Unidade Didáctica 8

38
UNIDADE DIDÁCTICA 8: A AVALIACIÓN

Transcript of Unidade Didáctica 8

Page 1: Unidade Didáctica 8

UNIDADEDIDÁCTICA 8: A AVALIACIÓN

Page 2: Unidade Didáctica 8

ÍNDICE

1. A avaliación en Educación Infantil

1.1. Modelos e tipos de avaliación

1.2. Características da avaliación

2. Os ámbitos de avaliación → Que avaliar?

3. O proceso de avaliación → Cando avaliar?

4. Técnicas e instrumentos de avaliación → Como avaliar?

5. A información ás familias

6. O expediente persoal

Page 3: Unidade Didáctica 8
Page 4: Unidade Didáctica 8

1. A AVALIACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL

A avaliación é o proceso de recollida e análise de información para

tomar decisións sobre a intervención educativa coa intención de

mellorala.

Implicacións deste enfoque de avaliación:

A avaliación é un medio para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe.

A avaliación é inseparable do proceso de ensino-aprendizaxe, non é un feito

puntual ou illado deste proceso.

A avaliación non está centrada exclusivamente nos procesos de aprendizaxe e

resultados do alumnado, senón que se estende a todos os ámbitos educativos:

procesos de aprendizaxe e resultados do alumnado, actividade do profesorado,

procesos educativos, funcionamento dos centros, función directiva, inspección e

Administracións educativas (LOE/LOMCE).

Page 5: Unidade Didáctica 8

1. A AVALIACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL (cont.)

Normativa de interese*:

LOE/LOMCE.

Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo

da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o

desenvolvemento e a avaliación do 2º ciclo da Educación Infantil

na Comunidade Autónoma de Galicia.

Page 6: Unidade Didáctica 8

1.1. MODELOS E TIPOS DE AVALIACIÓN*

Modelos de avaliación:

Avaliación formativa (orientada a mellorar o proceso) vs. Avaliación

sumativa (orientada a valorar o resultado).

Avaliación cuantitativa (orientada a medir un fenómeno) vs. Avaliación

cualitativa (orientada a comprender un fenómeno).

Avaliación normativa (en referencia a unha norma, é dicir, comparando ao

individuo co grupo) vs. Avaliación criterial (en referencia a un criterio, é

dicir, comparando ao individuo cun determinado nivel de rendemento).

Page 7: Unidade Didáctica 8

1.1. MODELOS E TIPOS DE AVALIACIÓN (cont.)*

Tipos de avaliación:

Segundo os axentes implicados

Segundo a súa extensión

Segundo o momento

• Avaliación interna(realizada por un membro

da propia institución)

• Avaliación externa(realizada por persoal

alleo á institución)

• Autoavaliación(avaliador/a = avaliado/a)

• Heteroavaliación(avaliador/a ≠ avaliado/a)

• Coavaliación(avaliador/a

= e ≠ avaliado/a)

• Avaliación parcial (centrada en dimensións particulares do alumno/a, a intervención...; ex.: no rendemento académico)

• Avaliación global (centrada nas distintas dimensións doalumno/a, a intervención...)

• Avaliación inicial (ao comezo)

• Avaliación continua (no transcurso do proceso)

• Avaliación final (ao remate)

Page 8: Unidade Didáctica 8

1.2. CARACTERÍSTICAS DA AVALIACIÓN

A avaliación en Educación Infantil debe ser:

Global: debe referirse ao conxunto das capacidades expresadas nos

obxectivos da etapa (non priman os aspectos intelectuais, físicos,

emocionais ou sociais; todos teñen importancia).

Continua: debe ser un elemento inseparable do proceso educativo

(recóllese información sobre o proceso de ensino-aprendizaxe de forma

continua).

Formativa: debe ter un carácter regulador e orientador (proporciona

información que permite mellorar a intervención educativa).

Page 9: Unidade Didáctica 8

QUE AVALIAR?

Page 10: Unidade Didáctica 8

2. OS ÁMBITOS DE AVALIACIÓN*

A avaliación debe estenderse a todos os ámbitos educativos.

En Educación Infantil destacamos tres ámbitos de avaliación:

a) Avaliación do proceso de desenvolvemento e aprendizaxe

das crianzas.

b) Avaliación da propia práctica educativa.

c) Avaliación do funcionamento do centro.

Page 11: Unidade Didáctica 8

a) AVALIACIÓN DO PROCESO DE DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE DAS CRIANZAS*

No 1º ciclo avalíase fundamentalmente o proceso de desenvolvemento das crianzas,

mentres que no 2º ciclo a avaliación céntrase tanto nos procesos de desenvolvemento do

alumnado como nas aprendizaxes.

Esta avaliación realízase tomando como referencia os criterios e indicadores de

avaliación:

Os criterios de avaliación (recollidos no currículo) son unha primeira aproximación para

coñecer en que medida o alumnado desenvolve as capacidades enunciadas nos obxectivos.

Os indicadores de avaliación (establecidos polo educador/a a partir dos criterios de

avaliación) concretan os criterios de avaliación en trazos de conduta máis específicos que poden

ser observados e valorados polos/as docentes nas diferentes manifestacións do alumnado.

A coordinación deste proceso de avaliación correspóndelle ao titor/a do grupo,

recollendo a información proporcionada polos outros/as profesionais que participan no

proceso educativo.

A valoración do proceso de evolución e aprendizaxe debe ser cualitativa,

proporcionando información individualizada sobre os progresos efectuados por cada

nena/o.

Page 12: Unidade Didáctica 8

EXEMPLO DE CONCRECIÓN DUN CRITERIO DE AVALIACIÓN EN INDICADORES ESPECÍFICOS

ÁREA DE COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL

CRITERIO DE AVALIACIÓN INDICADORES ESPECÍFICOS

Recoñece, identifica erepresenta o corpo nasúa globalidade e as súasdiferentes partes.(2º ciclo)

• Sinala as partes principais do seu corpo.

• Identifica e nomea elementos de segmentos corporais.

• Sinala correctamente partes e detalles do corpo (talón,

pestanas, cellas...).

• Nomea as partes do corpo sobre si mesmo/a e sobre as

outras persoas.

• Recoñece e acepta as súas características persoais.

• Pode describir características e circunstancias persoais.

• Fai unha descrición axeitada doutra persoa.

• Capta e describe diferenzas e semellanzas entre persoas.

• Logra un esbozo da figura humana, diferenciando:

cabeza e corpo, brazos, mans, pernas e pés.

Page 13: Unidade Didáctica 8

b) AVALIACIÓN DA PROPIA PRÁCTICA EDUCATIVA*

A avaliación da práctica educativa ten por finalidade mellorar a adecuación da

intervención educativa ás características e necesidades das crianzas.

Esta avaliación debe ter en conta aspectos como: ambiente na aula (clima,

interacción entre crianzas, relación educador/a-crianzas...), adecuación da proposta

pedagóxica e da propia planificación educativa (adecuación das unidades didácticas

programadas e das actividades desenvolvidas, organización dos espazos e dos

tempos, planificación dos recursos materiais e persoais...), adaptacións ás

necesidades concretas das crianzas, coordinación entre os/as profesionais do

mesmo ciclo e coherencia entre os ciclos, regularidade e calidade da relación coas

familias, interrelación coa comunidade, resultados do alumnado, eficacia do propio

proceso avaliador...

O mecanismo principal para a avaliación da práctica educativa é a autoavaliación

(reflexión arredor da propia actuación educativa), ben de forma individual, ben en

equipo.

Page 14: Unidade Didáctica 8

c) AVALIACIÓN DO FUNCIONAMENTO DO CENTRO*

A avaliación do funcionamento dun centro ten por finalidade mellorar a calidade do servizo

que este presta.

A noción de calidade aplicada á educación emerxeu como reto nas últimas décadas e refírese

á xestión máis eficaz posible das condicións de ensino-aprendizaxe co fin de conseguir uns

resultados educativos óptimos e lograr a satisfacción dos axentes implicados.

A LOE/LOMCE impón ás Administracións educativas a obriga de promover a avaliación dos

centros educativos nun dobre sentido: elaborando e realizando plans de avaliación externos e

facilitando a autoavaliación dos centros.

Segundo Miguel Ángel Zabalza, unha Educación Infantil de calidade debe reunir 10

aspectos clave: organización dos espazos, equilibrio entre a iniciativa da crianza e o traballo

dirixido, atención privilexiada aos aspectos emocionais, uso dunha linguaxe enriquecida,

diferenciación de actividades para abordar todas as dimensións do desenvolvemento e todas

as capacidades, rutinas estables, materiais diversificados e polivalentes, atención

individualizada, sistemas de avaliación que permitan o seguimento global do grupo e de cada

nena/o, traballo coas nais e os pais e co contorno (escola aberta).

Page 15: Unidade Didáctica 8

CANDO AVALIAR?

Page 16: Unidade Didáctica 8

2. O PROCESO DE AVALIACIÓN A avaliación debe ter un carácter permanente e sistemático.

A avaliación prodúcese en tres momentos distintos:

Avaliación inicial (ou diagnóstica). Realízase ao comezo de cada fase de ensino-

aprendizaxe (ciclo, curso, unidade didáctica...). Permite coñecer a situación de

partida e tomar as decisións oportunas ao respecto: na incorporación dun neno/a

ao centro está orientada a recoller os datos máis destacados do seu proceso de

desenvolvemento, mentres que ao comezo dunha unidade didáctica está orientada a

detectar os coñecementos previos e experiencias das crianzas nun determinado

ámbito.

Avaliación continua (ou formativa ou de proceso). Realízase ao longo do proceso

de ensino-aprendizaxe. Permite analizar os progresos e dificultades das crianzas,

así como a eficacia do propio proceso de ensino, de cara a mellorar e reaxustar a

intervención educativa.

Avaliación final (ou sumativa). Realízase ao remate de cada fase de ensino-

aprendizaxe (ciclo, curso, unidade didáctica...). Permite comprobar a

consecución dos obxectivos propostos.

Page 17: Unidade Didáctica 8

COMO AVALIAR?

Page 18: Unidade Didáctica 8

3. TÉCNICAS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN*

As técnicas de avaliación son os procedementos mediante os cales se leva a

cabo a avaliación, mentres que os instrumentos de avaliación son os recursos

concretos mediante os cales se obtén a información que será avaliada.

En Educación Infantil contamos con distintas técnicas e instrumentos de

avaliación:

TÉCNICAS INSTRUMENTOS

OBSERVACIÓN Lista de control, escala de estimación, rexistro anecdótico, diario,

ficha de observación

INTERROGACIÓN Entrevista, cuestionario

ANÁLISE DAS PRODUCIÓNS DAS CRIANZAS

Portafolio

Page 19: Unidade Didáctica 8

a) A OBSERVACIÓN* A observación consiste na captación e recollida de información a través dos

sentidos.

A observación pode ser de distintos tipos:

Segundo a súa sistematización: observación estruturada ou sistemática

(deliberada e planificada, rexistrando a información obtida) e observación non

estruturada ou espontánea (sen ningunha planificación).

Segundo a participación do observador/a: observación participante (o observador/a

intervén na situación observada) e observación non participante (o observador/a

non intervén na situación 0bservada).

Segundo a inmediatez da observación: observación directa (o observador/a entra en

contacto coa realidade observada) e observación indirecta (o observador/a accede á

realidade observada a través das observacións doutras persoas: informes, gravacións...).

A observación directa e sistemática é a principal técnica de avaliación en

Educación Infantil e o mellor medio para avaliar a evolución das crianzas.

Page 20: Unidade Didáctica 8

a) A OBSERVACIÓN (cont.)

Fases do proceso de observación:*

Planificación da observación: determinar para que, que, cando, como, onde,durante canto tempo, quen e decidir e deseñar os instrumentos de avaliación.

Desenvolvemento da observación: recollida dos datos.

Interpretación da información: análise dos datos.

Toma de decisións: deseño dun plan de intervención.

Instrumentos para rexistrar a observación:

Lista de control (ou lista de comprobación ou cotexo): rexistro da presenza ouausencia de determinadas condutas previamente definidas (Si/Non).

Escala de estimación (ou escala de valoración): rexistro do grao en que se dandeterminadas condutas previamente definidas (ex.: Sempre/A miúdo/Raravez/Nunca).

Rexistro anecdótico (ou anecdotario): anotación dalgún feito significativo coamaior inmediatez posible.

Diario: anotación dos acontecementos máis relevantes da xornada.

Ficha de observación: listado de ítems a partir dos cales se avalía unhadeterminada actividade.*

Page 21: Unidade Didáctica 8

EXEMPLO DE LISTA DE CONTROL

NOME DO NENO/A: DATA:

OBSERVACIÓN: Comportamento no comedor SI NON

Axuda a poñer a mesa

Permanece sentado/a na súa cadeira durante a comida

Mantén unha postura corporal axeitada na mesa

Come só/soa utilizando culler e garfo

Bebe só/soa do vaso

Page 22: Unidade Didáctica 8

EXEMPLO DE LISTA DE CONTROL GRUPAL

GRUPO: DATA:

OBSERVACIÓN: Comportamento no comedor

Nome Axuda a poñer a mesa

Permanecesentado/a na súa cadeira durante a comida

Mantén unha postura corporal

axeitada na mesa

Come só/soa utilizando

culler e garfo

Bebe só/soa do vaso

Paula X X X X

Óscar X X

María X X X

Tania X X

Carlos X X

Page 23: Unidade Didáctica 8

EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN DE FRECUENCIAS

NOME DO NENO/A: DATA:

OBSERVACIÓN:

Comportamento social

SEMPRE A MIÚDO RARA VEZ NUNCA

Busca a compañía da educadora

Busca a compañía doutras crianzas

Xoga con outras crianzas

Colabora con outras crianzas nas

tarefas

Respecta aos seus compañeiros/as

Page 24: Unidade Didáctica 8

EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN NUMÉRICA

NOME DO NENO/A: DATA:

OBSERVACIÓN: Comportamento social 1 2 3 4

Busca a compañía da educadora

Busca a compañía doutras crianzas

Xoga con outras crianzas

Colabora con outras crianzas nas tarefas

Respecta aos seus compañeiros/as

Page 25: Unidade Didáctica 8

EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN DESCRITIVA

NOME DO NENO/A: DATA:

OBSERVACIÓN: Comportamento social

O neno/a móstrase en clase: Inquedo/aTranquilo/aComunicativo/aInteresado/a

A súa relación coa educadora é: Moi boaBoaRegularMala

Cos seus compañeiros/as móstrase: IndiferenteConfiado/aAfectuoso/aAbsorbente

Ante as persoas estrañas móstrase: Asustado/a Desconfiado/aConfiado/aIrritado/a

Page 26: Unidade Didáctica 8

EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN DE FRECUENCIAS GRUPAL

GRUPO: DATA:

OBSERVACIÓN:

Comportamento social

SEMPRE A MIÚDO RARA VEZ NUNCA

Busca a compañía da educadora PaulaÓscar

Busca a compañía doutras crianzas CarlosÓscar

Tania

Xoga con outras crianzas Tania

Colabora con outras crianzas nas

tarefas

María

Respecta aos seus compañeiros/as María

Page 27: Unidade Didáctica 8

MODELO DE REXISTRO ANECDÓTICO

NOME DO NENO/A: Idade:

Data: Lugar:

ANÉCDOTA:

Page 28: Unidade Didáctica 8

MODELO DE DIARIO

GRUPO: DATA:

Aspectos máis significativos pola mañá:

Aspectos máis significativos pola tarde:

O mellor do día de hoxe:

Aspectos que conviría mellorar:

Page 29: Unidade Didáctica 8

MODELO DE FICHA DE OBSERVACIÓN DUNHA ACTIVIDADE

TÍTULO DA ACTIVIDADE:

Breve descrición:

Grupo no que se realizou:

Participación das crianzas:

Nivel de dificultade:

Adecuación da duración:

Adecuación dos espazos e materiais:

Adecuación dos recursos persoais:

Dificultades detectadas:

Propostas de mellora:

Page 30: Unidade Didáctica 8

b) A INTERROGACIÓN*

A técnica da interrogación engloba todos aqueles procedementos nos

que a información se obtén por medio de preguntas a outras persoas.

Dentro da técnica da interrogación, atopamos dous instrumentos

distintos:

Entrevista: obtención de información por medio da realización de

preguntas nunha conversa.

Cuestionario: formulario de preguntas para ser contestadas por

escrito.

Page 31: Unidade Didáctica 8

A ENTREVISTA Segundo o seu grao de estruturación, a entrevista pode ser estruturada

(preguntas totalmente prefixadas), semiestruturada (preguntas prefixadas

que poden ir variando segundo as respostas) ou non estruturada (preguntas

non prefixadas).*

A entrevista coas familias é unha ferramenta privilexiada para intercambiar

información sobre as crianzas co fin de axudarlles no seu proceso de

desenvolvemento e aprendizaxe.

A entrevista inicial (no momento do ingreso) adquire unha especial

relevancia porque achega os principais datos para a avaliación inicial.

Á hora de realizar unha entrevista coas familias, hai que ter en conta unha serie

de condicións: fixar día, hora e duración aproximada; ter previsto un lugar

adecuado; contar cun guión ou modelo de entrevista; e amosar unha actitude

profesional, cordial e respectuosa.

Page 32: Unidade Didáctica 8

O CUESTIONARIO

O cuestionario utilízase fundamentalmente como complemento da entrevista

inicial, para realizar a autoavaliación da práctica educativa e para coñecer a

opinión ou o nivel de satisfacción das familias ou outros sectores da

comunidade educativa con respecto a algún aspecto do funcionamento da

escola.

Ao preparar un cuestionario, hai que ter claro que información nos interesa

obter e saber plasmala en preguntas precisas e seguindo a orde adecuada (do

xeral ao particular e das cuestións menos comprometidas ás máis

comprometidas).*

Pode conter preguntas abertas (escribir nun espazo en branco) ou pechadas

(marcar algunha das opcións que se dan).

Page 33: Unidade Didáctica 8

c) A ANÁLISE DAS PRODUCIÓNS DAS CRIANZAS*

A análise das producións das crianzas soe incorporarse como técnica de

avaliación no 2º ciclo, xa que con anterioridade a avaliación recae sobre o

proceso de desenvolvemento que cada neno/a percorre máis que nas

aprendizaxes.

Debe potenciarse a coavaliación das producións infantís por parte das

crianzas para promover a reflexión sobre os propios progresos e fortalecer a

autoestima.

Un instrumento moi útil na avaliación das producións das crianzas é o

portafolio (ou dossier ou carpeta de traballos), que é unha recompilación

das mostras e produtos do traballo de cada neno/a para documentar as

aprendizaxes realizadas nun período de tempo determinado (xeralmente un

trimestre).

Page 34: Unidade Didáctica 8

A INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Page 35: Unidade Didáctica 8

5. A INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

A información derivada da avaliación debe ser comunicada e compartida coas

familias co fin de facelas copartícipes do proceso educativo das súas fillas/os e

complementar os diferentes puntos de vista para atopar entre todos/as as estratexias

axeitadas que lles permitan aos nenos/as afrontar os retos desta etapa.

Corresponde ao titor/a informar regularmente aos pais e nais ou titores legais sobre os

progresos e dificultades das nenas/0s utilizando as canles que para este efecto se

fagan explícitas no proxecto educativo.

Existen distintos instrumentos para o contacto coas familias: intercambio oral de

información nas entradas e saídas, partes diarios, entrevistas, informes tipo...

Xeralmente a información procedente da avaliación continua trasládase ás familias,

como mínimo, nun informe escrito trimestral cuxo contido e formato é definido

polo propio centro (obrigatorio no 2º ciclo).

Consideracións sobre a elaboración do informe ás familias: utilizar unha

linguaxe sinxela e precisa evitando os tecnicismos, incluír só información contrastada,

subliñar os logros e avances acadados, evitar as comparacións entre crianzas,

proporcionar orientacións para a actuación das nais e pais, acompañar o informe

dunha entrevista se é necesario, empregar un ton próximo e familiar que invite a ler.

Page 36: Unidade Didáctica 8

O EXPEDIENTE PERSOAL

Page 37: Unidade Didáctica 8

6. O EXPEDIENTE PERSOAL

Ao inicio da escolarización, en cada un dos ciclos de EducaciónInfantil, o centro abrirá un expediente persoal do alumnado cuxacustodia e arquivo lles corresponde aos centros educativos.

Neste expediente consignaranse cando menos:

Informe persoal: recollerá os datos de identificación da nena/o, así como os

datos familiares, psicopedagóxicos, médicos e sociais máis significativos, máis o

resumo da escolaridade do 2º ciclo (cursos escolares realizados e centro en que

a alumna/o estivo escolarizada/o cada curso académico).

Informe de avaliación inicial: recollerá os datos achegados na entrevista pola

familia, as observacións relevantes durante o período de adaptación e as

achegas dos períodos de escolarización anteriores, se os houber.

Informe anual de avaliación individualizado: será elaborado polo titor/a ao

rematar cada curso a partir dos datos obtidos a través da avaliación continua.

Informe individualizado de final de ciclo: elaborado polo titor/a ao finalizar

o 2º ciclo de Educación Infantil a partir dos datos máis relevantes dos informes

de cada curso.

(Información extraída da Orde do 25 de xuño de 2009)

Page 38: Unidade Didáctica 8

THE END