Letras Galegas, 2010

16
UXÍO NOVONEYRA Letras Galegas, 2010

description

Letras Galegas, 2010. UXÍO NOVONEYRA. Naceu no lugar de Parada, nas montañas do Courel, o 19 de xaneiro de 1930, no seo dunha familia de labregos Na imaxe, Uxío na casa familiar do Courel. Con seus pais: José e Manuela. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of Letras Galegas, 2010

Page 1: Letras Galegas, 2010

UXÍO NOVONEYRA

Letras Galegas, 2010

Page 2: Letras Galegas, 2010

Naceu no lugar de Parada, nas montañas do Courel, o 19 de xaneiro de 1930, no seo dunha familia de labregos

Na imaxe, Uxío na casa familiar do Courel

Page 3: Letras Galegas, 2010

Con seus pais: José e Manuela

Page 4: Letras Galegas, 2010

A paisaxe agreste do Courel, onde pasou a súa infancia e outras etapas da súa vida, marcou a súa obra poética

Page 5: Letras Galegas, 2010

Augas Brancas da Rogueira!Bouzas pechas d’uces e xestas!!Abrairas teixos faias xardois e

reboleiras!

Outo bosco calado!Fontiñas do corzo!Carrozos picafondo!Non hai outro templo máis vasto nin outro credoque este silencio

Bouza: terreo a monte, cheo de matos, especialmente toxos, xestas…Abrairas: abeleirasXardón: acivroReboleira: sitio poboado de rebolos (carballo novo)Carrozo picafondo: regueiro que baixa irado do bico ó fondo dun monte ou fraga

Page 6: Letras Galegas, 2010

Con 15 anos marcha a estudar

bacharelato a Lugo. Alí entra

en contacto con Pimentel, Fole, Fernández de la Vega ou Ramón

Piñeiro.Ao rematar os

estudos volve para O Courel.

Page 7: Letras Galegas, 2010

Aos 19 anos marcha a estudar a Madrid. Comeza a escribir poemas en castelán. Pero enferma, con 21 anos,

e volve ao Courel.

Page 8: Letras Galegas, 2010

Volverá a Madrid para traballar na radio e na televisión e alí colabora co grupo Brais Pinto e publica o seu

primeiro libro, Os eidos (1955), no que aparecerían os temas que marcarían toda a súa obra.

Page 9: Letras Galegas, 2010

…pero logo seus pais enfermaron e Novoneyra volveu a Galicia para coidalos. Aquí coñeceu a outros escritores, pintores,

poetas, xornalistas...

Page 10: Letras Galegas, 2010

…e a Elba Rey, da que se namorou, e coa que casou.

Page 11: Letras Galegas, 2010

Marcharon a vivir a Santiago. Tiveron tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo

Page 12: Letras Galegas, 2010

ANDA o vento ceibe polos eidoscon tódalas áas soltasbrúa nos castiñeirosripa as lousas dos teitosi escachafoula nas portas.

ESCACHAFOULA: fai un gran ruído.

Page 13: Letras Galegas, 2010

En 1966 volve ó Courel, onde viviu ata 1983, ano en que traslada a residencia a Santiago.

Page 14: Letras Galegas, 2010

Foi un poeta moi querido e recoñecido polos seus libros e por defender Galicia, o galego e as inxustizas.

Por iso nomeárono presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega

Page 15: Letras Galegas, 2010

Novoneyra morreu en

Santiago en outubro do

1999 e soterrárono no

cemiterio de san

Froilán en Lugo.

Homenaxe, en Parada, da asociación galega de

escritores.

Page 16: Letras Galegas, 2010

MAÑÁNS de xeada!Espertar co día á ventanencollerse na camaachegar a roupa á carai ouvir andar tropeando pola casa.Canta a vacacas astas na escada.Canta o galopandeando o corpo i o canto.