Punto Forestal 3 Gal

4
NTO L PUNTO FORESTAL BREVE HISTORIA DA INDUSTRIA FORESTAL EN GALICIA Nº 3 ABRIL 09 Riqueza en Madeira na Idade Media (s. XIII-XIV) Na Idade Media a riqueza forestal de Galicia era notable. O Códice Calixtino (século XII) destaca que a “tierra de los gallegos (...) abunda en bosques”. Está amplamente documentada a importancia da venda de madeira como fonte de ingresos das familias campesiñas, sobre todo en épocas de malas colleitas. A madeira empregábase como material de construción de vivendas e embarcacións, como calzado, para a realización de múltiples aparellos e utensilios de traballo, e tamén para realizar os enseres que compoñían o patrimonio de familias campesiñas ou mariñeiras. Nas cortes de Valladolid de 1351 establécense privilexios para que Galicia e Asturias puidesen exportar libremente madeira. Non entanto, xa desde finais do século XIII algúns portos da Coruña como Santa Marta de Ortigueira estaban exentos de pagar dezmos da mar pola madeira que vendesen ao estranxeiro. A venda de madeira ao exterior adoitábase facer coas pezas xa desbastadas e serradas e máis ou menos listas para usar como vigas, puntóns, tirantes, etc. N O 3 Ao longo dos séculos a madeira tivo un papel primordial no desenvolvemento da humanidade. A ninguén se lle escapa a especial relevancia que tiveron os bosques en España e en especial para Galicia. Non entanto, se algo define a evolución das paisaxes forestais galegas é a desaparición progresiva da cuberta arbórea. Desde o século XIII a madeira converteuse nunha das principais protagonistas da historia de Galicia en sectores como o naval, na construción de novas cidades, no crecemento do tecido empresarial e favorecemento do exemplo. A proba máis refutable é a consolidación do século XXI como o século da madeira.

Transcript of Punto Forestal 3 Gal

Page 1: Punto Forestal 3 Gal

45678

PUNTO

FORESTAL

PUNTOFORESTAL

BOLETÍN INFORMATIVO DO SECTOR DA MADEIRA DE GALICIAEditado polas asociacións Fearmaga e Monte Industria en convenio coa Consellería do Medio RuralConsello de redacción: Ana Orons, Juan PicosFotografía: arquivo Fearmaga, Monte Industria e CMATeléfonos de contacto: 981 56 83 90 e 981 58 43 72

BREVE HISTORIA DA INDUSTRIA FORESTAL EN GALICIA

Nº 3 abril 09

Riqueza en Madeira na Idade Media (s. XIII-XIV)

Na Idade Media a riqueza forestal de Galicia era notable. O Códice Calixtino (século XII) destaca que a “tierra de los gallegos (...) abunda en bosques”. Está amplamente documentada a importancia da venda de madeira como fonte de ingresos das familias campesiñas, sobre todo en épocas de malas colleitas. A madeira empregábase como material de construción de vivendas e embarcacións, como calzado, para a realización de múltiples aparellos e utensilios de traballo, e tamén para realizar os enseres que compoñían o patrimonio de familias campesiñas ou mariñeiras.

Nas cortes de Valladolid de 1351 establécense privilexios para que Galicia e Asturias puidesen exportar libremente madeira. Non entanto, xa desde finais do século XIII algúns portos da Coruña como Santa Marta de Ortigueira estaban exentos de pagar dezmos da mar pola madeira que vendesen ao estranxeiro. A venda de madeira ao exterior adoitábase facer coas pezas xa desbastadas e serradas e máis ou menos listas para usar como vigas, puntóns, tirantes, etc.

A PRIMEIRA EDICIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO “O MONTE É A NOSA VIDA” RECIBE CASE 300 IMAXES

Un total de 270 imaxes do monte galego inscribíronse na I Edición do Concurso fotográfico “O monte é a nosa vida” desde que se realizase a convocatoria o pasado mes de xuño e finalizase o prazo o 30 de setembro. Durante estes catro meses, o portal do concurso habilitado en internet para as fotografías recibiu imaxes representativas do monte e a paisaxe autóctona galega das catro provincias.A imaxe gañadora segundo a votación do xurado correspóndese cun bosque de piñeiro na provincia de Pontevedra no Monte Galiñeiro. O segundo premio é para unha imaxe obtida na Aldea da Cova (O Saviñao-Lugo). Para rematar, o xurado elixiu como terceira imaxe premiada, unha fotografía realizada en Vilabade

no Concello de Castroverde (Lugo). Ademais destes tres premios, o xurado decidiu outorgar sete accesits a outras instantáneas pola súa representatividade.As asociacións Fearmaga, Monte Industria e Cluster da Madeira de Galicia foron as promotoras deste concurso que tiña como obxectivo premiar as imaxes que mellor reflectisen a importancia do monte para Galicia. O xurado estivo formado polo Director Xeral de Montes, Alberte Branco; o Decano Autonómico do Colexio de Enxeñeiros de Montes, Guillermo Acebal; Xermán Estévez, Presidente da Fundación Xermán Estévez para a Conservación da Natureza e Elena Fabeiro da Fundación María Martínez Otero. A organización do concurso destacou a alta participación obtida nesta primeira edición e remarcou a calidade das imaxes inscritas que se poden ver en:

www.flickr.com/groups/omonteeanosavida.

RECOÑECEMENTO EUROPEO

A campaña “O Monte é a nosa vida” foi finalista nos premios europeos Excellence Awards 2008 que se entregaron en Budapest, o pasado mes de decembro. Estes premios son un recoñecemento para as mellores campañas de comunicación de toda Europa. Entre outras, “O monte é a nosa vida” competía coa industria forestal sueca cunha campaña sobre o cambio climático. Este é o segundo recoñecemento que recibe a campaña. As empresas de comunicación españolas concederon á campaña un segundo premio nos ADECE 2008.

O MONTE É A NOSA VIDA

NO 3Ao longo dos séculos a madeira tivo un papel primordial no desenvolvemento da humanidade. A ninguén se lle escapa a especial relevancia que tiveron os bosques en España e en especial para Galicia. Non entanto, se algo define a evolución das paisaxes forestais galegas é a desaparición progresiva da cuberta arbórea. Desde o século XIII a madeira converteuse nunha das principais protagonistas da historia de Galicia en sectores como o naval, na construción de novas cidades, no crecemento do tecido empresarial e favorecemento do exemplo. A proba máis refutable é a consolidación do século XXI como o século da madeira.

O concurso de fotografía é unha iniciativa máis da campaña de sensibilización “O monte é a nosa vida, axúdanos a coidalo” que pretende poñer en valor o monte galego dende tres perspectivas: económica, social e medioambiental.

A resolución do concurso realizase no marco da Semana Forestal Europea, declarada polos ministros responsables dos bosques de 46 países europeos, para reivindicar o papel dos bosques no continente, para mitigar o cambio climático, garantir o suministro de madeira e enerxías renovables, e protexer o medio ambiente.

Primeiro Premio. (Monte Galiñeiro-Pontevedra)

Segundo premio. (Aldea de A Cova-O Saviñao-Lugo)

Terceiro Premio. (Vilabade-Castroverde-Lugo)

Newsletter 3 GALEGO.indd 1 31/3/09 12:11:57

Page 2: Punto Forestal 3 Gal

45678

PUNTO

FORESTAL

BREVE HISTORIA DAINDUSTRIA FORESTAL EN GALICIA

A construción naval, tanto civil (para pesca),

como militar nos estaleiros que a coroa

posuía ao Noroeste da Península Ibérica

supuxeron o desenvolvemento da actividade

madeireira e o aproveitamento e consumo de

inxentes cantidades de madeira.

Está documentada a mediados do século

XVI a actividade dos “fragueros” na zona de

Viveiro, responsables da curta de madeira

en fragas comunais, terras de señores ou de

campesinos, e de levala ata ao embarcadoiro

onde era preparada para a contrución naval

ou para ser embarcada.

Na Descrición do Reino de Galicia,

Bartolomé Sagrario de Molina (século XVI)

refire na descrición de lugares como Noia,

Pontedeume, Santa Marta (Ortigueira) ou

Santiago de Foz que son “comarca de

madera ideal para navíos” ou que “es tierra de

mucha madera y fuste para ellos [barcos]”.

Unha das primeiras definicións da

Silvicultura da que se ten noticia fai

referencia a Galicia. Nunha carta enviada

ao Rei Felipe II en 1574 polo rexente e

os alcaldes maiores de Galicia explícase

que as masas arboradas en terras

particulares non eran “brauas sino que

se ponen y plantan y cultivan y que en

dichas arboleadas hay muchas diferencias

de madera” y que “dhas arboledas

crian en heredades propias limitadas

y amojonadas como si fusen huertas

o viñas y las benefician curándolas y

labrándolas y cortando de ellas de tantos

en tantos años muy amenudo porque la

tierra es de tal calidad que quanto mas

se cortare, tanto mas naçe y crece y es

tanta la arboleda que produce que tiene

necesidad de yrla entresacando todos los

años”.

A importancia da madeira na construción

das novas cidades de Galicia ilústrase coa

prohibición en 1609 de almacenar palla

dentro das vivendas de Pontevedra para

evitar incendios “por ser como eran todas

las casas de tabla”, as cales se manteñen

na actualidade.

O aproveitamento madeireiro supoñía

tamén unha fonte moi importante de

actividade no rural galego. En 1719, no

informe, a petición do rei, que realiza

o francés Seauoir sobre os montes de

Galicia, menciónase que para os traballos

de curta e transporte de madeira había

2.009 obreiros, 765 carros e 1.222 pares

de bois.

SéCULO XXI,

O SéCULO DA

mADEIRA

O século XXI é o século

da madeira para Galicia.

Actualmente (1996 III IFN),

a superficie forestal ocupa

unha extensión total de

2.039.574 hectáreas, das

que máis de 1.400.000 son

de superficie arborada.

O sector forestal de 1ª

e 2ª transformación está

composto por 3.576

empresas. En 2008,

a facturación destas

empresas foi de 2.259

millóns de euros dando

emprego a máis de 26.000

persoas, e representando o

3,5% do PIB galego.

A finais do século XIX, prodúcese o proceso

de mecanización do serrío o que provoca

un maior crecemento do sector. A industria

pesqueiro-conserveira e as froitas contribuíron ao

desenvolvemento do sector. A industria de elaboración

de tablilla naceu surtindo de envases ás uvas pasas de

Andalucía e a salazón e conservas galegas.

Durante o primeiro terzo do século XIX estenderanse

por toda Galicia os serradoiros mecánicos con

especial relevancia no sur da provincia de Pontevedra

e na área coruñesa que vai de Ponteceso a Ferrol.

Galicia sitúase como a primeira rexión española

produtora de tablilla.

O alza continuada dos prezos da madeira, entre

1890 e 1920, supón un incremento, por parte de

campesiños, a sementa de Piñeiro do País (Pinus

pinaster) xunto á do toxo. Como un paso máis no

axuste dun sistema agrario que adopta a silvicultura

de especies de curto ciclo vexetativo. O fomento

e divulgación da repoboación forestal e os seus

beneficios realizado polo Estado nos dous primeiros

decenios do século XX atopará, en Galicia, un gran

eco no movemento agrarista.

Tamén os primeiros anos do século XX, supoñen a

aparición en Galicia do sector dos taboleiros cos

comezos industriais da fabricación de contrachapado.

A posición neutral de España na I Guerra Mundial

beneficiou ao sector da madeira en Galicia. O cese

das importacións produciu un incremento dos prezos

e en especial para os transformadores de piñeiro aos

que se dedicaba na súa práctica totalidade a industria

serradoira galega. Outra proba foi o incremento dos

serradoiros xa que se pasou de 144 a máis de 300

nos anos 30.

AUXE DA CONSTRUCIóN

NAVAL (S. XVI)

mADEIRA NA

CONSTRUCIóN NAS

NOVAS CIDADES

(S. XVI-XVIII)

mUíñOS DE PAPEL

(S. XVIII-XIX)

PROLIFERACIóN DOS SERRADOIROS mECáNICOS

(S. XIX-XX)

APARICIóN DO PROCESO

INDUSTRIAL (S. XX)

Durante a primeira metade do século

XVIII instálanse na contorna de Santiago

de Compostela (Neda e Laraño) os dous

primeiros muíños papeleiros de man

de técnicos xenoveses. A evolución da

industria papeleira tivo lugar na primeira

metade do século XIX coa introdución

do papel continuo en lugar de elaborar

as follas dunha nunha. As fábricas de

papel A Concepción (Caldas de Reis) e

A Cristina (Vigo) traballaron desde 1862

ata a súa desaparición a finais do XIX.

Na década de 1850, a madeira vai ser

un dos produtos que se sumen á subida

xeneralizada dos prezos, o que anima a

súa comercialización, xa que a madeira

podía ser unha alternativa a considerar,

deixando marxe para arrendar a

explotación de esquilmes e pastos baixo

o arborado.

Aínda que se carece de estatísticas que poidan

testar a extensión do fenómeno repoboador

no primeiro cuarto de século, o seu avance

parece innegable, proceso que ao parecer

foi máis intenso logo da Guerra Civil como

consecuencia, entre outros factores, da

creación do Patrimonio Forestal do Estado

(PFE) en marzo de 1941. En 1959 a superficie

arborada situábase en 888.216 hectáreas das

que un 21% correspondían á repoboación

realizada polo Estado e un 79% á realizada por

particulares.

No ano 1957 establécese a factoría ENCE

en Pontevedra para producir pasta de

papel a partir de piñeiro. A finais dos 80

reconvertiuse para producir exclusivamente

pasta de eucalipto e a mediados dos 90

implanta o branqueo libre de cloro, producindo

actualmente unha das pastas de maior calidade

e demanda no mercado.

En 1958 instalouse en Galicia a primeira

empresa dedicada á fabricación de

aglomerado. Tafisa, con capital hispano-

sueco chegou a Pontevedra para fabricar o

denominado “tablex”. En 1965, Finsa, empresa

orixinada en 1931 como serradoiro, puxo en

marcha a primeira liña de taboleiro aglomerado

en Padrón e seis anos máis tarde unha

segunda en Santiago de Compostela onde

se ubica desde entón a sé da empresa. Estas

iniciativas serviron de exemplo para outras

empresas como Tablicia ou Unemsa. En 1980

en Padrón, Finsa instala a primeira liña de MDF

en Galicia e a terceira en Europa.

Newsletter 3 GALEGO.indd 2 31/3/09 12:12:30

Page 3: Punto Forestal 3 Gal

45678

PUNTO

FORESTAL

BREVE HISTORIA DAINDUSTRIA FORESTAL EN GALICIA

A construción naval, tanto civil (para pesca),

como militar nos estaleiros que a coroa

posuía ao Noroeste da Península Ibérica

supuxeron o desenvolvemento da actividade

madeireira e o aproveitamento e consumo de

inxentes cantidades de madeira.

Está documentada a mediados do século

XVI a actividade dos “fragueros” na zona de

Viveiro, responsables da curta de madeira

en fragas comunais, terras de señores ou de

campesinos, e de levala ata ao embarcadoiro

onde era preparada para a contrución naval

ou para ser embarcada.

Na Descrición do Reino de Galicia,

Bartolomé Sagrario de Molina (século XVI)

refire na descrición de lugares como Noia,

Pontedeume, Santa Marta (Ortigueira) ou

Santiago de Foz que son “comarca de

madera ideal para navíos” ou que “es tierra de

mucha madera y fuste para ellos [barcos]”.

Unha das primeiras definicións da

Silvicultura da que se ten noticia fai

referencia a Galicia. Nunha carta enviada

ao Rei Felipe II en 1574 polo rexente e

os alcaldes maiores de Galicia explícase

que as masas arboradas en terras

particulares non eran “brauas sino que

se ponen y plantan y cultivan y que en

dichas arboleadas hay muchas diferencias

de madera” y que “dhas arboledas

crian en heredades propias limitadas

y amojonadas como si fusen huertas

o viñas y las benefician curándolas y

labrándolas y cortando de ellas de tantos

en tantos años muy amenudo porque la

tierra es de tal calidad que quanto mas

se cortare, tanto mas naçe y crece y es

tanta la arboleda que produce que tiene

necesidad de yrla entresacando todos los

años”.

A importancia da madeira na construción

das novas cidades de Galicia ilústrase coa

prohibición en 1609 de almacenar palla

dentro das vivendas de Pontevedra para

evitar incendios “por ser como eran todas

las casas de tabla”, as cales se manteñen

na actualidade.

O aproveitamento madeireiro supoñía

tamén unha fonte moi importante de

actividade no rural galego. En 1719, no

informe, a petición do rei, que realiza

o francés Seauoir sobre os montes de

Galicia, menciónase que para os traballos

de curta e transporte de madeira había

2.009 obreiros, 765 carros e 1.222 pares

de bois.

SéCULO XXI,

O SéCULO DA

mADEIRA

O século XXI é o século

da madeira para Galicia.

Actualmente (1996 III IFN),

a superficie forestal ocupa

unha extensión total de

2.039.574 hectáreas, das

que máis de 1.400.000 son

de superficie arborada.

O sector forestal de 1ª

e 2ª transformación está

composto por 3.576

empresas. En 2008,

a facturación destas

empresas foi de 2.259

millóns de euros dando

emprego a máis de 26.000

persoas, e representando o

3,5% do PIB galego.

A finais do século XIX, prodúcese o proceso

de mecanización do serrío o que provoca

un maior crecemento do sector. A industria

pesqueiro-conserveira e as froitas contribuíron ao

desenvolvemento do sector. A industria de elaboración

de tablilla naceu surtindo de envases ás uvas pasas de

Andalucía e a salazón e conservas galegas.

Durante o primeiro terzo do século XIX estenderanse

por toda Galicia os serradoiros mecánicos con

especial relevancia no sur da provincia de Pontevedra

e na área coruñesa que vai de Ponteceso a Ferrol.

Galicia sitúase como a primeira rexión española

produtora de tablilla.

O alza continuada dos prezos da madeira, entre

1890 e 1920, supón un incremento, por parte de

campesiños, a sementa de Piñeiro do País (Pinus

pinaster) xunto á do toxo. Como un paso máis no

axuste dun sistema agrario que adopta a silvicultura

de especies de curto ciclo vexetativo. O fomento

e divulgación da repoboación forestal e os seus

beneficios realizado polo Estado nos dous primeiros

decenios do século XX atopará, en Galicia, un gran

eco no movemento agrarista.

Tamén os primeiros anos do século XX, supoñen a

aparición en Galicia do sector dos taboleiros cos

comezos industriais da fabricación de contrachapado.

A posición neutral de España na I Guerra Mundial

beneficiou ao sector da madeira en Galicia. O cese

das importacións produciu un incremento dos prezos

e en especial para os transformadores de piñeiro aos

que se dedicaba na súa práctica totalidade a industria

serradoira galega. Outra proba foi o incremento dos

serradoiros xa que se pasou de 144 a máis de 300

nos anos 30.

AUXE DA CONSTRUCIóN

NAVAL (S. XVI)

mADEIRA NA

CONSTRUCIóN NAS

NOVAS CIDADES

(S. XVI-XVIII)

mUíñOS DE PAPEL

(S. XVIII-XIX)

PROLIFERACIóN DOS SERRADOIROS mECáNICOS

(S. XIX-XX)

APARICIóN DO PROCESO

INDUSTRIAL (S. XX)

Durante a primeira metade do século

XVIII instálanse na contorna de Santiago

de Compostela (Neda e Laraño) os dous

primeiros muíños papeleiros de man

de técnicos xenoveses. A evolución da

industria papeleira tivo lugar na primeira

metade do século XIX coa introdución

do papel continuo en lugar de elaborar

as follas dunha nunha. As fábricas de

papel A Concepción (Caldas de Reis) e

A Cristina (Vigo) traballaron desde 1862

ata a súa desaparición a finais do XIX.

Na década de 1850, a madeira vai ser

un dos produtos que se sumen á subida

xeneralizada dos prezos, o que anima a

súa comercialización, xa que a madeira

podía ser unha alternativa a considerar,

deixando marxe para arrendar a

explotación de esquilmes e pastos baixo

o arborado.

Aínda que se carece de estatísticas que poidan

testar a extensión do fenómeno repoboador

no primeiro cuarto de século, o seu avance

parece innegable, proceso que ao parecer

foi máis intenso logo da Guerra Civil como

consecuencia, entre outros factores, da

creación do Patrimonio Forestal do Estado

(PFE) en marzo de 1941. En 1959 a superficie

arborada situábase en 888.216 hectáreas das

que un 21% correspondían á repoboación

realizada polo Estado e un 79% á realizada por

particulares.

No ano 1957 establécese a factoría ENCE

en Pontevedra para producir pasta de

papel a partir de piñeiro. A finais dos 80

reconvertiuse para producir exclusivamente

pasta de eucalipto e a mediados dos 90

implanta o branqueo libre de cloro, producindo

actualmente unha das pastas de maior calidade

e demanda no mercado.

En 1958 instalouse en Galicia a primeira

empresa dedicada á fabricación de

aglomerado. Tafisa, con capital hispano-

sueco chegou a Pontevedra para fabricar o

denominado “tablex”. En 1965, Finsa, empresa

orixinada en 1931 como serradoiro, puxo en

marcha a primeira liña de taboleiro aglomerado

en Padrón e seis anos máis tarde unha

segunda en Santiago de Compostela onde

se ubica desde entón a sé da empresa. Estas

iniciativas serviron de exemplo para outras

empresas como Tablicia ou Unemsa. En 1980

en Padrón, Finsa instala a primeira liña de MDF

en Galicia e a terceira en Europa.

Newsletter 3 GALEGO.indd 2 31/3/09 12:12:30

Page 4: Punto Forestal 3 Gal

45678

PUNTO

FORESTAL

PUNTOFORESTAL

BOLETÍN INFORMATIVO DEL SECTOR DE LA MADERA DE GALICIAEditado por las asociaciones Fearmaga y Monte Industria en convenio con la Consellería do Medio RuralConsejo de redacción: Ana Orons, Juan PicosFotografía: archivo Fearmaga, Monte Industria y CMATeléfonos de contacto: 981 56 83 90 y 981 58 43 72

BREVE HISTORIA DE LA INDUSTRIA FORESTAL EN GALICIA

Nº 3 abril 09

Riqueza en Madera en la Edad Media (s. XIII-XIV)

En la Edad Media la riqueza forestal de Galicia era notable. El Códice Calixtino (siglo XII) destaca que la “tierra de los gallegos (...) abunda en bosques”. Está ampliamente documentada la importancia de la venta de madera como fuente de ingresos de las familias campesinas, sobre todo en épocas de malas cosechas. La madera se empleaba como material de construcción de viviendas y embarcaciones, como calzado, para la realización de múltiples aparejos y utensilios de trabajo, y también para realizar los enseres que componían el ajuar de familias campesinas o marineras.

En las cortes de Valladolid de 1351 se establecen privilegios para que Galicia y Asturias pudieran exportar libremente madera. No obstante, ya desde finales del siglo XIII algunos puertos de A Coruña como Santa Marta de Ortigueira estaban exentos de pagar diezmos de la mar por la madera que vendiesen al extranjero. La venta de madera al exterior se solía hacer con las piezas ya desbastadas y aserradas y más o menos listas para usar como vigas, puntones, tirantes, etc.

LA PRIMERA EDICIÓN DEL CONCURSO FOTOGRÁFICO “O MONTE É A NOSA VIDA” RECIBE CASI 300 IMÁGENES

Un total de 270 imágenes del monte gallego se inscribieron en la I Edición del Concurso fotográfico “O monte é a nosa vida” desde que se realizara la convocatoria el pasado mes de junio y finalizase el plazo el 30 de septiembre. Durante estos cuatro meses, el portal del concurso habilitado en internet para las fotografías recibió imágenes representativas del monte y el paisaje autóctono gallego de las cuatro provincias.La imagen ganadora según la votación del jurado se corresponde con un bosque de pino en la provincia de Pontevedra en el Monte Galiñeiro. El segundo premio es para una imagen obtenida en la Aldea de A Cova (O Saviñao-Lugo). Por último, el jurado eligió como tercera imagen

premiada, una fotografía realizada en Vilabade en el Concello de Castroverde (Lugo). Además de estos tres premios, el jurado ha decidido otorgar siete accesits a otras instantáneas por su representatividad.Las asociaciones Fearmaga, Monte Industria y Cluster da Madeira de Galicia fueron las promotoras de este concurso que tenía como objetivo premiar las imágenes que mejor reflejasen la importancia del monte para Galicia. El jurado estuvo formado por el Director Xeral de Montes, Alberte Blanco; el Decano Autonómico del Colegio de Ingenieros de Montes, Guillermo Acebal; Xermán Estévez, Presidente de la Fundación Xermán Estévez para a Conservación da Natureza y Elena Fabeiro de la Fundación María Martínez Otero. La organización del concurso alabó la alta participación obtenida en esta primera edición y destacó la calidad de las imágenes inscritas que se pueden ver en:

www.flickr.com/groups/omonteeanosavida

RECONOCIMIENTO EUROPEO

La campaña “O Monte é a nosa vida” fue finalista en los premios europeos Excellence Awards 2008 que se entregaron en Budapest, el pasado mes de diciembre. Estos premios son un reconocimiento para las mejores campañas de comunicación de toda Europa. Entre otras, ”O monte é a nosa vida” competía con la industria forestal sueca con una campaña sobre el cambio climático. Este es el segundo reconocimiento que recibe la campaña. Las empresas de comunicación españolas concedieron a la campaña un segundo premio en los ADECE 2008.

“O MONTE É A NOSA VIDA”

NO 3A lo largo de los siglos la madera ha tenido un papel primordial en el desarrollo de la humanidad. A nadie se le escapa la especial relevancia que han tenido los bosques en España y en especial para Galicia. No obstante, si algo define la evolución de los paisajes forestales gallegos es la desaparición progresiva de la cubierta arbórea. Desde el siglo XIII la madera se ha convertido en una de las principales protagonisttas de las hitoria de Galicia en sectores como el naval, en la construcción de nuevas ciudades, en el crecimiento del tejido empresarial y favorecimiento del ejemplo. La prueba más refutable es la consolidación del siglo XXI como el siglo de la madera.

El concurso de fotografía es una iniciativa más de la campaña de sensibilización “O monte é a nosa vida, axúdanos a coidalo” que pretende poner en valor el monte gallego desde tres perspectivas: económica, social y medioambiental.

La resolución del concurso se realiza en el marco de la Semana Forestal Europea, declarada por los ministros responsables de los bosques de 46 países europeos, para reivindicar el papel de los bosques en el continente, para mitigar el cambio climático, garantizar el suministro de madera y energías renovables, y proteger el medio ambiente.

Primer Premio. (Monte Galiñeiro-Pontevedra)

Segundo premio. (Aldea de A Cova-O Saviñao-Lugo)

Tercer Premio. (Vilabade-Castroverde-Lugo)

Newsletter 3.indd 1 31/3/09 12:07:21