Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

127
TEMA 3 DIVERSIDADE HÍDRICA DE ESPAÑA E GALICIA

Transcript of Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Page 1: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

TEMA 3 DIVERSIDADE HÍDRICA DE ESPAÑA E GALICIA

Page 2: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

A diversidade hídrica en España• Os ríos peninsulares

– Factores que inflúen nos ríos peninsulares

– O caudal e o réxime fluvial– As concas e as vertentes hidrográficas– Baleares e Canarias– Os ríos de Galicia

• Os lagos e humidais españoles– Os lagos– Os humedais

• Os acuíferos• A problemática dos recursos hídricos

Page 3: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Conceptos previos• Hidrosfera é o conxunto de todas as augas que

hai na Terra : océanos, mares, lagos, ríos, glaciares, augas subterráneas e vapor de auga.

• Hidrografía,Ciencia que estuda as propiedades da auga, a súa distribución e circulación.Distínguese a hidrografía mariña e a continental.

• Na hidrografía continental estúdase o conxunto das augas doces:

• superficiais como subterráneas.Estas poden ser correntes(ríos e regueiros) ou estancadas(lagos e humidais)

Page 4: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• superficiais Estas poden ser correntes(ríos e regueiros) ou estancadas(lagos e humidais)

• subterráneas. acuíferos

Page 5: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 6: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Os ríos, son correntes continuas de auga doce que flúen por un leito e desembocan no mar, nun lago ou noutro río.

• Nacen en manantiais ou fontes subterráneas, aliméntanse da auga das precipitacións e dos desxeos.

Page 7: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Nos ríos pódense distinguir distintos elementos ou partes :

• Nacente: orixe do río( manantiais ou fontes subterráneas)

• Curso: distancia entre a nacente e desembocadura.

cauceconca

Page 8: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Caudal :Volume de auga que flúe por un río.• Cauce : leito por onde discorre a auga dun río .• Desembocadura: Lugar por onde as augas dun

río van dar ao mar, lago ou outro río.

Page 9: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 10: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 11: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Cada río da península forma parte dunha conca e que cada conca forma parte dunha vertente.

Cunca. territorio percorrido polas augas dun río e os seus afluentes ,atópase separada por unha liña de cumes ou divisoria de augas (liña desde a que as augas correntes flúen en direccións , e que adoitan coincidir cos niveis máis elevados de determinados sistemas montañosos).

Vertente. Zona ocupada por concas hidrográficas de ríos que verten nun mesmo mar

Page 12: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Conca hidrogáfica: territorio que Verte as súas augas a Un río principal e aosSeus afluentes

Vertente hidrográfica: é o conxuntoDe concas cuxas augas verten nunMesmo mar ou océano

Page 13: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Divisorias de augas

Page 14: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 15: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• España é un territorio cunha gran diversidade hidrográfica (réxime dos ríos, concas, caudal.., pero caracterizado por:

• Escaseza dos seus recursos hídricos• Reparto desigual dos mesmos

• Isto e consecuencia dunha serie de factores

Page 16: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 17: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Factores que inflúen nos ríos

• O clima. As precipitacións determinan o caudal e as variacións ao longo do ano. As temperaturas inciden na evaporación

• O relevo e a topografía. Inflúen Organización das concas e vertentes capacidade erosiva Lonxitude Disimetría Idoniedade das obras hidráulicas

Page 18: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• A litoloxía. Determina o predominio da escorrentía ( auga que circula por unha cunca)

• Solos calizos son permeables• Solos siliceos, poco permeables• Solos arxilosos impermeables

Page 19: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Río cuervo

Relevo: litoloxía e topografía

Page 20: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• A vexetación: minora a evaporación, a erosión e os riscos de inundacións.

• A acción antrópica:realiza obras para o aproveitamento da auga e para a regularización dos ríos (encoros, trasvases,canles...).

Page 21: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Ríos , vexetación, accion antropica

Page 22: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Caudal e o réxime fluvial• Caudal :Volume de auga que flúe nun segundo

por un punto dado do río, mídese en M³/segundo. caudal absoluto. Volume total que evacúa un río ao longo dun ano (hm³). caudal medio ou módulo. Valor medio do caudal nun período de alo menos 30 anos, exprésase en m³ /seg caudal relativo. Relación entre o caudal medio anual e a superficie da conca, exprésase en litros/ segundo/km².

Page 23: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Para calcular o caudal relativo dun río• Mr (m³/seg) = Mr x 1000 = l/seg/km² S S • ˂ 5 escaso• 5- 15 medio• ˃ 15 elevado

Page 24: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• O caudal experimenta variacións.• Ao longo do percorrido , o maior acudaldase

nas desembocaduras. Os ríos máis caudalosos: Ebro, o texo e o Douro

• Ao longo do tempo. Poden presentar irreularidade anual con enchentes ou estiaxes.

Page 25: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• O réxime fluvial. É a variación estacional do caudal. Depende da distribución das precipitacións, da importancia da precipitación nival.

• Nival• Pluvial• Mixto

Page 26: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

O caudal e o réxime fluvial

Réxime fluvial: é a variación estacional do caudal dun río. DependeDa distribución das precipitacións e do factor nival

Page 27: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Ríos con réxime nival, nacen na alta montaña, onde son mais frecuentes as nevadas. O caudal máximo dase en primavera ou veran, co desxeo (Caldarés).

• Ríos con réxime pluvial, só dependen das precipitacións(Miño).

• Ríos con réxime mixto: nivo-pluvial(Segre) ou pluvio-nival(Cinca en Fraga),segundo predomine a influencia das precipitacións ou da neve.

Page 28: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

http://ntic.educacion.es/w3/recursos/secundaria/sociales/geografia/regimen_fluvial.html

Page 29: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Nival puro: fusiónDa neve

Nivo-pluvial

Pluvio-nival

Tipos de réximes dos ríos: nival

Réxime mixto

2000-2500 m

1600-1800 m

Máis de 2.500 m

Page 30: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Pl. oceánicoou atlántico

Pl. medit. puro

Pl. medit.continentalizado

Pl. subtropical

Réxime pluvial ( precipitacións líquidas)

Vertente cantábrica e algúnsatlántica

Litoral levantino

Interior peninsular

Ríos meidionais, stConca sur

Page 31: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

RÉXIME NIVOPLUVIAL

Page 32: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

REXIME PLUVIONIVAL

Page 33: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

RÉXIME PLUVIAL OCEÁNICO

Page 34: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

RÉXIME PLUVIAL MEDITERRÁNEO

Page 35: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

As concas e as vertentes hidrográficas

• Na península existe unha gran disimetría entre as vertentes a causa da inclinación da meseta cara ao oeste a partir do Sistema Ibérico.

Page 36: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 37: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Os ríos da vertente cantábrica son:• Curtos,xa que nacen en montañas próximas

á costa.• Teñen gran forza erosiva, pois teñen que

salvar grandes desniveis entre o nacemento e a desembocadura.

• Caudalosos e de réxime regular, debido ás precipitacións.

Page 38: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Os ríos da vertente atlántica son:• Longos, ao nacer lonxe do mar.• A forza erosiva é escasa, ao descorrer

principalmente por chairas.• O caudal é abundante debido aos

numerosos afluentes, pero o réxime é irregular:presentan estiaxe no verán e enchentes no outono e primavera.

Page 39: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Os ríos da vertente mediterránea son:• Curtos, xa que nacen nas montañas próximas ao

mar.• A forza erosiva é grande ao teren que salvar

grandes desniveis, sobre todo nas zonas deforestadas.

• O caudal e moi escaso, debido ás escasas precipitacións

• réxime moi irregular,presenta fortes estiaxes no verán e pode presentar enchentes catastróficas no Outono debido ás chuvias torrenciais.

• A excepción é o Ebro.

Page 40: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Nas illas Baleares e Canarias.• Carecen de ríos propiamente ditos• Posúen torrentes,que so levan auga

cando chove, regueiros de escaso caudal alimentados por mananciais.

Page 41: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Os lagos e humidais españois

Os lagos:masas naturais de auga doce e salobre

acumuladas en zonas deprimidas.

As lagoas son de menor tamaño cos lagos.

En España hai un gran número de lagos pero de

escasas dimensións, e en moitos casos desaparecen

por causas naturais(colmataxe) ou humanas(drenaxe

ou desecamento)

Page 42: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Lagoa de Formiña

Page 43: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Tipos de lagos:Endóxenos: orixinados polas forzas internas da terra• Lagos tectónicos, por afundimento de dobras ou

fallas.• Lagos volcánicos, situados no cráter dun volcán

apagado.

Page 44: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Lagos exóxenos: orixinados polas forzas externas (xeo, auga, vento)

- Lagos glaciares, formados nas cubetas excavadas polo xeo no circo do glaciar(lagos de circo) ou no val (lagos de val)

Page 45: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Exóxenos• Lagos glaciares• Lagos cársticos• Lagos endorréicos• Lagos eólicos• Lagos litorais ou albufeiras

Page 46: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Lago de Sanabria (Glaciar)

Page 47: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Laguna de lucena o Courel orixe glaciar

Page 48: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Somiedo (Asturias)

Page 49: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Lagos cársticos, aloxados nas cubetas creadas pola disolución de calcárias.

Lagunas de Riudera, cárstico Albacete- Ciudad Real

Page 50: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Lagos endorreicos, é o máis estendido, fórmase en zonas áridas ou semiáridas. Son de escasa profundidade. Evapóranse con rapidez ou se reducen notablemente. As súas augas adoitan ser salobres.

• Son característicos das depresións da Meseta como as lagoas manchegas das Tablas de Daimiel; Lagoa Sariñena nos Monegros.

Page 51: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 52: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 53: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Lagos eólicos, ocupan depresións excavadas polo vento sobre materiais brandos.

Closes do Ampurdá

Page 54: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Lagos litorais ou albufeiras,lagos salgados separados do mar por un cordón de area.

Albufeira de Valencia

Page 55: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 56: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Lagoa de Doniños Ferrol

Page 57: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Lagoa de Antela A Limia

Page 58: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Os humidais• Extensións de terreo cubertas por auga de

poca profundidade. Poden baixar o nivel no verán e incluso desaparecer.

• Aquí incluiríamos marismas, lagoas,deltas, albufeiras e turbeiras.

Page 59: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Laguna de Cospeito (Lugo)

Page 60: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Son de grande interese biolóxico xa que albergan numerosas especies e son zona de aniñamento de aves migratorias.

• Tablas de Daimiel• Parque Natural das dunas de Corrubedo e

lagos de Carregal e Vixán.• Marismas do Guadalquivir• Delta do Ebro • Albufeiras de Valencia e da Manga do Mar

Menor

Page 61: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 62: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Acuiferos. Embolsamentos de auga subterránea formados por inflitración de auga das precipitacións.

• Adoitan ser augas moi aptas para o consumo,xa que non soen presentar organismos nocivos.

• Os principais acuíferos en España atópanse nas principalmente nas depresións terciarias do Douro, Texo,Guadiana, nas ribeiras dos ríos e nas cabeceiras dos principais ríos(Douro,Texo,GuadianaGuadalquivir, Xuquer, Ebro e Segura.

• Nas illas a maior parte dos recursos hídricos procede dos acuíferos.

Page 63: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 64: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Os ríos de Galicia• A elevada pluviometria, xunto coas

características do relevo e o solo favorecen unha rede fluvial moi densa.

• "Galicia é o país dos dez mil ríos“. Alvaro Cunqueiro

Page 65: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Características principais• Abundancia de ríos• Disimetría das vertentes• Encaixamento da rede fluvial• Réxime fluvial pluvial oceánico con caudal

abundante e regular

Page 66: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 67: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

A disimetría das vertentes

• Diferenzas entre a vertente atlántica e a cantábrica.

• Vertente cantábrica, dende a desembocadura do río Eo ata Cabo Ortegal

• Os ríos son curtos, Navia(80km) Eo (79km)• Vertente Atlántica, dende cabo Ortegal ata a

desembocadura do Río Miño, a súa cunca, a máis extensa ocupa un 91,5 % do territorio galego.

Page 68: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Esta vertente está dividida en dous subvertentes polas serras centro-occidentais.

• Galicia litoral. A maioría dos ríos teñen as súas cabeceiras na dorsal

• Polo xeral todos so ríos son de escasa lonxitude e as súas concas son de pequeno tamaño., agas Ulla e o Tambre que superan os 100 km. Eume, Umia, Xallas Lerezou o Anllóns rebasan os 50 km.

Page 69: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Galicia interior Temos a grande arteria fluvial composta polo Miño e o Sil, que artella a maior cunca de Galicia, cos seus afluentes: Arnoia, Cabe Lor, Tea o Avia..

• Altas terras so sueste ourensán marcan a divisoria coa cunca do Limia ou o Támega, que forma parte da cunca do Douro.

Page 70: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 71: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Encaixamento da rede fluvia• Debido ás características do relevo, a rede

hidrográfica galega, ten unha abundancia de encaixamentos dos cursos fluviais.

• Os máis destacados o do Miño en Lugo ou o do Sil a partir de Valdeorras co espectacular canon da Ribeira Sacra.

• Presentan tamén profundos encaixamentos o Sor, o Eume, Tambre, Umia, Ulla o Lérez.

Page 72: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 73: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Por causa dos contrastes litolóxicos ou erguementos tectónicos, os ríos de Galicia presentan tamén numerosas fervenzas, destacando a do Xallas en Ézaro.

Page 74: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 75: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Caudal abundante e regular• O aforos dos ríos galego e moi elevado se o

comparamos con outros ríos peninsulares debido a:• Precipitacións abundantes • Predomina a escorrentía sobre a infiltración debido á

presenza de materiais impermeables como a lousa(pizarra) e pendentes media elevadas.

• O río máis caudaloso é o Miño seguen os que teñen a súa cabeceira nas serras meridionais da dorsal Montes de Testeiro, Serra do Súído e Faro de Avión como o Verdugo en Soutomaior, o Lérez en Campolameiro ou o Umia en caldas de Reis.

Page 76: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Con menor caudal relativo están os de interior como o Cabe, neira, Sarria, Limia ou Xares.

• A variacións estacionais• Os rios galegos presentan en xeral réxime

pluvial oceánico, cun máximo en inverno e un mínimo no verán. O réxime pluvio-nival maniféstase nalgúnhas zonas.

Page 77: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• A verdade sobre as augas de Galicia

• http://www.vtelevision.es/informativos/meteo/2012/09/11/0031_62_151939.htm

Page 78: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Comentario do réxime dun ríoIdentificación: tipo, definición do fenómeno.Analise: descrición do que vemos no gráfico(indicar as variables).Interpretación ou comentario: -Tipo de réxime: nival(puro, mixto..)pluvial (Oceánico,mediterráneo..) - causas -Zona xeográfica á que pertence o rio.Conclusión (consecuencias, aproveitamento, regulación do río..)

Page 79: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Dos datos periódicos dos caudais nos distintos ríos, pódense establecer os seguintes parámetros:

• Módulo (ou caudal) absoluto(Σ/12) É a suma dos caudais medios mensuais dividida entre os doce meses do ano.

• Módulo relativo (Mr). É a relación que existe entre o módulo absoluto, multiplicado por mil, e a superficie da cunca en kilómetros cadrados.

• Coeficiente de caudal mensual (K). E a relación entre o caudal medio mensual e o módulo ou caudal medio anual).

• Nun caso ideal, no que o réximen dun río non experimentase variacións, o seu valor sería 1, de aquí que aos valores superiores á unidade se lles denomine "augas altas" e aos inferiores "augas baixas"

Page 80: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Mr Módulo ou caudal relativoK Relación entre o caudal medio mensual e caudal medio anualΣ/12 Caudal ou módulo absoluto, media dos 12 mesesm³/seg Caudal medio mensual

Caudal medio anual

Augas altas

Augas baixas

Page 81: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Problemática dos recursos hídricos en España e posibles solucións

Page 82: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• España é un territorio onde a auga é escasa e está desigualmente repartida.

• Podemos considerar a España como un área xeográfica árida porque as precipitacións unicamente superan os 1000 mm anuais nos lugares de clima propiamente oceánico, onde chegan os efectos das borrascas atlánticas, e nalgunhas zonas de montaña.

Page 83: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Nas terras de clima mediterráneo as chuvias son escasas e irregulares, con veráns secos, e con intensa evaporación.

• Do elevado grao de aridez de boa parte das terras de España derívase a escaseza dos seus recursos hídricos.

Page 84: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Os usos da auga • Usos consumidores de auga. O regadío

agrario consume máis do 80% da auga. Usos industriais: para produción mineira, enerxética e manufactureira. Actividades terciarias como o turismo. Uso nos fogares e os municipios.

• En España a auga consumida por todos estes usos incrementouse nestes últimos anos como consecuencia do desenvolvemento económico e da mellora do nivel de vida.

Page 85: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Usos non consumidores. Distínguese a

pesca, a navegación, deportes naúticos e

produción hidroeléctrica.

Page 86: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 87: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

A PROBLEMÁTICA DOS RECURSOS HÍDRICOS

Irregular distribución dos recursos. Os ríos, principal fonte de abastecemento, presentan unha forte irregularidad estacional e interanual, e unha desigual distribución espacial. Os recursos hídricos son importantes nas confederacións do Norte, Douro, Texo e Ebro. Pola contra manteñen un precario equilibrio as do Guadiana, Xúcar, Pirineo Oriental e Canarias e son claramente deficitarias as confederacións do Guadalquivir, Sur, Segura e Baleares

Page 88: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Irregular distribución da demanda, que se

concentra nas áreas de maior dinamismo

económico e demográfico, o arco

mediterráneo, que son as máis deficitarias.

• Insuficiencia de encoros e perdas de auga. A

auga acumulada nos encoros non abonda para

satisfacer a demanda. Ademais prodúcese unha

perda importante de auga polos sistemas

inadecuados de rega e por fugas das conducións.

Page 89: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 90: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

A sobreexplotación e contaminación das augas.

• A sobreexplotación das augas.• O aumento do consumo de auga para os diversos

usos, fai que a auga sexa un ben escaso debido á sobreexplotación.

• A necesidade de auga, impulsou a construcción de encoros e a perforación de pozos e o bombeo de auga.

• Este aproveitamento foi moi intenso nas terras mediterráneas, para regar as hortas, e tamén para aquelas terras que non contan con outro recurso hídrico, como o Campo de Níxar, áreas do Maestrazgo e algúns lugares da Mancha.

Page 91: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 92: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Como consecuencia da extracción da auga dos acuíferos, o caudal dalgúns ríos descende ás veces por debaixo do nivel ecolóxico, e certos humidais e acuíferos corren risco de desecarse como o caso dos das Tablas de Daimiel eou os Ollos do Guadiana ou de salinización, por concentración de sales ou intrusión de auga mariña.

Page 93: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

A contaminación das augas• A crecente urbanización da costa

mediterránea e a agricultura e mais a gandaría intensiva favoreceron a filtración das augas residuais, e produtos químicos que corromperon a calidade de moitas augas subterráneas.

• Outras actividades contaminan as augas do mar e dos ríos

Page 94: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 95: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 96: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• As principais causas de contaminación das augas son a evacuación de refugallos nun volumen excesivo, que impide a osixenación e recuperación natural. proceden de:

• Actividade agraria, co abuso dos fertilizantes, que producen contaminación por nitratos e eutrofización (exceso de nutrintes por unha forte achega de nitratos).E os xurros gandeiros(líquido que solta o esterco).

Page 97: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 98: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Actividade industrial, vertido de produtos tóxicos e metais pesados, que poden introducirse na cadea alimenticia.

Vertido de fábica de aluminio en Hungria 2010

Page 99: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• O transporte de petróleo, lavado de tanques en altamar ou accidentes, que poden causar vertidos de petróleo ao mar(mareas negras).

Page 100: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 101: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• As cidades evacúan augas fecais sen depurar ou insuficientemente depuradas, ou vertedoiros incontrolados que ao mesturarse con auga da chuvia xeran un líquido tóxico que contamina as augas.

Page 102: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 103: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• As consecuencias da contaminación.

• perda da calidade da auga, que afecta negativamente aos ecosistemas acuáticos e aos humanos que a usan.

• As augas máis afectadas son as próximas ás grandes cidades e aos complexos industriais, tantos as augas dos ríos coma as das costas. Ademais das zonas das rutas dos grandes petroleiros como o estreito de Xibraltar ou as costas de Galicia.

Page 104: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

POSIBLES SOLUCIÓN AOS PROBLEMAS

• Para xestionar os escasos recursos hídricos, puxéronse en marcha as confederacións hidrográficas entidades adscritas ao Ministerio de Medio Ambiente que teñen como función xestionar os recursos hídricos do territorio que se lles

asignou.

Page 105: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 106: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

As políticas hídricas están orientadas á obtención de auga. Cabe diferenciar entre:• política de transvasamentos• a desalinización da auga do mar,• a recuperación dos acuíferos • plans de saneamento dos ríos.

Pax 123-125 libro texto

Page 107: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Políticas de transvasamentos• A desigual distribución dos recursos

hídricos presentou a posibilidade dunha política de transvasamentos, ao derivar augan dun río a outro. De feito o abastecemento de cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Murcia, Alacante, Sevilla ou Cádiz depende de

pequenos transvasamentos de augas e de complexos sistemas de distribución.

Page 108: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Para levar a cabo grandes transvasamentos son necesarias obras que, en ocasións, atopan unha forte oposición.

• Dos proxectos existentes, unicamente se cumpriu a primeira fase do transvasamento Texo-Segura.

• A condución de auga a gran distancia require custosos traballos de enxeñaría e de bombeo, e pérdese moita auga por evaporación.

Page 109: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 110: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 111: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• A cesión de caudais dun río a outro pode producir cambios nos acuíferos, limitacións para ampliar o uso da auga nas cuncas fluviais de orixe, e tamén producir cambios na achega de sedimentos.

• Parece que se abandonou o polémico Plan Hidrolóxico Nacional que propuña unha serie de medidas entre as cales salientaba o transvasamento de caudais do Ebro cara ás terras deficitarias de auga de Levante e do Sur.

Page 112: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 113: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

A desalinización da auga do mar• Na actualidade, búscase satisfacer a

demanda de auga das áreas deficitarias coa instalación de plantas desalgadoras.

• Esta solución resulta custosa e o seu funcionamento consume moita enerxía. No entanto, a técnica para desalgar a auga do mar está a realizar numerosos progresos para abaratar os seus custos e mais o seu consumo de enerxía, e a agua que se obtén é de boa calidade.

Page 114: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• En España funcionan plantas desalgadoras nas illas Canarias e Almería, e estanse a construír novas instalacións ao longo da costa mediterránea.

Page 115: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 116: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 117: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

A recuperación dos acuíferos • As augas subterráneas, cuxa renovación

pode representar decenas de milleiros de anos, explótanse a partir da perforación de pozos e o bombeo de auga.

• Este aproveitamento foi moi intenso nas terras mediterráneas, para regar as hortas, e outras terras sin recursos como Campo de Níxar, áreas do Maestrazgo e algúns lugares da Mancha.

Page 118: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Nas áreas litorais, o risco máis grave é a salinización da auga dos acuíferos. As perforacións alcanzaron ás veces os 600 m de profundidade.

• A falta de presión da auga doce rompe o equilibrio entre a presión que exerce esta e a auga do mar, que penetra nos acuíferos e provoca a salinización dos solos de cultivo e a perda da súa fertilidade.

Page 119: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Para resolver estes problemas actualmente se propón inxectar auga para recargar algúns acuíferos e proceder á depuración das augas que conteñen.

• Preténdese delimitar as zonas de sobreexplotación co fin de controlar as extraccións e aproveitar os recursos superficiais e subterráneos, limitando o uso dos acuíferos a momentos de escaseza superficial (Proxecto LINDE e Programas de Augas Subterráneas).

Page 120: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Respecto aos humidais, España adheriuse de 1982ao convenio internacional Ramsar, para protexer os humidais dos países membros, fomentando o seu uso racional e a recuperación dos que se atopan degradados.

• Para cumprir estes fins púxose en marcha o Plan Estratéxico Español para a Conservación e o Uso Racional dos Humidais. A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia publicou en 2004 un decreto que regula os humidais protexidos.

Page 121: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Os plans de saneamento dos ríos

• Para solucionar o problema da contaminación das augas, España conta con redes de información e alerta sobre a calidade das augas. En España aplícanse plans de saneamento dos ríos coa finalidade de reducir a progresiva deterioración da calidade das súas augas e acadar un bo estado ecolóxico, o que significa que os seus leitos van poder ter a capacidade de xerar vida.

Page 122: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Ademais para cumprir coas esixencias comunitarias, vanse construír máis de mil novas depuradoras e mellorar as xa existentes

• Tamén se está a recuperar as augas degradadas (Plan Nacional de Calidade das Augas 2007-2015 e Plan Nacional de Restauración dos Ríos).Co fin de devolver ao seu estado natural ríos, corgos, regueiros e brañais.

Page 123: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

• Estes plans supoñen un maior control sobre as verteduras industriais e urbanas, así como a instalación de colectores e plantas depuradoras de auga, para converter algúns ríos cloaca en ríos de augas limpas. Algúns exemplos témolos nos ríos Ego (País Vasco), Cuadiaro (Andalucía)ou Besós (Cataluña).

Page 124: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica
Page 125: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica

Fontes e enlaces de interese• https://xeografiatirsoferrol.wordpress.com/xeografia/natureza-e-medio-am

biente-en-espana/diversidade-hidrica/concas-hidrograficas/

• https://xacintariodotcom.wordpress.com/category/contidos-ppau-xeo/diversidade-hidrica/

• http://www.slideshare.net/arelar/hidrografa-en-espaa

• http://www.02.ign.es/espmap/mapas_agua_bach/Hidro_Mapa_03.htm• http://www.02.ign.es/espmap/mapas_conta_bach/Contam_Mapa_02.htm• http://www.slideshare.net/sennumero/comentario-dun-hidrograma• http://www.xtec.net/~ealonso/flash/esparios1e.html• http://ntic.educacion.es/w3//

recursos/secundaria/sociales/geografia/regimen_fluvial.html mapa interactivo.

Page 127: Tema 3 diversidade hídrica e bioxeográfica