Novas da xustiza nº1041

12
www.ccooxustiza.com 1 Edición 1041 www.ccooxustiza.com 4 de decembro de 2014 Mamarracho vende fume Pero este Frijolito que espera, que aplaudamos coas orellas? Así recibía a nova un funcionario votante do PP (que os hai, non todos os funcionarios somos revolucionarios que dedicamos o tempo libre a queimar contenedores e construír barricadas antes de ir a casa a ver a tele) Noutra época, estes anuncios fastuosos poderían colar. Agora xa non. A promesa literal é Reporemos paulatinamente aos empregados públicos galegos, aos sanitarios, aos

Transcript of Novas da xustiza nº1041

Page 1: Novas da xustiza nº1041

www.ccooxustiza.com 1

Edición 1041 www.ccooxustiza.com 4 de decembro de 2014

Mamarracho vende

fume

Pero este Frijolito que espera, que aplaudamos coas orellas? Así recibía a nova un

funcionario votante do PP (que os hai, non todos os funcionarios somos revolucionarios

que dedicamos o tempo libre a queimar contenedores e construír barricadas antes de ir

a casa a ver a tele)

Noutra época, estes anuncios fastuosos poderían colar. Agora xa non. A promesa literal

é Reporemos paulatinamente aos empregados públicos galegos, aos sanitarios, aos

Page 2: Novas da xustiza nº1041

www.ccooxustiza.com 2

docentes, aos da Administración da Xunta y da Xustiza, o cen por cen das súas pagas

extra. En fin, Feijoo, sabemos que temos por diante uns cantos procesos electorais e

que isto forma parte do xogo político, pero se che digo a verdade estou tremendo,

espantado e acolloado. Todo a un tempo. E ti me dirás, pero cómo, meu amigo!, confía

na boa xestión deste goberno que conseguiu isto e o outro. E eu direiche xa, xa, pero e

que xa nos imos coñecendo, non sei, recordas o que dixeches o 20 de xullo de 2012,

acórdaste? Hai nada menos que dous anos e medio, mentirán!

Xa ves, amigo presidente, o titular e o subtitular son sospeitosamente parecidos á nova

de hoxe, e casualmente ambos a escasos meses dun proceso electoral, pero eu

tranquilo, non porque ti mo digas eh, e que non te che creo nin ghota, visto o visto

Page 3: Novas da xustiza nº1041

www.ccooxustiza.com 3

Xogos florais a un lado, o certo e verdade é que nos orzamentos da Xunta non hai

partida algunha para levar adiante esta promesa. Si existe un fondo, unha partida

específica, pero é para abonar o “cuarto y mitad de mortadela” que pensa darnos como

aguinaldo o señor presidente, o 50% do 25% da paga extra de 2012 comprometido por

Montoro, unhas decenas de euros en compensación por esa paga, polos descontos do

4% da mesa salarial de 2012 e 2013 e polos descontos en días, permisos, enfermidade,

dereitos..., pero en ningún caso sería suficiente para repoñer nada de nada. Parece que

debemos alegrarnos porque en 2015 pode ser que non vaia a haber ningún recorte, que

debemos saltar sobre unha pata por deixar de ser a única comunidade autónoma do

estado que sufre os recortes retributivos para pagar as desfeitas políticas.

Máis alá da limosna? NADA. FUME. Pero recordade, detrás do fume sempre hai lume e,

como di unha viñeta do brillante El Roto, se queredes lume votade aos pirómanos como

Feijoo bomberman. Entón qué facer? Xa incidimos en Novas anteriores que o papel dos

sindicatos está a ser cando menos discutible, nunha necesaria autocrítica que nos inclúe

na falta de responsabilidade para propiciar unha unidade sindical neste tipo de accións,

que algúns romperon e saberán porqué.

Os recursos xudiciais no tema da paga extraordinaria provocou a feira de

oportunidades nos centros de traballo. Escoitouse o rumor de que algún sindicato ofrecía

unha noite nun balneario por formular con eles a extensión de efectos.

Deixando a un lado o muro das lamentacións e o sarcasmo, no tocante á recuperación

da paga extraordinaria de decembro de 2012, o Sector de Xustiza de CCOO o que está

a emprender é unha acción sindical baseada na interposición de demandas polos

afiliados e afiliadas que teñen dereito a asistencia xurídica gratuíta, para obter un

número importante de sentenzas favorables, agardamos que máis dun centenar.

As sentenzas, cremos, son a forma máis segura de cobrar esa paga roubada. Pero que

un funcionario que decidiu litigar cobre a súa paga non é o obxectivo, o obxectivo é facer

a presión suficiente para que a Xunta de Galicia se vexa abocada a negociar un acordo

de devolución íntegra da paga extraordinaria de decembro de 2012 para TODOS os

Page 4: Novas da xustiza nº1041

www.ccooxustiza.com 4

funcionarios. E non estamos a descubrir a pólvora nin pretendemos inalcanzables: é o

que está a suceder en Valencia, La Rioja, Canarias, Cantabria,... que en idéntica

situación decidiron repoñer dereitos máis alá de titulares de prensa electoralistas, e con

moitas comunidades desas non precisamente gobernadas polo Partido Comunista dos

Pobos de España...

E se centenares de sentenzas non son suficientes para que o camarada Feijoo nos

pague o que nos debe, dende o noso punto de vista debemos retomar as

mobilizacións, aínda que as atomizadas ou corporativistas quedou demostrado que

serven para só o desgaste e o que cómpre a unión de todos os empregados públicos

nunha gran mobilización. Somos máis, temos máis dereitos, máis dignidade e

garantimos o estado de benestar, supoño que máis que os banqueiros e as compañías

eléctricas hiperprotexidas

En fin, mentres todo isto ocorre no mundo real, existe unha pequena aldea gala onde

sobrevive un pobo fartándose a comer xabarís: OS ALTOS CARGOS, cun Feijoix á

cabeza que non deixa de consolidar os seus complementos e incrementar as súas

retribucións, pócima máxica para as redes clientelares. Non me extraña que algúns se

despachen a gusto co mamarracho oficial do Reino de Galicia...

Page 5: Novas da xustiza nº1041

www.ccooxustiza.com 5

Calendarios de gardas de faltas de Vigo e A

Coruña

Para descargar en pdf o calendario de gardas de faltas da Coruña para 2015 preme

aquí

Para decargar en PDF o calendario de gardas de faltas 2015 para Vigo preme aquí

Page 6: Novas da xustiza nº1041

www.ccooxustiza.com 6

Reforzos, interinos,

substitucións e apaños varios As cifras do colapso da Xustiza están enriba da mesa. Son case excepción os órganos

que non superan os módulos marcados polo Consello Xeral do Poder Xudicial. Esta

infradotación de órganos xudiciais supón un sobreesforzo inasumible para o cadro de

persoal da Administración de Xustiza. Para paliar esta situación cómpre a dotación

urxente de medios persoais, un nomeamento máis áxil dos interinos, que se acate a

orde de substitucións, que se consoliden todos os reforzos estruturais e que as vacantes

existentes saian na oferta de emprego público.

Dende CCOO demandamos a creación de xulgados, paralizada dende 2010, que vaia

máis alá de reforzos provisionais que mes a mes ven como o fío que sostén a espada de

Damocles é cada vez máis feble. E en tanto isto non suceda que non só non se recorten

os reforzos senón que se nomeen aqueles necesarios para acadar cifras razonables na

resolución de litixios que non colapsen o servizo público da cidadanía. A acumulación de

retrasos na creación de órganos xudiciais, solventada a través de parches incompletos

en aras do aforro económico e en detrimento do servizo público, está incrementando de

forma expoñencial o colapso da Xustiza

Os reforzos dos Xulgados do social da Coruña e Vigo, por poñer un exemplo, son tiritas

nunha xurisdición onde o número de asuntos non para de crecer, con despedimentos

froito da famosa flexiseguridade, son obxectivamente insuficientes, xa que o seu cadro

de persoal non está equiparadao a un “xulgado de número”. O mesmo sucede cos

Mercantís en ambas cidades. Ou cos xulgados de familia, e coa necesaria creación

destes órganos en todas as grandes cidades.

Page 7: Novas da xustiza nº1041

www.ccooxustiza.com 7

Por outra banda, os xulgados de paz, órganos de proximidade cuxo agrupamento foi

desbotado, ven como non cubren as baixas, chegando nalgún caso a estar pechados

durante semanas, como é o caso de Val do Dubra.

A consecuencia é unha Xustiza deficitaria, unha infradotación de medios que repercute

en que a Xustiza non sexa xusta, e que as condicións laborais sexan achegadas á

explotación. Claro que a xustiza nunca foi un caldo de cultivo para posibles votantes, e

que os lobbys do poder non teñen interese nunha xustiza eficaz que destape as súas

vergoñas.

Esta demanda non é só a dun sindicato en defensa dos intereses da súa clase, as

memorias do Fiscal Xefe e o Presidente do TSXG, os informes de diferentes colectivos,

SOS Xustiza, Colexios de Avogados, organizacións de usuarios van no mesmo sentido,

a necesariedade inaprazable da dotación de medios materiais e persoais que garantan o

que recoñece a Constitución: un estado de dereito, máis alá de formalismos.

Page 8: Novas da xustiza nº1041

www.ccooxustiza.com 8

Breves Interinos: a baremación da bolsa e as reclamacións están resoltas. Resolto o

concurso de traslado non hai motivos para que a DXX publique dende xa a bolsa

definitiva, polo que instamos a súa inmediata publicación que agardamos para

este mes.

Formación concurso: Como consecuencia da resolución do concurso de

traslados 2014 do persoal dos corpos de xestión, tramitación e auxilio,

producirase un importante movemento de persoal nos distintos órganos da

Administración de xustiza en Galicia, non só por mor de persoas procedentes

doutras comunidades autónomas, senón tamén por mor cambios de destino

dentro da Administración de xustiza de Galicia.

Co fin de que este persoal reciba a formación máis axeitada para o posto de

traballo onde se vai incorporar, e logo de analizar a información relativa aos

postos de orixe e destino, está prevista unha formación que se desenvolverá en

dúas fases:

1. Formación en temas xenéricos, organizativos e administrativos. As actividades

formativas xenéricas, aínda que adaptadas ao perfil do usuario, serán as mesmas

para todos os usuarios.

2. Formación específica nas aplicacións informáticas da Administración de xustiza

de Galicia. As actividades formativas específicas adaptaranse ao perfil do usuario

e ao seu destino.

Esta formación estará guiada en todo momento por un titor, que se asignará a

cada un dos alumnos segundo se incorporen aos seus novos postos, e nela

participarán os distintos formadores especializados, levando a cabo as

actividades formativas (titorías, reforzos formativos remotos, etc.).

Información tirada da intranet de xustiza. CCOO reclama a

formación remunerada a cargo dos compañeiros do mesmo

centro de traballo, que é o que realmente sucede na práctica dos

xulgados

Page 9: Novas da xustiza nº1041

www.ccooxustiza.com 9

Ante la falta de constancia de muchas cotizaciones sociales en diversos períodos del personal laboral e

interino de la Administración de Justicia, CCOO ha advertido que: o se resuelve de oficio esta situación o

acudiremos a los Tribunales para defender a todos los compañeros/as afectados

CCOO HA EXIGIDO REITERADAMENTE QUE EL MINISTERIO DE JUSTICIA Y EL

MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL DEBEN ADOPATAR LAS FÓRMULAS

QUE RESUELVAN, DE OFICIO, EL GRAVE PROBLEMA QUE SE HA CREADO AL

PERSONAL INTERINO Y LABORAL DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA.

Según la información de que disponemos, la reclamación de CCOO obtiene un primer paso: la

semana pasada, por fin, se reunieron la secretaria de Estado de Justicia y el secretario de

Estado de la Seguridad Social para abordar las graves irregularidades en las cotizaciones

sociales del personal interino y laboral de la Administración de Justicia

Madrid a 2 de diciembre de 2014

Ni el personal laboral ni el personal funcionario interino son responsables de las graves

irregularidades existentes en muchas de las cotizaciones sociales a la Seguridad Social en varios

períodos de su vida laboral. La única responsable es la Administración: el Ministerio de Justicia o

el de Seguridad Social o ambos.

Por eso, esas graves irregularidades, denunciadas por CCOO, deben solucionarse de oficio

(solución general para todas las personas afectadas desde la propia Administración, sin

necesidad de reclamación individual)

Que por fin, altos responsables del Ministerio de Justicia y el de Empleo y Seguridad Social se

hayan reunido para adoptar una solución, es un primer paso, aunque entendemos desde CCOO,

que no es suficiente. Deben continuar estas reuniones hasta alcanzar una solución que repare

de oficio el problema generado.

Page 10: Novas da xustiza nº1041

www.ccooxustiza.com 10

CCOO ha exigido al ministro de Justicia que en las reuniones entre ambos Ministerios debe

acordarse:

La adopción de un acuerdo para que, de oficio, se haga constar en los certificados de bases de cotización de todos estos trabajadores/as, la efectividad de las mismas, dejando sin efecto el vacío de cotización que se les imputa (y certifica de forma imperdonable) a pesar de que trabajaron y cotizaron de forma efectiva en la Administración de Justicia en esos períodos, tal y como consta en sus nóminas.

La corrección, igualmente, de todos los casos de aquellos trabajadores/as, personal laboral, que pasaron de trabajar a tiempo parcial (media jornada) a jornada completa (por acuerdo de la Subcomisión delegada de la Administración de Justicia, refrendado por la CIVEA y la CECIR), que en vez de constar en la certificación de cotizaciones de Seguridad Social, cotizaciones a jornada completa, consta tan solo cotización a media jornada.

La apertura de un nuevo plazo para aquellos trabajadores/as interinos que prestaron servicio en la Administración de Justicia entre el mes de junio de 1978 y antes del 31 de julio de 1990, y que no pudieron regularizar sus cuotas. Esta cuestión es de máxima importancia también, pues de no abrirse un nuevo plazo, muchos compañeros y compañeras tendrán reducciones muy sensibles en las prestaciones de jubilación.

En esta reunión al máximo nivel entre Justicia y Seguridad Social que ha tenido lugar la semana

pasada, según las informaciones de que disponemos, parece de más fácil solución los vacíos en

las cotizaciones posteriores a 1995 y hasta 2004, al haber sido la propia Gerencia de informática

de la Seguridad Social la que gestionaba el programa informático de las cotizaciones del personal

de la Administración de Justicia. También pueden tener fácil solución las cotizaciones

posteriores a 2004, gestionadas ya directamente por el Ministerio de Justicia.

Pero, al parecer, existen mayores problemas con las cotizaciones anteriores a 1995, período en el

que la gestión de las cuotas estaba desperdigada en muchos órganos administrativos (Gerencias,

Audiencias…)

Respecto a la apertura de un nuevo plazo para la regulación de las cotizaciones anteriores a julio

de 1990, no existe posición favorable del Ministerio de Empleo y Seguridad Social a hacerlo, por

lo que CCOO continuará con esta batalla, siendo conscientes de que va a ser muy dura.

Page 11: Novas da xustiza nº1041

www.ccooxustiza.com 11

Pintada en París, maio

do 68

Page 12: Novas da xustiza nº1041

www.ccooxustiza.com 12

Correo de contacto: [email protected]

Tfno do Sector de Xustiza: 619282917

Delegados/as:

Coruña: Raquel [email protected]

Ferrol Mati [email protected]

Santiago: Ana [email protected]

Vigo e Pontevedra: Tino Novoa [email protected]

Ourense: Sonia [email protected]

Lugo. Rafa [email protected]

Coordinación: Jorge [email protected]