Revista 2 Dameuntoke

18
REVISTA NÚMERO 2 Concellería de Mocidade Servizo sociocomunitario Xuventude e música 8º Encontro local de Mocidade Normas de comportamiento na internet Obradoiros de prevención en drogodependencia e sexualidade O descodificador Sabías que...?

description

Revista número 2 de mocidade do Concello de Narón Dameuntoke

Transcript of Revista 2 Dameuntoke

Page 1: Revista 2 Dameuntoke

REVISTA NÚMERO 2Concellería de MocidadeServizo sociocomunitario

Xuventude e música 8º Encontro local de Mocidade Normas de comportamiento na internet Obradoiros de prevención en

drogodependencia e sexualidade O descodificador Sabías que...?

Page 2: Revista 2 Dameuntoke

Servizo Sociocomunitario Fondo de materiais e recursos didácticos

Elaboración de textos e deseño: – Solucions Dixitais S.L.

Colaboración técnica: Mercedes Sanchez Romero

Impreso En Galicia

Edita: Servizo Sociocomunitario Concello de Naron Naron 2010

Promove: Concello de Narón

Concellería de Mocidade

Serie: Información e DivulgaciónTítulo: Revista DameuntokeDepósito legal: C-566-2100

Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa

Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida Rico.

O noso horario de atención ao público é os mar-tes de 11:00 a 13:00 horas na terceira planta do

Concello de Narón.

Estamos á túa disposición.

Page 3: Revista 2 Dameuntoke

04 Xuventude e Musica: Escola de Musica Moderna de NaronHai combinados que sempre dan bos resultados. Conversamos con Alejandro Masafret, coordinador de docentes na Escola de Música Moderna de Narón.

08 8 Encontro Local de MocidadeO pasado 5 de xuño celebrouse o Encontro Local de Mocidade 2010, un espazo para o debate e a colaboración entre a xuventude de Narón. 14 Normas de comportamento na InternetA Internet, como ferramenta de interacción entre persoas, require dunha se-rie de regras de comportamento que garantan a comunicación e o respecto dos usuarios.

18 Obradoiros de prevencion en drogodependencia e sexualidadeO Servizo Sociocomunitario (A concellería de Mocidade) do Concello de Narón ofréceche a posibilidade de participar en seminarios formativos sobre drogo-dependencias e sexualidade. Ponte ao día, esta información non ten prezo.

21 O descodificadorUn descodificador ten a función de emitir sinais intelixibles. Con este nome aparece unha nova sección na revista Dameuntoke para adentrarnos noutros mundos, ambientes, propostas… bótalle un ollo, seguro que te sorprendemos.

24 Sab as que...?En Narón existen moitas posibilidades. Sabías que contamos…

Sumario

Page 4: Revista 2 Dameuntoke

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 54 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

A Escola de Música Moderna do Concello colleu un novo pulo durante o curso 2009 – 2010 da man dun equipo docente formado por Fernando Couce, Miguel Sixto e Alejandro Masafret.

Durante este ano mellorouse a equipación coa compra de novos materiais para o desenvol-vemento das actividades e incorporouse unha nova disciplina coa que a Escola non contaba, o baixo eléctrico.

Ao mesmo tempo mantivéronse os obxectivos de ensinanza cunha educación cercana pero sen perder de vista a calidade nos contidos; a posta a disposición dos alumnos e alumnas dunha aula-local de ensaio con asesoramento técnico-musical durante a semana e a proxección dos grupos de música implicados mediante a participación en obradoiros, actuacións musicais e actividades ao aire libre.

A Escola de Música Moderna do Concello de Narón xorde como un modo de dar cabida a todos aqueles mozos e mozas de Narón con inquedanzas musicais, interesados en aprender a tocar un instrumento, ou a perfeccionarse nel, esca-pándose do formato clásico e academicista dun conservatorio.

Aplicamos unha aprendizaxe en grupos nos que utilizamos métodos prácticos e moi próximos aos alumnos e alumnas. Outra das características da nosa Escola é estar centrada na ensinanza dos instrumentos básicos da música actual.

1. Alejandro, poderías explicarnos en qué con-

siste este proxecto?

2. De qué instrumentos impartides clases?

3. Con que idade míni-ma podemos comezar

a participar?

Fernando Couce é o responsable da clase de Batería, Miguel Sixto imparte as de guitarra e eu son o responsable das de baixo eléctrico.

A partir dos 12 anos.

Un combinado moi especialNa Escola dE Musica ModErNa do coNcEllo dE NaroN ExistE a posibilidadE dE aprENdEr Musica ModErNa, practicala EN grupo E prEsENtala EN publico.

Horarios, duracioN dos cursos E prEzos

Impártense dúas horas semanais de clases de formación musical aos grupos de guitarra, baixo eléctrico e batería.Os locais de ensaio funcionan durante toda a semana.Os prezos, tanto das clases como dos locais de ensaio son de 7,6 euros mensuais.

5. Por certo, xurdi-ron novos grupos de

música?

Si, varios! e este é un dos aspectos máis positivos desta Escola. Neste proxecto a formación musical está complementada co funcionamento dos locais de ensaio, que comparten emprazamento.

Pola Escola pasan todas as semanas ducias de persoas tanto para ensaiar como para asistir ás clases. Deste bo ambiente, da relación que establecen entre eles xurdiron novos grupos musicais. Algúns deles están formados por alumnos e alumnas das clases, tamén veñen grupos que perderon algún membro e aquí atopan un substituto, a verdade é que se dan moitas casuísticas.

Ao meu modo de velo a Escola é un bo caldo de cultivo para que nazan novas formacións e así foi este ano.

4. Que foi o que máis te sorprendeu durante

este curso?

O bo ambiente de traballo. Normalmente soe ser así, xa que ninguén participa obrigado neste tipo de actividades.

Ao mesmo tempo tamén me sorprende que en moitas ocasións sucede que os alumnos e alumnas achéganse á Escola, comezan a tocar un instrumento con dúbidas e cando se decatan están completamente involucrados e rara vez aban-donan. Neste sentido o bo ambiente de traballo deste ano non é unha sorpresa pero resulta moi agradable ver como xorden boas relacións entre as persoas que comparten algunha experiencia musical e están a aprender algo xuntos.

Page 5: Revista 2 Dameuntoke

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 76 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Si… é coma en moitos traballos. Non che dan unha primeira oportunidade por non ter experiencia, pero non adquires experiencia se non che dan esa oportunidade… Case sen excepción, cando hai un concerto, espérase recibir un beneficio económi-co, ben sexa un bar ou sala que esperan vender máis consumicións ou un promotor que organiza un festival. En calquera caso todos eles esperan unha boa asistencia de público, que un novo grupo non pode garantir ou non pode demostrar.

Neste sentido quería destacar que o Concello de Narón, a través da concellería de mocidade, está apostando por dar esa primeira oportunidade, por organizar experiencias reais para que os novos grupos poidan actuar e coñezan todo o mundo que rodea un concerto. Ao fin e ao cabo, é a parte máis divertida do mundo da música, poder mostrar o teu traballo e valía á xente.

Este ano os grupos musicais tiveron a ocasión de participar no Festival da Mocidade de Narón e no Festival de Fojeteiros, ambos ao aire libre nun contexto válido e profesional.

6. Un dos problemas cos que se atopan os novos grupos son as oportunidades para

actuar en directo

Pois que a qué están esperando! Creo que é raro coñecer a alguén a quen non lle guste a música, e eu penso que ese é o primeiro paso para probar a tocar un ins-trumento. Calquera que de ese paso darase conta de que é moi sinxelo e natural. Coñezo a persoas que aínda que lles atrae aprender non o fan por temor a non estar capacitado para ser un virtuoso ou que lles da vergoña actuar en público. Eu penso que a música non é iso, non se trata de ser o mellor, nin tan sequera ser bo ou tocar diante da xente.

O importante é gozar, simplemente gozar, pasalo ben cada un do xeito que máis lle guste tocando para un público grande ou para un mesmo na súa habitación.

7. Que lle dirías á mocidade de Narón

para que se anime a participar na Escola de

Música Moderna

coNtacto para iNscribirsE

Os interesados poden inscribirse polas mañás no Concello de Narón, acudin-do á Oficina de Información Xuvenil do Servizo Sociocomunitario, situada na primeira planta.

A Escola de Música Moderna sitúase no local da Casa da Mocidade (rúa Colmeote, s/n. A Gándara. Narón).

Page 6: Revista 2 Dameuntoke

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 98

NESTA OCASIÓN o Oitavo Encontro Local de Moci-dade serviu como lanzadeira de grupos musicais no-vos que queren darse a coñecer entre a xente máis nova e ter un espazo de expresión público.

Cada unha das accións que se levaron a cabo no en-contro, caracterizáronse por ser actividades nas que os mozos/as foron os protagonistas indiscutibles xa que eles/as actuaron como “ensinantes” de outros mozos/as que quixeran intercambiar experiencias, participar nas distintas actividades e probar novas for-mas de ocio alternativo ao puramente convencional.

Oitavo Encontro Local de MocidadeO pasadO 5 de xunO, celebrOuse O OitavO encOntrO lOcal de MOcidade, unha iniciativa da cOncelleria de MOcidade de narOn. se algO teriaMOs que destacar fOi O bO cliMa que se estableceu entre Os distintOs grupOs de participantes.

Coa organización dos Encontros Locais de Mocidade búscase crear espazos e lugares-soporte para o debate e a comunicación entre a mocidade que permitan xerar estruturas organiza-tivas: ben de novas asociacións ou de grupos organizados por intereses comúns. Tamén se utilizan como instrumento de coñecemento das iniciativas e intereses da xente nova.

Fotos: Iris Produccións

kedada de graffiti

cOncertOs lanzadeira de grupOs de ensaiO

Page 7: Revista 2 Dameuntoke

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 1110 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Kedada de Grafiti: exhibición de grafiti que contou con 16 grafiteiros chegados de distintos puntos de Galicia. A temática do mural foi o oeste. Pintáronse dúas pare-des exteriores do pavillón da Casa da mocidade.

A maiores da exhibición, a organización puxo a dis-posición dos participantes taboleiros coa finalidade de que os interesados/as puidesen probar a pintar utilizando sprays.

Concertos lanzadeira de grupos de ensaio: actuaron dous grupos das aulas de ensaio da casa da mocidade. O grupo “Gathering Leopard” e o grupo “Wall of dea-th”, todos eles compostos por xente nova e de estilo rock e heavy.

A maiores dos grupos musicais, o sábado durante a mañá dous DJ’s: DJ Robert e DJ Anxo Martínez, pin-charon música tecno.

Obradoiros de camisetas: levouse a cabo coa colabora-ción dunha monitora da Asociación de Minusválidos de Narón. Cada participante confeccionou a súa ca-miseta en función dos seus gustos persoais utilizan-do para acadalo: plantillas, pinturas de tela, etc.

Obradoiro de tatuaxes e té saharaui: a Asociación de Axuda ao pobo saharaui colaborou no encontro a través de dúas rapazas saharahuis que estiveron ex-plicando aos participantes en qué consistía a cerimo-nia do té, cómo se fai e a importancia que ten na súa cultura. Tamén fixeron un obradoiro participativo de tatuaxes utilizando henna e deron a probar o té.

O encOntrO articulOuse en tOrnO a acciOns de:

xOgO On line e cOnsOlas Wii

tOrneO de WarhaMMer

Obradoiro de tenis de mesa: a maiores da exhibición que levaron a cabo os integrantes do clube Narón tenis de mesa. Durante toda a xornada estivo fun-cionando un obradoiro de tenis de mesa para que a xente nova puidese xogar unhas partidas e aprender os trucos e regras deste deporte.

Obradoiro de técnicas de ligue: educadoras da empre-sa Xeneme, levaron a cabo este obradoiro de educa-ción afectivo-sexual no que os participantes, dunha maneira lúdica, podían ir pasando diferentes probas de habilidades, preguntas e coñecementos para saber que coñecementos posúen a nivel afectivo-sexual.

Xogo on line e consolas Wii: durante toda a xornada houbo a disposición dos participantes 3 consolas Wii co xogo Wii Sport no que se podía practicar a xogar ao tenis, ao golf, etc.

Obradoiro de tiro con arco: exhibición a cargo do Grupo Arco Narón e obradoiro de iniciación ao tiro con arco.

Exhibición e xogos de patinaxe: grupos espontáneos e mozos pertencentes á asociación Okupas do Mono-patín, estiveron durante toda a xornada facendo dife-rentes xogos de patinaxe e probas de habilidade. Esta actividade realizouse no skatepark de Narón sito nas inmediacións da Casa da Mocidade.

ObradOirO de tatuaxes e te saharaui

Page 8: Revista 2 Dameuntoke

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 1312 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

“Esperamos que todos os participantes desfrutaran deste encontro e anima-mos aos lectores de Dameuntoke Narón a que se sumen a esta iniciativa nos próximos encontros”

Obradoiro de xogos populares: integrantes da ONG Lena levaron a cabo durante o serán xogos de tiro de corda e salto de corda para dar a coñecer os xogos populares entre a poboación máis nova. A maiores do xogos, a ONG montou un stand informativo e de venta de produtos solidarios.

Actuación do grupo de baile moderno “Brio”: este grupo composto por mozas de distintos puntos de Narón, preparou unha coreografía de baile moderno para os encontros.

Torneo de Warhammer: un total de 20 persoas parti-ciparon neste torneo durante toda a xornada.

Stand informativo do Centro Quérote: un educador do centro Quérote de Ferrol montou un stand infor-mativo con materiais das diversas campañas da Xun-ta sobre educación afectivo-sexual para mozos/as.

Un total de 120 mozos/as participaron directa-mente no Encontro “ensinando” algunha acti-vidade aos outros. O numero de participantes totais ascendeu ata 300 sumando participan-tes activos e espectadores.

Natalia Hermida Rico Concelleira de Mocidade, Participación Cidadá e Deportes

exhibiciOn de patinaxe

baile MOdernO

Page 9: Revista 2 Dameuntoke

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 1514 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Neste apartado aprenderemos cales son os criterios máis importantes e os com-portamentos que debemos evitar na nosa interacción pola Rede.

Normas de comportamento na InternetInternet, como canle de comunIcacIon que e, esta suxeIto a unha serIe de regras e normas de correccIon que nos permIten o IntercambIo de Ideas e InformacIon co resto de usuarIos.

regras basicas da netiquetaNa Internet, ademais das regras de comportamento que se usan na vida real, contamos cunha serie de normas específicas que nos facilitan a comunicación e garanten o respecto entre as partes. Estas regras de comportamento coñécense como “Netiquette” ou “Netiqueta”

Aínda que trataremos polo miúdo as diferentes nor-mas segundo a ferramenta a empregar, suliñaremos agora os principais factores a ter en conta:

Uso correcto de maiúsculas. Na Rede, ao ca-recer de comunicación non verbal, o uso de escritura en maiúsculas interprétase coma un berro, de xeito que debemos evitar a publicación de textos con esa característica e procuraremos utilizar estas de forma correcta e cando correspondan.

Linguaxe SMS. Internet non é un móbil e non implica unha restrición de carácteres nas nosas men-saxes, polo que evitaremos o uso da linguaxe SMS sempre.

Corrección ortográfica. As nosas mensaxes deben ser claras e estar correctamente escritas para garantir a súa lexibilidade por parte dos receptores. Agás erro, debemos procurar unha boa redacción e unha correcta ortografía nos nosos escritos. Ademais, debemos absternos de utilizar cores e fontes tipográ-ficas que poidan dificultar a lectura.

Respeto polos interlocutores. Aínda que ás veces se nos poida esquecer, ao outro lado temos per-soas coma nós que nos len, polo que hai que tratalas como tales, brindándolles respecto e poñéndonos no seu lugar para tratar de entender as súas opinións.

Adecuación ao contexto. A Internet é moi grande e nela podemos atopar multitude de temas e opinións. Debemos coñecer e adaptarnos aos temas que se tratan nunha comunicación determinada antes de publicar a nosa opinión, de xeito que esta sexa acor-de aos asuntos que se estean a tratar e non rompan co diálogo. Non é de boa educación que se os usuarios es-tán a falar dun tema concreto nós publiquemos a nosa opinión sobre outro que nada ten que ver.

a netiqueta no correo electronicoAs mensaxes de correo electrónico teñen unhas re-gras de etiqueta propias que debemos ter en conta ao utilizar esta ferramenta. As principais normas de comportamento na comunicación por e-mail son:

Mensaxes procedentes. Parece obvio, pero non está de máis recordar que debemos evitar remitir correos electrónicos a quen non nolos solicita. Feito de xeito masivo e con contido publicitario, o envío de correo non desexado coñécese polo termo inglés de SPAM.

Arquivos adxuntos. Igual que no punto ante-rior, debemos evitar o envío de arquivos adxuntos que non se nos teñan solicitado, xa que saturan os buzóns de correo, ralentizan a descarga do mesmo e, o máis importante, rouban tempo á persoa á quen llos remitimos.

Correos masivos. Na liña dos anteriores, de-bemos evitar o envío de correos circulares. No caso de precisar o envío dunha comunicación a unha lista de correo, procuraremos que as direccións vaian no apartado de Copia Oculta (CCO) e poñer no Para a nosa propia dirección. Pode haber xente que queira que nós teñamos a súa dirección pero non que a te-ñan outras persoas.

Información sensible. A excepción de que se use algún tipo de encriptación, hai que asumir que os

Page 10: Revista 2 Dameuntoke

correos non son seguros, de xeito que debemos evitar incluír información sensible neles (deberiamos pen-sar no correo electrónico como nunha postal, na que todo está á vista).

Confirmación de correo. Se non é totalmente imprescindible, non solicites confirmación de correo nos e-mail que remitas. Estas obrigando ao receptor a dar unha resposta que ao mellor non quere, polo que se considera de moi mala educación.

a netiqueta nas redes sociais

Ademais das regras anteriores, que se poden aplicar en distintas canles, as Redes Sociais contan cunhas particularidades que nos obrigan a ter en conta unhas normas específicas.

Público vs. Privado. Unha información que só lle interesa a un dos contactos da nosa Rede con-ta cun mecanismo específico para ser transmitido: a

mensaxe privada. Publicar información privada no muro dun dos nosos contactos non está ben visto e, ademais, pode chegar a perxudicalo, polo que o evita-remos na medida do posible.

Fotografías. Debemos ter coidado á hora de pu-blicar imaxes nas que aparezan terceiros e procurar ter permiso para facelo. Ademais, non debemos eti-quetar a ningún contacto nas fotos que publiquemos sen o seu consentimento expreso. Por outra banda, etiquetar nunha foto a persoas que non aparecen nela está mal visto e considérase SPAM, polo que debe-mos evitalo.

Invitacións a eventos. Se xestionamos un even-to local, debemos ter en conta que moitos dos con- tactos da nosa Rede poden residir nunha cidade distinta, polo que é probable que non vaian a acudir. Na medida do posible, debemos evitar invitar a per-soas que sabemos que non asistirán.

Aplicacións e xogos. Moitas Redes Sociais con-tan con aplicacións de ocio e xogos que amenizan aos usuarios. Nembargantes, non todos os nosos contac-tos serán afeccionados a elas, polo que debemos evi-tar o envío de invitacións ás mesmas a quen sabemos que non lle interesará.

Respecto ao Muro axeno. As nosas aplicacións, publicacións ou actualizacións deben realizarse sem-pre no noso Muro. O Muro dos nosos contactos é de-les, polo que salvo mensaxes e comentarios, debemos absternos de publicar contidos propios nos mesmos.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 1716 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

don’t feed the troll Hai unha regra básica tanto en comunicación en tempo real como na Internet en xeral: non alimentar aos Trolls. É dicir, que aqueles usuarios que se li-mita a incorporar ruído nas conversas ou a tratar de crear malestar nos usuarios deben ser ignorados, xa que calquera outro comportamento para con eles dálles pulos para continuar molestando. Un Troll non razoa, non se suxeita a regras e non atende a razóns, polo que debe ser expulsado mediante a táctica de ignoralo.

SPAM social Debemos evitar o envío masivo, a través das Redes Sociais, de invitacións de amizade a persoas que non coñecemos. O coleccionismo de amigos non está ben visto e, ademais, non nos aporta ningún beneficio a longo prazo. Se estamos a bus-car novos amigos, na invitación de amizade debemos incluír un breve correo explicándoo, de xeito que a outra persoa poida valorar a nosa solicitude.

A Internet, como ferramenta de interac-ción entre persoas, require dunha serie de regras de comportamento que garantan a comunicación e o respecto dos usuarios.

Dita ferramenta, xa que logo, precisa do coñecemento das súas normas de fun-cionamento. Ese coñecemento repercute nunha correcta integración no medio e nunha mellor aceptación por parte dos nosos interlocutores.

Empregar e difundir as regras de etiqueta na Internet permítenos optimizar o resul-tado do que buscamos ao sumerxirnos na Rede, obter unha interacción con outras persoas e compartir o noso coñecemento e pensamento.

en resumen

Page 11: Revista 2 Dameuntoke

PARTICIPA!Os obradoiros de saúde comunitaria forman parte do programa de educación para a saúde do Concello de Narón, son sesións que poden solicitar os centros educativos do noso munici-pio e as asociación ou grupos interesados nas temáticas a tratar (neste caso sexualidade e prevención de drogodependencias).

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 1918

Obradoiros de prevencion en drogodependencia e sexualidadeO SeRvIzO SOCIOCOmunITARIO dO COnCellO de nAROn OfReCeChe A POSIbIlIdAde de PARTICIPAR en SemInARIOS fORmATIvOS SObRe dROgOdePendenCIAS e SexuAlIdAde.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón

de igualdade e corresponsabilidade entre homes e mu-lleres con especial atención á prevención da violencia de xénero, agresións e abusos sexuais.

Tamén se presta unha especial atención ao recoñe-cemento e a aceptación da diversidade sexual; o des-envolvemento harmónico da sexualidade acorde coas características das persoas novas; a prevención das

A CONCELLERÍA DE MOCIDADE a través do Servizo Sociocomuni-tario do Concello de Narón ofreceche a posibilidade de participar en seminarios formativos sobre drogodependencias e sexualidade.

Os obradoiro de saude comunitaria: sexuali-dade e prevencion. O Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón ven traballando neste proxecto dende o ano 1992 mediante a organización de obra-doiros de sexualidade nos centros educativos e coa comunidade en xeral: ANPAS, familias, asociacións de veciños, interesados/as, etc.

O noso obxectivo e promover unha visión da sexualidade en termos

Ponte ao día, esta informa-ción non ten prezo.

Page 12: Revista 2 Dameuntoke

20

enfermidades e infeccións de transmisión sexual e especialmente a prevención do VIH e a prevención de embarazos non desexados no marco dunha sexua-lidade responsable.

Así, estes obradoiros de saúde comunitaria, median-te a utilización de distintas técnicas (de dinámica de grupos, buzón, xogo de roles, técnica do rumor, co-municación, e discusión dinamizada) traballarán a reflexión, debate e adestramento en técnicas de co-municación e información para aportar unha visión adaptada aos vosos intereses.

Os obradoiro de saude comunita-ria: drogas e prevencion A través destes obradoiros abórdase o fenómeno das drogodependencias dende unha reflexión en relación aos coñecementos e actitudes previos que posuímos sobre o tema “droga”.

Durante as sesións realizase un tratamento obxec-tivo da información e unha análise dos diferentes factores persoais e ambientais que están incidindo no consumo, procurando equiparnos cós recursos necesarios para ter unha actitude crítica e responsa-ble ante o seu consumo.

Trátanse de sesións moi prácticas e amenas que co-mezan cun debate entre os participantes onde se ex-

mAIS InfORmACIOnPara informarvos destes obradoiros podedes acudir ao servizo Sociocomunitario ou chamar ao 981337700 extensión 1103.

Tamén encontraredes moita información na web de mocidade http://www.dameuntoke.es e para consul-tas concretas nos o dubidedes este é o noso correo electrónico [email protected]

Concellería de Mocidade. Concello de Narón

poñen as ideas que cada un de nós ten sobre as dro-gas e a súa prevención.

A través destas dinámicas de grupos facemos unha reflexión conxunta e contrastamos as diferentes ideas, establecemos grupos de debate e simulacións de situacións que se poden dar no noso día a día re-sultando unha experiencia moi enriquecedora tanto polos contidos que se imparten como polas activida-des que se realizan.

Page 13: Revista 2 Dameuntoke

O descodificadorComezamos esta nova seCCion falando Co grafiteiro anton g. seoane a.k.a. roke (vigo, 1986). artista urbano e desenador industrial vigues, afinCado dende fai varios anos en naron.

Arte ou vandalismo? Parece que a eterna pregunta está cada vez máis clara, ata o punto que a Tate Modern de Londres inagurou unha exposición sobre ‘Street Art’.

Aínda que o grafiti, como o dadaísmo, naceu coma un movemento desvinculado da arte, sen querer moitos dos que o practican convértense en artistas e algúns pasaron de pintar na rúa a expoñer nos museos. Indistintamente das diferentes opinións, o grafiti leva máis de 20 anos sendo motivo de exposición.

Page 14: Revista 2 Dameuntoke

22 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Bos días Antón, explícanos que che di a palabra grafiteiro?Bos días. Para min un grafiteiro é un artista urbano que expresa a súa arte nas paredes das rúas. E esa arte, ten que estar composta de tipografías figurati-vas artísticas, deseñadas de maneira orixinal por esa persoa.

O que se pinta nas paredes ten significado só para o autor, é un medio de expresión social ou de comunicación entre grafiteiros?Por qué separar os significados? Eu penso que as creación artísticas do grafiteiro, principalmente teñen un gran significado persoal, no que el, dunha maneira ou doutra, expresa as súas inquietudes.

Estas creacións en forma de pintadas, pretenden ser un medio de expresión social, que as veces pretende reivindicar algo. Pero na maioría dos casos consiste soamente nunha manifestación do ego do artista, que escribe unha e outra vez o seu nome polas rúas. E non me estou referindo soamente a una firma na parede ou “tag”, senón a unha pintura mural ou grafiti que ocupa a parede enteira…

E finalmente, esta combinación, supón unha comu-nicación entre grafiteiros, que ás veces se asemella a unha mensaxe codificada…

Cando e porque comezaches a facer grafitis?Pois os meus inicios no mundo do aerosol remón-tanse a finais dos 90. Exactamente no ano 1997, cando por influencia do meu veciño Ale97, varios anos maior ca min, comecei a facer graffitis nos meus cadernos da escola.

Non foi ata o ano 2000 cando me decidín a pintar nas rúas, con tan só 12 anos…ai, cantos problemas lle din á miña nai…

O motivo non sabería explicalo. Simplemente fasci-nábanme as revistas de grafiti que tiña Ale97, e que por aquel entonces era imposible mercar en Galicia. Unha vez coñecín esa forma de expresión, e probeina, foime imposible abandonala… Era fantástico!, Podías escribir o teu nome unha e outra vez onde ti quixeras!.

Pouco a pouco esas firmas foron evolucionando, e cando me din de conta… estaba montando a miña primeira exposición. Ata o día de hoxe continuo realizando grafiti.

Escribes só ou acompañado? Iso depende das ganas que teñan de pintar os meus amigos (risas).

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 23

Cómo definirías o teu estilo?A“Skull is cool”

Que escritores che gustan máis?Da miña terra, admiro a Pake, Aiser, Ale97, Pow, Moos, Nachei… Do panorama estatal sempre me gustaron moito os clásicos Zeta, Posk, Mast, Dems, El niño de las pinturas, San…

A nivel europeo fascínanme Dran, Blu, Dare, o co-lectivo McLaim, os 123klan…e , por suposto, non me esquezo do panorama ianqui con personaxes coma Smash, Seen, Can2, Revok etc.

Como ves a situación do grafiti en Narón? e en Galicia?En Narón vexo un gran potencial a piques de ex-plotar, que xa leva varios anos introducíndose neste mundo artístico tan transgresor.

En Galicia xa vexo unha historia consolidada, que se remonta a principios dos anos 90. Penso que hai moi boa calidade, e que grazas ao paso dos anos, ra-paces que xa non son tan rapaces, convertéronse en artistas, ilustradores, e deseñadores, que souberon aproveitar ao máximo o seu potencial e integralo na súa técnica de grafiti.

Que límites te pos á hora de escoller o lugar onde escribir?Os límites legais, por suposto. A día de hoxe cada vez é máis complicado pintar nas rúas sen autori-zación. Preferiblemente busco unha parede en mal estado, e falo co seu propietario para evitar proble-mas. O que busca un grafiteiro sempre que pode, e que ese sitio sexa moi visible, de modo que todo o mundo poda apreciar a súa obra.

Outras persoas, que mediante o seu grafiti, soamen-te buscan facer vandalismo… prefiren sitios en altu-ras, ou de difícil acceso. Canto máis complicada sexa a fazaña para chegar a parede que queren pintar, máis valor terá o seu grafiti…

Consideras que o grafiti é un fenómeno exclusi-vamente vinculado á escea do hip-hop?Non necesariamente. Aínda que non podemos es-quecer as súas raíces, nas que si estaba fortemente vincula-da, formando parte dunha soa cultura.

Algún consello para aqueles que queiran iniciarse neste mundo?Non fagades moito mal, rapaces (risas).

A arte urbana ten un oco en Narón

Page 15: Revista 2 Dameuntoke

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 2524 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

1

1As AulAs de ensAioda casa da mocidade funcionarán durante todo o mes de xullo en horario de mañá?

2 A AreA de muller e a área de bibliotecas con-tan con páxina web propia cos seguintes enderezos http://www.igualdade.naron.es e http://bibliote-ca.naron.es... onde poderás informarte de todas as novidades existentes neses ámbitos?

3

7 o pArque temAtico integral de desenvolvemen-to rural Aldea Nova está aberto de luns a sábado en horario continuado e está situado en Sedes (Narón)?

9 neste mes de xulloo concello instalou máis de 90 prazas de estacionamento de bicicletas ao longo de todas as parroquias de Narón coa finalidade de promover o uso do transporte limpo e saudable? (8 delas no exterior da casa da mocidade)

7

6

5

4

3 sAbiAs que o período de inscri-ción para escolas deportivas pavillón eactividades convenia-das ábrese o día 13 de setembro come-zando as actividades o día 1 de outubro?

8

9

2

5 no mes de setembro abrirase o prazo de solicitude da escola de música moderna e as aulas de ensaio para o curso 2010-2011?

4 o rio xuviA forma parte da rede natura e é unha área natural protexida?

8 e sAbiAs que a día de hoxe o concello de Narón conta cun total de 38.903 habitantes dos que 18.919 son homes e 19.984 son mulleres?

6 podes seguir informAndoteen Dameuntoke a través do Twitter, Facebook e Youtube?

Page 16: Revista 2 Dameuntoke

Se desexas coñecer o que se move en Narón séguenos no teu día a día.No portal portal web http://www.dameuntoke.es, así como nas comunidades que esta iniciativa ten en Facebook, Twitter ou Youtube, encontrarás a información que precisas.

Moi

útilEste ano arredor de 300 mozos e mozas participamos no 8º encontro de mocidadeº

Xogos de patinaxe e probas de ha-bilidade organizados pola “Asocia-ción Okupas do Monopatín”

Exhibición de grafiti con máis de 16 artistas chegados de toda Galicia.

Estas só son algunhas das actividades que se organizaron. Anímate!, na próxima edición non podes faltar.

Técnicas de ligue

Obradoiros de ta-tuaxes en henna

Talleres de camisetas

Torneo de Warhammer

Concertos lanzadeira de grupos de ensaio

Actuación do grupo de baile moderno “Brio”

Obradoiros de xogos populares

Actividades de tenis de mesaExhibición de tiro con arco a

cargo do Grupo Arco Narón

Encontro coa Asociación de Axuda ao Pobo Saharauí

Page 17: Revista 2 Dameuntoke
Page 18: Revista 2 Dameuntoke