Crónicas da Comarca (Outubro)

16
Crónicas da Comarca Mensual independente da Terra Chá Ano 4. Outubro 2015 Primeira xornada da Liga Nacional de Billarda en Castro de Rei DEPORTES Páx. 14 José Cuba:“a miña aspiración sempre foi participar nuns Xogos Olímpicos” DEPORTES O PSOE denuncia a insalubridade dun camión de lixo aparcado no casco urbano VILALBA Páx. 6 Páx. 13 A alcaldesa de Guiriz, Regina Polin, denuncia a si- tuación críca pola que está a pasar o centro médico da localidade (Punto de Aten- ción Connuada) dende hai un tempo, en especial dende principios de xullo. A proble- máca dase en varios ámbi- tos, sobre todo médico e en- fermería, onde se está a tra- ballar con menos da metade do persoal establecido. O Concello esixe que se cubran todas as baixas ac- tuais e anuncia unha cam- paña de información-mobili- zación para que os veciños de Guiriz reclamen estes servi- zos básicos aos que teñen de- rito por lei e pediranlles aos usuarios do centro que fagan reclamacións por escrito. Denuncian a “situación crítica” que vive o centro médico de Guitiriz Páx. 7 A Deputación destina 250.000 € á mellora da estrada Momán-As Pontes Páx. 9 Duplícanlle o IBI a 700 donos da parcelaria de Goa COSPEITO Páx. 3 Darío Campos, novo presidente da Deputación COMARCA Páx. 5 GUITIRIZ Regina Polin esixe que se cubran as vacantes en persoal médico canto antes Besteiro celebra cos maiores de Pol o seu día POL Páx. 6 Melloras na iluminación pública de Begonte BEGONTE Páx. 2

description

A información actual e independente da bisbarra da Terra Chá.

Transcript of Crónicas da Comarca (Outubro)

Page 1: Crónicas da Comarca (Outubro)

Crónicas da ComarcaMensual independente da Terra Chá Ano 4. Outubro 2015

Primeira xornada da Liga Nacional de Billarda en Castro de Rei

DEPORTES

Páx. 14

José Cuba: “a miña aspiración sempre foi participar nuns Xogos Olímpicos”

DEPORTES

O PSOE denuncia a insalubridade dun camión de lixo aparcado no casco urbano

VILALBA

Páx. 6

Páx. 13

A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polin, denuncia a si-tuación crítica pola que está a pasar o centro médico da localidade (Punto de Aten-ción Continuada) dende hai

un tempo, en especial dende principios de xullo. A proble-mática dase en varios ámbi-tos, sobre todo médico e en-fermería, onde se está a tra-ballar con menos da metade

do persoal establecido.O Concello esixe que se

cubran todas as baixas ac-tuais e anuncia unha cam-paña de información-mobili-zación para que os veciños de

Guitiriz reclamen estes servi-zos básicos aos que teñen de-rito por lei e pediranlles aos usuarios do centro que fagan reclamacións por escrito.

Denuncian a “situación crítica” que vive o centro médico de Guitiriz

Páx. 7

A Deputación destina 250.000 € á mellora da estrada Momán-As Pontes

Páx. 9

Duplícanlle o IBI a 700 donos da parcelaria de Goa

COSPEITO

Páx. 3

Darío Campos, novo presidente da Deputación

COMARCA

Páx. 5

GUITIRIZ Regina Polin esixe que se cubran as vacantes en persoal médico canto antes

Besteiro celebra cos maiores de Pol o seu día

POL

Páx. 6

Melloras na iluminación públicade Begonte

BEGONTE

Páx. 2

Page 2: Crónicas da Comarca (Outubro)

2

ACTuALIDADE

Crónicas da Comarca - Outubro 2015

O vicepresidente da Xunta, Al-fonso Rueda, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Begonte, José Ulla visita-ron as obras levadas a cabo no Con-cello lucense que se realizaron ao abeiro das axudas da Orde de infraes-truturas de uso público da Xunta.

Concretamente, trátase da me-llora da mellora da iluminación pú-blica, cun importante aforro e e me-llora na eficiencia enerxética. En to-tal, instaláronse medio cento de pun-tos de luz, que permiten ofrecer un mellor servizo aos veciños e mellorar a súa calidade de vida, aposta polo medio ambiente ao reducir as emi-sións de CO2 e o consumo enerxé-tico, e ademais un importante aforro de custos para o concello, estimado nun 60 por cento.

Segundo palabras do vicepresi-dente, “grazas á orde de infraestru-turas, dende a Xunta estase a apoiar aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, pa-seos, parques infantís ou dependen-

cias municipais onde se presten ser-vizos administrativos. Estas axudas permiten levar a cabo actuacións que benefician directamente aos veciños, e que contribúen decisivamente á mellora da súa calidade de vida. Es-tas pequenas iniciativas benefician

directamente aos cidadáns e demos-tran as vantaxes da colaboración en-tre administracións, neste caso con-creto a Xunta e o Concello, que au-naron esforzos para facer fronte aos máis de 50.000 euros que custou a intervención”.

PSOE: “É totalmente inaceptable que o concelleiro de urbanismo teña intereses privados nunha promotora”

O Grupo Municipal Socialista califica de “intolerable” que o con-celleiro de urbanismo de Vilalba, Jesús Vivero, teña unha porcen-taxe de participación na promo-tora privada Promociones Albalia Villalba, S.L, en base á declaración de bens que el mesmo fixo e que se atopa publicada na páxina ofi-cial do Concello. Ademais, desde o PSOE vilalbés inciden na res-ponsabilidade que ostenta o edil, posto que tamén está ao fronte das áreas de medio ambiente, ser-vizos xerais, coordinación adminis-trativa, e a coordinación das con-cellerías de economía e facenda, infraestruturas, turismo, comercio e emprego, e desenvolvemento lo-cal e medio rural.

Segundo vén de afirmar a por-tavoz dos socialistas, Elba Veleiro, “semella que o equipo de goberno non só pasa por alto este conflito de intereses, senón que carga de responsabilidade a este conce-lleiro que, ante a nosa increduli-dade, amosa públicamente a in-congruencia entre o seu cargo pú-blico e os seus réditos privados”. O Grupo Municipal tilda de pouco ética esta argucia, afirmando que “seguen coa súa deriva empre-gando un poder político espurio baseado na anteposición dos inte-reses particulares aos de todos os vilalbeses e vilalbesas”.

A maiores, os socialistas lem-bran unha vez máis a necesaria e urxente aprobación do PXOM, que o Concello leva retrasando desde a anterior lexislatura, e recalcan que “unha medida de tanta importan-cia e transcendencia para o muni-cipio non debera estar nas mans de alguén que deixa demostrada a súa disonancia ética, como é o caso do concelleiro Jesús Vivero”.

Por último, o grupo socialista afirma que no próximo pleno or-dinario se farán as preguntas per-tinentes, esixindo que tanto o al-calde como dito concelleiro res-pondan coa máxima dilixencia e responsabilidade política.

VILALBA

Rueda, Arias e Ulla visitan as obras

Xunta e Concello colaboran para mellorar a iluminación pública

BEGONTE Repercutirá nunha maior eficiencia enerxética e aforro municipal

O presidente e portavoz do Grupo Municipal Popular en A Pastoriza, Jose Yañez agradeceu o compromiso da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que vén de anunciar a mellora da seguridade viaria no cruce da estrada LU-122 ao seu paso por esta localidade lucense.

O popular explicou que hai un tempo mantivo un encontro co Direc-tor da Axencia Galega de Infraestru-turas, Francisco Menéndez, de quen arrancou o compromiso de efectuar “con absoluta prioridade” as actua-cións necesarias para evitar os riscos para a circulación que se detectaron na intersección situada no punto qui-lométrico 8+880 da estrada que dá

acceso á capitalidade do concello.

SINALIZAcIóNJose Yañez indicou que o Goberno

galego reforzará de modo inmediato a sinalización deste punto, “con no-vas sinais verticais e a disposición dun semáforo”. E indicou que á súa vez se está redactado o proxecto para unha rotonda completa que encuazará os distintos sentidos de circulación e obrigará a moderar a velocidade ao seu paso por estes puntos.

O portavoz popular quixo fa-cerse eco, a través destas xestións, da preocupación que existe entre os veciños do concello e usuarios desta vía como consecuencia dos múltiples

accidentes que se están rexistrando nese punto, dando conta da súa pe-rigosidade.

PUNTO NEGRO“Había que tomar medidas urxen-

tes e valoro a disposición da Xunta para facelo. Non podíamos aceptar máis accidentes. Había que estudar ese trazado e posibles solucións. Non podíamos permitir máis perdas de vi-das. Como a acontecida no último si-nistro onde perdemos a un amigo e unha persoa moi querida na Pasto-riza. Por eles, por todos, había que es-tudar como dar solución a un espazo que se tiña convertido nun punto negro”-concluíu Yañez

O PP agradece á Xunta a mellora da seguridade viaria no cruce da Lu-122

A PASTORIZA Neste tramo rexistráronse múltiples accidentes

Crónicas da ComarcaCrónicas da Comarca. Edición Terra Chá.Depósito Legal: C 901 - 2013Director: Antonio Vázquez Fernández. Telf: 679 21 21 40Redacción: [email protected]: Publicaciones Tameiga SL

Page 3: Crónicas da Comarca (Outubro)

ACTuALIDADE

Crónicas da Comarca - Outubro 2015 3

No pasado mes de maio, a Asocia-ción Cultura e Veciñal “Aquilino Igle-sia Alvariño” de Muimenta asinou un convenio coa Deputación de Lugo para colaborar no financiamento dos gastos derivados do proxecto deno-minado “Melloras no camiño público que vai dende a estrada local a Cima de Vila, e revestimento da fachada do cemiterio, en Muimenta (Lugo)”.

As obras, que empezarán ao longo destes días, unha vez concedida a pertinente licenza municipal e a au-torización da Dirección Xeral do Patri-monio Cultural dependenten da Se-cretaría Xeral de Cultura da Conselle-ría de Cultura.

AcTUAcIóNSAs accióna que se levarán a cabo

froito deste convenio son a realiza-ción de melloras de movilidades, ac-cesibilidade e ornato, no camiño pú-blico que vai dende a Estrada local (Avda. de Vilalba) a Cima de Vial, e que da acceso á Igrexa de Muimenta, así como o cemiterio. Estas obras con-sistirán no soterramento da canaliza-ción da rede de baixa tensión, telefo-nía e rede de augas pluviais, incluíndo esta última, a colocación de tubo e a construcción de arquetas e sumidoi-ros. Tamén se realizará a instalación de farolas, construción de beirarrúas e a colocación da pedra no peche do cemiterio.

Dende o colectivo de Muimenta explican que” foi preciso a autoriza-ción da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, xa que tanto a Igrexa Vella, así como o cruceiro e a cruz da con-torna, están recollidos no catálogo das NNSS e complementarias de pla-neamentos provincias.

Dende a Asociación Cultura e Veci-ñal “Aquilino Iglesia Alvariño” afirman que “ estas obras, súmanse as reali-zas nos últimos anos no contorno da Igrexa Vella de Muimenta (da época do románico), que foi restaurada co traballo dos propios veciños e veci-ñas e con axudas da propia Deputa-

ción Provincial de Lugo, uníndose ao museo ubicado na antiga Escola Vella de Muimenta, a restauración dos cru-ceiros ubicados nese espacio, a cons-trucción dun pequeno muro de pedra contra a estrada Xeral, ademáis do sa-neamento do campo da Igrexa Vella e a colocación de prantas e unhas pe-dras de granito para delimitalo”.

Así mesmo, dende o colectivo en-gaden que “fai uns meses, tamén se culminou o proceso de inclusión no catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia, do Freixo e dos Car-ballos que están en dito campo da Igrexa Vella”.

cOMARcA O colectivo veciñal asinou un convenio co ente provincial

Escola vella de Muimenta

A Deputación de Lugo realizará melloras en Muimenta

cOSPEITO

Beatriz Seco visita a Escola Vella de Muimenta

A recén estrenada directora do Museo Pedagóxico de Galicia, MU-PEGA, Beatriz Seco, acompañada de Antonio Cepada, visitaron a Es-cola Vella de Muimenta para facer unha revisión do material cedido por esta institución para o museo que a Asociación dos Xogos Tradi-cionais de Muimenta, Xotramu.

O material recollido está den-tro do convenio que foi asinado o pasado 27 de outubro de 2011 en-tre ámbolos dous colectivos, o cal se renovará neste mes de outubro de novo.

A Consellería de Economía, Em-prego e Industria da xunta de Gali-cia publicaba o pasado 15 de ou-tubro no Diario Oficial de Galicia os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais que non gozan de liberdade horaria poderán abrir ao longo do vindeiro ano 2016.

Logo da consulta previa ás prin-cipais organizacións do sector, ao Consello Galego de Consumidores e Usuarios e ao Consello Galego de Cámaras, os días de apertura, que como en anos anteriores e tal e como marca a normativa serán 10, repártense do seguinte xeito: os domingos 3 e 10 de xaneiro; o 24 de marzo, festividade de Xoves Santo; o domingo 3 de xullo; o do-mingo 24 de xullo, véspera do Día de Galicia; o 1 de novembro, Todos os Santos; e os domingos 4, 11 e 18 de decembro; así como o 8 de decembro, día da Inmaculada Con-cepción.

MOdIfIcAcIóNSCalquera concello que o es-

time oportuno poderá solicitar ata o próximo 15 de novembro a mo-dificación de ata dúas datas para o seu termo municipal para adap-talo aos festivos locais ou aten-dendo a calquera outra circunstan-cia motivada.

Estes domingos e festivos non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que, con carácter xe-ral, poden decidir libremente o seu horario e días de apertura os esta-blecementos de ata 300 metros cadrados, coa excepción dos que non teñan a consideración de pe-quena e mediana empresa.

cOMARcA

O DOG publica os domingos e festivos nos que os comercios poderán abrir no 2016

O Sindicato Labrego Galego da Te-rra Chá vén de constatar a duplici-dade no cobro do Imposto de Bens In-mobles (IBI) ás fincas da parroquia de Goá (Cospeito) que participaron dun proceso de concentración parcelaria finalizado en 2013, ano en que se es-crituraron as parcelas. O caso é que o Concello de Cospeito, responsable desta taxa que cobra a través dos ser-vizos recadatorios da Deputación de Lugo, vén de impoñerlle ás persoas propietarias das fincas, que son máis de 700, o IBI das novas parcelas con-centradas e o das antigas fincas antes do proceso de concentración.

Este feito agrávase porque moitas das persoas propietarias, ao duplicár-selle o imposto, superan a contía esti-pulada para ter dereito á exención da taxa, de maneira que poderían perder

esa gratificación. Isto acontece xusto nun concello que ten un tipo impo-sitivo do IBI dos máis altos da bisba-rra (o 0'74%, cando a lei permite co-brar entre o 0'3 e o 0'9%) e coinci-dindo cun proceso de revisións catas-trais que disparou o que se lle está a cobrar ás familias de Cospeito neste concepto ao incrementarse o valor catastral dos seus bens e multipli-carse o número destes susceptibles de aplicárselle o imposto.

cATASTRAZODende o Sindicato Labrego Galego

explican que “estamos agardando dende xullo unha xuntanza con per-soal municipal para tratar a proble-mática do xa coñecido como “catas-trazo”, polo que agora elevamos unha nova petición para falarmos desta

nova chapuza vén engadirse aos se-rios problemas económicos de moitas familias gandeiras que o están a pasar francamente mal debido á situación crítica pola que atravesan sectores como o lácteo ou o vacún de carne pola caída dos prezos”.

Ademais, engaden “mentres non se solucione este problema, esiximos que o Concello de Cospeito se poña en contacto coa Deputación de Lugo para que paralice o cobro dos impos-tos duplicados até que non se emi-tan os novos recibos corrixidos. Men-tres agardamos a reacción do Conce-llo, dende o Sindicato Labrego Galego ofrecemos asesoramento ás persoas afectadas, tanto por esta duplicación de impostos como polas revisións ca-tastrais, nas nosas oficinas da rúa do Cuartel nº 1, en Vilalba”.

O Concello duplícalle o IBI a máis de 700 propietarios de fincas da parcelaria de Goá

cOSPEITO

Page 4: Crónicas da Comarca (Outubro)

4

ACTuALIDADE

Crónicas da Comarca - Outubro 2015

A Xunta inviste máis de 185.000 euros na mellora de instalacións deportivas municipais na provincia

cOMARcA

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo recentemente unha reunión cos alcaldes da Man-comunidade do Camiño Francés para presentarlles o Plan Director e Estra-téxico do Camiño de Santiago.

Durante este encontro, a directora de Turismo de Galicia destacou que o Plan supón unha ferramenta de xes-tión para a Xunta de Galicia e para to-dos os axentes implicados na Ruta Xa-cobea. “Constitúe unha folla de ruta que marca as directrices para favo-recer a conservación da esencia do Camiño na nosa comunidade autó-noma, atendendo a todos os axen-tes, públicos e privados, implicados no mesmo”, afirmou.

A responsable de Turismo da Xunta explicoulles aos representan-tes da Mancomunidade que o Plan Director do Camiño de Santiago constitúe un dos documentos clave no eido do desenvolvemento turís-tico de Galicia.

PARTIcIPAcIóNNeste senso, Nava Castro resaltou

que para a realización do Plan Direc-tor do Camiño procurouse a máxima participación dos axentes e sectores implicados sendo consultados un to-tal de 170 organizacións e 220 per-soas, representantes de Adminis-tracións Públicas, de asociacións de Amigos do Camiño, da Igrexa, turo-peradores, hostaleiros e grupos de in-vestigación sobre a cultura xacobea, entre outros.

A directora de Turismo de Galicia sinalou que para a posta en marcha do Plan continuarase con esta aposta pola colaboración e coordinación pú-blico-privada e interadministrativa buscando involucrar a todos os axen-tes no desenvolvemento do mesmo.

Así, pediu aos alcaldes dos conce-llos galegos do Camiño Francés a súa colaboración para traballar de ma-neira coordinada e cun mesmo obxec-tivo: acadar no 2021 un Camiño de Santiago xestionado integralmente por todas as administracións e axen-tes implicados, hospitalario, sostible social, económica e medioambiental-mente, protexido e conservado, que satisfaga as necesidades do peregrino e cumpra as súas expectativas, conec-tado globalmente e accesible, xera-dor de coñecemento e que interna-cionalmente a marca Galicia.

Nava Castro explicou que no marco da liña estratéxica centrada na coordinación e organización inte-radministrativa traballarase na aná-lise do funcionamento da mancomu-nidade do Camiño Francés para ela-borar propostas de mellora segundo as súas necesidades e identificar boas prácticas que poidan ser extrapoladas a novas mesas de traballo para as ru-tas que carecen de órgano coordina-dor.

PRINcIPAIS AccIóNS NO cAMIÑODurante o encontro, a responsa-

ble de Turismo da Xunta presentou os

diversos plans de acción que recolle o Plan Director para a mellora e o man-temento do Camiño Francés.

PRIMEIROS PASOSNava Castro explicou que os pri-

meiros pasos que se levarán a cabo no Camiño Francés, xa neste mesmo ano estarán centrados na mellora dos albergues, na sinalización e na segu-ridade viaria. Neste senso, sinalou as principais iniciativas que abordaranse neste 2015 destacando a renovación das cabinas de hospitaleiros de Tria-castela, Calvor, Sarria, Barcadelo, Fe-rreiros, Palas de Rei, Casanova e Arta; a mellora da imaxe dos albergues de Calvor, Barbadelo, Palas e Arca; a rea-lización dun plan de sinalización ana-lizando as problemáticas da sinaliza-ción actual e acción que garantirán a seguridade viaria.

Así mesmo, a directora de Tu-rismo de Galicia referiuse a aqueles ámbitos nos que se concentran as accións recollidas no Plan Director para os próximos anos. Nesta liña, Nava Castro resaltou a actualización do Catálogo Patrimonial, o estudo e intervención d os recursos patrimo-niais –especialmente os declarados BIC-, a xestión eficiente de residuos, o plan de Eficiencia Hídrica e Ener-xética, a catalogación do Patrimo-nio Natural, o desenvolvemento do Smart Camiño, a rehabilitación dos núcleos de poboación ou o plan de asistencia sanitaria, entre outras ini-ciativas.

O Plan Director para o Camiño mellorará as infraestruturas e a seguridade

cOMARcA Foi presentado aos alcaldes dos concellos galegos do Camiño Francés

Reunión cos alcaldes dos concellos galegos por onde trascorre o Camiño Francés

A Xunta de Galicia destinou un total de 185.507,76 euros á me-llora e acondicionamento das ins-talacións deportivas de doce con-cellos da provincia de Lugo. As subvencións concedeunas a Se-cretaría Xeral para o Deporte me-diante convenios de colaboración asinados coas distintas entidades locais.

A Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, recalcou que “estas axudas aos concellos serven paran poñer a punto as in-fraestruturas municipais en be-neficio dos seus usuarios porque a práctica de actividades deporti-vas require de instalacións axeita-das das que agora poden desfru-tar os veciños dos municipios nos que se executaron as actuacións”. Arias explicou tamén que “os tra-ballos levados a cabo reforzan a aposta da Xunta polo fomento do deporte entre a poboación lu-cense”.

BENEfIcIARIOSOs concellos beneficiarios

das obras de mellora e acondi-cionamento foron o Concello de Lourenzá, que recibiu 50.000 eu-ros para substituír o solado da pista de fútbol sala do polidepor-tivo municipal; o Concello de Sa-rria, que se beneficiou dunha sub-vención de 37.507,76 euros para dotar dunha deshumectadora a piscina cuberta municipal. Na nosa comarca foron beneficiarios o Concello de Guitiriz, con 20.000 euros para a construción de pis-tas municipais de uso deportivo; e o Concello de Castro de Rei, que contou coa mesma contía para acometer reformas no campo de fútbol.

Tamén o Concello de Palas de Rei, cunha achega de 10.000 eu-ros para a reparación do polide-portivo e o Concello de Meira, ao que se lle concederon a mesma dotación económica para aco-meter obras de reparación e me-llora da pista polideportiva bene-ficiáronse destas axudas.

O Concello de Foz tamén con-tou con apoio económica para su-fragar a subministración dun mar-cador electrónico no pavillón poli-deportivo Torques de Marzán, ao igual que os concellos de Antas de Ulla, Abadín, Cospeito, Barreiros e Paradela, aos que a Xunta lles concedeu subvencións para aco-meter reparacións nos seus pavi-llóns polideportivos municipais.

Page 5: Crónicas da Comarca (Outubro)

ACTuALIDADE

Crónicas da Comarca - Outubro 2015 5

Construcciones Taboada y Ramos, S.L.Polígono Industrial Lalín 2000, Parcela C/26

36500 Lalín (Pontevedra) Tlf: 986 78 75 02. FAX: 986 78 76 99

Desta vez non houbo sorpresas e á segunda foi a vencida: o socialista Darío Campos foi nomeado novo pre-sidente da Deputación de Lugo ao prosperar a moción de censura pre-sentada por PSOE e BNG contra o Go-berno da popular Elena Candia. Os 11 votos socialistas e os dous votos na-cionalistas relegaron á alcaldesa de Mondoñedo á oposición, logo de que tres meses atrás se fixera sorprenden-temente co posto tras a decisión do socialista Manuel Martínez de rachar coa disciplina de voto.

Campos pediu perdón polo acon-tecido o pasado 24 de xuño e polo que “nunca tería que ter sucedido: negar a decisión maioritaria dos lu-censes” e afirmou que a moción de censura era un “acto de xustiza e de dignidade”.

O presidente provincial recoñeceu que “erramos, e durante tres meses, co PP na Deputación de Lugo, os ci-dadáns non só non tiveron as políti-cas de futuro que maioritariamente reclamaron” senón que sufriron ac-cións “destrutivas, caciquís e basea-das en que a Xunta invita e a Diputa-ción, con diñeiro de todos os veciños da provincia, paga”.

NormalidadeCampos Conde asegurou que ini-

ciou “este novo reto con moita inten-sidade”. Minutos despois da súa toma de posesión, o Presidente tivo as pri-meiras reunións de traballo e horas despois reuniuse cos representan-tes sindicais do organismo provincial, para “coñecer aos profesionais da ins-titución e transmitirlles unha men-saxe de tranquilidade. A normalidade volta á Deputación”.

Pola súa banda, o voceiro do BNG, Antonio Veiga, acusou ao PP de que-rer “levar a provincia á caverna do

caciquismo” e criticou os convenios subscritos “in extremis” unicamente con concellos gobernados polo PP.

Tamén lembrou que o novo go-berno bipartito asumirá as súas fun-cións dentro do acordo marco alcan-zado por PSdeG e BNG, que xa se está a aplicar nas deputaciones da Coruña e Pontevedra.

MALAS PRácTIcASFinalmente, no seu discurso de

despedida a ex-presidenta Elena Can-dia reivindicou a súa xestión ao longo destes tres meses e denunciou que durante este tempo “nos atopamos con numerosos erros e malas prácti-cas”. Candia comprometeuse a seguir traballando dende a oposición.

cOMARcA O rexedor de A Pontenova asegura que “a normalidade volta á Deputación de Lugo”

Darío Campos, novo presidente da Deputación Provincial de Lugo

O socialista Darío Campos, novo presidente da Deputación de Lugo

O PP di que PSOE e BNG ofrecen un “espectáculo lamentable” no que só hai intereses persoais

O ex vicepresidente da Deputa-ción, José Antonio García, censura que o PSOE e o BNG ofrezan un “espectáculo lamentable” na De-putación de Lugo no que só impe-ran os intereses particulares e non o interese xeral da provincia. O de-putado considera que socialistas e nacionalistas evidencian “co circo político que teñen montado estes días” que os cidadáns e os proble-mas da provincia non figuran na súa axenda.

“Agora falan de negociacións cando se supón que levan tres me-ses para pechar un Goberno e que xa chegaran a un acordo. Estanlle dando as costas aos cidadáns con pactos escuros e acordos na som-bra e, o que nos parece máis grave, desatendendo as necesidades desta provincia preocupados uni-camente polo rédito persoal que cada un dos membros do Goberno vaia sacar desta nova alianza de perdedores”, asegura.

VOcEIROSPor outra banda, a expresidenta

Provincial, Elena Candia, asumiu a portavocía do Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo, mentres que os vicevocei-ros serán os deputados Carlos Ar-mesto e mencionado José Antonio García. “Faremos unha oposición leal e construtiva, centrada na de-fensa dos intereses dos veciños”, anuncia Armesto.

Reunión cos representantes sindicais

Page 6: Crónicas da Comarca (Outubro)

6

ACTuALIDADE

Crónicas da Comarca - Outubro 2015

O Grupo Municipal Socialista vén de denunciar as condicións de insa-lubridade e contaminación que pro-ducen os verquidos dun camión de lixo estacionado na rúa Castelao. Si-nalan que malia ser unha zona fre-cuentemente transitada, a vertedura de substancias e os fortes olores que desprenden afectan directamente ás veciñas e veciños.

“As promesas e os proxectos do Partido Popular de Vilalba se escriben sempre sobre papel mollado, posto que na anterior lexislatura puxeron en marcha un Plan de limpeza e ade-cuación do casco urbano, co asom-broso resultado de que cada día se atopa en peores condicións”, repro-bou a portavoz do grupo municipal, Elba Veleiro. Solicitan por este motivo ataxar a problemática dos verquidos do camión do lixo facilitando unha nave adecuada para o seu estaciona-mento, cumprindo unhas condicións mínimas de hixiene e respecto ao me-dio ambiente.

SUcIEdAdE NAS RÚASPor outra banda, os socialistas

traen a colación a suciedade que se

observa con asiduidade nas rúas do centro de Vilalba, así como nas pa-rroquias, denunciando que nin as fre-cuencias nin os puntos de recollida dos refugallos dos contedores son su-ficientes a día de hoxe. “É máis que palpable que este servizo está sendo moi deficiente, repercutindo directa-

mente na veciñanza que ten que so-portar a acumulación de sucidade du-rante varios días”, afirman desde o Grupo Municipal.

Finalmente, acusan ao Concello de neglixencia na limpeza dos sumi-doiros, xa que o estado no que se ato-pan impediría a súa función de cara ás

chuvias que terán lugar neste inverno. “Non se pode consentir a pasividade do equipo de goberno en cuestións tan fundamentais coma esta, polo que esperamos que atendan as no-sas peticións e resolvan de inmediato esta problemática que afecta a todo o municipio”, concluíu Veleiro.

O PSOE denuncia a insalubridade dun camión de lixo aparcado no casco urbano

VILALBA Destacan a falta de limpeza dos sumidoiros da localidade

O PP realiza encontros nas vilas para dar respostas ás principais reinvindicacións dos veciños

VILALBA Barreiro explica que “o Programa Electoral terá en conta as propostas de todos”

O portavoz do Grupo Popular do Senado e presidente do Partido Popu-lar de Lugo, José Manuel Barreiro pre-sidiu en Vilalba a reunión comarcal do partido da provincia lucense. O acto é a continuación dunha serie de encon-tros comarcais co que se pretende co-ñecer en primeira persoa as principais reivindicacións dos veciños e veciñas e amosar o apoio da dirección provin-cial aos afiliados e ao traballo que rea-lizan os diferentes Grupos Municipais en cada Concello. Ademais de Ba-rreiro, na xuntanza de Vilalba tamén estiveron o alcalde da localidade, Ge-rardo Criado e o parlamentario Agus-tín Baamonde.

O obxetivo destas reunión é fixar as liñas de actuación coa mirada posta nas vinderias eleccións xerais. Barreiro recordou a importancia de recuperar o contacto directo cos veci-ños e potenciar novas canles de par-ticipación social. Aproveitou tamén

para transmitir e informar aos cargos locais do partido sobre as políticas que se están levando a cabo nos go-bernos autonómico e nacional.

Neste sentido, José Manuel Ba-rreiro destacou que “gracias al es-fuerzo de los ciudadanos y a las refor-mas emprendidas por el Gobierno de Rajoy para crear empleo y recuperar la credibilidad internacional, España es hoy el país que más crece de la UE”. “Al contrario de lo que critican los so-cialistas, sin base alguna en datos reales, en nuestro país se está gene-rando empleo de calidad. Así, España ha sido el segundo miembro de la eu-rozona que más empleo indefinido ha creado durante el último año”.

Do mesmo xeito, o portavoz do PP no Senado recordou que “tras de-jar Zapatero la peor herencia econó-mica de nuestra democracia y tener que adelantar las elecciones por su incapacidad para gobernar, el PSOE

no puede dar lecciones sobre qué es lo correcto en España”. “No pode-mos volver a las políticas desastrosas del pasado, que pondrían en riesgo el crecimiento y la credibilidad inter-nacional”. “El PP es la única garantía de estabilidad y gobierno; el PSOE ya ha demostrado pactando con los in-dependentistas en Cataluña y con na-cionalistas en el País Vasco o en la Di-putación de Lugo, que no le importa perder sus principios con el único ob-jetivo de alcanzar el poder en las ins-tituciones”, engadiu Barreiro.

José Manuel Barreiro dixo que “queda todavía mucho camino por re-correr y no se puede poner en riesgo todo lo conseguido durante estos cua-tro años, gracias a las reformas em-prendidas por el Gobierno de Rajoy, que nos van a permitir asegurar nues-tro modelo de bienestar ”. O PP “está trabajando duro para llegar a todos los colectivos, sin excepción”, por eso, concluíu Barreiro, “nuestro Programa Electoral para las próximas elecciones se va a elaborar recogiendo las pro-puestas de todos”.

Dúas imaxes do camión do lixo estacionado na rúa e perdendo líquido que causa un forte cheiro

Barreiro asegura que “el PP es la única garantía de estabilidad y gobierno”

Page 7: Crónicas da Comarca (Outubro)

ACTuALIDADE

Crónicas da Comarca - Outubro 2015 7

O presidente do Goberno, Ma-riano Rajoy e a Ministra de Fomento, Ana Pastor asistiron en Palas de Rei, a posta en servicio das obras do tramo Guntín- Palas de Rei da A-54. No acto estiveron acompañados por os alcal-des de Palas de Rei , Guntín e Mon-terroso entre outros alcaldes e repre-sentantes institucionais da zona.

O novo tramo dará continuidade a tres tramos entre Nadela e Guntín postos en servicio o pasado mes de marzo, sumando así máis de 38 km da autovía A-54 en Lugo abertos ao trá-fico en 2015. Os catro tramos supuxe-ron unha inversión de 306 millons de euros e permitirán realizar a metade do traxecto entre Lugo e Santiago a través de unha vía de altas presta-cións e en aproximadamente 15 mi-nutos menos.

Con esta última posta en servi-cio do tramo complétase a metade do trazado da A-54 (47 quilómetros

dos 94 quilómetros totais), que verte-bra o interior de Galicia, conectando dúas das súas principales cidades ao seu paso por algunha das principales cabeceiras da comarca interior, como Arzúa, Melide ou Palas de Rei.

ORZAMENTOO orzamento de inversión das

obras, Guntín-Palas de Rei, que se po-ñen en servicio é de 101,2 millóns de euros, dos cales 83,5 millons de eu-ros corresponden a inversión en obra, 15,3 millons de euros as expropia-cións en este tramo e 2,4 millons de euros a contratos de asistencias téc-nicas do proyecto, do control e da vixiancia.

fINANcIAcIóNA obra conta coa financiación dos

fondos FEDER 2007-2013 da Unión Europea. O tramo, de 15 quilómetros de lonxitude, discurre polos munici-

pios de Guntín, Monterroso, e Palas de Rei, na provincia de Lugo, consta de tres enlaces: enlace de Guntín, en-

lace en Palas de Rei coa carretera au-tonómica a Friol (LU-231), e enlace de Palas de Rei Oeste.

Rajoy inaugura o tramo Guntín-Palas de Rei da Autovía Lugo-Santiago

cOMARcA O novo tramo conta cun total de 15 quilómetros

Rajoy, Feijóo e Pastor acudiron a inaugurar o último tramo aberto da A-54

Rafer ConstruccionesCalle Pintor Colmeiro, 5 - C 2

Lalin (Pontevedra)

A alcaldesa de Guitiriz, Regina Po-lin, denuncia a situación crítica pola que está a pasar o centro médico da localidade (Punto de Atención Conti-nuada) dende hai un tempo, en espe-cial dende principios de xullo. A pro-blemática dase en varios ámbitos, so-bre todo médico e enfermería.

Da plantilla médica dotada con 4 plazas, a día de hoxe só están asis-tindo 2 facultativos xa que un dos ou-tros está de baixa e a outra persoa foise a Lugo a cubrir temporalmente

unha baixa por xubilación. Así dase a paradoxa que nalgún momento só queda un médico para atender os doentes asignados a catro profesio-nais.

Sobre a plantilla de enfermería, dotada con tres plazas, a día de hoxe están as tres cubertas, pero non se cubren as baixas por enfermidade ou vacacións, feito que redunda nunha merma notable da calidade do ser-vizo. No ámbito da administración, atopámonos cun problema tamén

moi importante. Existen dúas plazas, pero unha das ocupantes foise no programa de mobilidade voluntaria, a súa substituta está de baixa e só cu-briron unha media xornada neste mo-mento que se está a executar a cam-paña de vacinación.

“Todas estas denuncias que re-collemos aquí son froito do malestar vecinal pola moi deficiente atención que está a recibir dende hai un tempo cando anos atrás había moi boa va-loración do Centro Médico en cues-

tión. É moi doado atoparse pola rúa persoas que veñen de buscar unha consulta, moitas veces programada, e voltan á casa sen recibir ninguna atención”, explica Regina Polin.

Por iso, o Concello de Guitiriz de-manda das autoridades sanitarias que de forma urxente cubra a vacante da persoa que desempeña os seus servi-zos en Lugo, cubra a baixa do médico que se atopa nesa situación e com-plete o horario da persoa de adminis-tración que ten un contrato de media xornada para que se atenda de forma óptima ós doentes que asi o precisen

O Concello anuncia unha campaña de información-mobilización para que os veciños de Guitiriz reclamen estes servizos básicos aos que teñen derito por lei e pediranlles aos usua-rios do centro que fagan reclama-cións por escrito.

A alcaldesa de Guitiriz denuncia que o centro médico está en situación crítica

GUITIRIZ Esixe que se cubran as vacantes en persoal médico canto antes

Page 8: Crónicas da Comarca (Outubro)

8

ACTuALIDADE

Crónicas da Comarca - Outubro 2015

A conselleira de Infraestrutu-ras e Vivenda, Ethel Vázquez Moure-lle, trasladoulles aos alcaldes de Pa-las de Rei, Friol e Begonte que os Or-zamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano permitirán impulsar a mellora da estrada LU-1611. En con-creto, informou de que o vindeiro ano avanzarase no proxecto de acondicio-namento desa vía no seu treito de ti-tularidade autonómica, que discorre entre Palas de Rei e Friol, coa deno-minación LU-231.A titular de Infraes-truturas mantivo unha xuntanza cos alcaldes de Palas de Rei, Pablo Ta-boada; de Friol, José Ángel Santos; e de Begonte, José Ulla, que lle trasla-daron a importancia desta actuación para os tres municipios da provincia de Lugo.

Ethel Vázquez confirmou que ac-tualmente o Goberno galego está a traballar no prego de condicións ne-cesario para a licitación do contrato de redacción do proxecto de acon-dicionamento desa estrada. Expli-cou que o treito da LU-1611 que une Friol con Begonte é de titularidade da Deputación de Lugo, polo que, tal e como recolle a planificación de estra-das do Plan MOVE, lle corresponde a esa administración promover as obras de acondicionamento.

TRAXEcTO cOMPLETOO itinerario completo da LU-

1611 está formado por dúas estra-das e sirve para comunicar as auto-vías A-6, na localidade lucense de Begonte coa A-54 en Palas de Rei; e o treito da estrada de titularidade da Deputación Provincial de Lugo

LU-P-1611, coñecida coma Cinturón Comarcal, comprendido entre a de-vandita A-6 e a LU-231 no núcleo de Friol.

O proxecto impulsado pola Xunta de Galicia, que se corresponde coa LU-231, desde Friol ata Palas de Rei, prevé o ensanche e mellora desta

estrada desde Friol ata a conexión coa A-54 en Palas. Trátase dun treito de 18,69 quilómetros con numero-sas curvas de radio reducido, polo que os concellos demandan o acon-dicionamento da vía, prevendo unha rectificación xeneralizada do trazado.

A Xunta recolle nos orzamentos de 2016 a mellora da estrada que une Palas e Friol

cOMARcA Ethel Vázquez avanzoulles aos rexedores a determinación de avanzar nesta situación

Reunión de Ethel Vázquez xunto cos alcaldes de Palas de Rei, Begonte e Friol

O PSOE critica a actitude do concelleiro de Cultura ao ter que suspender o espectáculo ABBA

O Grupo Municipal Socialista cri-tica a profesionalidade do concelleiro de Cultura, José Antonio Pita, logo de provocar o cese do espectáculo ABBA en directo, obrigando aos actores e actrices a abandonar o escenario. Alegando unha calidade insuficiente para o Auditorio de Vilalba, garanti-zou a devolución dos cartos a cada un dos asistentes, sen concretar máis in-formación. Ante este ataque frontal á compañía, os afectados saíron a de-fenderse xerándose un ambiente de crispación na sala.

“Non se pode admitir que un con-celleiro se crea coa potestade de frear un espectáculo cando previamente non fixo o seu traballo, o que demos-tra que a súa aposta pola cultura limí-

tase a equiparala a unha axencia de negocios para cubrir as carencias e desprezos que o Concello de Vilalba sempre amosou pola cultura”, criti-cou a portavoz dos socialistas, Elba Veleiro.

O grupo municipal fixo fincapé na necesidade de que “o máximo res-ponsable nesta área debe demostrar a súa capacidade para estar ao fronte desta concellería”, premisa que consi-deran totalmente vulnerada tras “as intervencións e publicidade que fixo do espectáculo durante semanas, sendo o único responsable do engano sofrido polos vilalbeses e vilalbesas, e da nefasta situación, nunca dada, que se creou con respecto aos protagonis-tas da función.

RESPONSABILIdAdESDúas semanas atrás, aprazábase o

denominado Musical ABBA “por mo-tivos alleos ao Concello de Vilalba”. Segundo se promocionou desde dita institución, o musical “chegaba á vila para rememorar os seus grandes éxi-tos cun espectáculo interactivo, com-posto por un elenco de 16 artistas que farían a ledicia dos asistentes cos temas máis coñecidos e coreados do mítico grupo sueco”. Ante as conti-nuas demostracións de caos e falta de planificación, Veleiro falou sobre a “irresponsabilidade e desvergonza dos populares no Concello, botando sempre balóns fóra, primeiro laván-dose as mans polo aprazamento e conseguinte devolución de entradas,

e agora pola mala calidade dun es-pectáculo que se adicaron semanas a promocionar”. Nesta ocasión, os so-cialistas non só piden responsabili-dades, senón que esixen que non se volvan a dar este tipo de situacións, posto que evidencian que non están á altura e que existe unha gran diferen-cia entre o pobo de Vilalba e os seus representantes no tocante ao res-pecto e valor pola cultura.

VILALBA Acusan ao goberno municipal de “falta de seriedade”

Page 9: Crónicas da Comarca (Outubro)

ACTuALIDADE

Crónicas da Comarca - Outubro 2015 9

O ente provincial lucense, den-tro das obras que financia a través do POS 2015, está realizando diferen-tes accións de mellora no Concello de Xermade. Concretamente, será a es-trada LU-P-2204 que une de Momán a de As Pontes a Porto Souto, a que verá mellorada o seu firme con estas actuacións.

Nestes momentos, persoal de Ra-fer S.L., empresa que realiza as obras, están executando os traballos de aglomerado en quente en toda a es-trada, renovación da sinalización ho-rizontal e vertical e limpeza e reaper-tura de cunetas. As obras teñen un presuposto total de 250.000 euros que asumirá íntegramente a Deputa-ción de Lugo.

SEGURIdAdEA maiores da mellora que supo-

ñerá para o tráfico rodado unha vez que rematen as obras, tamén redun-darán na seguridade de conductores

e viandantes que utilizan esta estrada a diario. O tramo obxecto das mello-ras contaba antes das obras con tan só cinco metros de ancho e unha vez rematados os traballos terá gran am-plitud, xa que se transformará nunha vía de sete metros, polo que cada ca-rril terá un espazo de tres metros.

Trátase dunha estrada que se atopa na actualidade moi deterio-rada xa que é un importante enlace de comunicación entre os Concellos de Xermade, Vilalba e Guitiriz, ade-mais dun eixe de conexión entre as provincias de Lugo e A Coruña, polo que soporta a diario un destacado vo-lume de tráfico.

dEMANdAS cUMPRIdASCon esta obra, a Deputación de

Lugo continúa cumprindo coas de-mandas realizadas polos veciños que tomaron parte activa na elaboración dos Orzamentos participativos da De-putación para 2015.

A Deputación de Lugo destina 250.000 € para a mellora da estrada Momán-As Pontes

XERMAdE A vía contaba antes das obras con tan só cinco metros de ancho

Nestes momentos, persoal de Rafer SL está executando os traballos de aglomerado en quente en toda a estrada, reposición de sinalización e reapertura de cunetas

Page 10: Crónicas da Comarca (Outubro)

10

XENTE DAquí

Crónicas da Comarca - Outubro 2015

A delegada territorial na provin-cia de Lugo, Raquel Arias, participou, xunto co alcalde de Cervo, Alfonso Vi-llares, no acto de clausura organizado polo Concello para despedir ós doce xóvenes traballadores que participa-ron no programa de Formación Dual promovido pola Xunta en colabora-ción con este municipio mariñán.

Esta iniciativa pioneira, especial-mente dirixida aos menores de 30 anos con baixa cualificación, combina un contrato laboral cunha formación de calidade “co obxectivo”, segundo especificou a delegada territorial, “de favorecer a redución do desemprego xuvenil“. Neste caso concreto, esa for-mación centrouse en Actividades au-xiliares en conservación e mellora de montes.

A Xunta, a través deste programa de Formación Dual, subvenciona os contratos de formación formaliza-dos polos concellos, aportando un máximo de 2.000 euros por cada un, ademais de facerse cargo do custo de-rivado das cotizacións á Seguridade Social dos traballadores e do custo da formación asociada a estes contratos, que exceda o 25% da xornada laboral.

fORMAcIóN NA PROVINcIAOs doce alumnos traballadores de

Cervo especializáronse en Activida-des auxiliares en conservación e me-llora de montes, que tras 230 horas de formación os acredita cun certifi-cado profesional de nivel 1, pero ade-mais recibiron outras 433 horas de formación complementaria en pre-vención de riscos laborais; sensibiliza-ción medioambiental; manexo e usos

da maquinaria lixeira en podas; me-dios e medidas destinadas á preven-ción de incendios e medios e traba-llos auxiliares de inventariado no se-guimento do hábitat.

Os 13 alumnos contratados no Concello de As Nogais ao abeiro deste programa, que rematarán a vindeira semana, fixeron as súas prácticas nas zonas axardinadas do municipio. Es-pecializáronse en Limpeza de espazos aberto e instalación industrial, Activi-dades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría (en ambos ca-sos obterán certificado de profesio-nalidade de nivel 1) e en Xestión de residuos urbanos e industriais, que os acreditará cun certificado de nivel 2.

Operacións auxiliares de prepara-

ción de terreo, plantación e sembra de cultivos agrícolas; preparación do terreo, sembra e transplante de cul-tivos herbáceos; seguridade e saúde; sensibilización medioambiental e igualdade conforma os contidos da súa formación complementaria.

Actividades auxiliares en conser-vación e mellora de montes, xunto con operacións auxiliares de albane-lería de fábricas e cubertas, é a forma-ción que están a recibir os 11 alum-nos participantes no programa dual que se está a desenvolver no Conce-llo de Palas de Rei e que rematarán a primeiros do vindeiro mes de novem-bro.

A súa actividades formativa, ade-mais da que corresponde aos citados

certificado de profesionalidade nivel 1, tamén reciben formación comple-mentaria en prevención de riscos; re-poboación, traballos silvícolas e de protección do monte; operacións au-xiliares en xardíns e manexo e mante-mento de maquinaria forestal.

BEGONTEO vindeiro 3 de novembro tamén

rematarán a súa actividade laboral e formativa os 14 mozos contratados no Concello de Begonte. Especializa-dos neste caso en limpeza de espazos abertos e instalacións industriais e en traballos de carpintería e moble.

Prevención e extinción de incen-dios en industrias de madeira e mo-ble; operador de carretillas elevados e PEMP; informática e curso básico de prevención de riscos laborais con-forman a formación complementaria que completa o seu programa dual.

No caso do Concello de Outeiro de Rei, Actividades auxiliares e con-servación e mellora de montes e Ac-tividades auxiliares en viveiros, xar-díns e centros de xardinería confor-man a formación especializada que reciben e que puxeron en práctica no polígono industrial ou no Campo de Santa Isabel, entre outros terreos de propiedade municipal, os doce alum-nos participantes e que rematarán o seu contrato o 9 de novembro.

Ademais do curso básico en pre-vención de riscos laborais, tamén re-cibiron formación complementaria en repoboacións, traballos silvícolas e de protección do monte; actividades au-xiliares de obra e manexo e mante-mento de maquinaria forestal.

cOMARcA A Xunta leva a cabo esta inciativa en colaboración con cinco concellos

Os mozos e mozas da provincia de Lugo benefícianse da formación dual

Acto de clausura do Concello de Cervo para despedir aos participantes no obradoiro

A Xunta achega 245.000 euros para mellorar os equipos de 63 Centros de Información á Muller

cOMARcA O que se pretend é consolidar e reforzar o labor dos CIM

O DOG publicaba hai uns días a re-solución das axudas e subvencións a entidades locais polas que se achega-rán 245.000 euros para a mellora do equipamento de 63 Centros de Infor-mación á Muller (CIM). En concreto, os beneficiarios serán 60 concellos galegos e tres mancomunidades.

Por provincias, a que máis benefi-ciarios obtivo é a da Coruña cun total de 23 concellos,na provincia de Pon-tevedra obtiveron subvención vinte CIMs. En Ourense sete e en Lugo dez.

Os concellos da provincia lucense que obterán achegas da Xunta para me-llorar os seus CIMs son: Palas de Rei, Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada, Sarria, Burela, Vilalba, Ri-badeo, Viveiro e Quiroga.

Ademais destes 60 concellos, ta-mén recibiron axuda as mancomuni-dades do Salnés, Comarca de Ordes e Terras de Celanova; e houbo dous concellos, Vigo e Lalín, que quedaron en reserva para recibir a súa corres-pondente axuda no caso de que al-

gunha entidade non acepte a súa ou renuncie a ela.

OBXEcTIVOSCon esta achega a Xunta pretende

consolidar e reforzar o labor dos CIM, para contribuír a que oferten servizos de calidade nun contorno adecuado e incidindo nunha mellora do equipa-mento informático, de oficina e mobi-liario, que permita, ademais do traba-llo cotiá, o traballo en rede e a utiliza-ción de ferramentas TIC.

Cabe lembrar que o Goberno ga-lego tamén colabora cos concellos que contan con CIM, a través dunha axuda anual que achega máis de 3 millóns de euros para o seu mante-mento e funcionamento. Os CIM ga-ranten a prestación dun servizo de in-formación ás mulleres e promoción da igualdade, que lles proporciona asesoramento xurídico e psicolóxico; así como información sobre recursos específicos para vítimas da violencia de xénero e os seus fillo/as.

Page 11: Crónicas da Comarca (Outubro)

XENTE DAquí

Crónicas da Comarca - Outubro 2015 11

O secretario xeral dos socialis-tas galegos, José Ramón Gómez Bes-teiro, aistiu á Festa dos Maiores de Pol para conmemorar o Día Interna-cional das Persoas Maiores que se ce-lebrou esta semana. Besteiro desta-cou a aposta do seu partido por refor-mar o marco constitucional para “ga-rantir o sistema público de pensións” posto en marcha polos socialistas e “a igualdade de dereitos de todos os ci-dadáns, incorporando como dereitos fundamentais a protección social, a sanidade e a educación”.

Gómez Besteiro lembrou asi-mesmo o compromiso de Pedro Sán-chez de “eliminar os repagos sanita-rios” se chega ao Goberno e de mo-dificar o sistema público de pensións “para que os nosos fillos teñan a pen-sión que merecen e que hoxe non ga-rante o PP”, dixo. O socialista sinalou ante os maiores a “dramática situa-ción dunha xeración que tras ter lo-grado razoables cotas de seguridade persoal asiste á insoportable preca-riedade dos seus fillos e netos, a quen se ven na obriga de axudar para con-verterse na auténtica rede de protec-ción” das súas familias.

“É inxusto que estas xeracións que traballaron sen descanso por unha sociedade mellor para os seus fillos se vexan agora como o sustento prin-cipal de moitos fogares mozos”, la-mentou Besteiro, que lembrou os da-tos do paro coñecidos onte reflicten

que máis do 50% dos parados en Gali-cia xa nin sequera cobran prestación, e as baixas da Seguridade Social son máis do dobre que a baixada do paro, “un claro signo de que os galegos es-tán abocados a desistir no intento de atopar un emprego digno ou a mar-char de Galicia”.

O líder dos socialistas galegos lem-brou que o PP vén de rexeitar no Con-greso a emenda dos socialistas para aumentar un 2% as pensións máis baixas e un 1% o resto, e que coa suba de só o 0,25% nos Orzamentos “os maiores volverán perder poder adquisitivo” polos repagos e os maio-

res gastos que teñen que soportar en medicinas e en servizos.

RESIdENcIASGómez Besteiro lanzou tamén

unha mensaxe á Xunta, “que non pode deixar de lado a realidade do envellecemento da poboación do noso país”, e instou a Feijóo a “fa-cer un esforzo con iniciativas como a rede de residencias públicas no rural impulsada pola Deputación de Lugo” no seu mandato, unha delas en Pol. “Debe ser unha prioridade concertar prazas nestes centros por diante dos de iniciativa privada”, advertiu.

Besteiro celebra cos maiores da localidade o seu día

POL Comprométuse a garantir o sistema público de pensións como dereito constitucional

Besteiro e os participantes da xornada

Os domingos en Guitiriz, ao baileGUITIRIZ Os maiores reúnense para gozar da música e da compaña dos seus iguais nas tardes dominicais

Adrián Vigo, o encargado da música tamén presentou o último domingo dous temas do seu novo disco

Os veciños, grandes protagonistas na entrega do premio V de Veciño

cOSPEITO

A proposta da Asociación Cul-tural “Aquilino Iglesia Alvariño”, da Asociación de Empresarios de Muimenta e da Asociación de Xo-gos Tradicionais de Muimenta-Xo-tramu , o veciño do ano foi José Manuel Rus Rodríguez.

A edición deste ano de “V de Veciño” celebrouse no Pazo de fei-ras de Lugo, onde asistiron cen ve-ciños e veciñas da parroquia de Muimenta.

Asistentes ao evento

Entrega do recoñecemento

O Concello de Guitiriz iniciou os bailes dominicais do presente curso. O primeiro tivo nos locais da Casa – Club do Balneario de Guitiriz. Asisti-ron ao redor de 60 persoas que dis-frutaron de 3 horas de música en di-recto.

O encargado de amenizar a xor-nada foi Adrián Vigo, veciño de Baa-monde, quen ademáis de tocar e can-tar música de baile, deu a coñecer aos presentes dúas cancións do seu primerio disco titulado “Profunda amistad”.

AcTIVIdAdE ABERTARegina Polín, alcaldesa de Guiti-

riz, lembra que esta actividade “está aberta a todo tipo de persoas que lles guste o baile e queiran pasar unha tarde de domingo acompañados e acompañas dos seus iguais”

Page 12: Crónicas da Comarca (Outubro)

12

DEPORTES

Crónicas da Comarca - Outubro 2015

Iván Ares, gañador do Ralli da ulloacOMARcA A organización cifra o número de asistentes en máis de 22.000 persoas

O piloto lucense, Iván Ares, foi o gañador do Rali da Comarca da Ulla nesta última edición. O segundo pos-

tofoi para Adrián Díaz e o completou o podio Alberto Meira. A cuarta posi-ción desta proba foi para os Irmáns-

Pais. A maiores dos milleiros de per-soas que asistirona ver a proba, o rali da Comarca da Ulloa superou este

ano o centenar de participantes de diferentes escuderías chegadasdende todo o territorio galego e de fóra del.

Page 13: Crónicas da Comarca (Outubro)

DEPORTES

Crónicas da Comarca - Outubro 2015 13

- Como comeza José Cuba a ini-ciarse no deporte?

- Foi un pouco por casualidade, eu adestraba nun ximnasio de Vi-lalba e empezaron a dar a actividade de loita alí, probei e gustoume e ata hoxe.

- Por que elixiu a loita e non por outro deporte?

- Cando em-pecei con loita tiña 18 anos. Antes pasara por outros deportes e a ver-dade é que ningún me gustou tanto nin se me deutan ben como a loita. Ademais diso, o grupo humano que se formou cos adestramentos tamén fixo moito para que me decantase por este deporte e seguise tantos anos.

- Recente-mente procla-mado Campión de España, cal é o segredo para poder alcanzar este rendemento?

- Eu segredos non coñezo, necesí-tase traballar duro e crer nun mesmo e logo unha vez preparado necesi-tase que a sorte tamén faga o seu pa-pel, por exemplo coas lesions.

- Que aspectos considera que son necesarios na preparación física?

- Trátase dun deporte donde se implican diferentes formas de forza e de capacidades. É necesario tra-ballalas todas e logo se o deportista destaca especialmente nalgunha pó-dese potenciar a mesma para apro-veitar a avantaxe.

-Cales son as súas aspiracións fu-turas?

- A miña aspiración sempre foi participar nuns Xogos Olímpicos, o ano que vén son os clasificatorios a

ver como vai a cousa, nas anteriores estiven moi preto pero o final non o conseguín, veremos se nesta ocasión somos capaces.

- Neste contexto de crise econó-mica, como se financia a una persoa cunha ca-rreira deportiva como a súa?

- Dende o 2012 non tiven

ningún ingreso de ninguna institu-cion pública, volvín ás orixes onde tiña que traballar para poder ades-trar e correr cos gastos. Agora a ver-dade é que dende a Policía Nacio-nal axúdanme moito para facilitarme poder adestrar e ir a competicións.

Neste caso es-tou moi contento co traballo que teño que me per-mite seguir ades-trando. Doutra

maneira sería imposible. Hai que compaxinar traballo con deporte e

familia, noutros países ese problema non o teñen pero temos que lidiar co que nos toca. An-tes de 2009 tra-ballaba na hos-talería porque me permitía ter tempo para ades-trar e agora podo facelo grazas ao traballo que teño.

- Os deportes de loita xunto con outras disciplinas deportivas, ató-

panse no es-quecemento en c o m p a r a c i ó n con outros de-portes, como pode ser o fút-bol ou o balon-cesto?

- Penso que evitar ese esquecemento é un tra-ballo que vos corresponde aos me-dios de comunicación, ese é un traballo que tedes que facer vós, dende a nosa parte creo que fa-cemos todo cando podemos aten-dendo a todas as peticions pero necesitase crear un interese social que creo que só se fai dende o voso lado. Un exemplo claro tivemos fai poucos días con Gómez Noya, el explicábao moi ben dende o meu punto de vista. Nós dedicámonos a adestrar e a difusión do deporte que esta a ter una aceptación moi boa na poboacion apuntándose cada ano máis nenos e maiores as clases, tanto no noso clube como a nivel da comunidade como nacio-nal. Aínda así, iso é diferente a ter interés mediático. Os medios de comunicación son os que tedes o poder para crear ese interés.

“A miña aspiración sempre foi participar nuns Xogos Olímpicos”

ENTREVISTA José Cuba Vázquez, campión de España de loita por duodécima vez

José Cuba iniciouse na loita cando tiña 18 anos

José Cuba Vázquez, comezou os seus adestramentos de loita en Vilalba. Dende os 18 anos adestrando, este veciño da Chaira ten xa no seu palmarés 12 campiona-tos de loita de España. O seu obxectivo a curto prazo é participar nos vindeiros Xogos Olímpicos aos que case chega na última convocatoria que estivo moi preto de superar as probas clasificatorias. Aínda así, Cuba Váz-quez, non se dá por vencido e o ano que vén volverá a intentalo. Cando lle preguntamos polo segredo do seus éxitos responde con dous consellos: traballo intenso e crer nun mesmo.

A aspiración de josé Cuba é a de participar nuns Xogos Olímpicos

“Eu segredos non coñezo, necesítase traballar duro e

crer nun mesmo”

“O grupo humano que se formou cos adestramentos

tamén fixo moito para que me decantase por este deporte e

seguise tantos anos”

“Trátase dun deporte donde se implican diferentes formas de

forza e de capacidades”

Page 14: Crónicas da Comarca (Outubro)

14

DEPORTES

Crónicas da Comarca - Outubro 2015

Raúl González e Silvia Moreno conseguen o bronce no Open Internacional de Moaña

O Centro Deportivo Jansu par-ticipou no Open Internacional de Moaña, que foi o primeiro cam-peonato da temporada. Entre os competidores, Raúl González e Sil-via Moreno foron quen de conse-guir a presea de bronce.

Por outra banda, o Open Tae-kwondo Internacional Cidade de Ribeira celebrouse a mediados de outubro e ata alí se desprazou unha representación do Centro Deportivo Jansu – Conxelados As-tur Galaicos de Rábade. Tal e como explica o responsable do grupo, Juan Carlos Quintana, “volvemos a Lugo con sensacións de ter feito un bo traballo e sabedores de que es-tamos na dirección correcta para acadar grandes alegrías deporti-vas en futuros non moi lonxanos, como así o demostran os resulta-dos que estamos acadando, e os últimos resultados deste Open”.

Tatiana Campello, en Infantil, amosou o seu bo facer que lle per-mitiu chegar a disputar a final al-canzando a presea de prata. Lucia Moreno, en Cadete, tamén deixou patente que é outra deportista coa que o clube pode contar. Juan Car-los Quitana, explicaba a Crónicas da Comarca que “é posible que Lu-cía Moreno depare grandes logros deportivos, xa que mostrou a súa autoridade no tapiz gañando con claridade tres roldas que a levaron a poder disputar a final na que a ri-val era xa veterana nestas lides. Foi quen de loitar ata o último minuto para intentar acadar o máis alto do pódium, pero tivo que confor-marse coa presea de prata. Por ou-tra banda, a súa irmán Silvia Mo-reno tamén acadou a presea de bronce”.

Valeria Fuenteseca non foi quen de controlar o combate e caeu en primeira rolda. Raúl Gon-zález e Lidia Lamas gañaron a pri-meira rolda, caendo na segunda. Aínda así, Juan Carlos Quintana explica que “en conxunto cremos que estes resultados consolídan-nos en pódium” e confirman “a boa liña deportiva do clube”.

VILALBA

Open Internacional Moaña

Daniel Rodríguez Saavedra

Xa estamos en marcha!A primeira fin de semana do mes

de outubro, arrincou a nova tem-pada da liga regular de billarda. Foi no campo da festa de Ponte de Ou-teiro (Castro de Rei), donde no troco dos danzantes, foron as billardas as que o ser golpeadas, fungaron no ar xirando alegremente e non sempre cara ao varal. Algunhas e malia as in-tencións dos xogadores, desviábanse do desexado destino final (“o varal”) e se perdían fora dos límites do campo, caendo no rio ou agochándose entre a vexetación da súa marxe. Por sorte e por previsión dos “Carabullos”, or-ganizadores do aberto, o esquieiro es-taba xa preparado para úsalo cando fixera falla.

A neboenta e fría mañá que nos recibiu os que madrugamos para xan-tar no lugar antes da enganchada, foi paseniño quentando ata se conver-ter nunha tardiña calurosa que nos acompañou aos mais de medio cento de palanadores que nos demos cita nesta primeira xornada billardeira.

As pistas de xogo moi ben dispos-tas e arranxadas para a ocasión foron o marco perfecto para unha xornada de adaptación ao novo sistema de xogo que estreamos este ano.

Notouse un pouco a inactividade do verán e algún dos equipos ainda están incompletos ou en fase de re-novación pero todos deron o mellor de si moi atentos a ir tomando posi-cións cara a clasificación xeral.

Logo das cinco carreiras regu-lamentarias, saiu un gañador do aberto. Carlos Alvariño con 22 puntos

de 25 posibles foi o brillante campión da xornada.

Para o segundo e terceiro pos-tos houbo catro aspirantes que em-pataron a 21 puntos. Estos foron Da-niel e Manolo de Billardeiros Musi-cais, Jorge de Pena verde e Muriego de Remourelle Bulls. A primeira rolda de desempates gañouna Daniel que amarrou o segundo posto e seguida-mente Muriego desfixose de Jorge acadando a terceira posición.

Por equipos, os Billardeiros Mu-sicais de Ribadeo saíron vencedores, recibindo como agasallo unha fer-mosa cesta de productos típicos.

Para os tres primeiros, tiña dis-posto a organización sendos artesa-nais trofeos acompañados dunha ár-bore para plantar (unha maceira, un ameixeiro e unha figueira).

A continuación da entrega de pre-

mios, deu comezo a foliada con pe-tiscos, doces, bebidas e por suposto música de gaitas, pandeiretas e can-tos enxebres capitaneados por o gran animador Chousa.

Cheos de ledicia demos por finali-zada a xornada agardando seguir dis-frutando deste noso deporte e com-partilo cada vez con mais xente que queira pasalo ben. Billarda sempre!

cLASIfIcAcIóNSAs clasificacións logo desta pri-

meira xornada quedan así:Individual: Carlos Alvariño 22 p.,

Daniel, Jorge, Manolo Pozo e Muriego 21 p.

Donas: Geni 12 p., Bea 10 p., Zaira 8 p., Nuria e Sar 7 p. e Geles 6 p.

Equipos: Billardeiros Musicais 71 p., Carabullo de Teixo 66 p., Ekipa Bí-tere e O Cadaval 52 p.

Primeira xornada da Liga Nacional de Billarda en Castro de Rei

cASTRO dE REI

A primeira xornada arrincou no campo da festa de Ponte de Outeiro

Page 15: Crónicas da Comarca (Outubro)

OPINIÓN

Crónicas da Comarca - Outubro 2015 15

Se un galego de pura cepa ten sempre ao abrir a boca o famoso malo será, tamén ten coma queimado cun ferro na punta da lingua o de “as meigas habelas hailas”.

Pode que certamente os cel-tas sexamos algo máis cun chisco supersticiosos que o resto dos homes, pero razón temos dabondo. Realmente somos un pobo moito máis sufrido que os demais. Non é que tiñamos máis infortunios, senón que o noso espírito polo que animamos co noso “¡vivamos como galegos!” fainos uns sufridores natos. Por iso cando levala racha que ando a aturar eu dende hai uns can-tos meses, é comprensible, a pe-sar de levalo con dignidade, crer no mal fario. Isto é así porque estatisticamente é moi improba-ble ter tantas desgrazas xuntas. Se o coche esfurrúnchase unha vez, mala sorte, á segunda é que está vello, pero á terceira...ao carallo: alguén miroute mal!! E quen pense en contra, e que vai-lle moi ben!.

Eses agnósticos que negan as evidencias prefiren dicir que nin-guén pode realmente anticipalo inesperado e que non se trata de

boa ou mala sorte, senón de es-tares distraído ou non atoparse preparado. Polo tanto, para eles a vida non é un conxunto de in-tempestivos acontecementos, senón máis ben un proceso con-tinuo que varia segundo as cau-sas exteriores que poucoou nada teñen que ver connosco, e me-nos coa boa ou mala sorte. Todo moi bonito, e mais que nada, fo-dido!.

Acordo que a sorte non é ne-cesariamente un conxunto de circunstancias que aleatoria-mente se mostran favorables pala consecución dun obxectivo, e que a verdadeira sorte pode ser aplicable a feitos concretos e puntuais, pero a mala sorte non só son escusas que usamos para xustificar segundo a nosa conve-niencia, é real e é viral. Nunca oístes iso de que contaxiamos a mala sorte?. Tan certo coma que o Papa é branquiño de todo.

Para min, despois de pagar dúas baterías, un alternador e outros tantos fallos eléctri-

cos do meu destartalado coche, podo asegurarvos que efectiva-mente a sorte é algo non seguro nin exacto, pero que non preci-samos só do insistir ata logralo propósito, non. Uns temos a perna dalguén enriba e ata que a saquemos pola xanela , mal o temos.

Cómpre dicir que ás veces, mais ben poucas, a boa sorte é a combinación da oportunidade coa preparación. Cando che pasa algo sen facer nada para maximizalas probabilidades de éxito os máis pillabáns collen ta-llada do intre preciso creando as circunstancias ou facendo as accións necesarias para maxi-mizar a probabilidade de éxito. Sen embargo hai que diferenciar a sorte no home e na natureza, xa que é diferente o humano e o bioxenético pois afecta a innu-merables áreas da vida dunha persoa.

A vida é una carreira de retos e obstáculos, de sorpresas e im-previstos. Procesión do bo e do

malo. Por suposto que dispoñer dos sistemas e recursos bioló-xico propios idóneos, anatomía e intelixencia sobre tódalas cou-sas, facúltanos para afronta-los mellor, pero sempre hai algo que se nos escapa polos dedos das mans.

A cuestión non é lamentarse do que non temos, senónsacalo máximo partido posible do que gozamos, mais é unhaxodienda e, ben grande, se non naciches con sorte, porque para gozar dela debemos acudir ao seo en-controou, coma no meu caso, acudir á meiga de quenda para mellorar a calidade da nosa vida. Porque a actitude de cara a vida non é una casualidade.

Poida que o condicionalas nosas vidas a unas supersticións polo firme convencemento de que pola contra ocorreríanos unha desgraza sexa unha ac-titude esaxerada, mais, dende que cruzo a beirarrúa para es-quivalas malas sombras e lle merco un talismán de cando en vez á veciña, teño a convic-ción de que semella que me vai un pouquiño mellor que cando só dicía lagarto lagarto. Aí volo deixo..

Quitádeme este mal fario!Carmen García

Page 16: Crónicas da Comarca (Outubro)

Tfno/Fax: 981 505 418Móvil: 609 372 174Mail: [email protected]

Carretera de Lugo - Madanela15800 MELIdE (A Coruña)

cARPINTERÍA dE

ALUMINIO Y PVc