Suplemento - Letras Galegas 2009

16
ARTIGOS_DE: Miguel_Barros_Puente Camiño_Noia X.L._Franco_Grande Xosé_María_Pin_Millares X._Sanxuás_Formoso Fernando_Pérez-Barreiro_Nolla

Transcript of Suplemento - Letras Galegas 2009

Page 1: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 1/16

ARTIGOS_DE:Miguel_Barros_PuenteCamiño_Noia

X.L._Franco_GrandeXosé_María_Pin_MillaresX._Sanxuás_FormosoFernando_Pérez-Barreiro_Nolla

Page 2: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 2/16

22ª Q UINCENA, MAIO DE2009

E SPECIAL LETRAS G ALEGAS 2009R AMÓN P IÑEIRO , ANATOMÍA DA SAUDADE

1915.- Nace o 31 de maio na parro-quia de Armea (Láncara, Lugo).Foi un dos oito fillos de Salvador Piñeiro García e Vicenta LópezFernández.

1921.- Ingresa na escola.1924-1928.- Marcha coa súa irmá

maior e a súa nai a Lugo parafacer o Bacharelato Elemental.Nesa etapa esperta o seu inte-rese de lector con algúns tebe-os e novelas de aventuras.

1928-1931.- De novo en Armea, tra-

balla na casa familiar. Sénteseimpresionado pola lectura deOrtega e Valle-Inclán.

1931.- Marcha a Sarria, onde vive nacasa familiar dun amigo de seupai, Pedro Cortiñas, a quen lleleva as contas da súa ferraxe-ría. Durante a campaña daseleccións republicanas asiste aun mitin de Xulio Sigüenza, Án-xel Fole e Lois Peña Novo. É oseu primeiro achegamento aogaleguismo.

1932.- Volve a Lugo para cursar o Ba-charelato Superior. Funda conoutros amigos do Instituto asMocedades Galeguistas de Lu-go, nas que traballa como se-cretario de Cultura. Coñece aOtero Pedrayo, e tamén a ÁnxelFole, Pepe Gaioso e Luís Pi-mentel, aos que sempre consi-derou os seus mestres.

1933.- Intensifícase a súa participa-ción no movemento galeguista.Coñece a Alexandre Bóveda e aCastelao. Tamén coñece a LuísSeoane, Ánxel Casal e CamiloDíaz Baliño. Debido a unha do-enza deixa os estudos e céntra-se na política.

1935.- Organiza o mitin do PartidoGaleguista en Láncara.

1936.- Comeza a Guerra Civil. En Lu-go créase unha comisión for-mada polos partidos para se-guir os acontecementos; os re-presentantes do Partido Gale-

guista son Ramón Piñeiro e Án-

xel Fole. Ao pouco tempo tenque abandonar Lugo e refúxia-se en Armea, onde estivo prote-xido sen el sabelo por un falan-xista compañeiro de escola.Aconsellado polo seu amigoPepe Gaioso incorpórase aoexército. A guerra provócalleunha fonda depresión que lle faidecidirse por estudar Filosofíapara entender a conducta doser humano.

1939.- Rematada a guerra volve a Ar-mea. Ese verán reúnese en

Santiago con Marino Dónega eXaime Illa Couto para debater areconstrucción do Partido Gale-guista. Ramón prefería agardar a ver cómo se desenvolvían osfeitos e se clarificaba a situa-ción internacional. O inicio da IIGuerra Mundial e o avance deHitler afouta aos vencedores enEspaña, polo que sería unha te-meridade tentar reconstruír oPG na clandestinidade.

1940.- Matricúlase en Filosofía e Le-tras en Compostela.

1942.- Marcha a Madrid para facer aespecialidade en Filosofía pu-ra. Alí intégrase no grupo gale-guista da capital e mantén con-tactos con nacionalistas vascose cataláns.

1943.- O desenvolvemento da II Gue-rra Mundial fai pensar que a de-rrota de Mussolini e Hitler podelevar á restauración da demo-cracia en España. Comeza a re-

construcción do PG e Piñeiro

forma parte do Comité Executi-vo. Intensifícanse as relaciónscos galeguistas do exilio e cosgrupos vasco e cata-lán.

1946.- Viaxa a Parísnun intento dereforzar a pre-sencia galega nogoberno no exi-lio coa incorpo-ración de Caste-lao. A entrevista

con Giral foi des-alentadora e regre-sa para intentar organizar a al-ternativa democrática dendeEspaña. Nunha reunión no caféPidoux é detido durante unharedada policial. Ingresa na ca-dea en Alcalá de Henares. Écondenado en consello de gue-rra a seis anos de prisión quecumpriu en parte en Alcalá deHenares, Yeserías e Ocaña.Adica o tempo á lectura forneci-

da polo seu amigo Fermín Pen-zol e a realizar traballos de tipo

cultural, como darlles clase aosoutros presos.

1949.- En marzo sae do cárcere cun-ha importantísima perda de vi-sión. Reincorpórase á activida-de galeguista na clandestinida-de. Instálase coa súa muller,Isabel López García, en Com-postela, no cuarto piso do nú-mero 15 da rúa Xelmírez, ondevivirá ata o seu pasamento. Ini-cia as súas colaboracións xor-nalísticas no diarioLa NochecopseudónimoLuis Veiga do

Campo.

1950.- Participa no nacemento daEditorial Galaxia, que pretendíadarlle cobertura legal ao gale-guismo. Comeza as súa viaxesa Barcelona (que se alongaronata 1975) para establecer con-tactos políticos e desenvolver actividades culturais entre Gali-cia e Cataluña.

1951.- Aparece o primeiro caderno daColección Grial co títuloPre-

sencia de Galicia, no que Piñei-ro publica o artigoSignificado

metafísico da saudade, quecausa fonda impresión no ámbi-to galeguista. Recibe o premiode traducción da Editorial Bi-bliófilos Gallegos, de Compos-tela, pola traducción ao galegoen colaboración con CelestinoFernández de la Vega doCan-

cioeiro da Poesía Céltigade Ju-lius Pokorny, publicada ao anoseguinte.

1952.- Publica o artigo A saudade en

Rosalía, integrado no volume

colectivoSete ensaios sobre

Rosalíaque Galaxia dedicou aoestudo da poeta.

1953.- Aparece o seu traballoPara

unha filosofía da saudade,in-cluído no libro colectivoLa Sau-

dade que publica Galaxia.1954.- Frecuenta o faladoiro gale-

guista do Hotel Compostela.1955.- Envía a comunicación A Filo-

sofía e o Homeao I Congreso

Nacional de Filosofía celebradoen Braga. O faladoiro do HotelCompostela pasa ao Café Es-pañol. Ramón Piñeiro promoveactivamente a conciencia gale-ga entre os máis mozos e pro-longa as conversas no seu piso,no nº 15 da rúa Xelmírez.

1956.- Redacta o relatorio A defensa

do idioma, vencello espiritual

de tódolos galegos,presentadono I Congreso da EmigraciónGalega celebrado en Bos Airespara conmemorar o centenariodo Banquete de Conxo. RamónPiñeiro concibe a idea da elabo-rar unGran Diccionario da Lin-

gua Galega, pero o proxectonon obtivo éxito. Xunto con Ce-lestino Fernández de la Vega,traduce e elabora a introduc-ción e notas do ensaio do filóso-fo alemán Martin Heidegger,Da

esencia da verdade.1957.- Nunha asemblea celebrada en

Compostela con representan-

Cronobiografía de Ramón Piñeiro López(1915-1990)

«R AMÓNPIÑEIRO, ANATOMÍA DA SAUDADE» Suplemento de APENEIRAco gallo do Día das Letras Galegas-2009Coordinación suplemento_Guillermo Rodríguez_Antón FernándezMaquetación_Manrique Fernández

Page 3: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 3/16

32ª Q UINCENA, MAIO DE2009

E SPECIAL LETRAS G ALEGAS 2009R AMÓN P IÑEIRO , ANATOMÍA DA SAUDADE

tes do galeguismo na emigra-ción presenta a ponenciaNova

orientación do galeguismo,on-de recoñece o fracaso das acti-vidades políticas democráticas

na clandestinidade e sinala queé no terreo cultural onde se estáa producir a loita política do ga-leguismo co franquismo.

1958.- Galaxia publica o primeiro vo-lume dos tres de que constabao Diccionario Enciclopédico

Castellano-Gallegode EladioRodríguez, grazas á teimosíade Piñeiro por rescatar estaobra ata entón inédita. Os ou-tros dous tomos aparecerán en1960 e 1961. Publica o artigoGalicia e Rosalía na poesía deLuís Pimentel no monográficodedicado ao poeta lugués polaRevista de poesía y críticaedi-tada en Ferrol Aturuxo.

1959.- Escribe o limiar ó libro50 dibu-

xos de Maside.1961.- Prologa o libro de Xosé Luís

Méndez FerrínO crepúsculo e

as formigas.1963.- En setembro apareceGrial xa

como revista, co subtítuloRe-

vista galega de cultura. Aíndaque fora designado como direc-tor un xornalista, a verdadeiradirección exercíana Ramón Pi-ñeiro e Francisco Fernándezdel Riego. O 7 de xullo, OteroPedrayo, Carballo Calero e Xu-lio Rodríguez Yordi presentan acandidatura de Piñeiro á RealAcademia Galega, na que in-gresa como membro numerarioo 29 de decembro.

1964.- Nace a Unión do Pobo Galego,

froito da división en grupos xu-venís do movemento galeguis-ta, ata daquela unido baixo a di-rección de Piñeiro.

1966-1970.- Imparte cursos de veránno Middlebury College de Ver-mont (EE.UU.), onde fala sobreUnamuno, Ortega y Gasset e opensamento e a sociedade es-pañola no século XVIII. Viaxapor EE.UU. Asúa dona, Isabel,dá clases de conversa en espa-ñol a estudiantes norteamerica-nos. En 1966 asiste ao VI Colo-quio Internacional de estudosLuso-Brasileiros celebrado nasuniversidades de Harvard e Co-lumbia

1967.- O 25 de novembro ingresa naReal Academia Galega co dis-curso A lingoaxe i as língoas,

contestado por Domingo Gar-cía-Sabell.

1970.- Colabora co doutor AgustínSixto Seco, que preside a xuntade goberno do Padroado Rosa-lía de Castro, creado en 1947.

1971.- É un dos participantes na pro-posta de unificación morfolóxi-ca da lingua dirixida á Real Aca-demia Galega para a súa discu-sión. Esta proposta constituiráo xermolo das Normas ortográ-ficas e morfolóxicas do galego.Participa na Semana Culturalde Galicia e Portugal organiza-da en Coimbra pola Universida-de da cidade e a Real AcademiaGalega.

1973.- Prologa o libro de EduardoMenéndez-Valdés Golpe,Se-

paratismo y unidad (una unifica-

ción histórica).1974.- Publica o libroOlladas no futu-

ro, onde recompila 48 traballossobre temas variados relacio-nados con Galicia e publicadosna prensa entre 1949 e 1973.

1975.- PublicaSaudade e Socieda-de, dimensións do home,textocorrespondente á conferenciapronunciada na Aula de Cultura

de Vigo dentro dun ciclo organi-zado por Álvaro Cunqueiro so-breGalicia e o home galego.

1977.- É un dos asinantes doMani-

festo dos 29no que se deman-da un pacto galego para que ospartidos que conseguan repre-sentación parlamentaria naseleccións xerais de xuño, acep-ten o compromiso de defender os intereses de Galicia e situalaao nivel das nacionalidades his-tóricas vasca e catalana. Asistecomo convidado de honra aoXV Congreso Internacional deFiloloxía Románica en Río deJaneiro.

1978.- A nova Constitución é aproba-da en referendo. Debido á pre-sión de vascos e cataláns, con-sagraba no seu texto un modelode Estadoautonómico.

1979.- Apróbanse os Estatutos vascoe catalán, pero no trámite dediscusión do galego, o gobernoanuncia a vontade de diminuír onivel competencial do Estatutode Galicia. Os galeguistas, en-cabezados por Ramón Piñeiroe contando co apoio dalgúns in-

telectuais independentes, ela-boran o chamado manifesto “daaldraxe” en contra da introduc-ción dese artigo.

1980.- Para sacar adiante o EstatutoGalego coas máximas compe-tencias e como grupo que estu-dase e analizase a situación efuturo de Galicia nos planos cul-tural, económico, político e so-cial, nace o Grupo de estudosRealidade Galega.Participa nocoloquioTradición, actualidade

e futuro do galegocelebrado enTréveris. Viaxa a Bos Aires eMontevideo convidado polascomunidades galegas e pro-nuncia diversas conferencias.

1981.- No outono celébranse as pri-meiras eleccións autonómicas.Ramón Piñeiro, xunto con ou-tros tres galeguistas –Benxa-mín Casal, Alfredo Conde eCarlos Casares– decide acep-tar a invitación do Partido So-cialista de Galicia (PSdeG-PSOE)e presentarse como indepen-dente nas súas listas. Sae elixi-do parlamentario pola Coruña ecolabora na redacción da Lei deNormalización Lingüística. Dei-xará o Parlamento ao rematar alexislatura en 1985.

1983.- Ramón Piñeiro é o primeiropresidente do Consello da Cul-

tura Galega. Asiste en Lisboa,como convidado especial, aoCongreso Internacional sobre A

situación da lingua portuguesa

no mundo.1984.- Aparece o seu libroFilosofía

da saudade,que inclúe o artigoSignificado metafísico da sau-

dade, publicado no primeiro ca-derno daColección Grial,e ou-tros tres sobre o mesmo tema,un deles inédito (aínda que foradado a coñecer como conferen-

cia). O 21 de novembro a Gene-ralitat de Catalunya concedeu-lle aCreu de Sant Jordi “pola fe-

cunda tarefa realizada na de-fensa e divulgación da lingua, acultura e a identidade de Gali-cia”.

1985.- É galardoado pola Xunta deGalicia coa Medalla Castelao.Participa no Congreso Interna-cionalRosalía de Castro e o seu

tempo, celebrado en Compos-tela.

1988.- É o encargado de redactar avoz “saudade” para aGran En-

ciclopedia Gallega.1990.- Gaña o Premio Fernández La-

torre de xornalismo. Por encar-go da Real Academia Galega faia edición do libroLuis Pimentel,

amigo persoal de Piñeiro e aquen se lle dedica ese ano o Díadas Letras Galegas. Participatamén no libroLuís Pimentel.

(1895-1958). Unha fotobiogra-

fía,co artigoLembrando a Luís

Pimentel.Promove, no Conse-llo da Cultura, a colección deClásicostraducidos ao galego,iniciada con A Ilíadade Home-ro. Recibe a Insignia de Ouro daUniversidade de Compostela.En xaneiro morre a súa dona

Isabel; o 27 de agosto morre el.1991.- A revista Grial publica o seu

número 111 en homenaxe a Ra-món Piñeiro baixo o títuloDa

miña acordanza,que reúne unconxunto de escritos do home-naxeado. Este mesmo ano apa-recenRamón Piñeiro: unha vi-

da por Galicia,de Carlos Casa-res, e o volume colectivoHome-

naxe a Ramón Piñeiro.1994.- O 24 de marzo ten lugar a in-

auguración oficial doCentro

Ramón Piñeiro de Investiga-

cións Lingüísticas e Literarias,

dependente da Consellería deEducación e Ordenación Uni-versitaria.

LIBROS

Olladas no futuro. 1974.

Lembrando a Castelao . 1975.

Filosofía da saudade . 1984.

Fermín Penzol. 2001.

Da miña acordanza. Memorias . 2002.Galicia. 2002.

A linguaxe e as linguas. 2008.

TRADUCIÓNS (con Celestino Fernández de

la Vega)

Pokorny, J. Cancioneiro da poesía

céltiga. 1952.

Heidegger, M. Da esencia da

verdade. 1956.Escribeu, ademais, unha manchea de artigos,

limiares, discursos, cartas, etcétera.

obra_literaria

Page 4: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 4/16

42ª Q UINCENA, MAIO DE2009

E SPECIAL LETRAS G ALEGAS 2009R AMÓN P IÑEIRO , ANATOMÍA DA SAUDADE

Galicia deu moitos e bos políticos,pero non queremos acotalo mar-co a aqueles políticos que tiveron

a Galicia por obxecto dunha reflexión e

acción políticas. Un deles foi Ra-món Piñeiro que naceu enÁrmea, Concello de Lán-cara no 1915 e finou enCastropol en 1990.

Naquel entonces Villar Ponte creaba as Irmanda-des da Fala, primeiro in-tento de redencióndo pais a partiresdo emprego e di-fusión da Fala.Das Irman-

d a d e ss a í -ron

líderes como Vicente Risco, Lousada Dié-guez, Lois Peña

N o -

vo ou Daniel Castelao que se converteríana representación moral e simbólica deGalicia e o movemento político que loitapor soerguer o nivel de dignidade que llecorresponde dende a vontade colectivados galegos conscientes dunha personali-dade colectiva como Pobo. As Irmandadesderon lugar a Xeración Nós que dende arevista do mesmo nome aviveceron a con-ciencia colectiva e prepararon o terreo pa-ra a transformación do galeguismo comopensamento propio dos galegos conscien-tes en movemento político que, a través daparticipación electoral, buscaba conquis-tar o autogoberno, lóxica aparición dun po-bo capaz de crear unha Cultura Propia.

Ramón Piñeiro tiña daquela 15 anos.

Coñeceu en Lugo ós líderes do gale-guismo e incorporouse con entu-siasmo a causa de Galicia. Fundoucon outros mozos as MocidadesGaleguistas de Lugo, participou nolanzamento da Revista Yunque (re-

vista de vangarda política). Con 16anos publicou o seu primeiro artigo:“Contido e forma da política” ondeexpresa con seriedade o seu con-vencemento republicano e fede-

ral. En 1932 escribe sobor da “Ra-cionalización da política”, texto no

que reflexiona con rigor sobre aconveniencia de obter os maioresrendementos sociais, económicose políticos coa máxima economía

de medios.Entendía o mozo que ese pro-

ceso racionalizador implicaba afederalización dos vellos estadoshistóricos, resultado de azar oudos pactos de familia, pero fre-

cuentemente do emprego da forzae a violencia. Adecuando a estrutura

política do estado á realidade pluri-nacional do mesmo, pensaba Pi-ñeiro que a creatividade de cadaPobo enriquecería o conxunto,contribuíndo esta adaptación álibre expresión das culturas na-cionais todas elas diferentes e

orixinais.O Fetichismo do Es-

tado como valor abso-l u t o

de carácter permanente era cuestionadopor este mozo de 17 anos sostendo, comodespois faría E. Cassirer no seu libro “OMito do Estado” , o carácter histórico e re-lativo da institución estatal.

No ano 1934 participou, representan-do ás Mocidades “que aran cantando oscampos de Lugo”no mitín das arengas comáis granado do Galeguismo. Acompañouós líderes na Campaña a favor do Estatutode Galicia e foi secretario na asemblea ce-lebrada en Santiago polo Partido Gale-guista.

O 20 de xullo do 1936 estaba no Go-berno Civil de Lugo cando o comandantemilitar da praza se fixo cargo do poder civildetendo os representantes e cargos do go-

berno republicano. Aconsellado por ami-gos que coñecían o perigo que corría in-corporouse coa súa quinta ó servizo mili-tar.

Estivo ás ordes do Capitán Antonio Ro-són, político de quen Piñeiro deu semprecabal testemuña, Incluso cando na transi-ción foi duramente criticado polo seu pasa-do e compromiso co Réxime.

Acabada a Guerra, Ramón Piñeiro par-ticipou con Francisco Fernández del Rie-go, Manuel Gómez Román, Xaime IslaCouto, Mariano Dónega e un pequeno pu-

ñado de sobreviventes do drama civil, narefundación do P.G., ocupándose dendeagosto de 1944 da súa Secretaría Política.

Matriculado na Facultade de Filosofíada Universidade Central, desmotivado po-lo ermo intelectual intelectual que asola-gaba a institución universitaria, adica osseus esforzos a organizar en Madrid unhaeficaz rede de contactos coas forzas de-mocráticas que pretendían a restauraciónda República e o derribo político do ditador.Ben-cho-shey, Álvaro Gil, Fermín Penzol,Evaristo Mosquera forman o sanedrín ga-leguista da loita clandestina. Ramón Piñei-ro é o Secretario Político e activista infati-gable da conspiración antifranquista. Enmúltiples reunións tenta convencer os Par-tidos Cataláns e o PNV da conveniencia deque Galeuzca se incorpore á ANFD (Alian-za Nacional de Forzas Democráticas), pa-ra recibir a restauración republicana dendedentro do poder político e poder facer valer así os dereitos das nacionalidades históri-cas.

Celebrada a Conferencia de S. Fran-

cisco e as Cortes Republicanas de Méxi-co, o Goberno Republicano no exilio es-tablécese en París. En marzo de 1946,cando o Presidente Giral e o presidente

Importancia de RamónPiñeiro napolítica

galega do séculoXXMiguel Barros Puente

Page 5: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 5/16

do Goberno Vasco J. A. Aguirre desembar-can en Orly Piñeiro xa está en Francia parademandar a presenza de Castelao comoMinistro galeguista. Apesares da fonda de-cepción que lle produce a incapacidadedos partidos republicanos para ofrecer un-ha imaxe de unidade institucional en tor-no ó seu goberno, Piñeiro valora asignificación política do antece-dente histórico que representaráa presenza galeguista na institu-ción republicana, con vascos e ca-taláns para conseguir a carteira mi-nisterial de Castelao, representación deGalicia que as forzas políticas do Paísapoiaban unanimemente despois dunhareunión celebrada na rúa do Preguntorio

de Santiago, na casa dunha tía de Borobó(Raimundo García). De volta a España de-téñeno no Café Pidoux cando se dispoñíaa informar aos membros da Alianza dos re-sultados e opinións que lle merecía a opo-sición republicana do exilio. Piñeiro frisabaos 31 anos.

Defraudadas as esperanzas da restau-ración republicana a vida política no paísesmorecera. Na altura do 1946 a policíafranquista controlaba absolutamente a si-tuación e, a resistencia, devalaba.

No período en que Piñeiro pasa por Al-

calá, Yeserías e Ocaña o proio partido ga-leguista queda mermado. O devalo da or-ganización é correlativo coa perda da es-peranza. A última luzada quixo verse nopacto de San Juan de Luz entre monárqui-cos e socialistas. Pero Franco reaxíu con-vocando o Referendum da Lei de Sucesiónque proclama a España como reino. Por outra banda invita a don Juan ó Azor e pac-ta a educación do príncipe Juan Carlos enEspaña. Aoposición quedaba sen bandei-

ras, mentres a Guerra Fría posibilitaba acomprensión política da dictadura. A repú-blica non volvería.

Piñeiro sae do cárcere en marzo de1949. Ten serios problemas de

vista; operado en Valdecilla en 1951 faisecargo da dirección literaria de Galaxia; em-presa fundada o 25 de xullo en de 1950 en

Compostela. O galeguismo apréstase atravesía do deserto da ditadura falangista.

Eiquí empezará a perfilarse o esgaza-mento do galeguismo en dous polos. Por un lado a emigración galega activada por Castelao eríxese tamén en depositaria doseu legado político despois de que firme enxaneiro de 1950. O Consello de Galicia queel fundara como institución fiduciaria dopobo galego para a defensa e represen-tación dos seus dereitos políticos,non recollía a presenza de tóda-las forzas políticas con repre-

sentación política en Galiciae, por outra banda o noso Es-tatuto fora plebiscitado, peronon desenvolto; careciamosdun goberno emanado do Par-lamento, institución que existíanos casos catalán e vasco. Apesaresda boa vontade de J.A. Agirre, o Consellode Galicia non tiña a consideración de re-presentación cualificada do Pais. Os parti-dos non o consideraban así. D. Castelao

(PG), Ramón Suárez Picallo (PG), ElpidioVillaverde (IR) e Antón Alonso Ríos (Agra-rista) non representaban a totalidade dasforzas políticas galegas. Así naceu o novogaleguismo.

A Novo Galeguis-mo era a alterna-

tiva alumeadapor Piñeiro

para supe-rar a con-tradición

entre o mar-co ideolóxico e o

horizonte político; primeiro requisito paradar continuidade a un movemento políticoque precisaba dun amplo apoio popular.

Esta revisión teórica viña facilitada polaangostura da situación política que impo-ñía a ditadura. Nós destacariamos da novaetapa en primeiro lugar un golpe de timónque libera ao Galeguismo da servidume te-órica do principio das nacionalidades, da-do que Piñeiro estima que a nación non

precisa da condición de Estadop a r a

entrar na historia. O Estado é para o autor de “Filosofía da Saudade” unha forma decultura, un ente histórico froito da acción

violenta e baseado na forza. Acultura polacontra é un produto espiritual da personali-dade colectiva. Espírito obxectivado do po-bo, expresión da súa creatividade. Os seusvalores aportan ao conxunto da humanida-de a contribución orixinal de cada comuni-dade singular. A proposta teórica do novogaleguismo consiste en reingresar na his-toria mediante os valores da nosa cultura.3A este obxectivo seguía a decisión dedespatrimonializar o galeguismo comoámbito exclusivo dun único partido. Piñeiroentende que a pluralidade de idearios nonimpide o compromiso co ideal comun deerguer a conciencia nacional do pobo gale-go para reclamar os dereitos políticos co-lectivos que lle corresponden. A conse-

cuencia de tal decisión implicaba aceptar aobsolescencia da función histórica da PG.

A lingua, creación colectiva, acouta aextensión da comunidade galega. Calque-ra pode por un acto libre da súa vontade in-dividual incluírse ou excluírse na comuni-dade mediante o uso ou abandono da mar-ca diferencial que implica falar ou non falar galego. Recuperar dende a orixe, pulir i er-guer o idioma á categoría de instrumento

de comunicación i expresión de altacultura, foi outra obsesión do

autor da “Linguaxe e as Lin-

guas”. Para desenvolver es-tes obxectivos o novo gale-guismo crea Galaxia e publi-

ca como canle de expresión,de vocación universal a revista

“Grial”. Ambos instrumentos servíranás novas xeracións para exercitar a súacreatividade e tamén para expresar o seupensamento. O estudo e reflexión sobre asúa obra ben seguro que influirá de xeitodecisivo na política galega do s.XXI.

52ª Q UINCENA, MAIO DE2009

E SPECIAL LETRAS G ALEGAS 2009R AMÓN P IÑEIRO , ANATOMÍA DA SAUDADE

Arenuncia a constituír un

Estado propio achega a viabilidadepolítica a premisa ideolóxica. O novo

galeguismo sacrifica o exceso de cargadoctrinaria en beneficio da eficacia

práctica.

Con 16 anos publicou o seu primeiro artigo:“Contido e forma da política” onde expresa con

seriedade o seu convencemento republicano e federal.

Page 6: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 6/16

Desde o outono de 1966 a setem-bro de 1969 visitei a casa de Pi-ñeiro con certa asiduidade; rela-

ción que completaba cos frecuentes en-contros nas rúas de Santiago e nalgúnsdos actos culturais ós que ambos asistia-mos. A casa de Piñeiro estaba próxi-ma á miña e, en non poucas oca-sións, téñoo atopado á saída do

portal ou falando con alguénfronte á casa. Nunca deixaba dedicirme algo ou de acompañarme, seos nosos camiños coincidían.

Foi Carlos Casares, a quen coñecerana primavera do ano 1966, quen me levouá casa de Ramón Piñeiro un día de finaisdo mes de outubro. Eu ignoraba case todosobre literatura, historia e cultura galegase, convencida da eficacia do cristianismo eda loita polas liberdades dos pobos, milita-ba na JEC tentando levar a mensaxe libe-radora de Cristo ó mundo universitario.

Lía a González Ruíz, a Aranguren, aMunier, a John Robinson… e de aí pasei aMarcuse, a Sartre, a Camus, a Regis De-brais que por aquela andaba na guerrillaboliviana, e mesmo intentei ler oCapital .Tiña amigos e amigas na asociación d’OGalo, pero, daquela, o galeguismo quepracticaban parecíame folclórico; ademaisdicíase que o presidente perseguía os co-munistas que había na asociación. Nasxuntanzas da JEC falabamos de temas so-ciais e políticos, do dominio norteamerica-no en Hispanoamérica, da teoloxía da libe-ración, do noso compromiso nas loitascontra o réxime de Franco, etc. E con Car-los Casares falaba, sobre todo, de literatu-ra francesa e galega, mais tamén de Piñei-ro e dos conflitos mundiais.

Non recordo cal foi a razón pola queCasares me levou a Xelmírez 15, supoñoque o faría porque eu daquela era unha en-cendida militante pola xustiza evanxélica equizais pensou que Piñeiro me convence-ría do galeguismo. «Quero que coñezas unamigo meu, que che vai gustar», díxome. E

un día alá fomos; Piñeiro estaba agardan-do por nós e recibiunos con moito cariño.

Aí comezou a miña relación co perso-naxe ó que este ano se lle dedica o Día das

Letras Galegas, un home de letras, un filó-sofo da saudade pero sobre todo un políti-co. Unha figura poliédrica que ten suscita-do adhesións inquebrantables e fondos re-xeitamentos.

Eu limitareime a facer un achegamentoó Piñeiro que eu coñecín, que non será ohome real senón a representación simbóli-ca que eu recibín del. Un home atentísimo,sempre sorrinte e afable, tratábame contanta delicadeza que me facía sentir unhapersoa importante. Teño que recordar ta-mén a Isabel, a súa muller, que nos traíacafé con galletas e que me acollía cunhatremenda simpatía. Piñeiro deixoume li-

bros para ler, os de Francisco Añón, cele-brado nas Letras de 1966 e descoñecidopara min, e outros máis cos que me fun afa-cendo a lectura en galego. Ás veces, anun-

ciábame a visita dalgunha persoa intere-sante que eu debía coñecer e dicíame quefose á súa casa. Alí coñecín a Andrés To-rres Queiruga, a Fermín Penzol e a Blan-quita, ó filósofo portugués Agostinho daSilva, a Marino Dónega e a outra xente quenon recordo. Como sabía tan pouco domundo da cultura galega, todo me resulta-ba novo e asistía a eses encontros de Pi-ñeiro de convidada de pedra, sen dicir pa-labra. E, a verdade, pouco interese me es-pertaban os temas daqueles parladoiros.Máis dunha vez me teño preguntado por qué querería Piñeiro que eu os escoitase.Cando coincidía alí con Casares, ó saír ex-

plicábame do que falaban e poñíame enantecedentes do que pensaba cadaquénsobre o asunto. O que máis me interesabadas conversas de Xelmírez 15, quizais por-

que coincidía coas miñas lecturas das cla-ses, eran os seus comentarios sobre litera-tura española e cando falaba dos temasque estaba preparando para os cursos deverán que ía dar a Vermont, no Middlebury

College. Recordo a súa volta de Américano outono do ano 1967; estabaentusiasmado co éxito do cursoque dera sobre o pensamento

de Unamuno. E contaba, un díae outro, as estupendas experien-

cias docentes cos estudantes americanos;cos que, dicía, establecía una íntima co-municación espiritual. Os alumnos escoi-tábano con veneración e el sentíase plena-mente gratificado. Recordo que nos faloude dúas «monxiñas moi simpáticas», moiinteresadas pola figura de Unamuno quelle facían preguntas sobre o concepto derelixiosidade do escritor; e dunha parellade mozos «moi creativos» que os convida-ran a cear na súa casa, a el e a Isabel, y lle

puxeran unha película na que gravaran assúas relacións sexuais. Eu estaba abraia-da oíndoo contar excelencias da vida ame-ricana, da súa democracia, da liberdade deexpresión que había e da xente tan orixinalque coñecera nas aulas; mirábao dándollevoltas ás mans e erguendo as cellas revol-tas para mostrar o seu entusiasmo polaamerican walfaree dábame moitísima en-vexa non poder ir tamén eu alá.

O que non recordo é que Piñeiro meadoutrinase sobre nada. Nos primeiros en-contros facíame preguntas sobre as miñasinquietudes sociais, relixiosas e políticas,que el ía comentando e poñéndome exem-plos de persoas que pensaban coma min eeran galeguistas. Recordo as loanzas so-bre Queiruga antes de chegar a coñecelo,de Valentín Arias, de Manolo Caamaño, deFerrín, de Ramón Lugrís, que escribira unlibro estupendo sobre Risco, dicía, e queme prestou. A Piñeiro parecía interesarllemoito o que se facía nas aulas universita-rias e facíame preguntas sobre algúnscompañeiros e profesores. Tiña un intere-

se enorme por saber como eran as clasesde don Ricardo Carballo Calero, que vivíano piso debaixo do seu, e por don Constan-tino García. Eu daquela estaba entusias-

62ª Q UINCENA, MAIO DE2009

E SPECIAL LETRAS G ALEGAS 2009R AMÓN P IÑEIRO , ANATOMÍA DA SAUDADE

Tamén eu estiven enXelmírez, 15Camiño Noia

Page 7: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 7/16

mada con aquel profesor asturiano, tanpreocupado polo galego e que se confesa-ba socialista; realmente renovara o estilonas relacións do profesorado co alumna-do, e recordo os receos de Piñeiro que nondeixaba de dicir que había que ter coidadoporque non era dos «nosos», que viña defóra e algo buscaría. Cando xurdía o nomedalgún comunista nas conversas, notabacomo lle cambiaba a cara a Piñeiro, deixa-ba de darlle voltas ás mans, calaba e evita-ba o tema desviando a conversa cara a ou-tro asunto. Casares explicoume que Piñei-ro non quería nin oír falar de comunistasdesde que estivera na cadea e lles viracomportamentos nada coherentes coa súaideoloxía. Naquela época, un dos temas

máis debatidos nos parladoiros universita-rios e nos foros de debate era o da guerrade liberación de Alxer que enfrontara ós fi-lósofos Sartre e Camus; e recordo que dis-cutiamos con paixón sobre as avantaxes eas desvantaxes da descolonización do pa-ís, xa que a fin de contas estaba baixo o do-minio dunha democracia. Se se falaba deCamus con Piñeiro, había que evitar o te-ma de Alxer.

A miña relación con Piñeiro durou ataos inicios da década dos anos 70. En outu-bro de 1969 marchei a Vigo a traballar nun

colexio e dérame o encargo de presentar-me a Paco del Riego, na Biblioteca Penzol.A distancia, a miña colaboración con parti-dos nacionalistas de esquerdas opostos ácreación de Realidade Galega, promovidapolo grupo Galaxia, fóronme afastandodel. Os encontros en Santiago daquelesanos eran tensos, el ría cando lle falaba deque a solución do galeguismo estaba naesquerda, e lamentaba que aquel rapaz

tan creativo e dedicado a Galicia (falaba deFerrín) se metese en aventuras sen futuro.Pensaba que a UPG non tiña sentido nunpaís como Galicia.

Ó revisar mentalmente a miña relacióncon Piñeiro, teño que confesar que nonatopo ningunha caste de adoutrinamentono seu comportamento; e se o houbo, foidun xeito tan sutil e indirecto que non o no-tei. Non recordo discursos teóricos sobreningún tema de política sobre Galicia. Nun-ca me falou de Risco nin de Otero, e moitomenos de teorías nacionalistas nin gale-

guistas. É certo que eu ía mercando librosen galego, un delesSempre en Galiza,pe-ro máis inducida por Casares ca por Piñei-ro. O que si repetía moito na súa mesa-bra-seiro era a importancia de falar e escribir en galego e de utilizar a nos ámbitos uni-versitarios. Pero non o facía con teoríassenón con exemplos de xente «moi simpá-tica» que estaba instalada en galego coaque me animaba a poñerme en contacto.

Non podo negar que as visitas a Xelmírez15 foron decisivas na miña conversión ógaleguismo pero, sen dúbida, máis polasedución do personaxe ca polo adoutrina-mento recibido. Eu estaba admirada deque unha xente tan culta, de formas tan ex-quisitas e de vida tan acomodada falase evivise en galego e, no fondo, quería ser co-ma eles,

Disque Piñeiro induciu a algúns «rapa-ces» para que se metesen no PSG, e quemandou a outros á Democracia Cristiá deXaime Isla Couto; a min non me induciu nin

me suxeriu que entrase en ningún, e tam-pouco recordo que Casares me falase nun-ca deles. A min paréceme que a Casarestampouco o mandara ó PSG, e se o fixonon lle obedeceu, porque o Carlos ía ásxuntanzas do Felipe a Madrid e adoitabarelacionarse con militantes do Partido Co-munista, como se puido ver na exposicióndo 68. Ó mellor era un consello de Piñeiropara que levase a semente galeguista a tó-

dolos grupos, mais, naquel tempo en que apolítica era clandestina, as militancias nunou noutro partido eran bastante confusas.

Pasados tantos anos, Ramón Piñeiroaparéceseme na distancia como unha figu-ra borrosa e complexa. E nin as conversascon el, nin os libros que me prestaba e merecomendaba me permiten facer unha in-terpretación do seu comportamento políti-co. E hoxe, vista a traxectoria política dePiñeiro, coma testemuña viva do devir dahistoria política de Galicia desde o ano1966, resúltame evidente que el non ac-

tuou só, el fixo de voceiro dun grupo depresión que quería controlar o movementogaleguista, no ámbito cultural e no político,con moito éxito, por certo. E penso que seequivocaron na súa estratexia de non re-construír o Partido Galeguista, que no mo-mento da transición privou ó noso País dunPartido respectado por todos dándollesazos ós franquistas para seguir gobernan-do.

72ª Q UINCENA, MAIO DE2009

E SPECIAL LETRAS G ALEGAS 2009R AMÓN P IÑEIRO , ANATOMÍA DA SAUDADE

No Café Españolda Rúa do Vilar. Deesquerda a dereita:Rodrigo García,Carlos Maside,Ramón Piñeiro,MaximinoCastiñeiras, ÁnxelFole e BenitoVarela Jácome.Galicia Emigrante,nº 6 (1954). Arquivo da RAG.

Page 8: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 8/16

Ramón Piñeiro foi por riba de todo un político. Á polí-tica consagrou por enteiro a súa vida. E, conformeo esixían as necesidades ou posibilidades reais de

cada momento histórico, fixo a política que, ao seu xuízo, re-quirían os dereitos do pobo galego, dereitos polos que el loi-tou individual e colectivamente, comprometendo, neste ca-

so, a cantos incorporou á causa do galeguismo, que foronmoitas e moi diversas xentes de todo o país e aínda de fóradel.

Pechados os tempos da clandestinidade, na que partici-pou de maneira moi activa e con moi altas responsabilida-des (dende o momento en que as potencias occidentais re-coñeceron o réxime de Franco, polo que xa non cabía nin-gunha posibilidade para a loita clandestina amparada nun-ha presión exterior que xa non había), dispúxose a estable-cer as bases e liñas xerais dunha política que consistía, enresume, en preparar o país para cando o réxime de Francodesaparecese. Non se sabía cando ía ocorrer, pero si quetería lugar un día. O único intelixente que cabía facer era ga-

leguizar o país.Foi o que fixo ao longo de tantos anos. Primeiro incorpo-

rando á causa galega cantos andaban espallados polo país,sen norte e sen tarefa, restos que quedaban despois daguerra civil; logo, ou á par, incorporando a novas xeraciónsque asegurasen a continuidade; propiciando o desenvolve-mento da cultura galega; mantendo unha estreita relaciónpersoal con todos dando folgos e alento a cada un; anovan-do a única institución cultural galega que quedaba despoisda guerra, como a Real Academia Galega para que, no seudía, puidese asumir a finalidade para a que fora creada; cre-ando novas institucións, esenciais para un pais, como a“Fundación Penzol” ou inspirando publi-cacións como a “Revista deEconomía de Galicia” paraxuntar arredor dela equi-pos que traballasen noestudo da realidadeeconómica do paíse, asemade, orien-tasen sobre esascuestións a cantosquixeran coñecelas.

O panorama de Galicia, enmoi poucos anos, cambiara por enteiro. De ser un ermo cul-

tural despois da guerra civil, Galicia acordaba e saía da pa-sividade, do mimetismo, da preguiza. En moi poucos anoshabía como una “animación” en todo o país galego: en ca-da cidade e en cada vila créanse asociacións culturais que

promoven o uso público da lingua galega, conferencias so-bre cuestións que só neses círculos se trataban, represen-tacións teatrais... E todo isto baixo a atenta ollada das auto-ridades do réxime, que poñían todos os atrancos que podí-an ao libre desenvolvemento desas actividades. Moitos dosfundadores desas asociacións foron xente directamente

formada por Piñeiro.O tempos ían collendo outros rumbos. Agora xa había

que ir pensando en que o país, cun réxime esgotándose ápar que o facía o ditador, reclamaría diversas opcións políti-cas. Ou sexa, que era a hora de que a acción política parti-daria dese comezo. E Piñeiro foi o inspirador da creacióndos dous grupos que se coñeceron baixo as siglas PPG(Partido Popular Galego) e PSG (Partido Socialista Gale-go).

No seu pensamento estaba que, unha vez desapareci-do o réxime de Franco, en Galicia, como en calquera outropaís normal –dicía-, a xente decidiríase por unha desas dú-as opcións políticas: unha dereita máis ou menos demócra-

ta cristiá e unha esquerda de tipo socialdemócrata. Ou se-xa, propoñía unha solución para Galicia semellante á que xatiñan constituída vascos e cataláns. E cada unha desas op-cións, como estes fixeran, tería que ocuparse en galeguizar o partido, en que aceptasen a defensa dos dereitos do pobogalego, especialmente a lingua –esta, como patrimonio co-mún do pobo galego, estaba por riba de toda loita partidaria.

A diferenza cos vascos e os cataláns estaba en que Pi-ñeiro pensaba, con toda a razón, que un Partido Galeguista,dada a fraxilidade política de Galicia, non era oportuno quesoportase a carga de facer valer o nacionalismo galego,pois o seu fracaso, máis que probable, podía ser identifica-

do co fracaso da causa galega.Por iso pretendeu sem-

pre que a defensadesta debían face-

la, como taména facían en Ca-taluña e no Pa-ís Vasco, os

partidos que re-presentaban as op-

cións antes ditas.A ese fins convenceu a to-

das aquelas persoas que lle pareceu para que se decidisen

a constituír as formacións políticas correspondentes. As ca-bezas visibles de cada una foron Xaime Isla Couto e XoséManuel Beiras Torrado. Unha e outra contaban con xentesde moi sólida formación profesional e humana. Non sería

nada esaxerado dicir, senón acaído coa realidade, que nun-ha e noutra formación estaba a mellor xente con que Galiciapodía contar.

Pero estaba claro que Piñeiro era unha cousa e outra axente que debía executar as súas ideas. Piñeiro era un polí-tico e non o eran os seus amigos. Aopción de dereitas nonformou parte da UCD senón dos demócratas de Gil Roblese correu, nas eleccións, a mesma sorte –o mesmo fracaso-que o antigo ministro; e a de esquerdas decidiu “independi-zarse” do PSOE –xulgaban que este non era verdadeira-mente socialista e que o PSG era un partido que tiña que es-tar máis á esquerda-, razón pola que deu no mesmo fraca-so.

Decatándose desta triste realidade, Piñeiro mesmo edúas ou tres persoas máis, deciden entrar, como indepen-dentes e como último esforzo, nas listas do PSOE ás elec-cións ao Parlamento Galego. Ao menos, sacaron adiante a

Lei de Normalización Lingüística aínda vixente, que seaprobou por unanimidade, á par que logrou entre as demaisformacións políticas un respecto real á causa galega e á súalingua.

82ª Q UINCENA, MAIO DE2009

E SPECIAL LETRAS G ALEGAS 2009R AMÓN P IÑEIRO , ANATOMÍA DA SAUDADE

Ramón Piñeirona transición

X.L. Franco Grande

Piñeiropensaba que un Partido Galeguista,

dada a fraxilidade política de Galicia, nonera oportuno que soportase a carga de facer

valer o nacionalismo galego, pois o seu fracaso,máis que probable, podía ser identificado co

fracaso da causa galega.

Page 9: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 9/16

O Día das Letras Galegas deste ano de2009 está dedicado a don Ramón PiñeiroLópez, lugués da Láncara, un home quedesempeñou un papel importante na cons-trucción da Galicia actual. Estudosos auto-rizados analizarán as máis diversas face-tas da súa vida e da súa obra.

Dende estas liñas quixera recordar apresenza de don Ramón Piñeiro en Chan-tada o día 2 de marzo de 1977 e na que ti-ven certa participación. Daquela estaba-mos a vivir un momento novo, e mesmo in-certo, despois da morte do ditador, Franco.Había que facer a transición á democraciadun país que ou nunca coñecera un siste-ma democrático ou esquecera totalmenteeste modelo. Algo esencial para o funcio-namento democrático como son os Parti-dos Políticos viviran perseguidos na clan-destinidade e agora afloraban con moito

entusiasmo, pero con escasa militancia ecunha organización elemental, entre elescabe destacar a UPG, o PSG, o PCE . Xur-diron agrupacións políticas que tentabanofrecer acougo a novas sensibilidades, pa-ra don Ramón, o valor dun Partido depen-dería da súa identificación cos valores deGalicia, dicía que as diverxencias políticasdebían superarse poñendo como punto departida a reivindicación de Galicia como

pobo. Unha teima de Piñeiro era a galegui-zación da vida política, se os Partido teñenconciencia da súa galeguidade e englobanos problemas de Galicia, cada un con en-foque e ideoloxía distinta, xa será o electo-

rado quen lles dará forza e continuidade.Na sociedade da época había interese

e inquedanza por aquel mundo que estreá-bamos con tanta ilusión como preocupa-ción e falta de cultura política. Para bastan-te xente romper co franquismo ou coa de-reita tradicional significaba case poucomenos que ser comunista.

Neste contexto e sen intencións parti-distas definidas e uniformes, dende o Cír-

culo Recreativo e Cultural da vila, intenta-mos responder a esta situación mediante aorganización dunha Semana Cultural Ga-lega coa fundamental colaboración da Edi-torial Galaxia que por medio de Virxilio Ro-

dríguez Silva que puxo ao noso dispor granparte das súas publicacións e conferen-ciantes de prestixio como Ramón Villares,Francisco Carballo, Carlos Casares, Fer-nández del Riego... que disertaron sobrehistoria e literatura galega .

Recordo moi gratamente o descubri-mento que para min supuxo don Ramón Pi-ñeiro, tiven a honra de presentar ante unnutrido grupo de amigos chantadinos a

aquel home que me pareceu un santo lai-co, marcado por unha vida tronzada polaGuerra Civil, que detrás daquelas grosasgafas amosaba unha mirada unha migatriste ao tempo que escondía un corazónmoi grande que amaba a Galicia intensa-mente.

Falou don Ramón da Cultura de Gali-cia, dixo que circunstancias históricas illa-ran a Galicia, os galegos e galegas tiveronque pecharse en si mesmos, a súa lingua ea súa cultura foron consideradas como in-cultura, non tivo voz propia, ata o puntoque nas Cortes era Zamora quen falabapor Galicia, foi un pobo mudo, silenciado,privado da dignidade que como pobo llecorrespondía, urxe, pois, recuperar esa

autoestima e dignidade.No coloquio tocáronse temas como o

da lingua, alma e esencia de Galicia paradon Ramón Piñeiro, do que non pode des-entenderse ningunha institución e se o fainon é realmente galega, vive outra realida-de, alienada, por iso ante o caso concretoda Igrexa, concluía que non fora realmentegalega, “foi toledana” dixo, vinculada aoEstado. Daquela, confiaba na renovaciónque agromaba do Concilio Vaticano eapuntaba o nacemento da revista de pen-samento cristián, Encrucillada, e pastorais

de bispos como don Miguel Araúxo, demonseñor Cerviño e de grupos de cregos ecristiáns comprometidos co evanxeo e coasúa Terra. Por iso concluía, don Ramón,afirmando“Vexo a situación con esperan-

za” .Con admiración e mesmo devoción re-

cordo a don Ramón e con gratitude as te-rras e as xentes de Chantada.

Vigo, 9 de maio de 2009.

92ª Q UINCENA, MAIO DE2009

E SPECIAL LETRAS G ALEGAS 2009R AMÓN P IÑEIRO , ANATOMÍA DA SAUDADE

Ramón Piñeiro enChantada2 de marzo de 1977

Xosé María Pin Millares

Page 10: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 10/16

Foi aló polo ano 62, tendo eu deza-nove anos, cando Salvador GarcíaBodaño me levou unha tarde á pre-

sencia de D. Ramón. Así era como lle cha-mabamos todos os que tiñamos o gale-guismo enguedellado na nosa vida. Subíno terceiro sobrado dunha casa da Rúa Xel-mírez, mesmo frente a Rúa Nova, e abreu-nos a porta a súa muller quen, despois dos

saúdos que comprían, pasounos directa-mente ó cuarto onde el xa nos estaba agar-dando ó redor dunha modesta mesa cami-lla.

Atopabame por primeira vez diantedun persoeiro do galeguismo, de quen tan-to ouvira falar neses últimos tempos, e quepra min siñificaba caseque tanto como es-tar diante de Deus. O do galeguismo era to-do un mundo por descubrir, que intuíaapaixoante e que me enchía de pés a ca-beza. Todo o que se falaba ó redor daque-la mesa resultabame novo: conversas so-

bre Galicia, a súa literatura, o idioma, a pai-saxe, a historia, a construcción do gale-guismo e a súa cultura en xeral. Eu era to-do ouvidos escoitando o que aquel homedecía, cunha gran sinxeleza, sen erguer avoz, caseque se podería decir, dun xeitohumilde e franciscano. Interesábase por todo o que rodeaba ó recén chegado, polomenos eso foi no meu caso. Pasado o tem-po soupen que antes de acudir a súa casa,xa lle tiña falado Salvador de min, dadoque pra aquel fato de galeguistas cada no-va incorporación supoñía unha ledicia e unpequeño trunfo a prol do galeguismo e pramin o descubrimento dun novo mundo, quenin sospeitaba poidera existir.

A lembranza daquelas tardes mentrastomabamos un café que a súa dona nosservía ós poucos minutos de chegar, tráe-me o recordo das impresións que abran-guen as mudanzas aními-cas que se estaban aoperar en min, por mor da constata-ción na realidade

dos sonos e an-ceios que eu are-laba. Neste senti-do D. Ramón ofrecía

unha canle pola que o trebón no que a miu-do se convertía o sentimento galeguistados anos mozos, discurrira a modo de dioi-vo maino, que camiñara paseniñamente,

sen que se esbaltrara e arrolara a obra queainda estaba por construirse.

Velahí unha das aportacións de D. Ra-món á mocedade: Aconstrucción dun gale-guismo un tanto despolitizado, sen enfron-tamentos, que ó meu modo foi o inicio dascorrentes galeguistas que serviron de ali-cerce ó nacimento de movimentos políti-cos, mesmo dos que estaban moi alonxa-dos do seu pensamento.

É certo que a súa postura persoal den-tro do pensamento galeguista existente, íadirixida fundamentalmente ó chamado“galeguismo cultural” , onde se atopaba có-modo e falaba sen atrancos de ningunacaste. En cambio amosábase reservadopra falar da situación política pro cando ofacía, deixaba entrever a posibilidade dunsistema federal como futuro pra Galicia.

Cecais o moti-

vo desta reserva pra falar da situación polí-tica, fora debido á diversidade de persoasque frecuentaban a súa casa. Todos, dunxeito ou doutro, tiñamos unha idea de Gali-

cia que pouco a pouco íamos formando aforza de bandazos na busca dun camiñoque nos levara a bon fin, polo que procura-ba non ter enfrontamentos con ninguén pranon dispersar a familia galeguista que es-taba a nacer. Eso supuña que o seu gale-guismo algunhas vegadas estivera senoninzado, sí algo contaxiado do que hoxechamariamos “españolismo”, postura epensamento que ninguén lle contradecía eque mesmo algúns dos que o trataban lleaxudaban a soster. Ás veces penso queera por medo á realidade política que nostocou vivir, e da que algúns teimaban fuxir.Mesmo tense dado o caso que se ti mesmote definías como galeguista había quen sepuña serio e decía: Coidado con eso! Haique definir moi ben que se entende por ga-leguismo! Polo que eu tiraba en conse-cuencia que para algúns ese “galeguismo”tería de ser un“regionalismo bien entendi-

do” mais ou menos na liña, ou coinci-dindo co pensamento de Calvo So-

telo cando decía en 1936“Esti-

mo sagrada la unidad de la pa-

tria, pero compatible con ellala autonomía regional”,e nono arredismo que eu degoira-

ba como solución ós problemas

da lingua en Galicia.Como xa dixen antes, unha preocupa-

ción de D. Ramón Piñeiro foi procurar man-ter vencellada a pequena familia galeguis-

ta. Hai que ter en conta que se ainda hoxeos galeguistas somos minoría en relacióná poboación, poderíamos decir que nosanos 60, cando comenzaban a agromar ásideas de cambio, eramos moito máis feblesou incluso case poderíamos decir que napráctica nin existiamos. Se 50 anos des-pois a poboación decideu volver darlle opoder nas pasadas eleccións ó faladoirodo hórreo á dereita españolista, ós mes-mos criptofeixistas que perante 20 anosnos gobernaron, xa podemos maxinar a si-tuación que existía daquela. Chegado estemomento venme á memoria o que Lois So-to me comentara unha tarde falando do Es-tatuto de Autonomía do 36. Mantiña Sotoque en Galicia trunfou o plesbiscito do Es-tatuto de Autonomía debido á que CalvoSotelo mandara ás dereitas votar a favor del e facer todo o posibel pra que foseaprobado, co razonamento, segundo de-cía Soto, que se os vascos e catalánsaprobaran o seu estatuto, nos os galegosnon iamos ser menos.

Véxome na obriga de decir que daque-

la D. Ramón, ó meu modo de ver, nin impe-día nin se opoñía ó compromiso político. Asúa actividade cultural e de promoción dalingua en todos os eidos non estaba en-

102ª Q UINCENA, MAIO DE2009

E SPECIAL LETRAS G ALEGAS 2009R AMÓN P IÑEIRO , ANATOMÍA DA SAUDADE

As miñas lembranzas deRamón PiñeiroX. Sanxuás Formoso

Alembranza daquelas tardes

mentras tomabamos un café que a súa dona nosservía ós poucos minutos de chegar, tráeme o

recordo das impresións que abranguen as mudanzasanímicas que se estaban a operar en min...

Domingo García Sabell,Francisco Fernándezdel Riego, CelestinoFernández de la Vega, Ánxel Fole e RamónPiñeiro nos Ancares.1952. Biblioteca daFundación Penzol.

Page 11: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 11/16

frontada á acción política directa, (polo me-nos con algunha determinada corrente po-lítica coa que mantiña boas relacións), se-non que era complementaria da mesma, ea súa postura, tentando tan só de manter viva á lingua e a cultura galega nun mediohostil, poderíamola encadrar no que al-gúns deron en chamar “resistencia cultu-ral”.Esto provocaría que ese galeguismofundamentalmente cultural e despolitizadonon nos acabara de encher totalmente a al-gúns dos que o frecuentabamos.

Lembremos que el fora o responsablede disolver o Partido Galeguista e cecaispor eso, pola renuncia á loita política anti-franquista, e por centrarse na opción cultu-ral, foi tachado de anticomunista polo que

existían recelos entre ós nacionalistas so-bor da súa figura. Por exemplo Ferrín reco-ñeceu abertamente nun artigo xornalísticodo pasado día 17 de Abril (un mes antes dodía adicado pola Academia a Ramón Pi-ñeiro), falando da súa noveliñaRetorno a

Tagen Ata ,que“o relato ía contra Ulm Ro-

an, que ao tempo se facía chamar Ramón

Piñeiro”.Eu xa non tiven ocasión de cons-tatar ese anticomunismo, xa que segundofoi transcurrindo o tempo, funme mergu-llando na realidade social e tomando com-promisos claramente políticos, afastándo-

me pouco a pouco dese mundo, polo queperdín o contacto directo con él, dándoseademáis a circunstancia de que algúns dosantigos compañeiros, non sei se por medoou porque alguén os encirrara contra min,impulsáronme a tomar ese camiño de afas-tamento pois como medida “política” che-garon a expulsarme de “O Galo”, agrupa-ción cultural da que fun segredario dendeo ano 63 até o 66, tempo no que acadouunha grande actividade cultural incremen-tando asemade o número de asociados.Non creo que D. Ramón tivera nada quever con esta medida de expulsión, senonque penso que foron os mesmos que, se-guramente usando parecidos razonamen-tos nos anos 63 e 64, me convenceron a

min pra que impedira que “Foz”, asistira ásclases de Galego que Vidán Torreira im-partía no Colexio M. Peleteiro.

Considero que esta posición galeguis-ta centrada na cultura, e outras non tandespolitizadas ainda que medoñentas da-bondo, constituían un atranco pra algúnsdos que xurdíamos ó seu redor, pois se adespolitización era grande e polo a loitaantifranquista e anticolonialista non exis-tía, este galeguismo de cerne esencial-mente cultural sen posicións ideolóxicasnacionalistas claras, conducíanos cara un

camiño que a algúns non acababa de en-chernos, e sen decatarnos fúmonos arre-dando dese xeito de galeguismo na medi-da en que a Compostela chegaban novasdoutras Universidades, e encetaban movi-mentos populares de protesta como o deCastrelo de Miño.

Este mundo galeguista cultural e ama-ble que el creara, semi clandestino e por suposto tolerado polo franquismo, non foi

obstáculo pra que andando o tempo des-pois de ter mudado as condicións sociais,e malia a ser un home sen ambicións polí-ticas, participara no faladoiro do Hórreo co-mo independente nas listas dun partido po-lítico español, tentando introducir o gale-guismo en compaña de xente con ideolo-xía claramente conservadora, algún delesprácticamente co único mérito político nasúa época de estudante, de terse sentadoa carón de Aranguren nunha conferenciaque fora interrumpida e prohibida pola poli-cía, ou por impedir no 68 un peche na Fa-cultade coa disculpa de que non podiamosprovocar á policía porque el estaba ficha-do e tiñamos que sair. É decir ía na compa-ña de xente nada sospeitosa de veleidades

esquerdistas ou arredistas.De todos xeitos, se Piñeiro fuxía da ac-

ción política e por tanto da realidade social,a súa actividade lingüística e cultural nonpodemos desprezala, pois sirveu para ter-mar e desenrolar o incipiente galeguismode moitos xoves, xa que sempre nos dabaazos e estaba disposto a gabar as nosasiniciativas encol do rexurdimento da linguae da cultura galegas. Ainda que nada máisfora por eso os nacionalistas non debería-mos esquencelo. Pra min foi e sempre se-rá D. Ramón.

112ª Q UINCENA, MAIO DE2009

E SPECIAL LETRAS G ALEGAS 2009R AMÓN P IÑEIRO , ANATOMÍA DA SAUDADE

Page 12: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 12/16

122ª Q UINCENA, MAIO DE2009

E SPECIAL LETRAS G ALEGAS 2009R AMÓN P IÑEIRO , ANATOMÍA DA SAUDADE

Nun acto inédito e ante os “pronuncia-mentos e comunicacións públicas quedun tempo a esta parte se están a produ-cir arredor da lingua galega”, a Real Aca-demia Galega vén de presentar un comu-nicado no que insta ao goberno a traballar “na procura dun acordo social integrador,

a prol do uso, a dignidade e a continuida-de do idioma”.

No documento, a Real Academia Ga-lega, que “séntese na obriga e no deber moral” de presentalo, considera que eseacordo se debe sustentar en catro piares:arredar a lingua galega da controversiapartidaria; o impulso do multilingüísmo; areafirmación e desenvolvemento do PlanXeral de Normalización da Lingua Gale-ga; e o compromiso de impulsar unha co-oficialidade simétrica na que todos os ci-dadáns teñan “dereitos e deberes co cas-

telán e co galego”. Neste liña, Barreiro ta-mén quixo puntualizar que “ninguén é pro-pietario da lingua”.

Este “Comunicado do plenario da Re-al Acedemia Galega nas vésperas do díadas Letras Galegas”, foi lido na Coruñapolo seu presidente, Xosé Manuel Barrei-ro. Así, Barreiro sinalou que “a lingua gale-ga é unha riqueza, patrimonio común detodos os galegos”.

Asemade, o presidente da Real Aca-demia Galega subliñou que “como linguapropia de Galicia, o galego danos identi-dade no mundo, pero tamén nos relacionacon outros espazos” e que o galego “non éincompatible co coñecemento e uso dou-tras linguas, moi especialmente o caste-lán”, para así “sen renunciar a ser nósmesmos, exercer como cidadáns univer-sais”.

Deste xeito, Barreiro defendeu que asactuacións en materia de lingua deben es-tar presididas pola “convivencia, respectoe harmonía”, pero tendo en conta que ogalego é “un idioma castigado durante sé-

culso, asoballado na súa historia, abaixa-do na consciencia dos seus falantes”. Contodo, puntualizou que o galego ten avan-zado na súa situación, aínda que este

avance “levou os contrarios a este proce-so a manchar a palabra normalización,comos e significase agresión aos que nonteñen o galego como lingua habitual, e aerguer o falso concepto de liberdade, queparecen entender como dereito a non fa-

lar nunca o galego”.Segundo Barreiro, a solución pasa

por “reforzar a presenza da lingua galegano ámbito escolar”, pero “respectando a

lingua das familias” e lembrando que “alingua galega non é un prblema, senónunha oportunidade”. Sobre a política donovo goberno autonómico, opinou que“resulta preocupante que as primeiras de-cisións lingüísticas anunciadas pola Xun-

ta de Galicia sexan todas desprotectorasda lingua galega”. Ademais, Barreiro ani-mou a toda a cidadanía a “responsabili-zarse” da situación do galego.

A Fundación Penzolrecrea o gabinete deRamón Piñeiro en

Xelmírez, 15A Fundación Penzol recuperou o fa-

moso gabinete da mesa braseiro de Ra-món Piñeiro, na sede da Casa Galega daCultura e Vigo, onde dende hai anos estáhabilitado un espazo específico con estafinalidade. Nesta habitación, dende osanos máis duros da postguerra ata a tran-sición política e a consolidación da auto-nomía dos anos 80, traballouse de xeito in-cansable a prol da lingua galega e da recu-

peración da identidade cultural e políticade Galicia.

Estaba situada na rúa Xelmírez, 15, enSantiago de Compostela. Dende o pasadodía 14 poderá visitarse con carácter defini-tivo na Casa Galega da Cultura de Vigo, nasede da Fundación Penzol, institución pro-movida en 1963 polo grupo Galaxia, e on-de están instalados os fondos históricos,bibliográficos e documentais do galeguis-mo do século XX.

Trátase dunha recreación, promovidapolos equipos da propia Fundación Pen-

zol, coordinados por Henrique Monteagu-do, María Dolores Cabrera e Xosé M. Sou-tullo, con escenografía de Rodrigo Roel,na que se recuperan as estanterías, ana-queis, mesa braseiro, cadros, libros e mo-biliario que pertenceron no seu día a Ra-món Piñeiro. Colaboraron nestes traballosa Concellería de Cultura do Concello deVigo e a Consellería de Cultura e Deportesda Xunta de Galicia.

Epistolario

Pola súa banda, o Consello da CulturaGalega anunciou que dixitalizará o volumi-noso epistolario, formado por varios milesde cartas, de Ramón Piñeiro, depositadona Fundación Penzol, en Vigo. O anunciofíxose durante a presentación do cartafol eCDRamón Otero Pedrayo, mestre da cul-

tura galega, editado polo CCG en home-naxe a quen foi o seu primeiro presidente ea quen este ano está adicado o Día das Le-tras Galegas.

O convenio que permitirá esta colabo-ración asinarase en breve, tal e como sina-

lou o presidente da Fundación Penzol, Ju-lio Souto. O obxectivo é facilitar o estudodeste valioso material, dada a necesidadede “traspasar as paredes da Fundación”.

A Real Academia Galega insta goberno a afastar o galego da

controversia partidista

Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega. / AGN.

Page 13: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 13/16

132ª Q UINCENA, MAIO DE2009

E SPECIAL LETRAS G ALEGAS 2009R AMÓN P IÑEIRO , ANATOMÍA DA SAUDADE

Page 14: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 14/16

Falo aquí dun home que ten xa un lu-gar gaño na historia de Galicia e,sobre todo, na longuísima e difícil

marcha da recuperación dunha conciencianacional para este país. Afalta desa cons-ciencia determinou e sigue determinandoa maior parte das eivas colectivas, dende oatraso emocional ata a economía, dende

os estereotipos, non sempre inxustifica-dos, de rudeza e disimulo, ata a creación li-teraria cada vez máis insegura. Habería,pois, que xulgar a pegada da actividade dePiñeiro có criterio do que achegou ou tiroudese difícil legado secular ao que, parasimplificar, chamaremos galeguismo.

A Galicia autonómica actual ve conagrado xeral a Ramón Piñeiro e emprega oseu nome para premios, institucións e de-signación de rúas. Inspira desconfianzaese consenso, si o confrontamos có reite-rado predominio político de forzas inimigas

da afirmación nacional galega e de modose modelos alleos nos medios de comunica-ción e na creación de imaxes sociais e cul-turais. Ben se entende en quen, receosodo galeguismo reivindicativo, descanse naseguridade da pacificación desas reivindi-cacións, ou no gozo das burocracias cria-das no marco autonómico. Enténdese me-nos ben en quen sinta que o galeguismo éunha resistencia innovadora e que conxe-lalo oficial e prematuramente foi condena-lo a un asimilacionismo brutal.

Coido que o estudo desta fi-gura é importante, non só por curiosidade biográfica, que se-ría un luxo endeliciado, senónpara entender mellor o noso pa-ís, a súa historia e o seu futuro,que é tarefa necesaria.

Centrareime aquí nunhatentativa de avaliación do her-do que Piñeiro deixou á Gali-cia de hoxe, da que xulgo quefoi, se non pai, maxeuta coidadoso ehabelencioso artificieiro.

Polo interese que poida ter como ante-cedente dos meus xuízos, citarei que co-ñecín a Ramón Piñeiro pouco despois dechegar eu a Santiago, o que foi en 1949, e

non moito despois de ter saído el da cadea.Dixen sempre que tiven oportunidade quea revelación que para tantos dos meus co-etáneos foi a súa conversa, que a algún de-les lles fixo ver que existía unha conciencianacional galega , ou que o galego non eralingua da que houbera que avergoñarse,non se deu para mín. Eu viña da esfera cul-

tural e docente de Ricardo Carballo Cale-ro, o meu mestre en Ferrol, e nada novo vinen Piñeiro como galeguista. Nada, pois, dedescubrimento ideolóxico ou espiritual. Oque si descubrín nel foi una persoa orixinal,que acordou o meu interese. Interese que,dende o comezo, foi envolta en simpatía.Cultivamos, Piñeiro e máis eu, por moitosanos unha amizade persoal que lembrocon afecto e que foi sendo cada vez máisfonda nos anos que vivín en Galicia, e máisaínda en Inglaterra.

Pasado o tempo, e despois de ter inte-

rrompido o meu trato amistoso con el, por volta de 1978, veu ser inevitábel que eutentase entender e explicar a traxectoriade Piñeiro, porque así mo pedía a miña ne-cesidade de lucidez e tamén porque mechamaba a atención o desconcerto de al-gúns amigos fronte da conduta de Piñeironos días da transición política, condutaque lles resultaba inexplicábel.

Eu sitúo a Ra-

món Piñeiroen dous eixes de coordenadas, que son aGuerra Fría no escenario mundial e a suce-

sión do réxime de Franco.Acomódase perfectamente o noso per-

sonaxe nesa xeometría por dúas constan-tes da súa fasquía mental: o anticomunis-

mo decidido e o antinacionalismo ferreño.O anticomunismo de Ramón Piñeiro

era implacábel. Viña de moi lonxe e estabaclaro xa nos anos da Guerra Civil. Igual-mente implacábel era o seu antinacionalis-mo.

A conduta de Piñeiro encaixa perfecta-mente no marco da Guerra Fría. Naquelesanos era grande a actividade da CIA enmoitos eidos e, para o que aquí nos inte-

resa, no da influencia cultural encu-berta, e do alento a unha reconfi-

guración dos países dunha Eu-ropa batida pola guerra nunbloque o máis unido posí-bel, necesario para os Esta-

dos Unidos en termos estra-téxicos moi fundamentais. Dicir,

como se di ás veces, que Piñeiro“era da CIA” non ten moito sentido e tal-

vez non teña tampouco resposta. Non fa-cía falta “ser da CIA” para facer política ecultura anticomunista que a CIAe os Esta-

dos Unidos de América vían con agrado eapoiaban Na mesa de Piñeiro podíanse ver osCuadernos del Congreso para la Liber-

tad de la Culturae Preuves. Esas publica-

cións, que a moitos rapaces visitantes deXelmírez 15 parecíanlles chaves misterio-sas dun mundo aliciante, eran frecuentesnas casas de moitos intelectuais descon-tentos có réxime daquela imperante. Nonsería moi rigoroso, aínda que poda ser cer-to nalgúns casos, dicir que todas esas per-soas “eran da CIA”.

O antinacionalismo de Piñeiro é o pun-to de apoio da súa reinterpretación do ga-leguismo. El propio foi moi explícito sobreiso, polo menos nos anos serodios da súacurva vital. Non ocultou nunca Piñeiro oseu antinacionalismo, pero tampouco eraun aspecto no que insistira moi expresa-mente cós seus seguidores mozos. Esa é amiña impresión polo que estes me conta-ban. Só Ramón Lugrís foi explícito nosseus escritos nesa vea antinacionalista

Esas dúas conviccións piñeiriáns, oanticomunismo e o antinacionalismo, eranas máis axeitadas para que o seu labor e aorientación que con tanta adicación lle ía

dando ao galeguismo herdadado no paísfose algo ben visto, tanto no mundo inter-nacional como no nacional español. Ten omaior interese histórico rastrexar os con-

142ª Q UINCENA, MAIO DE2009

E SPECIAL LETRAS G ALEGAS 2009R AMÓN P IÑEIRO , ANATOMÍA DA SAUDADE

Damnosa hereditas?Encol deRamón Piñeiro

Fernando Pérez-Barreiro Nolla

Olabor de Piñeiro consistiu

en facer “aceptábel” a reivindicación dasingularidade da terra galega e o pobo

galego. Coidamos que con iso perdeusemoito do que o galeguismo tiña de

novidade e de achega ao pensamentoe a historia universais.

Page 15: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 15/16

tactos de Piñeiro con persoas que, acubi-lladas no réxime franquista e alleas a todasospeita de esquerdismo extremado, verí-an con alarma unha deriva cara un socia-lismo desestabilizador, e pensaban xadesde moi cedo na necesidade dunha al-ternativa.

Ramón Piñeiro gozou dunha marxe demanobra única, que é unha das moitas sin-gularidades desta figura.

Na súa primeira etapa, cando era Se-cretario Político do Partido Galeguista, aín-da que coidaba moito as formas de trato cóComité Executivo, é evidente que as inicia-tivas viñan sempre, ou case sempre, de Pi-ñeiro.

Despois do cárcere, atopou en Galaxia

unha estrutura moi semellante e máis doa-da aínda que o Partido. Si a alguén tiña queresponder era ao Consello de Administra-ción de Galaxia. A ficción da actividade cul-tural axudou a que os asuntos políticosquedasen, como el propio di, na súa man.E nese labor clandestino que nunca dei-xou, Ramón Piñeiro non rende contas aninguén. E así seguiu até os derradeirostempos. A negativa a ter un partido gale-guista propio e dicir que quería , pola con-tra, galeguizar outras forzas políticas, po-de ter sido unha estratexia, brillante para

algúns, moi dubidosa para outros, pero doque no cabe dúbida é de que, máis unhavez, deixou en completa liberdade de ac-ción a Piñeiro.

Está moi espallada, sobre todo entreos que non aproban a Ramón Piñeiro, aidea de que Galaxia só facía cultura, e queiso constituía un “culturalismo” evasor darealidade política. O certo é que a cultura

galaxiana era unha forma de política e cria-ba un terreo ben arado e gradado no queasentar a actividade clandestina do seu di-rector literario.

Con todo isto, e coa eliminación da al-ternativa de poder dos galeguistas de BosAires, consumada ferozmente en 1956,chamouse Ramón Piñeiro á titularidadedun galeguismo que lle permitiu configurar cando chegou a chamada Transición, senmaiores ataduras, o porvir da autonomíagalega. Non sabemos cál outro podería ser ese porvir, pero, para ben ou para mal, es-tá xustificado atribuírlle a Piñeiro a maior responsabilidade histórica naquel partoconstitucional.

O HERDO

Aínda que nalgúns momentos do tar-dofranquismo e do posfranquismo se teñafalado de Piñeiro como “galeguista históri-co”, hoxe en día semella que esa confusiónfoi superada e recoñécese en xeral que Pi-ñeiro reformóu o galeguismo e criou un“neogaleguismo”, que moitos coidan admi-rábel. O labor de Piñeiro consistiu en facer “aceptábel” a reivindicación da singulari-dade da terra galega e o pobo galego. Coi-damos que con iso perdeuse moito do queo galeguismo tiña de novidade e de achega

ao pensamento e a historia universais. Nasdécadas de 1920 e 1930 o galeguismo eraunha das propostas de renovación da vidapolítica peninsular, e ía máis alá da Penín-sula, pois tiña xermolos de novidade depensamento. Unha novidade necesariadaquela e que, ao meu ver, sigue sendonecesaria ou volve a ser necesaria hoxe. Acarreira á unidade como valor supremo en

todo e para todo vaise revelando engano-sa, e rexurde o valor dos estados como ex-presión dunha solidariedade menos artifi-cial e máis produtiva por ser máis orixinal.Vai saíndo á luz o valor positivo dos nacio-nalismos antes tan denigrados, e convénlembrarse de que nas orixes dos máis criti-cábeis deses nacionalismos pola súa beli-xerancia de tráxicos resultados, están ide-oloxías unitarias.

Nese desprezo dos camiños singula-res encaixa o europeísmoneogaleguista. Aad-miración por Euro-pa, tan lexítima etan patente na xe-ración Nós,

non ten nadaque ver có pro-xecto federalistaou supranacional eu-ropeo no que Piñeiro embar-cou ao seu galeguismo. E as esperanzasnunha Europa na que conten as nacionali-dades sen Estado vense desfeitas cadadía nestes tempos.

Xunto ao labor de asegurar que des-pois do réxime franquista houbese trazasdunha cultura galega, practicou Ramón Pi-ñeiro unha selectividade extrema no que

transmitiu aos rapaces na súa mesa bra-seiro. Non foi Risco a única vítima desa se-lectividade, pois polo menos citouno; hou-bo moitos silencios, máis graves se cabe.Ser o único que levou a termo esa tarefaautoriza a esixirlle, pasado o tempo, a res-ponsabilidade do que calou. E a do fracasoda idea de non deixar medrar un partidogaleguista senón galeguizar os partidosnacionais. O resultado foi que, chegado omomento, non houbese unha xeración depolíticos galeguistas novos. Nin vellos, po-la política piñeiriana de non actuar en con-xunto coa diáspora, seguramente por nonter que compartillar poder, ou por parecer-lle que nela había “roxos”de máis.

O neogaleguismo de Piñeiro era acep-tábel e, aínda máis que aceptable, idealpara os elementos do réxime fenecenteque en España traballaban por unha tran-sición “moderada”, con irisacións diferen-tes, dende os que querían que fose o Mo-vemento o motor da transición ata os aper-turistas ao xeito de Fraga Iribarne. Todoseles coincidían na lexitimidade do Alza-

mento de 1936 e daban por ben morta aRepública, e niso asentaban a lexitimidadedeles propios e os seus proxectos de evo-lución. Da que pensar cómo Ramón Piñei-

ro proclama ese arrombamento da Repú-blica xa no decenio de 1950, na súa brigacós galeguistas de Bos Aires. É evidente aafinidade argumental cós evolucionistasdo réxime e cós que despois viñeron dendefóra deste para achegarse a una concordiatransicional e tirar proveito dela.

Vai quedando claro que o verdadeiroentorno espiritual, psicolóxico e político dePiñeiro é o daqueles que, dentro do réximefranquista ou, digamos para abreviar, en

Madrid, se ían perfilando como persoas defasquía “liberal”, mitigadores do autorita-rismo, e procedentes, con diversas traxec-torias, dos círculos da propaganda asenta-dos en Burgos durante a guerra civil. Den-de Dionisio Ridruejo ata Pedro Laín Entral-go. Todos eles apelaban á “ética” como ins-piradora da súa conduta, sen aclarar moitocál era esa ética e, en xeral, para situarse

por riba da simple “política”. Ese é un trazocomún que invocaban de cote, e moi pre-sente en Aranguren, por exemplo.

Facer aceptábel o galeguismo dentrodeses círculos foi asegurarlle un lugar nopacto transicional. Foi tamén aceptar aMadrid como referencia definitiva. No des-envolvemento dese pacto ata os nosos dí-as pódese ver cómo quedou hipotecada acreatividade do galeguismo ao falso presti-xio da capital. Aprensa madrileña é a que,en definitiva, consagra aos protagonistasda cultura galega.

A imaxe de Ramón Piñeiro como “re-sistente” fica moi diminuída si pensamosneses termos. Grande parte do seu labor tería sido imposíbel sen conivencias ofi-ciais. A suspensión de cando en vez dal-gunha publicación foi cousa normal nosmedios máis ou menos aperturistas perotolerados, ben diferente da represión queoutros sufriron.

Parándose a pensar, non cabía espe-rar dun neogaleguismo grato aos artíficesda transición moito máis que unha serie de

xestos ritualistas e aparellos burocráticosque, no canto de axudar, murchan os gro-mos dun renacemento auténtico da con-ciencia nacional galega.

152ª Q UINCENA, MAIO DE2009

E SPECIAL LETRAS G ALEGAS 2009R AMÓN P IÑEIRO , ANATOMÍA DA SAUDADE

Parándosea pensar, non cabía esperar dun

neogaleguismo grato aos artífices datransición moito máis que unha serie de

xestos ritualistas e aparellos burocráticos

Page 16: Suplemento - Letras Galegas 2009

8/8/2019 Suplemento - Letras Galegas 2009

http://slidepdf.com/reader/full/suplemento-letras-galegas-2009 16/16

162ª Q UINCENA, MAIO DE2009

E SPECIAL LETRAS G ALEGAS 2009R AMÓN P IÑEIRO , ANATOMÍA DA SAUDADE