Entroido en Xinzo da Limia

10
Entroido de Xinzo de Limia Julián Moares Vidal 1ºC Bach nº8

Transcript of Entroido en Xinzo da Limia

Entroido de Xinzo de Limia

Julián Moares Vidal 1ºC Bach nº8

A 45 km de Ourense e 30 km de Verín, atópase Xinzo de Limia, un municipio que destaca polo seu entroido, considerado Festa de Interés Turístico Nacional.

O símbolo máis representativo deste festexo son as pantallas.

Cada ano acoden miles de persoas a vivir a experiencia do entroido.

Xinzo de Limia:

Duración:

Este festexo, ten unha duración total de 5 domingos (fareleiro, oleiro, corredoiro, entroido e piñata) dos cales os dous últimos son os máis visitados e esperados, tanto é así que na porta do concello podemos ver un cartel que conta os días que faltan para que comece o entroido e mesmo nos podemos atopar pola rúa con estatuas das pantallas.

Que son as pantallas?

As pantallas son a alma da festa, dedícanse a correr polas rúas do municipio, botanto graves gargalladas e chocando as vexigas de vaca inchadas que levan nas mans. A súa función é a de vixiar que ninguén se pasee sen disfrace; se atopan a alguén sen el, aprésano e obrígano a invitar a unha ronda de viño.

A súa bestimenta:O fundamental son as caretas,

difíciles de conseguir e únicas.

Levan camisa, calzóns brancos, capa vermella ou negra, pano, polainas negras e zapatos negros. Ademais dunha faixa para protexerse das campaíñas e, como non, as clásicas vexigas que se repoñen cando rompen.

Antigamente, o traxe posuía unha capa moito máis curta e os zapatos eran mais baixos.

A festa en sí:

A festa en sí é un bule-bule contínuo de familias e toda clase de persoas disfrazadas pola rúa a calquera hora, xa sexan as 4 da tarde ou as 4 da mañán, ademais veñen xentes de outras vilas e mesmo portugueses.

Os días de máis festa son dende o venres ata o martes, este día celébranse varios concursos de disfraces e mesmo colgan un xamón no lugar do meco e engrasan o pau.

O Meco:

É un monigote de palla con forma humana, elaborado a tamaño natural e que se colga dun pau na praza.

Antigamente colocábase nos cruces das rúas, xa que cada unha tiña o seu.

Para colgalo celébrase unha procesión.

O seu fin é o de anunciar a apertura e colofón do entroido.

Os problemas da festa:

Unha das poucas cousas criticables deste festexo é a pouca consideración que mostran moitos dos turistas que se achegan a vivir o entroido, que obrigan a que as 8 da mañan estean coches de bombeiros limpando e habilitando as rúas para que estean transitables o dia seguinte.

En conclusión:

Ter o pracer de poder asistir a algo tan marabilloso como é o entroido en Xinzo de Limia, co expediente xa aberto para que se nomee Patrimonio Inmaterial da Humanidade, é algo que deberían de poder vivir todas as persoas.