Uxío novoneyra

34
UXÍO NOVONEYRA LETRAS GALEGAS, 2010

Transcript of Uxío novoneyra

Page 1: Uxío novoneyra

UXÍO NOVONEYRA

LETRAS GALEGAS, 2010

Page 2: Uxío novoneyra

Biografía

Page 3: Uxío novoneyra

• Uxío Novoneyra naceu o 19 de xaneiro de 1930, en Parada de Moreda, na Serra do Courel (Lugo), nunha familia labrega.

Page 4: Uxío novoneyra

• En 1945 trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato, que rematou en 1948.

• Alí, no ano 1947, coñeceu ao escritor da Terra Cha Manuel María. Nese mesmo ano coñeceu a María Mariño, con quen o noso autor iniciou unha profunda relación persoal que duraría ata a morte da poeta en 1967.

Page 5: Uxío novoneyra

• De 1949 a 1951 estivo en Madrid onde se matriculou por ouvinte na carreira de Filosofía e Letras. Nesta etapa comezou a escribir en castelán de xeito autodidacta dando tamén o seu primeiro recital poético.

Page 6: Uxío novoneyra

• En 1952 Novoneyra volveu a Galicia para facer o servizo militar e vivindo entre Santiago, A Coruña e Lugo coincidindo outra vez con Manuel María. Esta etapa resultou fundamental pois espertou no escritor unha nova conciencia galega que foi medrando en contacto con figuras como Carlos Maside, Ramón Piñeiro e Ramón Otero Pedrayo.

• Este contacto co galeguismo, xunto coa volta ao Courel durante unhas vacacións no ano 1952, motivou ao autor para escribir en galego. Entre 1952 e 1954 escribiu Os eidos (Galaxia, Vigo, 1955).

Page 7: Uxío novoneyra

• En 1957 participou no recital inaugural do ciclo “Homenaje a la poesía gallega” organizado en Compostela no que pronunciou unhas valentes palabras en galego, xesto político que causou un forte impacto no ambiente represivo dos anos cincuenta.

Page 8: Uxío novoneyra

• Entre 1962 e 1966 Uxío Novoneyra viviu en Madrid onde traballa na radio e na televisión en programas relacionados coa poesía; asistiu, ademais, ás tertulias do Café Gijón. Nesa etapa escribiu a serie poética titulada “Elegías de Madrid”, que xunto con outras dúas anteriores (“Primera verdad y tiempo con nombres” e “Elegías del Caurel”), conforman o libro “Elegías del Laurel y outros poemas” publicado en Madrid en 1966

Page 9: Uxío novoneyra

• En 1966 volveu de novo ao Courel, debido á enfermidade dos seus pais, e xa desde este momento quedará a vivir en Galicia. O seu pai morreu en 1971 e dous anos despois a súa nai.

• En 1968 coñeceu en Lugo a Elva Rei coa que casaría en 1973. Tiveron tres fillos, Branca- Petra, Uxío e Arturo, e viviron ata 1983 entre Lugo e O Courel. En 1974 publicou Os eidos 2 ilustrado con debuxos de Laxeiro e dedicado á memoria dos seus pais e de María Mariño.

Page 10: Uxío novoneyra

• Na década dos oitenta o noso autor iniciou a recompilación completa do seu ciclo courelán, despois de sometelo a unha rigorosa depuración. Así, publícouse no número un da colección Grandes Mestres Os eidos. Libro do Courel (Xerais, Vigo, 1985)

Page 11: Uxío novoneyra

• En 1983 afincouse definitivamente en Compostela, desde onde exerceu a presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega, a partir da súa primeira elección en 1982 ata a súa morte en 1999.

• Na segunda metade da década dos oitenta comeza unha reagrupación temática da súa obra completa. Así, reuníu na colección “Gran Lugo de nebra”, os poemas eróticos e amorosos. Máis adiante, apareceu na colección “Vento que zoa” unha antoloxía que recolleu todas aquelas composicións de temática política. E, seguindo estas recompilacións temáticas, publicouse finalmente unha nova versión bilingüe galego- euskera da serie courelá titulada “Bazterrak / Os eidos I e II”.

Page 12: Uxío novoneyra

• Máis adiante, ao comezo da década dos noventa reeditouse “Os Eidos” (Xerais, Vigo, 1990)

• Nesta década realizou dúas publicacións de literatura infantil, O cubil do xabarín (Edelvives, Zaragoza, 1991) e Gorgorín e Cabezón (Edelvives, Zaragoza, 1992), dous contos de aventuras protagonizados por rapazas e rapaces, ambientados na xeografía do Courel.

Page 13: Uxío novoneyra

• Despois dun longo período de silencio publicou unha entrega poética individual, “Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras” (Espiral Maior, A Coruña, 1994). A obra reuníu en edición bilingüe galego - xaponesa versos xaponeses, en versión galega de Novoneyra, e tres composicións galegas do noso autor, postas en xaponés pola escritora Ayako Sugitani.

Page 14: Uxío novoneyra

• Neste último período o poeta seguíu sacando á luz diversas mostras creativas en distintos medios, como as “Lendas de a cavalo” (O Correo Galego, 1997). A súa derradeira obra publicaríase uns días despois da súa morte, ocorrida o 30 de outubro de 1999, baixo o título “Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago outras rotas” (Hércules Ediciones, A Coruña, 1999).

Page 15: Uxío novoneyra

Obras

Page 16: Uxío novoneyra

• Os Eidos (1955)• Elegias del Caurel y otros poemas (1966)• Os Eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974)• Poemas Caligráficos. Vietnam canto (1979)• Os eidos. Libro do Courel (1981)• Bazterrak Os Eidos (1987)• Muller pra lonxe (1987)• Do Courel a Compostela: 1956-86 (1988)• O cubil do Xabarín (1990)• Os eidos (1990)• Tempo de elexía (1991)• Gorgorín e Cabezón (1992)• Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras

(1994)• Camelio xaponés – Watsubaki (1995)• Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998)• Dos soños teimosos (1998)• Onde só queda alguén para aguantar dos nomes (1999)• Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (1999)

Page 17: Uxío novoneyra

• Os Eidos (1955)

Madrid: Rialp, col. Adonais, 1966

• Elegías del Caurel y otros poemas (1966)

Vigo: Galaxia, 1955.

Page 18: Uxío novoneyra

• Os Eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974)

• Poemas Caligráficos. Vietnam canto (1979)

Madrid: Brais Pinto, col. Cuadernos da Gadaña, 1979Vigo: Galaxia, 1974.

Page 19: Uxío novoneyra

• Os eidos. Libro do Courel (1981)

• Bazterrak Os Eidos (1987)

Libro do Courel. Vigo: Xerais, col. Grandes Mestres, 1981 (Terceira edición: 1987)

Page 20: Uxío novoneyra

• Muller pra lonxe (1987)

• Do Courel a Compostela: 1956-86 (1988)

Barcelona: Sotelo Blanco, col. Vento que zoa, 1988

Deputación de Lugo, col. Gran Lugo de Nebra, 1987

Page 21: Uxío novoneyra

Zaragoza: Edelvives, col. Ala delta, 1990.A Coruña: Vía Láctea, col. Merlín e familia, 1991

• O cubil do Xabarín (1990)

• Tempo de elexía (1991)

Page 22: Uxío novoneyra

• Gorgorín e Cabezón (1992)

• Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1994)

Zaragoza: Edelvives, col. Ala delta, 1992. A Coruña: Espiral Maior, 1994

Page 23: Uxío novoneyra

• Camelio xaponés – Watsubaki (1995)

• Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998)

Zaragoza: Edelvives, col. Ala delta, 1998.Santiago de C.: Consorcio de Santiago, 1995

Page 24: Uxío novoneyra

• Dos soños teimosos (1998)

• Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (1999)

Ámeto mítico. A Coruña: Hércules, 1999.Santiago de Compostela: Noitarenga, 1998Ed. Noitarenga

Page 25: Uxío novoneyra

Escolma de poemas

Os Eidos Libro do Courel

Page 26: Uxío novoneyra

Canta o cuco cala e cantados castiñeiros do val.

Pasa o tempo e non di nadae volta o cuco a cucar.

Page 27: Uxío novoneyra

Chove maina e calada.Vense os fius da auga

contra as bandas das penas...En soutos e devesas

as pingoadas esvaran e baixanpetando de folla en folla.

Por vecesco vento a ruxidoira

medra i esveceen ondas que un alonga...

Agoraeu son solo pra choiva.

Page 28: Uxío novoneyra

Eu ás veces quédome sin nada.Afonda o que teño

na dor do que me falla.Sin deus ó que erguer pregos

acóllome á túa ollada...

Page 29: Uxío novoneyra

Rincha o cabalo rinchónpeta o piquelo no encino

resga o gaio unha cancióne guíndaa dindes do ar

e vai voando sin tinobuscando outra noutro breloque ha de ter o mismo sino.

Enche o cuco o val co seu cantar.

Page 30: Uxío novoneyra

ESTO si que é chover e ventare!Que noite pre mariñeiros e camiñantes!

Metidiño na camiñatapadiño hastr´as orellassinto zapicar as beiras

entr´o vento que axubría...

Page 31: Uxío novoneyra

PACEN as vacasna nabarega.

Treme a pequenaque vai co´elas.Frebeiro chove

frebeiro xeafrebeiro nevaneve lixeira...

Page 32: Uxío novoneyra

XEA.Fai un frío que queima.

Pouco a poucoérguese a terra en trempos.

O tourón os trousos os carambelos!Cruza un lobo...

Roxe a folla nos carreirosaló no fondo dos cousos.

Page 33: Uxío novoneyra

CHEGA a hora d´irse á cama.O lume xa non dá fume

nin chama.Tras tantas cousas contadas

van indo acabadasas ganas de falar.

O ollo do lumexunta nunha as miradas............................................

Queda a brasa das raogadasamontoada no lar.

Page 34: Uxío novoneyra

Ceip de Castrelo, 2010

Traballo feito polo alumnado de 6º de Primaria