Novas de eu marzo v.1

20
NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Número 2- Marzo 2013 NOVAS DA ESQUERDA

Transcript of Novas de eu marzo v.1

Page 1: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL

Número 2- Marzo 2013

NOVAS DA ESQUERDA

Page 2: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 2

O mes de marzo ten dúas datas sinaladas e importantes para a xente da esquerda: o día 8 de marzo é o Día internacional das Mulleres, e o día 10 de marzo é o día da Clase Obreira Galega.

No momento actual estas dúas datas non poden ter máis carácter reivindicativo ante o que está acontecer na nosa comarca.

A lacra da violencia machista non cesa, a política de recortes abrangue tamén a protección das mulleres e nenas que sufren violencia, violencia en forma de maltrato, de desigualdade social e laboral. As políticas de igualdade e formación non son consideradas prioritarias para o partido gobernante, a débeda é coas mulleres non con os bancos e a besta controladora do déficit engule toda política social. Pero non só estamos a falar de termos económicos, senón tamén de pura ideoloxía. Así quedou patente no último pleno do Concello de Ferrol, onde unha moción participada por EU en nome da Marcha Mundial das Mulleres retratou o verdadeiro espírito do Partido Popular. Cada vez que un acto de violencia machista acababa coa vida dunha muller no noso pais, a Marcha Mundial das Mulleres debuxaba unha silueta na Praza do Concello. Un acto reivindicativo e de memoria necesaria, unha lasca doente no corazón do pobo. Agora o Partido Popular quere poñer freo ás reivindicacións, toda protesta está baixo sospeita de subversión, incluída a máis sensible á violencia e a discriminación. Alegan que se incumpre unha ordenanza municipal. E nos alegamos que a insensibilidade ante a dor non é un dereito a exercer polos poderes públicos. O 8 de marzo debe servir para lembrarlle ao PP que poñer por diante coma desculpa unha ordenanza municipal contra as pintadas, nom é mais que ocultar a realidade dunha intención política, dunha ideoloxía política, que lles obriga a fechar e fecharnos os ollos antes que lembrar a estas mulleres a través dunha simple silueta pintada no chan como unhas mulleres valentes e insumisas, unhas mulleres que morreron por decir non a violencia machista dun sistema capitalista e patriarcal que pretende das mulleres telas sumisas, obedientes, temerosas e escravas do marido ou mozo.

Por outra banda, o día 10 de marzo é o día da Clase Obreira Galega. A clase obreira que está a ser enganada, vilipendiada e expulsada das marxes aceptables de dignidade polo Partido Popular. O desemprego crece na comarca, todos os días a crónica laboral tráenos peches de empresas, EREs, despedimentos, deslocalización de empresas, abusos patronais, recortes de dereitos. E Navantia segue sen carga de traballo e sen dique. Jose Manuel Rey Varela bota as culpas na SEPI e na dirección de Navantia. Tómannos por parvas. Pensa que a sociedade non sabe que o can é o mesmo con distinto colar? A política do PP co naval, entre tanta labia e rimbombancia, podería resumirse nunha soa palabra: MENTIRAS, e son mentiras que condenan á fame e á miseria.

EU Ferrol participará activamente nas mobilizacións sociais organizadas para esas datas, nun momento crucial para dar á volta á partida, que sexa o pobo o que máis ordene e demostrar que outra política é posible, outra política do pobo para o pobo, máis políticas sociais e menos conceptos macroeconómicos e tesoirazos á cidadanía para pagar unha débeda ilexítima.

SUSO BASTERRECHEA Coordinador Local de Esquerda Unida

EDITORIAL

Page 3: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 3

Esquerda Unida co Naval. Porque somos clase traballadora. Porque non toleramos o desprezo cara a nosa comarca

O 13 de marzo centenares de persoas desprazámonos a Compostela, e ante un Parlamento do pobo, blindado ata a esaxeración polas forzas antidesturbios, amosamos a carraxe que sacude a clase obreira galega.

Unha delegación de persoas militantes de EU Ferrolterra, cos concelleiros de Ferrol Javier Galán e Suso Basterrechea, así como a deputada Yolanda Díaz e o deputado Xabier Ron, fixemos valer tamén a nosa voz perante o órgano soberano da cidadanía de Galicia, un órgano tomado polo Partido Popular como o Consello de Administración dunha multinacional sen escrúpulos, de onde nace a política de recortes no canto dunha política que atenda as necesidades básicas sociais.

O descoñecemento do Señor Feijoo da nosa comarca raia o insulto e o desprezo. Foi invitado a visitar as gradas baleiras, a coñecer a repercusión no comercio e na vida socioeconómica da cidade a perda masiva de postos de traballo nas empresas auxiliares. Non vai vir e parapétanse detrás da Dirección de Navantia e da Sepi como se non fosen todos titeres do mesmo Réxime.

Seguiremos na loita na rúa e nas institucións ata que cesen as mentiras, se desvele a verdadeira folla de ruta do goberno para Navantia, e mude a política das mentiras en traballo efectivo para conseguir barcos nas gradas de Ferrolterra.

Esiximos emprego!

Esiximos carga de traballo!

Esiximos dique flotante!

NAVANTIA

SEDE ABERTA! VISÍTANOS!

RECORDA!! TES A SEDE DE ESQUERDA UNIDA ABERTA OS MÉRCORES DE 18:00 A 20:00 HORAS

RÚA DO SOL 124, ENTRECHÁN ESQUERDA

CONTRA FERROL- YOLANDA DÍAZ

As mentiras do PP sobre o dique flotante e a súa actitude antidemocrática ao pechar o Parlamento Galego ás traballadoras e traballadores do estaleiro público evidencian a axenda negra do PP: paro e fame para as demandas de traballo; paus e cerrazón para as protestas cidadás.

O PP acaba de retratarse diante da cidadanía ferrolá ao dicir ao final dun burato negro de dous anos que non haberá dique. No entanto, Ferrol perdeu uns 4.000 postos de traballo entre directos e indirectos. Dixeron que habería dique se gobernaban en Madrid e que a Xunta axudaría: ao final nen un euro vén dos orzamentos da Xunta nen dos do Estado.

Un escándalo de mentiras para gañar eleccións e acto seguido incumprir o programa. Unha sorte de colle os votos e corre, mentindo e criminalizando á cidadanía que reclama. E o Parlamento Galego como sede do autogoberno do pobo galego é o espazo que ten que acoller esas protestas, aínda que lles incomode. É o noso deber.

NAVANTIA: #13F #24F

Page 4: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 4

A situación repetiuse o día 24 de febreiro, cando 30.000 persoas puxéronse en pé de guerra contra o desleixo do PP cos ferroláns e ferrolás.

Agora fan un lavado de cara con cinco millóns para un dique que custa 30 veces máis. Seguen enrocados na estratexia electoralista. Non son quen de abrir os ollos e darse conta de que non se está a falar de votos, se está a falar de miseria, da supervivencia da comarca.

Suso Basterrechea – Pura vida

Unha manifestación a ritmo de pancarta dá para moito pensar, a do naval, ademais, foi moi numerosa, lenta e longa. Todo é vida, pura vida, coas súas propias lóxicas non sempre claras pero imparables. A práctica política en calquera das súas formas irrompeu con forza nas nosas existencias e fíxoo ademais dunha forma moi emocional. Como non teño unha gran tradición séntome cómodo cando a partida xógase a flor de pel. A paixón ten unha regra fundamental, hai que alimentala, unha vez morta non se pode revivir.

Din, e seguramente teñan razón, que non se pode manter eternamente, pero todos sabemos que eses son os momentos que marcan o noso camiño de forma definitiva. Unha esquerda mestiza, dicía Yolanda Díaz o outro día, froito do desexo de atoparse e confluír. Unha esquerda que sexa esquerda, que prolongue o romance cunha cidadanía desencantada que non é estúpida, simplemente ten memoria.

Page 5: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 5

Desde os inicios do movemento feminista, as mulleres estamos a loitar por unha sociedade mellor que iguale en dereitos e oportunidades a todas as persoas. As mulleres fomos e seguimos sendo as impulsoras e promotoras de grandes cambios que contribuíron decididamente ao enriquecemento da democracia, de tal maneira que demostramos positivamente que sen nós, esta non existe.

Democracia significa que homes e mulleres dispomos das mesmas oportunidades e dereitos. Por iso nós reivindicamos a nosa incorporación activa e plena a todos aqueles ámbitos aos que aspiremos, e que nunca, polo feito de ser mulleres, nos estean vetados, porque consideramos que a paridade é consustancial coa democracia.

Democracia significa que mulleres e homes compartimos sen trabas nin vetos todo o tempo e todos os espazos. Por iso non deixamos de insistir en que ambos deben distribuírse equitativamente, de tal maneira que as responsabilidades sexan compartidas.

Democracia significa pleno emprego, de calidade, ben retribuido, sen discriminacións de ningún tipo. Por iso as mulleres feministas rexeitamos a Reforma Laboral que comezou o PSOE e que o PP concretou cunhas condicións case de escravitude e que prexudican gravemente ás mulleres.

Democracia significa que cada persoa é dona do seu corpo, das súas decisións e das súas posicións ante a vida. Por iso nós loitamos para que non nos obriguen a reproducir actitudes ou comportamentos prefixados, senón que poidamos ser autónomas e libres para dispor da nosa existencia.Por iso defenderemos decididamente que non se modifique de maneira restritiva o aborto, nin ningún dereito sexual e que non estamos dispostas a que a igrexa católica siga interferindo na vida das mulleres.

Democracia significa que as diferenzas, diversidades e opcións non marcan ningún tipo de exclusión ou discriminación. Por iso é polo que as mulleres non recuaremos no noso empeño de que se acaben dunha vez por todas, todos os comportamentos sexistas e patriarcales. Por iso desde Esquerda Unida defendemos unha sociedade que non consinta, nin permita, nin avale que as mulleres sigan sendo discriminadas nin explotadas en ningunha das súas formas.

Democracia significa que o respecto e a liberdade son valores irrenunciables. Por iso para nós a autonomía persoal e económica, a capacidade de movemento, de elección e o emprego, son dereitos que conforman o concepto de igualdade de xénero.

Democracia significa que o Estado atende a través dos servizos públicos, todas as necesidades da cidadanía. Por iso opoñémonos ás leis como a da dependencia que nos relega aos coidados, por iso rebelámonos ante todo tipo de involucións sociais que leven a que ás mulleres se nos arrebaten os dereitos conquistados .

Democracia significa erradicar das estruturas sociais todos os condicionantes, costumes ou formas culturais que discriminen ou exclúan. Por iso as mulleres feministas loitamos por unha sociedade na que homes e mulleres sexan iguais e onde a xustiza e a equidade sexan os cimentos fundamentais nos que se basee a política.

Page 6: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL

Número 2- Marzo 2013

A LAMINACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS DE FERROL, PREOCUPACIÓN MENOR PARA O ALCALDE DA NOSA CIDADE.

EN RISCO A ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL PEDIÁTRICA, PERSOAS DEPENDENTES E CON DIVERSIDAD

FUNCIONAL E O PROBLEMA DA DROGODEPENDENCIA, MENTRES OS GASTOS FASTUOSOS EN INVERSIÓNS

FARÓNICAS VALEIRAN AS ARCAS MUNICIPAIS.

EU ESIXE UN CAMBIO DE POLÍTICA ECONÓMICA NO CONCELLO, QUE ATENDA MÁIS ÁS NECESIDADES

PRIMARIAS DA CIDADANÍA E NON SE CENTRE EN MAQUILLAXES SEN MÁIS OBXECTIVO QUE O RÉDITO

ELECTORALISTA.

O Consello Local de EU e os concelleiros Javier Galán e

Suso Basterrechea, mantivemos sendas xuntanzas con

dous colectivos que prestan servizos esenciais á nosa

comunidade, o equipo de valoración da dependencia e os

membros de Aspanaeps.

Na primeira delas, no cuarto andar do edificio da Xunta de

Galicia, onde está o equipo de va observamos como o

alcalde de Ferrol non fixo aceno algún e mantense

impertérrito ante o proxecto da Xunta de Galicia de

eliminar e trasladar á Coruña este Servizo, que da

cobertura, a xaneiro de 2012, a 240.856 habitantes,

chegando a lugares como Mañón ou Vilasantar, e

aumentando a lista de desemprego da comarca en oito

persoas máis. Non pode xustificarse a desaparición deste

servizo en incumprimento de obxectivos ou falta de

demanda, toda vez que estamos a falar de colectivos

desfavorecidos, necesitados de especial atención, que

verán diminuida a calidade do servizo, ao desaparecer na

comarca un equipo completo formado por persoal

médico, fisioterapeuta, persoal de asistencia social e

persoal auxiliar administrativo.

Logo desta xuntanza mantivemos no barrio de Canido,

xunto coa deputada parlamentar de AGE, Yolanda Díaz,

unha xuntanza cos traballadores e traballadoras de

Aspanaeps, unha entidade de longo arraigamento na

nosa cidade, dende o ano 1980 é a única entidade con

convenio capaz de prestar atención aos problemas de

saúde mental

infantís, de xeito

que, se ve na obriga

a un peche pola

asfixia económica á que a someten as administracións, a

Xunta veríase compelida á creación dun servizo desta

natureza por lei.Esta entidade, que fai unha labor de

sostén para as familias, ven sufrindo recortes do 10% ano

tras ano das subvencións da Xunta, e o goberno

municipal asestoulle neste ano un recorte de máis do

70% da partida que viña destinando a Aspanaeps, o que

a abocou a un ERE de redución horaria e a anulación de

varios programas, como a formación de menores nos

riscos da drogodependencia, problema que, xunto co

abandono ao que someten a Asfedro, parece importar ben

pouco ao Partido Popular.

SERVIZOS SOCIOSANITARIOS

Page 7: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 7

EU Ferrol esixe unha rectificación e revisión completa da

política socio-sanitaria que está a levar a cabo na nosa

cidade José Manuel Rey Varela, que se resume en nula

actuación na defensa dos servizos públicos de Ferrol,

pasividade e conivencia coa política de demolición do

público e privatizacións masivas do goberno da Xunta de

Galicia, en consonancia coa política neoliberal que ven

practicando o Estado, máis preocupado de termos macro

de control do déficit que nos factores humanos da

sociedade.

Dende o Consello local de EU consideramos prioritario:

1. Que se destinen partidas orzamentarias

suficientes para o mantemento sos postos de

traballo de servizos públicos, nos que non pode

primar o control do gasto senón a atención ás

persoas con especial necesidade e deben ser

dotados abondo para unha calidade asistencial

rigorosa.

2. Que o asociacionismo socio-sanitario sexa

integrado no Servizo Público de Saúde, de xeito

que se garantan a continuidade das prestacións,

independentemente das flutuacións e recesións

sistémicas ás que necesariamente vese abocado

sistema capitalista.

3. Que o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela,

abra os ollos ás prioridades reais da cidadanía,

máis alá de contratacións de obras mesiánicas, a

situación económica vai, irremediablemente,

aumentar o número de usuarios de Aspanaeps,

Asfedro e requirir dos servizos de valoración da

dependencia e persoas con discapacidade, como

así o demostran as estatísticas que interrelacionan

o desemprego, os desafiuzamentos consecuencia

de aquel, e a falta de liquidez económica con

problemas mentais, de drogodependencia e

desestruturacións familiares xunto con casos de

desatención social.

Page 8: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL

Número 2- Marzo 2013

O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA APOIOU Á CONVOCATORIA DO 16 DE FEBREIRO CONTRA A ACTUAL

LEXISLACIÓN HIPOTECARIA E POR UNHA VIVENDA DIGNA.

EU fixo un chamamento á participación da manifestación

do sábado 16 de febreiro, convocada pola rede de apoio

mutuo de Ferrolterra e coordinada con outras

manifestacións a nivel estatal, para que, dunha vez por

todas, a caste política bipartidista tome conciencia do

drama social dos desafiuzamentos, e cambie unha

lexislación inxusta e obsoleta, onde as entidades

financeiras, sostidas con fortes inxeccións de diñeiro

público achegado por todos os cidadáns, teñen unha

protección especial fronte a cidadanía indefensa ante as

situacións abusivas dos cretos hipotecarios e as

circunstancias sobrevidas do mercado laboral, auspiciadas

polas mesmas entidades financeiras, principais artífices da

crise sistémica que está a vivir o capitalismo máis

descarnado.

A nivel local, o alcalde de Ferrol, máis preocupado pola súa

carreira política que pola cidadanía de Ferrol, é incapaz de

cumprir a súa propia vontade formal, como puxo de

manifesto no pleno do seis de abril de 2011: van para dous

anos sen comisión especial mixta, e son decenas as

familias que dende entón sufriron un desafiuzamento,

ante a pasividade do goberno municipal do Partido

Popular, experto en vacuos brindis ao sol, en fastuosos

titulares de prensa e en simular caras compunxidas ante o

drama social en plenos televisados, pero que é incapaz de

adoptar ningunha medida efectiva e real para paliar ese

desastre social, medidas que tan só dependen da vontade

política do alcalde de Ferrol.

Extracto do Pleno do 6 de abril de 2011

SEÑOR REY VARELA Vamos a ... aprobar en

nuestrotérmino municipal una comisión especial

mixta y a mi lo que me gustará comprobar dentro de

seis meses son los resultados de esa comisión especial

mixta. Porque, claro, nos estamos lamentando aquí

en muchas ocasiones de que no somos capaces de

cumpliracuerdos plenarios que vienen de mociones y,

bueno, pues, claro, generar la expectativa a muchos

ciudadanos que no pueden pagar su hipoteca de que

el Ayuntamiento de Ferrol lo va a hacer creando esta

comisión, me parece, bueno, pues que posiblemente

seaexagerado. Nosotros, ya digo, lo que vamos a

hacer con esta moción que se va a votar por puntos es

abstenernos los tres primeros puntos y votar

favorablemente al cuarto, que es dar traslado al

Consejo de Ministros, como no puede ser de

otramanera.

SRA. DÍAZ PÉREZ:...é bastante frivolidade decir que

non se pode facer nada no Concello de Ferrol e que se

xeneran unhas expectativas lle volvo a decir que estou

segura que a concelleira de Benestar está atendendo

a estas familias e persoas que están vivindo situacións

dramáticas. Polo tanto, será responsabilidade dos 25

concelleiros e concelleiras atender unha cuestión que

é vital. A nós nos alegra que vote a favor desta

comisión pero frivolidade ningunha.

STOP DESAFIUZAMENTOS

Page 9: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 9

O grupo municipal de Esquerda Unida entende que o

goberno municipal non pode desligarse dunha

problemática que afecta de forma tan dura a unha boa

cantidade da nosa veciñanza. O Concello e a

administración local , pola súa proximidade coas persoas

afectadas, ten a obriga de implicarse na solución dos

numerosos casos de desafiuzamentos que actualmente

existen en Ferrol así como nos que ,por desgraza,

previsiblemente poidan ir aparecendo derivados da

dramática situación laboral xerada na nosa comarca.

Esquerda Unida considera que o Concello ten a

capacidade para actuar de xeito eficaz, ademais e por

acordo da corporación, poderían habilitarse unha serie

instrumentos, como a comisión especial mixta que,

simplemente, para a súa posta en marcha necesita unha

vontade política que así o decida.

O grupo municipal de Esquerda Unida considera que non

existe ningunha xustificación para non empezar a utilizar o

parque de vivendas sociais que o Concello está obrigado a

xestionar. A desesperación das familias que levan tempo

optando a un piso en Recimil vai en aumento, máis aínda

cando o obscurantismo que rodea todo o proceso non

permite sequera saber en que momento do proceso se

atopan e cal é a posibilidade real de chegar a dispoñer de

algo tan básico e necesario. Igualmente insiste en

demandar a creación dunha bolsa de vivendas baleiras na

nosa cidade (máis tendo en conta a realidade

demográfica) para familias sen recursos cun aluguer social

que en ningún caso supere o 30% dos ingresos das citadas

unidades familiares.

MÁIS INFORMACIÓN

No pleno do 28 de febreiro EU presentou unha moción requirindo :

A entrega inmediata a persoas necesitadas das vivendas baleiras de Recimil.

A posta en marcha da Comisión especial mixta aprobada xa no pleno para a atención aos desafiuzamentos.

A creación dunha oficina de atención aos desafiuzados, de primeira necesidade dado o desemprego crecente que impide as persoas facer fronte ao pago das hipotecas abusivas.

No devandito pleno interveu unha voceira de Stop Desafiuzamentos, esixindo un cambio de política no sentido da Plataforma de Afectados pola Hipoteca: dación en pago, aluguer social, moratoria, e demais puntos reivindicativos caeron en oídos xordos no alcalde de Ferrol e demais concelleiros do Partido Popular.

Page 10: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 10

O sábado 16 de febreiro, sucedéronse manifestacións en

todo o país contra o drama social dos desafiuzamentos. En

Ferrol percorreu o centro da cidade, rematando na Praza do

Concello cunha asemblea aberta.

Dende EU Ferrol sumámonos as reivindicacións da

Plataforma Stop desafiuzamentos e a Rede de apoio mutuo

de Ferrolterra: Dación en pago, aluguer social, coto aos

abusos bancarios e abolición da lexislación inxusta e

decimonónica de hipotecas.

En EU estamos, sempre estivemos, na rúa cos movementos

sociais e na defensa da xustiza social. En Ferrol hai moito

camiño por facer, o encomiable traballo da Comisión por

unha vivenda digna vese desbordada ante o crecemento

progresivo de situacións dramáticas de persoas expulsadas

da súa vivenda, despoxadas dun dereito esencial e inherente

á democracia que os poderes públicos deberían garantir, en

lugar de disfrazar con medidas insuficientes que seguen a

protexer ás entidades financeiras que sustentan con

condonacións e prácticas escuras ao bipartidismo escravo da

Troika.

Súmate á militancia, participa nas mobilizacións, colabora coa

Rede de apoio mutuo e acude a ela se necesitas axuda.

SI SE PODE!!

Page 11: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 11

Page 12: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 12

ANTE O ACOSO DA ULTRADEREITA AO COMPAÑEIRO FERNANDO MIRAMONTES: COMUNICADO DO GRUPO MUNICIPAL E DO CONSELLO LOCAL DE ESQUERDAUNIDA.

Recentemente veciños de Canido viñan observando algúns sucesos no barrio de Canido relacionados con actividades de

grupos de extrema dereita e neofalanxistas e que se ían intensificando según avanzaba o ano e chegaba o cabodano do

23F. Estaban casi todos os feitos centrados nun intento de acoso contra a persoa de Fernando Miramontes. Tamén ,

recentemente, medios de prensa de Ferrol fixéronse eco destas accións e relatáronos.

Diante da confirmación por parte do noso compañeiro Fernando Miramontes dos feitos relacionados o grupo municipal de

Esquerda Unida así como o Consello Local da organización queren facer público mediante comunicado formal:

1. A condena dos feitos dos que foi vítima o noso compañeiro Fernando Miramontes.

2. A nosa solidariedade con Fernando e a súa familia, militantes de Esquerda Unida e do Partido Comunista dende hai

décadas e sobranceiros na loita antifascista e polas liberdades.

3. Neste sentido , o da loita antifascista, queremos facer un chamamento a todas as forzas democráticas para

promover unha fronte común que reforce o cordón sanitario necesario perante a violencia fascista e as súas

campañas de intimidación sexan estas locais ou nacionais. A estratexia da extrema dereita europea (

española,grega ou francesa) combina accións de gran repercusión nacional con actos simbólicos no local . Cómpre

non perder o norte diante dos enemigos da democracia e as liberdades; os de onte e os de hoxe ,que son os

mesmos.

O Consello Local de Esquerda Unida e o seu grupo municipal queren manifestar, por último, que continúan e continuarán

sen pausa o seu traballo tratando de organizar aos/as traballadores/as na loita política sobre a base das firmes conviccións

que nos caracterizan como organización. Nisto, como en tantas cousas, é Fernando unha referencia e guía. Tamén na

dignidade como persona e na súa valía como militante.Sentimos e sentiremos sempre orgullo de telo como compañeiro.

Page 13: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 13

COMUNICADO DO CONSELLO COMARCAL DE FERROLTERRA.

O CONSELLO COMARCAL DE FERROLTERRA VALORA MOI POSITIVAMENTE A VISITA DA DELEGACIÓN DA COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO ÁS INSTALACIÓNS DE REGANOSA NA RÍA DE FERROL.

IN SITU, TAL E COMO SE PEDÍA, A DELEGACIÓN RECIBIU AS EXPLICACIÓNS POR PARTE DAS PERSOAS PORTAVOCES DA PARTE PETICIONARIA.

PREVIAMENTE Á VISITA E PARA FACILITAR O TRABALLO RELATIVO AO ESTUDO DA NOVA PETICIÓN EN TRÁMITE MANTIVERON UN CONTACTO INFORMAL COAS CONFRARÍAS QUE ESQUERDA UNIDA VALORA,TAMÉN, MOI POSITIVAMENTE.

Tal e como Esquerda Unida manifestou

a semana pasada por boca da súa

coordinadora nacional e parlamentaria

de AGE, Yolanda Díaz hoxe produciuse a

visita da delegación do Parlamento

europeo á Reganosa e ás súas

instalacións na ría de Ferrol. A petición

motivo da visita e solicitada no seu día

por varias entidades, entre elas a nosa

organización, posibilitou traer á ría de

Ferrol á delegación do Parlamento e

tratar de maneira unificada as distintas

problemáticas que afectan á ría ,e entre

elas e de maneira sobresaínte por ser a

petición que puxo en marcha o

mecanismo que deu lugar á inclusión da

ría de Ferrol no programa, a localización

da planta de gas de Reganosa no interior

da Ría e os problemas de todo tipo que

ten como consecuencia directa da súa

intalación.

In situ, ao pe de Reganosa, a delegación

recibiu as explicación oportunas: o

carácter ilegal da planta, o

incumprimento da directiva europea

sobre avaliación de impacto ambiental, a

falta de seguridade para a poboación de

Ferrolterra e a non implantación dun

plan de emerxencia co conseguinte risco

pola navegación dos gaseiros, a

destrución do ecosistema da ría coa

utilización fraudulenta de auga captada

en cantidades diarias de centos de miles

de toneladas, o recheo ilegal etc.

Abraiados polo espectáculo que

contemplaban e que nunca se

imaxinaron, algún membro da

delegación preguntou ás autoridades da

Xunta , presentes na visita, canta xente

estaba no cárcere. A pregunta como tal

era sincera, non irónica...

Posteriormente o presidente da

delegación manifestou na reunión coa

delegación do Comité e das confrarías

que o affaire Reganosa non podía, nin

moitos menos, darse por pechado.

Esquerda Unida valora moi

positivamente esta actitude de interese

e respecto polo moito que teñen que

dicir os afectados e entidades

solicitantes e como organización

peticionaria colaborará coa delegación

no traballo que a partir de agora se

comezará para rematar en maio coas

oportunas conclusións e informe

definitivo.

Saudar, por último, a boa acollida da

comisión á petición das confrarías de

Ferrol e Barallobre de aproveitar a visita

para iniciar os contactos pertinentes que

faciliten o traballo e estudo da nova

petición referida á situación xeral de

contaminación da ría. Neste sentido a

visita a Reganosa tamén puido ser

aproveitada pola delegación para

comprobar o grao de desleixo,

recoñecido polas autoridades presentes

nas audiencias, que a nosa ría ten en

canto a depuración e verquidos.

Non temos por menos que felicitarnos,

por último, do traballo do noso

europarlamentario Willi Meyer, sin a súa

constancia e esforzo a visita non sería

posible, e felicitar ao Comité Cidadán de

Emerxencia da Ría de Ferrol: gaña quen

resiste.

Ferrolterra, 13 de febreiro de 2013

Page 14: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL

Número 2- Marzo 2013

O GRUPO MUNICIPAL E O CONSELLO LOCAL DE EU DEMANDAN DE REY VARELA UNHA SOLUCIÓN DEFINITIVA PARA FIMO, MÁIS ALÁ DE SEGUIR CONSENTINDO PRÁCTICAS IRREGULARES E MENOSPREZAR AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO CONSORCIO.

O mércores seis de febreiro os concelleiros de EU, Javier Galán e Suso Basterrechea, así como a comisión de emprego do Consello Local de Esquerda Unida mantiveron unha xuntanza de traballo co cadro de persoal de FIMO.

A exposición dos feitos dos traballadores e traballadoras amosan prácticas caciquís da Cámara de Comercio, desleixo de funcións do partido gobernante e un total abandono do persoal traballador, que leva cinco meses sen percibir un salario, en condicións precarias e sen garantía algunha de cobro ao longo deste ano, en palabras da propia presidenta do Consorcio, Ana Prego.

Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello, que fixeron investimentos millonarios en Fimo, están a consentir que a Cámara de comercio, con premeditación e aleivosía, provoque o afundimento do recinto feiral, con anulación de eventos ou, o que é máis grave, concesión de eventos ruinosos por cantidades inasumibles e sen marxe de beneficio a persoas que están ou estiveron directamente relacionadas co Consorcio. Segundo palabras dos propios traballadores e traballadoras, todo responde a unha folla de ruta prefixada, deseñada polo antigo presidente, Xoan Gato, e a que Ana Prego quere dar continuidade: externalizar servizos a empresas amigas e despido do persoal laboral.

Aos catro despedimentos do ano pasado, súmase cinco meses sen cobrar do cadro de persoal que queda, que está a ver como se esborralla o Consorcio, para deleite da Cámara e inacción do Concello, titular do 46% do capital e que é o único que está a achegar fondos para sustentalo,

fondos que están a ser utilizados para obras de dubidosa legalidade e non para aboar as retribucións gañadas polos traballadores e traballadoras, quen observan atónitos como os poucos fondos malgástanse mentres as súas familias vense abocadas a un futuro incerto.

Esiximos, de xeito inmediato, ao alcalde de Ferrol:

1.- Que comine a Cámara de Comercio a abandonar o Consorcio, por manifesta incompetencia e prácticas irregulares. Que amose as últimas contratacións de obras e eventos, a súa xustificación e o seu cumprimento.

2.- Que procure unha solución áxil a ilegalidade de traballar gratis, propio de réximes totalitarios. Que se aboen os salarios atrasados ao cadro de persoal e se dean garantías de cobro.

3.- Que se de pulo ao Consello de Administración de Fimo, na procura dun Consello real no que os partidos da oposición non sexan meros figurantes e observadores de decisións arbitrarias e ruinosas. Que se aclare se Fimo vai ser reconvertido en Fundación e en que prazo ou se, como todo apunta, xa se desbota esa opción cara a unha futura privatización

Page 15: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 15

Aínda que xa lera unha circular, comunicado, proposta ou similar sobre o tema, un nadiña lle faltou para caer do asento, co risco de poder romper a crisma, cando, mentres almorzaba, lin na cabeceira do noso xornal do venres, hai dous días, o titular “Ferrol destinará pisos embargados de doce bancos para alquileres sociales”. ¿E que verá sendo isto?, é o primeiro que, unha vez reposto do impacto, che ven á cabeza, mentres as galletas, molladas no café, loitan por penetrar no seu destino natural a través dun tracto un tanto obturado pola espontánea resposta dun cerebro agredido. Reposto do susto –un auténtico susto, dos que meten, ou deberían meter medo– sigo lendo, en caracteres menores da propia portada, que “El Concello de Ferrol se adherirá a un convenio que afecta a pisos embargados por doce entidades bancarias para destinarlos a alquileres sociales”, ós que poderán acceder, “cágate lorito”, as persoas con menos recursos ou en risco de desafiuzamento. O summum de tódolos despropósitos é asumir, segundo a información, que os nosos mandatarios públicos farán de intermediarios das entidades privadas para facer os informes sociais pertinentes para a adxudicación desas vivendas. Para tirar unha conclusión da noticia non

precisei de ir á páxina interior á que nos remite. Dez, doce liñas, para que máis, deitan tódalas luces sobre esta inmensa mentira na que se instalou o Partido Popular e da que non sabe como saír. Se a min, un supoñer, a entidade bancaria que for, por non pagar o que estaba acordado, me embarga unha vivenda, será por e para algo. Era un trato, todo o leonino que se quixer, mais un trato. En caso de conflito, de que parte se vai poñer a lei é máis que obvio. Nin o subnormal máis profundo pode crer que o artigo constitucional que recolle que todos somos iguais perante a lei. Como isto non é certo. Como tamén non é verdade que sexa de lesa xustiza desposuír alguén dunha “propiedade”, pola que foi pagando, nomeadamente intereses –que esa é outra–, á que pretendía acceder. Douche e ti xa pagarás. O persoal, mesmo coa maior mala fe do mundo, entra ó trapo. Mais o trapo non o manexa o touro. E, evidentemente, vante tourear. Agora vai resultar que alguén a quen lle quitaron a vivenda por impago, que vive, ou malvive, onde nin se sabe, por mor dunhas fadas madriñas vai ter unha marabillosa morada –inclusive a que lle furtaron– a un prezo tan económico como o que non podía pagar pola hipoteca e que o privou da súa “vivenda”. Máis despropósito que isto non o vin na miña xa longa vida. ¿Como un concello –independentemente da súa desfeita económica–, cos cartos de todos, se pode prestar a resolverlle as malas xestións a

entidades privadas? Non queda outra que alucinar por colores e sen drogas de ningún tipo. Nada hai baixo control. Todo ven de fóra. E fóra é fóra. Non vale de nada que o señor alcalde sexa presidente dunha federación de alcaldes nin que un dos nosos concelleiros presida a deputación coruñesa –institucións que, é máis sabido e probado, só serven para o clientelismo– para que a nosa comarca poida ter un mínimo de crenza nun futuro real, certo. Despois de tanto engano –malia que gañasen elección tras elección– quen pode crer que é política social ofertar o que previamente che substraeron. ¡E todo avalado polo noso goberno municipal! ¡Que nos quiere mucho a todos! Ou iso di. Entendo que pretenderán que o resto da corporación municipal respalde esa tan “social” proposta de roubar, roubar e roubar baixo a venda de ofertar, ofertar, ofertar. Deixémonos de ofertas e reclamemos que nos dean –só un chisquiño, por favor– do tantísimo que lles levamos dando. E que deixen de nos dar leña. ¡Que doe! ¡E tanto!

*Xosé Mª Dobarro Paz, e o Coordinador Comarcal de EU en Ferrolterra.

XOSÉ MARÍA DOBARRO *

E VEÑA LEÑA

Page 16: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 16

O paro e a corrupción poden resumir a situación á que nos avoca a fin deste réxime político. A degradación das condicións laboráis e dos servizos públicos é a outra cara da privatización e das relacións corruptas que se tecenao redor desa alquimia negra que reduce dereitos a negocios, co tránsito da política á empresa dos privatizadores. As mentiras de Rajoy e as evasivas de Feijóo en materia de corrupción expresan o carácter estrutural dese fenómeno; negan e negan a pesares da manchea de casos de corrupción que se están a suceder en Galicia e no conxunto do Estado. A corrupción étamén mentir en política, incumprir o prometido no programa. So outramaneira de facer política, coa maior participación do pobo, a democracia participativa e outra política social e económica pode liberarnos da podredume moral da corrupción e da tortura neoliberal para a que resulta funcional. Esa alternativa requireconxugarunidade e pluralidadeaoservizodun programa de transformación social.

SEDE ABERTA! VISÍTANOS!

RECORDA!! TES A SEDE DE ESQUERDA UNIDA ABERTA OS MÉRCORES DE 18:00 A 20:00 HORAS

RÚA DO SOL 124, ENTRECHÁN ESQUERDA

RÉXIME CORRUPTO

YOLANDA DÍAZ

Diario de Ferrol

Page 17: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 17

Orgullosos de ser de esquerdas, republicanos e socialistas!

Estamos orgullosos dos nosos símbolos e o seu significado, non escondemos que queremos república e socialismo! A bandeira republicana simboliza para nos o fin dos privilexios, a valente loita contra o fascismo durante a guerra civil e durante a ditadura, o inmenso respecto os que loitaron pola liberdade e tiveron a mais heroica derrota que a historia nunca viu, simboliza a esperanza dun futuro mellor republicano e socialista. A estrela vermella de cinco puntas e un dos símbolos do socialismo e o comunismo. Representa a vez os cinco dedos da man do proletario e os cinco continentes, e o símbolo do internacionalismo proletario: "Proletarios de todos os países, unídevos!". Tamén representa os cinco grupos sociais que posibilitaron o transito o socialismo: os obreiros/as, os campesiños/as, a xuventude, os intelectuais e os militares. A estrela vermella simboliza o socialismo, a revolución a esperanza.

Si hai unha bandeira que representa os intereses fundamentais do pobo esa e a

bandeira vermella do comunismo e a revolución proletaria. E a bandeira que une os proletarios e oprimidos, en vez de dividilos. E a bandeira que representa a misión histórica da clase proletaria de liberarse a si mesma e a toda a humanidade. Unha bandeira que nos pide que nos ergamos e vexamos mais ala dos intereses persoais ou nacionais e nos imaxinemos un novo mundo.

A fouce e o martelo e un símbolo que representa a unión dos traballadores/as. Está composto por un martelo sobre unha fouce. Estas ferramentas son un símbolo do proletariado industrial e do campesiñado, o feito de que estean a unha sobre a outra simboliza a unidade entre todos/as os traballadores/as. EU FERROL, ORGULLOSOS DE SER O REFERENTE DA ESQUERDA!

FACERNOS VISIBLES

ANDRÉ ABELEDO

OBREIRO ROXO

MATERIAL Á VENDA NA NOSA SEDE, BANDEIRAS, CAMISETAS, PINS, LIBROS.

ÚNTE E MILITA!

PARTICIPA NUN PROXECTO DO POBO PARA O POBO!

FÓRMATE NA ESQUERDA!

www.euferrol.org

Page 18: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 18

Estes días nos medios de comunicación, que trascenden

incluso o nivel galego, o nome de Aurelia Rey ocupa

titulares de prensa, abre telexornais e boletíns

informativos horarios na radio. Ningún medio, público ou

privado, ante a feble imaxe da desamparada anciá,

atrévese a poñer en dúbida a indignidade que supón

deixar na rúa a unha muller que con algo menos de

catrocentos euros mensuais ten que afrontar un aluguer

de máis de cento vinte euros. O sistema non o pode

permitir, dan igual as leis inhumanas e favorecedoras das

entidades financeiras ou dos que detentan o capital, as

sentenzas inxustas que desprezan o factor humano, o

poder irremediable da cousa xulgada.

Así, ademais das plataformas, dos partidos políticos e dos

cidadáns de a pé que non permanecen indiferentes ao

drama dos desafiuzamentos, o asunto foi motivo de

preocupación incluso do presidente do Goberno

autonómico, o Sr. Feijoo, quen garantiu unha vivenda

social digna para Aurelia.

Certo é que cadaquén ten os seus propios intereses

partidistas, pero é ese o cerne da cuestión? E, por outra

banda, os intereses políticos baseados nun estado social

no que prime a dignidade dos máis desfavorecidos, non

son intereses políticos totalmente lexítimos? Nunha

sociedade da información politizada e polarizada, as

acusacións crúzanse, todos inxurian e todos se sinten

inxuriados. Pero a realidade dos feitos, dende o meu

punto de vista, é que a acción cidadá conseguiu poñer o

foco mediático sobre a situación persoal de Aurelia e, por

extensión, centrouse a atención novamente sobre o abuso

lexislativo que permite situacións como a que vimos en

todos os informativos. Fronte a uns propietarios dunha

avaricia descarnada, que queren botar á rúa unha anciá

por pagar un aluguer de renda baixa, sen máis

consideracións que as puramente económicas, e fronte a

un sistema xurídico totalmente inxusto, que non se

cambia por falta de vontade política, a rúa tomou a

palabra e a rúa venceu.

Cantas Aurelias son expulsadas das súas casas cada día?

Cantos casos pasan desapercibidos? Din os datos que son

centenares ao ano en toda Galicia. Verdadeiros dramas

humanos dos que nada sabemos, símbolo dun auténtico

fracaso social, que nunca pode ser cualificado como

fracaso persoal, e oxalá o concreto pase a xeral, o foco se

espalle e a luz abranga toda a comunidade.

AURELIA, SIMBOLO TRIUNFAL DO ACTIVISMO

SOCIAL

JORGE SUAREZ

Page 19: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 19

O esforzo mobilizador das plataformas, partidos, ou quen

quera que fose que estivo na Rúa Padre Feijoo serviu, os

gritos da xente, os concelleiros arrastrados polas forzas de

seguridade, un vello coa enerxía dun rapaz tirando de

megáfono, todo iso serviu para procurar unha solución a

Aurelia. A sociedade cívica venceu o establishment do

cumprimento estrito da lei, sen máis connotacións que

dala por válida por emanar do Congreso, a lei por ser lei,

sen atender a realidade social, o caso concreto, o respecto

do ser humano ao propio ser humano.

Nesta vaga de solidariedade destaco un xesto por enriba

de todos. A negativa dun funcionario público a cumprir o

mandado da autoridade, o incumprimento do deber

xustificado na dignidade, na solidariedade, na xustiza

social. A foto dun bombeiro de uniforme, que acaba de

rexeitar a orde de abrir unha porta pola forza para

desafiuzar a unha señora de oitenta e cinco anos,

erguendo unha pancarta de stop-desafiuzamentos é outro

símbolo: un símbolo de valentía. Un xesto tan lexítimo

como o do rapaz que se enfrontou aos tanques na Praza

de Tiannamen, como Gandhi exercendo a resistencia non

violenta, ou como as escopetas dos soldados portugueses

servindo de floreiros na revolución dos cravos.

Os activistas arríscanse a levar algún golpe froito do

exceso policial, no entonte, un bombeiro está xogándose

o seu futuro, o posto de traballo, o pan de cada día, pero a

conciencia prima sobre o futuro, a conciencia social

impídelle actuar e iso é verdaderamente loable. Unha

desas raras ocasións nas que un se sinte orgulloso de

pertencer a un gremio no que prima o individualismo e

non hai sentimento grupal. A unión e cohesión social

queda demostrado que nos fan vencer, que o sistema non

pode gañar sempre e que, como cantaron no parlamento

portugués, “o povo é quem mais ordena”

Sempre quedarán os escépticos, contrarios a calquera tipo

de actuación discordante, que ven politización perversa en

todos os actos reivinidicativos, que acusarán de populismo

barato e ignorancia da lei as plataformas, de que non é ese

o camiño, que o camiño é outro, que para iso están as

urnas, etc. Pero a satisfacción da victoria, a saída digna

para Aurelia Rey, a sensación gratificante de que a loita

serve e que hai que continuar nela, fan elevar tanto os

ánimos que aquelas voces non son máis que queixumes

arremuiñados aos meus pés, como follas levadas polo

vento de outono.

Page 20: Novas de eu marzo v.1

NOVAS DE ESQUERDA UNIDA FERROL Nº2 MARZO 2013 20