Letras Galegas-09

8
Letras Galegas Letras Galegas Letras Galegas Letras Galegas 2009 2009 2009 2009 Ramón Piñeiro López Político, escritor e filósofo

description

Folleto sobre Ramón Piñeiro

Transcript of Letras Galegas-09

Page 1: Letras Galegas-09

Letras GalegasLetras GalegasLetras GalegasLetras Galegas 2009 2009 2009 2009

Ramón Piñeiro López

Político, escritor e filósofo

Page 2: Letras Galegas-09

Ramón Piñeiro López

naceu o 31 de maio do

ano 1915 en Armeá,

unha aldea do concello

de Láncara, na provincia

de Lugo.

Estudou o bacharelato elemental en Lugo e en

1930 traballou como empregado de oficina nun

comercio de Sarria. Durante esta época, a lectura

do xornal El Pueblo Gallego espertou nel un gran-

de interese polo movemento político e cultural de

Galicia. En 1932 instalouse en Lugo para estudar

o bacharelato supeior e relacionouse con mozos

galeguistas lucenses, cos que participou na funda-

ción das Mocedades Galeguistas, que posterior-

mente presidiu. En 1933 asistiu á asamblea do

Partido Galeguista, celebrada en Santiago de

Compostela, onde coñeceu a Castelao, Alexandre

Bóveda e outros galeguistas, cos que iniciou unha

estreita amizade.

Page 3: Letras Galegas-09

Participou no coñecido

mitin das arengas, cele-

brado na praza da Quinta-

na en Santiago de Com-

postela o 25 de xullo de

1934, con motivo do Día

de Galicia, xunto a

Alexandre Bóveda, Cas-

telao, Ramón Otero

Pedrayo, Valentín Paz Andrade, Ramón Suárez

Picallo e outros. En 1936 foi elixido secretario do

comité provincial para o plebiscito do Estatuto de

Autonomía. Co inicio da Guerra Civil Española

(1936-1939) permaneceu agochado en Lugo ata

que foi mobilizado e tivo que incorporarse ao ban-

do nacional. Ao rematar a guerra comezou os seus

estudos universitarios de filosofía e letras na Uni-

versidade de Santiago de Compostela e en Madrid,

e mantivo a súa militancia política clandesti-

na.Influíu na autodisolución do Partido Galeguista

e, a partir de 1943, participou na reorganización

clandestina do galeguismo. En 1946 viaxou a Pa-

rís, onde permanecía exiliado o goberno republica-

no, coa misión de xestionar a inclusión de Caste-

lao, aceptado por todas as organizacións galegas,

como ministro do goberno de José Giral. Ao seu

regreso detivérono en Madrid e condenárono a

seis anos de cárcere, dos que cumpriu tres.

Page 4: Letras Galegas-09

Ao saír estableceuse en Santiago de Compostela e

defendeu a loita cultural fronte á política, o que lle

valeu as críticas doutros sectores galeguistas. Por

unha banda tentou manter a estrutura clandestina

do galeguismo e, pola outra, iniciar unha vía legal

que levase á afirmación de Galicia como pobo nas

conciencias dos máis novos.

O seu fin era acadar a gale-

guización xeral da socieda-

de. En 1950 participou na

fundación da Editorial Ga-

laxia, da que foi o seu pri-

meiro director literario; alí

iniciou a colección Grial

co ensaio “Siñificado me-

tafísico da saudade”, que

tivo unha enorme repercu-

sión en Galicia e Portugal.

En 1963 participou na creación do Partido Socia-

lista Galego e, entre 1966 e 1970, impartiu cursos

de verán no Middelbury Collage de Vermont ( EE

UU) sobre cultura española. En 1967 ingresou na

real Academia Galega co discurso A lingoaxe e as

língoas, en que defendeu a importancia da lingua

como sinal de identidade dun pobo, e a finais da

década de 1960 cofundou, con outros intelectuales

galeguistas, o grupo Realidade Galega para

Page 5: Letras Galegas-09

defender que Galicia obtivese un Estatuto de Au-

tonomía en igualdade de condicións cas outras na-

cionalidades históricas.

Tras a morte de Franco, en 1977 foi candidato ao

Senado pola Candidatura Democrática Galega po-

la provincia de Lugo, pero non foi elixido e o seu

nome soou en diversos medios de comunicación

como candidato á presidencia da Xunta de Galicia.

Foi deputado independente polo PSdeG-PSOE no

Parlamento de Galicia durante a primeira lexisla-

tura (1981-1985) e o primeiro presidente do Con-

sello da Cultura Galega (1983-1990).

Page 6: Letras Galegas-09

Incluído dentro dos autores

da Xeración do 36 que con-

forman o Grupo Galaxia,

foi un dos principias res-

ponsables do mantemento

do legado cultural do grupo

Nós, a través dunha serie

de traballos que procuraban

a vinculación de Galicia

con Europa e que sentaron

as bases para o reinicio

da normalización cultural no país galego. Escribiu

numerosos artigos en Grial e noutras publicacións

de temática política e cultural, moitos deles asina-

dos co pseudónimo Luís Veiga do Campo, ade-

mais de limiares e artigos en obras colectivas, co-

mo “A saudade en Rosalía” (1952), “La sauda-

de” (1953), “A lingua sangue do espíritu”

(1959), “A filosofía e o home” (1963),

“Vicisitudes históricas da cultura gale-

ga” (1975) e “Castelao político” (1986). Da súa

obra, que xirou ao redor da filosofía da saudade,

destacan Para unha filosofía da saudade (1953),

Olladas no futuro (1974), Sembrando a Castelao

(1975) e Filosofía da saudade (1984). Ademais,

traduciu ao galego, con Celestino F. de la Vega,

Cancioeiro de poesía céltica, de J. Pokorny (1952)

Page 7: Letras Galegas-09

e Da esencia da verdade (1956) de M. Heidegger.

A súa correspondencia editouse en Cartas para os

amigos (1992) e Un epistolario de Ramón Piñeiro

(2000). Recibiu a Medalla Castelao (1985).

A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Le-

tras Galegas de 2009.

Page 8: Letras Galegas-09