Tema 8 arte renacemento

39
O RENACEMENTO

Transcript of Tema 8 arte renacemento

Page 1: Tema 8 arte renacemento

O RENACEMENTO

Page 2: Tema 8 arte renacemento

O Renacemento xorde en Italia no S. XV, e será a partir do S. XVI cando se estenda polo resto dos paises eurpeos.

O Renacemento nace en Italia xa que é alí onde estaban máis presentes a cultura clásica. En Italia existían numerosas ruinas de época clásica.

Tamén a nivel político e económico, en Italia danse as condicións favorables para a aparición do Renacemento:

Page 3: Tema 8 arte renacemento

A partir do S. XI unha serie de cidades do Norte e Centro de Italia comezan a constituírse en pequenas repúblicas, como FLORENCIA, VENECIA, XÉNOVA. Estas van coñecer unha gran prosperidade grazas o comerico con Oriente.

Nelas aparece unha gran BURGUESÍA. A prosperidade destas cidades influirá de diversas

formas na aparición do Renacemento: As mentalidades cambian: ráchase co TEOCENTRISMO e

triunfa o ANTROPOCENTRISMO que considera o ser humano o centro de tódalas cousas.

Page 4: Tema 8 arte renacemento

O Renacemento valora o INDIVIDUALISMO. No Renacemento triunfa un movemento

cultural e intelectual chamado HUMANISMO: na que o ser humano é o centro e medida de tódaslas cousas.

A difusión da cultura intensifícase grazas o invento da Imprenta, que permite expandir an novas ideas por toda Europa.

A prosperidade económica fai aparecer novs MECENAS.

Agora temos unha maior consideración social dos artistas

Page 5: Tema 8 arte renacemento

A tarefa artística deixa de ser considerada unha simple actividade artesanal para entrar de cheo nas nartes liberais.

Agora valórarase o traballo artístico coma un traballo intelectual, fronte á valoración artesanal e manual predominante na Idade Media.

No mundo filosófico abandónase a filosofía TOMISTA de base Aristotélica e agora vóltase a Platón nunha nova corrente chamada NEOPLATONISMO

Valoración do mundo clásico tanto na arte como na lectura de autores clásicos.

Page 6: Tema 8 arte renacemento

QUATTROCENTO (S. XV): principal centro cultural e artístico foi FLORENCIA.

CINQUECENTO ( S. XVI): Roma convértese no principal centro cultural e artístico.

MANIERISMO ( mediados S. XVI): comezan a a aparecer os primeiros síntomas de ruptura do ideal clásico do Renacemento: o Manierismo vai abrir as portas á arte BARROCA.

Page 7: Tema 8 arte renacemento

O Renacemento constituíu un fenómeno esencialmente italiano. O primeiro Renacemento, que se inicia no S. XV ten o seu centro en FLORENCIA.

Este periodo recibe o nome de QUATTROCENTO.

Florencia, era a comezos do S. XV unha república independente tutelada por señores feudais. Cidade próspera, adicada o comercio e a industria de panos e banca.

Page 8: Tema 8 arte renacemento

QUATTROCENTO:Destaca FLORENCIA

Page 9: Tema 8 arte renacemento

A forma de goberno foi a REPÚBLICA OLIGÁRQUICA, na que as grandes familias burguesas controlaban o goberno, e despois nunha REPÚBLICA PERSOAL, na que o poder estaba acaparado por uha soa persoa: “O SIGNORE”, que tomaba todas as decisións.

Unha destas familias que se fai co poder foi a FAMILIA MEDICI, primeiro con COSME O VELLO e logo con LOURENZO O MAGNÍFICO.

Page 10: Tema 8 arte renacemento

COSME DE MEDICI LORENZO DE MEDICI

Page 11: Tema 8 arte renacemento

A familia Médici converteranse nos prototipos de MECENAS. Cosme de medici funda A ACADEMIA DE FLORENCIA, na que as novas ideas renacentistas acadan enorme desenvolvemento xunto a filosofía NEOPLATÓNICA.

O RENACEMENTO foi un movemento cultural e artístico que se inspirou no mundo clásico grego e romano.

O Renacemento inspirouse no mundo clásico pero non é unha copia.

Page 12: Tema 8 arte renacemento

O Renacemento apareceu en Italia por varios factores: Os cambios socioeconómicos da Baixa Idade Media,

na que o comercio ten gran auxe e aparece unha nova clase social: BURGUESÍA, adiñeirada.

Organización política en cidades – estado: Italia non é un estado unificado políticamente, senon un conxunto de territorios independentes. Como Florencia.

Tradición viva da Antiguedade clásica: Recordo do esplendor da antiga Roma.

Page 13: Tema 8 arte renacemento

Nova mentalidade: Renovado interés polo HOME: HUMANISMO. Afán de conciliar o pensamento antigo co cristián. Secularización da Cultura e triunfo do pensamento

humanista. Nova concepción social dos artistas:

Agora os artistas non son vistos como artesáns senón que agora reciben a valoración de ARTISTAS.

Page 14: Tema 8 arte renacemento

Miran o mundo clásico: proporción, harmonía, equilibrio. Tódalas partes do edificio teñen que ser proporcionais.

Valoración do muro en si mesmo e non para ser decorado. Desexo de claridade e racionalidade.Valoración do muro pola súa función construtiva e non para ser decorado.

PLANTAS: fronte as plantas basilicais e de cruz latina, AGORA OPTAN POLAS PLANTAS CENTRAIS (circulares, cadradas, cruz grega)

Elemento primordial: A CÚPULA (símbolo de Deus

Page 15: Tema 8 arte renacemento

Edificios: a Igrexa segue a ser o edificio principal, pero agora destacan tamén os PAZOS PARA A BURGUESÍA E NOBREZA

CUBERTAS: Ademais da Cúpula, o seu idal de cuberta é a BÓVEDA DE CANÓN, pero non seimpre a poden utilizar ( non usan contrafortes) polo que empregan cubertas alinteladas que soen estar cubertas con casetóns.

SOPORTE: recupéranse as ordes clásicas E SOBRE TODO AS PILASTRAS.

Tamén usan os frontóns triangulares e o arco de medio punto

Page 16: Tema 8 arte renacemento

PROPORCIÓNARMONÍA SIMETRÍA

Page 17: Tema 8 arte renacemento

TEITOS ALINTELADOS CON

CASETÓNS

RECUPÉRANSE OS ORDES CLÁSICOS

Page 18: Tema 8 arte renacemento

IMPORTANCIA CÚPULA

Page 19: Tema 8 arte renacemento

Ademais de Igrexas tamén destacan os PAZOS DA BURGUESÍA

Page 20: Tema 8 arte renacemento

Escultura influenciada pola escultura clásica: proporción, harmonía, beleza. Segue o modelo do mundo grego.

Recupérase a ESCULTURA EXENTA OU DE VULTO REDONDO QUE DECORA PRAZAS, TEMPLOS, PAZOS.

Reaparece a ESCULTURA ECUESTRE. Soen ser figuras equilibradas, sereas, expresión

contida TEMAS: os relixiosos seguen a ser de gran

importancia. Agora recupérase o profano e mitolóxico

Page 21: Tema 8 arte renacemento

Materiais: destaca o uso de materiais nobres como MÁRMORE e o BRONCE

s. JORGE de DONATELLO

DAVID de DONATELLO

Page 22: Tema 8 arte renacemento

A arte Renacentista é IDEALISTA, representa a realidade pero correxida nás súas imperfecións para conseguir máis harmonía e perfeción.

Grande importancia da FIGURA HUMANA, sendo frecuente a representación de figuras espidas.

Agora triunfa o xénero do RETRATO Introdución da arquitectura e do paisaxe come

elementos integradores da pintura. TEMAS: os relixiosos seguen a ser primordiais,

tamén os profanos (sobre todo mitolóxicos)

Page 23: Tema 8 arte renacemento

TÉCNICA: nun primeiro momento triunfa o FRESCO, pero logo xá se difunde a TÉCNICA DO ÓLEO CON VELADURAS.

PERSPECTIVA: sistema de representación que consiste en crear sobre unha superficie bidimensional a ilusión de profundidade por medios pictóricos.

No Renacemento descóbrense dúas perspectivas: PERSPECTIVA LIÑAL PERSPECTIVA AÉREA

Page 24: Tema 8 arte renacemento

Crear no cadro de forma fictica a profundidade, representando as figuras, obxectos, paisaxes, tal e como os veríamos na realidade ( os máis cercanos a nós de maior tamaño e os máis alonxados de menor tamaño).

Para conseguir isto o pintor ten que trazar no cadro liñas diagonais que van confluir nun punto chamado PUNTO DE FUGA

AS FIGURAS DISTRIBÚENSE A TRAVÉS DESAS LIÑAS

Page 25: Tema 8 arte renacemento

Consiste en variar os obxectos, figuras e paisaxe, na súa forma e cor en función da distancia que haxa entre eles e o espectador.

As figuras e obxectos do primeiro plano serán máis nítidas e cara o fondo máis difusos.

Page 26: Tema 8 arte renacemento

PERSPECTIVA LIÑAL

Page 27: Tema 8 arte renacemento

PERSPECTIVA AÉREA

O fondo do cadro aparece difuso

Page 28: Tema 8 arte renacemento
Page 29: Tema 8 arte renacemento

O Renacemento iníciase no S. XV na cidade de FLORENCIA.

A esta etapa coñécese co nome de QUATTROCENTO.

Florencia era unha REPÚBLICA independente da tutela dos señores feudais.Cidade próspera adicada o COMERCIO.

O afán de poder dos burgueses máis ricos, fixo que se convertese nunha REPÚBLICA OLIGÁRQUICA. Así ocorre coa familia MÉDICI

Page 30: Tema 8 arte renacemento

Os membros da familia Médici convértense no prototipo de MECENAS: Cosme funda a ACADEMIA DE FLORENCIA, na que as novas ideas renacentistas acadan gran desenvolvemento.

Na Academia reúnense humanistas como FICINO e PICO DE LA MIRANDOLA (filósofo neoplatónico), ou artistas como BOTTICELLI, LEONARDO DA VINCI, MIGUEL ANXO…

Page 31: Tema 8 arte renacemento

Movemento cultural e artistico que se inspirou no mundo clásico greco-romano.

Os artistas do renacmento utilizaron a arte como unha vía de coñecemento científico.

No QUATTROCENTO destacan dúas xeracións de artistas: 1ª metade S.XV: Creadores das características

esenciais do novo estilo: BRUNELLESCHI (arquitectura), DONATELLO (escultura) e MASACCIO (pintura)

2ª metade S. XV: ALBERTI (arquitectura), MANTEGNA E BOTTICELLI ( pintura)

Page 32: Tema 8 arte renacemento

Ía ser escultor, pero tralo fracaso para esculpir as portas do Baptisterio de Florencia, que gañou Ghiberti, decide adicarse a ARQUITECTURA.

Estudou os edificios Romanos, as súas proporcións e formas de construir.

A primeira obra que realiza marco o inicio do Renacemento: CÚPULA DA CATEDRAL DE FLORENCIA

Page 33: Tema 8 arte renacemento

Catedral construida no S. XIII por ARNOLFO DI CAMBIO

ESTILO GÓTICO

Quedaba por construir o Cruceiro

1418: convócase un concurso para

construir unha cúpla de 41 m.

Gaña BRUNELLESCHI

Page 34: Tema 8 arte renacemento

Construir esta cúpula tivo grandes problemas técnicos.

Da cúpula só fora construido o TAMBOR octogonal, por iso a cúpula tamén debía ser octogonal

As dimensións da cúpula impedían que fose construida seguindo a forma tradicional

Para solucionar este problema, Brunelleschi estuda A CÚPULA DO PANTEÓN DE ROMA

Para construir a cúpula recurre a un material empregado no Imperio Romano: o FORMIGÓN

Page 35: Tema 8 arte renacemento

O formigón permitía ir levantando a cúpula mediante filas de formigón.

Esta solución non funcionou xa que a cúpula veuse a vaixo.

O sistema de cúpula única era inadecuado, pero Brunelleschi ideou algo totamente revolucionario. Decide construír UNHA DOBRE CÚPULA: construíu unha cúpula octogonal o suficientemente grosa para conter dentro dela unha cúpula circular que servía para contrarestar o gran peso.

Page 36: Tema 8 arte renacemento

Doble cúpula

Cúpula OCTOGONAL moi grosa que

incorpora unha cúpula CIRCULAR no seu

interior para constrarestar as

presións

Page 37: Tema 8 arte renacemento

Iniciou Brunelleschi a súa construción en 1422 e non a puido rematar.

Nela aparecen as principais preocupacións de Brunelleschi: O ESPAZO COMO ELEMENTO BÁSICO. Un espazo que debe construirse en función das

necesidades prácticas e simbólicas da construción. Utiliza as PROPORCIÓNS. Busca a ARMONÍA en tódalas partes do edificio

Page 38: Tema 8 arte renacemento
Page 39: Tema 8 arte renacemento