O mar e os seus oficios Mulleres da costa da morte · Na vila mariñeira de Corme descubrirás en...

6
Na Costa da Morte as mulleres xogan un papel fundamental nos oficios do mar. En base ao seu traballo susténtanse centos de familias neste litoral atlántico, tan agreste e belo á vez. De aí procede o seu forte carácter, marcado de duras experiencias, que elas contan cun humor e orgullo difícil de esquecer. Ven e coñece como tecen as redes en Malpica e Corme. Descobre de onde procede o que din é o mellor percebe do mundo e un dos máis saborosos berberechos de todo o litoral galego. 2 DÍAS (2 días - 1 noite) 60 KM 5 CONCELLOS Malpica, Corme, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe MULLERES DA COSTA DA MORTE a. Malpica e o seu Porto b. Redeiras Illa da Estrela de Corme c. Corme aldea e Porto d. Faro e Percebeiras do Roncudo e. Monte Branco f. Praia de Balarés g. Agrupación de Mariscadoras do Río Anllóns h. Porto e Faro de Laxe Malpica Corme Cabana de Bergantiños Ponteceso Laxe a b d c e f g h

Transcript of O mar e os seus oficios Mulleres da costa da morte · Na vila mariñeira de Corme descubrirás en...

Page 1: O mar e os seus oficios Mulleres da costa da morte · Na vila mariñeira de Corme descubrirás en cada recuncho un encanto de séculos de historia vividos en íntima relación co

Na Costa da Morte as mulleres xogan un papel fundamental nos oficios do mar. En base ao seu traballo susténtanse centos de familias neste litoral atlántico, tan agreste e belo á vez. De aí procede o seu forte carácter, marcado de duras experiencias, que elas contan cun humor e orgullo difícil de esquecer. Ven e coñece como tecen as redes en Malpica e Corme. Descobre de onde procede o que din é o mellor percebe do mundo e un dos máis saborosos berberechos de todo o litoral galego.

2 DÍAS (2 días - 1 noite)

60 KM

5 CONCELLOSMalpica, Corme, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe

MULLERES DACOSTA DA MORTE

a. Malpica e o seu Portob. Redeiras Illa da Estrela de Cormec. Corme aldea e Portod. Faro e Percebeiras do Roncudoe. Monte Brancof. Praia de Balarésg. Agrupación de Mariscadoras do Río Anllónsh. Porto e Faro de Laxe

Malpica

Corme

Cabana de Bergantiños

PontecesoLaxe

a

b

dce f

gh

Page 2: O mar e os seus oficios Mulleres da costa da morte · Na vila mariñeira de Corme descubrirás en cada recuncho un encanto de séculos de historia vividos en íntima relación co

O mar é unha presenza constante na poboación de Malpica. Pérdete polas estreitas rúas e suxestivos recunchos do seu núcleo urbano. Accede facilmente ao seu porto, onde se rexistra actividade ao longo de todo o día. O momento máis idóneo? Ao amencer, durante a poxa do peixe na lonxa. De verdade vasto a perder?

Datos de interese: Porto Norte – R/Eduardo Vila Fano s/n, 15113 Malpica de Bergantiños, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/el-mar-y-sus-oficios/malpica-e-o-seu-portoDistancia ao seguinte punto de visita: 19 km

MALPICA E O SEU PORTO

DÍA 1a

Mulleres da Costa da Morte

Page 3: O mar e os seus oficios Mulleres da costa da morte · Na vila mariñeira de Corme descubrirás en cada recuncho un encanto de séculos de historia vividos en íntima relación co

Datos de interese: Puerto s/n Corme – Ponteceso, A Coruña. Teléfono 981 738 043. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/el-mar-y-sus-oficios/corme-aldea-e-corme-portoDistancia ao seguinte punto de visita: 3 km

CORME ALDEA E PORTO

Na vila mariñeira de Corme descubrirás en cada recuncho un encanto de séculos de historia vividos en íntima relación co mar. A través das súas rúas estreitas e as súas casas de rechamantes cores, serás testemuña da personalidade da Costa da Morte, unha terra recia, pero abundante en recunchos de gran beleza. No seu porto, un dos primeiros de Galicia, á vista dos barcos que entran e saen, a imaxinación levarate ao mesmo océano onde miles de mariñeiros perderon a vida mentres faenaban no mar.

Datos de interese: C/ Toural Nº 229, Corme, A Coruña. Teléfono 635 891 403. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/node/3008Duración aproximada da visita: 40 minDistancia ao seguinte punto de visita: 5 km

c

REDEIRAS ILLA DA ESTRELA DE CORMEb

Brindámosche a oportunidade de coñecer o traballo, o oficio, a cultura e a tradición das redeiras, un oficio tan importante como pouco visibilizado. A través desta visita elas mesmas explicaranche o oficio de confección e conservación das artes, ferramentas e útiles de pesca que utilizan, e a importancia que esta actividade ten para a xente do mar e as súas vidas. Ademais, sorprenderaste ao coñecer como estas creativas e loitadoras mulleres innovaron levando as súas técnicas artesanais ao mundo dos complementos, ata o punto de converterse nun verdadeiro reclamo e imaxe da Artesanía galega.

Mulleres da Costa da Morte

Page 4: O mar e os seus oficios Mulleres da costa da morte · Na vila mariñeira de Corme descubrirás en cada recuncho un encanto de séculos de historia vividos en íntima relación co

E desde o Monte Branco, poderás gozar dunha espectacular posta de sol sobre o estuario do Río Anllóns, declarado Lugar de Interese Comunitario e Zona de Especial Protección de Aves, onde te atoparás coas dunas da barra á desembocadura do Río Anllóns. Un rico ecosistema cheo de flora e fauna singular!

Datos de interese: Monte Branco, Ponteceso, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/el-mar-y-sus-oficios/monte-brancoDistancia ao seguinte punto de visita: 3 km

Datos de interese: Faro del Roncudo, 15114 Ponteceso, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/el-mar-y-sus-oficios/faro-e-percebeiras-do-roncudoDistancia ao seguinte punto de visita: 13 km

FARO E PERCEBEIRAS DO RONCUDO

E non podes deixar este lugar sen achegarche ao Faro do Roncudo, onde tan soados son os percebes das súas rocas, como as historias dos seus naufraxios. Mostra diso son as cruces que atoparás ao pé do cantil, recordo das vidas que se levou este bravo mar. Alí, con sorte, poderás ver ás percebeiras coa súa “ferrada” na procura do rei do mar. Nesta pequena vila mariñeira, poderás degustar este saboroso produto. Dise que comer un percebe é como comer un anaco do océano. Ven e compróbao ti mesmo!

d

MONTE BRANCOe

Mulleres da Costa da Morte

Page 5: O mar e os seus oficios Mulleres da costa da morte · Na vila mariñeira de Corme descubrirás en cada recuncho un encanto de séculos de historia vividos en íntima relación co

DÍA 2

Datos de interese: Balarés, 15110, Ponteceso, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/el-mar-y-sus-oficios/praia-de-balaresDistancia ao seguinte punto de visita: 9 km

Datos de interese: A Carballa, s/n 15115 Cabana de Bergantiños, A Coruña. Teléfono 670 397 893. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/el-mar-y-sus-oficios/agrupacion-de-mariscadoras-rio-anllons

Duración aproximada da visita: 40 minDistancia ao seguinte punto de visita: 8 km

E despois de ver o estuario do Anllóns, seguro que te preguntas que produtos ofrece este rico ecosistema. Brindámosche a posibilidade de que coñezas o día a día da agrupación de mariscadoras que traballa nas súas augas, dedicada fundamentalmente á extracción de berberecho. Nas súas instalacións ensinarante a súa depuradora de circuíto pechado, proceso obrigatorio para a comercialización deste produto, e coñecerás de primeira man de que maneira se realiza, podendo adquirilo ao finalizar a visita.

AGRUPACIÓN DE MARISCADORAS RÍO ANLLÓNS

g

Para comezar ben o día, recomendámosche a visita a esta bonita praia da Costa da Morte. Descobre os restos dun antigo embarcadoiro situados nun extremo do areal... Sorprenderache saber que durante a Segunda Guerra Mundial era empregado para a exportación de wolframio, nunha praia onde tamén existiron na posguerra minas para a extracción de titanio.

PRAIA DE BALARÉSf

Mulleres da Costa da Morte

Page 6: O mar e os seus oficios Mulleres da costa da morte · Na vila mariñeira de Corme descubrirás en cada recuncho un encanto de séculos de historia vividos en íntima relación co

Datos de interese: Paseo Portuario s/n, 15117 Laxe, A Coruña. Teléfonos 981706965 // 98170690. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/el-mar-y-sus-oficios/o-porto-e-o-faro-de-laxe

A vila de Laxe está intimamente vinculada ao mar. Goza dunha visita polas instalacións do porto e a lonxa. Coñece o Museo do Mar, onde se recompilan numerosos documentos e obxectos relacionados coa vida cotiá na Costa da Morte. Achégate ao seu faro, onde a escultura dunha muller á espera do seu marido é testemuña de marabillosas vistas sobre o Atlántico. E non te esquezas de visitar a excepcional praia dos cristais, onde a area foi substituída por anaquiños de vidro multicolor procedentes dun antigo vertedoiro, que o mar puíu e devolveu a este fermoso recuncho da costa. Descálzate e goza!

PORTO E FARO DE LAXE

Distancia al siguiente punto de visita: 1 km

h.

Mulleres da Costa da Morte