Comarca Baixa Limia

88
BAIXA LIMIA A NATUREZA

Transcript of Comarca Baixa Limia

Page 1: Comarca Baixa Limia

BAIXA LIMIAA NATUREZA

Page 2: Comarca Baixa Limia

A comarca da Baixa Limia abrangue o tramo do val do río Limia comprendido entre as serras do Xurés e o Leboreiro e as propias serras ata a fronteira portuguesa.

Page 3: Comarca Baixa Limia

CONCELLOS: Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños

ESPAZOS PROTEXIDOS: Dentro desta comarca atópase o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés (declarado en 1992) e a maioría do territorio pertence tamén ao LIC do mesmo nome e á Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês.

Page 4: Comarca Baixa Limia

E unha comarca cunha longa e coñecida historia por ser un dos pasos naturais entre Galiza e Portugal. Nela deixaron pegadas as xentes da prehistoria, os visigodos e, sobre todo, os romanos que construiron por este territorio unha das principais vías de comunicación da provincia Gallaecica.

Miliarios ao pe da da vía romana que cruzaba pola Portela do Home, que atravesaba Galiza para unir Braga e Astorga.

Page 5: Comarca Baixa Limia

Ruínas romanas do campamento de Aquis Querquernis, próximas aos Baños de Bande. Só poden verse cando o nivel das augas do encoro das Conchas é moi baixo. Preto destas ruínas atópase o centro de interpretación “A Vila Romana”.

Page 6: Comarca Baixa Limia

Acolle grandes valores naturais (paisaxísticos, xeolóxicos, ecolóxicos). As súas características climáticas, de transición entre a zona atlántica e a mediterránea, xunto coas diferenzas de altitude, dan lugar a unha gran variedade de ecosistemas de gran riqueza biolóxica: pradeiras de montaña, monte baixo, bosques de montaña, bosques de ribeira... nos que podemos atopar algunhas especies únicas.

As Gralleira, na serra do Xurés.

Page 7: Comarca Baixa Limia

CLIMAAs características climáticas son de transición entre a zona atlántica e a mediterránea. Neva con frecuencia nos cumios, e alcánzanse temperaturas especialmente baixas na parte oriental. As diferencias de altitude entre os cumios e os vales dos ríos da lugar a unha ampla variedade de microclimas.

Page 8: Comarca Baixa Limia

ACTIVIDADESAgrogandeiría, forestal, turismo, produción de enerxía eléctrica…

As cachenas son as vacas típicas do Xurés e as máis pequenas de Galiza, as femias non pasan dos 300 kg. Ata hai uns anos estiveron a piques de desaparecer. Unha campaña de protección das razas autóctonas está impulsando a súa recuperación.

Page 9: Comarca Baixa Limia

Por toda a comarca podemos atopar un rico patrimonio cultural (hitórico, etnográfico...) de todas as épocas.Dolmes: Casota do Foxo, Casiña da Moura ao pé do encoro de Salas; Casa da Moura (Queguas).Restos romanos: calzada romana, miliarios en Portela do Homen, campamento romano de Aquis Querquernis.Igrexas: Santa Comba de Bande, capela da Nosa Señora do Xurés, capela de San Bieito de Grou...Chivanas ou casarotas: Cabaniña do Curro, Curral do Mouro, Pión de Paredes, Curral da Carballa...Cortes: Asentamentos estacionais para subir co gando aos pastos de verán. A Carballeira (Queguas)Albarizas: Estruturas de pedra que protexen os cortizos: Olelas e Alvite. Foxos de Lobo: Covateiras (Bande), casa do Lobo de Guende (foxo de cabrita), ...Explotacións mineiras: especialmente para a explotación do volframio, moi activas durante a II Guerra Mundial, pecharon definitivamente na década de 1970. Mina das Sombras (Lobios).Muíños hidráulicos: na maioría dos ríos.Termas: Riocaldo, Bande.

PATRIMONIO CULTURAL

Peto de ánimas en Grou

Page 10: Comarca Baixa Limia

Cortes da Carballeira en Queguas

Page 11: Comarca Baixa Limia

CONCELLOSBANDESuperficie: 99 km2 Poboacións: 1.735 habitantes (2015)Parroquias: Bande, Os Baños, Cadós, Calvos, Carpazás, Corvelle, Garabelos, Guín, Nogueiroá, O Ribeiro, Santa Comba e Vilar. O territorio de Bande é alto polo norte onde se atopan as estribacións da Serra do Leboreiro (Porto de Lamas con 1.147 m) e os montes de Bande que acadan no Coto da Fonte Santa 1.090 m de altitude, e van perdendo altura a medida que se achegan ao río Limia que fai de fronteira natural entre Bande e Muíños na mesma comarca, e A Peroxa da comarca da Limia. O río principal e o Limia que no sur do municipio está encorado pola presa das Conchas, o outro río importante do concello é o Cadós que fai todo o seu percorrido dentro do territorio de Bande para xuntarse ao Limia no encoro.

Bande desde a Pena da Hedra.

Page 12: Comarca Baixa Limia

Santa Comba de Bande, unha das principais representacións da arte visigótica na Península, construída a finais do século VII.

Page 13: Comarca Baixa Limia

ENTRIMOSuperficie: 85,43 km2 Poboación: 1.323 habitantes (2014)Parroquias: Entrimo, Galez, A Illa, A Pereira e Venceans.O territorio e de grandes alturas e pendentes fortes xa que polo norte está ocupado pola Serra de Queguas (1.112 m en Corraídos); e polo oeste ten os Montes do Quinxo (1.163 m). O río principal é o Limia, encorado na presa do Lindoso e os seus afluentes Agro e Castro Laboreiro.

A Terrachá, capital do concello de Entrimo vista desde o mirador do Pedreiriño (na estrada de A Terrachá a Queguas), desde o que se ve case toda a comarca.

Page 14: Comarca Baixa Limia

Igrexa de Entrimo

Page 15: Comarca Baixa Limia

Queguas.

Page 16: Comarca Baixa Limia

LOBEIRASuperficie: 68,9 km2 Poboación: 813 habitantes (2015).Parroquias: A Fraga, Grou (San Martiño) compartida con Lobios, Grou (Santa Cruz), Lobeira, Monte Longo, San Xes de Vilariño e Santa Comba.O relevo está marcado polos cumes e as fortes pendentes que baixan da serra do Laboreiro (o punto máis alto da serra - O Codesal- con 1.344 m está na fronteira con Portugal).O río principal é o Grou.

Senderiz e a Serra do Laboreiro.

Page 17: Comarca Baixa Limia

Cabalos na Serra do Laboreiro.

Page 18: Comarca Baixa Limia

LOBIOSSuperficie: 168,38 km2 Poboación: 2.025 habitantes (2014).Parroquias: Araúxo (San Martiño), Araúxo (San Paio), A Cela, Grou (San Mamede), Grou (San Martiño) compartida con Lobeira, A Illa, Lobios, Manín, Río Caldo e Torno.Sube polo noroeste até a Serra de Queguas e polo oeste ata os Montes do Quinxo aínda que a meirande parte do seu territorio atópase ao sur do Limia, entre o río e a fronteira portuguesa, coas Serras do Xurés (coas maiores alturas) e Santa Eufemia. O relevo caracterízase por unha sucesión de fortes pendentes con profundos vales escavados polos afluentes do Limia.

Val do río Caldo desde a Corga da Frecha, coas poboacións de Torneiros e Riocaldo.

Page 19: Comarca Baixa Limia

Restos da vila romana de Riocaldo

Page 20: Comarca Baixa Limia

MUÍÑOSSuperficie: 109,66 km2 Poboación: 1.622 habitantes (2014)Parroquias: Barxés, Cadós, Couso de Salas, Farnadeiros, Maus de Salas, Muíños, Parda de Ventosa, Porqueirós, Prado de Limia, Requiás, Souto de Limia e Xermeade.O relevo está dominado pola Serra do Xurés (acada os 1.448 m de altura no Coto das Gralleiras) e o Pisco. Os ríos máis importantes son o Limia (encoro das Conchas) e o Salas, que o atravesa de leste a oeste.

Vista de Muíños e o encoro das Conchas desde a área recreativa que se atopa na estrada de Mugueimes a Maus de Salas.

Page 21: Comarca Baixa Limia

Dolme Casiña de Moura, ao pé do encoro de Salas. Trasladado ao seu asentamento actual para evitar que quedase asolagado polo encorlo.

Page 22: Comarca Baixa Limia

RELEVOO relevo está marcado polo val do río Limia, que empeza a encaixarse xusto ao entrar na comarca (pasando dos 600 m de altitude da Limia aos 250 m na fronteira portuguesa) e as serras, que a rodean e que sobrepasan case todas os 1.000 m de altura: polo norte os montes de Bande e as lombas da Pena da Edra; polo oeste as serras do Leboreiro, Queguas e os montes do Quinxo; polo sur as serras de Santa Eufemia, O Xurés e O Pisco, e polo nordeste a serra de S. Tomé; e o contraste entre as formas redondeadas dos montes do norte e o oeste e as formas violentas, fortemente marcadas pola erosión, do sur, formas ás que contribuiu, de maneira decisiva, a actividade glaciar de tempos pasados que deixou a súa pegada impresa nas abas dos montes e nos vales dos que baixan do Xurés.

Page 23: Comarca Baixa Limia
Page 24: Comarca Baixa Limia
Page 25: Comarca Baixa Limia

As especiais características físicas e xeolóxicas das serras e a súa ubicación no límite entre as áreas de influencia climática atlántica e mediterránea, converten a esta comarca nun lugar no que se mesturan as especies de ámbalas dúas zonas ademais de área de reserva de especies residuais e outras endémicas únicas. Na flora atopamos o loro (Prunus lusitanica), recordo da flora de épocas pasadas (única localización en Galiza), o lirio do Xurés (Iris boissieri), en perigo de extinción, o cardo do Xurés (Eryngium duriaei subsp juresianum, a Xolantha globularifolia endémica do NO da península ibérica, case exclusiva de Galiza, Anemona trifolia endémica de Galiza e a metade norte de Portugal, Armeria humilis subsp humilis, endemismo das serras do Xurés e o Gerês ademais de carballos, rebolos, sobreiras, erbedos, estripos, pereiras bravas, capudres...

Arzaia ou cantroxo (Lavandula stoechas). Planta característica do clima mediterráneo, endémica do oeste da península Ibérica e común en lugares secos da metade sur de Galiza.

Vencetósigo (Vincetoxicum hirundinaria). Este pequeno arbusto tóxico florece nas abas soleadas das áreas cálidas do Xurés.

Sedum forsteranum. Coloniza noiros e valados desde os que chama a atención pola cor amarela dos numerosos grupos de flores. So se atopa no sur-leste de Galiza

Page 26: Comarca Baixa Limia

Na fauna tamén se atopan especies atlánticas e mediterráneas típicas. Insectos como as cigarras, a águia real, cunha poboación moi escasa actualmente reforzada con soltas, ou a cabra fera, extinguida no século pasado e reintroducida na área do parque.

Lagarto das silveiras (Lacerta schreibei). O macho, na época de celo presenta unha fermosa cor azul na cabeza.

Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax)

Page 27: Comarca Baixa Limia

SERRA DO LABOREIRO Describe un arco orientación NO-S ao longo da fronteira entre os concellos de Entrimo, Lobeira, Verea, Quintela de Leirado e Padrendra con Portugal. De morfoloxía suave, formada por granitos de dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental. Os pico máis alto é o Codesal (1.334 m). Nas vertentes galegas nacen ríos e regatos que van ao Arnoia (Cexo, Ourille...), ao Miño (Deva e os seus afluentes, e Barxas) e ao Limia (Grou, Casal...). Na vertente portuguesa o máis importante é o río Barcia ou Castro Laboreiro, afluente do Limia que é a fonteira natural con Portugal nunha gran parte do seu percorrido.Accedese desde Lobeira, por Parada do Monte e Fraga; desde Outeiro das Augas (as Catro Cruces), por Xacebáns ou por Padrenda.

O Codesal, a máxima altura do Laboreiro, chamada localmente o 31, por coíncidir con ese poste fronteirizo.

Page 28: Comarca Baixa Limia

Panorámica da serra do Laboreiro.

Plantago radicata. Unha chantaxe de pequeno tamaño que só vive nas montañas da metade norte da península Ibérica, en terreos pobres, pedregosos e areentos, por enriba dos 800 m de altitude.

Page 29: Comarca Baixa Limia

SERRA DE QUEGUASCon orientación N-S, situada entre as serras do Quinxo e Laboreiro, rodeado polos vales dos ríos Agro e Casal. Acada as alturas máximas na fronteira con Portugal, en Corraídos, con 1.233 m.Conserva restos arqueolóxicos (mamoas) e etnográficos (cabanas) e algunhas zonas de bosques autóctonos. Desde os cumes hai unhas vistas impresionantes sobre todo o Xurés.Accedese desde Entrimo, pola estrada de Queguas.

Vista xeral da serra de Queguas. No centro a poboación do mesmo nome, desde a que se poden facer varias rotas de senderismo. Á dereira o val do río da Montaña, nas cabeceiras do Agro.

Page 30: Comarca Baixa Limia

Piornos e formacións graníticas nos cumes da serra de Queguas en Ameixueiras.

Page 31: Comarca Baixa Limia

MONTES DO QUINXOMacizo granítico de orientación N-S, con 1.169 m de altura máxima no Outeiro da Quintana ou Quinxo. Polo oeste limita co río Barcia ou Castro Leboreiro, que fai fronteira con Portugal e polo sur co Limia. É unha serra de formas abruptas con formacións graníticas de bolos e formas acasteladas.O Barranco de Olelas é unha Reserva Integral. Accedese desde Olelas.

Montes do Quinxo co val do río Barxas ou Castro Leboreiro á dereita.

Page 32: Comarca Baixa Limia

Montes do Quinxo.

Page 33: Comarca Baixa Limia

SERRA DE SANTA EUFEMIASituada entre os vales dos ríos Caldo e Limia, con orientación N-S. A altura máxima son 1.107 m no Alto de Santa Eufemia. Acolle unha importante flora e fauna e varios endemismos.e unha parte da serra está declarada Reserva Integral.Accédese pola estrada de Lobios a Portela do Homen.

Serra de Santa Eufemia desde O Xurés.

Page 34: Comarca Baixa Limia

Aporia crataegui. En Galiza só é común no sur de

Ourense, onde as eirugas se alimentas de estripos.

Vista xeral da serra de Santa Eufemia, co encoro de Lindoso, no río Limia.

Page 35: Comarca Baixa Limia

SERRA DO XURÉSEstá situada ao sur da provincia de Ourense, con orientación NE-SO, compartida con Portugal (Gerês).Destaca pola súas paisaxes graníticas de cumes irregulares e agrestes, en contraste coas dos arredores, de contornos máis suaves. Os cumes máis altos son A Nevosa (1.546 m) e Fontefría (1.458 m). A maioría das rochas son granodioritas intrusivas tardías (granito rosado de mica negra) que dan lugar ao seu relevo característico de picos espectaculares e grandes bolos. A liña fronteiriza é rica en wolframita que foi explotada no tempo da II Guerra Mundial. Na serra do Xurés consérvanse formas traballadas polos glaciares cuaternarios máis occidentais de Europa: circos glaciares, morrenas (Val do Vilameá ou val das Sombras), rochas estriadas, acumulacións de depósitos fluvioglaciais e vales en artesa. Na ladeira noroeste nacen afluentes do río Caldo (Vilameá, Lobios, Cabaleiros, Teixeira...)Accedese desde Lobios.

Vista xeral da serra do Xurés desde o mirador do Pedreiriño na estrada de A Terrachá a Queguas. Á dereita a serra de Santa Eufemia. No mirador hai un panel coa imaxe da serra na que aparecen os nomes dos picos máis destacados.

Page 36: Comarca Baixa Limia

As Gralleiras e a Fontefría desde o encoro de Salas.

Page 37: Comarca Baixa Limia

Alto da Fontefría

Page 38: Comarca Baixa Limia

Coto das Gralleiras

Page 39: Comarca Baixa Limia

GLACIARISMONo Wurmiense desenvolveuse nos cumes do Xurés un sistema glaciar de meseta cunha superficie duns 60 km2, entre os 1.300 e os 1.500 m de altura. Por toda a zona consérvanse vestixios destes fenómenos: Circos e vales glaciares, moreas, sedimentos periglaciares...O Val de Vilameá esta considerado como punto de interese xeolóxico.

Val de Vilameá. Á esquerda o Altar dos Cabrós e A Nevosa, o cume máis alto da serra.

Page 40: Comarca Baixa Limia

Val de Vilameá

Page 41: Comarca Baixa Limia

A maior parte do terreo dos cumes da serra do Xurés é rocha espida ou está cuberto por un mato espeso de uces, xestas, toxos e carqueixas acompañado de piñeiros de repoboación. Nas zonas de difícil acceso consérvanse pequenos bosques con carballos, erbedos, sobreiras e algúns loros. Nas partes máis altas cerquiños, teixos, bidueiros e acivros. Destaca a presenza de numerosas especies endémicas

Rochas graníticas e breixos.

Page 42: Comarca Baixa Limia

Cardo do Xurés (Eringium duriaei subsp. juresianum), especie endémica do Xurés.

Lirio do Xurés (Iris boissieri), endemismo do noroeste Ibérico, en perigo de extinción. En Galiza só se atopa no Xurés e ocasionalmente no Courel.

Herba de namorar (Armeria humilis), endemismo dos cumes do Xurés-Gerês.

Page 43: Comarca Baixa Limia

Cigarra (Cicadella montana). Antes de converterse no adulto da imaxe a lava pasa varios anos enterrada zugando saiba das raíces das árbores e matogueiras.

A cabra brava (Capra pyrenaica lusitanica), subespecie endémica do Gêres-Xurés desapareceu hai máis dun século. Actualmente hai un programa de recuperación con Capra pirenaica victoriae.

Page 44: Comarca Baixa Limia

Chivanas, refuxios temporais dos pastores

na montaña.

Albariza. As produccións das abellas, que aproveitan a gran cantidade e variedade de flores que producen os matos, son unha achega para a economía das persoas que viven nestas áreas.

Page 45: Comarca Baixa Limia

SERRA DO PISCOCompartida entre o concello de Muíños e Portugal, con orientación NE-SO e unida ao Xurés polo oeste (na Portela de Pitòes). O punto máis destacado é o Alto do Pisco, con 1.398 m. As formas en xeral son suaves e os materiais dominantes son os granitos rosados de mica negra que conforman unha paisaxe moi erosionada. Na súa maior parte está cuberta de mato de breixos e carqueixas e algúns pasteiros. Hai unha zona repoboada con piñeiros e algúns bosques de cerquiños nas partes baixas, cara a ao val do Salas.Desde os cumes hai unha vistas espectaculares do Xurés e do Encoro do río Salas e arredores.Accedese desde Guntumil (Calvos de Randin), ou pola estrada de Portugal.

Vista do Encoro do Salas desde os cumes da Serra do Pisco.

Page 46: Comarca Baixa Limia

Vista xeral da serra do Pisco desde Portugal.

Lagarta rabuda (Psammodromus algirus). Gosta de lugares cálidos,

cubertos de mato baixo, polo que só se atopa na metade

sur de Galiza.

Page 47: Comarca Baixa Limia

LOMBAS DA PENA DA EDRAProlongación cara ao nordeste da Serra do Leboreiro no concello de Verea. É unha serra de cumes achairados e desprovistos de vexetación arbórea. O punto máis alto é Pena da Edra, con 1.025 m e Coto da Atalaia con 1.018 m. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares para todo o contorno: Serra do Xurés, O Leboreiro, terras de Bande e Celanova...

Page 48: Comarca Baixa Limia

Tomelo do país (Thymus caespititius). Ocupa terreos degradados e rochosos nos cumes e noiros.

MONTES DE BANDEPequeno macizo entre os concellos de Verea, Rairiz de Veiga e Bande que se prolonga cara ao norte ata A Bola polo Forriolo (857 m) e o Monte Calvo. O punto máis alto é o Coto da Fonte Santa, con 1.088 m.Accedese desde Bande ou Verea, polo Alto de Vieiros. Ao Furriolo accedese pola estrada de Celanova a Vilar de Santos.

Vista xeral dos Montes de Bande desde Muíños.

Page 49: Comarca Baixa Limia

RÍOS

O Limia no encoro de Lindoso co Xurés ao fondo.

O río principal, eixe do espazo, que o atravesa de NE a SO en toda a súa lonxitude, é o Limia, e completan a rede os afluentes (Salas, Grou, Caldo, Castro Laboreiro) que baixan a el desde a serras que o rodean. En xeral, os ríos teñen cursos curtos e con fortes pendentes, nos que se forman series de rápidos e algunhas fervenzas importantes. Están retidos en varios encoros para a produción de enerxía hidroeléctrica.

Page 50: Comarca Baixa Limia

Nas beiras dos ríos hai salgueiros, amieiras e freixos acompañados de sanguiños, fentos e especies propias das correntes e ribeiras. Entre os animais podemos atopar peixes, ras, libeliñas, cabalos do demo e outros insectos relacionados coa auga.

Salgueiros nas augas quedas no río encorado.

Río de montaña, de corrente rápida. No centro, de cor crara, salgueiros nodosos (Salix salvifolia) endemismo da metade occidental da península Ibérica que se atopa na Baixa Limia.

Patinadores ou zapateiros. Viven en augas quedas e correntes lentes alimentándose de pequenos animais que atopan na superficie da auga.

Page 51: Comarca Baixa Limia

AS AUGAS TERMAISUn dos valores da Baixa Limia, aprezado xa polos romanos, son as augas termais que xorden en distintos puntos da comarca ao longo do curso dos ríos Limia e Caldo.

Baños de Bande. As augas desta surxencia abrollan a 48ºC.

Surxencia na canle do río Caldo. As augas saen a unha temperatura entre 55 e 67ºC, son bicarbonatadas, sódicas e fluoradas. Na actualidade están aproveitadas pola Vila Termal de Riocaldo. Unha parte da surxencia termal do río Caldo é recollida nunha piscina de uso público moi frecuentada por veciños da zona galegos e portugueses, xa que son augas recomendadas para tratar problemas da pel, vías respiratorias e reúma.

Vila romana termal de Ríocaldo

Page 52: Comarca Baixa Limia

O Limia no encoro das Conchas.

RÍO LIMIANace no monte Talariño (Sarreaus) e despois de atravesar a Limia cun discorer maino entra nesta comarca onde, obrigado polo relevo, ten un curso sinuoso e rápido, que é freado polos encoros da Cunchas e Lindoso. Desde os 600 m de altitude da Limia baixa aos 250 m na fronteira portuguesa. Desemboca Viana do Castelo. Recibe pola dereita as augas do Cadós, Grou, río do Casal ou da Montaña e Castro Leboreiro; e pola esquerda o Salas, Lobios e Caldo.

Page 53: Comarca Baixa Limia

Encoro de Lindoso, compartido con Portugal.

Praia fluvial en Muíños. Unha parte de escasa pendente da beira do encoro da Conchas, en Muíños, está acondicionada como praia flivial e área de lecer para a práctica de deporte acuáticos.

Page 54: Comarca Baixa Limia

Canón do LimiaCoñecido co nome de Os Infernos, é un pequeno tramo do río sen encorar entre os encoros das Conchas e Lindoso.Vese desde a estrada de Grou, pola marxe dereita do río. Pódese baixar desde a antiga central pero é moi complicado.

Page 55: Comarca Baixa Limia

Desembocadura do Salas no Limia, no encoro de

Lindoso.

RÍO SALASNace na Serra do Larouco. Fai a primeira parte do seu percorrido fóra da comarca entre a serra da Pena e os montes dos Blancos, por un val amplo e con pouca pendente. Comeza a encaixarse un pouco antes de entrar en Portugal e, logo dun breve percorrido, entra na Baixa Limia onde o atranca o encoro de Salas. Logo continúa nun descenso bastante pronunciado ata a súa entrada no Limia, no encoro de Lindoso. Os afluentes máis importantes son o Lobios, Cabaleiros e Mao. Fervenzas: Fecha de Xermeade, Fecha Carneira (rego de Salgueiros), Fecha de Cela ou Fecha da Balsa, Pozo Negro ou Pozo da Seima, As Olas (río Mao), As Forcadiñas (río Chao de Requeixo-Cabaleiro), rego da Portela.

Page 56: Comarca Baixa Limia

Encoro do Salas desde o alto do Pisco

Page 57: Comarca Baixa Limia

A FechaXermeade (Muíños)

Regato da PortelaRequiás (Muíños)

Page 58: Comarca Baixa Limia

Fecha CarneiraRego de Salgueiros A Cela (Lobios)

Page 59: Comarca Baixa Limia

Fecha de CelaMuíños-Lobios

Pozo Negro, Pozo da SeimaCela (Lobios)

Page 60: Comarca Baixa Limia

As OlasRío Mao A Cela (Lobios)

Page 61: Comarca Baixa Limia

As ForcadiñasRío Chao de Requeixo San Paio de Araúxo (Lobios)

Page 62: Comarca Baixa Limia

RÍO LOBIOSO río Lobios nace na Serra do Xurés, entre A Nevosa e Os Carrís, e en menos de 10 km, descende case en liña recta ao Limia, ao que se xunta na vila de Lobios.

Río LobiosSaa (Lobios)

Page 63: Comarca Baixa Limia

RÍO CALDONace na Portela do Home e descende nun curso recto cheo de rápidos e pequenos saltos ata o Limia, no encoro de Lindoso. O principal afluente é o Vilameá.O río Caldo recibe o seu nome da surxencia de augas termais que se producen na mesma canle do río e que son aproveitadas con fins medicinais.Fervenzas: Corga da Fecha (regato da Fecha), río Vilameá.

Val do río Caldo entre as serras do Xurés (á esquerda) e Santa Eufemia (á dereita). Na parte alta apréciase o paso fronteirizo da Portela do Homen.

Page 64: Comarca Baixa Limia

RÍO VILAMEÁÉ un afluente pola dereita do río Caldo que nace no Alto dos Cabrós e baixa por un val profundo no que se aprecian claramente as pegadas do glaciarismo.

O río Vilameá forma pozas e pequenas fervenzas en todo o seu curso. Un ruta indicada permite achegarse a elas.

Page 65: Comarca Baixa Limia

Rio Caldo.Calzada romana. Desde Riocaldo unha ruta á beira do río lévanos polos restos dunha vila termal romana, a calzada e varios muíños ata o conxunto de milirios romanos. A partir deste tramo continúa un sendeiro estreito ata a fronteira portuguesa de Portela do Homen.

Área termal no río Caldo, en Lobios

Page 66: Comarca Baixa Limia

Corga da FechaO regato da Fecha, afluente do río Caldo, forma varios saltos cun total de 200 m de altura en rochas graníticas.

Page 67: Comarca Baixa Limia

RÍO NAUNace nos montes de Santa Eufemia e baixa ao Limia no encoro do Lindoso. Nunha grande parte do seu curso hai numerosos rápidos e pequenos saltos. Unha ruta indicada (Dos Muíños) permite percorer un tramo.

Page 68: Comarca Baixa Limia

RÍO CADÓSRecolle as augas das Lombas da Edra e lévaas ao encoro das Cunchas, drenando unha gran parte do concello de Bande. Está explotado por unha minicentral.Fervenzas: Ponte Cadós e Pombeira.

A Pombeira (Bande)

Page 69: Comarca Baixa Limia

Ponte Cadós (Bande)

Page 70: Comarca Baixa Limia

Rabo de BestaRío Grou (Limia)San Xes de Vilariño (Lobeira)

RÍO GROU Recolle as augas do concello de Lobeira e baixa cara ao sur ata o Limia. Está explotado por unha minicentral.Fervenzas: rego Rabo de Besta, rego da Ramallosa (Fragoso), Corga do Poleiro, Corga da Fecha...

Page 71: Comarca Baixa Limia

Corga do CastreloRío Grou (Limia)Torneiros (Lobeira)/Grou

Page 72: Comarca Baixa Limia

Corga do PoleiroRío Fragoso ou Grou (Limia)Parada do Monte (Lobeira)

Page 73: Comarca Baixa Limia

Corga das RozadasRío da Montaña (Limia)Queguas-Entrimo

Fecha do FragónCorga das Rozadas

(Río da Montaña-Agro)Queguas-Entrimo

RÍO PACÍN OU DA MONTAÑABaixa da serra de Queguas (rego da Montaña) e recolle afluentes da serra do Quinxo (Agro e rego de Illa). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso, en Lantamil. Fervenzas: río Agro (Entrimo), Fecha do Fragón, Corga das Rozadas e Corga de Merlán (río da Montaña), Pozo Caído (río Pacín).

Page 74: Comarca Baixa Limia

A Pesqueira(Rego de Porto Mosteirón-Limia)Grou-Lobios

Page 75: Comarca Baixa Limia

Pozo Caído (Río Pacín)

Page 76: Comarca Baixa Limia

Río PacínEntrimo

Page 77: Comarca Baixa Limia

Río Agro (Río da Montaña) Entrimo

Page 78: Comarca Baixa Limia

Corga da FechaRego da Illa (Pacín)Illa (Entrimo)

Corga da FeixaRego da Illa (Pacín)Illa (Entrimo)

Page 79: Comarca Baixa Limia

RÍO BARCIA OU CASTRO LABOREIRONace en Portugal e durante unha gran parte do seu percorrido fai fronteira cos concellos de Lobios e Entrimo. Discorre moi encaixado entre as serras da Peneda e do Quinxo e recibe as augas do río da Peneda (co Pomba). Xúntase co Limia no encoro de Lindoso. Fervenzas: Castro Leboreiro, Pozas do Mallón e outras no Barranco de Olelas.

Barranco de Olelas

Page 80: Comarca Baixa Limia

Pozas do MallónRío Castro Leboreiro (Limia)

Olelas, Entrimo

Page 81: Comarca Baixa Limia

AS ÁRBORES As masas arbóreas non son moi abundantes na comarca. Só se conservan algúns bosques nas partes máis escarpadas dos vales e nas beiras dos ríos.

Carballeira da Barxa, unha das poucas carballeiras naturais da serra do Xurés. Na Reserva Integral do Parque, Visítase na ruta “A Cela-Pitoes” que pasa poe Salgueiros, cun permiso especial.

Loro ou acereiro (Prunus lusitanica). En Galiza só se atopa no Xurés e no val do Arnoia.

Page 82: Comarca Baixa Limia

Carballos da Praza de San Roque en Bande.

ÁRBORES SENLLEIRAS

Carballos (Quercus robur):-Praza de San Roque en Bande. Dous exemplares de 5,5 e 6,5 m de perímetro. Incluídos no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.-Monte da Clamadoira, no Barrio de Muíños (concello de Muíños) (5 m de perímetro).-San Pedro de Ludeiros, en Manín, Lobios.-Capela de San Bieito de Grou (Lobios), varios exemplares.-Capela da Nosa Señora do Xurés en Vilameá, Lobios (varios exemplares de ata 5,57 m de perímetro).

Page 83: Comarca Baixa Limia

-Capela da Nosa Señora do Xurés en Vilameá, Lobios

-San Pedro de Ludeiros, en Manín, Lobios.

Page 84: Comarca Baixa Limia

Queguas.

Cerquiños ou rebolos (Quercus pyrenaica).-Capela da Clamadoira, do Barrio de Muíños. -Ermida do Xurés en Vilameá, Lobios (3,53 m de perímetro)-Casas da Carballeira en Queguas, Entrimo (4,65 m de perímetro). Incluído no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

-Ermida do Xurés en Vilameá, Lobios

Page 85: Comarca Baixa Limia

Castiñeiro (Castanea sativa)-Mugueimes, Muíños (8 m de perímetro)

Page 86: Comarca Baixa Limia

Sobreiras (Quercus suber)-Bubán, en Ludeiros, Lobios (varios exemplares, a máis grosa mide 5.60 m de perímetro).

Page 87: Comarca Baixa Limia

ESPAZOS PROTEXIDOS-LIC “Baixa Limia-Serra do Xurés (decembro 2004) (33.921 ha)-ZEC (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais) (marzo 2014): (33.921 ha) “Baixa Limia-Serra do Xurés” -Parque Natural “Baixa Limia” -Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de 31.287 ha-Forma parte da “Reserva da Biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés”-A área forma unha unidade coa ZEPA PT002 (62.922 ha) e co Parque Nacional Peneda-Gerês (70.290 ha), en Portugal.Está incluído no inventario de áreas importantes para a herpetofauna española (Xurés-Laboreiro; Dirección Xeral de Conservación da Natureza, 2004).

Local do centro de Interpretación do Parque Natural “Baixa Limia-Serra do Xurés”.

Page 88: Comarca Baixa Limia

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Abril 2016