música CÓD

PROFESOR/A (ES/AS) María Josefa Mosquera Seoane

OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO -Analizar as obras musicais atendendo ós seus aspectos formáis e estilísticos máis importantes, mediante a audición e a investigación-Adquirir o vocabulario que permita expresa-los procesos e as funcións musicáis e a súa relación co contorno cultural que as producíu-Utilizar a audición e a expresión musical como medios de coñecemento e de desenvolvemento da sensibilidade e da creatividade-Desenvolver unha visión crítica das manifestacións musicais que se producen na sociedade e valora-las súas achegas-Percibir a música como unha manifestación artística producida nun momento histórico concreto, suxeita á influencia de factores culturais, sociais e económicos.-Comprender o proceso creativo e a súa difusión a través dos diversos medios e canles de comunicación-Utilizar os medios audiovisuais e as tecnoloxías da información e da comunicación de forma creativa, valorando as súas polibilidades expresivas e o seu papel como fonte de información e coñecemento

CONTIDOS (UNIDADES DIDÁCTICAS) TEMPORALIZADOS POR AVALIACIÓN *1ªAVALIACIÓN

I.1.- Nacemento, espacio e evolución da música instrumental. Visión práctica da interacción entre o compoñente organolóxico e a función social, mediante un estudiodocumental e iconográfico-Clasificación instrumental na música culta e na música popular.Análise organolóxica-Agrupacións instrumentais: os instrumentos na sociedade que lles dá orixe.-A evolución dos instrumentos tradicionais en Galicia; os instrumentos medievais-Análise e historia das formas musicais instrumentais desde o Renacemento ata o século XX-A forma "sonata": aparición e tipolixías, evolución desde as sonatas de cámara e da chiesa á disolución da forma no Romanticismo-O concerto e a sinfonía.Evolución das formas-O xurdimento de novas formas instrumentais no Romanticismo-Século XX: os novos instrumentos e a música sen instrumentos; o estudio MIDI na creación musical actualI.2.- Función social do músico ó longo da historia

49

II.1.-A música relixiosa-A música nas catedrais galegas: especificedades e fontes-As formas vocais no Barroco; cantatas, oratorios e paixóns.A súa evolución instrumental ligada ó cambio nos usos sociais-A música da Reforma e da Contrarreforma: estudio contraposto-Müsica relixiosa no Barroco a través da súa análise-Música profana: orixe e evolución. Música popular e música da corte.-Estudio das fontes e das súas funcións-O madrigal. Análise e práctica de madrigais polifónicos e solísticos-O nacemento da monodía acompañada. Tipoloxías formanis na ópera; recitativos , ariosos e arias-Escolas na ópera italiana. Análise da súa especificidade.-A teoría dos afectos como marco filosófico e retórico da música barroca-A canción e o lied romántico-A música coral no Romanticismo-A canción galega no RomanticismoII.2.-A música vocal no século XX. Os novos conceptos da vocalidade.

*2ªAVALIACIÓNII.3.- A música na sociedade actual: desde o Impresionismo ás Vangardas.II.4.-O pop e o rock; función, fontes e correntes-O público e o espectáculo: función, espacios e socioloxía-A ópera italiana: de Rossini a Puccini. Análise dos seus parámetros melodicos, harmónicos e formais-A ópera alemana, desde Mozart á Segunda Escola de Viena: xéneros e evolución-A música teatral en España e os seus xéneros ó longo da historia: tonadilla, zarzuelae ópera. A recepción do público-A danza e o ballet; orixe, evolución e tipoloxía. Práctica de danza de tipoloxías diversas-Teatros, auditorios e festivais. Análise da súa programación cultural-Orixe da música contemporánea. Cambios sociais e cambios culturais na Europa de entreguerras-Novos xéneros musicais no século XX: tipoloxía.-A atonalidade.-Novas perspectivas na música. As novas prácticas vocais e instrumentais na músicade vangarda; da Segunda Escola de Viena a Berio e Nono: o compositor comprometido coa súa sociedade-As vangardas históricas: Schoenberg e o seu papel-A xeración musical de 27: o grupo dos 8-Falla e os exiliados-A experimentación

*3ªAVALIACIÓN-A revisión dos parámetros contemporáneos a fins do século XX. O rexurdimento datonalidade. A pantonalidade.-O papel do músico contemporáneo como intelectual: música coputerizada.-Os compositores españois. Do eclecticismo á vangarda-O son gravado e a súa incidencia na música de concertos: do fonógrafo ó son dixital.-A música e as novas tecnoloxías da información e da comunicación. O estudio

50

MIDI integrado na aula-A dirección orquestral: escolas e grandes directores.-A función do director ó longo da historia-A achega das figuras máis relevantes da música vocal-Os solistas instrumentais e a súa significación na difusión da música-A interpretación na música tradicional galega e na música antiga: criterios de autenticidade ou recreación: folclore e folclorización.-Valoración da historia da música como pàrte da propia historia do alumno, no sentido de coñecemento e aceptación dun pasado cultural común-Comprensión histórica dos estilos musicais que se sucederon en Europa a través dosséculos-Afondamento na sensibilidade e na capacidade crítica ante as obras que forman parte do patrimonio musical europeo-Interese e respecto polo coñecemento e a análise das obras e dos instrumentos propios da música contemporánea.-Apreciación e satisfacción ante a audición de obras e espectáculos musicais e respecto polas normas que rexen o seu comportamento.

CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES -As orixes da Música Occidental. Música monódica e polifónica. A música relixiosa e profana no Medievo: antecedentes e evolución.- A música no renacemento: a polifonía e a música instrumental.- O Barroco musical. A música vocal e instrumental e as suas formas. A música ó servicio da relixión e a monarquía.- A música e músicos do clasicismo ó romanticismo. A música instrumental no Clasicismo : sonata: sinfonía, de cámara, el piano y el lied. O teatro musical do Clasicismo ó Romanticismo.- A música na sociedade contemporánea. Movementos musicais na primeira metade do s. XX. As vangardas-A música actual: incidencias das novas tecnoloxías-Agrupacións vocais e instrumentais; clasificación dos instrumentos e evolución histórica.Instrumentos tracicionáis galegos-Función social do músico ó longo da historia

51

ACTITUDES, VALORES E NORMAS

Valoración da actividade instrumental e vocal como fonte de aprendizaxe, diversión, relación e expresión-Sensibilidade e capacidade crítica ante as interpretacións propias e alleas, tanto vocais como instrumentais-Aceptación e cumprimento das normas que rexen a interpretación, tanto vocal como instrumental, individual e colectiva-Interese polo coidado e mantemento dos instrumentos e do uso correcto da voz-Apreciación e goce da audición de obras e espectáculos musicais e respecto polas normas que rexen o comportamento dos mesmos-Recoñecemento da danza como medio para enriquecer a percepción visual, espacial e musical e apreciación das súas posibilidades expresivas-Participación con interese e creatividade nas distintas actividades individuais ou colectivas-Interese por afondar no coñecemento das composicións musicais de distintos estilos-Sensibilidade ante as obras que constituen o noso patrimonio musical-Actitude crítica ante a programación de música nos medios de comunicación

METODOLOXÍA DIDÁCTICA Os alumnos traballarán por competencias. Realizarán traballos de

investigación e posta en común seguindo unas pautas marcadas polo profesor. Ó final de cada época histórica, farán un traballo/ presentación da mesma.

Realizarán tamén traballos prácticos: escoita e análise de audicións, tocar con instrumentos Orff adaptacións de obras de cada período…

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN A avaliación consistirá nunha valoración do traballo realizado por cada

alumno. Esta valoración puntuarase con un 50 por cento da nota final. O outro 50 por cento serán probas prácticas.

ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO PARA ALUMNOS/AS COA MATERIA PENDENTE Faranse exámenes escritos de recuperación de cada avaliación suspensa.

Os alumnos que suspendan en xuño terán exame de recuperación en setembro.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS -Libro de texto da editorial Galinova

-Apuntes do profesor-CDs con audicións así como un soporte acústico para a súa reproducción

TEMAS TRANSVERSAIS 1- Educación para a igualdade de oportunidades.Este tema transversal está presente en todas as unidades a través de diferentes propostas nas que os alumnos traballan en

52

grupos e toman decisions para o desenvolvemento das actividades.2- Educación ambiental.Está presente a través de diferentes propostas que teñen a finalidade de sensibilizar ós alumnos ante o problema da contaminación acústica xenerada polo exceso de ruído y/ ou potencia sonora en determinados ambientes.3- Educación moral e cívica.O traballo en grupo e as experiencias de interpretación colectiva supoñen a formación de actitudes de cooperación, integración e respecto pola actuación do profesor e dos alumnos.4- Educación para a paz.Trabállase ó longo de todas as unidades, promovendo o respecto polas diferentes manifestacións musicais, fomentando o coñecemento e respeto pola música de otras culturas e de outras épocas históricas5- Educación para o consumidor.Adquisicion dun sentido crítico a través da audicióne análise de obras musicais que axuden ó alumnado a aplicar un criterio persoal na selección das diferentes produccións musicais.6- Educación para a saude- Entre os principais aspectos deste tema transversal cabe mencionar todos aqueles contidos relacionados coa valoración do propio corpo comoinstrumento de expresión e comunicación

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS Asistencia a concertos didácticos de interese e que estean relacionados cos

contidos do curso.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 1- Partir do coñecemento real de cada alumno como punto de partida para axustar

o proceso de ensinanza- aprendizaxe á maioría dos alumnos 2- Favorecer a existencia dun bo clima de aprendizaxe3- Flexibilizar os planteamentos metodolóxicos presentando gran variedade de situacións, linguaxes e estratexias de ensinanza.4. Permitir que todos los alumnos, incluso os que teñen máis problemas de aprendizaxe, " toquen o éxito" en determinados momentos.

53

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

CRITERIOS

Cabe dicir que a diversidade de alumnado que se atopa no noso centro,no tramoeducativo obrigatorio recibe desde o ámbito de intervención educativa ocorrespondente ensino adaptado ás súas capacidades e con arranxo ás súas necesidadestratando de darlle resposta a través de:- Atención individualizada- Partindo do seu nivel de desenvolvemento- Asegurando a construcción das aprendizaxes significativas- Capacitando a creación e midificación de estructuras mentais-Actividades creativas e intelecuais

No ámbito curricular ,unha vez realizada a avaliación inicial, se se dectectan algún oualgunhos alumnos con necesidades especiáis, haberá que lles dar resposta ás súasnecesidades educativas con un currículo aberto e flexible a través da correspondenteadaptación curricular individual que a tales efectos se diseña para o mesmocontemplando:- Só a avaliación continuación- Exclusivamente a observación do profesor que permita dar conta dos progresos eatrancos na súa aprendizaxe-Un maior peso en actitudes, valores e normas- Unha valoración mínima ou case nula das cuestións máis abstractas da aprendizaxemusical

En liñas xeráis as condicións que marcan a diversidade do noso alumnado na aulapoderiamolas concretar en:- Alumnado que presenta distinto nivel de competencia curricular- Alumnado que se atopa en distintos momentos de desenvolvemento somático epsicolóxico- Alumnado con distintas moltivacións e intereses-Alumnado con distintos estilos de aprendizaxe- Alumnado procedente de distintos ambientes e contextos socioculturais

Todo o alumnado que responde a este prefil está perfectamente integrado e non énecesaria ningunha medida adicional e extraordinaria para responder ás súasnecesidades

54

PROGRAMA DE REFORZO PARA O ALUMNADO CONMATERIA DE MÚSICA PENDENTE

Segundo se desprende do currículo , a materia de Música na ESO é unha materia concontinuidade de contidos progresivos nos cursos 2º e 3º xa que o currículo nondiferencia estes dous cursos en obxectivos, contidos e criterios de avaliación

No 4º curso perde a continuidade dado o seu carácter optativo, sobre todo por adiferenciación curricular.

• ESO: Alumnado de 3º con 2º pendenteAlumnado que cursa música (materia obrigatoria). Considararase que a superación conavaliación positiva en 3º suporá a superación automática da de 2º. A superación dosobxectivos e contidos do 1º trimestre de 3º suporá a superación da materia pendente de2ºEn caso de non superar positivamente a 1ª avaliación de 3º ESO, deberá realizar untraballo e unos exercicios propostos polo departamento, e, no seu defecto, realizará unaproba escrita sobre os contidos teóricos da asignatura nas datas que se propoñan nocentro educativo

• Alumnado que non teña música como optativa en 4º. Deberán tanto para 2ºcomo para 3ºRealización unha proba escrita sobre os contidos dos cursos suspensos nas datas quefixe o centro educativo• Alumnado que teña música como optativa en 4ºA avaliación corresponderá ao profesorado de 4º sendo de tipo continua, debendo- Cantar ou tocar duas cancións propostas polo departamento(50%)- Realizar un caderno de actividades sacadas do libro(50%)

55

CRITERIOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN.

Utilizarase a seguinte ferramenta para a avaliación da programación didáctica no seu

conxunto; esta realizarase ao final de cada trimestre, para así poder recoller as melloras

no seguinte.

ASPECTOS PARAAVALIAR

PARA DESTACAR...PARA

MELLORAR...

PROPOSTAS DEMELLORAPERSOAL

Temporalización das unidades didácticas

Desenvolvemento dos obxectivos didácticos

Manexo dos contidos da unidade

Descritores e desempeños competenciais

Realización de tarefas

Estratexias metodolóxicas seleccionadas

Recursos

Claridade nos criterios de avaliación

Uso de diversas ferramentas de avaliación

Portfolio de evidencias dos estándares de aprendizaxe

Atención á diversidade

Interdisciplinariedade

56