O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

41
O FENÓMENO DO NARCOTRÁFICO EN COLOMBIA ENTRE 1985 E 1990 A TRAVÉS DA PRENSA ESPAÑOLA: EL PAÍS E CAMBIO 16 Adrián López Lorenzo Estefanía Rodríguez Gómez Laura Salgado Hermida Historia de América Contemporánea Ourense 2014

description

narco prensa

Transcript of O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

Page 1: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

O FENÓMENO DO

NARCOTRÁFICO EN

COLOMBIA ENTRE 1985 E

1990 A TRAVÉS DA PRENSA

ESPAÑOLA: EL PAÍS E

CAMBIO 16

Adrián López Lorenzo

Estefanía Rodríguez Gómez

Laura Salgado Hermida

Historia de América Contemporánea

Ourense 2014

Page 2: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

1

ÍNDICE

Introdución……………………………………………………………………...2

1. Aproximación ás fontes: Cambio 16 e El País……………………………...3

1. A mafia colombiana………………………………………………………….4

2. Perfil do narcotraficante…………………………………………………….6

3. ¿Narcoguerrilla?............................................................................................10

4. Efectos e impactos do narcotráfico………………………………………...12

4.1 A violencia………………………………………………………….12

4.2 A corrupción……………………………………………………….15

4.3 Inestabilidade democrática……………………………………….16

4.3.1 Barco e de Grieff………………………………………...18

4.4 O impacto económico do narcotráfico…………………………...20

5. A loita contra o narcotráfico……………………………………………….25

5.1 Unha guerra total………………………………………………….26

5.2 Relacións Colombia-EUA…………………………………………28

5.2.1 Tratado de extradición………………………………….28

5.2.2 Plan Colombia…………………………………………...30

5.3 ¿Está a funcionar?...........................................................................32

5.4 A legalización das drogas. Un longo debate……………………...33

5.5 ¿Qué facer?.......................................................................................34

6. Amodo de conclusión……………………………………………………….37

Bibliografía…………………………………………………………………….39

Page 3: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

2

Introdución

O narcotráfico é unha actividade ilegal consistente no cultivo, a fabricación, a

distribución, a venta e o control dos mercados da droga. Independentemente da

definición, o fenómeno do narcotráfico amósase como un dos máis relevantes e tamén

prexudiciais para as sociedades do globo. A súa repercusión sobre a economía dos

países, a violencia xerada, a corrupción ou os esforzos gobernamentais destinados a

erradicar esta actividade serán analizados ao longo deste traballo

1985 representa no contexto colombiano un momento convulso dende o punto

de vista político, e tamén representa un momento de gran expansión para os cárteles da

droga colombianos.

A nosa investigación xirará en torno ao diario El País e ao semanario Cambio

16, de modo que a hemeroteca de noticias relativas a Colombia no período comprendido

entre 1985 e 1990 será a clave. A repercusión do narcotráfico en páxinas dos medios de

comunicación españois amósanse de forma relativa; non hai dúbida de que o

narcotráfico e as súas consecuencias fundamentan unha preocupación relevante nas

políticas públicas americanas, pero moi dificilmente podemos concluír que esa mesma

preocupación se ve reflectida no contexto europeo.

Dende un punto de vista metodolóxico, as referencias ao narcotráfico

colombiano van a ser analizadas de forma individualizada primando o contido das

mesmas. A violencia, o perfil do narcotraficante e o contexto xeopolítico serán as

grandes áreas temáticas ás que faremos referencia, tendo especial coidado e intentando

analizar a economía colombiana e o que a droga, e máis concretamente a cocaína, supón

nela.

Na actualidade, o paradigma co que as drogas son tratadas por parte dos estados

parece estar a cambiar. Diferentes estados como Uruguai ou o estado de Colorado nos

EUA, veñen de aprobar recentemente diferentes leis que parecen ir en sentido contrario

ao paradigma de guerra total e tolerancia cero dos anos finais do século XX.

Conscientes deses posibles cambios, analizamos a prensa dos oitenta na procura de

trazas que nos indican que o debate sobre a legalización ven de moi lonxe, de modo que

nós mesmos queremos ser participes do mesmo.

Na actualidade, o fenómeno, lonxe de ser menos relevante que nos anos

dourados dos oitenta, é moito máis relevante tanto nos medios de comunicación coma

na extensión xeopolítica. Países como México sofren na actualidade os mesmos

problemas que a Colombia dos oitenta e dos noventa.

Page 4: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

3

1. Aproximación ás fontes: Cambio 16 y El País.

O semanario Cambio 16 é unha revista política española editada polo Grupo 16

nada o 22 de setembro de 1971. Os seus primeiros anos, pois, coincidiron co fin do

franquismo e a Transición, e avogaba por un sistema democrático para España. O estilo

e os obxectivos políticos do primeiro Cambio 16 están moi ligados a un dos seus 16

fundadores, Juan Tomás de Salas, quen aglutinou e liderou o concepto e lanzamento do

semanario.

Díaz Dorronsoro, quen realizou una monografía sobre a revista, opina sobre ela:

“fue el semanario de mayor tirada durante aquellos años y que, como apuntaron

entonces algunos especialistas, Cambio 16 se constituyó en un auténtico fenómeno

editorial sin precedentes con tiradas próximas al medio millón de ejemplares, una cifra

nunca alcanzada por otro semanario de calidad”1.

El País, xornal propiedade do Grupo PRISA (Promotora de Informaciones,

Sociedad Anónima) foi fundado por José Ortega Spottorno e saiu á luz por primeira vez

o 4 de maio de 1976, seis meses despois da morte de Franco, e a principios da transición

O seu primeiro director (ata 1988) foi Juan Luis Cebrián que viña, como moitos outros

xornalistas españois da época, do Diario Pueblo, órgano dos sindicatos verticais

franquistas. Dende a súa fundación, foi definido como un periódico independente, de

calidade, con vocación europea e defensor da democracia pluralista.

Os acontecementos do 23-F (foi o primeiro diario que saiu aquela noite

posicionándose claramente, e chamando aos cidadáns a manifestarse en favor da

democracia), e o triunfo por maioría absoluta do PSOE nas eleccións de 1982,

facilitaron que El País se consolidara, durante os anos 80, como líder da prensa

española, fronte a ABC, de tendencia máis conservadora, o seu principal rival naqueles

anos.

A principios dos 90, El País tivo que facer fronte a unha nova situación tanto

política como xornalística. O incremento da tensión política causado polos escándalos

de corrupción do goberno socialista de Felipe González bipolarizou tanto a política

española como a prensa. Os medios conservadores (El Mundo, ABC, La Razón),

considerados afíns ó Partido Popular, criticaron duramente a El País e ó resto de medios

propiedade do Grupo PRISA (Cadena SER e Canal+), de actuar en connivencia cos

intereses do PSOE. A pesares disto, El País logrou manter o seu liderado como diario

xeralista máis vendido de España.

1 DÍAZ DORRONSORO (2010)

Page 5: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

4

1. A mafia colombiana

A mafia colombiana, aparecida como tal nos anos sesenta, podería ser definida

coma unha simbiose entre elementos de tipo ancestral e de tipo moderno. A droga,

primeiro a marihuana e logo a cocaína, botan raíces nunha sociedade onde o

gamonalismo e o clientelismo está presente dende fai tempo, onde existe unha especie

de “cultura da ilegalidade” como algo tradicional.

As características máis concretas da mafia colombiana divididas en “ancestral” e

“moderna” maniféstanse respectivamente nos focos, central, con Gonzalo Rodríguez

Gacha ó fronte coma símbolo da “tradición e do campo” e o Antioqueño ou costeiro,

liderado por Pablo Escobar Gaviria na zona de maior desenvolvemento industrial e

comercial. De estas dúas “correntes” ou focos mafiosos (ambas integradas nos oitenta

dentro do “Cartel de Medellín”), ás que tamén se lle debe sumar a do Valle do Cauca,

emanan dous dos grupos armados máis importantes na historia recente de Colombia: os

paramilitares e os sicarios.

A mafia colombiana, ó igual que a “clásica” mafia siciliana, fundaméntanse nun

grupo de persoas, normalmente con relación de sangue, que estando en presenza dun

Estado e unhas autoridades “pouco eficientes” (no caso colombiano maniféstase de

maneira brutal a debilidade e corrupción do estado, así como una política que deixa de

lado aos estratos sociais máis desfavorecidos dos que principalmente proveñen os

membros da mafia) toman as rendas, e a través de actividades lícitas ou ilícitas,

xeralmente as segundas, crean una sistema de leis ou normas que soen ser transmitidas

de pais a fillos e están baixo o ditame dun xefe, un cacique que ofrece esa protección

paternalista, que fomenta dalgunha maneira o ascenso social. No caso colombiano, os

crioulos normalmente de clase media-baixa forman parte destas organizacións que

paulatinamente vanse ampliando na súa zona de influencia e captan, ademais, “adeptos”

polas súas obras a favor de certos sectores.

Sen embargo, a presenza de características da mafia norteamericana, orixinada

na mafia ítalo-americana (formada inicialmente por emigrantes sicilianos), tamén están

presentes no negocio do narcotráfico en Colombia, pois o afianzamento do narcotráfico

comeza nos setenta coa forte emigración de colombianos a Estados Unidos controlando

as redes de distribución e comercio de cocaína. Ao mesmo, tempo dentro destas

similitudes coa mafia norteamericana, se atopa tamén a dimensión de expansión de

mercados capitalista, a cocaína convertese agora nun produto máis na sociedade de

consumo.

Page 6: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

5

Dentro dos mafiosos “vallunos”, quizais os menos mencionados e perseguidos

pola súa menor relación cos grupos paramilitares e as guerrillas, atópase tamén unha

característica que é propia das mafias europeas, a sutileza nas acciones coa paulatina

infiltración desta organización nos organismos de poder político, digamos que a mafia

amplía a súa zona de influencia non solo no terreo da violencia senón no terreo da

legalidade. A infiltración na política e a mestura de accións legais e ilegais tamén está

presente no caso de Escobar, sen embargo, este non o fai dunha forma sutil senón

claramente aberta ao público; tanto este como Gacha, “El mexicano”, foron moi

populares e incluso considerados heroes entre as clases baixas entre as que eles, de

algún modo, promovían certa mobilidade e, ademais, das cales procedían. No caso de

Escobar isto está máis claro que en ningún outro mafioso, pois “El patrón” pasou de ser

un delincuente común a un “delincuente político”.

Quizais a dimensión máis importante do fenómeno mafioso sexa a violencia

xerada no país a raíz dos problemas internos deste e do xurdimento dos distintos grupos

armados sustentados pola mafia.

A profesionalización dos grupos armados coma un organismo de defensa dos

intereses da mafia da cocaína colombiana máis alá dun grupo de gardacostas persoais,

xurdiu a raíz do secuestro del Martha Nieves Ochoa polo M-19. Así, formouse o

primeiro grupo de sicarios profesionais, o MAS (Muerte a Secuestradores), coma un

grupo de defensa dos intereses dos mafiosos ricos loitando contra o secuestro e a

subversión, no cal foron invertidos máis de 400 millóns de pesos no momento da súa

creación. O gran número de vítimas dos primeiros ataques do MAS deixou clara a

intención e o poder da mafia. Posteriormente, o sicariato ligarase directamente á zona

do foco antioqueño e a Escobar, é dicir, ao ámbito máis urbano, exercendo a violencia

de forma exacerbada principalmente para saldar contas e eliminar a insubmisión; esta

modalidade de exercer a violencia proviña dos antigos “pájaros” (forma de chamar a un

bandoleiros que xurdiron nos anos cincuenta que actuaban á presa asasinando e fuxindo

rapidamente). A formación de sicarios, así como a inserción de persoal noutros grupos

armados sustentados pola mafia, provocou bastante ascenso social nas clases máis

baixas desamparadas polo estado colombiano: no caso dos sicarios para o

“adestramento” nas técnicas utilizadas, foi corrente o contrato de especialistas británicos

e israelís. Na zona do Valle do Cauca, sen embargo, o sicariato evolucionou de forma

distinta cos chamados “grupos de limpeza”, que se dedicaban a facer unha labor

“social” e “moralista” na cal eran eliminados os sectores da sociedade considerados

indesexables (menesterosos, cartoneros, basuqueros, prostitutas, homosexuais, etc.). A

acción destes grupos armados está ligada sobre todo a zonas urbanas vallunas, pero

tamén se teñen dado actuacións no rural.

Page 7: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

6

No caso máis rural, a manifestación da violencia ven de mans dos paramilitares

asociados ao foco central baixo liderado de “El mexicano”. A conversión de bandoleiros

en matóns da zona de esmeraldas foi dinamizada por la influencia da mafia colombiana,

dando lugar a un mellor estruturado e máis violento foco de paramilitarismo, utilizado

como vía de presión a apropiación de terras para o cultivo e, ao mesmo tempo, creando

unha guerra en defensa dos intereses mafiosos.

Por último, unha das formas de violencia tamén moi frecuentes e ligadas a este

fenómeno, é o terrorismo urbano (principalmente a través das bombas), moi presente a

partir do comezo da chamada “guerra contra as mafias”, onde os lugares públicos e

principalmente edificios do Estado, certos líderes políticos (fundamentalmente de

esquerdas), e as propias sedes dos partidos, foron os obxectivos dos ataques. Neste

momento, as accións “terroristas” crean unha enorme confusión, pois parecen

mesturarse diversos culpables tras a autoría dos atentados, empezando dende a mafia, os

grupos de dereita, os guerrilleiros, ou ata a DEA ou as propias forzas de seguridade do

Estado. A corrupción de todos estes grupos vese concretada en casos puntuais, onde é

invertida a culpabilidade do mafioso nun axente da lei que favorecía á mafia ou, polo

contrario, un mafioso que colabora coa xustiza.

2. Perfil do narcotraficante

Coa prohibición, produtores e traficantes formaron cárteles clandestinos

armados. Durante a década de 1980, ao incrementarse a demanda, os cárteles

expandíronse e organizáronse en grupos criminais de maior envergadura usualmente

liderados por un ou máis capos, como foi o caso do Cartel de Medellín, ou cun liderado

confederado, tal como sucedeu co Cártel de Cali ou o Cártel de Norte del Valle.

Algunhas destas organizacións criminais emprenderon guerras contra o Estado ao tratar

de evitar os tratados de extradición con Estados Unidos, e cometeron actos terroristas

contra a poboación civil, actos que se estenderon coa guerra entre cárteles. Xa nas

décadas de 1990 e 2000 varios destes cárteles consolidaron unha infiltración nas

institucións do Estado ao tempo que consolidaban igualmente as alianzas con grupos á

marxe da lei, incluídas guerrillas e paramilitares.

Os narcos empregaron xa dende un primeiro momento, organizacións

perfectamente adaptadas para o tipo de comercio que se requiría. Xurde dese modo unha

diversidade de cárteles que pugnan polo territorio en Colombia e pola venta da droga no

exterior. Cada unha destas organizacións non podía escapar das peculiaridades do narco

que estaba ao fronte. Deste modo podemos facer referencia a varias delas, e

Page 8: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

7

analizaremos como cada un destes persoeiros van sendo noticia ou non na prensa

española do momento.

O Cártel de Medellín foi unha organización delituosa orixinada na década de

1970. A organización mantivo o control e a distribución dos envíos de cocaína cara aos

Estados Unidos e outros países. Segundo varias noticias xornalísticas, estímase que

preto do 95% da cocaína era controlada polo cártel. Catalogado no seu momento como a

organización criminal máis perigosa en Colombia e do mundo, debido ao seu

«modus operandi», e polo feito de ser liderado polo narcotraficante Pablo Escobar.

Alcumado o “tsar da cocaína” ou “o patrón”, foi responsable de varios homicidios

perpetrados en contra de civís, membros da forza pública e personalidades importantes

como Luis Carlos Galán, un político e candidato á presidencia en representación do

Partido Liberal Colombiano, abatido nunha campaña electoral. Outro ataque atribuído a

Pablo Escobar foi o atentado ao edificio do DAS (Departamento Administrativo de

Seguridad), un ataque terrorista acontecido en 1989 que deixou un saldo de setenta

mortos e máis de cincocentos feridos. O cártel finalmente remataría desarticulado logo

do abatemento de Pablo Escobar por parte das autoridades colombianas, polo que

despois, o Cártel de Cali tomaría o relevo do control e tráfico de estupefacientes. Outros

membros importantes do cartel foron Jhon Jairo Velásquez Vásquez, alias “Popeye”,

xefe de sicarios do cártel, que asasinou a máis de duascentas persoas e foi un dos

principais contribuíntes do homicidio de tres mil, Gonzalo Rodríguez Gacha, alcumado

“El Mexicano”, Carlos Lehder, Fabio, Jorge Luis e Juan David Ochoa.

Pola súa parte, o Cártel de Cali xurdiu da man dos irmáns Miguel e Gilberto

Rodríguez Orejuela. Na súa época dourada, o Cártel de Cali foi sinalado polas

autoridades estadounidenses de ser o responsable do envío do 35% da cocaína que

chegaban ás rúas dese país, razón pola cal chegou a ser catalogado como a organización

criminal máis perigosa de Colombia tras a caída do Cártel de Medellín. Existiu dende a

década de 1985 ata 1995, cando foron capturados os irmáns Rodríguez Orejuela. Os

seus anos dourados foron os anos posteriores á caída do Cártel de Medellín.

O Cartel do Norte do Val, opera principalmente no Norte do Val do Cauca, ao

Sueste de Colombia, tivo un importante crecemento a mediados dos anos 1990, despois

de que os cárteles de Medellín e Cali se fragmentasen. Este tivo grandes golpes cando,

no ano 2008, o seu xefe Wílber Varela, alcume “Jabón”, fóra asasinado o 28 de xaneiro,

e os seus outros dous líderes, Juan Carlos Ramírez Abadía, alcume “Chupeta”, e Diego

León Montoya, fosen capturados.

A captura dun dos principais capos da mafia deuse en 1987, logo da detención

de Carlos Lehder, membro e fundador do Cártel de Medellín. Lehder foi extraditado aos

Estados Unidos e condenado a cadea perpetua e máis a 135 anos de cárcere, pero a súa

pena reduciuse a 55 anos logo de colaborar coa xustiza estadounidense. Ao momento da

captura, o narcotraficante encontrábase con outros dezasete integrantes na verea Los

Page 9: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

8

Toldos, un municipio de Antioquía. Lehder era un dos criminais máis buscados pola

DEUSA, proba diso foi o aplanamento realizado por parte da axencia a Illote Norman,

unha illa localizada na Bahamas onde Lehder executaba todas as súas operacións, pero

foi a policía nacional a que finalmente lle deu captura. O maior William Lemus (quen

estivo en fronte da operación) logo de decatarse da captura de Lehder exclamou:

“aparecéusenos a Virxe". Pouco despois, os membros da policía informaron ao entón

presidente de Colombia Virgilio Barco sobre a captura do capo en horas da mañá. Os

principais noticiarios e diarios en Estados Unidos publicaron inmediatamente a noticia,

logo da súa captura e posterior extradición. O periódico The Miami Herald publicou un

artigo relacionado coa captura de Lehder: « capturado capo colombiano da droga »,

mentres que varias cadeas televisivas como CBS e NBC emitiron a noticia. O noticiario

CNN tamén notificou os sucesos en horas da tarde. Políticos e altos funcionarios

estadounidenses mostráronse optimistas coa noticia. O senador Joseph Bidenes tendeu

as súas felicitacións ao goberno de Colombia ao afirmar: «é un acto verdadeiramente

valente», e dixo que o mandatario Virgilio Barco «detivo ao criminal número un do

hemisferio». John C.Lawn, quen se desempeñaba como director da DEUSA naquel

entón, foi un pouco máis crítico e obxectivo: “temos xa o primeiro, pero fáltannos tres

máis: Pablo Escobar, Jorge Luis Ochoa e Gonzalo Rodríguez Gacha”.

O perfil do narco dos anos 80 pouco ou nada vai a ter en común co perfil do

narcotraficante posterior, nese sentido, a morte de Pablo Escobar vai a supoñer un antes

e un despois para a vida destes persoeiros. A personalidade do gran narcotraficante dos

anos 80 amósase na prensa polo tratamento que diarios como El País fan dela. O narco

vai encarnar unha figura atractiva a nivel periodístico, moitos son artigos que intentan

amosar ao gran público a personalidade destes individuos con certa crítica pero tamén

con certo carácter laudatorio. El País publica o 7 de Xaneiro de 1987 un artigo en

referencia a Carlos Lehder e titula: “Lehder, un traficante de drogas pendenciero y

fascista” non será o único, e nel podemos descubrir unha figura excéntrica, saída dun

substrato económico baixo, cun marcado carácter violento, mullereiro e gustoso de ser

unha figura que dende o exterior e nun rápido exercicio crítico e a dun delincuente. O

perfil completase cando apreciamos que nas diversas entrevistas ou crónicas, o narco

deixa moi claras as súas posturas políticas, a extrema dereita e unha fervente

relixiosidade empapan á figura destes narcos dos oitenta dunha aura peculiar. Outro

exemplo sería o artigo de El País do 21 de Maio de 1988: “Lehder, el emperador de la

cocaína” e subtitula: ”El narcotraficante quería destruír la decadente sociedad

norteamericana”.

Amados nas súas cidades de orixe, considerados un exemplo a seguir pola

xuventude, son moitos os que se benefician do diñeiro da droga e diversos os seus

intentos incluso de facer carreira na política. A figura de Lehder vai a ser nestes

primeiros anos do lustro a máis tratada na prensa española, aínda que tamén figuras

importantes de Medellín como son os Ochoa. El País do 14 de Febreiro de 1987, titula:

Page 10: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

9

“Un almuerzo con doña Margot y las hermanas Ochoa”, un artigo de prensa que se

interna na vida familiar e privada do clan dos Ochoa e busca dar unha visión intima do

que a familia dun narco opina. O tratamento da prensa do momento asemella ser laxo en

canto a crítica e cortés no tratamento as diferentes figuras que teñen relación co

narcotráfico. Unha das irmás de Ochoa, secuestrada anos antes polo M-19 non dubida á

hora de dar a súa visión do narcotráfico. “La gente que está en este negocio no son

asesinos, son la misma gente que un día se dedicó a la venta de whisky” e tamén

cualifica a Lehder ou a Pablo Escobar como vítimas.

Tamén o semanal Cambio 16, no numero 873 fai diversos achegamentos á

mafia. Gonzalo San Segundo titula: “Los amigos españoles de narcotraficantes”.

Toureiros, avogados e empresarios da máis diversa índole figuran nestas páxinas. Aínda

que se nos me permite a indiscreción, ningún periodista ou cargo público do Estado

entre eles. Tamén referencia directa se fan coas conexións monetarias da mafia. Nun

subepígrafe faise referencia a “El cártel y la banca”, en clara alusión aos procesos de

lavado de diñeiro das mafias.

Pero o certo é que o panorama parece cambiar a partires do ano 1989. As figuras

máis importantes do cártel de Medellín atopábanse xa na diana das distintas autoridades

estatais, principalmente as de Estados Unidos, e deste xeito tamén nos diversos titulares

da prensa se percibe un cambio de escena. Os métodos mafiosos van a ser xeradores de

violencia masiva e neste eido destaca a figura de Pablo Escobar, o narco máis famoso da

historia, quen foi tamén un dos máis violentos. El País volve a titular en agosto de 1989:

“Los doce de la “coca””, e neste caso destácase a incesante busca dos Estados Unidos

de cara a obter o arresto de persoeiros tan importantes como o propio Escobar ou

Rodríguez Gacha. O tratamento das noticias é aparentemente significativo, xa que,

aquelas figuras pícaras de tempos anteriores van a ser criminais buscados polos Estados

Unidos para a empresa española. El País, do mesmo xeito, vai neste caso a facer fincapé

sobre a guerra de cárteles co intento de asasinato dos capos do cartel de Medellín polos

de Cali, ou da violencia desatada que se exemplifica no asasinato do ministro de Xustiza

ou do director do diario El espectador, Guillermo Cano.

Non seríamos fieis a realidade se afirmáramos que a violencia desatada por mor

do narcotráfico non era tomada en serio na prensa española. O fenómeno non pertencía

ao lustro ao que fai referencia a investigación que estamos a realizar. O narcotráfico é

moi anterior no tempo e o que ten que ver coa cocaína en Colombia, tamén. Pero a

relevancia coa que se refiren os diversos medios españois cambia. Nos primeiros anos

do lustro, escasamente El País fai referencia a episodios de violencia ou corrupción máis

alá de pequenas notas de prensa en páxinas residuais da sección internacional. Na nosa

división temática podemos atopar escasamente dúas noticias escritas a 5 columnas

mentres que esa realidade cambia ao analizar a partires de 1989. Na que nos chamamos

a figura do narco queremos analizar de primeira man non os actos, nin as accións que se

Page 11: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

10

toman contra os narcotraficantes, cousa que se fará con posterioridade, senón a figura

do narco nun momento no que o negocio da droga estaba repleto de personalismos.

En 1989, El País articula en varias ocasións a 5 columnas temas relacionados co

narcotráfico, a figura do sicario faise patente, nenos ou adolescentes que teñen como

aspiración máxima e ás veces como única saída unha vida preto dos cárteles. O 1 de

abril de 1990 El País titula “Asesinos de 15 años”, unha reportaxe de tres páxinas que

encabeza o suplemento do domingo. Por primeira vez na prensa revisada de cinco anos

o diario español asume con tanta relevancia unha noticia relacionada co narcotráfico.

Neste caso destácanse as consecuencias e as negatividades do narcotráfico (pode que

non de maneira directa, pero si con consecuencias a máis longo prazo). O fenómeno da

banda xuvenil entra en escena; as redes de narcotráfico empregan a peóns dende idades

moi temperás. Con titulares como “Recuerdo mucho la primera vez que maté” ou

“Sicarios” inténtase facer un retrato destas figuras que en moitas ocasións non chegan á

maioría de idade.

O narcotraficante de finais dos anos 80, polo tanto, vai a ser un persoeiro

excéntrico, pero tamén van a ser individuos de moito poder e moi poucos ou ningún

escrúpulo á hora de realizar os seus negocios. Figuras como Pablo Escobar farán correr

ríos de sangue e tinta case a partes iguais, e figuras como Ochoa, Lehder ou Gacha

compaxinarán figuras temibles e amadas. El País de novo titula o 12 de setembro de

1989 “La ley del silencio”, relato dunha poboación agradecida e amedrentada, pero que

ve como a galiña dos ovos de ouro pode desaparecer. Gacha morre nun enfrontamento

coa policía, e Pablo Escobar farao anos despois, outros ocuparían o seu lugar como

axentes no mercado negro da droga pero as estratexias non volverán ser as mesmas.

3. ¿Narcoguerrilla?

Cabe destacar a importancia das guerrillas e dos grupos paramilitares. O lustro

analizado a nivel da prensa sinala en varias ocasións a posible relación entre a guerrilla

e os cárteles do narcotráfico. O certo é que esta realidade foi negada en todo momento

por figuras como Escobar ou Lehder pero as investigacións de autores como Vargas

Meza ou Krauthausen demostran a convivencia de ambos fenómenos

Os diarios españois a finais da década dos 80 non amosaban claridade no

tratamento das noticias relacionadas cos grupos guerrilleiros ou paramilitares. Colombia

mantiña unha situación crítica no terreo político e igualmente as formacións de carácter

revolucionario xogaban un enorme papel desestabilizador para o estado colombiano. As

diversas notas de prensa ao respecto son moi variadas: o M-19 (sobre todo con motivo

da toma do Palacio de Xustiza, en Bogotá, en novembro de 1985) ou as FARC ocuparon

Page 12: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

11

titulares en diarios como El País ou en Cambio 16, pero a dificultade ven dada á hora de

interrelacionar estes grupos coa mafia, polo menos nestes primeiros momentos. El País

fai referencia o 22 de outubro de 1988 á “Alianza de la mafia y paramilitares en

Colombia, según un informe del congreso” e da opinión de Escobar cando rexeita de

maneira directa a súa relación coa guerrilla ao consideralo ideoloxicamente indigno,

como así se pode apreciar no artigo do 24 de novembro de 1985:

“Que me acusen de narcotraficante, vaya y venga. Pero que pretendan

presentarme como socio de la guerrilla, eso sí que no lo acepto, pues lesiona mi

dignidad personal.” (¿“Narcoguerrilla” en Colombia?, El País 24-XI-1985)

O certo é que este fenómeno, o da narcoguerrilla, que ao inicio parecía ser de

índole excepcional, como nos casos de Colombia e Perú, máis tarde se coñeceu que foi

a regra xeral en todas as agrupacións. Poucos son os artigos nos que narcotráfico e

guerrilla se mesturan na prensa española do segundo lustro da década dos 80. No caso

de Cambio 16, o semanario español reflexa o perigo da chamada narcoguerrilla no

número 873 de 1988; Carlos Alberto Montaner alerta no seu artigo: “El peligro es la

narcoguerrilla”.

Na actualidade sabemos por diversas fontes2 que a guerrilla das FARC iniciou a

comezos da década de 1980 os primeiros movementos en relación ao cultivo e tráfico de

drogas. A inclusión da guerrilla no narcotráfico supuxo outro problema, non só por

consolidarse como unha organización narcoguerrilleira, senón tamén polo feito de

implementar as denominadas « vacinas » ou imposto revolucionario. Segundo varios

informes relacionados en materia de seguridade, o grupo armado chegou a cobrar

40.000 dólares mensuais polo funcionamento dos laboratorios, e preto de 20 dólares por

cada quilogramo distribuído, sexa por vía terrestre ou fluvial.

Coa desmobilización das Autodefensas Unidas de Colombia (AUC) a mediados

de 2006, as denominadas Bandas emerxentes en Colombia (BACRIM) retomaron o

control de todas as actividades criminais deixadas polo grupo paramilitar e varios

narcotraficantes. A conformación destas organizacións insurxentes deixou centenares de

vítimas, e desestabilizou varios sectores do comercio. Crese que en 406 municipios de

Colombia operan as bandas criminais e que estas lograron unha alianza estratéxica con

outros grupos e bandas criminais como as FARC ou o ELN, entre outros. A alianza

obedece principalmente ao cultivo e tráfico de drogas, unha tarefa que xera ingresos e

sostén as finanzas destas organizacións. Segundo o goberno colombiano, as bandas

criminais son vistas como cárteles do narcotráfico que son combatidos exclusivamente

pola Policía, e está demostrado que son bandas con capacidade militar, campamentos,

armas, estrutura xerárquica e parecen aliados coa guerrilla.

2 VARGAS MEZA, R. (1999): páx 41

Page 13: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

12

4. Efectos e impactos do narcotráfico

O narcotráfico afecta a todos os eidos da vida cotiá. Fenómenos como a

violencia, a corrupción a todos os niveis (xustiza, policía, política…) ou os efectos que

ten economía sobre a economía dos países (como fenómeno plurinacional non só afecta

aos países produtores) serán algúns dos aspectos a tratar no seguinte apartado.

4.1 A Violencia

O fenómeno da violencia en Colombia configúrase non só como un

acontecemento unilateral senón como un collage de elementos nos cales no só intervén

soamente o Estado contra os narcotraficantes. Os sucesos relacionados coa violencia

acaecidos en Colombia entre a década dos oitenta e principios dos noventa, teñen como

trasfondo o narcotráfico “como principal causante do caos no país”; sen embargo, o

carácter internacional destes problemas está moi marcado, non só na participación dos

Estados Unidos na “guerra contra as drogas” senón tamén na intervención de outros

países no negocio do narcotráfico. E ao mesmo tempo os conflitos entre guerrillas, a

corrupción, e a aparente debilidade do Estado son partícipes nos sucesos violentos

colombianos.

A violencia, acompañou permanente ao proceso de cambio que sufriu a

sociedade colombiana dende os anos cincuenta ata hoxe, aínda que con intensidades

diversas. Dos paroxismos violentos de 1948-53 pasouse a unha fase de redución e

crecente pacificación, que levou os índices de violencia ao seu punto máis baixo cara

1965/70, cando as taxas de homicidios do país se acercaron ao nivel (por suposto alto)

dos Estados Unidos. Pero a partir de entón presentouse un crecemento continuo da

violencia, que afecta a todo o clima de vida do país. O repunte pode preceder algo ao

narcotráfico, pero sen dúbida coinciden as etapas grosas do seu crecemento coa

consolidación do mesmo Ata 1976 os homicidios aumentaron lentamente, e entre 1976

y 1985 aceleráronse gradualmente. Foi sen embargo a partir de 1985 cando as furias

parecen desatarse, nun crecemento rápido que durou ata 1991/92, cando comeza unha

estabilización ou un leve descenso. Pero non esquezamos os niveis: en 1994, en

Colombia morreron por homicidio, excluíndo os accidentes de tránsito e afines, unhas

26.000 persoas, é dicir, aproximadamente 75 persoas por cada 100.000 habitantes. En

cidades como Medellín, 2´5 de cada 1.000 habitantes morreron nese ano, despois de 3

anos de redución continua do seu nivel de violencia, que chegou ás taxas de 4 por 1.000

en 1991.

Esta violencia é exercida por toda clase de axentes: o enfrontamento entre a

guerrilla, os grupos privados antiguerrilleiros ("paramilitares") e o Estado, pode

Page 14: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

13

producir 3.000 ou 4.000 mortes anuais, a violencia urbana de todas clases unhas 15.000

mortes, e as violencias rurais diferentes entre 4.000-5.000 homicidios. Na violencia que

non está directamente ligada ao enfrontamento coa guerrilla, unha parte pequena é

causada polos enfrontamentos entre grupos de narcotraficantes, axustes de contas3, etc.

A maioría corresponde a unha acción de grupos de delincuentes indeterminados, a

pequenas rifas e atracos concentrados en grupos socialmente marxinais. Todas estas

formas de violencia entrelázanse e son difíciles de illar.

A tendencia xeral do periódico El País para describir a violencia en Colombia é

relatar o número de mortos ou o tipo de atentado. A medida que adiantamos no tempo

van aumentando o número de noticias relacionadas con asasinatos de políticos e da

guerra contra a droga, cada vez máis violenta.

Entre os anos 1986 e 1988 a publicación de artigos relacionados coa violencia en

Colombia é mínima, no que se fala de asasinatos a un embaixador, un periodista e o

secuestro do fiscal do Estado

La fuerza de las convicciones (el asesinato del periodista Guillermo Cano) (23-

XII-86)

La ‘mafia’ de la droga atenta contra un embajador colombiano (14-III-87)

Narcotraficantes colombianos secuestran al fiscal del Estado y matan al chófer

y al guardaespaldas (2-I-88)

En canto aos anos seguintes, parece como se a violencia crecera: aumenta o

número de atentados, asasinatos, secuestros, tiroteos...

Graves disturbios en Bogotá por la muerte de Antequera (05-III-89)

Rescatados ocho cadáveres de una enorme fosa común en Colombia (03-V-89)

Asesinado en Colombia a tiros un magistrado del Tribunal Superior (18-VIII-

89)

Asesinado en Bogotá por sicarios del narcotráfico el senador y el candidato

presidencial Galán (20-VIII-89) El presunto autor del asesinato de Galán se fuga de

la cárcel en Bogotá (20-IX-90)

Desbandada en Medellín ante la guerra a los ‘capos’ (28-VIII-89)

Tiroteo indiscriminado en el aeropuerto de Medellín (05-IX-89)

14 muertos en una oleada de atentados en Bogotá, Medellín y Cali (17-IX-89)

La ‘mafia’ del narcotráfico asesina a tiros a un juez del tribunal de Medellín

(18-X-89)

3 Cambio 16, nº 749 (07-IV-1986): “Colombia-USA: Cinco mil kilómetros para matar a un

soplón” páx. 129-130

Page 15: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

14

Los narcotraficantes atentan contra 21 policías en Medellín y matan a 5 (28-X-

89)

Colombia: dos periodistas heridos en un atentado (31-X-89)

Asesinados un diputado y una magistrada en Colombia por los narcotraficantes

(03-XI-89)

40 muertos y 800 heridos en un atentado contra el cuartel general de la policía

secreta colombiana (07-XII-89) Atentados terroristas de Pablo Escobar

O último titular fai referencia con bastante detalle ao atentado ó edificio do

DAS, un dos ataques terroristas que sufriu Colombia a finais da década dos anos

oitenta. Ocorreu o 6 de decembro de 1989 as 07:30. Unha poderosa carga explosiva de

aproximadamente 500 quilogramos de dinamita e camuflada nun bus da Empresa de

Acueduto e rede de sumidoiros de Bogotá, detonou fronte ás instalacións do

Departamento Administrativo de Seguridade (DAS) no sector de Paloquemao, en

Bogotá .

Morreron cerca de 104 persoas entre funcionarios, detectives e transeúntes así

como algúns dos encargados da instalación do carro bomba, ademais de 200 feridos. As

perdas materiais foron cuantiosas, non só no edificio (que quedou destruído na fachada),

senón tamén nas casas e negocios próximos.

O atentado foi atribuído ao Cártel de Medellín e, en consecuencia, a Pablo

Escobar Gaviria e Gonzalo Rodríguez Gacha, cuxa intención, na súa guerra contra o

Estado, era asasinar ao director do DAS, o Xeneral retirado Miguel Alfredo Maza

Márquez, que resultou ileso.

El jefe militar del ‘cartel de Medellín’ murió ametrallado cuando intentaba huir

del cerco policial (17-XII-89)

‘El Mexicano’ fue enterrado en una fosa común (18-XII-89)

Los ‘extraditables’ colombianos asesinan a 11 policías en la ciudad de Medellín

(05-IV-90)

El FBI detiene a un grupo de ‘narcos’ que intentaban exportar misiles a

Colombia (08-V-90)

Tres coches bomba siembran el terror en las ciudades de Bogotá y Cali (14-V-

90)

30 muertos en una noche de terror en Medellín (26-V-90)

Gaviria cree que el consumo de droga en España ayuda a la violencia en

Colombia (27-V-90)

Page 16: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

15

En Colombia se producen unos tres secuestros cada día a lo largo de todo el

año (22-IX-90)

Matanza en Colombia entre supuestos narcotraficantes (27-IX-90)

A violencia en Colombia é reflectida neste periódico como algo horroroso, sen

embargo, dáse unha imaxe mellor da que ocorreu na realidade, pois como constatamos

antes, o aumento moi notable da violencia comezou en 1985 cunha media aproximada

de máis dun morto por día, e comezou a estabilizarse en 1993 cando xa baixaron as

cifras. Os artigos de prensa referidos a este fenómeno só son numerosos a partir de

1989, momento no que a loita co narcotráfico tivo maior repercusión internacional.

Outro aspecto a destacar é o distinto trato ás vítimas, pois en xeral non se soe nomear

atentados se non morreu un alto cargo ou un periodista e, dentro destes personaxes,

dáselle moita máis importancia ás mortes destes últimos, facendo artigos máis extensos

e vangloriando aos caídos. Neste ámbito, El País parece darlle importancia maior a unha

vidas sobre outras.

Ataques a “El Espectador” de Bogotá nos anos 1986 e 1989.

Una ráfaga de metralleta acabó con la vida del director de ‘El Espectador’, de

Bogotá (19-XII-86)

Una bomba destroza el segundo diario de Colombia (03-IX-89)

“Seguimos adelante”, reta ‘El Espectador’ tras el atentado de la mafia

colombiana (04-IX-89)

Los narcoterroristas colombianos se ceban en el diario ‘El Espectador’ (12-X-

89)

4.2 A corrupción

O país tivo unha evolución constitucional e legal complexa e difícil. A pesar

dunha larga tradición de democracia electoral, e de niveis altos de participación cidadá

na política, a democracia colombiana foi controlada por grupos relativamente estreitos

ata mediados de século. Cando, en 1957, se derrocou o único réxime militar deste

século, coincidían os cambios sociais que facían necesario o funcionamento dunha

democracia de masas coa urxencia de encontrar un modus vivendi entre liberais e

conservadores. O que quedou foi un sistema democrático con limitacións importantes,

que duraron ata 1974, e unha estrutura política que non se adecuou con suficiente

rapidez ás transformacións sociais e ás demandas de participación da cidadanía. En boa

parte, os conflitos sociais dos últimos trinta anos desprazáronse cara a confrontación

Page 17: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

16

social extralegal (paros cívicos, pequenas asonadas), mentres os partidos consolidaron

unha estrutura de poder centrada en clientelas relativamente manipulativas. Isto deu pé

para frecuentes afirmacións sobre o carácter non democrático da estrutura política, sobre

a persistencia do poder dunha estreita oligarquía dominante, non moi exactas pero

baseadas en feitos reais da sociedade: se as normas legais e constitucionais, usualmente

respectadas, definían un sistema representativo e democrático, o recurso xeneralizado á

violencia bloqueaba a acción social e política de moitos sectores e inhibía a

participación. Tales ideas teñen estado tamén na base da retórica ca cal a guerrilla

xustifica ata hoxe a súa acción armada contra o sistema, que estivo acompañada

usualmente de participación nas eleccións por parte de representantes indirectos dos

mesmos grupos guerrilleiros. Resulta significativo que en medio do paroxismo de

violencia de 1989-91 se buscara resolver a fondo este problema, mediante unha reforma

constitucional de orientación moi participativa, descentralista e creadora de amplos

mecanismos de defensa dos dereitos cidadáns.

Como xa falamos anteriormente, a sociedade colombiana dos anos oitenta bebía

dunha xa tradicional “cultura da ilegalidade” tamén entendida como una cultura da

corrupción, pois ao traspasalo ao ámbito político ou ao policial seguía presente. De

feito, aínda hoxe en día é bastante normal a sucesión de cargos político de pais a fillos,

mantendo o poder dentro dun grupo reducido. El País referencia nos seus artigos esta

corrupción a partir do ano 1989, algo quizais conectado cos últimos anos da guerra

contra as mafias, onde tanto dentro da mafia coma fóra comezan a ser procesados “os

culpables” do caos que viviu Colombia durante moitos anos.

Un ex agente denuncia lazos policiales, militares y empresariales con los

‘capos’ (29-VIII-89)

Todos los políticos colombianos han recibido fondos del narcotráfico, según los

vetados por Estados Unidos (22-IX-89)

Narcotraficantes colombianos se abastecen de armas en EEUU (02-XI-89)

Dos viejos enemigos de armas colombianos unidos en una coalición política

(08-II-90)

Un ex director de la policía colombiana, implicado con el narcotráfico (08-VII-

90)

É curioso que o número de noticias relacionadas con corrupción sexa tan

pequeno cando, no caso da violencia, acúsase sempre aos mafiosos pero rara vez a

guerrillas ou ás propias forzas de seguridade do de Estado, que na súa pugna interna

asemellan estar en ocasión tras certos actos de terrorismo urbano.

Aínda hoxe en día a policía colombiana está pouco profesionalizada e

especializada, e a distribución das tropas policiais é nefasta, pois aínda existen cidades

Page 18: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

17

de bastante envergadura que se atopan sen ningún axente. Nesta época a institución

policial aparecía fraccionada, con sinais preocupantes de falta de unidade institucional e

con casos de corrupción.

4.3 Inestabilidade democrática

O auxe do tráfico de drogas en Colombia significou a aparición dunha nova

clase social, non exenta de aspiracións políticas, o cal puxo en perigo a estabilidade

democrática. As institucións que tiveron que enfrontar os ataques das organizacións

criminais do terrorismo mostraría pronto a súa permeabilidade á corrupción. A

Colombia tomaríalle máis dunha década recuperar a confianza na súa capacidade para

facerlle fronte ás organizacións criminais, e cando puxo fin ao Cártel de Medellín, o

costo pagado pola sociedade fora enorme.

O ex ministro de facenda da administración Barco, ingresou nas filas da

campaña de Luis Carlos Galán en 1989 coma xefe de debate da mesma. Ambos

compartiran unha visión sobre o que resultaba indispensable para modernizar o

liberalismo. Galán comprendeu que só podía modernizar o partido desde dentro e o

partido deuse conta que perdería o poder das eleccións en 1990 se Galán se mantiña

aparte. É así como se levou a cabo a unión liberal.

En 1989 Galán foi informado do descubrimento dun plan para atentar contra a

súa vida. Foi claro entón dende ese momento o combate que tería o novo liberalismo

contra o Cártel de Medellín, propiciado polo rexeito que fixo Galán á solicitude de

ingresar no novo liberalismo por ter estado na lista e como suplencia Pablo Escobar e

Gonzalo Rodríguez Gacha “El mexicano”. Galán, invitado de maneira insistente,

accedera a asistir a una manifestación política en Soacha, e aproximadamente ás seis da

tarde entrou no seu automóbil blindado, colocouse o chaleco antibalas e, rodeado pola

nova agrupación de gardacostas asignados polo DAS, dirixiuse a Soacha entre as

multitudes que o aclamaban. Poucos minutos despois, cando iniciaba o seu discurso, un

número aínda indeterminado de sicarios perfectamente coordinado, abriu fogo contra o

precandidato con metralladoras Uzi; Galán foi arrastrado inconsciente ata un automóbil

e alí iniciou un percorrido incesante entre o tráfico da capital que o levaría primeiro ao

centro de saúde de Bosa, onde no existían os medios para brindarlle apoio algún, e logo

ao hospital Kennedy, a onde chegou xa sen vida.

De maneira case unánime, o movemento galanista escolleu a Gaviria como su

sucesor. Gaviria era economista da Universidade dos Andes, concelleiro de Pereira aos

21 anos, presente na cámara de representantes en 1974, en 1975 alcalde de Pereira,

viceministro de desenvolvemento e presidente da cámara de representantes e ministro

Page 19: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

18

de facenda. Tales cargos contribuíron a acrecentar a súa figura na opinión pública de

cara ás eleccións do 90.

O 11 de marzo de 1990 Gaviria derrotou a Samper e a Duran na consulta

popular. Esta elección foi a última que utilizou o antigo sistema da papeleta, substituído

nas eleccións de maio pola tarxeta electoral. O 27 de maio Gaviria Trujillo foi elixido

presidente da república e o seu gabinete foi o primeiro gabinete multipartidista que viu o

país dende o fronte nacional. En exercicio dos seus dereitos, Gaviria nomeou o primeiro

ministro civil de defensa en décadas: Rafael Pardo Rueda. O goberno gozara dunha

popularidade sen precedentes durante ano e medio. Pero había, sen embargo, uns signos

preocupantes, e o que derrubaría a popularidade do goberno foi o abrupto e dramático

razoamento de enerxía adoptado a comezos do mes de marzo de 1992, que no seu

momento deixou sen enerxía aos colombiano por máis de oito horas diarias. Tal feito

debeuse a que o verán do 91 e comezos do 92 fora o máis seco en decenas de anos, pero

non só por iso, senón tamén polo modelo de xeración eléctrica do país e a corrupción

dalgúns proxectos, como a hidroeléctrica del Guavio. Gaviria e o seu ministro de

facenda, Rudolf Hommes, impulsaron unha reforma tributaria cuxa aprobación

representoulle a recuperación da súa forza política. Dita reforma buscaba compensar a

redución de impostos a materias primas e ensumas importadas, a eliminación do arancel

aos produtos venezolanos, o derrubamento dos prezos internacionais do café, e cumprir

cos requirimentos da Xunta do Banco da República para producir un superávit fiscal.

O domingo 27 de maio de 1990 realizáronse en Colombia as votacións para

elixir Presidente da República. O proceso electoral caracterizouse pola extrema

violencia dirixida pola mafia do narcotráfico, con Pablo Escobar á cabeza, e polo

paramilitarismo, sendo asasinados catro aspirantes presidenciais: Jaime Pardo Leal,

Bernardo Jaramillo Ossa, Luis Carlos Galán e Carlos Pizarro. Finalmente resultou

elixido o candidato do Partido Liberal Colombiano, César Gaviria.

En xeral, o tema clave destes artigos de prensa é o continuo medo que sofre a

poboación colombiana pola violencia case cotiá e polos atentados dirixidos por Pablo

Escobar e os paramilitares.

Gaviria renunciou ao gabinete do presidente Barco para asumir como Xefe de

Debate do precandidato liberal Luis Carlos Galán Sarmiento. Cando Galán foi

asasinado en 1989, o seu fillo Juan Manuel Galán pediu a Gaviria continuar cas

bandeiras do Novo Liberalismo, a pesar de que Gaviria involucrarase ao galanismo

apenas uns meses atrás. En marzo de 1990, Gaviria logrou unha contundente vitoria

sobre Hernando Durán Dussán y Ernesto Samper (quenes finalizaron practicamente

empatados) grazas ao sentimento de dor e rabia xerado na cidadanía polo asasinato. Ao

mesmo, segundo algunhas versións, puido ser obxecto do atentado que o 27 de

novembro de 1989 derribou sobre Soacha, Cundinamarca, o voo 203 de Avianca,

causando a morte dos seus 107 ocupantes, pois estaba previsto que tamén e tomase ese

Page 20: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

19

voo e só a última hora cancelou a viaxe. O Cártel de Medellín, liderado por Pablo

Escobar , foi o responsable do atentado. O seu obxectivo, ao parecer, era César Gaviria,

aínda que tamén se manexou a hipótese de que o atentado ía dirixido contra un antigo

membro do propio Cártel de Medellín que debería de testificar en Estados Unidos, ou,

probablemente, contra dous homes de palla do rival Cártel de Cali .

Ao gañar a consulta interna do Partido Liberal ante rivais como Hernando Durán

Dussán e Ernesto Samper, Gaviria derrotou aos candidatos Álvaro Gómez Hurtado do

Movemento de Salvación Nacional, Antonio Navarro Wolff da Alianza Democrática M-

19 e Rodrigo Lloreda Caicedo do Partido Social Conservador nunha contenda electoral

manchada pola violencia promovida por narcotraficantes.

De forma xeral pero bastante correcta, o diario El País narra os acontecementos

relacionados coa violencia e as elección do maio de 1990. Algúns dos titulares son os

seguintes:

El voto secuestrado (27-V-90)

Colombia vota hoy entre el escepticismo y el miedo (27-V-90)

“Voto temprano porque tengo miedo” (28-V-90)

Colombia ratifica en las urnas su deseo de paz (28-V-90)

4.3.1 Barco e de Grieff

No proceso de guerra contra a droga, encabezado fortemente pola medida das

extradicións, tivo gran protagonismo mediático a figura de Mónica de Grieff, Ministra

de Xustiza no goberno de Virgilio Barco, quen trala norte de Luis Galán, candidato á

presidencia, firmou o tratado de extradición. Os sucesos acaecidos en relación a súa

persoa son narrados neste periódico de forma superficial ou simplemente son nomeados.

Barco niega la renuncia de su ministra de Justicia / Tierna y Asustada (29-VIII-

89). As ameazas dos narcotraficantes sobre Grieff provocaron que fuxira temporalmente

aos Estados Unidos. A primeira noticia simplemente nega o feito de que esta renunciara

ao seu cargo polo momento pero non afonda no tema; a segunda reflexa a unha muller

feble incapaz para o cargo.

La ministra de Justicia de Colombia da la cara (30-VIII-89)

La ministra Greiff sigue fuera (10-IX-89)

Page 21: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

20

Barco nombra sustituto de Mónica de Greiff (24-IX-89)

La ex ministra de Justicia colombiana reconoce que fue destituida por Barco

(26-IX-89). Fronte ó inesperado Grieff nega haber dimitido voluntariamente senón que

alega que foi Barco que ha instou a facelo.

As noticias refenrentes a estes sucesos non afondan nos mesmos, simplemente

nomean á ministra, a súa renuncia, as súas declaracións alegando que foi obrigada a

dimitir por Barco. O corpo da noticia, deixando de lado o titular, repite sucesos

relatados anteriormente e basicamente redunda no problema do narcotráfico.

4.4 O impacto económico do narcotráfico.

Son varios os estudos que se fixeron neste sentido, e aínda que existen amplas

diverxencias entre os cálculos de diversos autores, en xeral a imaxe que xorde dos

traballos dos economistas é a dun tráfico dunha magnitude moi inferior á que aparece

nas noticias dos xornais e nas declaracións dos políticos. Evidentemente, en

determinados momentos de escaseza de divisas, os ingresos da coca puideron axudar a

manter condicións favorables para o comercio exterior, a importación de bens de

consumo, o manexo da débeda, etc. Igualmente, a demanda de certos produtos -vivenda

suntuaria, diversións, vehículos custosos- xera dinamismo económico e emprego. Pero

para unha economía que loita hai varios anos por impedir o crecemento das súas

reservas, estes fluxos son prescindibles ou substituíbles por outros. E os elementos de

distorsión que introduciu a droga na economía colombiana deben considerarse como

custos: os custos militares e xudiciais, as distorsións na calidade do investimento

público, o impacto sobre a eficacia do estado da corrupción e os seus gastos adicionais

atribuíbles a ela, como os que teñen que ver coa loita contra a droga, e os incrementos

nas cargas da xustiza e a policía, son difíciles de estimar pero son custos reais.

En 1978-82 o primeiro boom da droga coincidiu cunha crise industrial: a

aplicación dos recursos da droga ante todo á importación de bens de contrabando,

agravou esta situación, e minimizou o efecto positivo de balanza de pagamentos que

podería ter tido. Na actualidade, o impacto dos altos niveis de contrabando, que se segue

usando como unha das formas favoritas de converter dólares en pesos, parece menos

grave. O que queremos sinalar é que, fóra das declaracións retóricas e as afirmacións

polémicas, o impacto da droga sobre a economía colombiana parece marxinal e

prescindible, aínda que pode ás veces ser, en termos económicos, positivo, e ás veces,

negativo. Isto dista moito do que parece crer, por exemplo, a DEUSA, que nun estudo

Page 22: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

21

recente, titulado, "O impacto do lavado de diñeiro de drogas na economía Colombiana"

afirmaba que se Colombia segue debilitando as súas exportacións doutro estilo e

permitindo que crezan as ilegais, podería ser o primeiro país en volverse

economicamente dependente da industria do narcotráfico. (Orlando Melo, 1998)

Fixéronse varios cálculos acerca do tamaño das exportacións colombianas de

drogas. Parte considerable das diverxencias entre eles poden explicarse pola

metodoloxía e pola definición do que se consideren ganancias ou exportacións

colombianas. Aínda que os medios e a policía presentan con frecuencia o valor das

capturas de droga a termos do valor na rúa nos sitios de consumo, é esencial distinguir

entre o prezo que o importador paga pola droga ao país de produción, que é o que

representa os ingresos totais directos dos traficantes colombianos (e que inclúe, ademais

dos pagamentos a cultivadores e produtores, as ganancias dos empresarios que se

especializaron nas liñas de transporte e comercialización, así como os custos en

protección, suborno e apoio a entidades estatais colombianas), do prezo de produción

mesmo (o valor en laboratorio) e abrigo o prezo final pagado polos consumidores. A

parte deste último que corresponde aos exportadores colombianos é, sen dúbida, moi

pequena, a pesar dos esforzos dalgúns deles por controlar o tráfico final nalgunhas

cidades norteamericanas. É tamén esencial subliñar que as ganancias dos

narcotraficantes non son iguais ao que recibe o país como pagamento polas exportacións

de droga, en termos de divisas, pois unha parte importante do prezo pagado pola droga

permanece nos Estados Unidos e outros países nos que é doado investir diñeiros

provenientes de actividades ilegais ou que ofrecen sistemas bancarios con boa reserva,

por exemplo Panamá, algunhas illas do Caribe ou Suíza.

As ganancias totais dos traficantes para o período 1981-1988 foron calculadas en

14.000 millóns de dólares4. Esta cifra representa, en esencia, o valor das exportacións de

droga en porto norteamericano, e non ten en conta o papel que poidan ter os

colombianos na distribución nos Estados Unidos. O punto de partida para estes cálculos

foi a produción de pasta de cocaína e as cifras da súa importación a Colombia, as

probables exportacións aos Estados Unidos e os prezos reportados pola DEUSA.

Outro cálculo chega á cifra de 18.000 millóns para os cinco anos de 1988 a

1991. Estas cifras representan ganancias netas, pois o autor deduce un 30% dos valores

nos que calcula o total de exportacións. A cifra, moito máis alta que a doutros analistas,

asume que as exportacións de cocaína a Europa alcanzan o 70% das dos Estados

Unidos, o que é discutible. Kalmanovitz demostra unhas ganancias netas de 3.000 a

4.000 millóns de dólares por ano, máis ou menos o 10% do PIB e o 70% das

exportacións legais. Por esta razón, afirma a existencia de altos niveis de contrabando

4 GÓMEZ (1990)

Page 23: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

22

(importacións ilegais e subfacturación) a Colombia. Adicionalmente, estes recursos

financiarían a fuga de capitais: converteríanse en activos en dólares fóra do país, en

mans dos narcotraficantes mesmos ou dos cales lles venderon as súas propiedades.

Os traficantes traen a Colombia soamente unha parte dos seus ingresos5. En

principio, necesitan converter en pesos (e nese sentido, lavalos en Colombia) os dólares

que requiren para algunhas das súas actividades. Non é moi sensato acumular dólares

físicos en Colombia para eventualmente ter que exportalos (especialmente se as taxas de

depreciación do peso contra o dólar son, como nos anos noventa, consistentemente

menores que a inflación interna), agás para contar con recursos de emerxencia. Dado o

tamaño da economía colombiana, os esforzos de converter grandes cantidades de

dólares en pesos xeraron dende 1975 en diante unha taxa de dólar paralela ou non

oficial que estivo practicamente sempre por debaixo da taxa oficial; isto elevaba o prezo

interno de moitos dos bens máis apetecidos polos narcotraficantes, como o terreo raíz.

Non debe esquecerse que o comprador de dólares, á fin da cadea, debe gastar os seus

dólares fóra, sexa que os converta en activos no exterior (o capital que teoricamente ten

sido traído polos narcos, neste caso, non entra realmente, senón que aparece nas contas

como capital "fuxido"), sexa que os use para importar bens ilegalmente, sexa que os use

para viaxar. Estes, de acordo con Kalmanovitz, son os usos principais dos produtos do

tráfico de drogas.6

As actividades que requiren converter os dólares en pesos inclúen as

seguintes:

Os custos locais do tráfico. O pagamento polas materias primas faise usualmente

en Perú e Bolivia, aínda que Colombia é agora unha fonte importante de folla de

coca; en Europa para os precursores químicos, e en varios países, sobre todo

Estados Unidos e Panamá, para moitos dos custos de servizos e materiais de

seguridade, como armas, equipos de comunicación, etc., que se obteñen legal ou

ilegalmente. Os custos locais inclúen a remuneración dos cultivadores

colombianos, os custos de refinación e transporte, os pagamentos por equipos de

seguridade, vehículos e avións cando foron importados legalmente e comprados

localmente, e os subornos e pagamentos ilegais a funcionarios públicos. Segundo

os cálculos de Kalmanovitz, os custos totais equivalen ao 30% das ganancias

brutas.

5 THOUMI, (1994): páx. 60-61

6 KALMANOVITZ, (1994): páx. 35

Page 24: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

23

O consumo conspicuo dos traficantes e as súas clientelas, que inclúen vivendas de

luxo, vehículos, bens de consumo e grandes gastos en recreación e diversións, así

como os gastos motivados pola xenerosidade, a filantropía ou o desexo de gañar

apoio persoal e amizade persoal ou política doutros; un exemplo típico disto foi o

investimento en vivenda de baixo ingreso realizada por Pablo Escobar en

Medellín.

Os investimento noutras actividades, incluíndo propiedades rurais, terreo raíz

urbano, e innumerables actividades económicas de tipo comercial ou industrial

que se investigou pouco: firmas de alimentos procesados, compañías de transporte

e seguridade e unha gran variedade de cadeas de almacéns. Parece haber consenso

en que, en xeral, o investimento se mantivo por fóra dos grandes grupos

financeiros e industriais, con algunhas excepcións a comezos dos anos oitenta.

O anterior xera un sistema de equilibrios entre os activos que se manteñen fóra e

dentro de Colombia, no que a maioría destes activos se conservan probablemente no

exterior. Cando as condicións financeiras do país fan atractiva a repatriación de activos,

ou cando as condicións legais poñen en risco capitais que se teñen en Estados Unidos ou

Europa, aceléranse os fluxos a Colombia, e viceversa. Nunha aproximación basta, os

gastos dos narcotraficantes apoian a actividade económica interna na medida en que

financiamento a exportación de bens e servizos adicionais (incluíndo o pagamento de

débeda para debedores lexítimos, a exportacións de ganancias, a fuga de capitais, etc.) e

estimula a demanda interna por bens e servizos. Algúns activos traídos ao país saen

inmediatamente, como cando os que venden terreo raíz, ás veces baixo presión pola

inseguridade interna, completan o ciclo invertendo os ingresos destas transaccións fóra

do país.

Os cálculos acerca dos recursos que entran realmente á economía dan cifras

media que flutúan entre os 800 e os 2500 millóns de dólares anuais durante o período

1985-1995. Isto representa un abano entre o 2% e o 6% do produto interno. Estas cifras

mostran que o tráfico non é un elemento decisivo e imprescindible da actividade

económica, pero que tampouco é desprezable. En termos macro-económicos, contribuíu

sen dúbida a que un país perturbado tradicionalmente por crises de cambios externos

causadas por unha oferta insuficiente de divisas, se convertese nunha nación con

grandes reservas. Dentro do contexto latinoamericano, a abundancia relativa de dólares

en Colombia axudou ao país a financiar parte das súas obrigas sen recorrer a un

endebedamento externo excesivo. O equilibro razoable da economía durante os anos

oitenta e o modesto impacto da crise de débeda externa que afectou a América Latina

debe algo, fóra de toda dúbida, a estes fenómenos.

Page 25: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

24

Os efectos económicos do negocio das drogas tamén contribuíron á

estabilización das políticas macroeconómicas, a pesar das dificultades producidas polas

presións inflacionarias creadas polo influxo masivo de moeda estranxeira. Non obstante,

non debe esquecerse que ao mesmo tempo que se presentaba o boom da coca (de 1974 a

hoxe) a economía sufriu unha gradual reorientación. De ser un país cuxa política

económica se centrou na protección da industria nacional, mediante un sistema moi

complexo de impostos e controis administrativos, Colombia moveuse cara a unha

liberalización económica case completa, moi de acordo coas tendencias internacionais.

Os primeiros intentos de liberalización (1975, 1978-82) enfrontaron graves dificultades

e provocaron crises industriais severas: o boom de importacións golpeou aos produtores

nacionais, que non tiñan unha axeitada preparación para a competencia, pola caída dos

prezos reais dos bens importados, reforzada pola revelación do peso. Neste contexto, os

ingresos da droga poderían considerarse negativos para a economía no seu conxunto,

pois estimularon na súa maior parte unha demanda por bens importados que competían

cunha produción industrial interna de alto custo. Ademais, reorientaron a demanda cara

a bens como a vivenda de luxo e a propiedade rural, inicialmente para uso suntuario,

mentres outros demandantes destes bens (sectores populares sen vivenda, produtores

rurais) viron que os prezos se disparaban a niveis inalcanzables.

En anos recentes, cando Colombia foi capaz de adoptar unha política de

liberalización externa sen trauma excesivo, é difícil xulgar negativamente os impactos

macroeconómicos do tráfico de drogas, agás na medida que distorsionaron os efectos

das políticas estatais ao facelas máis drásticas. A política de reducir os prezos de

importación para obrigar a industria local a facerse máis competitiva foi reforzada en

efecto polo narcotráfico. As drogas continuaron financiando a expansión da importación

de bens de consumo e mesmo estimularon o regreso de grandes volumes de capital entre

1990 e 1993, cando se presentou unha combinación de altas taxas de interese interno, a

revalidacións do peso e unha visión positiva por parte dos traficantes da política de

sometemento á xustiza do presidente Gaviria.

Se un quere analizar con maior precisión as diferenzas entre diversos sectores da

economía, ten que recoñecer que certos produtores de bens industriais viron a súa

situación agravada pola facilidade para financiar o contrabando que caracterizou á

economía colombiana. Por iso, teñen que facer un esforzo adicional maior para

modernizarse e aumentar a competitividade. Moitas industrias pequenas e medianas

desapareceron no proceso.

Dende outro punto de vista, calculouse que unhas 45.000 persoas dependen

directamente en Colombia do cultivo de droga e unhas 20.000 do seu procesamento.

Tendo en conta o persoal de alto nivel -avogados, financeiros, contadores, xornalistas-

calculouse que o emprego directo xerado polo negocio da droga chega a 70.000 persoas,

Page 26: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

25

que representan menos do 0.5% do emprego do país, pero que reciben o 6-7%-7 do

ingreso como demostra Kalmanovitz.

Os custos económicos xerados polo tráfico deben tamén considerarse entre as

súas consecuencias. Se nos anos temperáns (1970-1985) o gasto directo do estado

colombiano na supresión do tráfico non foi alto, o gradual recoñecemento da ameaza

que formulaba foi producindo un aumento paulatino. O exército e a policía creceron

rapidamente, sobre todo nos últimos anos, e o gasto do goberno central nestas

institucións pasou do 1.7% nos setenta a case o 3% en 1994. Houbo tamén un aumento

igualmente significativo nos gastos de xustiza, en especial dende 1991, coa creación da

Fiscalía Xeral e dos esforzos por aumentar a seguridade nos cárceres. Outros custos

derivados dos altos niveis de crime e violencia teñen que ver coa perda anual de vidas.

En Colombia unha de cada sete mortes, máis ou menos, débese á violencia, e este

fenómeno afecta ante todo a mozos ao comezo da súa vida produtiva. En opinión dos

administradores hospitalarios, os custos de atender ás vítimas de violencia converteron á

maioría dos hospitais urbanos en "hospitais de guerra", con servizos cada vez maiores

de urxencia e accidentes. Os seguros contra o roubo e o terrorismo convertéronse en

parte normal da contabilidade de cidadáns e comerciantes. As persoas máis ricas -e ás

veces as persoas comúns e correntes- teñen que apelar á protección privada e gastan,

ademais do que asume o estado cos impostos que eles pagan, sumas elevadas para

seguridade persoal, gardacostas e vixilantes, ou cotas para organismos de defensa

privada, sobre todo no campo. Aínda que non hai cálculos da súa importancia

económica, as industrias de seguridade privada (legal e ilegal), a blindaxe de vehículos,

a manufactura de portas e alarmas de seguridade, etc., adquiriron importancia moi

grande na vida colombiana. Algo similar se produce no mundo da xustiza, coa cada vez

máis prospera industria de xustiza privada. En forma máis indirecta, podería observarse

o impacto do tráfico de drogas en custos económicos tan remotos como os do sistema

educativo (afectado por valores cambiantes pero tamén polo simple aumento no nivel

das armas dos estudantes nos barrios pobres) e os que produce un sistema xudicial

ineficiente e no que non se pode confiar, como se discutiu antes.

5. Loita contra o narcotráfico

A guerra contra as drogas é unha iniciativa liderada polo goberno dos Estados

Unidos orientada á persecución da produción, comercio e consumo de certas substancias

psicoactivas, ás que se atribúe o status legal de drogas prohibidas, en tanto que son

drogas non medicinais.

Page 27: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

26

Os seus defensores argumentan que as drogas causan un grave prexuízo para a

saúde física e psíquica e xeran redes de delincuencia e corrupción. Os seus críticos

sinalan que se emprega para a defensa de intereses xeopolíticos, a inxerencia nos

asuntos internos de certas nacións, a irrupción na vida privada dos cidadáns e que os

problemas relacionados co narcotráfico e o consumo, proveñen na súa maior parte da

propia prohibición. Ademais, argumentan, que o consumo de psicoactivos se mantén

constante a pesar de que o gasto na guerra contra as drogas non deixou de crecer dende

hai décadas.

5.1 Unha guerra total

O termo bélico dado á loita contra o tráfico de drogas non é esaxerado. Miles de

vidas pérdense todos os anos como consecuencia da violencia relacionada co

narcotráfico. En México, o máis recente estimado, apunta 28.000 asasinatos dende que o

presidente Felipe Calderón declarou a guerra aos cárteles da droga, en decembro do

2006. A maioría das vítimas son persoas ligadas ao narco; non obstante, a cantidade de

civís inocentes ultimados en tiroteos vai en aumento.

Os ingresos produto do tráfico internacional de drogas tamén serviron para

financiar a grupos terroristas como as FARC ou o Sendeiro Luminoso peruano. De tal

forma, a Guerra Contra as Drogas non só xera vítimas entre os traficantes, vendedores

ou consumidores de estupefacientes, tamén entre persoas inocentes que se encontran no

lugar equivocado á hora equivocada.

Como xa aconteceu en tempos da Prohibición, a Guerra Contra as Drogas ten

repercutido negativamente na calidade do produto, con efectos devastadores para o

consumidor. De acordo cun estudo elaborado hai uns anos por James Ostrowski para

o Cato Institute, o 80 por cento das mortes vinculadas ao consumo de drogas son, en

realidade, causadas por factores relacionados co feito de que estas se comercialicen no

mercado negro, como é a ausencia de doses estandarizadas.

En EUA, a militarización da Guerra Contra as Drogas non fai senón gañar

terreo. Cada día, máis de cen casas son achandadas por equipos policiais paramilitares,

frecuentemente a altas horas da noite ou na madrugada. Dende inicios dos 80, o número

de aplanamentos efectuados por equipos SWAT aumentou un 1.300%, dende os 3.000

de 1981 ata os 40.000 de 2001, cifra, que probablemente se quedase xa moi curta.

En EUA, cada ano arréstase 1,5 millóns de persoas por vulnerar as leis anti-

narcóticos. Dende 1989 encarcerouse máis xente por este tipo de actos que por todos os

crimes violentos xuntos. En termos proporcionais, EUA é o país con máis poboación

reclusa; está por enriba mesmo de países totalitarios como China. A taxa

Page 28: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

27

norteamericana de encarceramentos é entre catro e sete veces superior á doutras

democracias occidentais, como o Reino Unido, Francia e Alemaña.

Todo este esforzo supón unha alta derrogación fiscal. En total, o custo da Guerra

Contra as Drogas en EUA rolda os 40.000 millóns de dólares anuais, se se toman en

conta os gastos que se realizan en todas as axencias federais e estatais relacionadas cos

estupefacientes. Non obstante, a carga máis pesada recae sobre os países menos

desenvolvidos, como os latinoamericanos. Un informe recente do Banco Mundial

sinalou o seguinte7:

Os custos da prohibición recaen desproporcionadamente sobre os países en

desenvolvemento con cultivos asociados á produción de drogas. Estes custos teñen

que ver, por exemplo, coa expropiación directa da riqueza dos agricultores que

obteñen tales produtos e coa inestabilidade institucional causada polas

organizacións criminais que distribúen as drogas.

En ningún lugar é máis patente esta inestabilidade institucional que en México,

onde a corrupción e a violencia relacionada co narcotráfico é o pan de todos os días. A

diferenza do que aconteceu en Colombia nos anos 80 e 90, México non ten capacidade

institucional para facer fronte aos poderosos cárteles da droga. Historicamente, o

exército mexicano estivo mal equipado, e dedicouse máis a desempeñar labores de

rescate en zonas asoladas por catástrofes naturais que a soster combates armados con

grupos irregulares. Ata hai poucos anos México non contaba cunha policía nacional,

polo que a loita contra os narcotraficantes recaía en 32 policías estatais e máis de 2.500

municipais; unha forza, pois, moi fraccionada, ademais de mal preparada e, en moitas

ocasións, corrupta: segundo o propio secretario mexicano de Seguridade Pública, os

cárteles gastan 1.200 millóns de dólares ao ano en comprar a vontade de 165.000

oficiais de policía.

O negocio da droga move en México uns 39.000 millóns de dólares cada ano,

polo que os cárteles contan co diñeiro suficiente para armarse ata os dentes. É unha

loita desigual, onde as forzas da seguridade levan as de perder. Aínda coa colaboración

de EUA –cuxa asistencia ten límites, debido ao receo que provoca calquera presenza

militar estadounidense en México-, os cárteles levan vantaxe como ocorre de igual

maneira en Colombia.

7 KEEFER, P., LOAYZA, N.V. E SOARES, R.R (2008)

Page 29: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

28

5.2 Relacións Colombia-EUA

Dende 1982 o presidente Reagan inicia a loita contra o narcotráfico baixo a

figura da guerra contra as drogas. A administración Bush continuou a política de

Reagan, e intensificouse a presión sobre algúns gobernos latinoamericanos para

militarizar a guerra contra as drogas. Ese foi o caso en Colombia, Perú e Bolivia. En

México, non obstante, as cousas foron diferentes, pero non por moito tempo. O 23 de

outubro de 1995 William Perry, secretario do Departamento de Defensa e o xeneral

Barry McCaffrey, comandante en xefe das Forzas Armadas de EUA e co-coordinador

do Comando Sur de todas as operacións de seguridade nacional en América Latina na

época, confirmado polo Senado de EUA como o director da Oficina, National Drug

Control Policy(ONDCP), dependente da Casa Branca, o 29 de febreiro de 1996 visitou

o secretario mexicano de Defensa, o xeneral Enrique Cervantes Aguirre, en

México. Perry dixo que México e os EUA xa tiveran lazos políticos e económicos, pero

que un "terceiro vínculo" faltaba: os militares.

5.2.1 Tratado de Extradición

En 1981 o Senado estadounidense ratifica o Tratado de Extradición entre

Colombia e Estados Unidos de 1979, o que permitiu que o 4 de marzo de 1982 este

entrara en vixencia8. Dende o momento en que se converteu en lei o tratado de

extradición firmado con EEUU, iniciouse en Colombia un forte debate. Os seus

defensores loábano como a única medida para acabar co narcotráfico, e os seus

detractores tachábano como antinacional. Neste momento, os colombianos atopábanse

en medio dun proceso electoral, o que pareceu clausurar temporalmente o tema da

extradición. O vencedor dos comicios sería o conservador Belisario Betencur.

Así, o Tratado foi promulgado durante a presidencia de Julio César Turbay

Ayala (1978-82), quen non chegou a extraditar a ningún nacional nos seus últimos

meses de goberno. Belisario Betancur tampouco o faría nos primeiros anos da súa

presidencia. Sen embargo, o asasinato de Rodrigo Lara Bonilla o 30 de abril de 1984,

ministro de xustiza do seu goberno, marcou un xiro nos acontecementos e na estratexia

antidroga, na que a aplicación do Tratado foi un grande indicador. O crime contra o

ministro constituíu un feito fundamental nas relacións colombo-estadounideses.

Os primeiros catro colombianos foron entregados ao goberno dos EUA en

xaneiro de 1985. Arrieta recolle no seu Narcotráfico en Colombia as razóns desta

8 ARRIETA, C. G. (1990): páx 314

Page 30: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

29

medida: o mencionado asasinato do ministro, que evidenciaba a ameaza que supuña o

narcotráfico; o apoio de amplos sectores da opinión pública a esta medida; as presións

norteamericanas e a necesidade do seu apoio no terreo económico; a multiplicación dos

problemas internos (corrupción, intimidación, violencia…); e a aparente falta de

alternativa. Sen embargo, como xa expuxemos, este recurso seguía estando en interdito.

Entre os detractores sitúase o nobel de literatura García Márquez, quen o condena como

antipatriótico e perigoso, pois fai posible pedir a extradición de colombianos por razóns

políticas disfrazadas de narcotráfico (El País 02-XI-1985 ¿“Narcoguerrilla” en

Colombia?).

O liberal Virgilio Barco sería elixido presidente nas eleccións de 1986. O

balance da presidencia de Betancur para El País recóllese en “El retorno de los liberales

colombianos” (27/05/1986): “es indiscutible su buena voluntad y el balance de su

gestión, con perspectiva histórica, resulta positivo.”

O 12 de decembro de 1986, a Corte Suprema de Xustiza declarou a

inaplicabilidade do Tratado de Extradición de cidadáns colombianos cara Estados

Unidos co argumento de que no momento da súa entrada en vigor non fora ratificado

polo entonces presidente, Julio César Turbay, senón polo ministro do Goberno.

Días despois, o 17 de decembro de 1986, prodúcese o asasinato do periodista

Guillermo Cano, director do diario “El Espectador”, que dous días antes publicara un

artigo defendendo a inevitabilidade do convenio cos EUA. Tras coñecer a nova, o

Consello de Ministros reuniuse urxentemente de madrugada para aprobar medidas

excepcionais na loita contra o narcotráfico, como foron a destrución de colleitas de coca

e marihuana, o endurecemento de penas por ter armas sen permiso e facultades

ampliadas de detención e encarcelamento para a policía e o Exército. O presidente,

Virgilio Barco, anunciou en roda de prensa o reforzamento da “cruzada internacional”

contra a mafia da droga. (El País, 19-XII-1986: Virgilio Barco convoca una “cruzada

internacional” contra el narcotráfico).

Estábase a vivir o que se denominou campaña de intimidación dos narcos nesta

etapa. Entre as vítimas atopábanse un maxistrados do Tribunal Supremo, varios xuíces,

dous policías con fama de incorruptibles e outro periodista ademais do mencionado

Cano. O obxectivo, sinala El País, é a anulación do instrumento legal máis temido polos

delincuentes: o tratado de extradición entre o país colombiano e EUA. Este asasinato

prodúcese precisamente días despois de que Barco fixese pública a súa decisión de

manter o tratado, pese a que o Tribunal Supremo determinara que houbo un erro de

forma na súa promulgación en Colombia.

O 4 de febreiro de 1987, Carlos Lehder é capturado e extraditado rapidamente a

Estados Unidos. Sería o último extraditado da que se podería denominar “primeira

fase”. Washington felicitou e apoiou ao Goberno colombiano pola súa determinación.

Page 31: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

30

El País recapacita sobre a situación de dito tratado, como reza o titular do 23-II-

1987 “Un arma de doble filo contra la cocaína”:

“Quince colombianos, presuntos narcotraficantes, han sido puestos

en el último año en manos de la justicia de Estados Unidos en virtud de un

tratado de extradición que no existe legalmente. Este absurdo jurídico ilustra

una situación complejísima en la que el Gobierno se ve obligado a hacer uso

de una ley contestada por numerosos sectores en el interior del país – que no

quieren entregar sus delincuentes a Estado Unidos -, pero que constituye la

única arma contra los poderosos dueños del negocio de la producción y

venta de cocaína.”

Isto foi considerado polos observadores e polo goberno estadounidense como un

serio revés para o Goberno de Barco, que quedou sen base legal practicamente para

combater as organizacións delituosas. Barco ratificou o Tratado, pero a Corte Suprema

insistiu na súa invalidez.

Así, Barco atopouse sen o recurso xurídico que se convertera nun gran

disuasorio da expansión do narcotráfico. A partir de mediados de 1987 e ata 1990

buscará outro instrumento legal para poder executar a Extradición.

En setembro de 1989 prodúcese a extradición Eduardo Martínez con base nun

decreto de Estado de Sitio. Dito decreto fora expedido a raíz do asasinato de Luis Carlos

Galán Sarmiento, político candidato á presidencia. Así, o Goberno estableceu a

extradición por vía administrativa. El País 08/09/89: “Espectaculares medidas de

seguridad en Colombia tras la primera extradición de un “narco” a EEUU.”

Durante o goberno do presidente Gaviria, que tomaría posesión do cargo en

agosto de 1990, expídense máis de sete resolucións administrativas outorgando a

extradición de igual número de colombianos a Estados Unidos, baseándose igualmente

no decreto da administración Barco

.

5.2.2 Plan Colombia

Plan para a paz, a prosperidade e o fortalecemento do Estado, é o título orixinal

do proxecto de Lei S1758 presentado polos senadores Mike DeWine, Grassley e

Coverdell o 20 de outubro de 1999, ante a sesión 106 do Comité de Relacións

Exteriores do Congreso de EUA O seu primeiro nome (estreito) tamén foi en inglés:

Alianza Act. En español, sinxelamente, coñécello como Plan Colombia, aínda que as

políticas que entraña e as consecuencias da súa aplicación transcenden

extraordinariamente as fronteiras territoriais, políticas, sociais e culturais de Colombia.

Page 32: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

31

O Plan consiste nun paquete de máis de 2 billóns de dólares para o Estado

colombiano e a guerra, co principal obxectivo de recuperar o control do Estado sobre o

país, mentres crea un terreo seguro para investidores. Proviría, dos Estados Unidos, 1,3

billóns de dólares, e unha cantidade equiparable proviría da Comunidade Europea.

Os obxectivos de Colombia e os Estados Unidos difiren nalgúns aspectos. O

principal obxectivo do goberno estadounidense é previr o fluxo de drogas ilegais cara

aos Estados Unidos, como tamén axudar a Colombia a promover a paz e o

desenvolvemento económico, que á vez contribúe a mellorar a seguridade na rexión

dos Andes. O principal obxectivo de Colombia é promover a paz, o desenvolvemento

económico, incrementar a seguridade e rematar co tráfico ilegal de drogas. Ambos os

dous evolucionaron do estritamente antinarcóticos da guerra contra as drogas a incluír

aspectos da guerra contra o terrorismo, debido a que os grupos violentos e mafias

utilizan o negocio da droga para financiar a guerra.

De acordo á Oficina para a Vixilancia Gobernamental (GAO, polas súas siglas

en inglés), o Plan Colombia non deu os resultados a 6 anos, que inicialmente se

propuxeron nos gobernos dos presidentes Pastrana e Clinton.

En canto a redución de cultivos a meta era reducilos nun 50% entre os anos 2000

e 2006. Segundo cifras do organismo de seguridade estadounidense Axencia Central de

Intelixencia (Central Intelligence Agency, CIA), os cultivos de papoula e a produción de

heroína, non obstante, baixaron nun 50%. No mesmo lapso de tempo, os cultivos de

coca incrementáronse nun 15%, pero foi debido a que os campesiños cocaleiros se

moveron a zonas remotas selváticas para evitar a erradicación. Mentres que a produción

de cocaína se incrementou en 4% durante o mesmo período. De acordo a datos da

Oficina da Política nacional para o control da droga (Office of National Drug Control

Policy, ONDCP), a produción de cocaína non mantivo o ritmo de crecemento paralelo

aos cultivos de coca debido ao impacto causado pola erradicación manual e área.

Segundo autoridades norteamericanas, Colombia mellorou a súa seguridade por

medio da súa estratexia antinarcóticos, accións militares e policiais, ademais doutros

esforzos como a de programas de desmobilización e deserción para os grupos violentos.

Entre os anos 2000 e 2007, o goberno colombiano reportou que a cifra de secuestros e

homicidios se reducira a un terzo, mentres que os ataques a oleodutos se reduciran a

cero.

A asistencia económica estadounidense a Colombia totalizou US$ 4.900 millóns

no devandito período cun forte apoio ao fortalecemento da mobilidade aérea, necesaria

para lograr os obxectivos antinarcóticos.

Page 33: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

32

5.3 ¿Está a funcionar?

Á hora de avaliar a Guerra Contra as Drogas, a interrogante radica entón en se

todas estas vidas perdidas, todo este diñeiro, toda esta violencia, toda esta corrupción,

esta formidable erosión das liberdades civís está, polo menos, a dar os seus froitos. O

informe "Avaliación nacional sobre a ameaza da droga" na súa edición de 2010,

(Departamento de Xustiza de EUA) conclúe que en xeral, aumentou a dispoñibilidade

de drogas ilícitas.

Os números non menten. No 2007 -último ano para o cal hai datos dispoñibles-,

o prezo polo miúdo dun quilogramo de cocaína pura nas rúas estadounidenses era o

máis baixo xamais rexistrado; era un 22% inferior ao rexistrado en 1999, ano en que se

lanzou o Plan Colombia co obxectivo de deter a produción de cocaína no país

sudamericano. (Hidalgo, J.C. 2010)9

Se ben o terreo sementado con coca en Colombia diminuíu un 60% na última

década, os avances tecnolóxicos na produción de cocaína facilitaron un aumento da

produtividade. O rendemento por hectárea sementada aumentou en case dous terzos

dende o 2000, como reportase recentemente The Economist. Así pois, hai menos área

sementada con coca, pero a cantidade de cocaína producida segue sendo a mesma. Máis

aínda, durante o mesmo período de tempo a sementeira de coca disparouse en Perú

(onde se experimentou un aumento do 55%) e en Bolivia (42%). Segundo estimados das

Nacións Unidas, é probable que Perú xa superase a Colombia como principal produtor

mundial de coca.

A razón pola que a oferta é tan versátil radica en que a demanda é bastante

estable. EUA segue sendo o principal consumidor de drogas ilegais. Tan só no 2008,

máis de 25 millóns de estadounidenses maiores de 12 anos (un 14% da poboación)

admitiron ter consumido algunha droga ilícita ou un medicamento controlado sen

prescrición médica. Segundo o 82% dos estudantes norteamericanos do último ano de

secundaria, é "moi doado" ou "relativamente doado" conseguir marihuana.

Se ben o mercado estadounidense é o máis importante, non é o único que conta.

O consumo de drogas foi en aumento noutras rexións, como Europa do Leste e Asia

Central, mesmo no Medio Oriente. Isto indica que, aínda se EUA lograse controlar o

consumo de substancias ilícitas no seu territorio (algo que non conseguiu en máis de 40

anos de combate contra as drogas), outras rexións poderían cubrir calquera lagoa na

demanda. Haberá demanda para anaco, e, polo tanto, tamén haberá oferta.

9 Revista Ilustracion Liberal (45-46), 2010.

Page 34: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

33

5.4 A legalización das drogas. Un longo debate

A legalización das drogas é un dos modelos propostos por activistas e

institucións por dereitos individuais para a modificación das leis que prohiben a tenza, o

consumo, subministración e produción de drogas. O argumento central está baseado no

dereito fundamental de que cada persoa ten o dereito a elixir como quere levar a súa

vida, o que inclúe a obriga do Estado de respectar a decisión do cidadán sobre as

substancias que decida utilizar. Outros partidarios desta medida basean a súa defensa na

crenza de que sería un medio importante para erradicar as mafias relacionadas co

narcotráfico.

Fai pouco máis de corenta anos, o entón presidente dos EUA, Richard Nixon,

lanzou a guerra internacional contra as drogas. Aínda que as políticas prohibicionistas

non eran ningunha novidade en tal país: en 1914 o Congreso decretou a prohibición de

estupefacientes como a cocaína e a heroína, e en 1937 chegoulle a quenda á marihuana,

o certo é que podería debaterse sobre o interese que poñían as autoridades en que se

cumprisen esas normas. Todo cambiou en 1969. Pero sigamos facendo un pouco de

historia.

En 1919 foi ratificada a XVIII Emenda á Constitución norteamericana, que

prohibía a fabricación, venda, transporte e importación de bebidas alcohólicas. Unha

década máis tarde, a chamada Prohibición era para todo o mundo un sonoro fracaso. O

que antes era un negocio formal dexenerara nun mercado negro altamente lucrativo e

moitas veces violento. Bandas criminais poderosas loitaban nas rúas polo control do

mercado, ao tempo que corrompían as autoridades. Xurdiron mafiosos emblemáticos

como Al Capone. As condicións insalubres e a falta de controis de calidade sobre o

alcohol causaron a morte de miles de estadounidenses por intoxicación e

envelenamento.

A Prohibición fracasou no seu ilusorio obxectivo de impedir que os

estadounidenses consumiran alcohol, e os seus efectos secundarios -violencia,

corrupción, insalubridade- probaron ser máis perniciosos que os males relacionados co

alcoholismo. En 1933, mediante a ratificación da XXI Emenda, EUA puxo fin a tan

falido experimento. Non obstante, e en non menor medida debido a prexuízos raciais,

deixáronse intactas as leis relacionadas con outras substancias, así que a cocaína

(consumida por afro-americanos), a marihuana (consumida por mexicanos) e o opio

(consumido por chineses) seguiron sendo substancias prohibidas.

É imposible non establecer paralelismos entre a experiencia da Prohibición e a

Guerra contra as Drogas que se está a librar na actualidade en Estados Unidos e en

Latinoamérica. A prohibición das drogas fixo do narcotráfico un negocio

extremadamente lucrativo. Isto débese a que o prezo dunha substancia ilegal se

determina máis polo custo da súa distribución que polo da súa produción. No caso da

Page 35: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

34

cocaína, o prezo do produto final é máis de cen veces superior ao do inicial, a folla de

coca. A prima xerada pola prohibición representa o 90 por cento ou máis do prezo

minorista dun estupefaciente.

A prensa española trata o debate de pasada. A conclusión do noso estudo de

prensa non conclúe que sexa un debate latente na prensa consultada entre 1985 e 1990;

sen embargo, si que podemos atopar diferentes artigos que tratan o tema. El País faise

eco o 17 de setembro de 1989 da negativa das diversas forzas políticas colombianas en

canto a legalización das drogas.

Do mesmo xeito, o semanario Cambio 16, nun interesante especial sobre a droga

publicado no número 890, titula: “La política antidroga: entre legalizar y reprimir”.

Cambio 16 achega ao lector a dúas posturas confrontadas.

Jorge Castañeda e Rubén Aguilar, no seu libro El narco: la guerra fallida,

ilustran como o prezo da cocaína aumenta exponencialmente conforme se achega ao seu

destino final, en EUA. Os autores encontraron que un quilo de cocaína pura se vendía

en Colombia a aproximadamente 1.600 dólares; ao chegar a Panamá, ese mesmo quilo

valía xa 2.500 dólares, que se convertían en 13.000 na fronteira norte de México, en

20.000 en EUA e en 97.000 nas rúas das principais urbes deste último país.

As marxes de ganancia dos cárteles da droga son, pois, enormes. De acordo a

algúns estimados, unha organización narcotraficante pode perder o 90 por cento da súa

mercadoría e aínda así obter beneficios. Segundo cifras das Nacións Unidas, o comercio

mundial de estupefacientes alcanza os 320.000 millóns de dólares ao ano.

5.5 ¿Qué facer?

Claramente, o enfoque prohibicionista da Guerra Contra as Drogas fracasou. E

se ben en EUA o debate para un cambio de estratexia é practicamente inexistente no

ámbito gobernamental, noutros lugares as cousas están a cambiar. Tamén diversos son

os informes que seguen a descartar que sexa positivo abandonar o enfoque

prohibicionista. “7 mitos de la legalización de las drogas” incide da negatividade deste

novo paradigma, sen embargo moitas outras son as figuras que opinan o contrario.

O presidente mexicano, Felipe Calderón, causou balbordo ao aceptar por

primeira vez que era necesario entaboar un debate público e aberto sobre a legalización

das drogas, algo ao que se negara con anterioridade. Segundo un editorial de El

universal10, o cambio de actitude de Calderón tivo que ver cunha reunión que sostivo

10 El Universal 26-IX-2011. http://www.eluniversal.com.mx/editoriales/54876.html (en linea 12

de Xaneiro 2014)

Page 36: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

35

días antes co entón presidente electo de Colombia, Juan Manuel Santos. Segundo fontes

dese xornal, Santos díxolle a Calderón que o narcotráfico non está baixo control no

territorio colombiano e que México debería ser o país que lidere un debate público

acerca da legalización ou despenalización das drogas. Días despois do anuncio de

Calderón, o seu predecesor, Vicente Fox, anunciou que lanzaba unha campaña para

promover a legalización da produción, comercialización e consumo de estupefacientes.

Da mesma opinión son os ex presidentes Fernando Enrique Cardoso (Brasil), César

Gaviria (Colombia) e Ernesto Zedillo (México), os que foron os primeiros ex xefes de

Estado en facer un chamado para "romper o tabú" e discutir alternativas á prohibición,

no marco do cal suxeriron a despenalización da marihuana.

Neste contexto, o caso de Portugal chamou poderosamente a atención. No 2001

ese país converteuse no primeiro en despenalizar o consumo de todas as drogas, cocaína

e heroína incluídas.

Un estudo de Glenn Greenwald encontrou "que a despenalización "non" tivera

efectos adversos nas taxas de consumo de drogas", as cales "en moitas ocasións se

encontran agora entre as máis baixas da Unión Europea". Así mesmo, constatou que

caera o número de encarceramentos por cuestións relacionadas co narcotráfico

diminuíra. En canto ao número de mortes por sobredose, experimentou unha caída

"espectacular".

Máis datos do informe Greenwald sobre o caso portugués: a porcentaxe de

heroinómanos que se inxectan a droga pasou do 45 ao 17, debido a que a nova lei deu

un gran protagonismo aos programas de desintoxicación. Ese descenso explica, á súa

vez, que os drogadictos representen só o 20% dos casos de VIH no país ibérico, cando

antes da despenalización representaban o 56. Por outro lado, como xa non temen ser

tratados como criminais, cada vez son máis os adictos que buscan axuda. O número de

inscritos en programas de substitución de drogas pasou dos 6.000 de 1999 aos 24.000 de

2008. A todo isto, non se rexistrou un aumento no consumo de drogas.

A experiencia de Portugal demostra que hai alternativas. Non obstante, a

despenalización, aínda que é un paso na dirección correcta, non elimina o mercado

negro na produción e comercialización das drogas. Iso só o logra a legalización.

Ao legalizar as drogas, os gobernos terían máis control sobre o mercado de

estupefacientes; poderían regular e gravar a súa produción e venda, como xa fan co

tabaco e o alcohol. Ademais, o diñeiro derivado de tales impostos permitiríalles brindar

tratamento aos adictos. Ao igual que coa despenalización, a legalización faría posible

afrontar de mellor xeito o flaxelo da drogadicción, ao remover o estigma que pesa sobre

os consumidores.

Con todo, a maior vantaxe da legalización é que escorrentaría en boa medida aos

elementos criminais do negocio das drogas, o cal faría diminuír, se non erradicar, a

violencia e a corrupción asociadas á prohibición.

Page 37: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

36

Ningún defensor da legalización dixo que esta sexa a panacea. Non obstante, si é

substancialmente mellor que a patentemente fracasada Guerra Contra as Drogas. A

legalización non é unha solución ao problema das drogas. A drogadicción continuará

sendo un flaxelo, pero, así como a prohibición do alcohol resultou ser un enfoque

equivocado ao problema do alcoholismo, de igual forma a Guerra Contra as Drogas foi

un xeito equivocado de afrontar os problemas relacionados co uso abusivo das drogas.

6. A modo de conclusión

Na nosa análise anterior pretendese tratar a un fenómeno como o do narcotráfico

tendo en conta moitas das principais consecuencias que este ten. Dende o impacto

económico sobre Colombia ata a violencia xerada, a cantidade de diñeiro, esforzo e

consecuencias colaterais que a chamada guerra contra as drogas ten no conxunto

mundial ou as diversas figuras ou actores que participan nesta realidade.

A nosa labor, lonxe de rematar nese punto, requiría analizar como o narcotráfico

era visto dende a nosa perspectiva europea a través de dous importantes medios de

comunicación como son o caso do diario El País ou o semanario Cambio 16. Na

actualidade estamos moi familiarizados coa existencia de redes de fabricación e

distribución de drogas a nivel mundial. Nun mundo no que a noticia de onte desaparece

ante o constante bombardeo de información ao que somos sometidos a diario pódenos

resultar complexo facer unha análise dun fenómeno a cinco anos, sen embargo a simple

vista o narcotráfico debería ser mais fácil de sintetizar en 1985 do que resulta en 2014.

Neste momento o número de noticias que fan referencia ao “narcotráfico” na rede de

redes supera os 32.000 resultados, mentres que a produción de noticias no segundo

lustro dos anos 80 a propósito do narcotráfico dificilmente supera o centenar de artigos

en diarios e semanarios tan importantes como El País, con amplas conexións

económicas e loxísticas en latino América, ou Cambio 16, o semanario que durante

moito tempo foi referencia na vangarda periodística.

O certo é que a década dos 80 resulta de unha extraordinaria conflitividade

política e social no contexto de Colombia. Por ese motivo as referencias na prensa

española do momento van a ir dende a violencia causada polas diferentes guerrillas e

enfrontamentos con grupos paramilitares ata referencias a política (eleccións, figuras

políticas) e tamén referencias ao narcotráfico.

En canto á análise do contido dos documentos de prensa consultados, faise unha

división temática discriminando grandes conxuntos de noticias que, á súa vez son

analizados individualizadamente polos expertos na materia. Dentro dos mesmos, a

Page 38: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

37

violencia en canto ás repercusións que o narcotráfico proxecta na sociedade. Asasinatos,

secuestros e demais accións que un grupo de individuos máis ou menos organizados

contra outros individuos. Neste senso, analizáronse un total de 33 artigos relacionados

coa violencia do narcotráfico. Soamente cinco documentos relacionados coa corrupción

política no contexto do mercado da droga. Sete documentos relacionados coa figura dos

narcos, nos que de amosa unha imaxe moi concreta dos axentes directamente dedicados

ao narcotráfico que se complementan con tres reportaxes publicados no semanario

Cambio 16 no mesmo período de tempo analizado. Como colofón, aprécianse polo

menos 71 artigos relacionados coa chamada loita contra o narcotráfico analizados con

anterioridade amén de tres documentos relacionados cun debate marcadamente

importante na actualidade como é a legalización ou non da comercialización das drogas.

No tratamento que os medios fan con respecto ao narcotráfico, constatamos que

un amplo numero de artigos de El País están centrados no simple tratamento do feito. O

periodismo dominante baséase na simple exposición do feito sen realizar importantes

aseveracións persoais por parte do autor da noticia. O diario El País asemella ser un

convidado de pedra ante unha situación que dende o punto de vista español no aparenta

ser relevante para a sociedade. España non e un país produtor, e como consumidor,

España vive un momento no que outras substancias psicoactivas manteñen importancia.

E fácil ver na prensa artigos sobre drogas procedentes de África ou de Asia, polo que o

debate non se centra na cocaína colombiana, como sucede seguramente na actualidade.

En canto a Cambio 16 o tratamento do fenómeno do narcotráfico colombiano

esta centrado principalmente nas conexións que este ten en Europa, así como o

aperturismo que España viviu nos anos oitenta en relación co consumo de substancias

psicoactivas. Os artigos céntranse principalmente en como a sociedade tomou

conciencia en torno ao consumo (sobre todo de heroína), pois a consecuencias dese

aperturismo inicial fixéronse visibles nesta segunda década dos oitenta. Sen embargo,

Cambio 16 non mantén un importante foco de atención sobre Colombia. No que a

narcotráfico se refire, poucas son as referencias a este fenómeno en páxinas internas e

soamente o numero 890 dedica unha ampla parcela ás drogas.

En todo caso dende un punto de vista crítico, poderíase dicir que o fenómeno do

narcotráfico é transmitido no segundo lustro da década dos oitenta de maneira

secundaria, entendendo secundaria como o adxectivo que aglutina unha postura

periodística que esta en consonancia co que o mesmo fenómeno significa para a

sociedade española. O narcotráfico colombiano non asemella ser un tema de primeiro

calado para a sociedade española e seguramente por tanto a súa relevancia na prensa é

menor con respecto a outros asuntos de política internacional.

Cabe destacar a rumoroloxía específica dos anos 90 con respecto ás diversas

conexións que o diario El País (Grupo Prisa) e Cambio 16 tiveron co narcotráfico. Estas

foron reflectidas en publicacións de moi difícil acceso como “Dineros del narcotráfico

Page 39: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

38

en la prensa española” do periodista colombiano Félix Marín. Do mesmo xeito, o diario

El País publicaba o 2 de outubro de 1991 nun artigo titulado: “Operación intimidatoria

contra El País y 'Cambio 16' por investigar el narcotráfico”, no que o diario deixa constancia das

súas investigacións sobre o narcotráfico e as súas conexións con España., investigacións

que en realidade non se viron reflectidas nas noticias publicadas entre 1985 e 1990.

Page 40: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

39

BIBLIOGRAFÍA

ARRIETA, C. G. (1990): Narcotráfico en Colombia: dimensiones políticas, económicas,

jurídicas e internacionales, Tercer Mundo Editores, Colombia.

BETANCOURT, D. E GARCÍA, M. L. (1994): Contrabandistas, marimberos y mafiosos:

Historia social de la mafia colombiana (1965-1992), TM editores, Bogotá.

CASTAÑEDA J. E AGUILAR, R. (2009): “El Narco: La guerra fallida”, Editorial punto de

lectura, Madrid.

DÍAZ DORRONSORO, J. (2010): "Los orígenes del semanario político Cambio 16 (1971-

1974)." en: Communication and Society/Comunicación y Sociedad, vol. XXIII,

n. 2: pp.41-70.

HIDALGO J. C. (2010): “El fracaso de la guerra contra las drogas”en Ilustración

liberal,nº46, Madrid [Consulta online http://www.ilustracionliberal.com/45-46/]

GÓMEZ RUBIO, J. D. (2012): 7 mitos de la legalizacion de las drogas. IEMP, Colombia.

GREENWALD, G. (2009): “Drug Decriminalization in Portugal:Lessons for Creating

Fair and Successful drug policies”, Cato Institute, Washington DC.

KALMANOVITZ, S. (1994): “Análisis macroeconómico del narcotráfico en la economía

colombiana”en VARGAS, R. (1994): “Drogas, poder y región en Colombia”,

Cinep, Bogotá.

KEEFER, P., LOAYZA, N. V. E SOARES, R. R. (2008): El impacto de la ilegalidad del

comercio de drogas sobre el desarrollo. Banco Mundial

KRAUTHAUSEN, C. & SARMIENTO, L. F. (1991): Cocaína & Co.: Un mercado ilegal por

dentro, Tercer Mundo Editores, Colombia.

ORLANDO MELO, J. “Narcotráfico y democracia: La experiencia Colombiana” en JOYCE,

E. E MALAMUD, C. (1998): Latin America and the multinational drug trade,

University of London and Macmillan, London.

Page 41: O Fenomeno Do Narcotrafico en Colombia

40

OSTROWSKI, J. (1989): Thinking about Drug Legalization, Cato Institute, Washington

DC.

ROCHA GARCÍA, R. (2000): La economía colombiana tras 25 años de narcotráfico,

Siglo del Hombre Editores, Bogotá.

THOUMI, F. E. (1994): Economía política y narcotráfico, Tercer Mundo Editores,

Bogotá.

VARGAS MEZA, R. (1999): Drogas, mascaras y juegos. Narcotrafico y conflicto armado

en Colombia, TM Editores, Colombia.