Organo da CNT da Galiza Solidariedade Obreira · xudicial é abondos complicada, xa que Correos...

6
Número 4 Maio - Set. 2008 Solidariedade Obreira Organo da CNT da Galiza Foto superior - Pakistán, Novembro 2007: os advogados en folga enfrontan-se á policia. E nós aqui, a velas vir! Mesmo traballo, diferentes direitos O contrato para o fomento da contratación indefinida introducido na Disposición Adi- cional Primeira da Lei 12/2001 de medidas urxentes de reforma do mercado de traballo, enmarca-se nun contexto de precariedade endémica, onde a contratación temporal pasou de ser a excepción a convertir-se na norma. Esta precari-zación, ainda sendo xera- lizada, afecta máis a determinados «tipos» de persoas. Paradoxalmen- te, unha modalidade contractual que se vende como de fomento da estabilidade de emprego ven a precarizar máis a situación destas persoas ás que, por características puramente persoais (sexo, idade, etc) poñen-se-lle trabas para con- seguir un emprego estábel. A reforma consiste en permitir ao empresário despedir improce- dentemente as persoas incluídas nos grupos categorizados como precários, abonando-lles unha indemnización moito menor à que corresponde por lei ao resto d@s traballador@s. Como despedir Para entender o alcance discri- minatório da reforma , é nece- sário coñecer as causas legáis de despedimento e os direitos in- demnizatórios do traballador. O ET 1 oferece ao empresário unha série de causas legais polas que pode despedir a un tra- ballador/a, a saber: - Art.51 ET.-Despedimento colectivo: Significa, moi a grosso modo, a posibilidade patronal de despedir a un amplo número de traballadr@s fundado en causas económicas, técnicas, organiza- tivas ou de produción. - Art.52.- Causas obxectivas de despedimento: Chamadas ai por non ser imputabeis ao tra- ballador/a nen à empresa. Son Empregadas domésticas, non domesticadas Hai xa meses que as empregadas domésticas están exixindo orga- nizadamente a dignificación das suas condicións de traballo, regu- ladas por un Real Decreto de 1985 que non as considera traballadoras e que o governo do PSOE anun- ciou modificar. Desde CNT pensamos que as condicións mínimas a exixir no traballo ao servizo do lar, non po- den ser en ningún caso inferiores às de calquer traballadora, isto é, hai que exixir a laboralización desta relación . Hai xa 28 anos que se leva arrastrando esta situación, e semella que todo pretendido avance pasa por aceitar que non estamos perante unha relación laboral ordinária, polo que as me- lloras de condicións de traballo que se propoñen sempre están por debaixo dos direitos míninimos que nos corresponden a todas as traballadoras. Nengun dos RD reguladores das relacións laborais de carácter especial, reduce de tal forma os direitos salariais, de seguridade social e de tempo de traballo . Pensamos que esta des- protección non se pode permitir, que as empregadas domésticas son traballadoras con todas as consecuéncias que tal cualifica- ción leva consigo. Pensamos tamén que estamos nun momento óptimo para ir para alén dos absurdos limites deslabo- rizadores da norma de 1985, sen que teñamos que partir desta regularización a hora de facer pro- postas de mínimos, sendo a base base mínima necesária o Estatuto dos Traballadores. Se ben para nós esta norma non acada nen de lonxe as nosas pretensións, polo que non pasamos e por que a nengunha traballadora lle sexan rebaixados, sen ningunha xustificación e a gol- pe de decreto guvernativo, estes mínimos direitos legais. A precariedade laboral e o novo sistema de con- tratos: Unha análise do sistema de contratación indefinida e como nos afecta Acidentes de traballo. Galiza. Xaneiro 2008 4.054 (Leves) + 69 (Graves) + 14 (Mortais). Accidentes de traballo totais : 4.137 e no 2007: 55.815 (Leves) + 956 (Graves) + 97 (Mortais). Accidentes de traballo totais 2007: 56.868 e no 2006: 51.547 (Leves) + 1.044 (Graves) + 110 (Mortais). Accidentes de traballo totais 2006: 52.701 Segue na páx 3 A SGAE e a lei A Sociedade General de Autores de España levantou un edifício en Compostela, tremendo edifício, en terreos cedidos polo Consorcio de Santiago e cometeu unha irregularidade penada pola lei. Fixo unha rampa para persoas con minusvalias que é ilegal. Multou o Concello á SGAE?. Non. Todo o contrário. O señor Alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, «Nitro», legalizou a posteriori a cacicada e declarou ná radio o día 30 de novembro que «con multas non se amaña nada», sen precisar que para o resto de mortais si hai que aplicar a política da multa e pon- che-me teso. Igualdade ante a lei, chaman-lle á figura.

Transcript of Organo da CNT da Galiza Solidariedade Obreira · xudicial é abondos complicada, xa que Correos...

Número 4 Maio - Set. 2008

SolidariedadeObreiraO

rgan

o d

a C

NT d

a G

ali

za

Foto superior - Pakistán, Novembro 2007: os advogados en folga enfrontan-se á policia. E nós aqui, a velas vir!

Mesmo traballo, diferentes direitos

O contrato para o fomento da contratación indefinida introducido na Disposición Adi-cional Primeira da Lei 12/2001 de medidas urxentes de reforma do mercado de traballo, enmarca-se nun contexto de precariedade endémica, onde a contratación temporal pasou de ser a excepción a convertir-se na norma. Esta precari-zación, ainda sendo xera-lizada, afecta máis a determinados «tipos» de persoas. Paradoxalmen-te, unha modalidade contractual que se vende como de fomento da estabilidade de emprego ven a precarizar máis a situación destas persoas ás que, por características puramente persoais (sexo, idade, etc) poñen-se-lle trabas para con-seguir un emprego estábel.

A reforma consiste en permitir ao empresário despedir improce-dentemente as persoas incluídas nos grupos categorizados como precários, abonando-lles unha indemnización moito menor à

que corresponde por lei ao resto d@s traballador@s.

Como despedirPara entender o alcance discri-

minatório da reforma , é nece-sário coñecer as causas legáis de despedimento e os direitos in-demnizatórios do traballador.

O ET1 oferece ao empresário unha série de causas legais polas que pode despedir a un tra-ballador/a, a saber:

- Art.51 ET.-Despedimento colectivo: Significa, moi a grosso modo, a posibilidade patronal de despedir a un amplo número de traballadr@s fundado en causas económicas, técnicas, organiza-tivas ou de produción.

- Art.52.- Causas obxectivas de despedimento: Chamadas ai por non ser imputabeis ao tra-ballador/a nen à empresa. Son

Empregadas domésticas, non domesticadas

Hai xa meses que as empregadas domésticas están exixindo orga-nizadamente a dignificación das suas condicións de traballo, regu-ladas por un Real Decreto de 1985 que non as considera traballadoras e que o governo do PSOE anun-ciou modificar.

Desde CNT pensamos que as condicións mínimas a exixir no traballo ao servizo do lar, non po-den ser en ningún caso inferiores às de calquer traballadora, isto é, hai que exixir a laboralización desta relación . Hai xa 28 anos que se leva arrastrando esta situación, e semella que todo pretendido avance pasa por aceitar que non estamos perante unha relación laboral ordinária, polo que as me-lloras de condicións de traballo que se propoñen sempre están por

debaixo dos direitos míninimos que nos corresponden a todas as traballadoras. Nengun dos RD reguladores das relacións laborais de carácter especial, reduce de tal forma os direitos salariais, de seguridade social e de tempo de traballo . Pensamos que esta des-

protección non se pode permitir, que as empregadas domésticas son traballadoras con todas as consecuéncias que tal cualifica-ción leva consigo.

Pensamos tamén que estamos nun momento óptimo para ir para alén dos absurdos limites deslabo-rizadores da norma de 1985, sen que teñamos que partir desta regularización a hora de facer pro-postas de mínimos, sendo a base base mínima necesária o Estatuto dos Traballadores. Se ben para nós esta norma non acada nen de lonxe as nosas pretensións, polo que non pasamos e por que a nengunha traballadora lle sexan rebaixados, sen ningunha xustificación e a gol-pe de decreto guvernativo, estes mínimos direitos legais.

A precariedade laboral e o novo sistema de con-tratos: Unha análise do sistema de contratación indefinida e como nos afecta

Acidentes de traballo. Galiza. Xaneiro 2008

4.054 (Leves) + 69 (Graves) + 14 (Mortais). Accidentes de traballo totais : 4.137

e no 2007:

55.815 (Leves) + 956 (Graves) + 97 (Mortais). Accidentes de traballo totais 2007: 56.868

e no 2006: 51.547 (Leves) + 1.044 (Graves) + 110 (Mortais). Accidentes de

traballo totais 2006: 52.701

Segue na páx 3

A SGAE e a leiA Sociedade General de Autores de España levantou un edifício en

Compostela, tremendo edifício, en terreos cedidos polo Consorcio de Santiago e cometeu unha irregularidade penada pola lei. Fixo unha rampa para persoas con minusvalias que é ilegal. Multou o Concello á SGAE?. Non. Todo o contrário. O señor Alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, «Nitro», legalizou a posteriori a cacicada e declarou ná radio o día 30 de novembro que «con multas non se amaña nada», sen precisar que para o resto de mortais si hai que aplicar a política da multa e pon-che-me teso. Igualdade ante a lei, chaman-lle á figura.

Correos acosa aos traballadores

O Delegado da CNT en Co-rreos de Vigo ven sofrindo desde fai tempo unha represión sindical en forma de acoso laboral na que participa, non só a empresa, senón tamén os «sindicatos-estómagos-agradecidos» con presenza dos órgaos de representación unitá-ria na provincia de Pontevedra, destacando-se activamente UGT, CCOO e CGT.

A actuación de Correos consiste en sobrecargar o posto de tra-ballo do compañeiro, deixando os dos outros carteiros sen ocupación efectiva, para posteriormente im-putar-lle os retrasos da entrega da correspondéncia como unha falta de «baixo rendimento». Ademáis, ao compañeiro rodearon-o de xentalla no seu distrito de reparto que, às ordens dos «sindicatos» e a empresa (son-che o mesmo), dedican-se a provocá-lo para así tratar de imputar-lle outra falta por «grave desconsideración» ou por «provocar altercados», como xa foi sancionado por iso hai 5 anos. Nestes momentos o com-pañeiro encontra-se de baixa psicolóxica.

Tendo en conta a lexislación actual sobre este fenómeno de represión laboral, así como que o compañeiro é persoal funcionário, a Inspección de Traballo posibel-mente trate de inibir-se e a via xudicial é abondos complicada, xa que Correos dispón de bastante diñeiro e outros recursos para comprar siléncios e falsificar os meios de proba que necesita para devaluar as alegacións e indícios

máis que evidentes de que dispón o compañeiro.

Segundo a «Ley Postal», Co-rreos debe repartir a correspon-déncia como mínimo os 5 días da semana. Pero isto, que deberia ser una obrigación, en moitas localidades e vilas, semella unha excepción.

Lonxe de ser este retraso unha consecuéncia fruto da desorga-nización, ou unha decisión em-presarial para aforrar en persoal (que diso hai moito…). Correos dedica-se en moitos casos a des-eñar postos de reparto que son imposí-beis de realizar ao dia, para que ante as queixas dos usuários polo retraso da correspondéncia, proceder a imputar-lle unha san-ción ao carteiro.

O mesmo fenómeno é o que ocorre ao carteiro que ostenta o cárrego de Delegado sindical da CNT en Correos de Vigo, que está de baixa psicolóxica, ao igual que outros traballadores e traba-lladoras de Correos (e non son poucos), cousa que podemos comprobar se facemos unha pro-cura en Internet. En definitiva é unha táctica ben traballada pola empresa en tempos de priva-tización.

Ao operador público postal, Correos, xa se lle fixou como data tope para deixar de ser unha entidade de capital público o ano 2011. Correos leva anos tomando decisións contrárias aos traba-lladores, empiorando alarman-temente as suas condicións de

traballo e saúde ; e contrárias aos intereses de todos nós, con unha degradación paulatina na prestación do servizo, así como enca-recendo os prezos dos en-vios postais, para facer máis doada a privatización do servizo.

Segundo estudos que datan do ano 2001 do próprio Director do Departamento de Saúde Laboral de Correos, o Doutor Manuel Fernández, o 20% das baixas labo-rais que se producen no desem-peño da profisión son de carácter psicolóxico e unha terza parte destas encadran-se no síndrome do «burnout», termo que desig-na a situación d@ «traba-llador queimado».

O máis grave é que estas for-mas agresivas de acoso laboral fan-se nunha entidade pública, co diñei-ro de tod@s, e paga o usuário ao chegar-lle tarde e mal a correspondencia.

A CNT ven denunciando desde fai anos estas técnicas de «acoso e derrubo» a través da Sección Sindical de Correos en Vigo, e por denunciar e non calar o com-pañeiro Delegado da Sección leva anos sofrindo represálias e expedientes disciplinários e tamén por ser membro dun sindicato que non se vende: a CNT. A solida-riedade fai-se cada vez máis necesária para aguentar os ataques aos nosos direitos, e se se consinte con un compañeiro despois irán outros.

Fernando Fernán Gómez: Sit tibi terra levis

O mércores 21 de novembre de 2007 foi para nós un dia gris, porque nos deixou Fernando Fernán Gómez, autor, actor, di-rector, e fondamente libertário en toda a sua vida e a sua obra para todos aqueles que o queiran ler a fondo e con sentido, como asi o quixo demostrar no seu último xesto, o de se abrigar con unha bandeira ver-mella e negra, símbolo do movi-mento obreiro anarco-sindical, no seu cadaleito no teatro da Plaza de Santa Ana en Madrid.

Fernando Fernán Gómez, ácrata vital, tivo sempre unha

cercania e simpatia manifestas cara o movimento libertário. No en van, sendo ainda un adoles-cente, a sua primeira formación artística tivo-a na escola de arte dramática que a CNT organizara no Madrid da Guerra Civil, onde recebiu clases de declamación da actriz Carmen Seco, tendo por compañeiros a outros que co tempo tamén foron grandes actores. Tan temprana formación, unida à sua voz profunda, fixeron del un dos casos máis singulares da nosa escena. Tamén relembrou noso actor en algunha ocasión as ensinanzas do seu tio Carlos, que queria imbuí-lo das ideas anarco-

sindicalistas e da FAI.

A sua relación co movimento libertário e anarco-sindical es-pañol non acabou aí, senon que continuou coa sua presenza no mitin da CNT en Montjuic en 1977, e a sua pertenza activa no Sindicato de Espéctaculos de Barcelona adherido à CNT-AIT, durante a transición. E seu derra-deiro xesto, cando foi a recoller o prémio Goya e realizou no esce-nário o xesto libertário de levantar e xuntar as mans.

Esta cercania aos ambientes libertários acompañará-lle sem-pre. En Fernán Gómez topamos

unha sensibilidade especial face os desposuídos, os traballa-dores, os inconformistas. Non foi un artista de panfletos, nen falta que lle facia. Co seu saber facer fixo-nos rir, fixo-nos chorar, fixo-nos pensar: estamos, portanto, ante o artista total. Comprometido co seu tempo e coa sua arte. Agradecemos-lle, e moito, que non foxa un artista de glórias vans, de escaparate, de modas, un intelectual orgánico con tufo de salóns de poder.

Leva-te, compañeiro Fernando, un abrazo dos libertários e anarco-sindicalistas, que seguiremos

«La Silla de Fernando»Quen desexe coñecer mellor o

pensamento, a liberdade de ideas, as contradiccións e os recordos de Fernán-Gómez disfrutará sen dúbida da película-conversación «La silla de Fernando», de Luis Alegre y David Trueba, recente-mente editada nunha versión extendida de tres discos por Plot Ediciones.

disfrutando e aprendendo da tua obra, tavez a mellor homenaxe que se lle poda facer a un artista. Sit tibi terra levis.

A CoruñaRua Washington, 36, baixo

15002 A CORUÑATel/Fax: 981 90 40 44

Correio Electrónico: [email protected]éncia: Apdo 928 15080 A CORUÑA

CompostelaR/ Garcia Prieto, 24-28

15706 COMPOSTELA (A CORUÑA)Tel: 981 590 910 Fax: 981 534 256

Correio Electrónico: [email protected]éncia: Apdo 590 15780 COMPOSTELA (A COR.)

VigoR/ Príncipe, 22, 1º Local 34. 36202 VIGO (PONTEVEDRA)

Tel. e Fax: 886 116 558 Correio Electrónico: [email protected]

LugoR/ Nova, 103-1º dta. 27001 LUGO

Tel: 650 269 807 [email protected]

OurenseApdo 91. 32080 OURENSE

[email protected]

PontevedraR/ Pasantería nº 1 (Edif. dos Sindicatos), 3º andar. 36002 PONTEVEDRA

Tel: 607 511 [email protected]

BetanzosApdo 95 15300 BETANZOS (A CORUÑA)

[email protected]

FerrolAvenida de Esteiro, 10, baixo 15401 FERROL (A CORUÑA)

Apdo 147 15401 FERROL (A CORUÑA)[email protected]

Comité da Rexional Galá[email protected]

www.cntgaliza.org

Enderezos da CNT

SolidariedadeObreira

Solidariedade Obreira é unha publicación periódicaeditada pola Confederación Nacional do Traballo da Galiza.

Dep. Legal:Compostela, Maio 2008

SolidariedadeObreira

Páxina 2

C-984-2006

SolidariedadeObreira

várias, entre elas à que a lei chama «ineptitude» do traballador/a, falta de adaptación às novas tecno-loxías, faltas xustificadas ao tra-ballo,...

- Art.54.-Despedimento dis-ciplinário: Por causas que se imputan ao traballador/a, entre outras, as faltas inxustificadas, ofensas verbais ou físicas a compa-ñeir@s ou empresário, embria-guez,...

Todas estas causas «lexitiman» o despedimento, e o empresário ten a obriga de basear-se nalgunha das causas legais para formalizar un despedimento. Se non alega nen-gunha destas causas, o despedi-mento é improcedente. Se, apesar de alegar algunha destas causas, resulta ser falsa, o despedimento tamén é improcedente.

Adios ao depedimento improcedente

O despedimento declarado improcedente, até a lei 12/2001, daba direito ao traballador/a (fose home ou muller, novo ou vella) a unha indemnización que ascendia à cantidade de 45 dias de salário por cada ano de servizo e até un máximo de 42 mensualidades.

Desde a reforma citada, a de-terminadas «categorias» de tra-ba-llador@s restrinxe-se-lles o direito a esta indemnización, de maneira que só cobrarán 33 días de salário por ano de servicio até un máximo de 24 mensualidades. Est@s traballador@s son @s desmpregad@s que seguen:

Xovens entre 16 e 30 anos ¸ Maiores de 45 anos ; Minus-válid@s ; Desempregad@s por máis de 6 meses consecutivos : Mulleres en sectores masculi-nizados ; Persoas às que a empresa que formalice a modalidade con-tractual que estamos a analisar ti-vese contratado temporalmente2.

Hai várias notas relevantes nesta norma:

1)Fomento da precari-zación

Son precisamente estos grupos de traballador@s @s que máis di-fícil teñen o acceso ao emprego, e de estaren empreñadas, os contra-tos son na sua maioría precários, por razóns de sexo, idade,..

A intención manifestada na norma é identificar os grupos preca-rizados e fomentar a sua contratación estábel mediante prémios ao empresário. Mais a realidade é a oposta:

a)O prémio ao empresário non

é a habitual subvención, senón a redución dos direitos econó-micos e de estabilidade laboral destes grupos de traballador@s, que poden ser despedid@s sen causa e pola metade da indemni-zación que corresponde ao resto de traballadores. De esta forma, manten-se a precariedade, xa non por meio dun contrato temporal, senon por meio dun falso contrato indefinido. Note-se que a «bo-nificación» ofertada pola norma ao empresário que contrate a unha destas persoas, non se fai efectiva polo feito da contrata-ción en si, senon no momento en que o empresário realiza, non un despedimento calquer, senon un despedimento improcedente. O beneficio económico é para o em-presário incumpridor e que man-tén as condicións de sobre-explotación que implica o emprego precário. A tendencia legal dirixe-se cara a gratuídade do despedi-mento, empezando pol@s traballador@s con máis dificul-dades, que están, con esta moda-lidade de contratación nun-ha situación de desigualdade ante a lei totalmente inxustificada.

b)Non constituíndo a boni-ficación ao empresário nunha subvención, senon nunha maior facilida-de de despedimento, tanto económica como causal, ao Esta-do sae-lle grátis. O FOGASA3 non complementa esta indemnización até acadar o mínimo garantido a tod@s os traballador@s, senon que 33 dias de salário por ano de servizo até un máximo de 24 men-sualidades é o máximo ao que po-den aspirar est@s traballador@s legalmente precarizados polo seu sexo, idade ou condición de mi-nusválidos. E iso que a caixa do FOGASA ia sobrada à entrada en vigor da reforma do 2006, razón pola cal foi reducida a cootización empresarial a este fondo, como di na sua Exposición de Motivos.

2)A discriminación é parte da lei

a)Para que o empresário poda indemnizar pola metade de prezo às persoas despedidas ao amparo desta modalidade contractual, o empresário ten que alegar unha causa de despido procedente. Pero de todas as modalidades de despe-dimento «lícito» que mencionamos ao principio, úni-ca e exclusivamente pode alegar unha das causas do articulo 52 do estatuto, das que se chaman obxectivas. Como vimos antes, estas causas son inadaptación, ineptitude, faltas xusti-ficadas...

Non é difícil perceber o proce-so de razoamento seguido polo estado, patronal e sindicatos: os empresários precarizan ou directamente negan-se a ofertar traballo a estas persoas porque se consideran menos válidas. Así, pensa-se que as mulleres, por exemplo, faltan mais ao traballo por causas xustificadas (levar a filla ao médico...); ou se pensa que un sector está masculinizado porque as mulleres non son aptas. E chama a atención que sexa esta a única causa alegabel posíbel para acceder ao abaratamento do despedimento.

Curiosamente nos sectores aos que se accede por concurso, mérito e capacidade, non hai esta brecha home/muller. Pero os que ostentan o poder porfían nesta actitude infundadamente discri-minatória, e manifestan-o baixo esta hipócrita actitude proteccio-nista que ven supor unha rebaixa dos direitos mínimos concedidos aos traballador@s.

b) O bucle legal non remata aqui. O empresário que busque este despedimento barato e alegue algunha desas causas «obxectivas» e resulte ser certa (exemplo: de-mostra que verdadeiramente houbo inasisténcias intermitentes por motivos xustificados), non re-cebe bonificación nengunha e ten que pagar a mesma indemnización que a calquer outro traballador/a. Só se esta alegación é falsa e resul-ta que @ traballador/a, seguindo co ejemplo, non faltou nunca, será cando o despedimento se declare improcedente, e é aquí cado se rebaixa a indemnización.

c)Especial discriminación no caso das mulleres: no ano 1998 o governo saca unha orde na que se estabelece unha listaxe de empre-gos con representación feminina, considerando-se o resto dos sec-tores masculinizados.

En nengun momento se pro-mo-ve o fomento do emprego dos homes nestes sectores (sendo estes sectores os mais precari-zados e con salários mais baixos). En troca, se se promove o emprego das mulleres en sectores masculinizados; pero a contrapartida é que os direitos das mu-lleres nestes sectores son menores que os dos homes. Asi, con esta modali-da-de contractual, será mais fácil despedir a unha muller que ao seu compa-ñeiro varón. Ademáis esta

cobrará menos en caso de despe-dimento.

Se os empresários se acollen a este instrumento legal de for-ma masiva, deixarán de exsistir sectores masculinizados, mais as mulleres terán menos direitos que os homes no mesmo posto de traballo. Seguirán existindo sectores feminizados, xa que non se promove a contratación masculina nestes ámbitos. E se-guirán sendo pior pagados e máis precários (exemplo: empregadas do lar...).

3)Mesmo traballo, dife-rentes direitos.

As mulleres, os xovens, os minusválid@s... seguirán nas mesmas condicións de precarie-dade e inestabilidade nas que se encontraban antes desta reforma. Se anteriormente tiñan un con-trato temporal, agora facilita-se o seu despedimento. A gravidade desta reforma é que supón unha legalización da desigualdade. Se antes a inestabilidade laboral destes traballador@s constituía un arbitrio empresarial, agora está legalizada: para o mesmo posto de traballo os direitos económicos e de estabilidade no emprego son distintos por razóns puramente persoais.

Notas1 Estatuto de los traba-

jadores

Mesmo traballo, diferentes direitos

Ven da páx 1

2 Hai que ter en conta que para facer un contrato temporal é necesário que exista unha causa de temporalidade. De non existir, o empresário ten a obriga de facer un contrato indefinido.

Isto significa que os empresários que pasen a contratar indefinidamente a estes traballador@s que tiñan en precário para poder beneficiar-se dun despido máis libre e máis barato, estaban pro-babelmente a cometer un fraude na contratación tem-poral. Un contrato temporal en fraude por non existir temporalidade real, é indefi-nido e con todos os direitos dun contrato indefinido, sen rebaixa na indemnización por despedimento. Con esta reforma, o lexislador convalida o fraude do empresá-rio e prexuízo dos direi-tos mínimos dos traballador@s.

3 Fondo de garantia salarial: que se en-carrega entre outras cousas de completar as indemnizacións às que teñen direito os traballador@s nos casos nos que o empre-sário non as abona na sua totalidade.

Páxina 3

A polos 500 millóns de euros !!

Resulta sorprendente compro-bar a falla de información que teñen as xentes galegas sobre o que se está a levantar no com-postelano monte Gaiás, como foi ideado, canto levan gastado, canto vai custar manter o complexo, os persoeiros que teñen atrapado cartos, o proxecto da Conselleira de Cultura, o que dixo sobre a Cidade de Cultura o BNG antes de pillar moqueta, etc. Os voceiros e altofalantes do Poder autonómico e a recua de asesores ben pagos do Presidente Touriño e de Ánxela Bugallo, de cando en vez saen à palestra sen identificar-se para engadir algo máis de tinta obscura co obxectivo de que o debate cidadán non se produza e podan eles apontar-se o tanto sen asumir, claro é, responsabilidade algunha nun proxecto destinado a se converter nun saco sen fondo, abisal, que deglutirá os xa de por si cativos orzamentos destinados á cultura pola administración auto-nómica galega, en especial os que debían iren destinados à dotación das bibliotecas públicas.

O BNG move fichaVaiamos por partes. Un exer-

cício de cinismo político é o que ven amosando a equipa do BNG que rexe os destinos da cultura na Galiza. Tras facer un paripé bas-tante caro cando convocaron aos «expertos» nacionais para «dotar de novos contidos à Cidade da Cul-tura», o BNG mudou de opinión e creu ver no Gaiás unha moderna catedral que atraeria a centos e mi-lleiros de visitantes que atoparian ali unha piscina olímpica na que mollar o pé na cultura galega. Falso como un euro de madeira.

O BNG, responsábel político último desta merenda construtora, sabe que a Cidade da Cultura é un disparate que non se pode manter nen atracando a oficina de Fon-dos FEDER. Mais como lograr narcotizar à cidadanía para que non se cosque do marrón?.Pois atri-buíndo todo tipo de culpas à anterior administración fraguiana e colando a responsabilidade das decisións tomadas polo BNG nestes dous últimos anos tamén à equipa que dirixia aquel elemento que se chamaba Pérez Varela. Por-que se fica claro que Manolo Fraga estaba ido e sen rego cerebral can-do decidiu erguer o complexo do Gaiás, calculo que as persoas que decidiron continuar co dislate al-gunha responsabili-dade terán na sua própria auséncia de actividade neuronal. Por exemplo, a decisión

de non construir un Palácio da Ópera é de gabar, mais construir un tremendo espazo para que a industria privada do audiovisual galego (industria fomentada gra-zas a unha fervenza de millóns de euros que van parar desde a actual administración a mans privadas) realice os seus filmes subvencio-nados, é un atraco ao erário públi-co, é un trasvase de cartos públicos a empresas privadas fomentadas desde a banca galega e as produto-ras privadas coa inestimábel axuda do ex-resentido maior do Reino, camarada Antón Reixa.

Como a enchemos de contidos

Dos persoeiros galegos e de Nazón sen estatuto, que atrapa-ron cartos por venderen as suas bibliotecas hoxe coñecen-se dous nomes: Basilio Losada e Xesús Alonso Montero. Ambos tiñan poderosas razóns para vender os seus fondos librários e, sen dú-bida, algo do que amoreaban tiña interese, mais non ao prezo que se pagou. Poñamos un exemplo. Vender a prezo de libraria un exem-plar de «Trece badaladas» do prosista Suso de Toro, cando o documento en cuestión chegou de balde a mans do benemérito catedrático compostelano, enviado pola editorial para que fixera na imprensa un comentário gaboso, pois resulta canto menos chocante e deixa a famosa ética un tanto ava-riada. Claro que isto é nada com-parado con outras adquisi-cións a outras persoas polo momento de ignoto nome como, por exem-plo, coleccións de fotogra-fias de procesións de Semana Santa e de acampamentos da OJE (Organiza-ción Juvenil Española), ou os dous arpóns noruegueses para cazar baleas que penso deberon pasar ao Museu Massó de Bueu.

Canto nos vai costarHai dous estudos sobre a viabi-

lidade da Cidade da Cultura, rea-lizados polo Consello da Cultura

Galega e polo Museu do Pobo Ga-lego, ambas institucións radicadas en Santiago de Compostela, que é onde se cocen as subven-cións e se dan recepcións con pinchos de Nazón. Ambas as duas coinciden no cálculo: entre 38 e 42 millóns de euros vai custar pagar os salá-rios das persoas que van traballar ali, a água, o gas, a luz e outros gastos menores. Cada ano, ollo ao dato !. Cada ano haberá que soltar entre 38 e 42 millóns de euros. E cada ano que a obra se retrase hai que lle aplicar à cifra corres-pondente de inflación e outras modificacións como novos estu-dos de viabilidade, etc., ou sexa, que moi posibelmente, cando en 2009 a persoa que sexa inaugure unha parte da Cidade da Cultura, os gastos ben che andarán nos 50 millóns de euros anuais.

Existe un terceiro estudo, rea-lizado por unha comisión de ex-pertos convocados polo señor Al-calde de Santiago de Compostela, Sánchez Bugallo, que contaba coa presenza de Xosé Manuel Beiras Torrado, do que nunca máis se soubo, nunca apareceu, nunca se deu à publicidade, porén se atra-paran as correspondente dietas de asisténcia, quilometraxe, bocata de xamón e grolos. A Bugallo alcalde tanto lle ten se a Cidade da Cultura é rendíbel ou non, él quere-a ali e basta.

Por que non debemosEn resumo, a operación Gaiás é

unha mostra da papanatismo que enchoupa os despachos da Conse-llaria de Cultura. É a mostra máis palpábel do aforismo lanzado polo ex-Conselleiro e xefe rexional do Movimento, camarada Pérez Varela, lembran cando dicia que coa Cidade da Cultura «imos sacar peito».

Galiza, queiran ou non, non pode permitir-se tamaño despil-farro por varias razóns, unha delas demográfica, outra polo PIB que xera, outra porque continuamos a ser un país subsidiado. E se olla-mos cara às dotacións de persoal, orzamentárias, librarias e docu-mentais das bibliotecas galegas semella un insulto que uns progresistas tiren os cartos en be-neficio das empresas privadas que se adican á «xestión cultural».

En fin, todo sexa pola Patria e que San Bakunin nos colla con-vitos e confesos.

Memoria selectiva

A merenda da Cidade da Cul-tura e o cinismo político galego

Rogelio Arca Rivas : Un canteiro

confederal de Terra de Montes

No pasado mês de Febreiro, a Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes «Verbo Xido» e a Editorial «Difusora de Le-tras, Artes e Ideas» de Ourense, apresentaron o libro Canteiros da Terra de Montes no Exército Popular da República. Album de Guerra, da autoria do compañeiro Rogelio Arca Rivas e Dionisio Pereira.

O libro, dunha coidada edición, é unha homenaxe a Rogelio Arca Rivas, fillo de Francisco Arca Valiñas un dos compañeiros tor-turados e asasinados na Ponte do Barco (xunto com Secundino Bugallo Iglesias) e aos cerdeden-ses que combateron nas Milícias Confederais. O compañeiro Ro-gelio Arca foi quen de levar en plena guerra un diário e coa sua cámara fotografar a compañeiros do sindicato de canteiros de Terra de Montes e uns outros milicia-nos de diferentes lugares e proce-déncias. No decurso de 70 anos e pasando por prisión, vixiláncias, represión e controles vários da guardia civil, foi quen de guardar os negativos de máis de 40 foto-grafias e o cuaderno co seu diário na frente de Madrid.

«O libro é o resultado das vivén-cias dun canteiro de San Martiño de Figueroa (Cerdedo), Rogelio Arca Rivas. Fillo de «paseado» en Cerdedo (o seu pai Francisco Bar-ca, cenetista, foi asasinado polos falanxistas cerdenses na Ponte do Barco-Pedre o 13 de Agosto de 1936), fixo toda a guerra civil nas

Milicias Confederais. Malia que tivo que pasar por un campo de concentración en Teruel e nun Batallón Disciplinário en Lugo, Rogelio conseguiu salvar o seu Diário de Guerra e 40 fotografías que fixo cunha pequena Kodak aos seus compañeiros da 39 Briga-da Mixta, case todos eles canteiros de Cerdedo e Forcarei, nas Tapias do Pardo en plena defensa de Ma-drid, correndo Abril de 1937”.

Rogelio Arca é quen, aos seus 94 anos, de se emocionar ao ver as fotos dos compañeiros que morreron, e aos seus anos pide a bandeira confederal para te-la nos actos de homenaxe ao seu pai Francisco e a Secundino (os dous compañeiros de CNT) na Ponte do Barco e quen de custodiá-la por máis dunha hora. Só morre o que se esquece e Rogelio Arca Ri-vas é a memória viva dun tempo, e o presente de dignidade obreira no que nos podemos ollar todas e todos.

Saúde compañeiro Rogelio.

SolidariedadeObreira

Memoria cada un ten a súa e, ademais, algúns moi selectiva. Menos mal que houbo quen, recordando o momento, nos trans-mitiu que o alzamento non foi tanto contra a república senón contra a súa incapacidade para meter en cintura a un pobo cada vez con máis ansias de igualdade real, de revolución. Se non fóse-mos conscientes disto, non pode-riamos explicarnos esta selección de recordos.

Non falamos de historiadores con ansias de aclarar o acontecido, nin das familias con desexos de saber que foi dos seus. Falamos da aura semiinstitucional que preside moitos destes eventos. Así, recórdase aos represaliados como a aqueles que loitaron polo que hoxe temos, olvidándose de que os homenaxeados por ter, por exemplo, organizado unha rede de fugas, antes foran na súa maioría encarcerados e persegui-dos pola república debido ás súas actividades reivindicativas. Ou

olvidándose dos traballadores que, na Coruña, percorrían as vías do tren buscando un vagón con armas para parar a sublevación. Posiblemente porque xa daquela esqueceran cumprir o pactado a cambio de que a CNT non promovera a abstención activa nas eleccións. Ou do porqué do desabastecemento de material nas liñas defendidas polos anarquistas mentres na retaguardia se lucían as armas.

En fin, parece que daquela non todos queríamos o mesmo. Todos contra o fascismo, pero algúns recibiamos pola dereita e pola esquerda, esa que hoxe reivindica que todos loitabamos polo mes-mo, seleccionando recordos para mitificar o seu presente.

A Memória Histórica e as homenaxes ás vítimas do fascismo

Páxina 4

Cae a bolsa. Que nos dean unha alegría!

A Xunta «oferta» precariedade no ensino

Na Mesa Sectorial do Ensino celebrada o pasado 20 de Febreiro, a Consellaria de Educación apre-sentou-lle aos Sindicatos de xes-tión a proposta de oferta de em-prego público para este ano 2008. En dita reunión constatou-se a total parcialidade da Consellaria nun escenário de representacións vacias, xa que a oferta pública non podera ser modificada.

Para este ano 2008, a Consella-ria de Educación ten previsto sacar a concurso-oposición 2341 prazas distribuídas do seguinte xeito: 928 (corpo de mestres, con primária incluída) 1265 (corpo de secundária), 84 (Profesores-Téc-nico de Formación Profesional), 35 (Profesorado de Música e Artes Escénicas) e 29 (Profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas).

Desde o Sindicato de Ensino da CNT seguimos a denunciar a aldraxante posición da Consellaria de Educación coa connivéncia dos principais Sindicatos de xestión pola sua incapacidade manifesta para abordar os problemas que atravesa o profesorado, especial-mente o máis vulnerabel: o profe-sorado interino e substituto. Esta oferta pública de emprego non asume os principais problemas do profesorado galego: unha reposi-ción completa, ordenada e digna dos efectivos de maior antigüida-de e medidas que podan ofrecer garantias reais de estabilidade laboral para o numeroso corpo de interinos e substitutos. O sis-tema galego de educación pública precisa de estratéxias máis sólidas e máis achegas ás prescripcións normativas da Lei 2/2006 do 3 de Marzo Orgánica da Eduación.

A presión normativa, contem-plada na sua disposición deci-mosétima obriga a todas as comu-nidades autónomas a rebaixar nun 8% a porcentaxe de profesorado interino e substituto nos cadros de persoal. Nestes últimos tres

anos, a Xunta da Galiza ven a tentar forzadamente e as veces con procedimentos dubidosos (o pro-ceso de oposición do pasado ano, por exemplo, co siléncio manso de todos os Sindicatos de xestión) cumprir con esta prescripción.

A oferta de emprego público para o ensino deste ano, segundo o próprio critério da Consellaria de Educación pretende reme-dar a reposición de efectivos e colocar a máis da metade dos profesores interinos e substitutos. Estabelece tamén unha nimia reserva do 7% para persoas con dis-capacidade e unha porcen-taxe maior (10%) para prazas de promoción interna de acceso ao grupo A desde o B. A Xunta de Galiza pretende rebaixar para este ano un 5% a taxa de temporalida-de no ensino, dado a todas luces insuficiente e mostra da política precária de emprego da própria administración.

En conclusión, a Xunta de Galiza fomenta a precarieda-de laboral e a oferta pública de emprego para o ensino deste ano non vai xerar novos postos de traballo senón que vai substituí-los.

Outras das cuestións a ter en

conta é o siléncio vergoñoso da administración galega a res-peito dos acordos de estabi-lidade para o profesorado interino e susbtituto. A día de hoxe, tanto o Director Xeral de Persoal, o Sr Canosa como a pró-pria Consellaria de Educación, a Sra. Sánchez Piñón. non teñen nengunha intención de tratar estes acordos à espera da sua aproba-ción no Parlamento da Galiza e coa proposta máis seria en mans do Partido Popular. A CNT ven denunciando esta situación ab-solutamente precária desde fai xa dous anos e tomando parte nesta situación na que os Sindicatos de xestión non parecen prestar moita atención. Sorprende que haxa tanto desinterese para esta grave cuestión cando a Consellaria de Educación abre listas para pro-fesorado interino e substituto na matéria de Relixión.

O Sindicato de Ensino da CNT reclama unha proposta de empre-go séria e coordenada que conteña a provisión de novos posto de traballo e non atenda só a critérios normativos, senón máis laborais e na procura dun ensino público de cualidade e de titularidade pública.

O libro do Centenário da Soli: «Solidaridad Obrera, y el perio-dismo de raíz ácrata».

Desde a Moniña, aldea de Ames perto de Compostela, chega-nos unha música como diria o outro, alegre e combativa de cualidade, funky, reagee e rap no nosso idio-ma, contestando como aqueles rebeldes bretóns, que non galos, ao império musical dominado pola mafia do SGAE.

Son unha formación ben orixi-nal composta de voz, violino, guitarra, baixo e bateria, que están

a triunfar nos diversos locais nos que actuan, pois teñen un pode-roso directo, con muita forza quer polas suas letras, dun compromiso social indubidábel, quer pola mú-sica impecábel que desenvol-ven, realizada nos estilos funky, reggae e rap, que os fai ben atractiva.

Acaban de editar o seu primeiro disco auto-producido e distribu-ído polo próprio grupo, chamado asimesmo «Som do Galpom»que

está a receber muitos parabéns. Teñen por diante un prometedor camiño por percorrer debido ao compromiso da sua factura, de música e letra, mas estamos con-vencidos de que o van conseguir porque formacións tan sérias no noso panarama musical non abundan.

Para escoita-los :www. myspa-ce .com/somdogalpom

SIC

A

Cando a bolsa sobe, a nós tanto nos dá: os salarios non medran, as horas de traballo non se reducen, os beneficios financieiros non se reparten. As accións das grandes empresas revalorízanse e nós que-damos como estabamos.

Cando a bolsa cae (a saber por que) comezamos a tremer porque sabemos que se eles din que hai crise (non é que o entendamos, sabémolo por experiencia) os no-sos salarios non medran, as horas de traballo non se reducen, os beneficios financieiros son máis pequenos e as perdas son nosas.

A bolsa nada ten que ver con nós, pero pode darnos grandes alegrías: quizá, se se afunde (a saber por que) nos empobrece-remos máis, non teremos sequera

salarios que non medren porque estaremos no paro e todo iso pero…, se hai sorte, tiraranse dos ventanales das súas oficinas dos pisos máis altos.

Quizá sexa un parvo consolo, pero xa que estamos, non sería pouca alegría ver grandes accio-nistas caer dos rañaceos como folerpiñas de neve.

Porque somos, ante todo, espí-ritos sensibles á beleza.

O investigador Francisco Ma-drid, através deste libro fai un esbozo do que poderian ser as liñas mestras dun estudo sobre o movi-mento obreiro español de tendén-cia anarquista e do próprio movi-mento anarquista, tomando como fio condutor ao próprio diário obreiro, pero tam-bén a todo o conglomerado cul-tural que o anarquismo desplegou entón e continua a desplegar na actualidade. Este libro abarca des-de os inícios da imprensa obreira

decimo-nónica até 1939.

«Solidaridad Obrera, y el periodismo de raíz ácrata», Ediciones Solidaridad Obrera. [email protected]

D.L SE-4861-2077 ISBN 78-84-920698-6-6 Prezo: 15€. 234 Páxinas.

Habilitaron un telefone para pedidos. 649 664 497. Tamén pode-se pedir através da páxina do «Centre Federica Montseny».

Enciclopédia anarquistaNo ano 2001 a FAL publicou

«Esbozo para una enciclopedia del anarquismo español» obra de Miguel Iñiguez e prometia-se que en 5 anos pasaria a ser enciclopédia. Pois bem, despois de case sete anos sae do prelo a «Enciclopedia histórica del anar-quismo español». Agora a edición

Supermercados DIA%. Non sigas os pasos de

Mercadona.Traballadoras dos Supermercados DIA% denuncian neste sindica-

to a practica de rexistros nas taquillas persoais. Estas practicas fanse normalmente para acusalas de roubos e presionalas para asinar baixas voluntarias coa amenaza da denuncia. É unha forma de abaratar os despidos. Engadimos un pequeno texto do Estatuto dos Traballadores que recomenda a presencia dun delegado sindical ou testemuña de confianza para evitar abusos de parte da empresa.

Artículo 18.Inviolabilidad de la persona del trabajador.Sólo podrán realizarse

registros sobre la persona del trabajador, en sus taquillas y efectos particulares, cuando sean necesarios para la protección del patrimonio empresarial y del de los demás trabajadores de la empresa, dentro del centro de trabajo y en horas de trabajo. En su realización se respetará al máximo la dignidad e intimidad del trabajador y se contará con la asistencia de un representante legal de los trabajadores o, en su ausencia del centro de trabajo, de otro trabajador de la empresa, siempre que ello fuera posible.

e a distribución correrán a cargo da Asociación Isaac Puente. Serán 1800 páxinas de tamaño fólio en dous tomos e poderemos disfrutar todos da sua leitura.

Noraboa compañeiro Miguel. Estamos certos de que é un grande traballo e terá un grande suceso.

SolidariedadeObreira

Páxina 5

Soli

SolidariedadeObreira

Memória Histórica

O Batallón «Galicia»

No Acebo (A Fonsagrada), tiveron lugar o 27 e 28 de Outubro os actos en homenaxe aos luitadores do do Batallón «Galicia», asasinados naquel mesmo lugar e enterrados polos falanxistas e a Guarda Civil, lembrando a figura de José Moreno Torres e os 14 compañeiros máis asasinados no lugar o 30 de Outubro de 1937.

A CNT quer, por un lado, rendir unha homenaxe a estes 15 compa-ñeiros e por outro deixar claro a sua afiliación ao anarco-sindicalismo e ao anarquismo dos asasinados. Opomo-nos ao costume de englobar aos mortos na guerra civil sob o nome de republicanos, un termo sen apenas significado. Estes homes, asesinados no Acebo, eran revolucio-nários, xente que luitou por un mundo novo e por gañar unha guerra, e nunca por unha legalidade, a da república, que os encarceraba e mataba polas suas ideas.

Que era o Batallón «Galicia ?Estes 15 homes estaban encabezados por José Moreno Torres, que

escapacon outros sindicalistas da CNT en 1936 desde A Coruña na embarcaciónchamada «A Libertária», chegados a Asturias os compo-nentes deste barco formarán parte do Batallón «Galicia» que defendia Asturias eEuskadi.

O Batallón «Galicia» estaba formado polos integrantes das milícia-santifascistas galegas, e receberon o seu baptismo de fogo na frente ocidental asturiana desde setembro de 1936 defendendo Oviedo e intentando, sen éxito, recuperá-lo do avanzo do exército fascista. Foron levados à desesperada a defender Euskadi ante o ataque a Biscaia, onde agüentaron muito tempo no pico de San Miguel.

Voltarán a Asturias o 19 de Jullo e, o 8 de Outubro, despois de de-fender várias posicións con precários meios frente à artillaria e aviación do exército sublevado, rompe a frente e as organizacións antifascistas intentan embarcar cara Franza aos luitadores máis implicados e que tiñan máis posibilidades de seren executados pola sua filiación polí-tica. O 18 de Outubro a plana maior do batallón, membros da CNT, estaban no porto de San Isidro, nos limites entre Asturias e León; pero un enfrentamento con mandos comunistas retrasa-os e à sua chegada a Gijón, o dia 20, xa non habia barcos para transportá-los.

O grupo formado polo Comandante José Moreno Torres, e catorce compañeiros, optan por dirixir-se cara a montaña e alcanzar Galiza polos montes do interior. Na noite entre o 29 e 30 de Outubro chegan ao porto do Acebo, separando-se en dous grupos en sendas cantinas. O grupo de nove que dormia nunha cantina foi surprendido por fa-lanxistas e guardas civís e executados sumariamente, sendo oito dos seus corpos enterrados nunha fosa común; o noveno de apelido Diaz, foi enterrado dias despois no cemitério da Fonsagrada. O segundo grupo, alertado polos disparos enfrenta-se aos fascistas e matan ao falanxista Emilio Villar Robledo. Iniciara-se entón a caza ao home, catro deles serian atrapados un por un e asasinados a sangue frio. José Moreno e outro dos seus compañeiros agacharon-se nuha casa no concello de Grandas de Salime. Lá foron encontrados, levados até a cantina en que os encontraran e executados.

Elaborado polos historiadores Eliseo Fernández e Luís Miguel Cuervo, do grupo de investigación Frente Norte.

Nota: Recentemente (marzo 2008) foron exumados vários cadáveres dunha foxa común, máis un nunha foxa a parte, certamente pertencentes ao Batallón Galicia. Estan-se a estudar os restos para a sua identificación. É moi probable que un dos atopados sexa José Moreno.

Despido na Cafetaría «O Finikito»

No caso da cafetaria «O Finikito» temos outro catálogo dos «trucos» habituais nas contratacións de hostelaria. Coñece-los axudara-che a lles poñer freo.

O pasado mércores 4 de abril unha camareira filiada à CNT era despedida de xeito fulminante da cafetaria «O Finikito» situada no centro comercial Área Central de Compostela. O motivo foi negar-se a asinar unha nómina na que se consignaba o pago dun salário por riba do que realmente recibia a traballadora.

A camareira despedida abria o local ás 8:30 e remataba a sua quenda às 14:30. O contrato, en cámbio, foi asinado por 4 horas diárias (de luns a venres) en lu-gar de 6 (de luns a sábado) que son as horas que efectivamente realizaba.

A traballadora asina estas condi-cións baixo ameaza de despedi-mento, xa que levaba máis de duas semanas traballando no momento da sinatura do contrato escrito («en el finikito las cosas son así y si no te gusta te vas y no voy a discutir delante de los clientes», dicia o señor Eduardo). A isto o empresário chama-lle pacto libre. Outra ameaza de despedimento produce-se após duas negativas a facer horas extra (horas que a traballadora indicou que non podia facer por incompatibilidade horária antes de iniciar-se a rela-ción laboral).

En Febreiro aparece en O Fini-kito unha Inspección de Traballo. Preguntada a compañeira despedi-da acerca do seu horário, esta res-ponde a realidade (6 horas ao dia de luns a sábado). A inspección só funcionou parcialmente, no senso de amedrentar ao em-presário a respeito da posibilidade de que unha nova inspección se produ-cise en sábado, dia polo que non estaba sequera contratada, polo que o señor Eduardo ampliou o contrato incluindo os sábados.

A consecuéncia foi que a pri-meira nómina referida ao periodo de cotización completo dun mes a 25 horas semanais (a compa-ñeira facia 36), daba unha canti-dade superior aos 600 euros, que paga-ba en man. Negando-se Edu-ardo a pagar a cantidade establecida na nómina (70 euros de dife-réncia) en claro castigo por delatá-lo ante a inspección, a traballadora di que non asina. O despedimento é inmediato: «No te voy a pagar más de 600, no discutas delante de los clientes y estás despedida». Obviamente non chegou a pagar-lle nada.

A sobérbia empresarial mani-festada na exixéncia de total su-misión que chega aos extremos de obrigar a asinar recibos que non se

reciben, non pagar os festivos tra-ballados nen recuperar os mesmos con outro dia libre ou conceder só 22 dias naturais de vacacións. Calquera negativa a todos estes abusos é respostada co despedi-mento. Sabendo o empresário que a xente necesita traballar para sobrevivir, pagar o piso e comer, coloca-o nunha situación de im-punidade e de absoluta conciéncia de que pode facer o que queira coas traballadoras, que se atopan à sua mercede, sendo as suas vidas unha propiedade máis.

Desde a CNT de Compostela exiximos a readmisión inmediata da compañeira no seu posto de traballo. Con este motivo damos comezo a unha campaña de boicot à cafetaria «O Finikito» entan-to non se produza esta readmisión, e como primeiro paso vári@s compañeir@s concentraban-se nas portas do establecemento para informar aos consumidores da cafetaria, aos clientes de Área cen-tral e à veciñanza das Fontiñas das prácticas anti-operários que gosta de practicar o señor Eduardo.

Pregamos-vos estexades aten-t@s á nosa páxina web (www. cnt-galiza.org) para seguir a evolución dos acontecementos.

A SGAE demanda a CNT

Os nomes do BatallónAlbino Domínguez Márquez. Nado

en Pontevedra en 1914. Labrador, afiliado à CNT.

Emilio Novás Naya. Nado en Vilaboa-Culleredo, A Coruña en 1905. Cociñeiro, afiliado à CNT.

Enrique Garcia Lago. Nado en Armero, Santander en 1905. Mariñeiro, afiliado à CNT.

Jaime Machicado Lorente. Nado en Ribadesella, viciño de Gijón. Confi-teiro afiliado à CNT e membro da FAI.

José Moreno Torres. nado no bai-rro coruñes de Vioño en 1904. Panadei-ro, afiliado à CNT. Iniciou seu contacto co anarquismo en New York dentro da nutri-da colónia anarquista galega. Volta à Galiza coa chegada da segunda República e é recoñecido como grande orador, percorre

todo o país dando mitins. Foi director do periódico «Solidaridad Obrera» e secretá-rio xeral da fortísima Federación Local de Sindicatos da Coruña.

Luís Rafael Villar Sánchez. Nado en 1910 en Vigo. Debuxante, afiliado à CNT.

Manuel Ramos Escariz. Nado en Santiago en 1912. militante do sindicato de industria pesqueira de Cariño.

Maximino Martínez Fernández. Nado en Outes, A Coruña, en 1909, Ma-riñeiro, afiliado à CNT.

Odilio Masid Masid. Nado en Pi-ñor, Ourense. Labrador, afiliado na CNT.

Manuel Bugallo Lois. Nado en For-carei en 1913. Canteiro, afiliado à CNT.

? Martínez Castro. Miliciano Coru-ñés, de vida descoñecida. Enterrado na Fonsagrada.

A Sociedade Xeral de Autores ten demandado à CNT por soli-darizar-se cun portal de internet anarquista. Non é unha prática novidosa nesta asociación pre-tender gozar, a golpe de demanda, dunha imaxe honorábel e respe-tábel. Temos que supor que in-tenta desesperadamente conseguir certa reputación anque esta pro-veña únicamente dos tribunais. Nós entendemos o significado que ten a palabra prestíxio, sen dúbida algunha gozamos del en certos médios laborais e é algo que temos gañado co tempo e sobre todo cunha determinada maneira de comportar-nos; tambén coñe-cemos o significado da difamación e do que acarrexa, pero sen dúbida son os nosos actos os que non deian lugar à dúbida sobre o que representamos.

Fomos fieis aos nosos princí-pios de acción direta e, antes de realizar as alegacións legais perti-nentes, iniciamos os contatos coa SGAE para coñecer de primeira man o seu malestar e as posibilida-des de solucionar o conflicto fora dos tribunais. Temos que dicer que nos sorprendeu a actitude da demandante ao recibirnos e enta-blar un diálogo sosegado cun sim-ples obreir@s. As pretensións da

SGAE son sen dúbida razonabeis e en absoluto desproporcionadas. Entre elas, a de desculpar-nos polo artículo de solidariedad emitido polo Sindicato de Artes Gráficas de Madrid, esgrimindo a razón de que fora emitido de forma individual e non compartida polo órgano de go-verno da CNT.

Sen dúbida algunha así foi, pois na nosa Organización non existe nengún órgano de governo e a nosa identidade é xenuinamente liber-tária, non simplesmente de maneira formal senon real. O Sin-dicato de Artes Gráficas expresou con maior ou menor acerto o que a sociedade percebe da SGAE e dos seus representantes, o que sosteñen miles de individu@s dia a dia e o que a SGAE nega-se a entender. É certo que hai formas de manifestar un desacordo pero non é menos certo que a raiba e a impoténcia históricamente nos conduciu ao sarcasmo e à esaxe-ración para ridiculizar aos poderosos e os intocabeis.

Facendo un pequeno esfor-zo poderiamos agradecer aos xerentes da SGAE se tivesen a ben a retirada da demanda interposta contra a CNT e, xa de paso, a interposta ao portal

alasbarricadas. Seria sen dúbida un grande paso para conseguir ese pretendido respeto dunha forma muito máis íntegra e ho-nesta. Se ademáis democratizan a sua estrutura interna, defenden unha cultura libre e ao alcance de tod@s, sen necesidade de intimidar a ninguén con accións legais ou represivas, fan chegar aos menos favorecid@s a dignidade da música, as letras ou o cinema que din representar, esto seria excelente. Estamos segur@s que a infi-nidade de autor@s que simbolizan outro tipo de valores gostaria-lles que a SGAE fose máis coñecida polo desenvolvemento da cultura en todos os ámbitos que como os irmáns xémeos dos cobradores do frac.