Revista Dameuntoke número 6

28
REVISTA NÚMERO 6 Concellería de Mocidade Servizo sociocomunitario A miña primeira vivenda en aluguer, Preparando as vacacións estivais, Como escribimos na Internet?, Un día en Aldea Nova, Que me recomendas?, Sobran motivos, sobran ideas: asóciate, As actividades que máis che gustan, Sabías que…? A da de mocidade Narón revista

description

Revista Dameuntoke número 6 Concello de Narón

Transcript of Revista Dameuntoke número 6

Page 1: Revista Dameuntoke número 6

REVISTA NÚMERO 6Concellería de MocidadeServizo sociocomunitario

A miña primeira vivenda en aluguer, Preparando as vacacións estivais, Como escribimos na Internet?, Un día en Aldea Nova, Que me recomendas?, Sobran motivos, sobran

ideas: asóciate, As actividades que máis che gustan, Sabías que…?

A

da

de mocidade

Narón

revista

Page 2: Revista Dameuntoke número 6

2 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Servizo Sociocomunitario Fondo de materiais e recursos didácticos

Elaboración de textos e deseño: – Solucions Dixitais S.L.

Colaboración técnica:Mercedes Sanchez Romero

Impreso En Galicia

Edita: Servizo Sociocomunitario Concello de Naron Naron 2012

Fotografía Mar a Vieira “Mavi”

Revista subvencionada pola

Serie: Información e Divulgación Título: Revista Dameuntoke Depósito legal: C-566-2100

Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa

Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida Rico.

O noso horario de atención ao público é os martes de 11:00 a 13:00 horas na terceira planta

do Concello de Narón.

Estamos á túa disposición.

Page 3: Revista Dameuntoke número 6

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 3

Sumario

04 A mina primeira vivenda en aluguerAtopar unha primeira vivenda en boas condicións e a un prezo asumible é un dos grandes problemas cos que se atopa a xuventude. O aluguer é unha boa opción para comezar mais non debemos esquecer …

10 Como escribimos na Internet?Redactar adecuadamente as nosas opinións na Internet facilítanos obter unha interacción acaída con outras persoas e compartir o noso coñecemento e pensamento.

14 Un d a en Aldea NovaSe hai un espazo en Narón divertido onde poder brincar, coñecer e compartir este é Aldea Nova. Ímosvos contar a nosa aventura

18 Que me recomendas?En Narón resistimos! O mundo da lectura conta no noso Concello cun espazo singular: a Biblioteca Pública con máis de 13.000 socias e socios.

21 Sobran motivos, sobran ideas: asociate!Asociarse ten as vantaxes de ter algo en común, algo que unha persoa soa tería difícil conseguir, apoiada por outras pode acadalo e conservalo.

24 As actividades que mais che gustanEstá ao tanto! En Narón organizamos diferentes actividades extraescolares municipais como o obradoiro “Exprésate co Graffiti” e o obradoiro “Facendo música xuntos”. Novidades frescas no ámbito educativo.

26 Sab as que...?En Narón existen moitas posibilidades. Sabías que contamos …

Page 4: Revista Dameuntoke número 6

4 Concellería de Mocidade. Concello de Narón4

A mina primeira vivenda en aluguerAtopAR UNhA pRIMEIRA VIVENDA EN boAS CoNDICIoNS E A UN pREzo ASUMIbLE E UN DoS GRANDES pRobLEMAS CoS QUE SE AtopA A xUVENtUDE. o ALUGUER E UNhA boA opCIoN pARA CoMEzAR MAIS NoN DEbEMoS ESQUECER ...

Page 5: Revista Dameuntoke número 6

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 5

UNHAS RECOMENDACIÓNS PREVIAS

Se pretendes alugar unha vivenda ou solucionar al-gunha dúbida respecto aos teus dereitos e deberes é preciso que teñas como referencia a lei que actual-mente rexe este tipo de contratos. Trátase da Lei 29/1994, de 24 de novembro de Arrendamentos Urbanos.

A hora de asinar o contrato ten en conta:

1- Os contratos deben formalizarse por escrito. Xa di o refraneiro que “as palabras lévaas o vento”, así que asegúrate de formalizar o contrato por escrito para poder defender os teus dereitos como arrenda-

Estamos a asinar un contrato entre un arrendador e un arrendatario co cal asumimos unha serie de obrigas mais tamén contamos cunha serie de dereitos. Para diminuír as dúbidas que implican este tipo de contratos describímosvos as principais características.

CoNECER oS NoSoS DEREItoS E DEbERES E DE GRAN AxUDA pARA AtopAR A NoSA pRIMEIRA VIVENDA

tario. Non existe un modelo concreto, só é necesario que as dúas partes vos poñades de acordo nas condi-cións e que estas se manifesten por escrito.

2- Recorda pactar determinados aspectos. Os gas-tos por servizos cos que conta o inmoble, a taxa da Comunidade de Propietarios ou o Imposto de Bens Inmobles son aspectos do contrato que deben pactar-se cos propietarios para decidir quen se fai cargo dos mesmos.

3- A duración do contrato de aluguer acórdase libremente. Agora ben se o prazo de duración do contrato é menor a 5 anos, chegada a data de vence-

Page 6: Revista Dameuntoke número 6

6 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

mento do mesmo este prorrógase obrigatoriamente por prazos anuais ata alcanzar esta duración (5 anos) agás que o inquilino lle manifeste ao propietario que non ten intención de continuar na vivenda alugada.

Polo tanto o propietario está legalmente obrigado á prorroga do contrato de arrendamento ata acadar os cinco anos.

4- O propietario pode solicitar ocupar de novo a súa vivenda. No caso de que o arrendador manifes-te, expresamente no contrato, que pode necesitar a vivenda nun momento dado para uso propio seu ou dalgún dos seus familiares adquire o dereito á cance-lación do contrato debendo sinalar a causa específica que o motiva.

5- A renda. É a cantidade que nos pagamos á per-soa que nos aluga unha vivenda. Este prezo pactase mutuamente e soe distribuírse en pagos mensuais. Anualmente faise unha actualización da renda en conformidade coa variación que experimente o Índi-ce de Prezos ao Consumo (IPC). Polo tanto a renda incrementarase se sube este indicador e diminue se este baixa.

6- Gastos que debemos asumir. Como arrendata-rios asumimos uns gastos asociados ao uso habitual da vivenda. Estes son os gastos de suministro (luz, teléfono, auga, gas…) e as taxas do lixo.

Non te quedes coa primeira vivenda. Realizar varias visitas é un bo consello para tomar a mellor decisión

7- A fianza. A lei estipula que á hora de formalizar un contrato de arrendamento da vivenda estamos obrigados a deixar ao arrendador unha cantidade en metálico equivalente a unha mensualidade da renda pactada que se denomina fianza.

O ingreso da fianza debe realizarse a través dunha transferencia bancaria, engadindo copia e orixinal do contrato de arrendamento e copia e orixinal do D.N.I.

Page 7: Revista Dameuntoke número 6

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 7

8- Devolución da fianza. A fianza non deixa de ser unha garantía. Ao final do contrato serve para sufra-gar, no caso que sexa necesario, aquelas obrigacións que como arrendatarios asumimos: facturas de sumi-nistro pendentes de abono, posibles desperfectos ou impagos da renda.

9- Outras garantías. En ocasións os donos das vi-vendas solicitan fianzas maiores ou avais bancarios. Neste caso están no seu dereito aínda que debe ser algo que pacten con nos e que quede descrito no con-trato de aluguer que asinamos.

Axudas ao alugueiro de vivendas

Recomendámosche que consultes as seguintes axu-das ao alugueiro de vivendas que actualmente están vixentes. Contar cun incentivo económico é unha axuda para emanciparnos e ter a nosa casiña .

Programa Aluga: o programa Aluga da Xunta de Galicia consiste en axudas mensuais no alugueiro de vivenda para os que temos máis dificultades econó-micas. Información: http://igvs.xunta.es/web/igvs/portada

CANDo AtopES o tEU ESpAzo RECoRDA RESpEtAR AoS tEUS VECINoS E VECINAS

Page 8: Revista Dameuntoke número 6

8 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

No momento que asines o contrato de aluguer non te descoides tes unha se-rie de obrigas e deberes. ten en conta que existen axudas que facilitaran o pago da renda mensual

Page 9: Revista Dameuntoke número 6

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 9

A Renda Básica de Emancipación: é outra liña di-rixida a mozas e mozos de entre 22 e 30 anos titula-res dun contrato de arrendamento da vivenda na que residen e que conten cunha fonte regular de ingresos menor a 22.000 euros brutos anuais.Información: http://igvs.xunta.es/web/igvs/portada

Axudas para a promoción de aloxamentos pro-texidos destinados a colectivos especialmente vulnerables: trátanse de vivendas cunha superficie útil de entre 40 e 45 metros cadrados destinadas ao alugamento por parte da mocidade (mozas e mozos de ata 35 anos) ou colectivos específicos como persoas da comunidade universitaria, ou investigadores e científicos.

Adxudicación de vivendas de promoción pública en réxime de alugamento: son vivendas de protec-ción oficial de promoción pública e vivendas cualifi-cadas en núcleos rurais e barrios históricos destina-das ao arrendamento (con ou sen opción a compra). Para acceder a este rexistro de vivendas hai que inscri-birse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia. Información: http://igvs.xunta.es/web/igvs/portada

Dedución de IRPF por alugamento de vivenda ha-bitual: dedución dun 10% (con límite de 300 euros) en concepto de alugamento da vivenda habitual. Información: www.conselleriadefacenda.es/web/portal/introduccion-area-tributos/

onde podo obter mais informacion?

Podes escribirnos ao correo [email protected], ou achegarte a calquera dos servizos de xuventude (o máis próximo que temos é a oficina local de Ferrol sita no edificio admi-nistrativo na Praza Camilo Jose Cela S/N 1º) con teléfono 981337290.

Tamén na web www.xuventude.net podes descargar esta información.

Se desexas obter máis información ou tes dúbidas específicas achégate á OMIX do Concello de Narón, sita no primeiro andar.

Page 10: Revista Dameuntoke número 6

10 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

As nosas mensaxes deben ser claras e estar correctamente escritas para garantir a súa lexibilidade por parte dos receptores. Agás erro, debemos procurar unha boa redacción e unha correcta ortografía nos nosos escri-tos. Ademais, debemos absternos de utili-zar cores e fontes tipográficas que poidan dificultar a lectura.

Como escribimos na Internet?REDACtAR ADECUADAMENtE AS NoSAS opINIoNS NA INtERNEt fACILItANoS obtER UNhA INtERACCIoN ADECUADA CoN oUtRAS pERSoAS E CoMpARtIR o NoSo CoNECEMENto E pENSAMENto.

Como ben sabedes, amigas e amigos, a Internet é unha nova canle de comunicación que ata hai ben pouco non existía. As versións máis antigas remón-tanse a finais dos anos cincuenta do século pasado e non foi ata a década do 1990-2000 cando esta rede de computadores interconectados callou.

Hoxe en día a Internet forma parte das nosas vidas para comunicarnos con compañeiras e compañeiros da escola, buscar traballo, participar en foros de de-bate, realizar compras ou aportar coñecemento sobre unha afección.

Non quero ser unha / un “hoYGAN”!Os “OIGAN” son aqueles internautas que por desco-

ñecemento ou por desidia, omiten as regras básicas de ortografía ao escribir na Internet. Aínda que na meirande parte dos casos os usuarios tratan de res-pectar as regras ortográficas, existe unha cantidade salientable deles que non o fan.

Os foros de debate, unha das principais ferramentas de comunicación na Internet, bautizaron como HO-YGAN a aqueles que por descoñecemento ou desin-terese ignoran as normas de ortografía.

A orixe do termo está na palabra que utilizaban para comezar as súas intervencións, a palabra “oigan” con faltas ortográficas notables; é dicir, frases como:

“hoygan, nesecitaría que me digeran”

Page 11: Revista Dameuntoke número 6

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 11

Ademais, o termo escrébese en maiúsculas xa que moitos destes usuarios utilízanas nas súas comuni-cacións, o que se interpreta como un berro na Rede e está moi mal visto.

Enton que normas debo seguir?

En Dameuntoke cremos que o mellor consello é uti-lizar o sentido común. Debemos ter en conta que as nosas aportacións na Internet van definindo a nosa Identidade Dixital, é dicir, a imaxe que terceiras per-soas teñen de nós.

Estes son os nosos consellos:

1. Uso de maiúsculas: Na Rede, ao carecer de comu-nicación non verbal, o uso de escritura en maiúsculas interprétase coma un berro, de xeito que debemos evitar a publicación de textos con esa característica e procuraremos utilizar estas de forma correcta e can-do correspondan.

2. Linguaxe SMS: Internet non é un móbil e non implica unha restrición de carácteres nas nosas men-saxes, polo que evitaremos o uso da linguaxe SMS sempre.

LER E CoNECER oS tERMoS DE USo DE CALQUERA wEb NA QUE NoS RExIStREMoS E fUNDAMENtAL pARA GARANtIR A NoSA pRIVACIDADE E SAbER o QUE SE fAI CoS NoSoS DAtoS pERSoAIS

Page 12: Revista Dameuntoke número 6

12 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

3. Corrección ortográfica: As nosas mensaxes de-ben ser claras e estar correctamente escritas para garantir a súa lexibilidade por parte dos receptores. Agás erro, debemos procurar unha boa redacción e unha correcta ortografía nos nosos escritos.

4. Respecto polos interlocutores. Aínda que ás ve-ces se nos poida esquecer, ao outro lado temos per-soas coma nós que nos len, polo que hai que tratalas como tales, brindándolles respecto e poñéndonos no seu lugar para tratar de entender as súas opinións.

5. Adecuación ao contexto. A Internet é moi gran-de e nela podemos atopar multitude de temas e opi-nións. Debemos coñecer e adaptarnos aos temas que se tratan nunha comunicación determinada antes de publicar a nosa opinión, de xeito que esta sexa acorde aos asuntos que se estean a tratar e non rompan co diálogo. Non é de boa educación que se os usuarios están a falar dun tema concreto nós publiquemos a nosa opinión sobre outro que nada ten que ver.

A tER EN CoNtA NA NoSA CoMARCA UNhA ApoStA Do NoSo CoNCELLo

Se che gusta o mundo da Internet, o software e a cultura libre non o dubides contacta coa Asociación Comunidade O Zulo. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro que traballa por difundir o software e a cultura libre e por construír unha sociedade máis xusta.

Esta asociación está formada por un grupo de persoas multidisciplinar: cociñeiros, biólogos, informáticos, estudantes, xubilados, avogados… con intereses común no mundo da Internet.

Aínda que non todos os membros están afincados na comarca de Ferrolterra, están en contacto direc-to a través das redes sociais e as roldas de correo da Asociación organizando diferentes actividades ao longo do ano.

Esta é a ligazón a súa web: http://www.comunidadeozulo.org

A concellería de Mocidade e Deportes, dirixida por Natalia Hermida Rico, leva anos apostando por un uso responsable das Novas Tecnoloxías.

A nosa concellería é consciente da importancia que hoxe ten a Internet en todos os ámbitos das nosas vidas: na educación, na busca de emprego, na mellora competencial, no acceso á información, na xeración de novas iniciativas emprendedoras…

É por este motivo que ante calquera dúbida ou suxestión vos animamos a contactar con nós a través do correo [email protected]

Alberto permuy e un dos membros da Asociacion Comunidade o zulo que se re-une habitualmente para organizar activi-dades de promocion do software libre.

Page 13: Revista Dameuntoke número 6

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 13

www.DAMEUNtokE.ES

Aínda non coñeces a comunidade Dameuntoke na rede? Somos máis de 2.800 amigos e amigos que compartimos información sobre Narón todos os días na rede: deporte, saúde, emprego, educación, actividades, medio ambiente...

Page 14: Revista Dameuntoke número 6

14 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Chegamos a Aldea Nova

A tarde do venres chegamos ao parque temático integral de desenvolvemento rural Aldea Nova. O noso equipamento compoñíase de roupa cómoda e botas de sendeirismo para comezar a nova aventu-ra. Os responsables do parque temático acolléron-nos e aproveitamos a tarde para facer un percorri-do polas instalacións nas que puidemos ver, entre moitas outras cousas, unha casa tradicional galega, o gando autóctono e unha horta cultivada.

Tamén nos explicaron na área de enerxías renova-bles a importancia de ser “ecoeficientes”. Sabiades que xa existen moitos casos reais de familias que xe-ran a súa propia enerxía e non dependen de tercei-ros?

A continuación repartimos o grupo para realizar diferentes actividades. Algúns de nós preferimos coñecer o gando galego: as vacas cachenas cos seus fermosos cornos, o porco celta, as ovellas autóctonas e as galiñas piñeiras e de Mos.

Outros, os máis larpeiros, foron a elaborar o pan moendo o trigo e amasando os ingredientes para acabar cocéndoo no forno de leña.

Por último xuntámonos de novo para brincar un pouco con xogos populares galegos como a petanca, os zancos, a billarda, a roda, a rá ou o peón.

Para rematar o día fixemos unha cea e fomos para a cama dispostos a recuperar forzas para a excursión que nos esperaba ao día seguinte.

SE hAI UN ESpAzo EN NARoN DIVERtIDo oNDE poDER bRINCAR, CoNECER E CoMpARtIR, EStE E ALDEA NoVA. IMoSVoS CoNtAR A NoSA AVENtURA

Non, non, nada de quedar na casa sentadiño no sofá. Como sabedes esta é a filosofía do equipo de Dameuntoke.

Aproveitando o bo tempo deste raro inverno, coas primeiras raiolas do día dirixímonos a pasar dous días en Aldea Nova.

Un d a en Aldea Nova

Page 15: Revista Dameuntoke número 6

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 15

Os bosques de ribeira semellan gardar o río como un tesouro. Forman un estreito corredor verde que se estende ao longo do seu leito.

Descubrimos o r o xuvia

Espertamos ben cedo para trazar de novo a ruta de sendeirismo que quedamos en percorrer o día an-terior. O obxectivo era recorrer 8 quilómetros a pé ata chegar á área recreativa de Pedroso que atravesa o río Xuvia.

Como xa explicamos nalgunha ocasión nesta re-vista, o río Xuvia é un dos encantos cos que conta Narón. Esta incluído na Rede Natura 2000 como Lugar de Importancia Comunitaria Xuvia-Castro e nel habitan especies tan fermosas como a londra, a garza, o raposo ou os corzos.

Os monitores que nos guiaron neste ruta expli-cáronnos a importancia do bosque caducifolio para conservar os nosos ríos. Por un lado as súas raíces fixan as marxes e, desta forma, evitan a erosión que

Page 16: Revista Dameuntoke número 6

16 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

www.aldeanova.es

Aldea Nova é o único espazo aberto e vivo adicado á natureza e a cultura rural galega. Ao longo do ano os responsables realizan numerosas actividades que podes consultar na súa web.

provocarían as chuvias torrenciais. Doutra banda, axudan a regular a temperatura das augas do río, manténdoa case constante, especialmente no verán.

O temido percorrido de 8 quilómetros pasou moi rápido entre os contos e lendas de xenios acuáti-cos como os encantos, homes-peixes, feiticeiras e áureas.

Por certo, sabiades que o Concello de Narón conta coa web http://www.rioxuvia.naron.es onde pode-mos descargar 4 itinerarios máis?

xantamos na area medioambiental R o xuvia - pedroso

Despois do percorrido decidimos quedar a xantar nesta área medioambiental e aproveitamos as pri-meiras horas da tardiña para ver o funcionamento do seu muíño restaurado, para xogar e mollar os pés nas beiras do río. Quizais foi un pouco preci-pitado xa que a auga estaba ben fría, aínda que nos serviu para argallar unha nova excursión no verán.

Con paso firme recollemos as nosas pertenzas para volver ao lugar de orixe, o Parque Temático de Desenvolvemento Rural Aldea Nova, onde re-matamos esta aventura.

Page 17: Revista Dameuntoke número 6

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 17

Sabías que Aldea Nova conta con dife-rentes programas de actividades así como comedor…

E que na área medioambiental Río Xuvia-Pedroso podes xantar e pernoc-tar nos seus bungalows …

Se estás interesado non tés máis que contactar cos responsables a través do teléfono 981 173 691 ou do correo elec-trónico [email protected]

Goza dunha vida sen malos fumes!

Sab as que?

Page 18: Revista Dameuntoke número 6

18 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Que me recomendas?EN NARoN RESIStIMoS! o MUNDo DA LECtURA CoNtA No NoSo CoNCELLo CUN ESpAzo SINGULAR: A bIbLIotECA pUbLICA CoN MAIS DE 13.000 SoCIAS E SoCIoS.

Os libros crean mundos e todas e todos temos dereito a soñar, des-cubrir, coñecer novos territorios e experiencias únicas da man da lectura. Nesta sección animámoste a que descubras a biblioteca pública do teu Concello. Estas son as novas recomendacións.

Xacobe, Paula, Jaume e Candela, e o resto dos seus compañeiros da clase, protagonizan a aventura de percorrer o Camiño de Santia-go durante dezaseis días.

Coa mochila ao lombo, combinando traxecto a pé e desprazamentos en autocar, estes mozos e mozas peregrinos do século XXI percorrerán un itinerario cultural fascinante que os levará dende Somport ata a Catedral de Compostela.

Mais no comezo da súa viaxe, un dos moni-tores que os acompañan, un personaxe moi peculiar, alértaos de que un perigo sobrevoa a cidade compostelá. Será certo?

QUE RICo! (LIbRo)

Seguro que nalgunha ocasión te preguntaches que é o que comes, de onde vén, como se elabora ou por cantas mans pasa ata chegar a túa casa.

Sabine Jaeger neste libro da resposta a todas estas preguntas. Un libro fundamental para mozos e adultos que aborda aspectos moi actuais como por que é perigoso o sobrepeso, se debemos crer o que nos din os anuncios, cantas clases de mazás existen, por qué cada anaco de pan é tamén política...

A fame no mundo, os alimentos transxénicos, o comercio local e xusto, a importancia de cociñar na casa ou o cambio dos hábitos alimenticios son temas que se tratan no libro.

A CRIptA Do ApoStoLo (LIbRo)

Page 19: Revista Dameuntoke número 6

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 19

ESAS GRANDES pREGUNtAS SobRE LA VIDA Y toDo Lo DEMAS (LIbRo)

Pon en marcha o teu sentido común e prepárate para facer fron-te aos enigmas que nos acompañan todos os días. Embárcate nesta aventura na que se mesturan os pensamentos razoables coas ideas máis extravagantes.

LA MUChAChA SALVAjE (CoMIC; pREMIo fNAC SINS ENtIDo DE NoVELA GRAfICA)

“La muchacha Salvaje” conta a historia dunha moza pertencente a unha tribu nómada cuxa existencia parece estar chegando ao seu ocaso.

A protagonista comeza unha impulsiva e improvisada viaxe na cal descubri-rá novas tribus e personaxes que lle axudarán a comprender mellor a súa identidade e a súa función dentro e fóra da súa comunidade.

EL DIARIo NARANjA DE CARLotA (LIbRo)

“La gente que emigra puede tener una cultura pa-recida o muy diferente de la del país que elige para establecerse. Y esto provoca un choque tanto por un lado, las personas inmigrantes, como por el otro, las del país de acogida.”

Neste diario, Carlota plantéxase o tema dos dereitos humanos e a inmigración. Así, coa axuda e expe-riencia dalgúns compañeiros de orixes diferentes, decide escribir sobre esta temática.

Unha vez máis, Carlota neste novo diario, está deci-dida a recoller a máxima información posible para formar unha opinión propia.

CIUDAD LAbERINto (LIbRo DE poESIA; pREMIo DE poESIA pARA NENoS “CIUDAD DE oRIhUELA)

Se gozades da poesía sen dúbida “Ciudad laberinto” vai ser unha novidade refrescan-te para esta primavera. Esta obra de Pedro Mañas gañou o premio de poesía para nenos “Ciudad de Orihuela”.

Aquí vos deixamos un avance:“Como no hay trompeta,toca la bocinala furgoneta.Como no hay tambores,se escucha el rugidode los motores.

Como no hay violines,un señor taladralos adoquines…”

Page 20: Revista Dameuntoke número 6

20 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

CoNCURSo DE MoNoLoGoS EN LINGUA GALEGA “QUE ME DIS”

A Concellaría de Educación de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada Cortizas, da cal depende o Servizo de Normalización Lingüística, pon en marcha a 3ª edición do concurso de monólogos “Que me dis!!”.

Este concurso, que ten como obxectivo promover o emprego da lingua galega nas novas tecnoloxías entre a cidadanía, consiste na gravación de monólogos, tanto en formato vídeo coma audio, que serán colgados na páxina web do concello. As únicas condicións son que estean realiza-dos na nosa lingua e en clave humorística.

Os premios aos que podedes optar son unha tablet, un netbook e un smartphone.

Animámosvos a todos e todas a que vos acheguedes ás novas tecnoloxías para presentar as vosas propostas. E non vos preocupedes porque estamos á vosa dis-posición para explicarvos como mandalas a través da web.

Podedes realizar as vosas consultas no teléfono 981337700 ext 1516 ou 607223794; ou ben consultalo nas bases do concurso na propia web do Concello de Narón (www.concellodenaron.com)

Achegate a biblioteca Municipal de NaronA biblioteca Pública Municipal de Narón atópase na rúa 25 de xullo, s/n, moi preto da Casa do Concello.Ofrécenos os servizos de lectura en sala, préstamo a domicilio, actividades culturais, acceso á Internet e conta cunha sección específica de literatura infantil e xuvenil.O seu horario é de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas.Tamén está aberta os sábados en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Amigos e amigas de Dameuntoke anímovos a que descubrades novos mundos da man dos libros.

O seu horario é de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas.Tamén está aberta os sábados en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Tamén podedes contactar cos responsables a través da web http://biblioteca.naron.es e os teléfonos 981 38 21 73 / 981 38 68 00

Page 21: Revista Dameuntoke número 6

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 21

As asociacións serven para defender dunha forma organizada os nosos dereitos, dar a coñecer unha actividade ou afección, contar cun espazo de reunión, organizar actividades e viaxes ou poñer en valor determinadas cues-tións que consideramos primordiais.

Sobran ideas, sobran motivos: asociate!ASoCIARSE tEN AS VANtAxES DE tER ALGo EN CoMUN, ALGo QUE UNhA pERSoA SoA tERIA DIfICIL CoNSEGUIR; ApoIADA poR oUtRAS, poDE ACADALo E CoNSERVALo.

Seguro que tés máis dunha afección que compar-tes coas túas amigas e amigos e en máis dunha ocasión te decataches das dificultades coas que nos atopamos para póla en valor, que sexa recoñecida e mesmo para que che boten unha man na realización de diferentes actividades.

Se vos atopades nesta situación, crear una asociación con entidade xurídica axudaravos a organizarvos me-llor e ter unha maior visibilidade.

Loxicamente non é o mesmo pedir de xeito individual a unha administración a mellora dunhas instalacións culturais ou deportiva que facelo como colectivo. A nosa forza é maior.

Este exemplo repítese para moitas outras actividades que se nos poidan pasar pola cabeza como ter una espazo público para reunirnos, realizar viaxes, orga-nizar actividades no noso municipio, compartir expe-riencias …

En Dameuntoke animámosvos a que rompades co individualismo e vos organicedes.

De acordo, pareceme interesante. Que pasos debo realizar?

Evidentemente para crear unha asociación, á parte dun grupo de persoas, é preciso ter unha finalidade común. Esta pode ser de tipo lúdico como organizar

Page 22: Revista Dameuntoke número 6

22 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

xuntas ou festas de barrio, agruparse en torno a unha afección común, de carácter reivindicativo …

Unha vez que temos clara a nosa finalidade e como nos imos organizar, debemos elaborar uns estatutos. Os estatutos dunha asociación serven para definir o funcionamento da mesma, a finalidade, as formas de reunión, o campo de traballo que queremos desen-volver …

Os datos básicos que todos os estatutos dunha asocia-ción deben ter son:

Nome da asociación e como se define Domicilio social Fins Ámbito territorial Órganos de goberno Condicións dos socios, admisións, perda, derei-

tos e deberes Financiamento e disolución

Outro dato importante na creación dunha asociación é a data da creación da mesma. Temos cinco días para facer os trámites de inscrición da asociación dende a data que figure na acta de constitución.

Que documentacion teno que presentar?

Unha vez que xa nos dispoñemos a crear a asociación non debemos esquecernos de presentar toda a docu-mentación necesaria. Os documentos que nos van a solicitar son:

1. Copias por triplicado dos estatutos da asociación e da acta de constitución. Estes documentos deben ser asinados en todas as súas follas polos membros da asociación.

*A acta de constitución é un documento que acom-paña aos estatutos onde se indica que nunha data sinalada e lugar os membros da asociación deciden crear a mesma.

2. Cubrir a instancia correspondente para entregar no rexistro oportuno en función do ámbito da aso-

ciación. Se somos unha asociación de ámbito local, provincial ou galego debemos remitir a instancia ao Rexistro Autonómico de Asociacións.

No caso de asociación con ámbito de actuación estatal deberemos remitila ao Ministerio de Interior.

3.Para finalizar o proceso debemos pagar unha pe-quena taxa que varia entre os 6-10 euros.

Unha vez remitida a documentación no prazo dun mes recibiremos no domicilio social da asociación os estatutos e a acta de constitución selados polas auto-ridades correspondentes, así como a certificación co número de inscrición no rexistro correspondente.

Xa temos a nosa asociación!

Uns pequenos consellos

Agora que xa temos constituída a nosa asociación hai uns pequenos consellos que nos axudarán a levar unha xestión adecuada da mesma. Aquí van:

1. Debemos ter en conta a alta fiscal. Nos trinta días seguinte á data de inscrición da asociación é indispensable para o seu funcionamento, á hora de solicitar facturas por gastos efectuados ou á hora de facturar por algunha actividade realizada, contar co CIF ou Código de Identificación Fiscal.

Esta solicitude realízase en Facenda onde debemos cubrir un impreso denominado “Modelo 037” acom-pañado da fotocopia dos estatutos legalizados e foto-copia do D.N.I. do presidente da asociación.

2. Exención do I.V.E. Se somos unha asociación sen ánimo de lucro podemos solicitar a exención do I.V.E. cando solicitamos a nosa alta fiscal.

Page 23: Revista Dameuntoke número 6

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 23

3. Darnos a coñecer diante das administracións. Recomendámosvos que vos deades a coñecer solici-tando reunións no voso ámbito máis próximo, é di-cir, no voso Concello. Os representantes do mesmo seguro que farán un esforzo por sacar adiante novas iniciativas.

Ademais na Casa do Concello contades coa OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) onde vos poderán asesorar para participar activamente en iniciativas locais, galegas ou mesmo internacionais de intercambio con outras asociacións.

Coneces as asociacions que participan acti-vamente en Naron?

En Narón existen diferentes asociacións que no seu día a día realizan multitude de actividades.

Neste artigo de Dameuntoke gustaríanos recoñecer o traballo que durante anos leva realizando o Grupo de Traballo Veciñal de Sedes na defensa da Escola Rural de Sedes.

Entre as súas iniciativas destaca a defensa do dereito a manter de maneira estable a escola como garantía dos servizos educativos de proximidade no medio rural. O grupo de traballo que naceu entre os anos 2008-2009 foi explicando a importancia da escola para unha comunidade rural e conseguiu que a Xun-ta de Galicia reabrira esta escola.

Actualmente este proxecto está en perigo polos recor-tes que a administración autonómica está a realizar na educación. En paralelo, os nosos amigos e amigas de Sedes seguen loitando polo que consideran xusto e equitativo. INfoRMAtE

A OMIX do Concello de Narón informarate polo miúdo sobre as dúbidas que teñas para crear unha asociación.

No concello de Narón hai un rexistro de asocia-cións no que podes inscribirte e desa maneira optar ás subvencións municipais para actividades que se convocan todos os anos.

Podes visitarnos na Casa do Concello no primeiro andar ou chamar ao teléfono 981 337 700 extensión 1103.

Page 24: Revista Dameuntoke número 6

24 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

As actividades que mais che gustanEStEN Ao tANto! EN NARoN oRGANIzAMoS DIfERENtES ACtIVIDADES ExtRAESCoLARES MUNICIpAIS CoMo o obRADoIRo “ExpRESAtE Co GRAffItI” E o obRADoIRo “fACENDo MUSICA xUNtoS”. NoVIDADES fRESCAS No AMbIto EDUCAtIVo.

Neste curso 2011-2012 e no marco do programa de actividades extraescolares municipais “PROMEDEX” contamos con dúas actividades novidosas dirixidas a ti. Trátase de dous obradoiros orientados a mozos e mozas de entre 12 e 17 anos con novos contidos e plantexamentos.

Os dous cursos rematan no mes de maio e estanse a impartir en horario de tarde na Casa da Mocidade da Gándara. O éxito que están a ter lévanos a pen-sar en realizar novas edición, así que, non perdas a oportunidade de inscribirte . O único requisito para participar neste programa é estar matriculado nun centro educativo público de Narón cursando ESO ou bacharelato.

Page 25: Revista Dameuntoke número 6

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 25

En que consisten?

O obradoiro “Exprésate co Graffiti” pro-ponse como un obradoiro lúdico-educati-vo no que se traballan diversas temáticas de interese social para a xuventude, ao tempo que se adquirirán coñecementos sobre o mundo e as técnicas do graffiti como soporte e medio de reflexión, ex-presión, reivindicación e participación social.

O obradoiro “Facendo música xuntos” proponse como un obradoiro de inicia-ción á música polifónica no que se tratará de achegar aos mozos/as no mundo da música coral mediante o adestramento musical a través de melodías de música pop, rock dunha maneira amena e par-ticipativa, empregando a música e a voz como ferramentas de expresión crítica e de comunicación.

Embelecemos a nosa cidade, arte na rua

Tamén! Aproveitando a realización destas dúas activi-dades xorden grupos de graffiteiras e graffiteiros que nos axuden a embelecer a cidade de Narón e combos musicais de voces que combinados cos instrumentos da Escola de Música Moderna poñerán banda sonora ás tardes de primavera e verán en Narón.

INfoRMACIoN

OMIX de Narón , no correo [email protected] ou no teléfono 981337700 ext 1103

Page 26: Revista Dameuntoke número 6

26 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

O 31 de marzo comezou o programa municipal de educación medioambiental “Corredoira Verde Acti-va 2012” composto por 10 roteiros de sendeirismo por diferentes zonas da comarca a realizar durante os sábados dos meses de abril, maio e xuño…

O concello de Narón forma parte

da rede de concellos que colabora

co Fondo Galego de Cooperación e

Solidariedade, entidade creada en

1997 para a loita polo desenvolve-

mento dos países máis defavoreci-

dos a través das súas campañas de

cooperación e axuda….

Dentro do programa socioeducativo “Bibloespazo”

promóvense exposicións de artistas novos de Narón

que poden mostrar a súa obra artística previa solici-

tude na OMIX ou na propia biblioteca….

Na programación teatral do Padroado da Cultura obterás un desconto no teu billete se presentas o carné xove ou de estudante….

Na páxina web www.turnaron.es poderás infor-

marte de todas as novidades turísticas e festivas

relativas ao noso concello..

Se es amante da natureza

e do sendeirismo, na web

www.rioxuvia.naron.es

poderás descargar itine-

rarios e información desta

área natural de incompa-

rable beleza…

O 16 de xuño terá lugar unha

nova edición do Encontro

Local de Mocidade que

reúne todos os anos a máis

de 300 mozos/as de Narón

que amosan a través desta

inciativas as súas afeccións e

intereses…

Dameuntoke conta

cun facebook que

podes agregar para

informarte de pri-

meira man das novas

que van xurdindo…

Sabías que...

(mes de abril)

Page 27: Revista Dameuntoke número 6

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 27

Page 28: Revista Dameuntoke número 6

www.DAMEUNtokE.ES

AMIGAS E AMIGoS RESERVADE o 16 DE

xUNo pARA o ENCoNtRo DA MoCIDADE 2012.

VEMoNoS No pAVILLoN DA CASA DA MoCIDADE

DE NARoN.

pARtICIpAREDES EN MoItAS ACtIVIDADES!