4 xanerio 20152º Domingo de Nadal
Xn 1, 1-18Texto: J.A. PagolaPresentación: B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D. Amundarain
A C O L L E RA D E U S
Xesús apareceu en Galilea cando o pobo Xesús apareceu en Galilea cando o pobo xudeu vivía unha profunda crise relixiosa.xudeu vivía unha profunda crise relixiosa.
Levaban moito tempo sentindo Levaban moito tempo sentindo o afastamento de Deus. o afastamento de Deus.
Os ceos estaban “pechados". Os ceos estaban “pechados".
Unha especie de muro invisible parecía impedir Unha especie de muro invisible parecía impedir a comunicación de Deus co seu pobo. a comunicación de Deus co seu pobo.
Ninguén era capaz de escoitar a súa voz. Ninguén era capaz de escoitar a súa voz. Xa non había profetas. Xa non había profetas.
Ninguén falaba impulsado polo seu EspíritoNinguén falaba impulsado polo seu Espírito..
O máis duro era esa sensación de que Deus O máis duro era esa sensación de que Deus os tiña esquecido. os tiña esquecido.
Xa non lle preocupaban os problemas de Israel. Xa non lle preocupaban os problemas de Israel. Por que permanecía oculto? Por que permanecía oculto? Por que estaba tan lonxe? Por que estaba tan lonxe?
Seguramente moitos recordaban a ardente Seguramente moitos recordaban a ardente oración dun antigo profeta que rezaba así a oración dun antigo profeta que rezaba así a Deus: "Oxalá racharas o ceo e baixases".Deus: "Oxalá racharas o ceo e baixases".
Os primeiros que escoitaron o evanxelio de Marcos Os primeiros que escoitaron o evanxelio de Marcos tiveron que quedar sorprendidos.tiveron que quedar sorprendidos.
Segundo o seu relato, ao saír das augas do Xordán, Segundo o seu relato, ao saír das augas do Xordán, despois de ser bautizado, Xesúsdespois de ser bautizado, Xesús
«viu racharse o ceo»«viu racharse o ceo» e experimentou que e experimentou que «o Espírito de Deus baixaba sobre el»«o Espírito de Deus baixaba sobre el». .
Por fin era posible o encontro con Deus.Por fin era posible o encontro con Deus. Sobre a terra camiñaba un home cheo do Sobre a terra camiñaba un home cheo do
Espírito de Deus. Espírito de Deus. Chamábase Xesús e viña de NazaréChamábase Xesús e viña de Nazaré..
Ese Espírito que descende sobre el é o Ese Espírito que descende sobre el é o alento de Deus que crea a vida, a forza que alento de Deus que crea a vida, a forza que
renova e cura os viventes, o amor que o renova e cura os viventes, o amor que o transforma todo.transforma todo.
Por iso Xesús dedícase a liberar a vida, a Por iso Xesús dedícase a liberar a vida, a curala e facela máis humana.curala e facela máis humana.
Os primeiros cristiáns non quixeron ser Os primeiros cristiáns non quixeron ser confundidos cos discípulos do Bautista. confundidos cos discípulos do Bautista.
Eles sentíanse bautizados por Xesús co seu Eles sentíanse bautizados por Xesús co seu Espírito.Espírito.
Sen ese Espírito todo se Sen ese Espírito todo se apaga no cristianismo. apaga no cristianismo.
A confianza en Deus A confianza en Deus desaparece. desaparece.
A fe debilítase. A fe debilítase. Xesús queda reducido a un Xesús queda reducido a un
personaxe do pasado, o personaxe do pasado, o Evanxeo convértese en Evanxeo convértese en
letra morta. letra morta. O amor enfríase e a Igrexa O amor enfríase e a Igrexa
non pasa de ser unha non pasa de ser unha institución relixiosa máis.institución relixiosa máis.....
Sen o Espírito de Xesús, a liberdade afógase, a
alegría apágase, a celebración convértese en costume, a comuñón
ráchase.
Sen o Espírito a misión esquécese, a esperanza morre, os medos crecen, o seguimento a Xesús
termina en mediocridade relixiosa.
O noso maior problema é o O noso maior problema é o esquecemento de Xesús e o esquecemento de Xesús e o descoido do seu Espírito. descoido do seu Espírito. É un erro pretender lograr É un erro pretender lograr con organización, traballo, con organización, traballo, devocións ou estratexias devocións ou estratexias
diversas o que só pode nacer diversas o que só pode nacer do Espírito.do Espírito.
Temos que volver á raíz, Temos que volver á raíz, recuperar o Evanxeo en toda recuperar o Evanxeo en toda
a súa frescura e verdade, a súa frescura e verdade, bautizarnos co Espírito de bautizarnos co Espírito de
Xesús:Xesús:
Non nos temos que enganar.
Se non nos deixamos reavivar e recrear por ese Espírito, os cristiáns non temos nada importante
que achegar á sociedade actual tan baleira de
interioridade, tan incapacitada para o amor solidario e tan necesitada
de esperanza.
ACOLLER A DEUS
Xesús apareceu en Galilea cando o pobo xudeu vivía unha profunda crise relixiosa. Levaban moito tempo sentindo o afastamento de Deus. Os ceos estaban “pechados". Unha especie de muro invisible parecía impedir a comunicación de Deus co seu pobo. Ninguén era capaz de escoitar a súa voz. Xa non había profetas. Ninguén falaba impulsado polo seu Espírito.
O máis duro era esa sensación de que Deus os tiña esquecido. Xa non lle preocupaban os problemas de Israel. Por que permanecía oculto? Por que estaba tan lonxe? Seguramente moitos recordaban a ardente oración dun antigo profeta que rezaba así a Deus: "Oxalá rachases o ceo e baixases".
Os primeiros que escoitaron o evanxeo de Marcos tiveron que quedar sorprendidos. Segundo o seu relato, ao saír das augas do Xordán, despois de ser bautizado, Xesús «viu racharse o ceo» e experimentou que «o Espírito de Deus baixaba sobre el». Por fin era posible o encontro con Deus. Sobre a terra camiñaba un home cheo do Espírito de Deus. Chamábase Xesús e viña de Nazaré.
Ese Espírito que descende sobre el é o alento de Deus que crea a vida, a forza que renova e cura os viventes, o amor que o transforma todo. Por iso Xesús dedícase a liberar a vida, a curala e facela máis humana. Os primeiros cristiáns non quixeron ser confundidos cos discípulos do Bautista. Eles sentíanse bautizados por Xesús co seu Espírito.
Sen ese Espírito todo se apaga no cristianismo. A confianza en Deus desaparece. A fe debilítase. Xesús queda reducido a un personaxe do pasado, o Evanxeo convértese en letra morta. O amor enfríase e a Igrexa non pasa de ser unha institución relixiosa máis..
Sen o Espírito de Xesús, a liberdade afógase, a alegría apágase, a celebración convértese en costume, a comuñón ráchase. Sen o Espírito a misión esquécese, a esperanza morre, os medos crecen, o seguimento a Xesús termina en mediocridade relixiosa.
O noso maior problema é o esquecemento de Xesús e o descoido do seu Espírito. É un erro pretender lograr con organización, traballo, devocións ou estratexias diversas o que só pode nacer do Espírito. Temos que volver á raíz, recuperar o Evanxeo en toda a súa frescura e verdade, bautizarnos co Espírito de Xesús:
Non nos temos que enganar. Se non nos deixamos reavivar e recrear por ese Espírito, os cristiáns non temos nada importante que achegar á sociedade actual tan baleira de interioridade, tan incapacitada para o amor solidario e tan necesitada de esperanza.