Novoneyra A Natureza

Post on 15-Apr-2017

131 views 8 download

Transcript of Novoneyra A Natureza

Poemas da naturezaO Courel

primaveraprimavera

PRADOS de Fontenlaqué erbiña vos cobremáis marelaqué primavera máis pobre!Zumega que zumegazumega a fonte do montena bouza cega...

1CAI a chuvia soñandocai o espacio engaiolado.2CHOVE e sólo o quedo se move.Enviso n’algo que non deixoteño su beiradoda cabana o xeito caladodo val na follata de freixoo rebolo i as herbas cargadasde pingoadas.

ANDA o vento ceibe polos eidoscon tódalas áas soltasempreña os castiñeirosripa as lousas dos teitosi escachafoula nas portas...

PRIMACHORROS brancospanqueixo e amarguexos!Argana polos barrancos!Folla podre nos reprexos!.....

ESTRELAMPADA de maioromaxe d’avelaíñas!Embarrosada d’orvalloflaira d’abraira á pinga!…..

FRORES de maionevando dos mazairospra que ún quede inda máis quedoque ollándovos no alto!…..

verán

REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial.Corre o vento na erba de gadañar.Canta a cousa que non cantacanta a chicharra na erbacanta a erba na gadaña......

UA o pombopro sol longo.Arrola a rolacanta o pazpallar.Mapoulas roxasno ouro do pan!

/NADA está lonxe,Os campaíños das ucescobren os montesde furruxe.

Prados do río!Pincheiras a cachón i a fío!Niste pao sentadocando viña de nino co gadofacía cintos de xunco trenzado.

OIR pacer as vacas no seránno silencio da serrasome a un cuase tanto como no valver pasar a auga das presas.

ESTÁ o aire enfexon’algo que eu non vexo.Os paxaros os pradosos eidos calados...

O centeo correndo ó ventoi eu quedo n’eso que un non nembranin esquecede tan lene e fondo que chega.

Veo tempo craro do Vrao: as festas i os traballosVeo a lúa das segas i a gadaña dos pradosos gavilleiros as medas i o truoupelear dos mallos.

outono

SOUTO sin folla!Faias cerdeirasroxase bidueiras marelas!

VEO o tempo morno do OutonoOs días son tardes longasO aire é unha cousa...Todo ten ise xeito:os tesosos camiños que se vanno serán do valos soutosalumados d’ouroeu quedo ollando ó mofo...

CAIN as follas... Sinto unha cousaque se apousa en min e no me toca...

SOUTO sin folla! Cerdeirasroxas e bidueiras marelas!/DÍAS breves en que ún está sempre nunha cousa!As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxasas bouzas roxas pardecen cas choivas.O vento solono souto do outo outono.

PASA o sol lenesobor do souto quedo que afondana morte longacomo se il non forao Pai Sol. Recendenas derradeiras froitas refeitas.Calan as aves que quedan.Na tardetodo quere ser o aire...Cain as follas dando voltase fican todas ó pe da árbore.

NACEN as tollemerendaspolos campazos i os chaosna Cemba da Remesquedano Souto de San Romao......

CHOVE xunto e miudo...Como siga unhos días iste tempovai dar gustover cubertas de mofo as penasas paredes vellasas ourelas dos ríosi as presasas estoldas dos muíñosos teitosos castiñeiros xa sin follai as árbores todas.

ISTE mofo das pedras tan vello e tan miudiñoé o silencio baixiño que lles vai saíndo en frebase que se queda á pe delas pra que non podan sentilo.Mofo lento das pedraspolas aurelas das presas e polas beiras do río!

inverno

QUE é a coor do ucedo?(Van os tesos pro Inverno).

É a serra que ó ceo se enleva?É o ceo que baixa?É a nebraou a brétema da ollada?

Non sein qué agarda a terraqué agarda a alma......

PANOS brancos esfiañados da nebraouveando polos vales polos soutos i as devesas marelasen busca dun cavorco ou dunha valiña outa que os acollai os faga acougar!

Fiañas de nebra rubindo e baixando á gaiola do airepolas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal!

XEAFai un frío que queima.Pouco a poucoérguese a terra en trempos.O tourón os trousos os carambelos!Cruza un lobo....Roxe a folla nos carreirosaló no fondo dos cousos.

EI vein os cordeiros fiar os cordallos!Acabáronse os traballos.Viñeron as neves. Veo a chuvia i o ventopra quen non pode estar drento.Eu no meucada un no seuteña pan teña leñateña erba pros boise despoisveña o que veña:É o pregodo labrego.Cebalos cochos matalossalalos i afumalos.Ir derretendo na grasa...Ir achegando na brasa...Sempre hai que facer na casa

PACEN as vacasna nabarega.Treme a pequenaque vai co’elas.Febreiro chovefebreiro xeafebreiro nevaneve lixeira...

NEVA no bico do cumeneva xa pola ladeiraneva no teito e na eira.. . . . . . . . . . . . . . . . . .

TERRAS abesedas do Val d’Asnela i Os Pradairospor Fonte Preta arriba! Pasa o sol por elasescazurradoouveando polas penas...Terras do laz dend’o outo Nadal ó Entroido!Os trousos polas ladeiras i os carambelos nos teitos.Terras xabreiras de Parada e Sant’Eufemia!Xeadas brancas e negras!.....

FOLLA presa das rebolas!Inverno das bouzas!

/SOUTO dos corvos!Pestanas d’argana!Garolos do mofo!Tearaña das canas!

/UCEDO pecho!Sombra dos tesosó sol do Inverno!

PENAS da Garamelaque eu ollo da camanas mañáns caladascando a raia do sol chegaó Penedo Furadoe derrétese o panodos cristales xeados!

MAÑÁNS de xeada!Espertar co día á ventanencollerse na camaachegar a roupa á carai ouvir andar tropeando pola casa.…..

GRAN boi deitadoserra do solonde eu sonca uz i o carpanzo!Ucedo pecho!Sombra dos tesosó sol do Inverno!

DOBRAN as campás da neve.A alma de seu gardadatornouse inda máis caladae nin pode nin se astreve.Falopiña a falopiñavai branquexando a cortiña.Cada miniña seu sonocada copo sua flairiña.

A mañá limpa como o ollo do galo i eu tiñao ar da anduriña.O sol que locíai eu víai ouvíao canto do día.

NEBRASLONGAS altas fiañasnin quedas nin pasantirando das cousas non contadasque así me paran...

O ceoo ucedoos penedosco cello do Inverno.

AGROS restrellas bouzas taros das penasucedos da serra pechacando pasan as nebras i o inverno negrea!

/EU i o meu silencio volto pros tesos mouros no día nubroouvindo sólo os corvos i o vento do Inverno no souto núo.

QUEDO nevaba.Tra-la fiestradeixei cair os brazos.O espacio alumousee xa non cai a nevecai o espacio...

ILDARA de Romeorfía e canta no Sumedoá raia do albor.Ildara de Romeorolla e cala pro ucedoá raia do solpor.

PASTORA que pásala vidano monte soliña!Pastora que fías e cantasca roca á illarga!Pastora que cantas e fíaslá branca merina!Pastora que fías e cantasá tardiña baixa!Pastora que cantas e fíasá alta seriña!

NOITE e souto!Souto e chuvia!Chuvia e noite!Se berro iste intredesd’e onde estounborro os tres nomes.

BARBAÑA barbaña...Qué noite de lobos!Oulan os cais nas airas.Anda a nebra baixapolos caborcos do soutoe polas bouzas da braña.

XUSTO no medio do Invernocanta o seu futuro certoo florecer dun salgueiro.Nós dispostos a engañarnoscomparando un tempo alleo.

POEMAS: Uxío Novoneyra(OS EIDOS, POEMAS DE DOADA CERTEZA)

FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta

primavera 2010