Manuel María: A natureza, a paisaxe

89
A PAISAXE A natureza na obra de Manuel María

Transcript of Manuel María: A natureza, a paisaxe

Page 1: Manuel María: A natureza, a paisaxe

A PAISAXE

A natureza na obra de Manuel María

Page 2: Manuel María: A natureza, a paisaxe

MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIROOuteiro de Rei (6-10-1929)a Coruña (8-9-2004)

Este ano 2016 dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María, un dos escritores máis prolíficos, activos e comprometidos dos últimos tempos.Publicou máis de cincuenta libros de poesía, máis dun milleiro de artigos xornalísticos, trinta ensaios, quince obras narrativas, e vinte pezas teatrais, ademais ten moitas obras aínda inéditas.

Page 3: Manuel María: A natureza, a paisaxe

A terra e a xente son para Manuel María unha unidade indisoluble, un espazo vital. A terra modela o carácter, os costumes e as maneiras de facer das persoas, e estas actúan sobre o medio para axeitalo ás suas necesidades.A terra, a paisaxe e a xente de Manuel María son a terra, a paisaxe e a xente da súa tribo, Outeiro de Rei e, por extensión da Terra Chá, porque nela ten as súas raíces, pero non por elo renunciou a expresar a súa querencia polo resto do seu país, Galiza enteira.Todas as paisaxes que Manuel María coñeceu e as terras que percorreu están presentes na súa escrita.

...A nosa paisaxe nativa acompañounos e acompáñanos sempre. Todos os días da nosa vida, sen faltar un, lembrámola de xeito apaixonado. Entendemos que un ser humano é, en esencia, un anaco de paisaxe posto en pé e camiñando.Consideramos a Terra Chá o eido máis fermoso deste mundo. Fálanos de moitos xeitos, fondos e amantiños...

MANUEL MARÍA “A TERRA CHA POESÍA E PAISAXE” (DISCURSO LIDO O DÍA 15 DE FEBREIRO DE 2003, NA RAG)

Page 4: Manuel María: A natureza, a paisaxe

O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a súa obra. Manuel María asume desde o primeiro momento a defensa de todos os elementos que a conforman, desde o máis pequeno dos regatos ao río principal, as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade… Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento.A súa visión ecocéntrica fai que trate por igual humanidade, animais, natureza e planeta.

“¿Cándo faremos un mundo no que poidan cantar libremente en paz, en auténtica irmandade, homes, ventos, planetas, ríos e paxaros?”

Page 5: Manuel María: A natureza, a paisaxe

Paisaxes de Galiza:qué lediciae qué vistaspara tarxetas postaisfenomenaise para os turistas!Terra meigada gaita do fol,molcomo a manteiga:a choivaponche veos de noivae de verdores,segundo líricos cantoresmorriñosos e saudososque, en versos moi fermosos,cantan os teus louvores:para eles eres tiun aceso rubíe a flor dos seus amores.Non falarei da saudade(pois teño idadepara non facer barbaridadede tanta gravidade).Falo das ríascheas de melancolíase solporespara os señores;

dos pazos con cipresesasombro dos burgueses;dos ríoscheos de marmurioscomo chíos,de bolboretasque usan os poetas.(Nos ríos fanse presasque dan grandes remesasde electricidadede alta calidadee gran utilidadepara a sociedade civile mercantil).Falo dos cabaceiros(tamén hórreos chamados)que son tan debuxadose fotografiados;si non estiveran baleirosserían pintureiros,fenomenais;así, doéndome o corazóne con perdón,sonsomente “tipicais”.

Falo do lacón,do marisco e do xamón:para cheiralose probalos(un anaco só polo patrón)un ten que ser señorónde primeira división.Falo do arado romano,tan inhumano;de terra atomizada:cada leiraa penas mide nada.Falo de tanta belezafeiticeirasostendo unha pobrezasangrantee denigrante.ao dicir Galiciaperdo a ledicia:e no meu corazón furae perduraunha tristuraescuraescura...! (VERSOS PARA CANTAR EN FEIRAS E ROMAXES, 1969)

GALICIA

Page 6: Manuel María: A natureza, a paisaxe
Page 7: Manuel María: A natureza, a paisaxe
Page 8: Manuel María: A natureza, a paisaxe

NATUREZA SENSÍBEL

As xestas teñen fala de valados,por iso o sangue das súas veasleva todo o amor do labrantío.

A cinza do chao tamén teningratitudes churrusqueirase mata todos os grilosque atopa por entre as leiras.Esa xesteira amarelanon leva nubes, non leva.Tan só a trasmao dicía:“a vaca teixa non turra...”.E a vaca teixa nas cornaslevaba presas estrelasdas que se apropiou de noiteao beber auga na fonte.As nubes brancas bicabano lombo escuro das xestase as breixas, cos seus coitelos,ían cortando folerpas.A noite co seu misteriotremelaba de friaxe.E a xesteira reverquíaun sangue mouro nas laxes!

(MUÍÑEIRO DE BRÉTEMAS, 1950)

Page 9: Manuel María: A natureza, a paisaxe
Page 10: Manuel María: A natureza, a paisaxe

PAISAXE A natureza vístese moitas veces de luar,e o aroma lento dos regueiros de sombraenche de tristeza as almas que non rin...A min somentes me importa esa paisaxe verde,esa paisaxe eterna que é vida e agonía,esa paisaxe que tece e que destece a almanun sono de ilusión que se non murcha.(Esa paisaxe que fai morrer as noites,que as obriga a agonizar pouquiño a poucopara que deixen ronseis longos de friaxe orfa,para que o espirito ande a tremer polos camiñose para que a roita máxica que aloumiñe aos perdidosfique, esquecida, nunha beiramar tranquila).Eu quero camiñar braviamente, fixo,cara a carballeira misteriosa do non visto,cara un abrente teixo de resplandor cobrizoou cara esa sombra morna na que cantan os grilos.Eu quero esta paisaxe verde, eterna, que está viva. (ADVENTO, 1954)

Page 11: Manuel María: A natureza, a paisaxe
Page 12: Manuel María: A natureza, a paisaxe

A PAISAXE É FERMOSA... A paisaxe é fermosa, fermosa; moi fermosaanque algún profundador, sen dúbidamoi culto, lido, sabido e entendido,teña dito que a paisaxe é somentesun estado da alma máis ou menos.A paisaxe é fermosa porque os ollospoden atopar nela o seu lecer, porquea alma se pode misturar coas cousase o canto dun regueiro, o vento que zoapódennos dicir mensaxes inefábeis,revelaciós que non puidemos sospeitar.A paisaxe é fermosa porque nós podemosir de vacaciós ao campo nun auto-é un dicir- máis ou menos cómodopor unha estrada case transitábel....

Page 13: Manuel María: A natureza, a paisaxe
Page 14: Manuel María: A natureza, a paisaxe

...Pero se tivéramos que andar polos camiñosesnaquizando os pés contra os pelouros,sementando centeo, millo e máis patacas;se tivéramos que suar pola seitura,andar virando o monte cun eixado,mal mantidos con centeo e con touciño,sulagados no atraso e na ignorancia,suando de sol a sol o noso pan;e se, cando xuntáramos un peso,tivéramos que pagalo polo gando,por porcos e galiñas, polos carros,por contribuciós e pragas do campo,por entrar nunha feira, por saír,por impostos directos e indirectos,por ir ou por non ir, por subir e baixar...Entón nós, tan sensiblemente líricos,procuraríamos fuxir a outro paísporque nos dará arrepío o sufrira escura, cruel realidade, agachadabaixo as formas belidas da paisaxe. (REMOL, 1970)

Page 15: Manuel María: A natureza, a paisaxe
Page 16: Manuel María: A natureza, a paisaxe

A NATUREZA Temos que amar a campíae non lle facer aldraxe.non encher de porqueríaa beleza da paisaxe...! O que ama a naturezaten que respectarlle a vida.Non hai meirande belezanin emoción tan cumprida! A natureza é amigae danos o seu amor:dende a graza dunha espigaao río marmurador...! A natureza é un ben,é compañeira e irmá.E pró home sempre teno seu corazón na man...! (AS RÚAS DO VENTO CEIBE)

Page 17: Manuel María: A natureza, a paisaxe

PASTORELA(Poema bucólico) Non ten, xa que logo, a naturezatantísima beleza,nin a louvadísima campíareverte dozura e poesía.As rústicas pastoras non perden horas e horassaloucando por cabaleirosmentireiros,nin poñendo florese demais primoresnos cornos dos carneiros.As labregas teñen máis que facerque contemplar as luces do mencer:andan, con firmeza e tesón,traballando o terrón;

puxando e suando como un boi;ocupando, con firmeza, o lugarque deixou baleiro no fogaro home que se foi,que tivo que emigrar;e non sinten anceios nin degarosde escoitaros chíos harmoniosos dos paxaros.Pastoras e labregas,labregos e pastoresnon contemplan solpores,nin teñen fanegasde líricos amores.A doce e fermosísima campíanon ten, para eles, poesía.E se nacen floresé a conta de traballo e de suores. (VERSOS PARA CANTAR EN FEIRAS E ROMAXES, 1969)

Page 18: Manuel María: A natureza, a paisaxe
Page 19: Manuel María: A natureza, a paisaxe

O CORAZÓN DA AUGA ...

Son auga. Son plenitude, presencia innumerábel, sinfoníade vibracións presentes na choiva tristee nas palabras....Cecais son os mortos cheos de bágoasque nos piden un novo canto ateigado de sangue,de fulguraciós miragreiras e de estrelas.Cecais é un novo resplandor inalcanzábelde lúas e de olladas durmidasno pequeno e sinxelo corazón da cada florque morre cansa.Ou unha voz perdidad na señardade da noite:a voz nebulosa de aquela pomba nidiaque namorou a un anxo.... (ADVENTO, 1954)

Page 20: Manuel María: A natureza, a paisaxe
Page 21: Manuel María: A natureza, a paisaxe

O RÍO O río pasa correndo,non se para con ninguén.O río canta prás cousase canta para min tamén. O río canta prás albrespaxareiras da ribeira!O río canta prós pradose prás nubes viaxeiras! A todos dí seu cantarcon escuro e claro son.A todos di seu cantaranque llo escoiten ou non! Non lle preguntes ao ríoa ónde vai, de ónde ven.O río pasa correndo!O río non se entretén! O río pasa correndo,nunca deixa de pasar.Vai dicindo a súa cancióne non se pode parar!. (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)

Page 22: Manuel María: A natureza, a paisaxe

RÍOS O Azúmara, O Lea, o Anllo, o Miñoatravesan toda a Terra Chácun paso tan lento e caladiñoque aperta o corazón coa soedá. Un paso calado, quedo e lento;tan lento que semella adormecido.Non sei que de grave e tristurentono corazón dos río vai metido! (TERRA CHÁ, 1954)

Río Lea

Page 23: Manuel María: A natureza, a paisaxe

O MIÑO O Miño é vello e tristeiro:sempre vai mudo e vai senlleiro,No inverno semella que murmuraun segredo con forte voz escura.Un escoita, atento e esperanzado,e o vello Miño sempre vai calado. (TERRA CHÁ, 1954)

Page 24: Manuel María: A natureza, a paisaxe

CARTA AO RÍO MIÑO...Sempre te lembro dende o fondo da alma.Lembro a túa soedade rachadana presa do muíño, nos caneirosde Pena e de San Roque.Lembro, amigo, a túa quietude,os prados de Portocarral,do Xuncaíño, As Veigas e Almendrá.Aló enriba, no cimo, está o pobo.E entre os prados e o poboa Agra da Torre toda en costa.Pola agra agora só o silencio.Polos prados agora só os meus soños.... (REMOL, 1970)

Page 25: Manuel María: A natureza, a paisaxe

POEMIÑA DO REGATO DO CEPELO Nunca tiveche unha arelade tan humilde e sinxelo:-meu regato do Cepelo,das Regas ou da Barciela! Malia o teu nome sonoro,eres regato e non río:o teu caudal tan esguíonunca encherá un encoro! Mais dices con xentileza,leve vea rumorosa,unha canción misteriosadunha asombrosa beleza. Se eu te chamo ¡señoría!,breve cantor xogoral:ti non mo tomes a malque é proba de cortesía! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 26: Manuel María: A natureza, a paisaxe

AO REGATO DO CEPELO O pequeno e humilde regato do Cepelo,que nace e morre na miña propia tribo,ten a sutil fraxilidade dun salouco,o delicado arpexio máxico dun chíoe pasa, como unha canción de amor,rozando e agarimando á terra lene,pura, estremecida e alertada.A inclíbel levedade da súa augafaise fidel espello para levar consigoa miña imaxe: única eternidadeque a piedade dos deuses me concede. (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Manuel María no Regato do Cepelo

Page 27: Manuel María: A natureza, a paisaxe

“Xa sabedes a razón pola que Outeiro de Rei ten catro ríos:O Miño ou Río Grande.O Río Ladra.O río de Robra, Río Pequeno ou de Santa Marta.E o regato, o último río que apareceu en Outeiro de Rei, que é o máis pequeniño pois aínda non tivo tempo para medrar. Nos mapas e xeografías nas que figura, chámanlle río da Barciela. Os de Outeiro de Rei témoslle un nome familiar: Regato do Cepelo.E os paxaros –merlos, cucos, petos, lavercas, andoriñas- que usan as súas augas para beber, para bañarse e, sobre todo, para ollarse nelas, puxéronlle un nome secreto: Rego das Regas.Agora a xente de Outeiro de Rei anda moi leda e fachendosa: a súa tribo ten xa catro ríos como o Paraíso Terreal. Máis non se pode pedir”.

(A TRIBO TEN CATRO RÍOS, 1991)

Manuel María no Regato do Cepelo

Page 28: Manuel María: A natureza, a paisaxe

POEMIÑA DO RÍO MADALENA Madalena é o teu nome,a palabra que che cadra.O teu nome é Madalenamáis apelídaste Ladra! De nacente eres chairego,vilalbés de profesión,a túa fala é labregae galega a túa canción” Eres claro e cristalino,voz sinxela e cantareira,limpo espello que reflexaa gracia da abidueira...! Estas feito de cantigaspois só cantar vale a pena.O teu apelido é Ladrae o teu nome é Madalena! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 29: Manuel María: A natureza, a paisaxe

POEMIÑA DO RÍO CABE Ouh Cabe, meu río Cabe,marmurador e riseiro,tés a tenrura da ave,pasas cantor e lixeiro! Mandou a estrela da sorteque espallaras a cidade.Cando pasas por Monfortevas cheo de vanidade...! Non lle temes ao castelo,as pontes non te domeñan!Sigues, ufano e sinxelo,sen soltas que te deteñan! Corres lixeiro, xentile sen deixar de cantar!Nas augas fondas do Silsigues camiño do mar...! Ouh Cabe, meu río Cabe,transparente e xogaral:o teu marmurio suaveé a cantiga do Val...! (CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS, 1990)

Page 30: Manuel María: A natureza, a paisaxe

LEMBRANZA DA LAGOA DE COSPEITO Estabas queda á tardiña.O sol reflexaba en titodas as cores que tiña! Ao chegar as Primaveiras,as oucas con flores brancasa engalanarche as ribeiras! Eras vidro quedo e verde.En ti soaban os sinosde Lucerna e de Valverde! Miña Lagoa de Cospeito:has vir comigo metidano máis fondo do meu peito! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 31: Manuel María: A natureza, a paisaxe

POEMAS Á LAGOA DE COSPEITO ...Eu son esta terra e esta auga: lagoasde Seixas, Toiral, Santa Cristina,Bardancos, Boedo, Lamas de Xermar,Charca do Alligal, As Carpaciñas,Pozo das Nádigas e do Ollo,pucharcas como estrelas ou lúas,marabillosas esmeraldas, decorandoo corpo vexetal da miña tribo,espellos prodixiosos que reflectena luz do sol –ouro esvaído-,os altos parpadexos das estrelas,as raiolas do luar febles e místicas-.Lagoas de meu, mundos perfectos,orbes incríbeis habitados por avese batracios, beireados de carqueixas,abidueiras, salgueiros, abeneiros,que as brisas visitan e agariman. ...

Page 32: Manuel María: A natureza, a paisaxe

...Lagoa da Cospeito, meu lago principal:eu só me quero reflectir no teu cristal.

-Eu na túa ribeira....

Page 33: Manuel María: A natureza, a paisaxe

... Espadana delgada,irmá do xunco,espada fráxil:non soñas, noncon guerrasou batallas.Unicamente queresescoitar as aves,amparar galiñoas,parrulos e lavancos.Fraga mínima da auga,pequeno bosqueonde cantane demoran os ventosque rizan e agarimanas ondas da lagoa. (POEMAS PARA DICIRLLE A DÚAS LAGOAS, 1994)

Page 34: Manuel María: A natureza, a paisaxe

POEMAS Á LAGOA DO OLLO...Lagoa do Ollo: mao aberta á luz,círculo perfecto como a rosa,pozo no que amence o foscormáis trascendente, brétemamisteriosa consoante coa arxilada que está feito o noso ser,resplandor máxico iluminandoos tremores máxicos da fraga,espello das fuxitivas nubese das altas estrelas cintilantes.Lagoa do Ollo: ollo prodixiosoco que a terra mira e contemplaa nosa indecisa humanidade:

óllamecon fondura, alegría e amore garda, no escusado de ti,o meu fuxidío recordo transitorio:só eco dunha sombra melancólicaque anda pola vida deslumbrada. (POEMAS PARA DICIRLLE A DÚAS LAGOAS, 1994)

Page 35: Manuel María: A natureza, a paisaxe
Page 36: Manuel María: A natureza, a paisaxe

TERRA A terra é unha dor longa. Un desespero.Un berro vello como a mesma terraque xa perdeu a voz e está no tempolatexando e vivindo, falando mainamentecunha voz calada de vento e de campana.A terra fala nos paxaros e na luz,na pureza dun canto esvaído e triste.Agarda polo maino sorrir do sole polo aloumiño agarimoso das choivaspara florecer calada en novas sementeiras.A terra, polo día, ten amor, claridade,espiñas de toxos, paxaros e piñeirosque lle dan amor e barileza. Pola noite a terra é moura: ten medo e agoiros,é a voz do lobo e a plumaxe dos corvose a súa voz queda semella unha agonía.A terra é ela mesma metida na súa dor.Escoita na súa voz, os sentimentose tapa o corazón para agachalo do vento.A voz da terra é ela mesma. Unha dorque non lle cabe na alma nin no peitoe agroma en árbore, en ave, en carpaza,faise mar e río cando quere chorar.O home é a terra. A voz da terra. Unha vozde loito e dor que anceia ser eterna,subir ao ceo, alumar moitos mundos.E a voz da terra, como a do home, só é terra. (MAR MAIOR, 1963)

Page 37: Manuel María: A natureza, a paisaxe
Page 38: Manuel María: A natureza, a paisaxe

TERRA DE LABRADÍO A terra arada e labradasó quere ser sementada! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 39: Manuel María: A natureza, a paisaxe

MONTE RASO O monte raso tan só quer:lavercas, carpazas, veredase unha fontiña pra veras nubes andando ou quedas. (TERRA CHÁ, 1954)

Page 40: Manuel María: A natureza, a paisaxe

LEIRAS Que xuntas están as leirasnas agras a parolar!Tan soio queren ós homesque as veñan a sementar! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 41: Manuel María: A natureza, a paisaxe

PRADO DE HERBA VERDE Sinto que a alma se perdeno veludo deste prado.Con esta boa herba verdeverei o gando arrumbado! Se ten auguiña amorosaque non deixe de correr,prado de rega xeitosadá herba de bon manter. Ter gando é ter diñeiro.A herba verde moito val.Pra mercar este lameiroxa compre un bon capital” (TERRA CHÁ, 1954)

Page 42: Manuel María: A natureza, a paisaxe

ÉGLOGA DA FRAGA OURIDOURADA Hai que entrar na fraga humildemente,co corazón limpísimo e con estenoso corpo mortal purificado,pois sabemos que o Outonosó pode estar na fraga talcomo a imaxe habita no espello:posuíndo o seu fondo tebregosode marabillada noite aluarada.A fraga é a residencia dos deuses:o seu espacio intocábel e sagro,non pode ser tripado impunemente:aquel que se atreva a profanalomaldito será entre os malditose a sombra arrepiante do non sercaerá sobor del calada e implacábel. (AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)

Page 43: Manuel María: A natureza, a paisaxe
Page 44: Manuel María: A natureza, a paisaxe

VERBAS AO ALTO MAIO Ao lonxe pasa o río cun murmurio sutilarrolando os nosos e humildessoños de homes pobres... O centeo agarima os nosos ollosno seu ondear lene como un mar. Un aire fino deixa os seus namorosentre a sombra mollada da follaxe. O ceo é borrallento.Avanzan as nubes como barcos. Escóitase a calandra. A alma latexa apesarada:non sabe onde rematae onde comezao milagre infindo da paisaxe. (MAR MAIOR, 1963)

Page 45: Manuel María: A natureza, a paisaxe

O MAR Ti nunca viches ao marcos seus berros bruadores,coas súas espumas de prata,cos barcos e os pescadores. -Ti nunca viches ao mara tecer e a destecerondas azúes que vaná praia mansa a morrer? -E ti non sabes que o maré unha inmensa planura,auga e ceo, ceo e auga,maxestade e fermosura? -Ti nunca viches o mar?E sabes que non repousa?-Si nunca viches o marnon viches ningunha cousa! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)

Page 46: Manuel María: A natureza, a paisaxe

O MAR Nós somos mar. Estamos rodeados,cinguidos polo mar. As nubesteñen a mesma cor das ondase resulta dificil distinguira onda da nube e da gaivota.O mar chega ao corazón da terrapara escoitar o seu latexo escuroe poderoso. O mar, o mar penetra,fura a terra con toda a súaforza natural, vital e varonilpara facela fecunda e florecida.Estamos na ribeira. E gardamos,no máis secreto lugar do noso ser,todas as imaxinadas lonxanías,o degaro de irnos e quedar,a voz escura e rouca das mareas,un saibo a sal nos beizos murchose a sede mortal que ninguén mata.No mar os sucos chámanse ronseise nós levamos século tras séculosarando no mar teimosamente. (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)

Page 47: Manuel María: A natureza, a paisaxe

O MAR Fala o mariñeiro: A auga é unha chá longa e anchasen carballos, sen gaitas.Só o trebón mouro da noite.O vento loitando co velamio,ladrando como un can doentepara nos encher de medoa min e máis á auga.É todo o que teño que dicir:amo o vento do Océano.Amo a soedade, a cor da auga.A terra sempre está lonxee un sinte pouco as súas soidades.O mar é diferente: é saudade núa....(MAR MAIOR, 1963)

Page 48: Manuel María: A natureza, a paisaxe

VERBAS AO MAR Esta tarde están baixas as nubese é a cor do mar como a da cinza. Os berros salvaxes das gaivotassemellan coiteladasque fan escoar o corazón da tarde. Hai quen trabuca doadamentea mensura do mar coa inmensidade. Eu de min só sei dicirque o mar comeza no meu sangue.O que non seié se o mar caberá na miña alma. (MAR MAIOR, 1963)

Page 49: Manuel María: A natureza, a paisaxe

SOLPOR...Ondas do mar de Foz, altivas e algareiras:vindes contra a terra feras e guerreiras!Bicade con amor as praias e as ribeiras!Que os vosos sons irados se volten muiñeiras!... (VERSOS FLORECIDOS EN LOUVANZA DE FOZ, 1967)

Page 50: Manuel María: A natureza, a paisaxe

PORTO...O mar é unha gran planurasen valados e sen marcos.O porto é garda seguraonde descansan os barcos! (AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)

Page 51: Manuel María: A natureza, a paisaxe

A CIDADE A cidade ten casteloe muralla medieval,o museo hai que velo!e unha rúa principal. Que conxunto tan fermosocon igrexas e xardíse cun río caudalosoveireado de xasmís...!A cidade ten cafeses,wiskis-clubs e polución,cementerio con cipresese un fermosos malecón. A cidade ten escolase ten cines e teatros.Ten douscentos parvacholase trescentos maragatos!

A cidade ten paseo,barrios vellos, arrabais,chavolismo, rañaceose gardas municipais. A cidade nunca tivonin industria ou desenroloSoio un comercio cativoe o seu consabido tolo...! (AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)

Page 52: Manuel María: A natureza, a paisaxe

XARDÍS Eu vou xogar ao xardínna compaña dos amigosrapaciños coma min. Hai un xardín dos maiorescon arboredos, paseoe cadradiños de flores. E perto ao céspede molhai bancos con namoradose vellos tomando o sol. Hai fontes, rosas e feixes,gaiolas cheas de paxarose un estanque con peixes.... (AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)

Page 53: Manuel María: A natureza, a paisaxe

XARDÍS Un xardín sempre é un intento inútilde poñerlle á beleza disciplina.Ouh domesticados xardís públicosonde se van murchandoas cegas ordenanzas dos concellos!Ouh vellos xardís dos pazosabandonados, nos que medraunha fonda tristura melancónicadun xeito fatal e sen remedioentre fermosos labirintosinquedantes símbolos do sol e máis da vida!Máxicos xardís dos meus ensoñosque florecen, sutiles e senlleiros,na soedade humana do meu peito!Só no escusado segredo do meu peito! (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 54: Manuel María: A natureza, a paisaxe

PEREGRINAXES

Aínda teño a esperanza Aínda teño a esperanza de poderpercorrer unha por unhatodas as parroquias de Galiza,lugares e casais,andar porta por porta,dialogar persoa a persoaface a face,pois non hai tarefa máis urxente,fermosa, nidia e necesaria.Gastarei o meu corpo nos camiñosata ser po, seixo e silveira.Amiña voz, de tan usada, seráo levísimo eco dun rumor:só fundamento de sementeque apenas poderá rozara intimidade choída dos galegos,estraña tribo incomprensíbelfeita de tebra, vento e cantaría. (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)

Page 55: Manuel María: A natureza, a paisaxe

TERRA CHÁ A Terra Chá somentes é:un pobo aquí, outro acolá,mil arbres, monte raso, un ceo chumbo e tráxicono que andan as aves a voar.O resto é soedá. (TERRA CHÁ, 1954)

Page 56: Manuel María: A natureza, a paisaxe

DIMENSIÓS Ollada a Terra Chá dende as alturasé semellante a un mar en calma.Para medila só valen dúas mensuras:ferrados de corazón, fanegas de alma! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 57: Manuel María: A natureza, a paisaxe

CANTIGA PARA ANDAR POLA TERRA CHÁ Hei andar a Terra Chá sen esquecer un rincón,ouh terra da miña alma, lume do meu corazón!

Non quero máis compañía:soio unha estrela por guía!

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 58: Manuel María: A natureza, a paisaxe

TERRA A terra da Terra Chá é moura.Pódese afondar nela co aradoe non se remata a súa laboura.Traballala é pesado.Apégase a un completamente.Deixa o gando rebentado.E come a sementecando vén un ano algo mollado. (TERRA CHÁ, 1954)

Page 59: Manuel María: A natureza, a paisaxe

POVO Vinte, trinta casas. Aí estáncunha feitura xusta e aldeán.A terra é moura. Dorme con desganasen a curva feminina da montana. Us prados, a mazaira e a cerdeira.Os palleiros ocupan media eira.Os cás, entre as casas, a folgar,ladrando por ladrar. (TERRA CHÁ, 1954)

Page 60: Manuel María: A natureza, a paisaxe

POVOS

1O monte é raso. Carqueixas. Máis aláunha terra moura, a mourear.Povos sen serras! Fanegas de soidá!… (TERRA CHÁ, 1954)

Page 61: Manuel María: A natureza, a paisaxe

MONTES Montes San Simón e do Fitoiro,velais a soedá da Terra Chá!Montes do Poente, doce agoiro,Coba da Serpe e Cordal de Ousá! Meus lonxanos montes de Abadín!Serras de Meira e Castroverde!Que amor sutil se acende en minó ollar tanto azul e tanto verde! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 62: Manuel María: A natureza, a paisaxe

CANTO Á TERRA CHÁ Ouh miña Terra Chá, amada dende lonxe,poboada de ventos e carpazas,por onde o Miño pasa caladiñopara non despertar tanto silencioque envolve bruscamente ceo e terra!Terras humildes, ciscadas pola Cha,que non se dan medido cunha ollada:lévovos no fondo da lembranzaalumando os meus días, intre a intre! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 63: Manuel María: A natureza, a paisaxe

OUTEIRO DE REI IIIMedio Outeiro dá ao Miño,outro medio á Terra Chá.Eu, na mitá do camiño:o que ha de vir chegará!... (ESCOLMA DE POETAS DE OUTEIRO DE REI, 1982)

Page 64: Manuel María: A natureza, a paisaxe

... VII TESTAMENTO Enterrádeme en Outeiroque quero escoitar o Miñoco seu paso silandeironos prados de Xuncaíño.…Quero ser como o abeneiro:fidel a unha soa corrente.Pido un lugar en Outeirona campa da miña xente!. (ESCOLMA DE POETAS DE OUTEIRO DE REI, 1982)

Page 65: Manuel María: A natureza, a paisaxe

POEMIÑA DAS PENAS DAS RODAS En Gaioso, ollando a Chá,hai dúas penedas ergueitas.Semellan non ser verdáredondeces tan ben feitas! As penas das Rodas sondous ollos alucinadosque espían con atenciónos eidos máis alonxados. Se ambas penas se desfánarde, co mundo, un tesouro:unha pena é de alquitrán,a outra unha trabe de ouro! Non sodes, non, cantería,ouh penas de encantamento.Temo que calquera díavos poida levar o vento! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 66: Manuel María: A natureza, a paisaxe

CASTRO DE VILADONGA Castro de Viladonga, aberto aos ventos,ollando as vagas nubes fuxidías,illote de altivez e de impotenciaergueito como o puño dun petruciona soidade sen fin da Terra Chá,habitado por cobras e lagartos,xestas, uces, toxos e carqueixasnas que aniña, quizais, a cotovíae florecen, ufanos, os balocos:estalos para ninguén, festas de nada.…Castro de Viladonga, montón brevede vellas pedras nas que viveo silencio, a ruína, a soidade:imaxe xusta e fiel da miña patria. (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)

Page 67: Manuel María: A natureza, a paisaxe

O XISTRAL Nestas soidades nidias do Xistral,na compaña de nubes e lavercas,veciño do Cadramón e a Pena Güía,ollando o nacemento do Masma,do Eume e do Landrove, eu só sonunha palabra, un chío, un case nadavarrrido polo vento e pola chuvia.… (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)

Page 68: Manuel María: A natureza, a paisaxe

O SAN ALBERTE DE PARGA Meu claro e cantareiro río Parga:co brazo rexo e longo do caneirodetés a auga, soségala, remánsalapara que espelle árbores e uces,a prodixiosa ponte medieval, a beleza do gótico aldeanoeternizada en cantería para erguer,entre nós, o teu lar, a casa túa,ouh San Alberte!, pois nós somosa bretemosa tribo resignada,pausada e firme dos chairegos.… (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 69: Manuel María: A natureza, a paisaxe

ODE Á CIDADE DE LUGO Matrona e nai, bosque sagrado:agora as túas árbores son torres de laxe,cantería e cemento. A muralla éa sebe que protexe e pecha o teucírculo máxico e sagrado como ollomisterioso e xigantesco, a espreitaras grandes nubes tráxicasque choran sobor de ti a súatristura inconsolábel. Os teuspaxaros convertéronse en graves,melancólicas campanas lembradoirase gardan, para sempre endexamais,na súa fina lembranza estremecida,cantos celtas, romanos e suevosque resoan, no meu canso e vellocorazon inmemorial, co marmurio-nidio, musical, cecais eterno-das ondas máxicas do Miño,¡Ouh cidade para vivir e non morrer! (AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)

Page 70: Manuel María: A natureza, a paisaxe

ABRENTE Sinxela terra de Foz, labrega e mariñeira,que estás a soñar docemente na ribeira,ollando as ondas do mar e a abelaneiraagarimada pola brisa de Llas e de Espiñeira!…         (VERSOS FLORECIDOS EN LOUVANZA DE FOZ, 1967)

Page 71: Manuel María: A natureza, a paisaxe

SAN ANDRÉS DE TEIXIDO Guiado por unha luz de orballo e tebracamiñei a San Andrés de Teixido.Non sei que forza me empurrou,que me posuíu,que máxica escuridade me guiaba.…No San Andrés de Teixido atopeio silencio, o mar, a soidade.Un estaría vivo realmenteou morrería facía xa milleiros de anos?

           (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)

Page 72: Manuel María: A natureza, a paisaxe

RIBEIRO DE AVIA Terras do Ribeiro de Avia feitasda mesma materia carnalda miña entraña, compañeirasdo meu corazón e dos meus ollos.Ventosela, San Clodio, Ribadavia,Pazos de Arenteiro, Beade, Gomariz,Pena Corneira –en vixía aluada-lonxana e ergueita como un soño!…(VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)

Page 73: Manuel María: A natureza, a paisaxe

ORCELLÓNQué ollada fonda, pura e amorosa!Qué cores, que vales e que outeiros!Orcellón é esta terra tan fermosade carballos, piñeiros e amieiros!…(CANTIGUEIRO DE ORCELLÓN, 1984)

Page 74: Manuel María: A natureza, a paisaxe

SERRAS E MONTES Pena Corneira, vixiante e calada!Couto Novelle, Castro do Pedroso!Serra do Avión, escura e desolada!Que silencio tan fondo e rumoroso! Impresionante testa do Testeiro!Humano tremor de San Trocado…!Montes dun azul tirando a aceiroe dun ar transparente e delicado Qué sensación nos dá de inmensidáesta beleza pura, tan serena…!Serras de San Mamede, a Martiñá!Soedá do Paraño, Suído, a Madalena!                       (CANTIGUEIRO DE ORCELLÓN, 1984)

Page 75: Manuel María: A natureza, a paisaxe

CANCIÓN DO ARENTEIRO Arenteiro humilde e bon,de augas marmuladoras:non hai en todo Orcellónunhas aves tan cantoras!…       (CANTIGUEIRO DE ORCELLÓN, 1984)

Page 76: Manuel María: A natureza, a paisaxe

VAL DE QUIROGA

Escuras serras da Moá e do Caurel:alertas sobre a terra quiroguesaque recende a mimosa, rosa acesa,loureiro, laranxo, fiúncho e mel. Carpaza, casal, camelio, caravel;carballos amorosos; néboa espesa;nubes peleriñantes que, sen presa,demorades no Val, vello e doncel.…         (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)

Page 77: Manuel María: A natureza, a paisaxe

… Vello Sil das canciós e as aureanasque traes os abriles e os outonos:vas deixando no Val doces ensonos,lembranzas de terras moi lonxanas.…           (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)

Page 78: Manuel María: A natureza, a paisaxe

…Ouh rumoroso Lor das augas clarasque limitas coas terras quiroguesas:dices o teu cantar sempre con presase, co afán de cantar, nunca te paras!…            (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)

Page 79: Manuel María: A natureza, a paisaxe

…Pequeno e vello, ti, Montefurado,evocas a túa vida extraordinaria,metade real, metade lexendaria:tés por ollos ao monte taladrado!…       (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)

Page 80: Manuel María: A natureza, a paisaxe

…Fosco Piapáxaro que ollas montes sóssen roita, sen vieiro nin camiño:unicamente a voz do ferreiriñoche dice, mainamente as súas canciós.…          (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)

Page 81: Manuel María: A natureza, a paisaxe

CANCIÓN DE AMOR AO VAL DE LEMOS Amo esta terra vella feitade arxila vermella como o sanguena que a xente deixao seu suor de séculosco que lle dá sabor ao pan,ao viño, á tarefa sagradae humilde de ser home. Amo esta terra cruzadapolo Cabe, melro máxico,canción que aquecee enche o corazón.

Amo esta terra boa, tan humana.Amo esta inmensa cuncana que floreceu para sempreo meu amor: Monfortee todo o Val de Lemos,Pantón, Bóveda, Sobere as terras do Brollón e o Saviñao. Amo esta terra chácinguidapor serras e por montese polo azul do ceo coroada.    (CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS, 1990)

Page 82: Manuel María: A natureza, a paisaxe

MADRIGAL A MONFORTE Monforte flor dun cantarfeito de luz e alegría.E toda a noite a ruarno Campo da Compañía!…(CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS, 1990)

Page 83: Manuel María: A natureza, a paisaxe

CANCIÓN DA PONTE VELLA A ponte Vella, ai amiga!,é un soño namorado.O Cabe, baixo os seus arcos,vai silandeiro e pasmado. Baixo os seus arcos o Cabevai pasmado e silandeiroe reflexa nas súas ondaso soño máis verdadeiro. O soño máis verdadeirode cantería e pureza,coa consistencia da pedrae o inefábel da beleza! …e o inefábel da belezaque se sente e non se sabe:na maxia da Ponte Vellasobor das ondas do Cabe! (CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS, 1990)

Page 84: Manuel María: A natureza, a paisaxe

CANTO ÁS TERRAS DE PANTÓN Pantón é un país de vales como maos abertas,de colos maternais e amorosos,

de montañasdocemente femininas que se erguenpara ollar ao ceo e ao inmenso Val de Lemosdeitado aos seus pés, fermoso e longo.…Aquí a pedra fíxose arte, flor,pasmo, marabilla, milagre,eirexa, castelo, mosteiro, pazo, casapara darlle ao home seguridade e fogarfronte ao desamparo da vida e do destino.…                         (CANTIGAS E CANTOS DE PANTÓN, 1994)

Page 85: Manuel María: A natureza, a paisaxe

CANTO Á RIBEIRA SAGRADA DE PANTÓN …Os montes, totalmente arrebatadospor un ardor místico incontíbel,ascenden, humildes e potentes, cara ao ceo.Os ríos caudais salmodian o seu cantocelebrando o triunfo da vida e da beleza.A Ribeira Sagrada, en Pantón, teno corazón e a luz dos ollos seus:

Eiré,Pombeiro, Atán, San Fiz de Cangas,eirexa das Bernardas e Augas Santas…Na Ribeira Sagrada o doce acento humano-tal o marmurio da brisa nos loureiros-mistúrase coas voz das árbores, dos montes,das namoradas aves e das nubes.Aquí a gracia do natural aboia e crea,coa súa irresistíbel luz inesplicábel,a fermosura perfecta desta terra.                           (CANTIGAS E CANTOS DE PANTÓN, 1994)

Page 86: Manuel María: A natureza, a paisaxe

CANCIONCIÑA DOS TRES RÍOS O Miño, o Sil e o Cabepasan cinguindo a Pantónde xeito lento, suave. O Miño, grande e caudal,leva apreixado a Pantónna maxia do seu cristal. As augas do vello Sildícenlle á terra asombradaa súa canción máis xentil. O Cabe, ledo e xeitoso,cando pasa por Pantónsíntese máis fachendoso. O Cabe, o Sil e o Miñoson, en Pantón, maina voz,un doce, tenro aloumiño! (CANTIGAS E CANTOS DE PANTÓN, 1994)

Page 87: Manuel María: A natureza, a paisaxe

SANTIAGO DE COMPOSTELA Santiago de Compostela: inefábel, puracomo a rosa e o soño, cameliaen pedra florecida, pazopara a eternidade, único gris irrepetíbelque os meus ollos coñecen e aman,luz feble e sutil feita para nós:non se pode concibir misteriotan fondo e tan perfecto,claridade humana máis trascendente.                                    (POEMAS A COMPOSTELA, 1993)

Page 88: Manuel María: A natureza, a paisaxe

FISTERRA Cheguei a Fisterra, alí ondeo sol desmaiado e silandeiromorre no mar como unha bágoa.…Cheguei a Fisterra, fin do mundo:aquío tempo inmobilízasee a vida comeza a súainexorábel conta cara atrás. (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)

Page 89: Manuel María: A natureza, a paisaxe

Manuel MaríaLetras Galegas 2016

Montaxe: Adela Leiro, Mon DaportaFotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Fundación Manuel María.Textos: Manuel María Xaneiro 2016

Con este traballo queremos facer unha humilde homenaxe a quen tanto quixo e fixo por poñer en valor este noso país.