Download - Manual de Estilo de Lingua Galega

Transcript
Page 1: Manual de Estilo de Lingua Galega

Colexio “María Auxiliadora” Salesianos

R/ Venezuela, 9 · 36203 · VIGO Tfn.: 986 433 855 · 986 434 064 · Fax: 986 435 464

[email protected]

PROXECTO CIDADANÍA-LINGUA GALEGA

MANUAL DE ESTILO DE LINGUA GALEGA

REPARA!

Cando comecedes a redactar os teus textos, tede en conta as seguintes consideracións:

- Empregade palabras propias: reformula os textos das fontes propostas de tal xeito que

se perciba que “fixestes vosa a información”.

- Non utilicedes tradutores en liña: tradutore-traditore! Que dicían antigamente e, neste

caso, cúmprese o dito. Acudide ao dicionario da RAG para verificar as palabras das que

descoñezades a súa ortografía e, ademais, decatarédesvos de que sabedes máis galego

do que credes.

- Prestádelle especial atención á colocación do pronome átono: revisade os

apuntamentos do ano pasado.

- Ao rematardes o texto, lédeo en alto para que os vosos compañeiros e compañeiras

vos escoiten. É o mellor xeito de atopar redundancias ou anacolutos.

- Repasade unha e outra vez os seguintes elementos:

o Tiles (incluído os diacríticos).

o B/V.

o Grupos consonánticos.

o Xénero dalgúns substantivos.

o Puntuación.