Unidade 5 a evolución biolóxica

90
EVOLUCIÓN BIOLÓXICA

Transcript of Unidade 5 a evolución biolóxica

Page 1: Unidade 5   a evolución biolóxica

EVOLUCIÓN BIOLÓXICA

Page 2: Unidade 5   a evolución biolóxica

CAL É A ORIXE DA BIODIVERSIDADE ACTUAL?

Page 3: Unidade 5   a evolución biolóxica

CAL É A ORIXE DA VIDA,

E DOS SERES HUMANOS...?

Page 4: Unidade 5   a evolución biolóxica

EXPLICACIÓNS MÍTICAS/RELIXIOSAS: Baseadas na FeUn ser supernatural creou o mundo tal como o vemos.

EXPLICACIÓNS FILOSÓFICAS: Baseadas na Razón

EXPLICACIÓNS CIENTÍFICAS: Baseadas no Método Científico✔ Pregunta/problema ✔ Observación dos feitos (realidade) ✔ Proposta de TEORÍAS que expliquen os feitos, usando a RAZÓN.✔ Constante comprobacións destas teorías coas novas observacións: REVISIÓN e perfeccionamento.

Anaximandro de Mileto: (610-546 A.C.)

Aristóteles: (384-332 A.C.)

Page 5: Unidade 5   a evolución biolóxica

XERACIÓN ESPONTÁNEA

- Durante moito tempo a xente creeu que os seres vivos (polo menos as formas máis

simples de vida) nacían espontáneamente da materia orgánica en descomposición.

Esta teoría recibe o nome de XERACIÓN ESPONTÁNEA.

Jan Baptist van Helmont (1579-1644):

Experimentou con plantas, cultivándoas e comparando o incremento na súa masa coa insignificante perda de masa do solo: deduciu que era a auga a que formaba a nova materia viva (a fotosíntese aínda non se descubrira). Tamén formulou unha receita para obter ratos (“coloca unha camisa sucia ou uns trapos nun barril cuns grans de trigo ou fariña e déixao aberto: en 21 días aparecerán os ratos”) e escorpións ( “deixa unhas follas de albahaca entre dous ladrillos ao sol...”)

- Aínda que era errónea, esta teoría estaba sustentada por moitas

observacións cotiás: pequenos insectos xurdían da carne en

descomposición, aparecían ratas no lixo, vermes na lama...

+

Page 6: Unidade 5   a evolución biolóxica

Francesco Redi (1626-1697):

- Intentou demostrar que a Xeración Espontánea non era correcta.

- Diseñou un experimento para probar que as moscas non xurden

da carne en descomposición, senón das larvas: colocou pedazos

de carne en frascos, uns abertos e outros pechados (algúns

sellados, outros cubertos cun pano para deixar pasar o aire ao

seu través), e observou que as moscas só aparecían nos frascos

abertos.

A pesar dos resultados de Redi, o descubrimento dos microorganismos reviviu a Xeración Espontánea

Page 7: Unidade 5   a evolución biolóxica

- Deseñou un experimento para rexeitar a Xeración

Espontánea: ferveu caldo nun frasco aberto, e observou

que ao cabo dun tempo aparecían microorganismos. Sen

embargo, se o caldo fervido se mantiña en frascos

pechados, esto non pasaba.

Se lle criticou que o único que conseguira probar era que

non era posible a vida sen aire.

Lazaro Spallanzani (1729-1799):

Page 8: Unidade 5   a evolución biolóxica

A Fin da Xeración Espontánea:

Louis Pasteur (1822-1895)

- Químico e microbiólogo francés.

- Partidario da Teoría Xerminal ou Microbiana

das Enfermidades.

Pasteur foi un gran científico, e entre as súas

contribucións á ciencia están:

● As primeiras VACINAS contra o antrax, a

rabia...

● A invención dun método para evitar que o leite e o

viño causaran enfermidades: PASTEURIZACIÓN

● O experimento que puxo fin definitivamente á teoría

da xeración espontánea:

Page 9: Unidade 5   a evolución biolóxica

En 1859 Pasteur ferveu caldo de carne nun frasco que tiña un colo longo e curvo

como o dun cisne (“col de cygne”). A curvatura evitaba que calquera partícula chegara

ao caldo, pero sí permitía a entrada de aire. Pasteur comprobou que nada crecía no

frasco, a non ser que rompera o colo.

Este experimento puxo fin definitivo á teoría da xeración espontánea.

Page 10: Unidade 5   a evolución biolóxica

Pasteur probou que todos seres vivos, sen importar o seu tamaño, veñen

doutros seres vivos. Pero…

Como apareceron os primeiros seres vivos?

Como apareceu a VIDA?

"Nunca se recuperará a teoría da xeración espontánea do golpe mortal deste

simple experimento”

- dixo Pasteur no seu discurso triunfante na Sorbonna en 1864.

Page 11: Unidade 5   a evolución biolóxica

Orixe Extraterrestre: PANESPERMIANos séculos XIX e XX algúns científicos propuxeron a idea

de que a vida podería ter chegado á Tera en forma de

microorganismos transportados por meteoritos, ou

incluso por algún tipo de seres extraterrestres.

Pero: as condicións que terían que ter soportado estas

bacterias durante a súa viaxe polo espacio son moi

extremas (radiacións, temperaturas extremadamente frías,

etc)

Algúns dos partidarios desta hipótese foron:

Fred Hoyle, astrónomo

(1915-2001)

Svante Arrhenius,

químico (1859-1927)

Pero a Panespermia realmente responde

a pregunta sobre a Orixe da Vida?

NON!

SÓ O DESPLAZA A OUTROS LUGARES

DO UNIVERSO.

Page 12: Unidade 5   a evolución biolóxica

Explicacións Bioquímicas: A Hipótese de Oparin

Alexander Oparin (1894-1980):1º) As primeiras moléculas orgánicas orixináronse a partir das reaccións

dos gases da atmosfera primitiva disoltos nos océanos, coa enerxía das

tormentas eléctricas e das radiacións ultravioletas do sol.

2º) Estas moléculas orgánicas se acumularon no océano durante

millóns de anos, convertíndose nunha sopa primordial na que as

moléculas reaccionaban entre sí e facíanse cada vez máis complexas.

3º) Nalgún momento, algunhas destas

moléculas serían capaces de facer

copias de sí mesmas (autorreplicarse).

- Algunhas destas moléculas quedaron

ailladas en pequenas estructuras

chamadas coacervados.

- Máis tarde, estes coacervados darían

lugar ás primeiras CÉLULAS.

Page 13: Unidade 5   a evolución biolóxica

MOLÉCULAS INORGÁNICAS:(CH

4 , NH

3 , SH

2 , H

2O) +

FONTE DE ENERXÍA(RAIOS ULTRAVIOLETA...)

MOLÉCULAS ORGÁNICAS SIMPLE

MOLÉCULAS ORGÁNICAS MÁIS COMPLEXAS

COACERVADOS

PRIMEIRAS CÉLULAS

Page 14: Unidade 5   a evolución biolóxica

O Experimento de Miller (1953)

Stanley Lloyd Miller (1930-2007:)

- Deseñou un experimento para poñer a proba os primeiros

pasos da hipótese de Oparin.

- Reproduciu as condicións da atmosfera primitiva no seu

laboratorio, e encontrou que despois dun tempo formáronse

pequenas moléculas orgánicas (aminoácidos...)

Miller NON creou vida no laboratorio, pero probou que a vida podía xurdir a partir

dunha evolución química.

Page 15: Unidade 5   a evolución biolóxica
Page 16: Unidade 5   a evolución biolóxica

Qué é a Evolución Biolóxica?- A evolución é o cambio co tempo das características hereditarias dunha poboación.

Este cambio produce unha transformación gradual de seres vivos sinxelos noutros

máis complexos xeración tras xeración.

Page 17: Unidade 5   a evolución biolóxica

TEORÍAS FIXISTAS:- Durante moito tempo, ata o século XIX, a maioría da xente creía que todas as

especies da Terra eran estables e inmutables, e que foran creadas tale e como se ven

na actualidade.

- Estas ideas estaban apoiadas por unha interpretación literal da Biblia, que moitas

persoas, científicos incluídos, tomaban por un libro científico.

A Gran Cadea do Ser de Aristóteles

Carl von Linnaeus

(1707-1778)

Pai da Taxonomía

Page 18: Unidade 5   a evolución biolóxica

Co tempo, as probas a favor da Evolución amoreábanse:

- fósiles

- probas de que a Terra era máis vella do que se dicía na Biblia

Mary Anning (1799-1847) a famosa recolectora de fósiles británica. Fixo moitos descubrimentos nos acantilados da súa vila, Lyme, como o primeiro especimen deIchtyosaurus e o primeiro Plesyosaurus. Os seus achados axudaron a probar científicamente a EXTINCIÓN.

Ichtyosaurus

Plesyosaurus

Pero moitos

continuaban a

explicar os fósiles

como “caprichos

da natureza” ou

“bromas de

Deus”, ou como

“restos de

animais que non

sobreviviran ao

Diluvio”

Page 19: Unidade 5   a evolución biolóxica

Georges Cuvier (1769-1832):

- Naturalista francés que estableceu a EXTINCIÓN como un feito

- Explicaba a existencia de fósiles coa súa teoría do

CATASTROFISMO: os fósiles eran os restos de animais que

morreran durante catástrofes xeolóxicas pasadas.

- Cuvier era un fixista: según él os fósiles eran o resultado de “creacións

sucesivas” que reemplazaran ás especies extinguidas despois de cada catástrofe-

E contou ata 27 creacións diferentes!

- Supostamente, a última catástrofe tería sido o Diluvio Universal.

Page 20: Unidade 5   a evolución biolóxica

O rexistro fósil

Page 21: Unidade 5   a evolución biolóxica
Page 22: Unidade 5   a evolución biolóxica

Erasmus Darwin: (1731 – 1802):- Formou parte da Ilustración Británica: foi filósofo natural, médico

(negouse a ser o médico persoal do rei George III), abolicionista da

esclavitude e poeta.

- Na súa obra Zoönomia expresaba algunhas ideas que apuntaban ao

transformismo, e que foron lidas e comentadas polo seu neto Charles

Darwin.

PRIMEIRAS TEORÍAS EVOLUTIVAS:

- Ademáis de ser abolicionista, Erasmus Darwin era un

defensor da educación das nenas: debían educarse en

escolas e estudar asignaturas coma educación física, botánica,

química, mineraloxía, etc.

- Ainda que as ideas evolutivas de Erasmus eran moi primitivas, e máis

poéticas que científicas (no seu poema The Botanic Garden deixa

entrever a evolución), o seu librepensamento sen dúbida tivo unha

importante influencia no seu neto Charles.

Page 23: Unidade 5   a evolución biolóxica

Jean-Baptiste Pierre Antoine de Monet, Chevalier

de la Marck, coñecido como Lamarck: (1744-1829)

- Soldado e naturallista francés, foi o primeiro en formular unha teoría da evolución,

que incluía un mecanismo que a explicara (ainda que erróneo).

Tamén foi o primeiro en usar o termo “Bioloxía” co seu significado actual.

A teoría de Lamarck baseábase nos seguintes principios:

- O AMBIENTE é capaz de inducir cambios nos animais.

- En todos os seres hai unha tendencia á PERFECCIÓN, unha forza que os fai cambiar desde máis

sinxelos a máis complexos, e a estar cada vez mellor adaptados ao seu ambiente.

- Se un animal necesita un novo órgano para unha nova función, desenvolveráo: a FUNCIÓN crea o

ÓRGANO.

- ADAPTACIÓN: cando se produce un cambio no ambiente, os organismos tamén cambian para

adaptarse mellor a él. Estes cambios son sempre beneficiosos, nunca prexudiciais.

- USO E DESUSO: canto máis se utiliza un órgano, máis se desenvolve. Os órganos que non se

utilizan vanse debilitando e finalmente desaparecen.

- HERDANZA DOS CARACTERES ADQUIRIDOS: unha vez que un individuo desenvolve unha

característica ao longo da súa vida, ésta transmitirase á súa descendencia. Aínda que errónea,

esta idea foi compartida por moitos científicoss, incluído Darwin, xa que non se coñecía cómo se

transmitían as características de pais a fillos (XENÉTICA!).

Page 24: Unidade 5   a evolución biolóxica

A “tendencia á perfección” fai que a medida que as follas das árbores están máis altas, as

xirafas que se alimentan delas vaian alongando progresivamente o seu colo.

Page 25: Unidade 5   a evolución biolóxica
Page 26: Unidade 5   a evolución biolóxica

PERO as características que se adquiren ao longo da vida non se

transmiten á descendencia, como demostrou o biólogo alemán

August Weismann:

Weismann cortou as colas dun grupo de ratos, logo os cruzou, e analizou a descendencia.

Si un rato ao que se lle cortara a cola producira descendencia sen colas, comprobaríase a

teoría de Lamark.

Weismann cortou as colas a 901 ratos durante máis de 5 xeracións.

Qué resultados obtivo?

Todos os ratos, en todas as xeracións, nacían cunha cola normal.

Page 27: Unidade 5   a evolución biolóxica

Charles Robert Darwin (Shrewsbury,12 de Febreiro de 1809 - Downe,19 de Abril, 1882):

Evolución por SELECCIÓN NATURAL:- Os seres vivos producen máis descendentes dos que

poden sobrevivir cos recurusos limitados do ambiente.

- Os individuos nas poboacións non son idénticos: hai diferencias herdables entre

eles.

- Os individuos que sobreviven transmiten as

súas características á súa descendencia.

- A acumulación de pequenas variacións ao

longo de moitas xeracións produce as novas

adaptacións ao entorno.

- Loita pola supervivencia: Só os

máis aptos, os mellor adaptados

ao ambiente, sobreviven.

Page 28: Unidade 5   a evolución biolóxica

Charles Darwin: Evolución por Selección Natural

- existe unha variabilidade natural de características hereditarias na poboación.

- algunhas destas características proporcionan unha vantaxe aos individuos que as

poseen nun ambiente determinado. Estes individuos sobreviven e deixan máis

descendentes, polo que estes caracteres transmítense á próxima xeración cunha maior

frecuencia: están favorecidos pola Selección Natural.

- os cambios vanse acumulando co tempo xeración tras xeración, producindo finalmente

as adaptacións.

Page 29: Unidade 5   a evolución biolóxica
Page 30: Unidade 5   a evolución biolóxica

Non todos os individuos que nacen sobreviven e chegan a

adultos. Aqueles que teñan as características máis

favorables, como o pelo groso e longo nun entorno frío,

teñen máis probabilidades de sobrevivir e deixar

descendentes que os que non as teñen. Esto foi o que

Charles Darwin chamou SELECCIÓN NATURAL.

Page 31: Unidade 5   a evolución biolóxica
Page 32: Unidade 5   a evolución biolóxica

PERO:

Qué pasaría se os escaravellos viviran sobre a herba ou sobre as follas

dos árbores en lugar de na cortiza?

NON HAI CARACTERES “BOS” OU “MALOS”:

A SELECCIÓN NATURAL DEPENDE DO AMBIENTE

Page 33: Unidade 5   a evolución biolóxica
Page 34: Unidade 5   a evolución biolóxica

Lamarck

- O ambiente induce cambios nos organismos.

- Estes cambios son sempre positivos (tendencia á perfección)

- Uso e desuso. A función crea o órgano.

- Herdanza dos caracteres adquiridos (TAMÉN DARWIN!!!)

Darwin

- Variación preexistente

- Non todas as variantes presentan o mesmo grao de adaptación a un

ambiente determinado.

-Loita pola supervivencia: Os mellor adaptados sobreviven e dexian

máis descendentes: as próximas xeracións estarán mellor adaptadas:

supervivencia do máis apto (NON DO MÁIS FORTE!!)

Page 35: Unidade 5   a evolución biolóxica

- Fillo dun médico, Robert Darwin (moi estricto cos seus fillos), e neto do proto-

evolucionista Erasmus; a súa nai morrey cando era neno. Desde moi novo mostrou

un grande interese pola natureza.

Para saber un pouco máis sobre quen foi Charles Darwin e como chegou á súa

teoría da Evolución por Selección Natural:

A casa onde naceu Darwin

Darwin aos 7 anos

Page 36: Unidade 5   a evolución biolóxica

Darwin non foi un bo estudante, e aos 16 anos, tras rematar os seus estudos na escola de Shrewsbury empezou a estudar na Escola de Medicina da Universidade de Edinburgo. Ao asistir horrorizado ás sangrientas operacións da época (¡non existía a anestesia!), decatouse de que non podería ser médico, e abandonou Edinburgo 2 anos despois. Sin embargo, foi alí onde entrou en contacto por primeira vez coas ideas evolutivas de Lamarck, ainda que non lle impresionaron especialmente, como tampouco o fixeran as do seu avó Erasmus.

University of Edinburgh

Tras deixar Edinburgo, Darwin entrou no Christ College de Cambridge para estudar Teoloxía e convertirse nun pastor anglicano. Alí coñeceu ao profesor de botánica John Stevens Henslow. Foi Henslow quen, rematados os estudos, recomendou ao xoven Darwin (con só 21 anos!) para o posto de acompañante do capitán Robert Fitzroy, que ía a empezar unha viaxe de casi 5 anos ao redor do mundo no H.M.S. Beagle.

Christ College, Cambridge

Page 37: Unidade 5   a evolución biolóxica

John Stevens Henslow, profesor de Botánica en Cambridge, recomendou ao xoven Darwin (21) ao Capitán Robert Fitzroy (26) (que acabou aceptándoo, a pesar da forma do seu nariz!)

para facer unha emocionante viaxe que ía cambiar a historia da Ciencia

Page 38: Unidade 5   a evolución biolóxica

O HMS Beagle saiu de Plymouth no 27 de Decembro de 1831 e regresou a Falmouth, Cornualles o 2 de Outubro de 1836.

27,5m de longo, 7,46m de ancho… e 75 persoas vivindo dentro del!!

e Darwin, que compartía camarote con Fitzroy, estaba mareado a maior parte do tempo...!

Page 39: Unidade 5   a evolución biolóxica

O Darwin que deixou Inglaterra era un xoven naturalista desconocido que compartía

as ideas fixistas da súa época...

Pero o que regresou casi 5 anos máis tarde era xa un científico famoso, grazas aos

seus asombrosos descubrimentos de novas especies, e, o máis importante: TIÑA UN

SEGREDO, unha teoría revolucionaria que aínda non se atrevía a compartir cos seus

colegas científicos… unha teoría da EVOLUCIÓN que aportaba o mecanismo

correcto: a SELECCIÓN NATURAL.

Page 40: Unidade 5   a evolución biolóxica

Que pasara durante a viaxe...?- Durante a viaxe no Beagle, Darwin descubriu e recolectou numerosas novas

especies, que ía mandando a Inglaterra en cada escala do barco. Tamén aproveitaba

as escalas para estudar a xeoloxía do continente sudamericano.

As súas observacións víronse influenciadas polos seus coñecementos previos e polas

súas lecturas:

Charles Lyell, xeólogo, e os seus Principios de Xeoloxía, nos que sinalaba que a paisaxe da Terra fora modelada pola acción lenta e constante das mesmas forzas que están actuando no presente. (UNIFORMISMO): pequenas forzas podían provocar grandes cambios si actuaban durante moito tempo. O capitán Fitzroy regaláralle este libro a Darwin ao comezo da viaxe.

Thomas Malthus, demógrafo e economista, que no seu Ensaio sobre o Principio da Poboación (publicado entre 1798-1826) afirmaba que “a poboación crece máis rápido que os recursos” Darwin leu a obra de Malthus cando regresou a Inglaterra.

Page 41: Unidade 5   a evolución biolóxica

E chegaron ás Illas Galápago...

Page 42: Unidade 5   a evolución biolóxica

Darwin decatouse de que cada illa tiña unha especie lixeiramente diferente de

pinzón, perfectamente adaptada á dieta dispoñible.

Por qué se tería

molestado Deus en crear

unha especie para cada

illa?

Page 43: Unidade 5   a evolución biolóxica

Darwin tivo a xenialidade de ver a importancia do que os demáis científicos da época

pasaban por alto: a VARIACIÓN entre os individuos dunha poboación.

✔ Se nunha illa o principal alimento eran as sementes, os pinzóns cun pico duro, capaz de abrilas, terían vantaxe fronte os outros, e deixarán máis descendentes coas mesmas características.

✔ Se noutra illa era necesario picar na madeira, ou chuchar nectar das flores, eran outras as formas do pico que se veían favorecidas pola Selección Natural.

✔ Así, despois de moitas xeracións (TEMPO) a poboación de cada illa desenvolvera diferentes picos.

✔ Darwin denominou SELECCIÓN NATURAL a este mecanimo que escolle (selecciona) das diferentes VARIANTES presentes na poboación aquelas mellor adaptadas para o ambiente no que viven. Ao deixar estas máis descendentes que as peor adaptadas, despois dun TEMPO suficiente, as características da poboación cambian.✔Se se acumulan moitos cambios co paso do tempo pode incluso orixinarse unha nova especie.

Page 44: Unidade 5   a evolución biolóxica

DIFERENTES ESPECIES, ADAPTADAS A DIFERENTES AMBIENTES

Poboación con pinzóns lixeiramente diferentes:VARIACIÓN na poboación

+Diferentes ambientes (SELECCIÓN NATURAL)

TEMPO

+

Page 45: Unidade 5   a evolución biolóxica

De volta en Inglaterra, Darwin era xa un científico famoso, con contactos cos

científicos máis importantes da época. Ainda que xa lle dera forma á súa teoría da

Evolución por Selección Natural na súa cabeza, non a fixo pública, e en vez de

quedarse en Londres, casou coa súa curmá Emma e retirouse a vivir en Downe

House, en Down (Kent), desde onde mantería constantes e frecuentes contactos

postais con científicos de todo o mundo.

Emma Darwin era moi relixiosa e tocaba o piano (for a alumna de Chopin).

Page 46: Unidade 5   a evolución biolóxica

Downe House

No seu invernadoiro Darwin experimentaba con distintas plantas (carnívoras, orquídeas…), e publicou numerosos libros cos seus descubrimentos. Tamén se convertiu nun experto mundial no grupo dos cirrípedos (percebes!)

Page 47: Unidade 5   a evolución biolóxica

Darwin era un pai cariñoso que adoraba xogar cos seus fillos

Francis Darwin, científico

George Darwin, matemático

Annie. A súa morte á edade de 10 anos afectour profundamente a Darwin.

Emma Darwin

Charles co seu fillo William

Page 48: Unidade 5   a evolución biolóxica

Ainda que Darwin seguía investigando en diferentes campos da ciencia, e publicando numerosos libros, parecía non ter moita presa por publicar a teoría que sabía que o faría entrar na Historia

POR QUÉ...???Darwin paseaba por este camiño da súa casa de Downe House, mentres reflexionaba sobre as súas teorías.

Page 49: Unidade 5   a evolución biolóxica

- Sabía que a súa teoría lle traería problemas coa Igrexa, e non quería disgustar á

súa muller, Emma.

- Sabía que a súa teoría tamén sería polémica entre a comunidade científica, e

quería dispoñer do maior número de probas e exemplos posible.

- Sabía que a súa teoría tamén tiña PUNTOS FÉBLES: non

podía explicar cómo se orixinaba a variación, nen cómo

se transmitían as características á descendencia (recurría

á teoría da herdanza dos caracteres adquiridos como

Larmarck).

Pola mesma época, un descoñecido monxe checo, Gregor

Mendel, estaba descubrindo a Xenética...

Page 50: Unidade 5   a evolución biolóxica

Só despois de recibir unha carta doutro naturalista, ALFRED RUSSELL WALLACE, que chegara a unha teoría evolutiva moi similar á súa, Darwin se decidiu a facer pública a súa teoría e A Orixe das Especies, o 22 de novembro de 1859, máis de 20 anos despois da súa viaxe no Beagle! O libro foi un éxito de ventas inmediatamente, e a polémica extendeuse na sociedade (na comunidade científica, sen embargo, a teoría aceptouse bastante rápidamente).

Old Wallace

Alfred Russell Wallace (1823-1913). Chegou independentemente a unha teoría da evolución por selección natural semellante á de Darwin, o que acabou de decidir a este a publicar a súa. A diferenza de Darwin, as preocupacións económicas eran unha constante na súa vida, e, consciente dos problemas económicos de Wallace,Darwin presionou para que o goberno lle concedera unha pensión económica vitalicia polas súas contribucións á ciencia. En 1881 Wallace obtivo unha pensión de 200 libras, a sumar aos ingresos polos seus libros. Darwin e mais él presentaron a súa teoría xuntos o 1 de Xullo de 1859, na Linnean Society de Londres.

O xove Wallace en Singapore.

Page 51: Unidade 5   a evolución biolóxica

Na Orixe das Especies Darwin evitou utilizar o polémico termo “evolución”, pero insistiu no antecesor común que todos os seres vivos compartían. Sobre a orixe do ser humano, só fixo unha alusión “light will be thrown on the origin of man and his history". Só nun libro posterior abordaría o tema da orixe do ser humano: Descent of Man, 1871.

First evolutionary tree

Párrafo final de A Orixe das Especies: “Hai grandeza nesta visión de que a vida, con todas as súas forzas, teña sido insuflada orixinalmente nunhas poucas formas ou nunha sola; e que, mentres este planeta xira segundo a lei da gravedade, a partir dun comezo tan simple evolucionaran formas tan fermosas e maravillosas”.“There is grandeur in this view of life, with its several powers, having been originally breathed into a few forms or into one; and that, whilst this planet has gone cycling on according to the fixed law of gravity, from so simple a beginning endless forms most beautiful and most wonderful have been, and are being, evolved”

Page 52: Unidade 5   a evolución biolóxica

A EVOLUCIÓN HOXE:- NEODARWINISMO ou TEORÍA SINTÉTICA

- EQUILIBRIO PUNTUADO OU SALTACIONISMO

Page 53: Unidade 5   a evolución biolóxica

- Agora sabemos que os rasgos hereditarios están nos XENES, e están compostos de ADN

- Os erros na copia do ADN (MUTACIÓNS) orixinan proteínas diferentes, e

polo tanto rasgos diferentes: Agora coñecemos, polo tanto, a orixe da

VARIABILIDADE nas poboacións: a MUTACIÓN

- A evolución sucede GRADUALMENTE: pequenos cambios que se acumulan

co paso do tempo

NEODARWINISMO ou TEORÍA SINTÉTICA: Fusiona a teoría da Selección Natural cos coñecementos de Xenética que

temos adquirido ao longo dos séculos XX e XXI.

Page 54: Unidade 5   a evolución biolóxica

O NEO-DARWINISMO ou TEORÍA SINTÉTICA DA EVOLUCIÓN é a versión

moderna da teoría evolutiva:

➔ Mecanismo: SELECCIÓN NATURAL

➔Orixe da variabilidade: MUTACIÓN, RECOMBINACIÓN, DERIVA XENÉTICA

➔Transmisión dos caracteres: ADN (xenes)Theodosius Dobzhansky (1900-1975)

Importante biólogo evolutivo e xenetista,

e figura central no campo da bioloxía

evolutiva polo seu traballo, que

configurou a síntese evolutiva moderna.

“Nada ten sentido en bioloxía se non é á luz da evolución”

Francisco José Ayala (1934- )

Richard Dawkins (1941- )

Discípulo de Dobzhansky,

membro da academia de

ciencias de EEUU.

Autor de “O Xen Egoísta”:

“Somos máquinas de

supervivencia, autómatas

programados a cegas coa fin de

conservar as egoístas moléculas

coñecidas como xenes”

Page 55: Unidade 5   a evolución biolóxica
Page 56: Unidade 5   a evolución biolóxica

EQUILIBRIO PUNTUADO ou SALTACIONISMO:

- oponse ao gradualismo da teoría sintética: as especies

pasan por longos períodos de estabilidade, seguidos de

cortos períodos de cambios bruscos: o cambio evolutivo

sucece relativamente rápido, mentras que durante a maior

parte do tempo as especies son estables.

- esto é coherente coas discontinuidades que mostra o

rexistro fósil. (Os neodarwinistas explican estas

discontinuidades dicindo que o rexistro fósil é incompleto)

-as CATÁSTROFES marcaron o proceso evolutivo

- MACROMUTACIÓNS

Page 57: Unidade 5   a evolución biolóxica

Stephen Jay Gould (1941-2002) Niles Eldredge (1943-)

EQUILIBRIO PUNTUADO ou SALTACIONISMO

Page 58: Unidade 5   a evolución biolóxica

✔ Tanto o gradualismo do Neodarwinismo como o Equilibrio Puntuado aceptan a Selección Natural como o mecanismo da evolución. Discrepan no ritmo do cambio evolutivo.

GRADUALISMO EQUILIBRIO PUNTUADO

Page 59: Unidade 5   a evolución biolóxica

AS PROBAS DA

EVOLUCIÓN

ANATOMÍA COMPARADA

EMBRIOLOXÍA

PALEONTOLOXÍA

PROBAS BIOXEOGRÁFICAS

BIOLOXÍA

MOLECULAR

Page 60: Unidade 5   a evolución biolóxica

1.- ANATOMÍA COMPARADA

ÓRGANOS HOMÓLOGOS: teñen un aspecto diferente porque posúen funcións

distintas, pero teñen a mesma estructura básica, ca que a súa orixe é común.

Page 61: Unidade 5   a evolución biolóxica

ÓRGANOS VESTIXIAIS: órganos que non teñen ningunha función na

actualidade.

Page 62: Unidade 5   a evolución biolóxica

ÓRGANOS ANÁLOGOS: teñen funcións similares, pero distinta estructura (xa que

teñen orixes diferentes).

Page 63: Unidade 5   a evolución biolóxica
Page 64: Unidade 5   a evolución biolóxica

2.- EMBRIOLOXÍA

As primeiras etapas do

desenvolvemento dos

diferentes organismos

mostran moitas similitudes.

“A ontoxenia recapitula a

filoxenia” (E. Haeckel)

Page 65: Unidade 5   a evolución biolóxica

3.- PALEONTOLOXÍA: fósiles

Archaeopteryx mostra

características

intermedias entre os

reptiles e as aves.

Page 66: Unidade 5   a evolución biolóxica

4.- PROBAS BIOXEOGRÁFICAS:

Page 67: Unidade 5   a evolución biolóxica

5.- BIOLOXÍA MOLECULAR:

Page 68: Unidade 5   a evolución biolóxica

As MUTACIÓNS orixinan a VARIABILIDADE

As mutacións sucenden ao AZAR (= son PREADAPTATIVAS)

MECANISMOS DA EVOLUCIÓN

Page 69: Unidade 5   a evolución biolóxica

A Selección Natural (SN) conserva as variacións

favorables e elimina as desfavorables.

A SN depende do AMBIENTE.

A SN necesita TEMPO para producir cambios.

A SN actúa GRADUALMENTE.

A SN NON TEN OBXECTIVO nin finalidade.

Actúa a cegas.

Page 70: Unidade 5   a evolución biolóxica

Outras fontes de variabilidade:

- a RECOMBINACIÓN XENÉTICA

- a FECUNDACIÓN AO AZAR

Page 71: Unidade 5   a evolución biolóxica

A evolución da cor das bolboretas (Biston betularia) de Manchester

Resistencias bacterianas aos antibióticos

Cómo explicaría Lamarck os seguintes exemplos de evolución?

E os fixistas?

E Darwin?

E os Neodarwinistas?

Page 72: Unidade 5   a evolución biolóxica

As bolboretas de Manchester

Page 73: Unidade 5   a evolución biolóxica

QUÉ É UNHA ESPECIE?

Un grupo de individuos con características semellantes, que poden cruzarse

entre eles (intercambiar xenes) e producir descendencia fértil.

Page 74: Unidade 5   a evolución biolóxica
Page 75: Unidade 5   a evolución biolóxica

Cómo aparecen as novas especies?: ESPECIACIÓN

As dúas

poboacións

separadas

acumulan

pequenos cambios

co tempo

Aillamento xenéticoTEMPOUnha BARREIRA

separa á

poboación

Page 76: Unidade 5   a evolución biolóxica

Aillamento:

- xeográfico

- ecolóxico

- conductual

- aillamento xenético

- aillamento reproductivo

Page 77: Unidade 5   a evolución biolóxica
Page 78: Unidade 5   a evolución biolóxica
Page 79: Unidade 5   a evolución biolóxica

EVOLUCIÓN HUMANA

O noso lugar entre as especies:

Os humanos somos únicamente unha do millón de especies

coñecidas no planeta.

Non somos o cumio da evolución, nen o centro da biosfera.

Somos unha especie máis.

Page 80: Unidade 5   a evolución biolóxica
Page 81: Unidade 5   a evolución biolóxica
Page 82: Unidade 5   a evolución biolóxica
Page 83: Unidade 5   a evolución biolóxica

Australopithecus, Homo habilis, Homo erectus, Homo heidelbergensis, Homo neanderthalensis Homo sapiens

Page 84: Unidade 5   a evolución biolóxica

BIPEDALISMO

ENCEFALIZACIÓN

LINGUAXE

CULTURA

TECNOLOXÍA (FERRAMENTAS)

POLGAR OPOÑIBLE

Qué nos fai HUMANOS?

Page 85: Unidade 5   a evolución biolóxica
Page 86: Unidade 5   a evolución biolóxica

BIPEDALISMO

Page 87: Unidade 5   a evolución biolóxica

ENCEFALIZACIÓN

Page 88: Unidade 5   a evolución biolóxica

POLGAR OPOÑIBLE

TECNOLOXÍA (FERRAMENTAS)

Page 89: Unidade 5   a evolución biolóxica

LINGUAXE

CULTURA

Page 90: Unidade 5   a evolución biolóxica