Traballo europa

10
LUCÍA FERNÁNDEZ LÓPEZ – 6ºA EUROPA

Transcript of Traballo europa

Page 1: Traballo europa

LUCÍA FERNÁNDEZ LÓPEZ – 6ºA

EUROPA

Page 2: Traballo europa

ÍNDICE

1.Introdución............................páx.3

2.Localización............................páx.3

3.Tipos de paisaxes.....................páx.3

4.Relevo..................................páx.5

5.Climatoloxía e vexetación.............páx.6

6.Vertentes e ríos.......................páx.7

7.Mapa de Europa no mundo............páx.8

8.Mapa das paisaxes de Europa........páx.9

9.Mapa do relevo de Europa............páx.10

10. Mapa dos climas e

vexetación......páx.11

11. Mapa das vertentes e

ríos..........páx.12

12. Bibliografía...........................páx.13

1.INTRODUCIÓN

2

Page 3: Traballo europa

Tradicionalmente asóciase a orixe do topónimo Europa cun personaxe mitolóxico. Europa era filla de Agénor e de Telefasa, irmá de Cadmo, unha princesa fenicia. Cando se divertía coas súas compañeiras na praia, Zeus observouna e acabou namorándose dela. Zeus transformouse nun touro branco, tan manso, que Europa achegouse a el, púxolle flores sobre o pescozo e logo atreveuse a montalo; entón, Zeus ergueuse e cruzou o mar, levándoa a illa de Creta, onde Europa pariu a Minos e a Sarpedón, co cal regresou a Asia. Do nome desta muller provén o do continente.

2.LOCALIZACIÓN

Europa é o único continente que se atopa totalmente situado no hemisferio norte. Esténdese os 35º aos 70º Norte de latitude, e desde os 10º Leste aos 60º Oeste de lonxitude. Limita polo norte co océano Glacial Ártico; polo leste, con Asia; polo sur, co mar Mediterráneo e con Asia; e polo oeste, co océano Atlántico. Europa é o segundo continente máis pequeno en termos de superficie, que abarca arredor de 11.000.000 km2 ou o 2% da superficie do planeta Terra e arredor de 6,8% do total das terras emerxidas. De todos os países europeos, Rusia é o que maior superficie ten, mentres que a cidade do Vaticano é o máis pequeno. Europa é o cuarto continente máis poboado, despois de Asia, África e América, cunha poboación de arredor do 11% da poboación mundial.

*Ver mapa da páxina 9.

3.TIPOS DE PAISAXES

Dentro de Europa podemos atopar as seguintes paisaxes:a) Montaña : As paisaxes de alta montaña atopámolas nas

zonas máis elevadas que están no sur. A maioría bordean o mar Mediterráneo: os Pireneos, os Alpes, os Cárpatos, os Balcáns e o Cáucaso. Outras montañas de menor altura son os Montes Escandinavos e os Montes Urais que forman o límite leste de Europa con Asia.Nestas zonas de montaña a poboación é escasa, vive da gandería, aínda que hoxe algunhas montañas teñen un

3

Page 4: Traballo europa

grande atractivo turístico e nelas practícanse deportes de inverno.Hai que destacar tamén as paisaxes polares que ocupan unha estreita franxa do Norte de Islandia, Noruega e Rusia. Nestes lugares o chan está cuberto de neve e só durante os meses de verán prodúcese o desxeo, e o chan cóbrese de arbustos e herbas. Son zonas pouco poboadas, onde só viven lapóns, persoas que se dedican ao pastoreo de renos.

b) Chaira : Esta paisaxe esténdese polo centro e polo leste de Europa. No centro está a Gran Chaira Europea, que limita co mar do Norte e co Báltico, polo norte; e cos Alpes e cos Cárpatos, polo sur. Nesta chaira hai montañas de menor altitude, como o Macizo Central, a cordilleira dos Vosgos e a Selva Negra. Ao leste de Europa, atópase a Chaira da Europa Oriental, que limita co mar Branco e co mar de Barents, polo norte; e cos Montes Urais, polo leste. A poboación nesta zona vive concentrada en grandes pobos, pero actualmente, as cidades, as comunicacións, as explotacións mineiras, as zonas industriais e as actividades humanas en xeral, modificaron profundamente as paisaxes tradicionais.

c) Costa : Europa é un continente con moitos quilómetros de costa. É unha costa moi recortada, con moitos entrantes e saíntes.Nas zonas atlánticas gandeiras son de poboación dispersa, pero hoxe en día a paisaxe está moi humanizada, con importantes cidades, portos, zonas industriais, vías de comunicación...A paisaxe mediterránea é propia das costas e illas europeas bañadas por este mar e caracterízase por presentar terras moi poboadas que actualmente atraen moito turismo. Desta maneira as cidades situadas nesta costa medran e as urbanizacións, complexos hoteleiros, zonas de ocio e estradas invaden o territorio.

*Ver mapa da páxina 10.

4.RELEVO

No relevo de Europa distinguimos tres zonas diferenciadas:

4

Page 5: Traballo europa

a) No centro e no leste de Europa atópanse grandes chairas. No centro está a Gran Chaira Europea e ao leste a Chaira da Europa Oriental.

b) No sur de Europa están os sistemas montañosos máis elevados entre os que se atopan montañas elevadas como os Pireneos, os Alpes, os Cárpatos, os Balcáns e o Cáucaso, onde se atopa o pico máis alto de Europa, o Elbrús.

c) Na costa destacan os seguintes accidentes: Penínsulas . No norte, a de Kola, a de Escandinavia

e a Xutlandia. No sur, a Ibérica, a Itálica, a Balcánica e a de Crimea.

Golfos . No norte atópase o de Botnia, situado na Península Escandinava. No sur está o de Biscaia, o de León e o de Xénova.

Cabos . No norte, o cabo Norte. No sur, o de Fisterra o de San Vicente e o Matapán.

As rías e os fiordes . Os fiordes (vales polos que entra a auga do mar) atópanse na Península Escandinava e as rías están no norte da Península Ibérica, en Galicia.

As illas . No norte atópase Islandia. No centro, Gran Bretaña e Irlanda. No sur, entre outras, as illas Baleares, Córsega, Sardeña, Sicilia, Chipre, Malta e Creta.

*Ver mapa da páxina 11.

5.CLIMATOLOXIA E VEXETACIÓN

O territorio de Europa atópase entre dúas zonas climáticas da Terra: a zona temperada e a zona fría.

Os climas temperados clasifícanse nos seguintes tipos:

a) Oceánico . Esténdese polo oeste de Europa, polas Illas Británicas e por gran parte da cunca do río Danubio. As temperaturas son suaves no verán. As precipitacións son abundantes e regulares.A vexetación das zonas con clima atlántico está formada por bosques de folla caduca, como os faiais, as carballeiras e os soutos.Tamén hai grandes pradarías naturais.

5

Page 6: Traballo europa

b) Mediterráneo . Ocupa as zonas costeiras do sur de Europa. Caracterízase por ter temperaturas suaves en inverno e cálidas no verán, e precipitacións escasas e irregulares que se concentran en primavera e outono. A vexetación das zonas que teñen este clima está formada por bosques de árbores de folla perenne, como a aciñeira, a sobreira e o piñeiro e por pequenos arbustos, como a xara, o romeu e o tomiño.

c) Continental . Esténdese polo centro e leste de Europa. Caracterízase por ter temperaturas extremas, moi frías en inverno e calorosas en verán; e precipitacións escasas.Na vexetación do clima continental predominan as pradarías, enormes extensións de terreo cuberto de herba; a estepa, con escasa vexetación, e nas rexións máis frías é característica a taiga, que é un bosque de piñeiros e abetos.

Os climas fríos localízanse nas latitudes altas, por enriba do paralelo 60º N, e nas zonas máis elevadas. Hai dous tipos de climas fríos:

a) Polar . Ocupa o norte de Europa. Caracterízase por ter temperaturas moi baixas durante todo o ano e as precipitacións escasas.A paisaxe vexetal que predomina é a tundra, formada por carrizas e liques.

b) Montaña . É propio dos cumes das grandes montañas de Europa. Caracterízase por ter os invernos moi fríos e os veráns suaves e as precipitacións abundantes, normalmente en forma de neve.A vexetación é escasa e está formada por bosques e prados.

*Ver mapa da páxina 12.

6.VERTENTES E RÍOS

Europa está percorrida por numerosos ríos con características diferentes. A maioría son bastante longos e de caudal regular. Por iso, moitos son navegables e utilízanse como vías de comunicación.

6

Page 7: Traballo europa

Os ríos de Europa clasifícanse segundo o océano ou o mar en que desembocan. En Europa hai cinco vertentes:

a) Vertente ártica . Os ríos desembocan no océano Glacial Ártico, son abundantes en canto ao caudal en primavera e en outono, pero conxélanse no inverno. Os ríos máis destacados segundo a súa lonxitude son o Pechora e o Dvina Septentrional.

b) Vertente atlántica . Son ríos moi caudalosos, xa que reciben precipitacións abundantes todo o ano. Destacan, de leste a oeste, o Dvina Occidental, o Vístula, o Oder, o Elba, o Rin, o Sena, o Loira e o Texo.

c) Vertente mediterránea . Son ríos irregulares e de escaso caudal, porque sofren forte estiaxe no verán. Os ríos máis importantes son o Ebro, o Ródano e o Po.

d) Vertente do mar Negro . Son ríos longos e caudalosos, como o Danubio, o Dniéper e o Dniéster.

e) Vertente do mar Caspio . Neste mar desembocan o Volga, que é o río máis largo do continente, e o Ural, que fai fronteira entre Europa e Asia. *Ver mapa da páxina 13.

7.BIBLIOGRAFÍA

Coñecemento do Medio, 6º Primaria. Lourdes Etxebarria e

outros. Ed. Obradoiro Santillana. Proxecto A Casa do Saber,

2009

http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/

tercer_ciclo/cmedio/europa/europa_climas/europa_climas.html

http://dandiacarb.wordpress.com/tema-10/

http://es.wikipedia.org/wiki/Europa

7