1º advento 2013 bene pagola

Post on 16-Apr-2017

651 views 3 download

Transcript of 1º advento 2013 bene pagola

José Antonio Pagola

Red evangelizadora BUENAS NOTICIASContribúe a edificar unha Igrexa pobre e dos pobres. Pásao.

1 de decembro de 20131º Advento(A)

Mateu, 24, 37 - 44

Música:Mantovani orquesta:present:B.Areskurrinaga HCEuskaraz:D.Amundarain

As primeiras comunidades cristiás As primeiras comunidades cristiás viviron anos moi difíciles. viviron anos moi difíciles.

Perdidos no vasto Imperio de Perdidos no vasto Imperio de Roma, en medio de conflitos e Roma, en medio de conflitos e persecucións, aqueles cristiáns persecucións, aqueles cristiáns

buscaban forza e alento buscaban forza e alento esperando a pronta vinda de esperando a pronta vinda de Xesús e recordando as súas Xesús e recordando as súas

palabras: palabras: Vixiade. Vixiade. Vivide espertos.Vivide espertos.

Tede os ollos abertos. Tede os ollos abertos. Estade alerta.Estade alerta.

Significan aínda algo para nós as chamadas de Xesús

a vivir espertos?

Que é hoxe para os cristiáns poñer a nosa esperanza en Deus vivindo cos ollos abertos?

Deixaremos que se esgote definitivamente no noso mundo secular a esperanza nunha última xustiza de Deus para esa inmensa maioría de vítimas inocentes

que sofren sen culpa ningunha?

Precisamente, a maneira máis fácil de falsear a Precisamente, a maneira máis fácil de falsear a esperanza cristiá é esperar de Deus a nosa salvación esperanza cristiá é esperar de Deus a nosa salvación eterna, mentres damos as costas ao sufrimento que eterna, mentres damos as costas ao sufrimento que

hai agora mesmo no mundo.hai agora mesmo no mundo.

Un día teremos que recoñecer a nosa

cegueira ante Cristo Xuíz:

Cando te vimos famento ou sedento, estranxeiro ou espido, enfermo ou

na cadea, e non te asistimos?

Este será o noso dialogo final con El se vivimos

cos ollos pechados.

Temos que espertar e abrir ben os ollos.

Vivir vixiantes para mirar máis alá dos nosos pequenos intereses

e preocupacións. A esperanza do cristián non é unha actitude cega, pois non esquece nunca os que sofren.

A espiritualidade cristián A espiritualidade cristián non consiste só nunha non consiste só nunha ollada cara ao interior, ollada cara ao interior, pois o seu corazón está pois o seu corazón está atento aos que viven atento aos que viven

abandonados abandonados á súa sorte.á súa sorte.

Nas comunidades cristiás temos que coidar cada Nas comunidades cristiás temos que coidar cada vez máis que o noso modo de vivir a esperanza non vez máis que o noso modo de vivir a esperanza non

nos leve á indiferenzanos leve á indiferenza ou ao esquecemento dos pobres. ou ao esquecemento dos pobres.

Non podemos illarnos na relixión paraNon podemos illarnos na relixión para non oír o clamor dos que morren non oír o clamor dos que morren

diariamente de fame. diariamente de fame. Non nos está permitido alimentar a nosa Non nos está permitido alimentar a nosa ilusión de inocencia para defender a nosa ilusión de inocencia para defender a nosa

tranquilidade.tranquilidade.

Unha esperanza en Deus, que se esquece dos que en Deus, que se esquece dos que viven nesta terra sen poder esperar nada,viven nesta terra sen poder esperar nada,

non pode ser considerada como non pode ser considerada como unha versión relixiosa de certo optimismo a toda costa, vivido

sen lucidez nin responsabilidade?

Unha busca da propia salvación eterna de costas Unha busca da propia salvación eterna de costas aos que sofren, aos que sofren,

non pode ser acusada de ser un sutilnon pode ser acusada de ser un sutil “ “egoísmo alongado cara ao máis aláegoísmo alongado cara ao máis alá”?

Probablemente, a pouca sensibilidade ao sufrimento Probablemente, a pouca sensibilidade ao sufrimento inmenso que hai no mundoinmenso que hai no mundo

é un dos síntomas máis graves do envellecemento é un dos síntomas máis graves do envellecemento do cristianismo actual. do cristianismo actual.

Cando o Papa Francisco reclama Cando o Papa Francisco reclama ““unha Igrexa máis pobre e dos pobres”, unha Igrexa máis pobre e dos pobres”,

estanos gritando a súa mensaxe máis importante estanos gritando a súa mensaxe máis importante aos cristiáns dos países do benestar. aos cristiáns dos países do benestar.

COS OLLOS ABERTOSAs primeiras comunidades cristiás viviron anos moi difíciles. Perdidos no vasto Imperio de Roma,

no medio de conflitos e persecucións, aqueles cristiáns buscaban forza e alento esperando a pronta vinda de Xesús e recordando as súas palabras: Vixiade. Vivide espertos. Tede os ollos abertos. Estade alerta.

Significan aínda algo para nós as chamadas de Xesús a vivir espertos? Que é hoxe para os cristiáns poñer a nosa esperanza en Deus vivindo cos ollos abertos? Deixaremos que se esgote definitivamente no noso mundo secular a esperanza nunha última xustiza de Deus para esa inmensa maioría de vítimas inocentes que sofren sen culpa ningunha?

Precisamente, a maneira máis fácil de falsear a esperanza cristiá é esperar de Deus a nosa salvación eterna, mentres damos as costas ao sufrimento que hai agora mesmo no mundo. Un día teremos que recoñecer a nosa cegueira ante Cristo Xuíz: Cando te vimos famento ou sedento, estranxeiro ou espido, enfermo ou na cadea, e non te asistimos? Este será o noso dialogo final con El se vivimos cos ollos pechados.

Temos que espertar e abrir ben os ollos. Vivir vixiantes para mirar máis alá dos nosos pequenos intereses e preocupacións. A esperanza do cristián non é unha actitud cega, pois non esquece nunca os que sofren. A espiritualidade cristiá non consiste só nunha mirada cara ao interior, pois o seu corazón está atento aos que viven abandonados á súa sorte.

Nas comunidades cristiás temos que coidar cada vez máis que o noso modo de vivir a esperanza non nos leve á indiferenza ou ao esquecemento dos pobres. Non podemos illarnos na relixión para non oír o clamor dos que morren diariamente de fame. Non nos está permitido alimentar a nosa ilusión de inocencia para defender a nosa tranquilidade.

Unha esperanza en Deus, que se esquece dos que viven nesta terra sen poder esperar nada, non pode ser considerada como unha versión relixiosa de certo optimismo a toda costa, vivido sen lucidez nin responsabilidade? Unha busca da propia salvación eterna de costas aos que sofren, non pode ser acusada de ser un sutil “egoísmo alongado cara ao máis alá”?

Probablemente, a pouca sensibilidade ao sufrimiento inmenso que hai no mundo é un dos síntomas máis graves do envellecemento do cristianismo actual. Cando o Papa Francisco reclama “unha Igrexa máis pobre e dos pobres”, estanos gritando a súa mensaxe máis importante aos cristiáns dos países do benestar.

José Antonio Pagola