Revista Cra "A Picaraña"'12
-
Upload
silvia-iglesias-gonzalez -
Category
Documents
-
view
237 -
download
0
description
Transcript of Revista Cra "A Picaraña"'12
Carta aos lectores Ola a todos!!! Supoño que xa me recordaredes, para os novos e
todos aqueles olvidadizos,son Ponte do Tea, a revista do CRA A Picaraña.
Este ano teño unha chea de cousas que contar do acontecido,
ides quedar abraiados; celebramos o magosto en Ribadetea, fixemos
excursións, tivemos un festival para celebrar o entroido en Moreira, no
festival de Nadal ata os mestres subiron ao escenario no centro cultural de
Portela… e moitos acontecementos máis.
Este ano o póster central da nosa revista está adicado as
árbores, por moitas razóns, unha porque foi un dos temas principais das
actividades cos nenos do CRA, ademais do tema da nosa participación no
Proxecto VOZ NATURA, así como pola importancia que sabemos que
teñen as árbores pois eu sin elas non existiría, as miñas páxinas están
vivas grazas a elas. Por iso quero enviarlle dende aquí unha gran aperta a
todas as árbores do planeta.
Algunhas das novas deste ano, foron que a escola de Parada
estivo de aniversario e cumpliu 50 anos no comezo deste curso así coma
que o día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade. Estas e
outras novas estan agardando por vos nas miñas páxinas.
E para acabar gustaríame que lerades unha das miñas citas
favoritas, é de Paulo Coelho:
“Hai tres cousas que os nenos poden ensinar aos adultos: a estar
sempre contentos sen un motivo aparente, a estar sempre ocupados en algo
e a esixir con todas as súas forzas algo”
Así que para todos, e en especial para os máis pequenos, son as
miñas páxinas; unha aperta e vémonos o ano que ven.
A que estades esperando? Vamos!!! Pasade xa a seguinte. ♣♣♣