Textos literarios e non literarios

1
Un pai, e de cada lado dous irmáns: un gordo que viaxa, un longo que sinala, un mediano casadeiro e o mais pequeno limpa o cortello. (Solución: os dedos da man) Gloria Sánchez; 303 adiviñas Como localizar un número de teléfono? Para axilizar a busca é necesario coñecer a localidade da persoa ou empresa que desexa localizar. A guía está dividida en localidades, aparecendo en primeiro lugar a capital.As persoas e empresas figuran alfabetizadas dentro de cada localidade por apelidos ou polo nome comercial. Auditorio Quiñones de León O escenario ten unha superficie de 390 metros cadrados, e está asentado sobre unha base de formigón armado que soporta unha tarima modular, de pezas de 1x2 m, sobre patas telescópicas que permiten distintas alturas e acabados en madeira de faia, con capacidade para cargas de ata 2000 quilos. Vigo, enclave cultural, Concello de Vigo Os días que facía bo, a Paco e a Pedro dáballes por escapar á praia, a comer berberechos crus. Unha tarde destas, Paco viu algo a medio flotar, e era un marta. Paco, de primeiras, non soubo que facer, pero Pedro díxolle: -Corre e avisa, que quedo eu e vixío. Ao pouco tempo estaba toda a vila na praia, e eu con eles. Ninguén coñecía o morto. Juan Farias: Á sombra do mestre, ed. Alfaguara-Obradoiro O cartón azul para o transporte metropolitano estará dispoñible o día 5 A posta en marcha do transporte metropolitano que impulsa a Xunta comeza a perfilarse máis. O próximo día 5 empeza a funcionar a rede de autobuses que comunicará os municipios de Lugo, Outeiro de Rei, Rábade, Guntín, Castroverde, Friol, O Corgo e Castro de Rei, con prezos especiais. A Voz de Galicia, 25-X-2012 Vendo motocicleta en bo estado. 125cc. 2 anos de uso. Interesados chamar ao 656 908 908 Ergueremos a esperanza sobre esta terra escura coma quen ergue un facho nunha noite sen lúa. Marcharemos cinguidos polos duros segredos dunha patria soñada á que non volveremos Celso Emilio Ferreiro. Texto 1 Texto 2 Texto 3 Texto 4 Texto 5 Texto 6 Texto 8 Texto 7

Transcript of Textos literarios e non literarios

Page 1: Textos literarios e non literarios

Un pai, e de cada lado dous irmáns:

un gordo que viaxa,

un longo que sinala,

un mediano casadeiro

e o mais pequeno limpa o cortello.

(Solución: os dedos da man)

Gloria Sánchez; 303 adiviñas

Como localizar un número de teléfono? Para axilizar a busca é necesario coñecer a localidade da persoa ou empresa que desexa localizar. A guía está dividida en localidades, aparecendo en primeiro lugar a capital.As persoas e empresas figuran alfabetizadas dentro de cada

localidade por apelidos ou polo nome comercial.

Auditorio Quiñones de León O escenario ten unha superficie de 390 metros cadrados, e está asentado sobre unha base de formigón armado que soporta unha tarima modular, de pezas de 1x2 m, sobre patas telescópicas que permiten distintas alturas e acabados en madeira de faia, con capacidade para cargas de ata 2000 quilos.

Vigo, enclave cultural, Concello de Vigo

Os días que facía bo, a Paco e a Pedro dáballes por escapar á praia, a comer berberechos crus. Unha tarde destas, Paco viu algo a medio flotar, e era un marta. Paco, de primeiras, non soubo que facer, pero Pedro díxolle: -Corre e avisa, que quedo eu e vixío. Ao pouco tempo estaba toda a vila na praia, e eu con eles. Ninguén coñecía o morto.

Juan Farias: Á sombra do mestre, ed. Alfaguara-Obradoiro

O cartón azul para o transporte

metropolitano estará dispoñible o día 5

A posta en marcha do transporte

metropolitano que impulsa a Xunta comeza a

perfilarse máis. O próximo día 5 empeza a

funcionar a rede de autobuses que comunicará

os municipios de Lugo, Outeiro de Rei, Rábade,

Guntín, Castroverde, Friol, O Corgo e Castro de

Rei, con prezos especiais.

A Voz de Galicia, 25-X-2012

Vendo motocicleta en bo

estado.

125cc. 2 anos de uso.

Interesados chamar ao

656 908 908

Ergueremos a esperanza

sobre esta terra escura

coma quen ergue un facho

nunha noite sen lúa.

Marcharemos cinguidos

polos duros segredos

dunha patria soñada

á que non volveremos

Celso Emilio Ferreiro.

Texto 1 Texto 2

Texto 3

Texto 4

Texto 5 Texto 6

Texto 8

Texto 7