Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)

31
de recorte na Sanidade Pública Galega últimas

Transcript of Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)

de recorte

na

Sanidade Pública Galega

últimas

O Real decreto 1088/1989, do 8 de setembro, incluiu na asistencia sanitaria pública aos/ás cidadáns/ás sen capacidade para efectuar as cotizacións á Seguridade Social.

A Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, deu acceso á asistencia sanitaria aos/ás cidadáns/ás estranxeiros/as.

ANTEDEDENTES LEXISLATIVOS

Artigo 4º.-Titulares do dereito á protección da saúde e á atención sanitaria.1. O dereito á protección da saúde e á atención sanitaria con cargo a fondos públicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e de cobertura universal garánteselles a todas as persoas que residan nos concellos desta comunidade autónoma. Aos transeúntes no territorio da comunidade garantiránselles na forma e nas condicións que estableza a lexislación vixente, o dereito comunitario e europeo e mais os convenios nacionais ou internacionais que resulten aplicables, así como a todos os galegos e galegas de orixe ou ascendencia que, residindo fóra de Galicia, se vexan amparados polos convenios para o efecto, no xeito e nas condicións establecidos neles.2. Igualmente, garánteselles a protección da saúde e a atención sanitaria con cargo a fondos públicos ás persoas menores e ás mulleres xestantes non incluídas na alínea 1 deste artigo.3. Ademais, garánteselles a todas as persoas a atención sanitaria en situación de urxencia e emerxencia.

A LEI 8/2008 DE SAÚDE DE GALICIA

A Orde do 5 de setembro de 2011 que actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes (PSR) e daquelas que se encontran en situación de desemprego.

A ORIXE DO TARXETAZO: A ORDE

O 10 de outubro o SERGAS distribue polos centros de saúde un protocolo explicando o procedemento administrativo para poñer en prática o disposto na Orde do 5 de setembro.

A ORIXE DO TARXETAZO: O PROTOCOLO

Dende a entrada en vigor da Orde as persoas que solicitan como PSR teñen dereito á atención de urxencias e emerxencias, polo que, ante a solicitude dunha atención urxente e necesario dar unha alta rápida no aplicativo con documentación acreditativa "PRIVADO", previa búsqueda do cidadán na aplicación, sempre se lles entregará o modelo de compromiso de pago para que o asinen, escribindo a man (mentres non esté apreparado o modelo na aplicación) o seguinte texto:

□ Persoas sen recursos económicos suficientes en tramitación. Só asistencia urxencia/emerxencia.

O 8 de novembro publícase no DOG o Decreto 209/2011 polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

O DECRETO DAS “TARIFAS”

Algúns exemplos de tarifas

1ª consulta médica: 67,22 euros1ª consulta médica con coidados de enfermaría e probas : 99,74 eurosConsultas de urxencias: 260,49 euros1ª consulta de enfermaría: 53,24 euros1ª consulta de xinecoloxía: 141,67 eurosIntervencións cirúrxicas ambulatorias en AP: 123,58 euros1ª utilización que quirófano: 1000 eurosAmigdalectomía e/ou adenoidectomía (c. ambulatoria): 1.112,95 eurosMedicina nuclear -> Zevalín: 15.142,43 euros.....

Personas sen recursos (PSR) que nunca estiveron dadas de alta na Seguridade Social, entre as cales se inclúe aos estranxeir@s.

Desempregad@s (Código 29) que teñan deixado de percibir subsidio de desemprego, incluídos os que levan máis de 12 meses no desemprego.

GRUPOS AOS QUE AFECTA ESTA MEDIDA

Personas sen recursos (PSR)

A través dun procedemento que pode levar entre 1 e 2 meses estas persoas teñen que facer os trámites para conseguir a atención médica e farmacéutica. Durante ese período tamén quedan sen cobertura.

Desempregad@sMoitas persoas despois dos 3 meses posteriores ao remate do subsidio de desemprego sen previo aviso quedan sen asistencia sanitaria e farmacéutica, mentres non se resolve o trámite da renovación da cartilla (*) a través do chamado Código 29 e que pode durar meses.

COMO AFECTA ESTA MEDIDA

(*) Por un período de 2 anos

Mentres non consiguen regularizar a súa situación administrativa, desempregados e persoas sen recursos quedan suxeitas ao Decreto 2009/2011 de tarifas, é dicir, deben pagar polos servizos médicos e quedan suspendidos da redución no gasto farmacéutico.

Somente quedan exluídas as situacións de urxencias e as emerxencias.

AS CONSECUENCIAS DESTA MEDIDA

OUTROS COLECTIVOS AFECTADOS

O artigo 3.A.4 da Orde de 5 de setembro de 2011, vulnerando a Lei Xeral de Sanidade e a Lei de Saúde de Galicia, di que o grupo denominado persoas sen recursos (PSR) para solicitar a asistencia sanitaria deben “Residir en España, cunha antigüidade mínima de 183 días”, agás menores e embarazadas.

Esto significa que tanto @s inmigrantes como @s emigrantes retornad@s que non teñan ascendentes ou descendentes que @s podan incluír nas súas cartillas, quedarán durante 6 meses sen cobertura sanitaria e farmacéutica, polo que ao abeiro do referido Decreto das “tarifas” tamén deberán abonar do seu peto eses gastos.

AFECTA A UNHA AMPLA CASUÍSTICA PARTICULAR

Menores dependentes de pais privados da cartilla sanitaria: non se contemplou administrativamente como se pode asegurar a súa atención gratuíta en situacións que non son de urxencia/emerxencia.

Retornad@s das Canarias, Andorra e outros destinos do Estado Español aos que se desprazaron nos últimos anos en procura de traballo: quedan sen cobertura mentres non transcurran os 6 meses censados no Concello de orixe.

Retornad@s con pais pensionistas: non se poderán incluír nas súas cartillas.

Homes ou mulleres que forman parella sen estar casados e non teñen traballo: quedan exluíd@s da cartilla do seu cónxugue.

Xoves de máis de 25 anos fi l l@s de afilad@s a MUFACE: non hai a posibilidade de incluílos na cartilla dun familiar funcionario, polo que deberán solicitar a cartilla como PRS.

As viuvas sen número de afiliación propio no INSS e que estaban incluídas na cartillas dos seus maridos tamén pasan a situación de PSR.

etc.

O Goberno da Xunta minte!!!

Estas medidas non derivan dunha lexislación precedente: desde a Consellería de Sanidade argallárono todo (orde+protocolo), facendo unha interpretación interesada da lexislación básica estatal e autonómica. De feito, anteriormente, nunca se quedaba sen cobertura. Pasados 3 meses sen cotizar, mentres se tramitaba o cambio non había que pagar nada. O SERGAS facía entrega dun documento que servía para pedir cita médica e ir a farmacia.

A orde directa para o “bloqueo” das tarxetas sanitarias procedeu do SERGAS, non obrigado por ningún outro factor externo.

Farjas dixo no Parlamento que todas estas medidas tómanse porque “melloran a situación administrativa das persoas paradas e sen recursos” ou, dito doutra maneira, polo noso ben, engadimos nós.

UN APLAUSO

CONCLUSIÓNS

A Consellería de Sanidade, a Xunta de Galicia tentan, utilizando como excusa unha regulación administrativa, introducir o copago na cobertura médica e farmacéutica.

A táctica consiste en cargar sobre os sectores máis febles socialmente; aos que lles resulta máis difícil dar unha resposta a estas salvaxes medidas, co obxectivo de abrir unha fenda no principio da UNIVERSALIDADE sobre o que se asenta o edificio do sistema e PRIVATIZALO. Tentan abrir unha porta para as persoas que poden subscribir un seguro de enfermidade e outra distinta para aquelas outras que por razóns económicas se teñan que conformar cunha atención da saúde de “caridade pública”, retrocedendo 80 anos atrás.

A denuncia pública fixo recuar ao Goberno

Como consecuencia do eco que tivo na opinión pública as denuncias de SOS Sanidade Pública, algunha ONG como Médicos do Mundo e dos sindicatos, así como o desenmascaramento das mentiras do Presidente da Xunta no Parlamento de Galicia, os dirixentes do SERGAS víronse na obriga de dar marcha atrás, desactivando

este dispositivo… por agora .

QUE DEMANDAMOS?

SOS Sanidade Pública esixe a retirada do protocolo e de toda a lexislación habilitante de tamaño atropelo: a Orde de 5 setembro de 2011 e daquelas disposicións incluídas na Lei de Acompañamento dos Orzamentos de 2012 que van nesa liña e que se están a discutir neste momento no Parlamento de Galicia.

E aínda hai máis…

O “USO IRRESPONSABLE” UTILÍZASE DE TAPADEIRA

É absolutamente demagóxico e irracional o recorrer ao concepto de “uso irresponsable” dos recursos cuxa amplitude e ambigüidade faino imposible de determinar. O Decreto non establece tampouco os criterios para o mesmo nin quen xulgará a irresponsabilidade.

O que se fai é presentar ante a opinión pública unhas situacións particulares ("turismo sanitario", non acudir a citas,...) e xeralizalas ao conxunto dos usuarios e usuarias e así tomalas como desculpa para a introdución, tamén por esta vía, do copago para tod@s.

A LSG NADA DI DO “USO IRRESPONSABLE”

Aproveitando o Decreto 205/2011 das tarifas introduciuse o indefinido concepto de “uso irresponsable das prestacións asistenciais”, querendo xustificalo co prescrito no art. 15 da Lei de Saúde de Galicia no que se refire aos seguintes deberes sanitarios:

Usar exeitadamente os recursos, os servizos e as prestacións ofrecidas polo sistema sanitario.

Manter a debida observancia das normas establecidas en cada centro.

Cumprir as normas e procedementos de uso e acceso aos dereitos que se lle outorguen a través desta Lei.

Comunicarlle ao sistema sanitaria, coa maior brevidade posible, a non utilización por calquera causa dun servizo programado previamente.

RECEITAS DE PAGO PARA PENSIONISTAS

“No tiene sentido que un señor, por el hecho de llegar a los 65 años, no pague ni un sólo euro por un medicamento nunca más”, dixo o Presidente Feijóo en Intereconomía o pasado 5 de decembro.

Esta medida é totalmente inxusta porque: Os pensionistas son as persoas con menos ingresos: son moi poucos os pensionistas que non toman medicación de xeito habitual por padecer enfermidades crónicas e frecuentemente adoitan necesitar varios medicamentos para as súas múltiples doenzas. As pensións en Galicia son moi baixas cunha media de 767 euros: o 75% dos pensionistas non supera os 1.000 euros mensuais, o 1% os 1.500 euros mes e só o 0,5% os 2.000 euros.

PAGAR NOS HOSPITAIS

Tamén en Intereconomía, o Presidente da Xunta manifestaría a súa idea de cobrar polos servizos non médicos aos/ás pacientes nos hospitais públicos: comida, duchas, estadía,... Outro paso máis na introdución do copago na sanidade pública galega o que supón neste caso concreto outro grave atentado á equidade xa que diferenciará entre pacientes con recursos económicos e pacientes que non os teñan, co que moitos deles deberán renunciar a comer, á ducha, ao cambio de roupa etc., ou simplemente abandonar o hospital.É imposible diferenciar entre servizos sanitarios e non sanitarios na asistencia hospitalaria, xa que a limpeza, a esterilización, a hixiene persoal, a alimentación, etc. son tan importantes como os de diagnóstico ou terapéuticos. O mal exemplo témolo no Reino Unido por mor da privatización dos servizos de limpeza subiu a mortalidade hospitalaria ata colocala á cabeza de Europa.

PAGAR POR IR AO MÉDICO

Feijóo tamén manifestou a súa simpatía polo chamado "ticket moderador" para as consultas médicas, outra forma de copago argumentando que xa esiste noutros países. Dá a entender que os chamados “estados do benestar” do norte de Europa son o modelo a seguir, pero pasa por alto que o seu moi desenvolvido sistema de beneficios sociais, a maior renda e nivel de vida dos seus cidadáns e cidadás, compensan abondo o copago sanitario neses países.En realidade, os proxectos neoliberais como o que defende Feijoo, tenden cara a modelos de saúde europeos e mundiais con stándares notablemente inferiores en calidade e atención que o noso.

RECORTES NAS PRÓTESES PARA ENFERMOS

A través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos para 2012, a administración sanitaria galega quere introducir un novo recorte que afectará aos afectados por amputacións, cancro, parálise minusvalías graves e incapacitante.Preténdese que as persoas que precisen próteses, cadeiras de rodas, dispositivos para camiñar, etc. De entrada as paguen e posteriormente reclamen o seu reintegro ao SERGAS, solicitude que poderá ou non ser atendida en función da dispoñibilidade económica. Esta decisión supón que unha parte importante destes pacientes non poderán adquirir as próteses ou dispositivos que necesitan, xa que a gran maioría son persoas maiores pensionistas ou en situación de discapacidade laboral cuns ingresos económicos, polo xeral, baixos.

10 € POLA TARXETA SANITARIA

Coa xustificación do aforro, o Goberno da Xunta tamén pretende, a través da Lei de Acompañamento, cobrar pola renovación da tarxeta sanitaria. Esta taxa (en realidade outro imposto indirecto) xa foi criticada polo Consello Económico e Social. Dela non se libran nin os parados nin os chamados PSR que se queden sen cobertura sanitaria-farmacéutica.

Deliberadamente utilízase a demagoxia para evitar outras vías de capitalización do sistema público, como por exemplo:

• Subir na mesma Lei de Acompañamento o tramo autonómico do IRPF para as persoas físicas máis pudentes

• Mellorar a xestión e os protocolos para non solicitar probas diagnósticas innecesarias

• etc

RECORTES NA ATENCIÓN Á DROGODEPENDENCIA

A Proposta de Orzamentos da Xunta para 2012 tamén contempla unha drástica redución que sufrirán as catorce Unidades Asistenciais de Drogodependencia. Para o próximo ano contarán con 3.994.784 euros, un millón menos que no presente exercicio de 2011. Estes datos resultan ben alarmantes porque poñen a estes dispositivos no camiño da súa desaparición definitiva.De novo son os que máis o necesitan as primeiras e principais vítimas nas que se ensaña a Xunta de Galicia con estes recortes.

REDUCIÓN DOS PROXECTOS ANTISIDA

Malia que a SIDA increméntase nalgúns colectivos, especialmente entre a xente nova, o que indica a existencia de problemas ou deficiencias nos sistemas de información e prevención, para 2012 os orzamentos autonómicos presentan unha forte redución.Aínda que os recortes son difíciles de avaliar, porque por primeira vez forma un único apartado cos "programas de prevención da drogodependencia", en conxunto presentan unha diminución dunha cuarta parte a respecto de 2011: de 1 millón de euros pásase a 750.000.Polo tanto, ao intento de camuflar os recortes engádese a estigmatización dos afectados ao consideralos como drogodependentes.

1.000.000 €750.000 €TOTAL

Programas dePrevención dadrogodependencia

(8) 12.178 €(21) 21.000 €UAD’s e Concellos

(12) 149.061 €(28) 255.000 €AsociaciónsVIH-SIDA

201220112010

En vermello o número de asociacións e concellos subvencionados

MENOS AMBULANCIAS E… DE PAGOA contrarreforma do Decreto 42/1998 do transporte sanitario do 15 de xaneiro supuxo:

• A eliminación do técnico-axudante nas ambulancias medicalizadas.• A supresión da alusión expresa que aparecía no Decreto anterior de que os gastos de ambulancia serían a cargo do SERGAS, abre a porta ao copago por uso do transporte sanitario.

En Marín participaron miles de persoas nos actos e na recollida de asinaturas en protesta contra a supresión da ambulancia no horario nocturno.

Este verán pasado produciuse a supresión das ambulancias asistenciais do 061 en Baiona, Ponteareas, Marín e A Mariña luguesa, e dunha das ambulancias medicalizadas en Vigo. Nesta liña de recortes pensan proseguir, segundo teñen alertado os comités de empresa.

Seguimos informando.

Vémonos nas prazas e nas rúas.

Contra os retallamentos!!

En defensa da Sanidade Pública!!