Uxio Novoneyra. Letras Galegas 2010

16
UXÍO NOVONEYRA Letras Galegas 2010

description

Presentación sobre a vida e a obra de Uxío Novoneyra (1930-1999), escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010. Autoría da presentación: anónima.

Transcript of Uxio Novoneyra. Letras Galegas 2010

UXÍO NOVONEYRALetras Galegas 2010

• Uxío Novoneyra nace o 19 de xaneiro de 1930 en Parada de Moreda, unha aldea do Courel, onde pasa a nenez e a mocidade, o que terá unha influencia decisiva na súa obra.

• Estuda o bacharelato en Lugo onde coñece a Manuel María.

Logo vivirá dous anos en Madrid, cidade na que fará o exame de Estado e na que se matriculará como ouvinte en Filosofía e Letras. Por estes anos tamén comezará a escribir en castelán, publicará na revista Bengala dous poemas e dará o seu primeiro recital poético.

Volve a Galicia para facer o servizo militar. En Compostela entrará en contacto co galeguismo e comezará a escribir en galego

• Unha pleuresía terao recluído varios anos na súa casa do Courel, aínda que participa nalgúns actos culturais como o recital celebrado en Compostela dentro do ciclo “Homenaje a la poesía gallega”.

• Nesta época Galaxia publica Os Eidos (1955) cun prólogo de Ramón Piñeiro.

Panos brancos esfiañados da nebraouveando polos vales polos soutos i as devesas marelasen busca dun caborco ou dunha valiña outa que os acollai os faga acougar!

Fiañas da nebra rubindo e baixando á gaiola do airePolas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal! Os Eidos

• Volve de novo a Madrid onde pasará catro anos. Alí traballará na radio e na TV en programas relacionados coa poesía e estará en contacto cos artistas e escritores que vivían daquela na capital do Estado, entre eles os integrantes do Grupo Brais Pinto.

• No 1966 publica Elegías del Caurel y otros poemas, libro bilingüe castelán-galego que será editado posteriormente no ano 1991 só en galego co título de Tempo de Elexía.

• No ano 1966 regresa tamén definitivamente a Galicia.

Fostes onte carreiriña para quedarmofo na pedra.

MARÍA MARIÑO CAROU: A Galicia.

Os que así nos teinSó tein noso os nosos nomes no censo,Que hasta o noso sudor sin alento pérdese na terra.

GALICIA, será a miña xeración quen te salve?Irei un día do Caurel a Compostela por terras libradas?

Non, a forza do noso amor non pode ser inutle! Elegías del Caurel y otros

poemas

• Novoneyra permanecerá no Courel ata o ano 1983.

• Durante estes anos publicará Os Eidos 2 (1974), ilustrado por Laxeiro, e Poemas Caligráficos (1979) e tamén traducirá ao galego varios poemas de Mao Zedong.

DEVESA DE ROGUEIRA

Bidueiros cimeiros!Pena das Augas!Xardois teixosRebolos tocos faias derrubadas!

Camiño da Veneira!Carreiro dos dez regueiros!Cereixas de carnabudo! Abrotias abrairasPincheiras e pincheiras!

/

Eiquí sempre foi bosque…

Ruxir soloDa fonte do corzo!Barbas de mofoPingando dos toros!

Os Eidos 2

• Desde 1983 ata a súa morte no 1999 vivirá en Compostela, onde se fará cargo da presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

• Nestes anos publica Muller para lonxe (1986), Do Courel a Compostela 1956-1986 (1988), Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1994), Camelio xaponés (1995), Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas (1997).

• Tamén escribe dous contos de aventuras para nenos ambientados no Courel: O cubil do xabarín (1991) e Gorgorín e Cabezón (1992).

• No ano da súa morte, 1999, publicará Onde só queda alguén para aguantar dos nomes en coautoría con Emilio Araúxo, co que xa fixera tamén o libro de conversas Dos soños teimosos (1998).

• Postumamente sairá publicado Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (1999).

ELEXÍA POR UN SOUTO

SOUTO de Leburínamarelo antetempoe aburado por fin!

Este brillo premido entre as pálpebras

Novoneyra morre en Compostela o 30 de outubro de 1999.