O falar das ondas. Xuño 2009

32

description

Número correspondente ao curso 2008-2009 da revista do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES David Buján de Cambre, A Coruña.

Transcript of O falar das ondas. Xuño 2009

Page 1: O falar das ondas. Xuño 2009
Page 2: O falar das ondas. Xuño 2009
Page 3: O falar das ondas. Xuño 2009

3

S U M A R I OColaboradores neste número Indice Páxina

Felix Petísco Mar de Ondas 4

Lidia López e Lúa Caeiro II Concurso de Podcasts 6

Alumnado 3º PDC Día Internacional pola tolerancia 6

Noa Pallares Un paseo pola cultura galega 8

Paula Pérez Exposición W.E. Smith 8

Inés Ferreiro As nosas palabras, os nosos mundos 9

Carla Seoane e Rebeca Lendoiro Día da Lingua Materna 10

Alumnado 1º Bach. Certame Musical 11

Olga Liaskouskaya Saída a Vigo 11

Jesús Armesto O Soño Olímpico 12

Departamento de Economía Play! Desafío Novos Emprendedores 13

Alumnado 4º PDC Día das Letras Galegas 14

Dani Garabato Día da Ciencia na Rúa 15

Alejandro Vaamonde e Carlos Gómez Correlingua 2009 15

Borja López Ramón Piñeiro 20

Departamento de Normalización XVI Certame Literario 18

Andrea G., Antía S. e Xulia V. Conversa con Alfonso Costa 22

Alumnado 1º ESO Un día en Marcelle 24

Diego Fariña Escritor.... e algo máis 25

Equipo convivencia Grupo Convivencia 26

Paula Unha Noite no Rosalía 27

Laura Balboa Un día a Cabalo 28

Paula Echevarría e Tania Rodríguez Entrevista a Brais 28

Iago Castro Entrevista a Miguel 30

Page 4: O falar das ondas. Xuño 2009

4

Despertoume o ruído das bodegas ao abrirse. Atracaramos no porto esloveno de Ko-per o día anterior pola mañanciña e xa polo se-rán comezaran as tarefas de carga. O día abríase frío e claro e cando accedín á cuberta do barco xa os guindastres, cal flamengos picotóns, es-taban a picar carga desde o peirao ás distintas bocas do barco. O día transcorrera sen máis alteracións que as habituais. A tarde estaba fría e gris e as cuadrillas, rematado a quenda de tarde, estaban a recoller os seus aparellos para deixalos listos para os que viñeran pola noite. Eu estaba de garda xa canso e con ga-nas de voltar ao interior a tomar algo quente. Un groso xersei de colo volto e gorro de la cubrían a práctica totalidade do meu rostro. As mans enferruxadas en luvas negras de pel descansa-ban sobre a varanda que desde un altiño domi-naba a cuberta do barco. Non sei como pero de pronto a miña mi-rada tropezou con dous ollos claros e profundos que sen alterarse inquirían a miña atención. Cabeza cuberta cun gorro e ampla zama-rra subida daban soporte a un rostro cadrado, duro, con dous faros de fondo azul claro que parecían tradear o espazo que recollían. Non era moi alto, pero era fornido, compacto. Esta-ba de pé e na súa man dereita sostiña un gran tarro de pintura que probablemente os mari-ñeiros deixaran esquecido nas súas tarefas de mantemento. Parei a vista nel e enfrontei por un mo-mento a súa mirada. Eu era consciente de que

o que aquel home pretendía non era posible e que debía indicarlle que deixara o bote e se marchase, pero a súa man aferrábase con for-za á argola e aqueles focos comezaban a facer dano. Non fun quen de soster por moito máis tempo aquela mirada inquisidora así que pase-niñamente fun baixando a vista e fixen un lixei-ro aceno de asentimento coa cabeza. Cando a levantei vino baixando a escada cara o peirao co bote envolto nunha especie de saquiño. Nun momento virou detrás dun alma-cén. Nunca voltou a vista atrás. Non me decatei que tiña a man dolorida de tanto aferrar na varanda ata que que cambiei de posición para ir cara adentro. Xusto antes de entrar voltei a mirar cara a esquina do almacén e por un momento pare-ceume imaxinar caras alegres coa chegada do home ao seu fogar. Non sei que tiña pensado facer coa pintura pero desexeille de corazón que pintara o que pintase lle quedara bonito. Anos máis tarde, despois dos graves acontecementos que deron lugar ao desmem-bramento da antiga Ugoslavia, voltei a reparar neste pequeno feito. A decisión tomada por aquel home, nas circunstancias políticas do momento, púidolle ter costado a cadea. E a pesares deste risco ac-tuou sen o máis mínimo aceno de dúbida. Esta teimudez, esta visión das cousas desde un pun-to de vista tan persoal que exclúe a obxectivida-de, ten levado á humanidade a grandes desas-tres.

Mar de Ondas e III “ E cercáronme as ondas que grandes son

non hei barqueiro nen remador,eu atendendo o meu amigo,

e verrá? ”Mendinho

Page 5: O falar das ondas. Xuño 2009

5

Pódome imaxinar a este home e aos seus conviciños da pretérita Ugoslavia loitando tei-mudos por defender e impoñer a súa verdade ao resto. Nestas circunstancias o desastre da convivencia está garantido e os feitos posterio-res mostraron as consecuencias deste tipo de actitudes; sexan ben, de carácter social, políti-co, racial ou relixioso na que a visión particular dun grupo se confronta e tenta impoñerse ao conxunto da sociedade. O ser humano é por esencia múltiple, tanto na súa relación persoal co medio coma cos demais. Enriquecémonos coa diversidade.O babel lingüístico, racial, relixioso ou social de-finen a realidade do ser humano. Os intentos uniformadores ou simplificadores só conducen á ruptura social. A sociedade galega ten dúas linguas como propias, o galego e o castelán. O galego nace e desenvólvese no te-rritorio histórico que lle é propio, e o castelán aséntase no territorio galego por razóns políti-co-económicas de dependenza do poder cen-tral e polo interese de medre social das clases burguesas ata configurarse no tempo como propia tamén. No devir histórico de relación entre am-bas non faltaron quen pretenden unha visión particular, uniformadora, din “de utilidade” da lingua, para eles o castelán sería o modelo. Que-ren contemplar a realidade só con ollos dunha parte. Pensan que a conceptualización do me-dio e a súa posterior expresión a través da lin-gua se puidese facer como de prestado. Non se paran a pensar que séculos de relación ser-medio deron lugar a unha interacción particu-lar que só se pode expresar fielmente na lingua na que se mamou. Por suposto isto non exclúe outras formas de relación nin de linguaxe, pero sería deturpar, violentar a unha sociedade que herdou un ser propio, unha determinada lingua, ao tentar impoñer un pretendido bilingüísmo doce que no fondo só analiza as linguas dun xeito particular en función da súa rendibilidade social. Xa vimos onde levan este tipo de visións particulares ou de grupo cando pretenden, con

distintos argumentos, impor un carácter unifor-mador a unha sociedade. Rexeitemos a todos aqueles que nos piden que perdamos parte do noso ser para ser un presunto outro. Non á simplificación ou uniformidade. Si ao multicul-turalismo e ao multilingüismo non excluínte. Si á diversidade. Só se é ante os demais se os outros per-ciben con claridade as características que nos definen. É evidente que a lingua galega é unha parte esencial do noso ser como galegos. Sen o galego tamén seríamos; pero seríamos outros. Seríamos o non-ser. Unha sociedade que non valora e pro-texe a herdanza cultural, material ou inmaterial, que a define como tal; unha sociedade que non se recoñece nos seus valores propios non ten futuro.Esquéncese de si mesma.

Félix Petisco, coordinador do ENDL.

Page 6: O falar das ondas. Xuño 2009

6

A.S.P.G. II Concurso de PodcastsA Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocou o II Concurso de Podcasts co obxecto de fomentar a lingua oral e a creatividade mediante o uso das TIC ( tecno-loxías de información e comunicación), todo explorando o podcast como novo recurso artístico e pedagóxico. Nós participamos na categoría CREARTE, na sección de literatura, presentando o noso podcast no que a moderna tecnoloxía radiofónica do ano 2100 permítenos realizar unha entrevista a Celso Emilio Ferreiro, un dos destacados escritores galegos do século XX, facen-do un percorrido polos aspectos da súa vida e a súa obra.Fomos premiadas co primeiro premio (un reprodutor iPod de 30 GB para cada unha). O presidente da AS-PG, Xoán Costa, presentouse no instituto para entregárnolos e aproveitou para falar-nos un pouco da páxina da AS-PG, in-formándonos das múltiples actividades que nos ofrece: concursos, xogos edu-cativos, campionatos, información…Consideramos que foi una experiencia moi interesante e amena e animámos-vos a que participedes.

Lidia López Vázquez Lúa Caeiro Insua

Día internacional pola tolerancia Que é a tolerancia?

*É o respecto dos dereitos e as liberdades dos demais.*É aprender a escoitar ós demais, a comunicarse con eles e a entendelos.*É estar aberto a outras formas de pensar e a outras acepcións, así como negarse a rexeitar o descoñecido.*É unha actitude positiva cara os demais, exenta de todo aire de superioridade.

O pasado 16 de novembro celebramos no instituto este día organizando un concurso de debuxo para os alum-nos/as de primeiro de ESO co tema “Carteis de cine para un mundo mellor”. Ese mesmo día puxémoslles unha película relacionada coa tolerancia (Azur & As-mar).

O 30 de xaneiro fixemos a entrega de premios do con-curso con motivo do Día da Paz.Agradecemos o traballo co que os alumnos e alumnas fixeron os debuxos e dámoslles as grazas pola súa par-ticipación.

Page 7: O falar das ondas. Xuño 2009

7

Os premiados foron:

·1º premioAlessandro Zullo Coita.

·2º premioAlba Casas Iglesias.

·3º premioUxía Pérez Vázquez.

Queremos dar as grazas aos departamentos de plástica e orientación.

Alumnado 3º PDC

Page 8: O falar das ondas. Xuño 2009

8

O pasado día 5 de decembro fomos á Co-ruña supostamente a ver a obra “Bicos con lingua” en Palexco, e atopámonos con que había unha exposición ou feira sobre o Ga-lego, a cultura galega máis concretamente.Comezamos o percorrido no posto de Xa-barín Club onde nos repartiron papeletas para facernos socios, e seguimos por mul-titude de postos con todo tipo de cousas; había dende cine en galego ata unha expo-sición de libros, pasando por un montón de postos onde nos amosaron distintos aspectos da nosa cultura; recollemos revis-tas de teatro, música, xornais en galego... e fixémonos cunha boa provisión de bolsas, chapas, adhesivos, bolígrafos, cadernos, calendarios..., de todo un pouco. Mellor non podía ir.Ou si. De seguido pasamos a ver a obra “Bicos con lingua” que trataba a nosa lin-gua en todos os aspectos: o bilingüismo, a diglosia... a incomprensión social que ex-perimenta o galego na sociedade actual... con escenas como unha conversa entre dúas nais que paseaban cos seus fillos nun

carriño (aí vimos o problema do bilingüis-mo diglósico) e que mesturaban galego e castelán cando falaban entre elas e cando se dirixían ós seus fillos; a incomprensión social do galego vímola nunha escena que consistía en que un home quería poñer o seu nome en Galego e un funcionario (que falaba Castelán) non o entendía por máis voltas que lle daba; ta-mén representaron escenas nas que se trataba o decaemento que a nosa lingua está a experi-mentar a pasos axigantados.Eu polo menos saín de alí total-mente mentalizada de que (se é posible estalo máis do que xa estou) non podo deixar morrer a lingua que falo e coa que me-drei, e de que seguirei loitando para que a miña lingua non mo-rra aínda que a meirande parte da xente nova non o faga, pero os poucos que o facemos so-mos fortes e resistiremos.Gustoume tanto a obra como a

exposición, xa que o tema paréceme moi interesante e non podo estar máis de acor-do con todo o que alí vin. Espero que vós poidades deleitarvos o mesmo ca min en vindeiras edicións.

Noa Pallares, 2º Bach.

Un paseo pola cultura Galega

O 12 de decembro o alumnado de plástica de 4º de E.SO e de 3º P.D.C fomos á Fundación Caixa Galicia da Coruña ver unha expsición de fotógrafo W. Eugene Smith “ Máis real que a realidade”. Do 1946 ao 1654 Smith traballou na revista norteamericana máis importante do momento, Life. A revista publicou os seus famosos ensaios fotográficos, que posúen unha gran intensidade emotiva. Nos seus primeiros tempos na revista comezou mostrando dende primeira liña de combate a guerra, e pouco despois mostrou as consecuencias que tiña sobre os habitantes. Con esta reportaxe perdeu unha man, polo que estivo moito tempo afastado do mundo da fotografía. Un día quedou só na casa cos seus dous fillos pequenos e levounos ao campo e fíxolles unha foto na que se ve aos dous nenos ao final dun túnel, coa que quería mostrar que os nenos podían cambiar o presente e facelo menos escuro. A súa primeira reportaxe foi sobre a vida dun médico rural na que se vía o traballo que facía ao longo dunha xornada; atendendo os enfermos, vacinando ós nenos nas escolas, cando acababa de

perder a un paciente ou mesmo nunha operación. Outra reportaxe foi sobre unha comadroa colombiana. Pero, como sempre, antes de comenzar a facer unha reportaxe tiña que informarse e coñecer a xente coa que ía traballar; neste caso tivo que seguir un curso de matroas ao que non faltou nin un só día. Cando a parteira chegaba ás aldeas, presentaba a Smith como o seu axudante, xa que ás veces exercía como tal. Con esta reportaxe conseguiu facer un centro de maternidade, cos cartos que aportaba a xente voluntariamente. Tamén realizou unhas reportaxes de maneira independente como o célebre proxecto realizado en Minamata (Xapón), onde unha empresa verteu ao río mercurio e como consecuencia contaminou a todos os habitantes, posto que era un pobo pesqueiro. A enfermidade estendeuse de maneira masiva xa que o consumo desta substancia provocaba a parálise total do Corpo e despois unha lenta e dolorosa morte; aínda hoxe nacen algúns nenos con malformacións debido ao vertido.

A raíz deste problema fixéronse manifestacións nas que participou Smith, onde recibiu unha paliza que o deixou moi mal. Dise que esta última reportaxe a rematou a súa muller xa que o golpe foi tan forte que non podía nin disparar a cámara.Así Eugene Smith deixou pegada en todos os continentes, mostrando sen disimulos os recunchos da súa personalidade e as ansias da súa mente. Smith sacrificou todo pola fotografía e creou imaxes que van máis alá da simple representación de feitos, imaxes obtidas facendo repetir a acción ou manipulándoa no cuarto escuro para traducila dun xeito máis real. Daí o título da exposición. Despois de ver a exposición tivemos que inventar unha historia a partir dunha fotografía e contalo como se fora unha noticia do telexornal para despois velos na tele. A verdade é que foron moi graciosas as reportaxes que se nos ocorreron; foi unha experiencia moi divertida.

Paula Pérez , 4º ESO C.

Exposición de W. Eugene Smith

Page 9: O falar das ondas. Xuño 2009

9

O día 17 de decembro o alumnado de 2º de Bacharelato fomos ao Kiosco Alfonso ver unha exposición titulada “As nosas palabras, os nosos mundos”.Esta exposición dividíase en catro bloques onde se explicaba con detalle, diferentes aspectos referidos ás linguas: a súa orixe, a súa historia, a diversidade lingüística e o futuro das linguas.

As orixes.Hai moito tempo que os seres humanos se comunican mediante sinais visuais, auditivas, táctiles e olfactivas. Non se sabe ben cando foi o inicio da comunicación lingüística xa que o home precisa dende o primeiro momento relacionarse co medio externo; pero si se poden datar algunhas pinturas e petroglifos atopados por diversos sitios de España.

Actualmente, existen moitas linguas en todo o mundo que se poden agrupar en diferentes familias debido a súas características, e estas á súa vez, nun tronco común.

Porén, existen outras linguas que non se poden agrupar en ningunha familia e a súa orixe é descoñecida (o éuscaro, o xaponés...) ou as chamadas “linguas artificiais” por ser creadas e pensadas totalmente polos seres humanos (como o esperanto).

Unha viaxe no tempo. O galego é a lingua oficial, xunto co castelán, en Galicia; aínda que tamén se fala no norte de Portugal, parte de Asturias e Castela e León. Con case tres millóns de habitantes, Galicia conta cunha alta porcentaxe que entende o galego e con máis de dous millóns de persoas que poden falar o noso idioma.Antes de existir o galego, na península ibérica houbo un grupo de civilizacións (castrexa, romana e sueva) que deixaron a súa pegada na nosa lingua. O galego orixinouse cando os romanos chegaron á península ibérica e introduciron o latín en Galicia. Dende este momento esta lingua comezou a sufrir unha serie de cambios ata dar paso a outra lingua falada tamén en Portugal: o galego-portugués.Creáronse escritos neste idioma, como as Cantigas de Santa María de Afonso X O Sabio, que deron un empuxe a esta lingua. Mais un período de decadencia (séculos escuros) fixo que esta lingua fose desprestixiada e, como consecuencia,

non fora falada nin escrita.Coa axuda do Padre Sarmiento e do Padre Feijóo logrouse rescatar de novo esta lingua.Ademais, no século XIX, dáse un período coñecido co nome de Rexurdimento, que vén da man de Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Pondal, capaces, mediante as súas publicacións literarias, de recuperar a lingua galega na escrita.A principios do século XX, a lingua galega comeza a ser obxecto de numerosos estudos; créanse as Irmandades da Fala, o grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos; grupos encargados de defender e fomenta-lo uso do galego.En 1906 creouse a Real Academia Galega, feito que fixo que a lingua galega estivera no seu auxe social, gozara dun prestixio cultural e fora obxecto de numerosos estudos.Trinta anos despois, aprobouse o Estatuto de Autonomía de Galicia; pero pouco tempo tardou en producirse a sublevación militar e dar paso a case catro décadas de ditadura no que descendeu o uso público do galego.Coa morte de Franco en 1975 e a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, onde se recolle que o galego é lingua oficial en Galicia, o galego abre unha nova etapa.

As nosas palabras os nosos mundos.É moi difícil saber cantas linguas hai no mundo; pero pénsase que o número está entre 7000 e 10000. Entre estas linguas atópanse linguas en perigo de extinción, é dicir, linguas que cada vez teñen menos falantes e están menos empregadas.Europa é o continente que menos variedade lingüística ten.España, ademais de contar co español como lingua oficial en tódolos territorios, conta con outras linguas oficiais como o galego en Galicia, o catalán en Cataluña, Valencia e Baleares, e o éuscaro no Pais Vasco. Cómpre ter en conta tamén o aranés, lingua oficial en Cataluña.Ademais España conta con outras linguas non oficiais como o Astur-leonés e o Navarro-aragonés.

A nosa lingua na nosa vida.A nosa lingua é moi importante: ela forma parte da nosa vida, da nosa cultura. Dende que nacemos ata que morremos sentimos a necesidade de empregala para comunicarnos co medio externo. Ela está presente nos nosos primeiros balbuceos e nas nosas derradeiras palabras, transmitímola de pais a fillos e de fillos a netos. Detrás dela hai unha historia, un pasado; pero soamente se a seguimos empregando terá un futuro.

Inés Ferreiro Alonso, 2º Bach.

As nosas palabras os nosos mundos

Page 10: O falar das ondas. Xuño 2009

10

Como cada ano, o 21 de Febreiro celébrase o Día Internacional da Lingua Materna,co fin de promover a diversidade lingüística.As linguas constitúen os instrumentos máis poderosos para preservar e desenvolver o noso patrimonio material e non material.Ademais,difundir a lingua materna anima á diversidade lingüística e sensibiliza as tradicións lingüísticas e culturais do mundo.As linguas representan un signo de riqueza e creatividade humana xa que se alimentan das nosas tradicións e dos nosos costumes.A diversidade lingüística é tan necesaria como a diversidade biolóxica,xa que prescindimos delas para poder manter as nosas tradicións e niveis culturais.E ó igual que a diversidade biolóxica,as linguas están en proceso de extinción.Ethonologue cita 400 linguas que chegaron ao nivel da desaparición,polo que para poder poñer fin a esta situación recórrese a unha educación que axude a manter e desenvolver as linguas dende

unha política lingüística baseada no plurilingüísmo.As linguas son esenciais para a identidade das persoas,e os sistemas educativos son os encargados de facilitar unha educación de calidade que atenda ás necesidades dos que aprenden nas súa lingua nai dende os anos iniciais á escolarización.Atendendo ao tema da escolarización,é moi importante recoñecer que a escolarización en varias linguas ten efectos positivos sobre o desenvolvemento educa t i vo .Concre t amente ,en España,emprégase o plurilingüismo en varias comunidades,en todas elas con moito éxito xa que a maioría do alumnado acaba a escolarización sabendo falar e escribir con dignidade na lingua autóctona.En Galicia,o novo Decreto,que o actual goberno vai derogar,pretendía que o alumnado adquirisen unha certa competencia para poder expresarse adecuadamente en galego e en castelán.Este Decreto tamén promoveu o uso do bilingüismo para que a poboción puidese elixir libremente a lingua de uso na

comunicación.Pero ninguén terá liberdade de escribir e falar no idioma que queira se só sabe un.Por iso,o Decreto pretende formar un alumnado competente nas dúas linguas para darlle á sociedade persoas máis preparadas e libres.O problema está en que toda persoa que coñece o galego coñece o castelán pero non ocorre ao contrario e,ademais,saber o galego prepáranos mellor para aprender outras linguas como o italiano,o portugués,o francés,o catalán,etc.e para iso,o Decreto 124/2007 impulsa o uso da lingua galega como lingua vehicular na metade das materias do alumnado,aínda que se recomenda o uso nos centros nos que haxa gran cantidade de emigrantes ou de alumnos de procedencia galega castelanizada.Hoxe en día,máis do 40% dos cidadáns españois viven en zonas nos que o castelán comparte con outra lingua a condición de lingua oficial.A Constitución Española de 1978 permite que o galego sexa lingua oficial xunto co castelán.O galego é a lingua oficial de Galicia e consta de máis de 2.800.000 falantes.Os seus límites xeográficos non ocupan só o territorio de Galicia,senón que tamén se fala en Asturias,León e Zamora.Dentro dos habitantes de Galicia,o 97% entende o galego,o 86% sabe falalo,o 45% son quen de lelo,o 27% sabe escribilo e o 38% teno como lingua de uso habitual.Despois de expoñer a situación actual do galego é necesario que perviva,e para conseguir iso temos que falalo.De nós depende.

Carla Seoane e Rebeca Lendoiro, 2ºBach.

Día da Lingua Materna

Page 11: O falar das ondas. Xuño 2009

11

Saída a VigoO pasado 29 de abril fomos a Vigo. Saímos ás oito e media da mañá é ás dez xa estabamos a pasar pola Ponte de Rande. Xa en Vigo quedamos ao lado dun centro comercial situado na zona portuaria onde estivemos arredor dunhaa hora.Despois camiñamos polas rúas próximas ao Mercado da Pedra. Ao final subimos unha costa moi pro-nunciada ata o Parque do Castro, desde onde se poden ver as Illas Cíes, onde nos estaba a esperar o autobús para le-varnos a comer á praia de Samil.Samil é unha praia preciosa dende onde se poden ver as Illas Cíes ....? illa de To-ralla con dous dos asentamentos máis importantes da época romana.Pola tarde visitamos o Museo Verbum – casa das palabras; alí explicáronnos como evolucionou a escrita ao lon-go do tempo e ensináronnos tamén a mesa dun escritor na época medieval e como facía para escribir, unha man no

Certame Musical

O certame musical é unha boa maneira de reivindicar a validez do galego como lingua sobre todo no ámbito da cultura, como lingua válida para facer a nosa música , a música do noso país, pero creo que este tipo de reivindicación xa o fixo Rosalía vai boa, paréceme moi ben que un día no curso fagamos cousas deste estilo pero non podemos ver isto como unha vía de escape

para perder un día clase en “prol do galego” as nosas aportacións non se pode limitar a iso debemos falar o noso idioma sentirnos orgullosos da nosa cultura e levar o uso do mesmo mais alá das clases e dun día no que facemos un certame musical debemos falalo sempre que nos pete sexa cal sexa a situación, o ámbito ou o momento; non queiramos ser todos falsos Rosalías!

“ A mocidade coa nosa lingua”

Page 12: O falar das ondas. Xuño 2009

12

Este ano por primeira vez no instituto, cinco alumnos de 2º de bacharelato presentáronse ás olimpíadas de física. Despois de preparar durante uns meses a proba local, fixeron en febreiro o examen na facultade de ciencias da UDC. Nesta proba conseguiron un moi bo resultado cun primeiro e un segundo posto, para Jesús Armesto Barros e Lucía Cid Tovar respectivamente.

Os dous gañadores da fase local da universidade da Coruña disputaron despois a fase nacional que este ano se celebrou en Pamplona, do 24 ó 27 de abril, xunto cos gañadores das outras dúas universidades galegas e xunto co terceiro posto da Coruña, do Eusebio da Guarda. As probas fixeronse o sábado durante todo o día, pola mañá fixeron a proba práctica e pola tarde a teórica. Os problemas consistiron en cálculos sobre as carreiras dos San Fermíns, outro de tensión superficial nun líquido e outro sobre o modelo atómico clásico.

O domingo foi un día de descanso e diversión despois dos duros exames visitando o centro de Pamplona, o castelo de Olite e indo pola tarde ó planetario da cidade.

Despois dese día de lecer, o luns comunicaron os resultados da olimpíada, na que a delegación galega conseguiu unha mención de honra e cinco bronces, entre eles o logrado por Jesús Armesto.

Os participantes volveron moi contentos, non só polos resultados, senón sobre todo pola experiencia vivida, na cal coñeceron moita xente interesante e o pasaron moi ben.

Despois do vivido, os participantes recomendan ao alumnado que nos vindeiros anos cursaran bacharelato participar, non só na proba de física, senón tamén na de matemáticas, química, ou bioloxía (na que tamén se presentaron este ano tres alumnos á proba local), posto que a experiencia merece a pena.

Jesús Armesto, 2º Bach.

O Soño Olímpico

ar e a outra cun pauciño apoiado sobre o papel para que non se movese ao escribir.Tamén nos contaron como se comezou a escribir sobre peles de animais despois de quitarlles o pelo e secalas. Escribían con plumas que tiñan que estar ben cortadas e moi limpas. A tinta que usaban facíase con minerais moi ben triturados e poñíase nunha cuncha. Ao final nós tamén tentamos de-buxar sobre dun papel con cana e puidemos comprobar o difícil que era.

Ás oito do serán fomos á entrega de premios “Play! Deasfío para novos emprendedores” e aplaudimos moito aos nosos compañeiros cando lles deron os seus regalos. Despois invi-táronnos a un “buffet” frío moi variado.Moi cansos chegamos a Cambre arredor das dez e media da noite pero moi ledos porque tivemos a oportunidade de co-ñecer moitas cousas de Vigo e porque foi un día diferente.

Olga Liaskouskaya, 3º PDC.

Page 13: O falar das ondas. Xuño 2009

13

O equipo de alumnas de 1º Bach.-C formado por Martina Cacheiro, Loreto Longueira, Arantxa Muí-ño, Noelia Rey, Talía Sán-chez e Alba Sanmartín resultou 3º clasificado na final de play, concurso organizado por Caixano-va para os estudantes de Bacharelato de Galicia e Portugal.

Play é un concurso de xestión empresarial que trata de fomentar a vocación emprendedora entre os estudan-tes de Bacharelato de toda Galicia e Norte de Portugal. Este curso, por segundo ano consecutivo, un equipo do noso centro clasificouse para a fase final. O ano pasado, na 2ª edición de play, o noso centro foi finalista co gru-po de alumnas formado por Sara Gil, Rebeca Lendoiro, Noelia Mecías e Alba Sánchez. Na final presencial obti-veron o 5º premio. O concurso desenvólvese a través de internet e foi des-eñado como unha actividade formativa de apoio na área de economía, baseada na metodoloxía “aprender-facen-do”, que permite que os alumnos/as poidan traballar dun xeito práctico algúns dos conceptos que se inclúen no currículo de Economía da Empresa no Bacharelato.

O alumnado participante debe poñerse á fronte dun-ha empresa que produce leite e iogur co obxectivo de competir nun mercado virtual integrado polas empre-sas que xestionan outros centros competidores. As decisións adoptadas deben introducirse nun simulador empresarial que Caixanova pon á disposición do alum-nado participante a través da web de play: http://www.play.novaxove.com

Play desenvolveuse ao longo de catro etapas:   Primeira Fase (novembro - decembro): decisión de proba e 3 plans de xestión.   Segunda Fase (xaneiro - febreiro): 3 plans de xes-tión.   Terceira Fase (febreiro - marzo): 3 plans de xestión   Final (abril): 3 plans de xestión (presencial)

Nas tres primeiras fases, os equipos participantes son agrupados nas catro provincias galegas e Portugal. Du-rante 9 semanas os equipos elaboran un plan de xes-tión para cada ano (unha semana no xogo) co obxectivo de liderar o mercado nacional e/ou estranxeiro. Á vis-ta dos resultados obtidos e dos estudos de mercado comprados polos equipos, estes deben adoptar as súas decisións para o ano seguinte. Ao finalizar as tres pri-meiras fases, en función dos puntos acumulados e dos beneficios obtidos, o equipo primeiro clasificado de cada provincia e o primeiro de Portugal conseguen un

posto para a final presencial.Os cinco equipos finalistas nesta 3ª edición de play per-tencían aos seguintes centros:  IES Escola Secundária/3 Au-rélia de Sousa de Porto.  IES de Foz.  IES Universidade Laboral, de Ourense.  IES San Tomé de Freixeiro, de Vigo.  IES David Buján, de Cam-bre.

A final presencial tivo lugar o 18 de abril na sede social de Caixanova en Vigo e a ceri-monia de entrega de premios o 29 de abril no Pazo de San Roque (Vigo), á que Caixano-

Play! Desafío para Novos Emprendedores

Page 14: O falar das ondas. Xuño 2009

14

va invitou a asistir a un grupo de alumnos/as de cada centro finalista.

As nosas felicitacións ao equipo gañador desta III edición, o equipo do IES de Foz (Lugo). Cada membro do equipo gañador recibiu un ordenador portátil así como unha beca de estudos na Escola de Negocios Caixanova, valorada en 6.000 € e cunha validez de 10 anos.

Felicitacións tamén ás nosas alumnas polo seu 3º posto na final e pola consola Wii que recibiron como regalo. Grazas aos alumnos/as e profesoras que acom-pañaron ao equipo do noso centro á cerimonia de entrega de premios e a Caixanova pola súa organización e por todas as atencións recibidas, tanto na final presencial como o día da cerimonia de entrega de premios.

Departamento de Economía

Día das Letras Galegas Con motivo do Día das Le-tras Galegas o pasado 12 de maio asistimos a unha actividade no Sa-lón de Actos para recordar a Ra-món Piñeiro, autor ao que se adica este ano o Día das Letras Galegas 2009. O Concello de Cambre organizou este “acto”. Convidou a Serafín Marcos, profesor do con-servatorio de música da vila de Noia. A forma de aproximarnos á vida e obra de Ramón Piñeiro foi moi novidosa, sorprendeunos moito. Abordou varios temas re-correntes nos escritos de Ramón Piñeiro, destacando : a saúde ou a angustia. A través dos sentidos da vista, do oído, do olfato mos-trounos e puidemos sentir o que era botar de menos a terra ou a paisaxe. Tamén pronunciamos palabras como: agarimo, estrume, xesta, silveira, bolboreta ... Ramón Piñeiro defen-deu o noso idioma ao longo da súa vida. É un exemplo a seguir.

Alumnado de 4º PDC.

Page 15: O falar das ondas. Xuño 2009

15

O pasado día 9 de Maio celebrouse a XIV edición do Día da Ciencia na Rúa que deu cabida, nesta ocasión, a 34 institucións participantes, entre os que se atopan colexios, institutos, facultades de carácter diverso, en total o recinto acollería a uns 1000 participantes entre alumnado e profesorado de 26 centros, entre os cales se atopaba, un ano máis, o IES David Buján. Entre as actividades propostas polo IES David Buján cabería destacar: Ilusións Ópticas, Óptica con buracos, Obtención de ADN a partir de froitas. Asemade, un ano máis, estarían presentes os Cohetes de Auga que tanta expectación adoitan causar entre os visitantes. Cabe destacar tamén o éxito acadado co “xogo das cadeiras”, que consistíu en lograr facer un círculo ou un cadrado de persoas sentadas unhas noutras sen que ninguén caese e a partir do que se derivou o intento de realizalo arredor da Casa das Ciencias coa axuda de xente allea ao instituto, mais o número de participantes necesarios para logralo era excesivamente alto e finalmente non se conseguiría levar a

cabo pese ao esforzo realizado. Á marxe das actividades desenvolvidas polo IES David Buján, cabe mencionar o tremendo impacto que causaron as implosións e explosións levadas a cabo con nitroxeno líquido na praza principal.

Dani Garabato, 2º Bach.

Día da Ciencia na Rúa

Correlingua 2009

Pintores Pancarta: Alejandro Vaamonde e Carlos Gómez

Page 16: O falar das ondas. Xuño 2009

16

2º A

Page 17: O falar das ondas. Xuño 2009

17

2º B

Page 18: O falar das ondas. Xuño 2009

18

Certame LiterarioACTA

O día 22 de maio tivo lugar, no salón de actos do instituto, a entrega de premios do XVI Certame Literario.

O xurado estivo integrado por Pilar Paz, representante do Concello; Carme Edreira, profesora do IES Afonso X “O Sabio”; María Mosquera, Mabel Sánchez e Pilar Tobar, profesoras do noso Centro.

Contamos coa presenza do Señor alcalde, Antonio Saavedra e o pintor Alfonso Costa, autor do cadro que serviu para o cartel desta edición.

Presentaron o acto os alumnos, Leyla Nerea Louro de 4º de ESO e Alejandro Mella de 1º de Bacharelato.

Os premios foron para:

PoesíaRelación de gañadores

Categoría A (de 12 a 14 anos)

Premio Nome Lema ou pseudónimo Centro

1º accésit Rita Pérez Morandeira Bra 95 IES Afonso X “O Sabio”

2º accésit Antón Barrio Caxide Periku IES Salvador de Madariaga

3º accésit Adela de Paz Otero Azalea IES Salvador de Madariaga

2º premio Mª Paula Currás Prada Paliowen IES Afonso X “O Sabio”

1º premio Marcela Porto Mato Mergulladora de ideas A Estrada - Pontevedra

Categoría B (de 15 a 18 anos)

Premio Nome Lema ou pseudónimo Centro

1º accésit Lara Porto Mato Cinema Colexio Peleteiro de Santiago

2º accésit Noelia Martínez Rey Mare IES Xoán Montes de Lugo

2º premio Lucía Barrera López Verba Branca IES Perdouro – Burela (Lugo)

1º premio Celia Parra Díaz Sonata Facultade de Ciencias da información (Santiago)

Categoría C (de 19 a 26 anos)

Premio Nome Lema ou pseudónimo Centro

2º premio Andrea Porto Mato Desdefinición A Estrada - Pontevedra

1º premio Andrea Maceiras Lafuente Solimán Facultade de Filoloxía de A Coruña

Page 19: O falar das ondas. Xuño 2009

19

NarraciónRelación de gañadores

Categoría A (de 12 a 14 anos)

Premio Nome Lema ou pseudónimo Centro

1º accésit Diego Pazos Castro W. A. Mozart IES Afonso X “O Sabio”

2º accésit Matín Vázquez Varela Pib IES Blanco Amor de Ourense

3º accésit Mª Paula Currás Prada Paliowen IES Afonso X “O Sabio”

2º premio Marcela Porto Mato Paragoxe A Estrada - Pontevedra

1º premio Eva López Pardo Lys_10 IES Afonso X “O Sabio”

Categoría B (de 15 a 18 anos)

Premio Nome Lema ou pseudónimo Centro

1º accésit Uxía Larrosa Villanueva Dea IES Afonso X “O Sabio”

2º accésit Rosa Catarina Piñeiro Fariña Catarina IES Castro Alobre de Vilagarcía

2º premio Sara Iglesias Rivas Arisia IES David Buján

1º premio Daniel Martínez Mariño Crisiño Colexio Junior’s de Ames

Categoría C (de 19 a 26 anos)

Premio Nome Lema ou pseudónimo Centro

2º premio Andrea Maceiras Lafuente Vento Poñente Facultade de Filoloxía de A Coruña

1º premio Samuel González González Fareiro de Touriñán Cee – A Coruña

Cambre, 15 de maio de 2009

Page 20: O falar das ondas. Xuño 2009

20

Ramón Piñeiro

Ramón Piñeiro López naceu o 31 de maio de 1915 na parroquia luguesa de Armea, concello de Láncara e morreu en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990. Este home polifacético foi escritor, filósofo, edi-tor, ensaísta e político galeguista.

Foi vivir a Lugo a estudar o bacharelato para regresar despois a Armea e máis tarde instalarse en Sarria, en 1931, onde traballou como contable na ferre-tería dun amigo do seu pai. No transcurso da campaña electoral ao pouco de proclamarse a República, Piñeiro asistiu a un mitin que deron Julio Sigüenza, Lois Peña Novo e Ánxel Fole, e o que alí escoita desperta o seu sentimento galeguista e o seu interese pola cultura e a política galegas.

En 1932, participou na fundación das mocida-des do Partido Galeguista xunto outros compañeiros do Instituto. Pronto foi nomeado secretario de cultura. Alí coñeceu a Ramón Otero Pedrayo e outros persoeiros do galeguismo político: Castelao, Bóveda, Fole,Pimentel, etc.

Desde os seus primeiros momentos nas moce-dades galeguistas destaca o seu intenso labor político, sendo en, 1936, con 21 anos, elixido secretario do co-mité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autono-mía de Galicia, organizado polo Partido Galeguista.

Ante o alzamento militar de xullo de 1936, parti-cipou nunha comisión de partidos políticos en defensa da República,na que a Garda Civil ocupa o edificio para deter ao Gobernador e aos que o acompañaban. Piñei-ro logra escapar, simulando ser un simple funcionario. Denunciado pola súa militancia política e por posuír ar-mas, marcha a refuxiarse a Armea. Cando volve a Lugo comproba que se manteñen as denuncias contra el e decide seguir o consello dos seus amigos de incorpo-rarse ó exército e loitar na guerra civil no bando nacio-nal, na fronte de Aragón.

Rematada a guerra civil, Piñeiro regresa a Galicia e entra en contacto cos antigos compañeiros do partido que aínda quedaban vivos ou non fuxiran ó exilio, como Xaime Illa Couto ou Marino Dónegana, Servando Gó-mez-Aller de la Vallina, Manuel Gómez Roman, Ramón de Valenzuela e Fernández del Riego, cos que plantexa a reorganización do Partido Galeguista na clandestini-dade. Deses contactos nace un Comité Executivo no que se integran Gómez Román, Plácido Castro, del Rie-go, Otero Pedrayo e o mesmo Ramón Piñeiro, como Secretario Político.

Piñeiro comeza a estudar a carreira de Filoso-fía e Letras nas universidades de Santiago e Madrid, da que nunca terminará. Segue a contactar con outros ga-leguistas en Madrid como Fermín Penzol, Xosé Ramón e Fernández-Oxea, Evaristo Mosquera, entre outros.

Ao regreso de París, no 1946, foi arrestado can-do celebraba unha reunión clandestina en Madrid con representantes da Alianza Nacional de Forzas Democrá-ticas. Como consecuencia desta detención, permane-ceu tres anos na cadea, a pesar de que fora condenado a seis.

No1949 sae do cárcere e casa con Isabel López , establecendo o seu domicilio en Santiago, onde vivirá o resto da súa vida.

Neses anos, a restauración da república era im-pensable e Franco deixara claro que tampouco admitía a restauración monárquica. Piñeiro opta pola actividade cultural fronte á loita revolucionaria armada e política defendida polos exiliados. Agora buscábase máis a ga-leguización da sociedade e traballar para que os novos universitarios se involucraran co galeguismo indepen-dentemente da súa ideoloxía política ou postura artísti-ca.

Page 21: O falar das ondas. Xuño 2009

21

Fronte á nova ideoloxía de Ramón Piñeiro e outros galeguistas do interior, xorden duras críticas. Os exiliados defendían a república como única saída polí-tica, mentres que os primeiros xunto aos socialistas e os nacionalistas vascos e cataláns, argüían que a for-ma concreta do futuro réxime importaba moito menos que a recuperación democrática. A maiores, tampouco aceptaban unha dirección no exilio e buscaban, pola contra, que a toma de decisións se orixinase no interior de Galicia.

Durante o franquismo, determinados ideólogos do galeguismo foron especialmente críticos con Ramón Piñeiro e co grupo representado por Galaxia, tratándoos de “conservadores”. Exemplo disto foi Xose Luis Mén-dez Ferrín, ideólogo do nacionalismo revolucionario.

No 1970, participou na fundación do Partido Socialista Galego, xunto a persoeiros como Salvador García Bodaño, Xosé Luís Rodríguez Pardo, Cesáreo Saco ou Manuel Caamaño, pero non tódolos galeguis-tas estaban de acordo con isto e xorden discrepancias das que nacen nace, por exemplo, a Unión do Pobo Galego, en 1964.

Cando chega a democracia, Piñeiro, que nunca deixou de defender a postura do “galeguismo difuso” é dicir, tinguir todos os partidos de galeguismo en vez de ter un único partido galeguista. Deu exemplo desta postura e formou parte do primeiro Parlamento Autonómico, en-tre 1981 e 1985, como deputado pola provincia da Co-ruña, como independente dentro das listas do PSdeG, xunto con outras destacadas figuras da cultura galega como Alfredo Conde ou Benxamín Casal. Previamente foi candidato ó Senado por Lugo, pola Candidatura De-mocrática Galega, sen acadar o escano.

Da súa carreira política cómpre salientar o seu labor de relator da primeira Lei de Normalización Lingüística de Galicia, da que foi un dos seus auténticos pais.

Piñeiro dirixiu a editorial Galaxia e traballou nela até 1966. Publicando, sobre todo ensaios, ademais nume-rosos artigos , que asinaba baixo o pseudónimo de Luís Veiga do Campo, así como colaboracións en obras co-lectivas e prólogos de libros.

En 1966 trasládase a Estados Unidos como profesor invitado da Universidade de Middlebury, en Vermont, onde impartiu cursos sobre o pensamento español, ate 1970.

O 25 de novembro de 1967 ingresa na Real Academia Galega.

En 1983 foi elixido primeiro presidente do Con-sello da Cultura Galega, cargo do que dimiteu en 1989 por mor dunha enfermidade. Finalmente, a primeiros de 1990 morre a súa dona, e, o 27 de agosto de 1990, morre el a consecuencia dunha insuficiencia hepática.

A Real Academia Galega decidiu o 5 de xullo de 2008 dedicarlle o Día das letras galegas do ano 2009.

A obra escrita por Ramón Piñeiro non é abundante, centrada na filosofía da “saudade”. Ademais publicouse a súa correspondencia, por exemplo, con Carlos Casa-res. Tamén foi tradutor ao galego de obras de autores europeos como Pokorny ou Heidegger.

• A saudade en Rosalía (1952)

• La saudade (1953)

• Pra unha filosofía da saudade (1953)

• A lingua, sangue do espíritu (1959)

• A filosofía i o home (1963)

• A lingoaxe i as língoas (1967)

• Olladas no futuro (1974)

• Lembrando a Castelao (1975)

• Vicisitudes históricas da cultura galega (1975)

• Filosofía da saudade (1984)

• Castelao político (1986)

• Cartas para os amigos (1992) (póstumo)

• Galicia (1999) (póstumo)

• Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000) (póstumo)

• Da miña acordanza (2002) (póstumo)

Borja López, 2º Bach.

Page 22: O falar das ondas. Xuño 2009

22

1.Como influíron en ti Catalunya e Galiza?

Marchei a Barcelona os 16 anos,empecei a traballar de aprendiz(alí facendo encargos para os pintores).Influíume bastante pois foi onde nacín pictoricamente,artisticamente.

Galicia é o remanso,onde veño agora a traballar e onde estou máis a gusto, pero Catalunya foi a que me abreu as portas da arte. Pechoumas ó principio,porque un galego en Catalunya era moi difícil;ademais un rapaz novo de 16 anos.Pero fóronseme abrindo cando eu fun traballando e facendo cousas novas, tendo este interese pola arte foi cando Catalunya me abriu todas as portas da arte, na miña carreira artística.

2. De que artistas bebe a túa obra?

Eu son moi admirador dos grandes artistas:de Picasso,Velázquez.Creo que tamén hai algo meu de Bacon.Que eu sen coñecer a Bacon, un crítico veu e díxome que tiña algo de Bacon. Ao cabo de 5 meses, cando veu Bacon, decateime de que era certo; o que pasa é que el é máis forte, máis duro. Pero si entramos na mesma figuración.

Eu estiven cunha bolsa en Forencia, entón as

pinturas do Giotto influironme moito. Durante eses anos(72-80)eu fixen moita serie sobre Velázquez, ou Giotto,Cimabue.Ó estar vivindo un ano en Florencia,isto e, o renacemento influíu bastante na miña cultura.

3. Di algo que represente a cada un deles.

Os creadores.Picasso é o fantástico, é un home, o máis creador de todos. Velázquez é o espazo,a luz.Goya é a forza, a vida,a loita da xente, a guerra.E despois,o Giotto,que para min é un dos grandes.É a placidez, a pesar das súas figuras que son moi pesadas(case eran de perfíl,había moi poucas figuras de frente).Foi un visionario, un dos grandes visionarios daquela época.Influíume bastante, os grandes espazos que deixaba...Pero eu creo que Picasso e Velázquez (os que salienta).Porque eu fixen unha exposición homenaxe a Velázquez.Despois hai moitos máis,están os surrealistas... pero eu creo que Picasso é un dos grandes,porque fixo o que lle dou a gana;iso revolucionou a arte. Ademais neste caso era perigoso,porque cando lle ía ver as pinturas a algún compañeiro llas copiaba,si,el dicía que ía ver un cadro dun pintor,e dese cadro el sacaba máis,pero daballe ideas.Entón os outros lle dicíanlle non, non, xa viras outro día.

De calquera pincelada sacaba unha exposición enteira.Foi un gran creador.

4. Que significado ten para ti cada gama de cores?

A min gústame moito o vermello que é paixón,desenfreo,o negro é o espazo o silencio...Agora,por exemplo,inauguro unha esposición na Coruña o día 19 que se chama anatomía do silencio que é case todo negro.Por exemplo unha cor que eu utilizo moi pouco é o verde.Eu pintei moitos murais,en cambio,cando pinto no estudio as cores son distintos que cando ó aire libre.Pintei no manicomio, nos cárceres...entón aí abundan os amarelos,algún verde,os azuis ( encántanme, porque son moi sensuais,buf,moi etéreos, os negros,os vermellos...houbo unha época na que pintei con ocres.A miña pintura era así un pouco como esvaída,parecía coma se os personaxes apareceran e desapareceran.Para min cada cor ten un pensamento

Conversa con Alfonso Costa

Page 23: O falar das ondas. Xuño 2009

23

distinto.Neste momento o negro o vermello forte incítanme a pintar. Hai cores que non me din nada. Ao verde non lle collín interese. Utilízoo de vez en cando,como dicindo,ven aquí un momento que che vou utilizar. Pero non,a min os vermellos,os ocres ,os azuis,negro,e o branco que é o incolor pero o fago porque o branco é a luz,a transparencia; o branco é un color que ou ben reservo a tea branca ou utilízoo como color.

4. A que corpos, figuras, lles sacas máis partido?

Eu son un pintor do movemento,pintei moitos cadros de movemento,fixen buxainas,cabalos,ciclistas... encántame,fixen unha serie sobre estraterrestres,porque seica existen.Tamén fixen moitos temas sobre a muller,no ano 75,fixen a homenaxe a muller,todolos cadros,50,eran sobre o tema da muller. A figura humana gústame moito traballala,é a base de todo.Pero nesta exposición non hai case figura humana,hai unha en toda a exposición. Vai por momentos cando fixen a exposición sobre a música tampouco había figuras humanas;estaba a música,estaban os sonidos reflectidos... en xeral aínda que siga o camiño da abstracción sempre vai estar presente.

5. Relacionas o feito de deixar as figuras inacabadas co mundo onírico?

Si iso foi no ano 70,dicía un crítico que, os meus cadros empezaba un e seguia no outro,e no outro(sen ter nada que ver). Cando estaba en Barcelona liame moito o tema da santa compaña...Fixen moitos debuxos para a Voz de Galicia, ilustracións do escritor Costa Clavel,metamorfosear un pouco co imaxe e coa cor que aparecía e desaparecía. Encántame traballar así porque insinuas,deixas que o espectador remate o cadro.Ti cando dás un cadro moi rematado xa non di nada máis.Entón eu insinuaba,había coma unha bruma,insinuaba para o que estivera vendo vira algo máis, imaxinara moitas cousas.Por exemplo, unha vez dixéronme e este can que pintaches...e eu díxenlle que aí non había ningun can.O tipo vía un can,e non pintara ningún can. É moi importante suxerir.

6. Tes algún proxecto que poidas compartir connosco?

Agora rematei un que me fixo moita ilusión,era unha cousa totalmente distinta.O soldadiño de

chumbo,unha curtametraxe,á que eu lle fixen todos os personaxes, os fondos. Fíxome moita ilusión porque recordoume cando tiña 18 anos que fixen un álbum de cromos para unha casa de chocolate. Volvín recuperar os personaxes.

Agora estou preparando unha serie de gravados grandes, para levar a Alemania. Ben, eu sempre estou creando,non podo quedar quieto,é dicir, isto,gustou?porque na pintura nunca se sabe,tes que mostrarte a ti mesmo e pintar o que che dea a gana, se pintas pensando nos demais,nada,o unico que fas é repetirte a ti mismo.Sempre que fago algo intento crear cousas novas.O que máis me gusta é que a min me guste,se estou satisfeito, feliz e contento.Hai momentos nos que un pintor pode amañar un cadro,dáslle uns toqueciños,pero a min xa non me gusta,é demasiado relamido.Estás facendo algo que non é espontáneo.A min o que me gusta é a espontaniedade,como lanzarme ó vacio.Facer cousas(como o meu xefe son eu)collo e rómpoo,pero se me gusta quedo feliz.Por exemplo cando pintei o mural do Porto do Son de 10m de diámetro.Ai non me obrigaban a facer nada,entón aí eu puxen o tema do atlante.Cando estabas arriba co pescozo que cho deixaba destrozado,as pinturas nos ollos...pero cando remataches dis fixen algo que me gustou a min;despois aos demais gustaralles...o que pasa e que as veces alguén che di_non sei porque fas iso_podías telo feito sobre Nixer(que estiven en Níxer).Pero ben eu sentía estes sentimentos,ou cando pintei no manicomio non pintaba para a xente,pintaba para min pero para que os demais descubriran nas pinturas algo.

Ben. E vós que, tamén pintades?

Moitas grazas por dedicarnos este tempo. Foi un pracer. Esperamos volver a encontrarte algún día.

Andrea García, Antía Sotillo e Xulia Vicente,

4º ESO

Page 24: O falar das ondas. Xuño 2009

24

O pasado luns un de Xuño os dous cursos de primeiro de ESO fomos de excursión a unha reserva natural de animais chamada Marcelle, en Lugo. Todos estabamos esperando con ledicia ese día. Cando chegabamos ao instituto o único que fa-ciamos era pensar nesa excursión. Cando a nosa pro-fesora de naturais nos dixo que xa podiamos baixar to-dos saímos correndo cara fóra para subir ao autobús e dirixirnos cara Marcelle. A min sempre me gustaron as excursións pero esta en especial porque nunca fora alí. No autobús íamos todos moi emocionados e ilusiona-dos porque había moitos días que estabamos desexan-do ir. O traxecto no autobús foi moi divertido, falando uns cos outros e ríndo moito. Fíxosenos un pouco lon-go, pero a espera pagou a pena. Cando chegamos, arre-dor das dez, o primeiro que fixeron foi separarnos por gru-pos para comezar a nosa visita e poder ver todos os animais. Ao grupo no que estaba eu to-counos un monitor moi simpáti-co que nos poñía alcumes, e ex-plicounos que nos íamos volver a dividir en canto chegase a nosa monitora, Iria. Pola mañá vimos moitos animais coma os cangu-ros, os emúes, uns cabalos… Pero sen dúbida os que máis me gustaron foron uns mapaches pequenos que acababan de na-cer. Ao rematar deixáronnos ir á tenda de agasallos para coller

algún detalle. Por fin chegou a hora de comer; lavamos as mans e xa coa nosa nova monitora fomos corren-do a comer os nosos bocadillos e, sobre todo, a beber un grolo. Rematamos moi rápido da fame que tiñamos, aínda que algúns non tanto xa que subastaban os seus bocadillos. Cando todo o mundo rematou xuntáronnos a todos para facer un xogo, un tanto estrano a verdade. Cando acabamos de xogar puxémonos en marcha os distintos equipos para acabar de ver a reserva. A miña compañeira Patricia estivo todo o tempo dicindo que ela quería voltar á tenda de agasallos, pero ninguén lle fixo caso. Xa eran arredor das catro e nós xa non po-diamos máis co cansanzo e coa sede que tiñamos, pero continuamos ata a fin. Cando rematamos de ver todos os animais, fomos polas nosas mochilas para volver ao bus, aínda que nós, queriamos seguir alí. Xa no autobús puxéronnos unha película para que non nos aburrira-mos, pero a min non me gustaba moito e, máis aínda, xa que case non se podía escoitar cos berros da xente. Cando chegamos ao instituto apenas tivemos clase e deseguida de volta á casa para lle contar aos nosos pais o ben que o pasaramos en Marcelle. Foi unha viaxe es-pléndida! Se queres vivir unha bonita experiencia e pasar un día agradable recoméndoche que vaias a Marcelle, en Lugo.

Héctor Bello, Celia Bello, Carla Castro, Patricia Duro, Laura Balboa, Olalla Rodríguez e Begoña Espiñeira. 1º de ESO.

Un día en Marcelle

Page 25: O falar das ondas. Xuño 2009

25

Se falo de Alexandre Campos Ramírez a ninguén lle soará de nada. Pero se falo de Alexandre de Fisterra, seguro que a algún xa lle soa. Nado en Fisterra en 1919, este home foi escritor, editor e republicano de ideoloxía. Ta-mén formou parte da Real Academia Galega. Pero polo que será recordado por todos é por ser o inventor do futbolín. Tras quedar sepultado nun bombardeo duran-te a Guerra Civil, foi hospitalizado. Foi alí onde deseñou o primeiro futbolín para que os feridos puidesen xogar. Patentou o invento en Barcelona, pero debido ao alza-mento de Franco, viuse obrigado a emigrar a Francia, perdendo a patente do invento. Estivo exiliado tamén en varios países de Latinoamérica, incluido Guatemala, onde fixo bo negocio co futbolín e dise que xogou con Ernesto “Che” Guevara algunhas partidas.

Tras o golpe de estado neste país, axentes especiais es-pañois embarcárono nun avión en dirección a España, pero el puido escapar, refuxiouse nos lavabos do avión e construíu unha bomba ficticia envolvendo xabrón con papel de aluminio. Con esa “bomba” ameazou a tripula-ción e gañou o favor dos viaxeiros logo de dicirlles que era “un refuxiado español”. O avión desviouse a Pana-má, no que foi un dos primeiros secuestros de avión.

Cando voltou a España, logo de morrer Franco, sor-prendeuse ó ver que o futbolín se estendera ampla-mente. Viviu en Burgos e Zamora onde morreu o día 9 de febreiro de 2007 aos 87 anos de idade.

Diego Fariña, 2º Bach. A

Escritor...... e algo máis.

Page 26: O falar das ondas. Xuño 2009

26

Equipo de Convivencia e Mediación do IES David BujánContinuando co traballo de anos anteriores, este curso tratamos de consolidar o equipo de Mediación, no que participan na actualidade 21 alumnas e alumnos, ademais de 4 profesoras e 1 profesor. O seu papel fundamental é organizar os procesos de mediación entre iguais e colaborar na resolución de conflitos de aula. Elaboruse un blog para o equipo de Convivencia [http://convivindo.blogspot.com], no que seguiremos traballando. Animamos a toda a comunidade educativa a que colabore no seu enriquecemento.Ademais das sesións de formación co alumnado tivemos un encontro cos equipos de mediación do IES AfonsoX “O Sabio” e do CEIP Wenceslao Fernández Flórez. Este encontro tivo lugar os días 25 e 26 de Abril no Albergue de Xuventude “As Mariñas” de Gandarío (Bergondo). E, un curso máis, levouse adiante o Proxecto Convivimos nos 1º da ESO, coordinado por Rafael Sánchez da Aso-ciación CAMPOS (Cambre Pobo Solidario. [http://es.geocities.com/cambre_pobo_solidario/] )

Grupo de Convivencia

Grupo de traballo “A mediación na co-munidade educativa”No grupo de traballo participamos 11 profesoras e profesores, e invitamos a ANPA a colaborar. Asisitiron con regu-laridade cinco nais que participaron moi activamente nos debates e nas sesións de formación. Dona Pilar Bermejo, di-rectora da UMAD de Santiago, experta en traballo con adolescentes, impartiu-nos as sesións de formación, nas que debatimos sobre a necesidade das nor-mas de convivencia e como traballalas nas aulas para unha mellor comprensión e aceptación por parte do alumnado.

Page 27: O falar das ondas. Xuño 2009

27

Chámome Paula e a miña gran pasión é o tea-tro. Enriba dun escenario é onde eu me sínto libre...onde eu me sínto viva. Se boto unha ollada atrás chega á miña cabeza a mellor imaxe que teño que tivo lugar unha noite no Rosalía. Eran algo así como as doce da mañá do día 13 de outubro do 2007(día inolvidable para moitos e moitas). Tiñamos que estar ás ca-tro da tarde no teatro. As horas pasaban demasiado lentas e os nervios ían crecendo a medida que pasaba o tempo. Por fín de-ron as catro menos vinte e meus pais mais eu decidimos saír da casa. Deixáronme diante do tea-tro e desexáronme “moita mer-da”.Cando mirei ó meu arredor, só se apreciaban as caras de 47 rapaces que criamos que aqui-lo era un soño cumprido do cal non queríamos despertar.Entramos nun dos mellares tea-tros de Galicia pero esta vez non como público senón como acto-res, como actrices.

Comezamos a facer proba de voces,bailes,xogos de luces e demais men-tres comezabamos a ir a maquillaxe e perru-quería. Unha vez listos, deron as oito e Susa-na, a nosa directora, estaba dando as últi-mas instrucións. Nese mesmo instante baixou Fer; o noso técnico de luces e son, a dicirnos que as entradas se esgotaran,cousa que fixo que os nosos nervios aumentaran aínda máis.Fixemos a obra o mellor que sabiamos en-tregando todo o que podiamos entregar e deixándo a pel para un público marabilloso.E chegou o final, un triste pero á vez un inol-vidable final cuxa imaxe terei na miña mente

e no meu corazón toda a miña vida;Máis de seiscen-tas persoas en pé aplaudíndonos polo noso traballo, porque aínda que moitos non o crean é un gran tra-ballo que require esforzo, tempo ,cansanzo e unha gran entrega e dedicación. Baixouse o telón e o espectáculo tivo a súa fin pero nunca olvidaremos esa noite do 13 de outubro do 2007, sempre permanecerá viva no noso recor-do.

Unha noite no Rosalía

TAMÉN FACEMOS

Page 28: O falar das ondas. Xuño 2009

28

1.-¿ DESDE QUE IDAD E LEVAS PRACTICANDO ESTE DEPORTE?

Desde os 6 aNos aproximadamente.

2.- ANTES DE PRACTICAR ESTE DEPORTE ¿XA CHEE GUSTABA OU EMPEZÓUCHE A GUSTAR AO PRACTICALO?

Sempre foi un deporte que me chamou moito a atención.

3.-LOITACHES PORQUE QUERÍAS IR AO CAMPEONATO OU FUCHES PORQUE CHEE DERON A OPORTUNIDADE?

Non, eu xa quería ir de antes, e para poder ir tiven que gañar o Provincial e o de Galicia

4.- ¿CÁNTAS HORAS Á SEMANA ADESTRABAS PARA ISTE CAMPIONATO?

2 horas todos os días.

5.- ¿EN QUE POSICIÓN QUEDACHES?

Descalificáronme na primeira ronda contra campión de España

6.- ¿CRÍAS QUE CONSIGUIRÍÁS MELLOR OU PEOR CUALIFICACIÓN?

Non contaba con gañar, pero esperaba chegar un poco máis arriba.

7.- ¿QUÉ FOI O QUE MAÍS CHE GUSTÓU D ESTA EXPERIENCIA?

Só ir alí xa me encantou, pero coñecer ao campión de España fue algo maravilloso.

8.- ¿GUSTARÍACHE VOLVER A COMPETIR O PRÓXIMO AÑO?

Claro, encantaríame volver o ano que ven.

9.- ¿QUE CONSELLO LLE DARÍAS A UNHA PERSOA QUE QUERE PARTICIPAR NESTA COMPETICIÓN?

Que o tome moi en serio e que adestre moito.

10.- ¿VAS SEGUIR ADESTRANDO PARA OS PRÓXIMOS CAMPIONATOS?

Si

11.- ¿TES ALGUN RETO OU META PARA AS PRÓXIMAS COMPETICIÓNS?

Si , intentar quedar gañador.

Paula Echevarría e Tania Rodríguez, 1º ESO.

Entrevista a: Brais Fernández

Un día fun montar a cabalo.Estiven paseando un rato co cabalo e comecei a notalo nervioso. O cabalo parou para comer e eu soltei as rendas. De repente o cabalo botou a correr e eu caín. Non me fixen moito dano, ao final todo foi un susto.

Laura Balboa 1º ESO

Un día montando a cabalo

Page 29: O falar das ondas. Xuño 2009

29

MIGUEL SANCHEZ, NACIDO NAS TEIXOEIRAS, PRETO DE CARRAL, ASPIRA A TER UNHA GRAN CARREIRA COMO TIRADOR, ASUNTO QUE ME CHAMOU A FACERLLE ESTA ENTREVISTA.

1. Descríbenos o sistema de puntuacion dun torneo.

A puntuación vai en base a un branco no que nas competicións tiramos a un tiro por cada un. Segundo a proximidade do tiro ó 10, darase maior, se hai un empate, mídese polas entradas do dez, é dicir, dentro do 10, hai 2 círculos concéntricos. Canto máis centrado mellor.

2. Cal foi até este momento o teu maior logro deportivo?

Foi entrar no Grupo de Alto Rendemento Español.

3. Cal é o teu principal reto para esta tempada?

Conseguir quedar campión de España.

4. Cales son as túas metas neste deporte?

A curto prazo, conseguir chegar a un europeo. Un pouco máis adiante, o meu adestrador, di que se me esforzo, podería chegar ás Olimpíadas.

5. Canto tempo adicas o teu deporte?

Depende. Se non

hai exames, de 6 a 10 horas semanais, mais entrenamentos físicos. Se hai exames só 3 horas semanais.

6. Require moito esforzo?

A ver, non tes que pasar un gran número de horas nun ximnasio, pero tampouco é doado como a xente pensa. Require moito esforzo mental, e iso tamen hai que practicalo, pero con respecto a outros deportes, non moito.

Entrevista a: Miguel Sánchez

Page 30: O falar das ondas. Xuño 2009

30

7. Con tanto tempo mergullado na tua actividade, tes tempo para os estudos?

Si, xa que ante o deporte poño os estudos, e se non se pode adestrar durante unha tempada, non pasa nada, na seguinte procurarase adestrar máis.

8. Que adoitas facer no teu tempo de lecer?

Pois adoito ir pasear coa cadela, ler, quedar cos amigos ou xogar á Play…

9. Recibes apoio por parte das institucións?

Si, xa que aínda que pareza que non, hai bastantes axudas, aínda que sexa difícil conseguilas.

10. Cres que podes mellorar os resultados obtidos até o de agora?

Por suposto, xa que até o de agora non me esforzaba o suficiente, e creo que cun pouco mais de esforzo a miña melloría pode ser notábel.

11. Viaxando tanto por España, coñeceras moitos lugares, con cal quedarías?

O que máis me gustou foi un sitio que me ensinaron unhas amigas na Rioxa, onde fomos un día, logo da competición…

12. Que é para ti o tiro??

Para min é unha forma de relaxarme dos exames ou de calquera cousa. Mentres estou tirando desconecto e axúdame nos estudos.

13. Tes pensado seguir estudiando ou adicarte de cheo ao teu deporte?

Eu quero compaxinar as dúas cousas. Quero poder estudar unha carreira e

seguir tirando.

14. De onde che ven esa paixón, sendo o tiro un deporte tan inusual?

Meu pai facía fotografía e o laboratorio de revelado estaba preto do campo, un día decidinme e preguntei se podía probar, gustoume e quedei.

15. A que idade comezaches con este deporte?

Empecei con 8 anos, e espero seguir moitos máis.

16. Veste competindo nunhas olimpíadas?

Cun pouco de esforzo, e se as cousas non se torcen moito, espero que si…

Ben Miguel, con esta pregunta despídome e deséxoche toda a sorte do mundo.

AburIago Castro, 2º Bach.

Page 31: O falar das ondas. Xuño 2009
Page 32: O falar das ondas. Xuño 2009