Nº 49 outubro 2014 en galego,.

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 49 outubro de 2014

description

Boletín do ENDL do CEIP de Randufe. Nº 49 outubro de 2014

Transcript of Nº 49 outubro 2014 en galego,.

Page 1: Nº 49 outubro 2014  en galego,.

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 49 outubro de 2014

Page 2: Nº 49 outubro 2014  en galego,.

X CON PRONUNCIA “KS””

Todos e todas sabemos que a grafía x da palabra taxi, ou da palabra hexágono, pronúnciase co son ks (“taksi”, “ekságono”) e non co son que ten o x en xurelo, xirar, baixo, xefe ou caxato. Mais hai outras que debemos pronunciar co son ks e porén adoitamos pronuncialas co son co que dicimos peixe ou xato. Algunhas destas son: complexo (“complekso”), reflexo (“reflekso”), perplexo (“perplekso”), circunflexo (“circunflekso”), sufixo (“sufikso”), prefixo (“prefikso”) ou crucifixo (“crucifikso”); e tamén teñen son ks as pa-labras derivadas das anteriores como sufixación (“sufiksación”), crucifixión (“crucifiksión”), prefixar (“prefiksar”),...

UN CASO ESPECIAL: EXAXERAR OU ESAXERAR

Nas palabras non compostas en que aparece dúas veces a grafía x en posición intervocálica, a pri-meira ten o son ks e a segunda ten o son xe: exaxerar (“eksaxerar”), exixencia (“eksixencia”), exixir (“eksixir”),... mais as normas actuais do galego permiten substituír o primeiro x por un s. Así podemos pór na escrita: esaxeración, esaxerar, esaxero, esixencia, esixente, esixir etc. ou ben: exaxeración, exaxerar, exa-xero, exixencia, exixente, exixir etc.

Ollo! E dúas formas con cadansúa pronuncia: exaxerar (“eksaxerar”) esaxerar (“esaxerar”)

Estou perplexa polo cativo e do-ado que é este exame. Pensei que ía ser máis complexo.

Non exaxeres que os prefixos e os sufixos son difíci-les.