PRORAMA ORMA IO N MONITOR S NSA P RSOALxuventude.xunta.es/uploads/novas/2013/febreiro2013/... ·...

8
PROGRAMA DE FORMACIO N DE MONITORES DEFENSA PERSOAL FORMACIÓN DE MONITORES DA EWTO PROGRAMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE MONITORES DE WING TSUN , DEFENSA PERSOAL POR PARTE DA EUROPEAN WING TSUN ORGANIZATION. XUÑO 2013

Transcript of PRORAMA ORMA IO N MONITOR S NSA P RSOALxuventude.xunta.es/uploads/novas/2013/febreiro2013/... ·...

PROGRAMA DE FORMACIO N DE MONITORES DEFENSA PERSOAL FORMACIÓN DE MONITORES DA EWTO

PROGRAMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE MONITORES DE WING TSUN , DEFENSA

PERSOAL POR PARTE DA EUROPEAN WING TSUN ORGANIZATION.

XUÑO

2013

PROXECTO DE FORMACIÓN DE MONITORES EXPERTOS EN DEFENSA PERSOAL

EWTO: EUROPEAN WING TSUN ASOCIATION QUE SE ENCONTRA DENTRO DA IWTA

INTERNATIONAL WING TSUN ASOCIATION, CON REPRESENTACIÓN EN ESPAÑA DO 5ºGRADO

PRÁCTICO: SIFU STEFAN CRNKO, ABRE A SÚA NOVA ACADEMIA DE FORMACIÓN DE

MONITORES NO CENTRO NATURMAZ CONTANDO CUNHAS INSTALACIÓNS DEDICADAS A

FORMACIÓN DE MAIS DE 600 M2.

EWTO CONTA CON MAIS DE 30 ANOS DE EXPERIENCIA NA FORMACIÓN DE EXPERTOS E

ACTUALMENTE TEN MAIS DE 70.000 PRACTICANTES EN TODA EUROPA.

PRETENDEMOS LEVAR A CABO UN PROXECTO PIONEIRO NA FORMACIÓN DE MONITORES

CAPACITANDOS PARA EXERCER COMO MONITORES DE WING TSUN EN CALQUERA PARTE DE

EUROPA, SENDO O SEU TÍTULO VÁLIDO EN CALQUERA PUNTO DE EUROPA E

REPRESENTANDO A EWTO EN CALQUERA PARTE DO MUNDO.

WING TSUN- O ARTE MARCIAL CHINO

¿Qué e o Wing Tsun?

Wing Tsun non é un deporte de competición, senón que está especializado na defensa Persoal.

Conta a lenda que foi inventado por unha muller. Non se require forza ou movementos

acrobáticos para vencer o noso opoñente; en lugar diso úsase a forza do atacante e rediríxese

contra o mesmo.

WT non é violento: Os instrutores de Wing Tsun están en contra de calquera forma de

violencia. Wing Tsun é defensa persoal pura.

WT é intensivo e variado: A capacidade de defenderse consíguese a través dun adestramento

centrado e regular.

O núcleo fórmao unha técnica única e polifacética, da cal se pode aprender practicando

concentradamente. Movementos fluídos e velocidade repentina únense nun desenrolo de

movemento sistemático e coordinado. Fusiónanse nunha nova unidade vigorosa. O

aprendizaxe sistemático do Wing Tsun, aumenta a flexibilidade corporal e mental e fomenta a

perceptibilidade.

Wing Tsun está basado no potencial existente dos estudantes . Nin a forza nin a forma física

son requisito indispensable para o Wing Tsun, senón a disposición a aprender e a escoitar o

seu propio corpo, recoñecer os puntos fortes e úsalos.

Si se aprende Wing Tsun, se desenrola unha nova comprensión do corpo e conciencia dun

mesmo. A través do adestramento intensivo, o alumno gaña mais seguridade e dase conta das

súas posibilidades. Soamente esta nova seguridade e o coñecemento dun mesmo, lévanos ao

outro estado de ánimo. As primeiras limitacións persoais non teñen moita importancia. O

alumno de Wing Tsun abandona o papel de vítima e así encontrase raras veces con situacións

perigosas.

E no caso de verse envolto nunha, dispón dunha técnica efectiva. Wing Tsun é defensa persoal

consecuente. Wing Tsun absorbe a forza do atacante, e aumenta e diríxea outra vez contra o

atacante.

Dentro do wing tsun a formación completase con especializacións para a formación adaptada

para cada participante. O monitor ademais de formase como artista marcial formarase como

monitor de Wing Tsun Tradicional no que se traballa o arte dende as súas raíces.

O BLITZDEFENSE que e aparte mais realista da defensa persoal no que se ensina o traballo da

defensa persoal real na que non existen diferenzas de niveis , cinturóns , pesos ...onde non

existe un arbitro que pode intervir e sobre todo onde dependemos de moitos factores para

que sexa eficaz o sistema ( psicoloxía, varios atacantes, ataques con armas, lugares.)

Wing tsun para nenos: onde a forma de defensa comeza na nosa vida cotidiá.

Wing tsun para mulleres .

Wing tsun para corpos de seguridade (policía , militares seguridade privada)

A formación de monitores e artistas marcias de Wing Tsun é válido para calquera tipo de

persoa, non se requiren aptitudes fisicas especificas como en un deportista de calquera outro

arte marcial.E un sistema que pretende que a defensa estea o alcance de todos.

A Formación de monitores consta de:

6 HORAS DE CLASE A SEMANA CUN INSTRUCTOR AUTORIZADO DA EWTO

UN EXAMEN CADA 2 MESES E MEDIO -TRES ONDE O MAXIMO GRADO DA EWTO STEFAN

CRNKO IMPARTIRÁ UN CURSO FORMATIVO E REALIZARÁ O CORRESPONDENTE EXAMEN DE

GRAO.

CANDO O ALUMNO ACADE O 10 GRADO DURANTE OS 24 MESES DE FORMACIÓN OBTERÁ O

TITULO DE MONITOR DA EWTO PODENDO IMPARTIR CLASES EN CALQUERA PARTE DO

MUNDO RESPALDADO POLA ORGANIZACIÓN E FORMANDO PARTE DO EQUIPO RECOÑECIDO

A NIVEL MUNDIAL.

FORMACIÓN

-LICENCIA EWTO QUE CONSTA DUN SEGURO DE RC E ACCIDENTES ADEMÁIS DA ALTA NA

ASOCIACIÓN.

-6 HORAS DE CLASE A SEMANA. 600 HORAS DE CLASE FORMATIVA EN TOTAL.

- REALIZACIÓN DE 10 CURSOS EXPECÍFICOS E DE 10 EXAMENES.

-AS CLASES TERÁN LUGAR NA ACADEMIA OFICAL: EN NATURMAZ (EN MAZARICOS)

-Ó REMATE DA FORMACIÓN O MONITOR PODERÁ IMPARTIR CLASES E LEVAR UN

SEGUIMENTO POR PARTE DA EWTO.

-O CURSO DARÁ COMEZO O PRIMEIRO FIN DE SEMANA DO MES DE XUÑO.

*O MATERIAL DE TRABALLO ; PROTECCIÓNS E ROUPA DEPORTIVA CORREN O CARGO DO PRACTICANTE.

*OBLIGATORIO ASISTIR Ó 90% DAS CLASES E ASISTIR A TODOS OS EXAMENES.

*O ALUMNO ASUME O COMPROMISO DE ASISTENCIA OS 24 MESES PARA A FORMACIÓN COMO MONITOR.

*Idade minima 16 con consentimento dos pais e max 30 anos

*Deberá presentar dni, carne xove, e firmar o compromiso de adhesión o programa de formación de monitores.

*Minimo 20 persoas max 25, o curso terá lugar os venres de 19:00-22:00 e sabado de 9:00 as 12:00, e dará comezo o primeiro

fin de semana de xulio.

O custo para os posuidores do carne xove será de 59 euros o mes durante 24 meses.

O custo sen carne xove e de 120 euros o mes durante 24 meses

INCRICIONS EN [email protected] 610550524