O ENTROIDO DE XINZO NO SÉCULO XXI.pdf

download O ENTROIDO DE XINZO NO SÉCULO XXI.pdf

of 12

Transcript of O ENTROIDO DE XINZO NO SÉCULO XXI.pdf

  • O ENTROIDO DE XINZO NO SCULO XXI

    O entroido

    de Xinzo

    no sculo

    XXI.

    Federico Cocho.

    Xornalista e

    Escritor.

    Tiveron que pasar moitos anos antes de que eu acabase de comprender

    por que meu pai teimaba en sar ra, vestido "de paisano", nas horas

    punta do Entroido de Xinzo. Eu, cativo asustado polo estrondo das

    pantallas, turraba del para que non cometese aquela osada suicida que o

    converta nun dos obxectivos estrela das pantallas.

    Pero D. ngel sorra e repeta cada ano aquela pantomina, sinxela e

    fermosa, de botarse ra, camio do noso colexio Santa Maria, como

    que non quere a cosa, ou como se fose alleo ao risco que corra. O director

    non se disfrazaba, pero participaba na festa o seu xeito e, de paso -coma

    sempre, facendo pedagoxa-, dbanos un exemplo prctico de integracin,

    agarimo e respeto polas festas populares autctonas. Era un xeito de

    valorizalas pola sa autenticidade, por ser un signo de identidade local e

    polo ben social que representaba e representa para a vida de Xinzo a

    catarse colectiva do Entroido.

    Desde aqueles anos 60/70, nos que anda o Carnaval estaba oficialmente

    prohibido, moito mudaron as cousas en Xinzo, como no resto do pas. Os

    trascendentes cambios polticos abriron paso a espectaculares

    transformacins sociais, a evidentes melloras sociais e econmicas, a

    cambios subtanciais nas mentalidades. Chegaron a democracia, a libertade

    poltica, as eleccins, a libertade de expresin, a secularizacin e

  • desmilitarizacin da vida civil, o Estatuto de Autonoma, a dignificacin

    do idioma galego, a recuperacin da memoria histrica. Veu o divorcio, os

    dereitos das minoras, o respecto orientacin sexual, a emancipacin da

    muller, a pluralidade televisiva, o Canal + dos venres, o vdeo, os grandes

    espectculos a beira da casa, a informtica, internet, os videoxogos, o

    ftbol galego na "champions", a urbanizacin das costumes e do estilo de

    vida, o mando a distancia, os caixeiros automticos, a revolucin dos

    modistos galegos, as grandes ou medianas "superficies comerciais", as

    autovas..... Entramos como tolos en Europa e mesmo cambiamos a

    moeda.

    Sei ben certo que tamn arramplamos con cousas malas, pero s se

    trataba de facer un pequeno esbozo das fondas transformacins que nas

    nosas pautas culturais, conscientes ou inconscientes, se produciron nos

    ltimos vintecinco anos do sculo e do milenio anteriores. Vivimos moitos

    mis cambios nas mentalidades nese perodo que en dcadas ou mesmo

    sculos.

    Espallouse a velocidade de vrtixe a nova cultura de masas propiciada

    polos modernos medios de comunicacin, entendendo por estas a

    televisin, os videoxogos, os xornais, o cine, as revistas, os discos

    compactos, os vdeos. Os sociologos introduciron novas matices no

    concepto de cultura popular, un termo que engloba agora tanto aquelo que

    centos de miles de persoas ven ou len ou e no que participan para

    divertirse (1). Isto : ver "Mareas vivas" tamn hoxe cultura popular.

    ----------------------------------------------------------

    (1) A. Giddens, "Sociologa" (Alianza Editorial 1990). Pg 466

    ---------------------------------------------------------

  • Semellantes cambios sociais e culturais tamn se reflectiron nas festas

    populares. En especial no Entroido, a mis dinmica delas e, en Xinzo, a

    mis fondamente participada e vivida. Sen ir mis lonxe, o esmorecemento

    da aldea, da cosmovisin particular de cada aldea galega, levouse por

    diante tradicins sinxelas, pero seculares e ntimas, que artellaban un xeito

    de convivir, ver o mundo e estar nel. Os costumes do Carnaval que non

    varreran a maldita Guerra Civil ou a mis maldita represin posterior,

    esvaronse logo cando os mozos liscaron masivamente a busca dun mundo

    mellor (2).

    Declive das tradicins?.

    Hai toda unha corrente de pensamentos que certifica o declive imparbel

    da tradicin, das tradicins, fronte a modernidade. Digamos que esa lia

    de opinin parte da ilustracin, que viu -non sen razn en certos casos-

    que o sistema de crenzas e superticins eran un freo razn e ao progreso

    humano. O desenvolvemento das sociedades modernas levara ao

    aniquilamento das tradicins. O mesmo Carlos Marx sera, no sculo

    seguinte, un dos grandes inimigos da tradicin (3).

    A evolucin dos acontecementos xa obrigou a revisar moitos destes

    postulados ou, cando menos, a matizalos. Baixo a idea xenrica de

    tradicin englbase quizais demasiadas e moi diferentes cousas, polo que

    esa xeneralizacin pode complicar notablemente a anlise. A observacin

    directa da realidade permite constatar que, en efecto, a medida que se

    foron desenvolvendo as sociedades modernas, moitas tradicins foron

    recuando. Desde logo, as que estaban vinculadas mis directamente as

    formas de traballo ou de organizacin social. Pensemos, por exemplo, nas

    mallas, que constituian un acontecemento laboral e festivo ata non hai

    moitos anos na comarca da Limia, ou nas crenzas sobre meigas, mal de

    ollo, Santa Compaa e demais.

    Por outra banda, ben certo que moitas das tradicins mantivronse

    conservadas mis tempo nas sociedades mis agrarias e menos

    desenvolvidas desde o punto de vista socioeconmico. Al onde se

    impuxeron moi cedo as pautas de vida urbanas da sociedade industrial

    e/ou de servicios as transformacins foron mis evidentes. As vellas

    tradiccins desapareceron ou foron sustituidas por novos modelos ou

    novos sistemas de crenzas. O socilogo britnico Jhon B. Thompson, un

    dos grandes tericos da sociedade meditica, dubida que a tradicin sexa

    cousa do pasado e sostn que, en realidade o acceso os productos

    mediticos dronlle novo pulo a tradicin, "que se foi progresivamente

  • liberando das limitacins da "interaccin cara a cara" e adquiriu novas

    caractersticas distintivas" (4).

    A ns intersanos particularmente esa idea cando estamos a falar de

    tradicins festivas, en xeral, e do Entroido, en particular. Quizais non fai

    falta matinar demasiado para decatarse, como suxeriamos mis arriba, de

    que as tradicins festivas escapan por completo a ese criterio xeneralista

    de declive das tradicins. O ser humano por natureza un "homo ludens"

    xa desde a sa primeira infancia (5). Sculos de desenvolmento non

    fixeron outra cousa que ir axeitando o espritu festivo innato s formas de

    convivencia e produccin de cada momento. Aos limianos do sculo XXI

    non nos soa esaxerada a idea de que nas sociedades tradicionais os homes

    vivan recordando a festa pasada e esperando a seguinte (6), porque iso

    vn sucedendo desde sempre con respecto o entroido.

    -----------------------------------------------------------------

    (2) F. Cocho. , "O carnaval en Galicia" (Edic. Xerais Vigo 1960). Px18 e s.s.

    (3) J.B. Thomson, "Los media y la modernidad" (E. Paids, 1998) px. 240

    (4) j.b. tHOMPSON, OP CIT. PX. 23

    (5) j. hUIZINGA, "hOMO lUDENS" (aLIANZA eDITORIAL, Madrid 1972)

    (6) P. Burke, "La Cultura popular en la Europa Moderna"(Alianza Univ.

    1991) pax 258

    --------------------------------------------------------------------

    Todos os anos, cando chega o tempo do Entroido e nos medios de

    comunicacin aparecen reportaxes e artigos sobre o tema, lugar comn

    botar man dunha cita clsica de D. Julio Caro Baroja, antroplogo de

    referencia inescusbel en asuntos carnavalescos, que se arranca na

    primeira lia da sa obra fundamental (7) certificando sen paliativos a

    morte do Carnaval. O Antroplogo vasco atribelle o falecemento a "Unha

    concepcin da vida que non nin pag, nin anticristi, senn simplemente

    secularizada".

    En certo sentido, s en certo sentido, o tempo foille dando a razn a

    Caro Baroja. Enfocando o Carnaval como un gran complexo de ideas

    contrapostas a Coresma con rituais profanos e vistos desde a perpectivas

    da fe na influencia de crenzas sobrenaturais algo diso pasou. Pero ningun

    pode negar a forte rexurdimento que viviu o Entroido en Galicia nos

    ltimos vintecinco anos. Xa non digamos en Xinzo de Limia onde a o

  • mesmo tempo que o antroplogo faca estas reflexins, e a pesar das

    prohibicins e as ameazas de inferno, andaba media vila repartindo

    vexigazos e a outra media vestida de capuchn ou do que fose.

    Transformacins

    Mudaron os tempos, pero o Entroido sobreviviu e reforzouse.

    Transformouse, iso si, porque como deca no comezo, houbo

    transformacins radicais na nosa vida individual e colectiva que o

    Carnaval foi quen de absorver. Dito de outro xeito, o Carnaval como a

    enerxa: nin se crea, nin se destrue, s se transforma.

    Vexamos, s a ttulo de exemplo, algns dos conflitos e/ou modificacins

    que o cambio social foi xenerando na propia festa do Carnaval de Xinzo

    nos ltimos 25 anos, tanto na sa compoente ritual (as pantallas) como

    noutros aspectos de gran festa da burla e da risa:

  • .- A pantalla unha mscara viril, representada desde sempre por homes,

    bsicamente mozos. A incorporacin de mulleres desencadenou unha forte

    polmica local, anda aberta, a pesar da progresiva disminucin das

    mulleres- pantalla.

    Monumento a Pantalla en Xinzo. Foto do autor da www.

    .- O Entroido de Xinzo, como outros aspectos da vida, comercalzase.

    Non hai festas en aldeas e parroquias do Concello e dos Concellos

  • vecios. Unha das consecuencias non desexadas ser a dificultade de

    integracin dos novos grupos de pantallas "forneas", que tentan

    integrarse vestindo, non sempre co tino desexbel, o mximo smbolo da

    vila.

    .- Do mesmo xeito que noutras festas populares de sona, produciuse un

    espectacular proceso de masificacin, de confluencia de milleiros de

    visitantes nas ras da vila nunha mera actitude de espectadores. Este

    proceso acabou coa intimidade da festa local.

    .- Como consecuencia do aluvin de espectadores o Domingo e o Martes

    de Entroido, a poboacin local refxiase nos mediodas e na xornada do

    Luns, de xeito que, insospeitamente, se revitaliza un da que noutrora se

    consideraba de mera transicin.

    .- Desde o punto de vista temporal, sendo o de Xinzo, a influencia do

    calendario laboral actual fai que se vaia incorporando paulatinamente un

    sbado de Entroido.

    .- A invasin transgresora do espacio pblico unha das caractersticas

    propias da festa. Segue sendo as, anda que se observe (ags no desfile)

    un repregue cara s zonas vellas ou mis ntimas da vila, logo de anos

    teimando por conquistar "a carretera".

    Desbtanse os costumes rurais menos finos. As fareladas quedan

    reducidas a unha inocente batallia infantil. Xinzo tampouco quere

    petardos nin fomenta os "cichadores con auga".

    .- Houbo moita controversia inicial co desfile do Martes de Entroido. O

    seu triunfo e seu estilo, mesmo coas pantallas "aliadas" e incorporadas

    por ducias, son o maior smbolo da definitiva evolucin do Carnaval de

    Xinzo cara a forma de expresin propias dos novos tempos urbanos e das

    dimensins funcionais da vila.

  • .- Televisin e cine abriron de xeito ilimitado os motivos de disfraces e

    conparsas. A maior disponibilidade de recursos econmicos e materiais

    sofisticou os disfraces e enriqueceu ostensiblemente a creatividade.

    .- Definitivamente as pantallas deron o salto e convertronse no smbolo

    local por excelencia, no seu logotipo. Protagonistas nos medios de

    comunicacin galegos e espaois, exhibidas nas ras de "Madrid", con

    monumento propio entrada da vila (ou sada, segundo se mire) e punto

    de apoio inicial do Museo Galego do Entroido, xa en construcin.

  • Monumento a Pantalla en Xinzo. Foto do autor da www.

    Poderanse anotar mis indicios de cambio, pero abonda cos aqu

    resumidos. evidente, como sinala Gil Calvo, que o proceso de

    modernizacin afectou tradicin festiva, en especial do Sur Europeo,

    onde a reforma protestante -moi belixerante coas festas populares- non

    triunfou, "pero non logrou destrur a vontade cidad de facer festas, s se

    limitou a transformala" (8). O socilogo aragons, por certo, non se anda

    con rodeos e vai mis al cando considera que "o entusiamo cvico e a

    efervescencia colectiva, mis favorecidos polos rituais festivos e a cultura

    carnavalesca que polos rituais ascticos e a cultura puritana son os

    mellores catalizadores da modernizacin e do cambio social" (9).

  • En realidade na investigacin sociolxica actual abundan os autores que

    refutan a tese de esmorecemento ou mesmo da morte das festas populares.

    Polo contrario, falan dunha "ampliacin do espritu festivo" (10), de que o

    estado de festa -no sentido mis fondo- que antes estaba rxidamente

    restrinxido a determinadas datas do ano, converteuse hoxe nun estado

    permanente de festa, con novas e diversificadas liturxias festivas de

    raigaa urbanita (partidos de ftbol, concertos, discotecas, mitns polticos,

    comidas de celebracin, etc.) e co imperio.

    A constacin emprica dos postulados tericos de Thompson, Gil Calvo

    ou Delgado, non fai outra cousa que confirmalos. Como outras festas, o

    Carnaval chegou ao terceiro milenio transformado, como non poda ser de

    outro xeito. Pode que o cambio social implique a defuncin doutras festas.

    Non, desde logo, do Entroido, festa vital e xil que se axusta alma de

    Xinzo como unha verdaira segunda pel.

    Carnaval globalizado.

    Corren agora tempos de globalizacin. Os sistemas culturais, como os

    mercados, tenden a homoxeneizarse. Converxen. Poder nun futuro

    inmediato a globalizacin co Carnaval ou acabaremos festexando o

    Carnaval Global ? . Para que haxa unha cultura ten que haber unha

  • memoria colectiva, e unha memoria colectiva non se improvisa porque fai

    falta unha historia comn (11).

    Como se vn constando en todo o mundo, o proceso de globalizacin de

    mercados, medios e culturas, que ten en internet o seu mis mis grande

    icono, leva aparellado un curioso efecto "boomerang" que leva o

    fortalecemento das culturas locais, que se defenden do asoballamento

    homologador que impoen as grandes industrias do ocio e a cultura do

    mundo occidental, fundamentalemente americanas.

    Tan as que mesmo algns dos grandes pensadores -que non arriscados

    gurs nin profetas estilo Negroponte- da chamada nova economa acaban

    por admitir que non poder existir unha economa virtual baseada nunha

    comunidade exclusivamente virtual, sen ter en conta as culturas "locais".

    "Os mercados e as redes non se bastan por si ss, son institucins

    derivadas, a existencias das cales depende por completo da existencia

    dunha slida comunidade cimentada na confianza social e en certa

    empata", escribe Jeremy Riftkin. A conexin humana, di el, vai aln das

    transformacins electrnicas e as comunicacins entre ordenadores. "As

    conexins mis profundas danse sempre nun espacio xeogrfico

    determinado (....) onde hai realmente intimidade e sen esta non posibel

    crear nin verdadeira empata, nin vnculos de confianza social".

    ------- ----------------------------------------------------------

    (7) J. Caro Baroja. , "El Carnaval" (Edic. Taurus 1983). Px25.

    (8) Gil Calvo, "Estado de fiesta" (Espasa Calpe.Madrid 1991) px. 117

    (9) Gil Calvo OP CIT. PX. 203

    (10) M. Delgado "La festa a Catalunya avui" (Barcanova 1992) px 155

    (11) J.L. Veira. "Los valores sociales entre el cambio y la continuidad" leccin inaugural curso

    97/98 en la Universidad de la Corua)

    (12) J. Rifkin "La era de lacceso" (Paids. Barcelona 2000). Px.: 317

    (13) J. Rifkin, op. cit. px. 323.

    --------------------------------------------------------------------

  • Artculo aparecido na revista Lethes

    no nmero 3.

    Monumento a Pantalla en Xinzo. Foto do autor da www.