O recuncho do profesor

22

description

Actividades na aula sobre a vida cotiá nas cidades romanas

Transcript of O recuncho do profesor

Page 1: O recuncho do profesor
Page 2: O recuncho do profesor

Índice

• PRESENTACIÓN

• PARACOMENZAR

• OIMPERIOROMANO:UNHAREDEDECIDADES

• COMOERAHISPANIA?

• QUEQUEDANOSQUEDADEROMANOS?

• TURISTASDEONTEEDEHOXE

• ASOCIEDADE:MOSAICODEDESIGUALDADES

• DIMECOMOVIVESEDIREICHEQUENES

• AHISTORIANARRADAENPRIMEIRAPERSOA

• DEASTÉRIXAGLADIATOR

• ANEXO

2

5

6

7

9

11

13

16

17

19

21

• QueéoRecunchodoProfesor?• ComoempregaroRecunchodoProfesor?• Recursoseferramentasdixitais• Participarnoblogueenascanles2.0deRomanorumVita

2234

Page 3: O recuncho do profesor

Presentación

Que é o Recuncho do Profesor?

É un espazo que propón un conxunto de actividades a partir dos contidos e recursos dixitais de RomanorumVita online.

O seu obxectivo é converterse nunhaferramentaparaoprofesor, con información e actividades para ampliar os temas vinculados á exposicin.

As propostas educativas incluídas no dosier están pensadas para preparar a visita pre-sencial á exposición ou ampliar coñecementos tras visitala. Non obstante, trátase dun material didáctico igualmente válido aínda que non se teña previsto visitar a mostra.

Como empregar o Recuncho do Profesor?Para facilitarlle o traballo ao profesor, o documento inclúe recomendacións sobre o nivel escolar ao que se dirixen as diferentes actividades, aínda que será o docente, en última instancia, quen decida sobre a súa idoneidade e adapteseasíoconsidera,asestra-texias para que as propostas conecten cos alumnos.

Con ese obxectivo, cadaactividadeetiquétasecoasmaterias desde as que se pode abordar total ou parcialmente.

O marco máis habitual para traballar estas propostas será, na maioría dos casos, Coñe-cemento do Medio Social e Cultural en primaria e Ciencias Sociais e Cultura Clásica na ESO, aínda que tamén se poden integrar desde a transversalidade curricular en mate-rias como Linguas, Latín, Historia da Arte, Filosofía, Plástica, Tecnoloxía, Matemáticas ou Cidadanía.

As etiquetas empregadas no documento son:

Primaria

CienciasSocials

Latín

CulturaClásica

HistoriadaArte

Linguas

Filosofía

Plástica

Tecnoloxía

Matemáticas

Cidadanía

CoñecementodoMedioSocialeCultural

Estas etiquetas combínanse con:

EducaciónSecundariaObrigatoria

Bacharelato

2

Page 4: O recuncho do profesor

Recursos e ferramentas dixitais

Os recursos que reúne RomanorumVita online documentanecomplementan a expo-sición presencial. Na proposta educativa realizouse unha importante tarefa para conec-tar os contidos desenvolvidos ex profeso con outros xa existentes na Internet.

Non só se lle pretende ofrecer ao docente unha selección de contidos dixitais de cali-dade, senón tamén promoverousodasferramentasdixitaisnaaula. O obxectivo é aproveitar as súas funcionalidades para compartir experiencias, xerar aprendizaxe colectiva, actualizar e visualizar datos ou reutilizar os contidos dispoñibles.

O equipo de RomanorumVita seguirá traballando na mellora de todos os contidos, in-corporando as achegas de docentes e visitantes.

RECURSOS A DISPOSICIÓN DO DOCENTE

Visita virtual á exposición RomanorumVita. Ademais de poder visitar virtual-mente a exposición, esta integra as voces de catro personaxes ficticios e algunhas citas históricas para facilitar a inmersión nunha cidade romana de hai 2.000 anos.

Catálogo en liña que documenta e profunda nos contidos da exposición.

Blogue coa lactualidade respecto ao itinerario da exposición. Este é o punto de encontro de visitantes, docentes e escolares. Inclúe as seccións “Recun-cho do Profesor”, “Organiza a túa visita”, “De excursión” e “Propostas interac-tivas”.

Canles 2.0 de RomanorumVita

Cunha selección de enlaces a outros recursos na rede que completan os propios da exposición.

Coas imaxes da exposición e do catálogo, así como as achegadas por visitantes, docentes e escolares.

Coas proxeccións audiovisuais da exposición, os vídeos de como se fixo e outros clips enviados por visitantes, docen-tes e escolares.

3

Page 5: O recuncho do profesor

Participar no blogue e nas canles 2.0 de ROMANORUM VITA O blogue de RomanorumVita é un magnífico espazo para recoller e compartir os dis-tintos usos e experiencias dos alumnos e os docentes: que gustou ou sorprende máis? Que outras actividades se idearon?

Tamén se pode participar na canle Delicious de RomanorumVita, rrecomendando ou-tros recursos dispoñibles na rede, e en Flickr, achegando todo o material gráfico elabo-rado nas propostas educativas.

4

Page 6: O recuncho do profesor

PARA COMEZAR…

SE NON COÑECES AÍNDA A EXPOSICIÓN…Propómosche comezar dando un paseo dixital por RomanorumVita para imaxinar como foi unha cidade romana.

Como eran os seus edificios? Quen transitaba polas súas rúas? Como ulía? Que sons se escoitaban?

E SE XA VISITASTES ROMANORUM VITA...Grazas á visita virtual podedes volver a percorrer as súas rúas e oír as voces dos habi-tantes da cidade.

5

Page 7: O recuncho do profesor

O imperio romano: Unha rede de cidades

Cal é o alcance do que chamamos Roma?

O obxectivo desta actividade é con-textualizaro Imperioromanoeasci-dadesnasqueseinspiraaexposición.

A reconstrución que propón a mostra baséase no estudo dos restos arqueolóxicos do século I d.C. de Pompeia, Herculano e Ostia, e en documentos históricos da época. Porén, Roma foi unha civilización de varios séculos, que se expandiu por gran parte de Europa, o norte de África e Oriente Medio.

RECURSOS

• Vídeo de introdución á exposición• Documental sobre Pompeia e Herculano• Reconstrución 3D de Pompeia• Web sobre Ostia (inclúe reconstrución 3D) • As ruínas de Pompeia en Google Maps • Historia sinxela de Roma • Mapa animado da expansión do Imperio romano

AnfiteatrodePompeya.Autor:PepoSegura©ObraSocial“laCaixa”

6

PROPOSTAS

Elaborar en grupo unha liñacronolóxica e un mapa nos que se vexa reflectida esta complexa civilización.

Situar Pompeia, Herculano e Ostia no mapa. Debater sobre as súas características: como era o seu clima, a súa orografía, a súa paisaxe, a súa accesibilidade? Que dis-tancia había entre elas e a capital do Imperio? Que actividades económicas se desen-volvían?

Page 8: O recuncho do profesor

Como era hispania?

O obxectivo é comparar Pompeia,Herculano e Ostia coas cidades deorixeromanamáispróximasaomediodoalumno.

A vida era igual en todas as cidades da antiga Roma? E en Hispania? En que se aseme-llaba e en que se diferenciaba? Analicemos como debía de ser a nosa cidade naquela época, o seu tamaño, a súa sostibilidade (agricultura, auga, comercio), o seu clima e outros condicionantes xeográficos.

RECURSOS

• Mapa de Hispania • Vídeo sobre Hispania• Google Maps

Autor:Wikieducativos.CC

7

Page 9: O recuncho do profesor

PROPOSTAS

Situar no mapa de Hispania as cidades de orixe romana que pola súa importancia resul-ten máis próximas aos alumnos.

Trazar as víasromanas que as unían. Completar o mapa con máis información sobre cada cidade: fotografías de restos arqueolóxicos, datos demográficos ou outras informa-cións que os alumnos poidan atopar.

O mapa pódese elaborar colectivaou individualmente. Cada alumno ou grupo de alumnos pode achegar información sobre unha determinada cidade ou un determinado eixe temático (imaxes de restos arqueolóxicos, detalles demográficos ou detalles das súas características xeográficas que permitan comparalas coa cidade de RomanorumVita).

Recoméndase a creación do mapa sobre a plataforma Google Maps para enriquecelo posteriormente, engadíndolle enlaces, fotografías, vídeos, etc.

O mapa elaborado pódese compartircoacomunidade de RomanorumVita publicando o enlace no blogue (mediante un post o entrada) ou enviándolo por correo electrónico.

8

Page 10: O recuncho do profesor

Que nos queda de romanos?

Pero…, aínda somos romanos?

Oobxectivoéinvestigarolegadoro-manoendiferentesámbitos.

O paseo polas rúas que propón a exposición resúltanos cotiá. Porén, o legado romano non se reduce ás pedras e os edificios. Na nosa vida cotiá podemos atopar multitude de exemplos do legado que a antiga civilización romana deixou no noso país: leis, linguas, urbanismo, calendario, expresións, etc.

RECURSOS

• Visita virtual a RomanorumVita• Artículo: “¿Que temos de romanos?”• Locucións latinas• Historia da arquitectura romana• Xestos da antiga Roma • Calendario romano• Wikispaces

Autor:Calafellvalo.CC

9

Page 11: O recuncho do profesor

PROPOSTAS

Debater sobre o conxunto do legado romano: lingua,leis,arquitectura,calendario,xestos.

Na clase de lingua, explicar a relación do castelán, o catalán, o galego ou o éuscaro co latín. Formular tamén un debate sobre frases como:

“Todos os camiños levan a Roma”, “Falando do rei de Roma” ou “Preguntando chégase a Roma.”

Cando as empregamos?

Pescudar sobre as orixes do noso calendario ou dalgúns xestos.

Pescudar sobre a arquitectura romana e ver que nos queda aínda dela.

Os alumnos poden compartir os seus exemplos ou reflexións nunha wiki. Nela pódense recompilar palabras, locucións, xestos, etc. A wiki permite participar nun proxectodeconstrucióncolaborativadecoñecemento.

Tamén se poden subir imaxes de xestos de orixe romana no Flickr da exposición.

10

Page 12: O recuncho do profesor

Turistas de onte e de hoxe

O obxectivo é identificar a herdanzaromanadasnosascidades.

Despois da visita a RomanorumVita resulta fácil identificar nas nosas cidades e vilas aqueles espazos ou elementos actuais con aspectos e usos iguais ou semellantes aos que tiñan eses ou outros elementos nas antigas cidades romanas. Onde atopar hoxe en día o foro, as termas ou as insulae?

©ConcellodeZaragoza Autor:Toprural.CC

RECURSOS

• Visita virtual a RomanorumVita• Vídeo de introdución a la exposición• Catálogo en liña• Historia da arquitectura: arquitectura romana• As ruínas de Pompeia en Google Maps• Flickr

11

PROPOSTAS

Paraalumnosdeprimaria

Realizar unha saída fotográfica pola cidade. Tomar imaxes de restos arqueolóxicos e de espazos de orixe romana (se os hai), así como de espazos modernos que nos lembren a cidade romana que vimos na exposición: a praza, a disposición das rúas, os comercios, etc.

Page 13: O recuncho do profesor

Seleccionar as mellores imaxes e publicalas no Flickr de RomanorumVita. Enriquecer estas imaxes indicando onde se tomou a fotografía, así como a súa orixe/semellanza romana.

Buscar en Flickr máis imaxes da nosa cidade ou doutras cidades que incorporasen outros visitantes. Podemos establecer relacións coas nosas ou sinxelamente realizar comentarios.

Paraalumnosdesecundaria

Realizar unha saídafotográfica. A partir das imaxes tomadas ou traballando con ma-pas, reflexionar sobre as cidades mediterráneas herdeiras do modelo de cidade romana.

Comparar a estrutura dalgunhas cidades españolas (a de residencia dos alumnos e outras importantes) co modelo de cidade romana. Para facelo podemos consultar vídeo de introdución á exposición, a visita virtual, o catálogo en líña ou as ruínas de Pompeia.

Debater sobre:

• A función da prazamaior como centro neurálxico da actividade social e comercial da cidade.

• A diversidade de usos dos edificios nunha mesma zona da cidade: comercio, vivenda, escolas.

• Os usos dos edificios en relación coa mobilidade, a vidasocial, os ruídos, o confort, etc.

• Como se abastecían de auga,materiaisdaconstrución e víveres as cidades romanas? E as nosas?

• Que papel desempeñou a potente rededecalzadasromanas no crecemento destas cidades por todo o Imperio? Comparala coas complexas redes de mobi lidade actuais: estradas, redes ferroviarias e tráfico aéreo.

Participar no Flickr de RomanorumVita publicando imaxes de construciónsromanastípicas (acuedutos, termas, rúas, etc.), vinculándoas aos seus referentes nas cidades actuais a partir das imaxes tomadas na saída fotográfica.

12

Page 14: O recuncho do profesor

A sociedade: mosaico de desigualdades

Que personaxe romano queres ser?

Oobxectivoéreflexionarsobrecomoseorganizabaasociedaderomana.

A democrática sociedade romana era tamén unha sociedade moi estratificada, con grandes diferenzas sociais. A visita virtual a RomanorumVita preséntannos algúns dos seus habitantes: unha muller e o seu fillo, un escravo e un peregrino. Podemos analizar os distintos roles sociais poñéndonos na pel dun romano.

RECURSOS

• Visita virtual a RomanorumVita• A muller na antigüidade clásica• Historia de Roma (inglés)• A clases sociales en Roma (inglés) • Orde social en Roma (inglés)• Estructura social en Roma • Woices• Youtube• Flickr• Delicious

Autor:Calafellvalo.CC

13

Page 15: O recuncho do profesor

PROPOSTAS

Paraalumnosdeprimariaysecundaria

Tras lembrar os contidos das voces do neno, a muller, o peregrino e o escravo recollidos na visita virtual, proporlles aos alumnos que se poñan no papel de diferentes perso-naxes da vida na antiga Roma.

As personaxes escollidas polos alumnos no seu conxunto deberán ser representativos da estrutura piramidal da sociedade romana. Poden ser algúns dos que se propoñen na exposición: un xastre, un cabaleiro, un senador, un maxistrado, un sacerdote, un lavandeiro, un obreiro, un hostaleiro, un escravo da panadaría e as súas mulleres e fillos.

Reflexionar desde a perspectiva actual sobre as vantaxes e inconvenientes de ser un ou outro personaxe.

Unha vez analizada esta cuestión, cada alumno pode crear unmonólogodepresen-tacióndoseupersonaxe, semellante ao que escoitou na visita virtual e usando como referencia os recursos que recolle Delicious de RomanorumVita.

Segundo os personaxes representados, agrupar os alumnos para crear escenastea-tralizadas que se localicen imaxinariamente nalgún dos espazos da exposición.

Os monólogos e escenas pódense gravar en formatoaudio a través da plataforma Woices de RomanorumVita. No caso de dispor dunha cámaradevídeo na escola, tamén se poden gravar en forma de pequenos clips e envialos ao blogue. Despois pu-blicaranse na canle de Youtube da exposición.

Desde estas plataformas (Woices e Youtube) tamén se poden recuperar os monólogos e escenas gravados por outras escolas, e contrastar os seus contidos cos traballados na aula.

Omonólogo:explicarquenéopersonaxeescollido,caléoseuroleestatusnaclasistasociedaderomana.Reflectirasvantaxesedesvan-taxesdopersonaxe.

14

Page 16: O recuncho do profesor

ParaalumnosdaclasedeCiudadanía

No contexto da materia de Cidadanía, profundar na sociedade romana. Comezar si-tuando os diferentes personaxes escollidos polos alumnos nunha pirámidesocial que evidencie a estratificación social de Roma.

Debater sobre o rol de la familia e da la mujer nesta sociedade. Esta reflexión pódese enfocar desde outras materias nunha análise máis interdisciplinaria. A partir da reflexión, crear unmuraldesíntesesobreasociedaderomana.

O mural pódese crear individualmente, ou en grupo para que cada alumno busque a información relativa a un dos temas e logo se constrúa o mural colectivamente.

Publicar os murais en formato imaxe no Flickr de RomanorumVita ou enviarlos por co-rreo electrónico ao blog da exposición.

Omural:debaterprimeirocolectivamenteosaspectosquesequerenreflectirnomural,quedescribanunhacidadetipo:modelo de familia, relacións home-muller, clases sociais, traballos e oficios, datos demo-gráficos(númerodehabitantes,inmigración,etc.).

15

Page 17: O recuncho do profesor

Dime como vives e direiche quen es

Oobxectivoéreflexionarsobrecomoo tipo de vivenda romana reflectía oestatussocialdosseushabitantes.

A domus que se reconstrúe na exposición é a casa dunha importante familia romana. Como sería a casa dunha familia con moitos fillos? E se o dono fose un xeneral romano, ou un comerciante?

RECURSOS

• Catálogo en liña• As ruínas de Pompeia• Simulación virtual dunha insula• Simulación virtual dunha domus• Vídeo 3D dunha domus• Manual do candidato• Flickr

PROPOSTAS

Deseñar unha casa (domus) ou bloquede pisos (insula) onde poderían vivir os perso-naxes que se traballaron na actividade anterior.

Por exemplo: un comerciante con familia numerosa, un soldado, un xeneral, a muller da lavandaría (fullonica), un candidato electoral, un escritor, unha prostituta, un construtor, un sacerdote ou un pontífice.

Reflexionar sobre detalles como o tamaño, a estrutura e o uso das dependencias, os materiais, a decoración, o mobiliario e a iluminación.

No exercicio ter en conta aspectos como a localización da cidade: clima, recursos hídri-cos, materiais construtivos dispoñibles, etc.

Publicar os deseños das diferentes casas en formato imaxe no Flickr deRomanorumVita, comentando as imaxes coa descrición da familia para a que foron deseñadas.

16

Page 18: O recuncho do profesor

A historia narrada en primeira persoa

RECURSOS

• Visita virtual• Catálogo en liña• Os grafitos de Pompeia en latín e inglés • Frases de Ulpiano e Séneca• Libro: El Satiricón de Petronio• Citas de personaxes romanos• A parede dos grafitos (proposta interactiva)• A publicidade en Roma• Blogspot

Que nos contan os propios romanos?

Oobxectivoécoñecerosaspectosdasociedaderomanaapartirdasfontesclásicas.

A numerosa documentación que chegou ata os nosos días achégannos un amplo co-ñecemento sobre Roma, os seus costumes, as súas cidades e o seu contexto histórico. Desde grafitos populares a escritos políticos, filosóficos ou literarios, estes textos amo-san a complexidade da vida na cidade romana e os seus problemas urbanísticos e de índole social.

GraffitidePompeia.Autor:PepoSeguraObraSocialFundación”laCaixa”

17

Page 19: O recuncho do profesor

PROPOSTAS

Propor a busca e selección doutros grafitosecitas que reflictan aspectos da vida cotiá da cidade e que completen os recollidos na visita virtual e no catálogo da exposición.

Para realizar a busca, os alumnos poden consultar os grafitos atopados en Pompeia, as frases de personaxes célebres como Ulpiano ou Séneca, as pasaxes do libro ElSatiri-cón, ou os escritos doutros autores e obras dispoñibles na Internet.

Pintar os grafitos seleccionados ou inventados polos propios alumnos a través da apli-cación de debuxo en liña da propuesta interactiva “A parede dos grafitos” recollida no blogue.

Se se traballa esta proposta na clasedeLatín, a selección de grafitos pódea realizar previamente o docente a partir de fontes orixinais en latín. Antes de debater sobre o punto da exposición no que poderiamos engadir a cita, pódese realizar unexerciciodetradución.

En paralelo ao exercicio anterior, pescudar sobre os diferentes formatos ou tipos de comunicación en la antigua Roma.

Proporlles aos alumnos a redacción e o deseño por grupos da ActaDiurna (noticiario diario sobre a actualidade da cidade), inspirada nos contidos da exposición.

Na acta pódense tratar os temas seguintes: • Información sobre o terremoto que destruíu Pompeia e Herculano • Un anuncio dun espectáculo de circo ou teatro • Unha noticia sobre a inauguración dun novo comercio • Un comentario sobre a última lei discutida no foro

Percorrendo novamente a exposición virtual pódense deseñar noticiarios moi variados, en soportedepapel ou dixital.

Para crear a versión dixital pódese utilizar unha aplicación de creación de blogues, onde se poderán maquetar todos os seus contidos.

Compartir os noticiarios elaborados coa comunidade de RomanorumVita enviándoos a través do blogue ou por correo electrónico.

18

Page 20: O recuncho do profesor

De Astérix a Gladiator

Os nosos referentes do mundo roman

Oobxectivoérelacionarcoñecemen-tos adquiridos sobre a antiga Romaconreferentesactuaisdaculturapo-pular:cine,cómic,novela,etc.

A nosa imaxe de Roma non sempre se basea nos resultados das investigacións históri-cas e arqueolóxicas. A miúdo vén condicionada por películas, novelas ou cómics. Gra-zas a Romanorum Vita e ás actividades realizadas, podemos descubrir que personaxes, escenas ou edificios destes referentes puideron ser reais e cales non.

RECURSOS

• Crítica histórica da película Gladiator• Crítica histórica da serie Hispania • Filmografía sobre a antiga Roma• Vídeo de como se fizo a película Gladiator• Os personaxes de Astérix

PROPOSTAS

Visionar na aula, total ou parcialmente, a película Gladiator ou algún dos capítulos da serieRoma (BBC).

Pódense escller outras películas ou series, como Ben-Hurou a serie Hispania (Ante-na3). Tamén se pode realizar o traballo a partir de cómics ou novelas.

Debater na aula sobre a obra seleccionada a partir de preguntas como:

•Comoserecoñeceaépocanaqueestápasandoahistoria? Aínda que na obra se indique de forma explícita, buscar outros indicios: fálase dun emperador, menciónase algún feito histórico que poidamos contrastar, etc.

•Quepersonaxespodemosidentificarquesexanrepresentativosdaestruturadasociedaderomana? Poderiámolos situar na pirámide social que construímos na pro-posta “A sociedade: mosaico de desigualdades”? Para cada un, comentar ata que punto a súa caracterización é rigorosa (vestiario, rela-cións familiares e sociais, educación, etc.).

19

Page 21: O recuncho do profesor

• Sobreosescenarios:podémolosidentificar?Sonboasasreproducións?Para cada escenario, comentar os indicios que nos axudan a localizalo. Realizar unha breve crítica sobre o rigor histórico da reprodución baseándonos no deseño, os materiais, a decoración, etc.

A partir da reflexión, elaborar unha crítica histórica e compartila coa comunidade de RomanorumVita a través do blogue. Tamén se poden comentar as críticas doutros usuarios xa existentes no blog de RomanorumVita ou na rede.

Presentar unha discusión sobre aimportanciadorigorhistórico nas películas, nove-las ou cómics, pese a ser contidos de ficción. Como se consegue isto?

Visionar el vídeo de como se fixo a exposición de Romanorum Vita e analizar o equipodeprofesionaisimplicado, así como as investigacións e fontes primarias das que se ha partiu.

Comparalo coa preparación dunha película como Gladiador ou imaxinar o proceso que hai que seguir para escribir un cómic ou unha novela histórica. Que precisamos buscar, investigar e consultar para conseguir unha boa contextualización e escenografía?

Revisar os créditosdapelícula, identificando os elementos que achegan calidade aos contidos e rigor nos decorados, o vestiario e outros elementos escénicos.

20

Page 22: O recuncho do profesor

Anexo

Principais aplicacións dixitais usadas no documento

• Flickr.com• Youtube.es• Delicious.com• Google Maps• Woices.com• Wikispaces.com• Blogspot.com

21