Santa comba de bande ourense

20
SANTA COMBA DE BANDE YOLANDA OTILIA SEARA SAMPEDRO IES DE CELANOVA DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

Transcript of Santa comba de bande ourense

Page 1: Santa comba de bande ourense

SANTA COMBA DE BANDE

YOLANDA OTILIA SEARA SAMPEDRO

IES DE CELANOVA

DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

Page 2: Santa comba de bande ourense

CONTEXTO HISTÓRICO (GALICIA)

Tra-la decadencia de Roma, os pobos xermánicos

presionan para poder atravesar o “limes” polo Norte.

Asentamento dos visigodos (que fundarán a capital en

Toledo) e dos suevos (estes no territorio da Gallaecia romana)

No 456 os visigodos asimilan ó reino suevo que perde así a

súa independencia.

A conquista de Galicia polos visigodos realizouse durante o

reinado de Leovixildo (unificación territorial de toda a

Península)

A unificación relixiosa prodúcese con Recaredo (587) que

se convirte ó cristianismo. (No III Concilio de Toledo conversión do pobo visigodo)

Page 3: Santa comba de bande ourense

Características da arquitectura

visigoda

Forte presenza dos elementos artísticos

hispanorromanos, e doutras culturas como a

bizantina e as norteafricanas.

Os edificios non se ubican en grandes centros

urbáns senón en lugares afastados

Expansión arquitectónica no último 1/3 do S. VII,

con Recesvinto (1), Wamba (2) e Ervixio(3):

1.San Xoan de Baños (Palencia)

2.Santa Comba de Bande (Ourense)

3. San Pedro de la Nave

Santa María de Quintanilla de las Viñas

Page 4: Santa comba de bande ourense

San Xoan de Baños San Pedro de la Nave

(Zamora)

Page 5: Santa comba de bande ourense

Muros edificados con grandes bloques de pedra

Bóvedas de pedra de cantería oude ladrillo

Arco de ferradura (o peralte é duntercio do radio), que terá función constructiva, non só decorativa.

Bóveda de medio canón e de aresta

Escaseza de vans

Soporte preferido: a columna (sobre todo a romana de orde corintia)

Page 6: Santa comba de bande ourense

Capiteis

Cronoloxía do edificio S. VII

Page 7: Santa comba de bande ourense

•Único edificio de época visigoda que se conserva enteiro en Galicia

•Testemuña singular dun antiquísimo mosteiro

•Segundo Frei Benito de la Cueva, tra-la invasión dos musulmáns, os

andaluces trasladaron “desde la ciudad de Guadix a esta yglessia de

Santa ¡Comba… el cuerpo glorioso de San Torcado (Trocado),

discípulo del Apóstol Santiago

Page 8: Santa comba de bande ourense

• Planta de cruz grega,

prolongándose no seu eixelonxitudinal polo presbiterio

e polo pórtico dos pés

•Entre os brazos da cruz

desenvólvense cámaras ,

igual ca aos lados do pórtico, polo que o

conxunto debuxa un rectángulo do que

sobresae a cabeceira (só

se conserva a cámara do noroeste)

Page 9: Santa comba de bande ourense

Tipo de planta cruciforme, inscrita nun rectángulo utilizada en diversos edificios hispanovisigodos

San Pedro de la Mata (Toledo) Santa María de Melque (Toledo)

Page 10: Santa comba de bande ourense

• No tramo central da cruz levántase un ciborio cunha ventá

en cada lado

• Bóveda de arestas (feita con tixolos de tipo romano)

Page 11: Santa comba de bande ourense

• Os brazos da cruz tamén cubertos con

bóveda de canón, (tamén de tixolo)

Page 12: Santa comba de bande ourense

Ciborio sostido por arcos de ferradura que

se apoian nos muros mediante unha

imposta sogueada

Page 13: Santa comba de bande ourense

O arco triunfal

comunica o

presbiterio coa nave.

É un arco de ferradura

que se apoia en dúas columnas a cada

lado (aproveitadas

probablemente de

edificios romanso da

zona).

Page 14: Santa comba de bande ourense

Columnas de fuste liso,

de mármore do país.

Os capiteis, de tipo

corintio con

ornamentación vexetal,

pertencen a diferentes

momentos e estilos

A datación dos capiteis

é complexa, dende o o

S.III(épocatardorromana)

ata o S. IX

Page 15: Santa comba de bande ourense

A ábsida cóbrese cunha bóveda esteada nos

muros lateraais mediante unha imposta decorada

con talos ondulantes, follas , flores e acios

Page 16: Santa comba de bande ourense

Imposta da ábsida decorada con talos…

Page 17: Santa comba de bande ourense

Quintanilla de las Viñas (Burgos)

Page 18: Santa comba de bande ourense

Celosía que pecha a ventá da ábsida (de

clara orixe romana)

Page 19: Santa comba de bande ourense

Muros de cantería irregular.

Posiblemente algúns reaproveitados de edificios

romanos da contorna

Page 20: Santa comba de bande ourense

Exterior moiharmónico, debido

á graduación dos

volumes,

especialmente

preceptible desde a cabeceira