Poemas para Novoneyra

9

description

Caderno de poemas dos nenos e nenas de 1º, 4º e 5º con motivo do recital de poesía na honra de Novoneyra

Transcript of Poemas para Novoneyra

Page 1: Poemas para Novoneyra
Page 2: Poemas para Novoneyra

Hai unha planta no mar á que lle chaman coral. ten cores moi hermosas case coma as rosas O mar está no océano e o océano está moi cheo as rosas no meu xardín. e eu escribín estes versos para ti. Deni, 4º

Teño unha casa granate coma un tomate. Hai árbores de cor verde coma un sitio que se chama Verdes. Lucía, 4º

Page 3: Poemas para Novoneyra

O esquío brila, brila. o esquío salta, salta. correndo polas matas tentando buscar casa. O esquío salta, salta. áxil e pillo. o esquío brila, brila tentando buscar comida. Iván Eiroa, 4º

Page 4: Poemas para Novoneyra

Uxío Novoneyra, unha boa canción que saiu do millor corzón. empezou nun camión e acabou nunca expedición. Ai, a súa canción querida! daría toda a súa vida. convertiuse nun poeta viviu durante uns anos e dou a despedida. e, ó final, tocoulle o seu billete de ida. A Uxío gustáballe a naturaza e a súa casa preciosa nunca das súas obras, fala dunha montaña rocosa. e aínda pode que houbera algunha rosa. e tivo unha esposa. Gustábanlle moito os lobos e os xabaríns e Lugo era coma a súa aldea. El era a alma de Lugo. Parecía o rei dun país. ó final, co traballo que tiña, parecía estar atado a unha cadea. David, 4º

Page 5: Poemas para Novoneyra

Na costa de Malpica hai moitos mariñeiros pescan polo día, pescan pola noite nos seus barcos pesqueiros

Mariñeiros, mariñeiros, tende coidado co mar! O noso mar danos a vida tamén nos pode afogarx xuntos faremos un trato para vivir en paz.

Mariñeiros… NAs noites de verán a lúa as estrelas no ceo brilarán cunha luz tan intensa que chegará a S. Hadrián.

Mariñeiros… Preto das Illas Sisargas Chica, Grande e Malante o vento sopra moi forte e as ondas son moi grandes

Mariñeiros… En agosto a Santa embarcará para protexer ós homes do mar.

Mariñeiros, mariñeiros, tende coidado co mar! Nenos e nenas de 5º

Page 6: Poemas para Novoneyra

A auga do río ven a auga do río vai nós mollámonos con ela e todo segue igual (Naroa e Adrián Moscoso)

Polo campo anda un can a ladrar a correr a xogar a brincar coma unha buxaina que non pode parar que non te dixa descansar. Anda can, fuxe xa! que o neno está a durmir non o vaias despertar (Yaiza e Joel)

A casa dos meus avós que xeitosiña é! enriba ten as alcobas a cociña e a despensa embaixo están moi ben. (Christian Villar e Bozhidav)

Page 7: Poemas para Novoneyra

Eres o millor que teño o millor que me pasou por isto quero tanto estar sempre ó teu carón. (Rubén Antelo e Natalia)

Se coidas da Natureza terás moita riqueza. Se o aire contaminas aire puro eliminas. Para ter boa verdura e comer moita leituga: fai desaparecer a eiruga! Árbores, plantas e mar: dos tres hai que cuidar Para peixiños tomar e coa froita medrar! (Christian Varela e Clara)

Que así mo dixeron que así mo mandaron que cante, que cante na lengua que eu falo. (Jorge e Raúl)

Page 8: Poemas para Novoneyra

Cando Chone e as pingas non deixan de caer, sinto que xa estou canso e comezo a remexer: bota as mans pola ventá, Poño os dedos de remollo E logo metoos para dentro Porque con eles a pingar Non me quero quedar. (Luís e Christian)

E na rúa Un bico de lúa E no chan Dous bicos de pan E no río Tres bicos de frío E no lime Seis bicos de fume E no ceo Dez bicos de xeo E na cor Cen bicos de amor! (Alba e Natalia)

Page 9: Poemas para Novoneyra

Estes poemas foron escritos e recitados polos nenos e nenas do CEIP Milladoiro con motivo da celebración das Letras de 2010. A festividade estivo adicada ó poeta Uxío Novoneyra e, na súa honra, nenos e nenas escribiron e/ou aprenderon para recitar esto que vindes de ler. Durante toda a semana a biblioteca escolar acolleu os recitais de poesía cos todos disfrutamos moito. Profes e escolares esforzáronse para facer este traballo que, disfrutamos xuntos. A inspiración veu da man do poeta do Courel. Foi sinxelo seguir a estela das súas creacións, tan cercanas á vida, á terra...o corazón. As imaxes pódense ver no blog.

Biblioteca Escolar

Maio 2010