O RECUNCHO DA SEGUNDA VIDA - cme-espana.org...a importancia da reciclaxe, a reutilización e a...

4
O RECUNCHO DA SEGUNDA VIDA 1. Fomentar o compromiso polo dereito á educación e a participación entre a comunidade educativa, a contorna próxima e as familias. 2. Concienciar a sociedade, en especial as nenas e nenos, sobre o impacto que producen as accións humanas na contorna que nos rodea, tanto desde o punto de vista social e humano coma ambiental, especialmente nos ecosistemas mariños. 3. Promover a comprensión e análise crítica da profunda e complexa interconexión entre os distintos factores que inciden no medio ambiente e no benestar social, e pór de relevo a necesidade de que que tódalas persoas aborden xuntas e de forma construtiva os impactos negativos que provocan algúns destes factores. 4. Pór en valor o papel da educación como ferramenta para a construción de sociedades máis sostibles desde o punto de vista ambiental e social, de forma que sexamos quen de facer do mundo un lugar mais habitable para tódalas persoas en xeracións presentes e futuras. 5. Concienciar sobre o consumo execsivo de materiais plásticos e as súas consecuencias pondo en valor a importancia da reciclaxe, a reutilización e a redución do consumo deste tipo de materiais. Despois de termos traballado a unidade didáctica da Campaña Mundial pola Educación (CME) 2020, proponse a seguinte actividade de mobilización para levar a cabo nos centros educativos. Descrición: - A actividade está concibida para realizarse despois de ter traballado na aula, ou noutros grupos educativos non formais, as propostas educativas presentadas na unidade didáctica da CME para 2020. - Esta actividade foi deseñada para ser desenvolvida no contorno escolar. Máis adiante farase chegar unha proposta pensada para realizarse en espazos públicos. Obxectivos:

Transcript of O RECUNCHO DA SEGUNDA VIDA - cme-espana.org...a importancia da reciclaxe, a reutilización e a...

Page 1: O RECUNCHO DA SEGUNDA VIDA - cme-espana.org...a importancia da reciclaxe, a reutilización e a redución do consumo deste tipo de materiais. Despois de termos traballado a unidade

O RECUNCHODA SEGUNDA VIDA

1. Fomentar o compromiso polo dereito á educación e a participación entre a comunidade educativa, a contorna próxima e as familias.

2. Concienciar a sociedade, en especial as nenas e nenos, sobre o impacto que producen as accións humanas na contorna que nos rodea, tanto desde o punto de vista social e humano coma ambiental, especialmente nos ecosistemas mariños.

3. Promover a comprensión e análise crítica da profunda e complexa interconexión entre os distintos factores que inciden no medio ambiente e no benestar social, e pór de relevo a necesidade de que que tódalas persoas aborden xuntas e de forma construtiva os impactos negativos que provocan algúns destes factores.

4. Pór en valor o papel da educación como ferramenta para a construción de sociedades máis sostibles desde o punto de vista ambiental e social, de forma que sexamos quen de facer do mundo un lugar mais habitable para tódalas persoas en xeracións presentes e futuras.

5. Concienciar sobre o consumo execsivo de materiais plásticos e as súas consecuencias pondo en valor a importancia da reciclaxe, a reutilización e a redución do consumo deste tipo de materiais.

Despois de termos traballado a unidade didáctica da Campaña Mundial pola Educación (CME) 2020, proponse a seguinte actividade de mobilización para levar a cabo nos centros educativos.

Descrición:

- A actividade está concibida para realizarse despois de ter traballado na aula, ou noutros grupos educativos non formais, as propostas educativas presentadas na unidade didáctica da CME para 2020.

- Esta actividade foi deseñada para ser desenvolvida no contorno escolar. Máis adiante farase chegar unha proposta pensada para realizarse en espazos públicos.

Obxectivos:

Page 2: O RECUNCHO DA SEGUNDA VIDA - cme-espana.org...a importancia da reciclaxe, a reutilización e a redución do consumo deste tipo de materiais. Despois de termos traballado a unidade

conxuntamente cos residuos plásticos que se tiveren almacenado durante as semanas previas á realización da actividade.

Pediráselle aos/ás participantes que vaian gardando os residuos recollidos nalgún espazo do centro educativo, co obxectivo de lles dar unha segunda vida.

O RECUNCHO DA SEGUNDA VIDA

© B

rian

Yura

sits

1 Podedes atopar máis ideas na páxina web da preciosa iniciativa da asociación galega Mar de Fábula.

1

Para iso, pediremos que ao longo do curso vaian identificando todos os materiais plásticos que utilizan no seu día a dia, tanto na escola coma fóra dela (botellas, tapóns, bolsas, envases de alimentos, etc.) de forma que tomen conciencia da enorme cantidade de residuos plásticos que xeramos.

ESCULTURAS DE PLÁSTICO

O reto é reutilizar estes residuos para convertelos en esculturas, composicións artísticas que permitan dar visibilidade ao papel esencial da educación na loita contra as causas e efectos do cambio climático, pondo o foco na importancia de mudar os nosos patróns de produción e consumo (entre eles, o consumo de plásticos).

Propomos algo na liña das imaxes a continuación, pero máis centrado na temática educativa en vez de motivos mariños (lapis, libro, mesa, etc.).

Os nenos e nenas dividiranse por equipos e cada equipo debe pensar que quere representar coa súa estrutura e construíla

Na actividade de mobilización da SAME 2020, propomos que os e as participantes desenvolvan a súa creatividade para crear esculturas con plásticos reutilizados.

Se fose posible, convidarase os/as participantes a que organicen recollas de residuos en praias, ríos, lagos e outros ecosistemas acuáticos; esta actividade podería ser feita tamén en familia, de forma que a veciñanza, amizade e familia dos/as participantes se implique tamén no proxecto.

O

Page 3: O RECUNCHO DA SEGUNDA VIDA - cme-espana.org...a importancia da reciclaxe, a reutilización e a redución do consumo deste tipo de materiais. Despois de termos traballado a unidade

DEFENDEMOSA EDUCACIÓN,

SOSTEMOSO MUNDO

O RECUNCHO DA SEGUNDA VIDA

As esculturas/composicións de residuos plásticos elaborados polo alumnado colocaranse nun espazo reservado dentro do centro educativo, que se converterá no “Recuncho da segunda vida.”.

Propomos que este recuncho sexa un espazo para a reflexión conxunta do alumnado, o profesorado e, se fose posible, as familias, en torno á importancia da educación como ferramenta para salvar o planeta. Este “Recuncho da segunda vida” pode converterse tamén nun espazo aberto ás familias e ao conxunto da comunidade, ao xeito de pequena exposición artística na que os/as participantes poidan actuar como guías das persoas que a visiten.

Proponse, por exemplo, un día de “inauguración” desta exposición, no que os nenos, nenas, mozos e mozas poderán convidar persoas da súa contorna e explicarlles o proxecto. Desta maneira, a comunidade podería implicarse tamén neste “Recuncho da segunda vida”.

Propomos, a quen poida dar un paso máis no desenvolvemento da actividade, que a formule de xeito que as esculturas/composicións construídas estean relacionadas entre si e conten unha historia que mostre a relación entre a educación e a sostibilidade, especialmente en canto á preservación dos ecosistemas mariños.

Así, pediríaselle ao alumnado que, en primeiro lugar, reflexione sobre como mostrar este vencello a través dunha historia, e a seguir que pense en como contar esa historia a través de varias esculturas/composicións que dialoguen e se comuniquen entre si. Todas elas estarían tamén no noso recuncho da segunda vida.

Suxerimos tamén que se coloque neste “Recuncho da segunda vida” unha caixa de suxestións (que tamén pode fabricarse con residuos plásticos) no que o alumnado pode ir introducindo, escritas en papel reutilizado, as súas propostas sobre como eles/as

mesmos/as e a súa contorna poden reducir o consumo de plásticos e reutilizar este tipo de materiais, así como outras propostas para mellorar a sostibilidade ambiental.

Ademais, pediráselle aos nenos, nenas e mozas e mozos que propoñan medidas ás que o seu centro educativo ou grupo de educación non formal se poida comprometer para promover a sostibilidade ambiental e, máis especialmente, a preservación dos ambientes mariños e fluviais.

Desta maneira, poderán decatarse de que é posible loitar contra o cambio climático desde a súa contorna máis próxima, e que a súa implicación pode xerar cambios.

Por último, propomos que, a partir destas propostas dos/as participantes, cada centro educativo/grupo de educación non formal elabore a súa propia “Carta de compromiso polo clima”, na que se comprometa a pór en práctica algunhas das propostas do alumnado.

RESCATEMOSOS OCÉANOS!

Page 4: O RECUNCHO DA SEGUNDA VIDA - cme-espana.org...a importancia da reciclaxe, a reutilización e a redución do consumo deste tipo de materiais. Despois de termos traballado a unidade

RESCATEMOSOS OCÉANOS!

#SAME2020