Outubro 2010 - BXV

18
4 SUMARIO Verín e comarca_ [páx3-5] Xinzo e comarca_ [páx.6-11] Deportes______ [páx.12] Ocio e cultura___ [páx.13] Pasatempos, clasificados e axenda________ [páx.14] Número: 47 - Ano: V- Outubro 2010 - Depósito Legal: 0U 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] Os incendios forestais queimaron este verán 13.500 hectáreas BARRIOS - Xinzo volve estar no seu buzón a mediados de NOVEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.2 COMARCA Páx.11 XINZO Páx.6 XINZO Páx.10 O BNG critica a ubicación da planta de tratamento de lodos Antonio Pérez, novo alcalde de Xinzo [páx 7] O Centro de Día de Xinzo atenderá a 30 maiores dependentes Celebran o Día da Muller Rural en Sarreaus Momento no que Isaac Vila fai entrega do bastón de mando ao novo rexedor de Xinzo, Antonio Pérez, que saiu elixido cos votos a favor de seis membros do seu grupo (entre eles o seu) e a abstención do tamén edil popular Alfonso Patricio Nóvoa. /P.LODEIRO.

description

O periódico das localidades ourensáns de Xinzo e Verín.

Transcript of Outubro 2010 - BXV

Page 1: Outubro 2010 - BXV

4 SUMARIOVerín e comarca_ [páx3-5]

Xinzo e comarca_ [páx.6-11]

Deportes______ [páx.12]

Ocio e cultura___ [páx.13]

Pasatempos, clasificados e axenda________ [páx.14]

Número: 47 - Ano: V- Outubro 2010 - Depósito Legal: 0U 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

Os incendios forestais queimaron este verán 13.500 hectáreas

BARRIOS - Xinzo volve estar no seu buzón a mediados de NOVEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 COMARCA Páx.11XINZO Páx.6 XINZO Páx.10

O BNG critica a ubicación da planta de tratamento de lodos

Antonio Pérez, novo alcalde de Xinzo [páx 7]

O Centro de Día de Xinzo atenderá a 30 maiores dependentes

Celebran o Día da Muller Rural en Sarreaus

Momento no que Isaac Vila fai entrega do bastón de mando ao novo rexedor de Xinzo, Antonio Pérez, que saiu elixido cos votos a favor de seis membros do seu grupo (entre eles o seu) e a abstención do tamén edil popular Alfonso Patricio Nóvoa. /P.LODEIRO.

Page 2: Outubro 2010 - BXV

2 BARRIOSOutubro de 2010

TEMA DO MES

Catas de augas, a recreación dun balneario ou as rutas termais son algúns dos atractivos da feira

DO 15 AO 17 DE OuTuBRO EN EXPOuRENSE

Termatalia reúne ao turismo de saúde e a industria termal4 México será o país invitado nesta 10ª edición.

Alejandro Rubín, Rogelio Martínez, Celso Barbosa, Isabel Pérez e José Manuel Freire na presentación da feira Termtalia. /EXPOURENSE.

Redacción

Termatalia volve conver-terse no centro de negocios internacional do sector, fomentando o desenvolve-mento no ámbito turístico e industrial. A décima edi-ción da Feira Internacional de Turismo Termal terá lugar entre o 15 e o 17 de outubro no recinto feiral de Expourense. A feira actua-rá como axente dinamiza-dor do sector coa presenza de 220 expositores proce-dentes de 27 países de ca-tro continentes, entre eles, México, país invitado nesta edición.

Accións de negocioO eixo principal da feira

será un ano máis o Centro de Negocios Internacional que acollerá as distintas reunións profesionais en-tre operadores de turismo, importadores de bens de

equipo, provedores e ex-positores e que contará co patrocinio do IGAPE. Aquí porase en marcha a Bolsa de Contratación Turística que contará con 30 operadores de turismo e na que tamén participarán establecemen-tos con centros termais, de talasoterapia ou spa de Eu-ropa e América.

NovidadesDurante tres días, o ter-

malismo mundial dirixe as súas miradas cara a Terma-talia, un foro internacional onde son presentadas as novidades en produtos, ser-vizos e equipamentos da industria termal, as últimas investigacións médicas, tratamentos pioneiros rela-cionados coa hidroterapia,

as estratexias de distintos países para desenvolver o seu potencial termal, entre outras.

ActividadesO VII Encontro de cida-

des termais, o V Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, a recrea-ción dun balneario, unha área de fisioterapia, con-ferencias, cata de augas, un curso de hidrosumiller, unha exhibición de cociña e coctelería da auga ou a realización de rutas ter-mais pola provincia son outros dos atractivos tan-to para os profesionais do sector como para o públi-co xeral que se achegue estes días a Expourense.[+ info: www.termatalia.com]

Redacción

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, in-formou no Parlamento de Galicia sobre a campaña de verán de defensa con-tra os lumes forestais. O titular do Medio Rural ex-plicou que se rexistraron 3.579 lumes, incluíndo os de menor entidade que non chegan a incendio: 883 na provincia da Coruña, 457 en Lugo, 1.275 en Ouren-se e 964 en Pontevedra. Estes lumes provocaron que ardesen 13.594 hec-táreas (2.895 hectáreas de monte arborado, e 10.699 de monte raso).

Este dato de superficie total arborada queimada en 2010 supón o 25% da media do período 2000-2009 (a media da década foi de 11.635 hectáreas). O dato de superficie total queimada supón un 45% da media do mesmo perío-do (a media foi de 29.934 Hs). E canto ó número de lumes, foi o 49% da media desa última década (a me-dia dos dez últimos anos sitúase en 7.327).

Meteoroloxía adversaO conselleiro destacou

que as condicións cli-matolóxicas deste verán para a extinción de lumes forestais “non puideron ser máis adversas”, tal e como cabe tirar dos res-pectivos informes presen-tados por Meteogalicia e Aemet. “O verán de 2010 pasará a historia por tem-peraturas altas, persisten-cia de ventos do nordés

moderados e mesmo fortes, pouca humidade ambiental, e, sobre todo, datos plu-viométricos extremos, con encadeamento de cinco se-manas seguidas –entre xu-llo e agosto- sen que caese unha soa pinga de chuvia. Condicións que había moi-tos anos non se xuntaban nunha canícula en Galicia”, indicou.

Juárez informou de que no que levamos de ano

foron detidas 93 persoas como presuntos incendiaa-rios (fronte a 166 en 2009).

Ademais, realizou un re-coñecemento expreso ao labor “de cada unha das persoas que traballan na extinción e prevención dos lumes en Galicia”, que nes-te verán chegaron a 6.085, e trasladou a “solidariedade e afecto” ás familias dos bri-gadistas falecidos no incen-dio de Fornelos de Montes.

4 Martínez felicita aos traballadores do distrito forestal de Verín

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial de Medio Rural, Ri-cardo Vecillas, visitou o distrito forestal de Verín, onde gabou o labor dos traballadores do servizo de prevención e defensa contra os lumes forestais, e agradeceu o seu esforzo e eficiencia, non só pola protección que exercen sobre o medio ambiente, senón tamén pola seguridade que achegan aos seus veciños.

Martínez aproveitou tamén para falar “do magnífico traballo desenvolvido polo persoal deste distrito!, que conta con 23 axentes forestais, así como polo persoal de reforzo durante a campaña deste verán. Por último, fíxo-selle unha homenaxe de despedida a Alfonso Barreiros Filgueira, xefe do Distrito Forestal de Verín, que recibiu a entrega dunha placa como premio ao seu labor.

Rogelio Martínez cos traballadores do servizo contra in-cendios de Verín.

Os incendios forestais queima-ron este verán 13.594 hectáreas4 O conselleiro de Medio Rural fixo balance da campaña no Parlamento.

Page 3: Outubro 2010 - BXV

BARRIOSOutubro de 2010

3VERÍN E COMARCA

A vendima remata esta semana

4 Cursos de bailes latinos

O Concello de Verín, en colaboración con Saude-ter, organiza un ano máis un curso de bailes latinos para adultos, nos que reci-birán formación en disci-plinas como salsa, bacha-ta, merengue ou kizomba, entre outras.

As clases, que se impar-tirán no Pavillón Munici-pal de Deportes, terán lu-gar os luns e mércores, de 20:30 a 21:30 e de 21:30 a 22:30, en dous grupos: iniciación e perfecciona-mento.

[Inscricións no Pavillón de luns a venres de 10 a 13 e de

17 a 20 h.]

4 Parque infantil en Castrelo do Val

O Concello de Castrelo do Val está remodelando por completo a zona de xogos infantil que se ato-pa no parque do Terrón.

Grazas a unha subven-ción de 36.000 euros dea Consellería de Presiden-cia, o Concello construi-rá un parque infantil que respete todas as normati-vas de seguridade. A ins-talación contará cun chan de cortiza de 230 metros cadrados, varias randeeira para cativos de diferentes idades, unha torre con to-bogán, escaleira e aneis colgantes, unha casiña con tobogán para nenos de entre 0 e 4 anos, dous balancíns dobres e un ba-lancín sinxelo.

EN BREVEA colleita na D.O. Monterrei supera todas as expectativas en canto a produción4 Lévanse colleitados máis de dous millóns de quilos de uva.

Un momento da Carrada do Viño do ano pasado./ARQUIVO.

4 IV Carrada do Viño, o 6 de novembro

Paula Lodeiro

Máis de dous millóns de quilos de uvas levan reco-llidos na Denominación de Orixe Monterrei na vendi-ma deste ano, que rematará previsiblemente esta mesma semana para as oito adegas que aínda están colleitando. Nun principio o Consello Regulador da D.O. Mon-terrei estimaba en millón e medio de quilos de uva a produción dos viñedos da comarca, pero as expecta-tivas superáronse con cre-ces. Finalmente as xeadas primaverais que afectaron á zona sur da D.O. vironse compensadas pola meteoro-loxía favorable do verán, o que repercutiu no aumento da produción.

Segundo informaron os técnicos do Consello Regu-lador, lévanse colleitados 2.260.000 quilos, cifra que sobrepasa ampliamente as previsións e tamén o collei-tado en 2009, cando se supe-raron lixeiramente os dous millóns de quilos. Moi boa calidade fitosanitaria e unha graduación de entre 12,5 e 13 graos son os parámetros que marcarán os viños deste ano para a D.O. Monterrei, que agarda etiquetar ao re-dor dun millón de botellas.

“Xa están as uvas no lagar, as cuncas feitas, os carros listos, as bombas empaquetadas e o avitua-llamento encargado”- Con estas verbas anuncia a cuarta edición da Carra-da do Viño de Verín o seu organizador, Edelmiro Mateo. A cita, que se vai asentando no calendario festivo verinés, será o próximo 6 de novembro, o sábado máis próximo á festividade de San Trifón (10 de novembro) patrón dos vitivinicultores.

A festa é unha exaltación do produto historicamente máis relevante da comar-ca, o viño. E como por

esas datas xa haberá viño novo, os festeiros seguirán o que manda o refrán, “polo San Martiño abre o teu vi-niño”

A festa consiste nunha procesión de cinco carros polo casco vello de Verín, con seis “estacións” ou pa-rada. A primeira, ás 18:30 horas no Mesón do Castro: onde se fará a bendición inicial e se repartirá un cal-do limpo “para que o viño non se asente no estómago con travesura”. Acompa-ñados da banda de gaitas do concello, comezará a procesión contra as 19 ho-ras, coa segunda parada na praza do Carboeiro, e a pri-

meira espicha do viño, acompañado de empanada. A terceira “estación” ins-talouse no cruceiro do Ca-miño de San Lázaro, e nela repártese xamón asado, pan e viño. A cuarta parada é na Praza Maior, onde se de-gusta cachucha do porco e o viño. Neste lugar lerase o pregón, este ano a cargo de José Posada, o propietario de Marrón Glacé e xerente do Grupo Cuevas.

A “procesión” continua-rá despois cara á praza da Merced, onde se repartirá lacón e pan e se lerá a “tri-fonada”, unha copla satírica da vida enolóxica da vila. A procesión remata de novo

no Meson do Castro, con queimada e coa lectura do “credomiro”, e reparto de bica e licor café a ritmo de música para rematar coa festa.

Para participar na festa hai que adquirir unha taza que se porá a venta nos establecementos de hos-telería de Verín e na mes-ma procesión, ao prezo de cinco euros. .

Haberá cinco carros, dous con viño (tinto e branco) e tres nos que irán os nenos, con auga, mosto e caramelos.

Na edición de 2009 máis de mil persoas goza-ron coa “Carrada”.

Page 4: Outubro 2010 - BXV

4 BARRIOSOutubro de 2010

VERÍN E COMARCA

Para o 62% dos comerciantes enquisa-dos as rebaixas de verán foron mello-res ou iguais que as do ano pasado

EN BREVE

4 Sorteo dunha vivenda protexida

O IGVS sorteará 1 vi-venda protexidas de pro-moción privada construída en Verín entre as persoas inscritas no Rexistro Úni-co de Demandantes de Vivenda desta localidade. Trátase dun piso construi-do pola promotora Lo-yma Verín cun prezo de 105.000 euros.

O IGVS sorteará un to-tal de 21 vivendas en catro concellos da provincia.

4 Axudas do pro-grama ‘Re-solve’

Desde Desenvolvemen-to Local do Concello de Verín infórmase da con-vocatoria de tres axudas do programa ‘Re-solve’, do IGAPE.

A primeira delas, ‘Apoio ao circulante’, facilitará préstamos de ata 150.000 euros; a segunda, ‘Am-pliación do capital social’, de 250.000 euros por so-cio ou 500.000 euros por empresa; e a terceira, ‘Re-financiamento de pasivos’, de ata 300.000 euros.

O prazo de presentación das solicitudes das axudas remata o 30 de decembro.

4Limpeza do río Forno

Unha vintena de volun-tarios do proxecto ‘Remó-llate polo río’, organizado polo CDR Portas Abertas, desprazáronse ata Feces de Cima para limpar a canle do río Forno, que une esta localidade coa de Feces de Abaixo.

Durante dúas horas, os asistentes e operarios do Concello de Verín reco-lleron lixo depositado nas marxes deste río, e ao fi-nalizar os participantes compartiron un xantar.

As rebaixas de verán, mellores que as de 2009 para o comercio verinés4 Así se desprende dun informe da Antena Local da Cámara de Comercio. Redacción

A campaña de rebaixas de verán e o aumento da poboación no período va-cacional foron dous dos factores que axudaron a incrementar, aínda que sexa lixeiramente, o volu-me de vendas do comercio en Verín. Así se despren-dun informe que sobre a actividade do comercio local no segundo cuadri-mestre do ano elaborou a Antenas Local da Cámara de Comercio de Ourense.Neste estudo o 62% dos comerciantes enquisados en Verín consideran as re-baixas do verán mellores ou iguais que con respecto ás do 2009.

Para este informe, a Antena Local de Verín en-quisou durante a segunda metade de setembro a 179 empresarios de Verín. Un traballo iniciado o pasado ano e co que se pretende analizar a incidencia da crise no sector comercial nesta zona da provincia e as estratexias dos comer-ciantes.

Os datosAínda no contexto de

crise, a maior parte do comercio verinés afirma cumprir as súas expectati-vas de venda. Algo menos da metade dos comercian-tes enquisados diminuiron as vendas (46%), mantén-dose igual un 39% e au-mentando un 15%, fronte ao 9% do primeiro perío-do.

É preciso apuntar que o estudo abarca o período

de rebaixas, que para o 62% foron mellores ou iguais que con respecto ao verán pasado, mentres un 77% afirma que foron mellores ou iguais que as do inverno 2009/2010.

Como medida de con-tención do gasto, o 60% non realizou ningún tipo de investimento nos seus establecementos, salvo tra-ballos imprescindibles de mantemento. Ao mesmo tempo, un 5% aumentou o seu número de empregados fronte ao 2% do primeiro cuadrimestre. Un 86% man-tén o seu persoal de persoal e tan só un 9% tivo que des-pedir a algún empregado.

Polo que respecta aos pre-zos e á marxe das rebaixas, no 70% dos casos permane-ceron invariables, un 17% reduciunos e o 13% optou pola subida (77%, 16% e 7% respectivamente, do primeiro cuadrimestre). É

Un dos momentos do desfile de moda organizado por AEVER./BORYS INTERFILM.

dicir, a escaseza de diñeiro por parte dos clientes non permitiu subidas e a redu-ción poría en risco o nego-cio posto que a marxe co-mercial non sería suficiente para cubrir custos.

En canto ás previsións a curto prazo, un 37% pensa obter a mesma cifra de ven-das de aquí a final de ano; o 84% seguirá cos mesmos prezos (excepto en época de rebaixas); e o 90 % pen-sa manter o persoal actual.

Ademais, para o 75% dos enquisados existen factores que limitan a súa activida-de económica, sendo a de-bilidade da demanda o que máis destaca. Un problema engadido é a falta de pa-gamento das compras, se-gundo os enquisados máis común cada día. Afecta a un 40% dos enquisados nun grao de morosidade medio ou baixo, adquirindo niveis altos para un 3% dos casos.

E no medio desta situa-ción, os comerciantes son conscientes de que necesi-tan ser máis competitivos para poder continuar no mercado, optando pola formación como unha das estratexias a seguir. Así e a través da Antena Local de Verín solicitan cursos de atención ao cliente, comerciais, informáti-ca, inglés, contabilidade ou mercadotecnia, entre outros. De feito, se no pri-meiro cuadrimestre par-ticiparon 45 persoas nas actividades formativas, no segundo foron 100.

4 Desfile de AEVER18 establecementos

comerciais de Verín de roupa, complementos e calzado participaron este venres 8 de outubro no primeiro desfile de moda outono-inverno organi-zado pola asociación de empresarios AEVER. A cita foi no pavillón de De-portes e a acollida desta iniciativa por parte do pú-blico foi moi boa.

Delegación brasileira visita a Eurocidade Redacción

Unha delegación do Go-

berno brasileiro visitaron a Eurocidade Chaves-Ve-rín, co obxecto de coñecer e intercambiar proxectos en materia de política de cohesión europea.

Os participantes foron recibidos polo presidente da Câmara Municipal de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, e o alcal-de de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, que reali-zaron unha breve presen-tación do proxecto de co-operación transfronteiriza da Eurocidade. Tras visi-tar Verín, trasladáronse ao edificio da antiga aduana de Feces de Abaixo, que se converterá nos vin-deiros meses na sede da Eurocidade e realizaron unha visita guiada a luga-res de interese en Chaves.

Visita da delegación bra-sileira ao consistorio ve-rinés.

Segundo tour da castañaRedacción

O Concello de Riós e Bicicletas Matías organi-zan o “Segundo tour da castaña” o 7 de novembro, unha cita ciclista con dúas rutas, de 20 e 58 quilóme-tros respectivamente e di-ficultade media.

Os 200 primeiros corre-dores que se inscribiron recibirán un maillot de regalo. A data límite de inscrición, que custa 20 euros, é o 4 de novembro.

[+ info: 988 411 876]

Page 5: Outubro 2010 - BXV

BARRIOSOutubro de 2010

5VERÍN E COMARCA

Oímbra celebra o Día do Maior Redacción

A secretaria xeral de Fa-

milia e Benestar, Susana López Abella, e o delegado da Xunta en Ourense, Ro-gelio Martínez, participa-ron nos actos programados no Día do Maior no centro de día de Oímbra.

As autoridades estiveron en contacto cos maiores e

onde, ao longo de todo o día, desenvolvéronse dis-tintas actividades para os maiores e as súas familias, como xogos interxeracio-nais, cancións e concursos.

Visita ao concelloLópez Abella e Martínez

aproveitaron a visita para entrevistarse co alcalde, Al-fonso Villarino, e escoitar as súas demandas en mate-ria de benestar. A secretaria xeral comprometeuse a

O delegado da Xunta en Ourense, a secretaria xeral de Familia e Benestar e o alcalde de Oímbra, nas actividades do Día do Maior.

estudar a posibilidade de crear un punto de atención á infancia no concello para evitar que os rapaces teñan que trasladarse a Ve-rín, demanda que podería converterse en realidade o ano que vén, dixo.

Outra das peticións é a dotación de camas e ma-terial para a pranta alta do centro de día para que os usuarios que precisen maior asistencia poidan empregar o centro as 24 horas.

Redacción

A Federación Provin-cial de Mulleres Rurais (FEMURO) en cola-boración coa Fundació AgrupacióMútua está a levar a cabo nos institu-tos Xesús Taboada Chivi-te e Castro de Baronceli de Verín un proxecto de sensibilización social so-bre convivencia escolar e prevención da violencia de xénero.

Os obradoiros, que comezaron o 4 de outu-bro, tratan de fomentar a sensibilización social do alumnado en cuestións de xénero, igualdade e co-educación para previr tan-to a violencia de xénero como a violencia escolar.

O alumnado de 1º e 2º da E.S.O. elaborará ma-terial didáctico sobre co-educación, igualdade e resolución non violenta de conflictos a través de diferentes xogos ou diná-micas de roll-play, e tra-ballará conceptos como a interacción, a importancia da cooperación no grupo, a mellora da autoestima, o autoconcepto e as habili-dades sociais.

O punto álxido da inicia-tiva terá lugar o 25 de no-vembro, Día internacional para a eliminación da vio-lencia contra as mulleres” no que as rapazas e rapaces de ambos centros xunta-ranse nunha actividade co-mún onde reinvindicarán o fin desta lacra social.

Actividades no CDR O VisoRedacción

O Centro de Desenvol-vemento Rural O Viso programa actividades dun día para colexios no pobo-escola de Lodoselo, Sarreaus. Obradoiros de reciclaxe, realización do pan, actividades na horta e con animais ou xogos populares son algunhas das actividades que se realizan nesta xornada de convivencia.

Sector agroalimentarioPor outra banda, o CDR

O Viso e COCEDER or-ganizan un curso sobre “Incidencia da podoloxía bovina na produción lác-tea”, destinado a persoas activas ou dadas de alta no sector agroalimentario. A formación, de carácter teórico e práctico, impar-tirase nas instalacións de O Viso en Lodoselo, os días 4 e 5 de novembro.As prazas son limitadas.

[+ info: 988 461 571 ou [email protected]]

FEMuRO sensibiliza aos escolares sobre violencia de xénero4 No Taboada Chivite e no Castro de Baronceli.

Page 6: Outubro 2010 - BXV

6 BARRIOSOutubro de 2010

XINZO E COMARCA

Os maiores da localida-de de Xinzo de Limia xa poden disfrutar das novas instalacións do centro de día, que puxo en marcha a Xunta de Galicia. A con-selleira de Traballo e Be-nestar, Beatriz Mato, foi a encargada de inaugurar o novo servizo social, que dispón dun total de 30 pra-zas.

En concreto, o departa-mento autonómico inves-tiu preto de 90.000 euros para equipar o centro e a partir de agora correrá coa meirande parte do seu mantemento.

Mato explicou que a creación de recursos como o novo centro de día enmárcase dentro dunha estratexia integral que a Xunta de Galicia definiu “para garantir o benestar e a calidade de vida das no-sas persoas maiores”.

Ao respecto, a conse-lleira incidiu en que esta estratexia, o Plan Galego das Persoas Maiores 2010-2013, baséase en catro obxectivos fundamentais: sensibilizar aos cidadáns e cidadás sobre os valores

do envellecemento; adian-tarse e previr as situacións de dependencia mediante a promoción do envellece-mento activo e a participa-ción social; xerar recursos de calidade para a atención “sen distinción” a todas as persoas maiores; e, por úl-timo, establecer liñas de cooperación entre todos os axentes implicados na atención dos maiores.

O Plan Galego de Maiores

Mato, así mesmo, indi-cou que o Goberno galego xa está a poñer en marcha este plan, que o Consello da Xunta vén de aprobar.

“Para a implementación do Plan o orzamento que prevemos investir será su-perior aos 850 millóns de euros ata 2013”, precisou a titular de Benestar.

Ademais, a conselleira apuntou que o Plan Gale-go de Maiores forma par-te do Plan de Actuación Social 2010-2013. “Estas dúas ferramentas son froi-to do intenso traballo que estamos facendo desde a Xunta para paliar dous dé-

ficits que atopamos cando chegamos ao Goberno: a inexistencia dunha políti-ca social definida e a des-preocupación total pola planificación de recursos destinados aos maiores”, sinalou.

O novo centro de día de Xinzo de Limia atenderá a 30 maiores dependentesA conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou as novas instalacións equipadas pola Xunta de Galicia.

Á dereita a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que, xunto a outras autoridades, inaugurou o novo centro de día de Xinzo./RAMSÉS.

Na liña de mellorar a atención aos maiores, Mato recalcou que a Xun-ta de Galicia incrementou este ano a axuda no fogar para o concello de Xin-zo de Limia nun 13,1%

Beatriz Mato charla con algunhas das usuarias do novo centro de día de Xinzo./RAMSÉS.

con respecto a 2009, en concreto, investiu 15.200 euros máis. O Plan Con-certado, que inclúe a axu-da a domicilio, aumentou nun 11% na localidade ourensá.

Por último, a consellei-ra de Traballo e Benestar destacou que outra das vías de acción principal que está a poñer en mar-cha a Xunta para a con-secución do benestar das persoas é a xeración de postos de traballo.

“A mellor ferramenta para conseguir o benestar

A Consellería de Traballo e Benestar investiu preto de 90.000 euros para

equipar o centro e correrá coa meiran-de parte do seu mantemento

A Xunta de Galicia incrementou este ano a axuda no fogar no municipio de

Xinzo nun 13,1%

O departamento dirixido por Beatriz Mato destinará a Xinzo máis dun mi-

llón de euros en accións de promoción de emprego ao longo de 2010

das persoas é asegurar que poidan ter un posto de tra-ballo e, por iso, o compro-miso da Xunta se traduce na realización de actua-cións que promovan a in-serción laboral das persoas e fomenten a xeración de emprego”, apuntou.

Neste sentido, Beatriz Mato destacou que, así, no concello de Xinzo de Limia investirá ao longo de 2010 máis dun millón de euros en accións de promoción de emprego encamiñadas a mellorar a empregabilidade.

Page 7: Outubro 2010 - BXV

BARRIOSOutubro de 2010

7XINZO E COMARCA

EN BREVE

O alcalde saínte e o entrante, Isaac Vila e Antonio Pérez, fúndense nun abrazo ao rematar a sesión. /P.LODEIRO.

Antonio Pérez, elixido novo alcalde de Xinzo coa abstención dun edil do seu grupo4 O número cinco do PP substitúe no cargo a Isaac Vila, que foi rexedor da locali-dade durante 25 anos.

4OS OUTROS PROTAGONISTAS

4 Notificacións electrónicas no ca-tastro de Sandiás

O Ministerio de Eco-nomía y Hacienda vén de implantar o sistema de no-tificación electrónica para as valoracións catastrais do municipio de Sandiás.

Sandiás convértese así no único concello ouren-sán beneficiado por esta iniciativa que ten como obxectivo facilitar un me-llor servizo aos cidadáns, axilizar a tramitación e re-ducir o consumo de papel e os desprazamentos dos solicitantes.

4 Aprobado o PXOM de Rairiz

A Xunta de Galicia deu o visto bo definitivo ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Rairiz de Veiga.

O documento urba-nístico foi aprobado tras correxir o Concello de Rairiz os erros detecta-dos pola administración autonómica, en relación á desproporción que exis-tía entre as previsións de crecemento do número de vivendas e da poboación do municipio.

4Edítase o cuarto número de “A To-rre do Castro”

Vén de publicarse o cuarto número da revista cultural do concello de Sandiás,“A Torre do Cas-tro”, feita coa intención de darse a coñecer e servir de guía para os veciños e visitantes.

Neste número aparece un artigo do escritor Vi-cente Risco publicado en 1921 no que se describe un verán calquera na Li-mia desa época. Co gallo da cesión por parte do Es-tado á Xunta da torre do Castro, inclúese un artigo do historiador Xesús Ta-boada Chivite relacionado co castelo, que foi publi-cado en 1970. No aparta-do dedicado ao patrimo-nio inmaterial recóllense algunhas das lendas sobre a torre do Castro, así como un artigo sobre o entroido en Sandiás.

A revista dedica tamén un espazo ao deporte e a unha mostra de vellas fo-tografías.

Amador Díaz Penín: O voceiro do BNG xustifi-cou a presentación da súa candidatura pois “para iso nos presentamos cada vez que hai eleccións”; anun-ciou que a súa formación política “o que vai facer é seguir traballando por este pobo que é o que fixo sem-pre” e subliñou que dentro de seis meses (cando haxa eleccións) “quen vai falar son os veciños e serán os que poñan a cada un no seu lugar”.

Manuel Cabas: O edil do grupo dos non adscritos e antigo voceiro socialista foi moi crítico cos seus ex-compañeiros, o BNG e o edil do PP Alfonso Patricio. Sen citalos, acusounos de intentar comprar o seu voto para facer un “cuatriparti-to”: “Critican un cambio, pero buscan solucionalo con outro contranatura” ou “non participo desta farsa” foron algunhas das frases que dixo para xustificar a súa abstención.

Elvira Lama: A voceira do PSdG xa fora clara tres día antes da celebración do pleno tachando o traspaso de poderes de Vila a Pérez como “roubo da alcaldia de Xinzo nunha prostitución do sistema democrático e traizonado aos votantes do PP”. No pleno, só interviu para anunciar a súa can-didatura e para pedir vo-tación a man alzada “para que o pobo de Xinzo vexa claramente a quen votamos e vexa este atropelo”.

Alfonso Patricio Nóvoa: O concelleiro “díscolo” do PP explicou a súa abs-tención por non estar de acordo “coas formas” nas que se produciu o relevo de Vila, convocando un pleno cando el estaba de viaxe. Partidario de que Vila ago-tase a lexislatura, dixo non ter “nada persoal” contra Antonio Pérez, púxose “a disposición do partido” e asegurou que non deixa-rá ao PP en minoría: “sigo sendo concelleiro do PP”-

Isaac Vila: Logo de 25 anos de servizo ao concello de Xinzo do que foi o máxi-mo rexedor en dúas etapas, Vila xustificou a súa renun-cia nas responsabilidades que ten como senador. “A alcaldía require dunha de-dicación exclusiva, e dadas as novas responsabilidade que asumo no Senado, non podería levar a cabo as mi-ñas competencias coa dedi-cación plena e total”. Vila continuará como concellei-ro ata o final da lexislatura.

Paula Lodeiro

Finalmente, cumpliuse o guión agardado e Antonio Pérez é xa o novo alcalde de Xinzo de Limia, pese á abstención dun dos seus compañeiros do grupo po-pular, Alfonso Patricio Nó-voa. Para acceder á alcaldía fóronlle suficientes os seis votos dos demais concellei-ros do PP (entre eles o seu propio), xa que tanto na-cionalistas como socialistas votaron cada uns ao seu pro-pio candidato (descartando así un posible pacto entre a oposición para desbancar do poder aos populares) e o edil non adscrito Manuel Cabas abstívose.

Antonio Pérez, que fora de número cinco na lista do PP nas pasadas eleccións e que será o candidato desta formación nas vindeiras municipais, substitúe no cargo a Isaac Vila, que pre-sentou a súa renuncia por asumir novas responsabili-dades como senador.

Durante o seu primei-ro discurso como alcalde, Antonio Pérez agradeceu o apoio “aos compañeiros do grupo local que me de-ron o seu apoio, aos porta-

O público, maioritariamente a fin ao grupo de goberno, abarrotou o salón de plenos de Xinzo. /P.LODEIRO.

voces, alcaldes e diputados provinciais que me queren arroupar neste acto, aos mi-litantes, amigos e veciños que ateigan este salón de actos”, e fixo unha petición á oposición para que “non xeneren crispación e un cli-ma enrarecido na rúa” e fa-gan oposición política “nos foros onde corresponde”.

O novo rexedor fixou como obxectivos para os sete meses que lle quedan de mandato “a creación

de emprego, a xeración de oportunidades para a xu-ventude, a dinamización do tecido empresarial e a me-llora das infraestruturas da vila”, priorizando “ca posta en valor do sector agrícola e gandeiro como motor desta comarca”. Os aplausos do público presente no salón de plenos pecharon a súa intervención.

Reordenación do seu grupoCon respecto á postura

que poida manter de agora en diante Alfonso Patricio Nóvoa, o novo alcalde foi claro: “se estás nun grupo político debes acatar as de-cisións dese grupo e se non o que tes que facer é dar o seguinte paso: ou presentar a túa demisión ou ir ao gru-

“Se estás nun grupo político debes acatar as decisións dese grupo”, dixo o novo alcalde en clara alusión ao edil popular Alfonso Patricio Nóvoa

po mixto e a partir de aí votar en libertade aquelo que consideres”.

Antonio Pérez anunciou que a primeira das súas medidas como alcalde de Xinzo será a reestrutura-ción das áreas de gober-no.

Page 8: Outubro 2010 - BXV

8 BARRIOSOutubro de 2010

especial INORDE

Técnicos europeos coñecen en Ourense iniciativas empresariais en áreas naturaisO Inorde tutela esta visita estudo dunha vintena de expertos que participan do proxecto B2N.

O obxectivo principal do proxecto B2N é crearr o mellor marco de políticas rexionais para o desenvolvemento das PEMES nas áreas protexidas a

fin de contribuír á riqueza, o emprego e a sustentabilidade ambiental en todas as rexións implicadas

No proxecto participan representantes de España, Polonia, Eslovenia, Italia, Francia, Reino Unido, Portugal, Suecia e Bulgaria

O Inorde tutela a visita dunha vintena de técnicos europeos que durante tres días percorreron a provincia de Ourense para coñecer as iniciativas empresariais en áreas naturais que servirán como un dos exemplos para conformar un modelo único europeo na materia.

Trátase da iniciativa B2n (Business to Nature) que deu comezo en xaneiro de 2010 e estenderase até set-embro de 2012. Participan ademais de España, Polo-nia, Eslovenia, Italia, Fran-cia, Reino Unido, Portugal, Suecia e Bulgaria. Todos os participantes foron re-cibidos polo presidente do Inorde, José Manuel Freire Couto, no Centro Empre-sarial Transfronteirizo de Barbadás. Freire Couto des-tacou o labor desenvolvido na implantación de peque-nas empresas que permiten fixar poboación no rural e crear riqueza “respectan-do a natureza” en distintas zonas da provincia e o im-portante apoio da Unión Europea nesta materia, co obxectivo de “dinamizar a zona rural”. Tamén partici-pou no acto de benvida, a xerente do Centro Empre-sarial Transfronteirizo, Lu-cía Rodríguez, entidade que promove a información e canalización de iniciativas empresariais e de autoem-prego.

Tras a reunión técni-ca dos responsables do proxecto na que se aborda-ron cuestións formais, os participantes nesta iniciati-va trasladáronse á zona da Baixa Limia, ao Concello de Muiños, onde tiveron ocasión de visitar as insta-lacións do Complexo Tu-rístico do Corgo, atendendo ás explicacións do edil Ale-jandro Castro Vaamonde e coñecer a iniciativa muni-cipal para dotar á contorna do encoro das Conchas de tres albergues e un cámping con 450 prazas en conxun-to. Dentro da mesma zona, participaron nunha reunión co responsable do Balnea-rio de Lobios e co director do Parque Natural da Baixa

Limia-Serra do Xurés. Fi-nalizaron a xornada na explotación Casa do Xu-rés, queixería típica, como exemplo de empresa que transformadora de produtos do campo dentro da área do Parque Natural.

Detalles do Proxecto B2N

O título do proxecto é “Transferencia de experien-cias e tecnoloxías no forta-lecemento da economía do turismo en áreas naturais a través de políticas das PE-MES”. Aborda as PEMES nas cuestións do sector do turismo, con especial aten-ción ás áreas naturais nas rexións da Unión Europea, tendo en conta a necesida-de de preservar os recursos naturais e os intereses da sustentabilidade ambiental e social. Con respecto ás áreas naturais do proxecto teranse en conta as posibili-dades de desenvolvemento do turismo dentro da rede NATURA 2000, que cobre actualmente o 20% do te-rritorio da UE, as Áreas de Especial Interese de Con-servación (ASCI) e outras áreas naturais protexidas, así como as pequenas cida-des e aldeas próximas.

ObxectivoO obxectivo principal

do proxecto B2N é crear o mellor marco de políticas rexionais para o desen-volvemento das PEMES nas áreas protexidas a fin de contribuír á riqueza, o emprego e a sustentabili-dade ambiental en todas as rexións implicadas. Así o proxecto contribuirá ao obxectivo xeral do progra-ma: mellora da eficacia das políticas de desenvolve-mento rexional nos ámbitos da innovación, a economía do coñecemento, medio ambiente e prevención de riscos. Debido ao carácter transversal do sector, estas áreas serán cubertas polo proxecto, aínda que o máis importante a nivel de políti-cas rexionais serán: a eco-nomía do coñecemento e o medio ambiente.

Reunión dos técnicos europeos nas instalacións do Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás.

Os expertos europeos visitaron o Parador de Santo Estevo.

Page 9: Outubro 2010 - BXV

BARRIOSOutubro de 2010

9 especial INORDE

Entre as liñas de traballo do Inorde, o seu xerente destacou o apoio ao sector primario, ao turismo e ao

termalismo, o “Plan Estacións” e a creación de parques empresariais

A vintena de expertos europeos visitaron na provincia a zona da Baixa Limia, Vilar de Barrio, as

termas ourensás e a Ribeira Sacra

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, presen-tou as estratexias de desen-volvemento provincial de Ourense en Chaves, dentro das actividades enmarcadas na visita de técnicos eu-ropeos a áreas naturais da iniciativa B2N (Business to Nature) que trata de fortale-cer a economía do turismo nestas zonas.

José Manuel Rodríguez repasou as iniciativas do Inorde desenvolvidas nos últimos anos, destacan-do o forte investimento en proxectos que serviron para pór en valor os recur-sos propios da provincia de Ourense dentro dun labor de “accións interconecta-das”. A cohesión interna, a optimización do produto lo-cal e a formación e o capital humano foron as premisas para ser competitivos.

O xerente do Inorde falou da que era unha provincia con serias dificultades es-truturais e desartellada que se converteu no eixo da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal con 12 millóns de consumidores que están a menos de tres horas de Ourense e que verá amplia-da esta cantidade a 21 mi-llóns de persoas coa entrada en funcionamento da AVE. Unha provincia que é des-tino termal e pon en valor o importante caudal de auga do que dispón con moder-nas instalacións que per-miten gozar do turismo de saúde, beleza e relax e ao mesmo tempo complemen-tar o tempo de lecer con cultura e natureza. Presen-

O Inorde presenta en Chaves as estratexias de desenvolvemento da provinciaO seu xerente destacou o forte investimento en proxectos que serviron para pór en valor os recursos propios da provincia de Ourense dentro dun labor de “accións interconectadas”.

tou en Chaves aos técnicos europeos a nova liña cos-mética “Aqua Auriensis” de auga termal producida por unha empresa ouren-sá situada no Carballiño e unha nova marca cosmética derivada do viño da Ribeira Sacra.

Apuntou as accións do Instituto Ourensán de Des-envolvemento en cuestións relacionadas co sector pri-mario, coa plantación de 251 hectáreas de castiñei-ros, que serán 1.000 no ano 2015 aproveitando recur-sos endóxenos que serven tamén para a promoción do turismo e o “Plan Esta-cións” consistente na remo-delación de seis estaciones ferroviarias en desuso situa-das na zona transfronteiriza para darlles diferentes usos co obxectivo de dinamizar economicamente a zona.

Destacou a acción re-lacionada coa industria, a creación de parques em-presariais e en definitiva un labor que permitiu o reequi-librio territorial de Ourense e a súa posta en valor.

VisitasTamén participaron no

Seminario de Emprendedo-res e Innovación no Medio Rural celebrado en Chaves José Carlos Moura que fa-lou do Ecomuseu do Barro-so e Joao Paulo Costa que puxo un exemplo práctico dunha explotación agraria lusa. Pola tarde a comitiva tivo ocasión de coñecer Pi-toes e o Parque Nacional e a sede do Ecomuseo de Mon-tealegre.

Vilar de Barrio, as ter-mas ourensás e a Ribeira Sacra puxeron punto final á visita dunha vintena de técnicos europeos que du-rante tres días percorreron a provincia de Ourense para coñecer as iniciati-vas empresariais en áreas naturais como un dos exemplos para conformar un modelo único europeo na materia. Unha acción enmarcada na iniciativa B2N (Business to Nature) que deu comezo en xanei-ro de 2010 e estenderase até setembro de 2012. Participan ademais de Es-paña, Polonia, Eslovenia, Italia, Francia, Reino Uni-do, Portugal, Bulgaria ou Suecia.

A comitiva visitou a estación de tren de Vilar de Barrio, hoxe albergue con 42 camas, integrada dentro das actuacións do Inorde do proxecto euro-peo da segunda convo-catoria de Interreg III A, denominado “Estacións”.

Presentación das liñas estratéxicas do Inorde a cargo do seu xerente, José Manuel Rodríguez, en Chaves.

Este proxecto consistiu na remodelación de seis esta-cións ferroviarias en desuso situadas na zona transfron-teiriza de actuación, para darlles diferentes usos co obxectivo da dinamización económica das zonas de ac-tuación.

Posteriormente a comi-tiva desprazouse á zona termal de Ourense compro-bando a transformación e aproveitamento das beiras do Miño como atractivo termal na Chavasqueira e Outariz.

Pola tarde percorreron a Ribeira Sacra (Lugar de In-terese Comunitario e zona de Rede Natura), que com-prende as ribeiras do río Sil e do río Miño. É especial-mente coñecida polos seus tesouros naturais e bioló-xicos, constituíndo un vas-tísimo ecosistema de gran variedade e riqueza. Son de destacar os Canóns do Sil, polo seu espectacular pai-saxística.

Tiveron ocasión de co-

ñecer de primeira man o funcionamento da empresa que xestiona o catamarán do Sil e o Parador Nacio-nal de Santo Estevo da man dos seus responsables. Os participantes tiveron oca-

Vilar de Barrio, as termas de Ourense e a Ribeira Sacra pechan a visita dos técnicos

sión ademais de degustar os produtos autóctonos ourensáns.

A vista concluíu cunha reunión técnica para ex-por as impresións e con-clusións.

O grupo tivo ocasión de visitar a reconvertida estación de ferrocarril de de Vilar de Barrio.

Page 10: Outubro 2010 - BXV

10 BARRIOSOutubro de 2010

XINZO E COMARCA

Stand da Federación Galega de Comercio instalado en Xinzo./P.LODEIRO.

As compras en Xinzo teñen premioA Federación Galega de Comercio desenvolve estes días en Xinzo de Limia a cam-

paña “As compras na túa vila teñen premio”. A dinámica desta iniciativa é ben sinxela: todos os que merquen no comercio local da localidade poden presentar os seus tickets no stand instalado na praza Maior, onde se lles dará un boleto para participar no sorteo de 3.000 euros en tarxetas prepago regalo (2 de 300 euros e 24 de 100 euros).

O sorteo celebrarase o sábado 16 de outubro, ás 19 horas, nunha carpa instalada na praza Carlos Casares. O sábado será unha xornada festiva con varias actividades ao longo do día: pasarrúas, zancudos e malabaristas, espectáculo de paiasos e de maxia cómica e a actuación musical de Lis Teuntor.

Redacción O senador do BNG,

Xosé Manuel Pérez Bou-za, e o portavoz municipal de Xinzo, Amador Díaz, denunciaron que “o PP pretende converter a Xin-zo de Limia no vertedoiro da provincia de Ourense”.

Ambos referíanse á in-tención do Concello de Xinzo de ubicar alí unha planta de ámbito pro-vincial de tratamento de residuos fecais. Os dous responsábeis políticos ex-plicaron que xa “establece-ron na aldea de Morgade, unha planta de tratamento de residuos procedentes da construcción, e agora, teñen a intención de si-

Redacción

Os socialistas de Xinzo critican o desinterese do PP polas obras do Plan E 2010, as de maior in-versión das programadas, como son o Paseo Fluvial cun orzamento de 199.631 euros, a mellora do sanea-mento en rúa Ladeira, no camiño de Rosalía de Cas-tro e a mellora da accesi-bilidade aos centros edu-cativos, cun orzamento de 125.227 euros, que están aínda sen comezar.

A portavoz socialista pregunta “cal é a orixe dese retraso” e critica a falta de previsión do gru-po de goberno, “que den-de o ultimo congreso do PP máis ben desgoberna, cun concelleiro de Obras desaparecido do que abandonada a xestión que lle foi encomendada”. Así mesmo critica que o PP deixe para últimos de ano as actuacións “realmente importantes” e de maior orzamento, como son as dúas mencionadas, e que

Curso de Ximnasia Terapéutica en Parada de RibeiraO pasado luns 11 de outubro foi presentado un Curso de Ximnasia Terapéutica no lo-

cal social de Parada de Ribeira coordinado pola Asociación Muíño da Lama e impartido pola empresa especializada Saudeter de Verín. Ao longo de boa parte da tarde realizouse a preinscrición do alumnado, así como medicións de talla, peso e outras variables a ter en conta ao longo do desenrolo da actividade.

O curso desenvolverase ata xullo de 2011 e englobará diferentes disciplinas ao longo-de todo o ano lectivo co obxectivo de mellorar a psicomotricidade e a saúde das persoas, así como crear un novo espazo de interrelación e convivencia neste pequeno núcleo rural de Xinzo da Limia.

Cada mes levaranse a cabo diferentes actividades impartidas por distintos monitores especializados. Múltiples actividades como ximnasia, tiramentos, xogos de pelota, baile terapéutico, cachibol, etc... encheran os contidos didácticos baixo a tutela e asesoramen-to periódico dunha nutriconista e un fisioterapeuta.

O curso impartirase dous días a semana e comezará a actividade lectiva oficial o vin-deiro mércores 3 de novembro, data na que remata o período de inscrición.

Medicións de talla e peso das participantes no curso de ximnasia terapéutica./A.M.L.

tuar na propia vila de Xinzo unha planta de tratamento de lamas fecais”.

Malestar veciñal Os políticos nacionalis-

tas puxeron de manifesto que dita planta “trataría un tercio dos lodos que se producen nas fosas sépticas da provincia de Ourense”. Neste sentido, fixeron un chamamento ao PP para que cambie as súas políti-cas e no canto de conver-ter a Xinzo nun vertedoiro “realicen investimentos que traian riqueza, dinamismo económico e postos de tra-ballo á vila”.

Ademáis, critican a falta de transparencia e de infor-mación aos veciños por par-

te do concello, o que “está a provocar desconfianza e preocupación na cidadanía polo temor ás consecuen-cias que a planta poida pro-vocar: os cheiros, os ruidos, a circulación de tráfico ro-dado, entre outras”.

Nesta cuestión, enfati-zaron a grande cantidade de queixas que a Oficina de Información ao público do BNG está a recibir pola ubicación futura da men-cionada planta.

Esta é a razón pola que o BNG de Xinzo decidiu presentar unha pergunta ao concello demandando transparencia e informa-ción, sobre todo no que atinxe ao lugar onde se vai ubicar.

unha actuación no contorno da gardería municipal e do colexio Rosalía de Castro “non estea rematada nos meses do verán, cando os cativos estaban de vaca-cións, e se espere ao inicio do curso”.

Os socialistas pedirán ao grupo de goberno de Xinzo explicacións das restantes actuacións levadas a cabo con cargo aos fondos esta-tais, do grao de execución, e das que aínda quedan pendentes. Así como das que se fixeron co Plan e do 2009 e que aínda non están operativas.

Os investimentos do Plan E de 2010 en Xinzo supe-ran o millón de euros.

XeriátricoNoutra orde de cousas, o

grupo municipal socialista de Xinzo considera “ver-gonzoso o regalo de terreos públicos á fundación San

O BNG critica a ubicación da planta de tratamento de lodos4 Din que a falta de información por parte do Concello provoca “desconfianza” nos veciños.

Rosendo”, tras ter coñece-mento das negociacións do Concello con esta institu-ción para abrir unha nova residencia de anciáns na localidade. “O alcalde non debe regalar o escaso patri-monio do Concello a unha fundación privada, que por certo xestiona o único xe-riátrico de Xinzo, nun lugar céntrico, con edificabili-dade en altura se quixeran amplialo”, afirman nun co-municado.

Lama considera nula a capacidade negociadora do alcalde coa anterior Xunta “conformándose cun cen-tro de día de 30 prazas sen pensar na demanda de pra-zas de xeriátrico para a Li-mia, cando outros concellos de menor poboación como Vilar de Barrio, están a pi-ques de abrir un xeriátrico cun centro de día impresio-nante”.

Acusan ao PP de “desinterese” polas obras do Plan E4 O PSdG denuncia que as dúas obras máis im-portantes en Xinzo están sen comezar.

O PSdG oponse a que o Concello “regale” a unha fundación terreos para unha residencia de anciáns

Page 11: Outubro 2010 - BXV

BARRIOSOutubro de 2010

11

O Día Internacional da Muller Rural celébrase o 15 de outubro

XINZO E COMARCA

Redacción

O BNG, a través da portavoz de agricultura, Tereixa Paz, defendeu no Parlamento galego unha proposición non de lei para a modernización de regadíos da Limia e a posible afectación da de-claración de Zona de Es-pecial Protección de Aves ao proxecto, iniciativa que foi rexeitada polo PP.

Na súa intervención, a deputada nacionalista salientou o “considera-ble retraso” nos trámites deste proxecto e explicou que as obras de moder-nización dos regadíos da Limia tropezaron con obs-táculos como o desacordo dos regantes na súa cuan-tía, por consideralas des-mesuradas; a falta de con-signación nos orzamentos da Xunta para 2010; a ausencia de consignación nos orzamentos do Esta-do para 2011 ou o retra-so do Executivo galego na sinatura do convenio con SEIASA del Norte, empresa que executará as infraestruturas.

Para Paz, ademais dos motivos que están a frear as obras, hai que sumar

Redacción

A secretaria xeral da Igualdade, Marta Gon-zález, defendeu a impor-tancia das asociacións de mulleres do rural que fan unha labor “cada día máis visible e significativa” nas transformacións que está sufrindo tanto a economía como a sociedade no rural galego. Fíxoo nun encon-tro coas socias da Asocia-ción de Mulleres Rurais de Sarreaus que celebraron nesta localidade ourensá o Día Internacional da Muller Rural, que oficialmente é o 15 de outubro.

A responsable de igual-dade da Xunta explicou que dende o goberno galego se favorece o xurdimento e desenvolvemento de novos proxectos no rural dunha maneira integral, promo-vendo as axudas para o impulso do autoemprego e para a creación de peque-nas empresas, negocios, ou formas asociativas que per-mitan o desenvolvemento de iniciativas innovadoras que podan converterse en proxectos de futuro.

Ademais, dixo, dende a Secretaría xeral da Igualda-de “apoiamos a formación

Celebración do Día da Muller Rural en Sarreaus.

das emprendedoras e das mulleres do medio rural en xeral, en temas como as tecnoloxías da comuni-cación e da información, a calidade, protección do me-dio ambiente, ou a través do asesoramento xurídico e financeiro na posta en mar-cha destes proxectos”.

Traballo en prol da igualdade

Marta González reco-ñeceu a necesidade dunha loxística para estas asocia-cións que lles permita poder implicarse na mellora das condicións de vida na súa

a aprobación do Decreto polo que se establece a ZEPA na Limia que está a crear grande incerteza nas comunidades de regantes.

A portavoz do PP, Yo-landa Díaz, respondeulle que existe un plan de mo-dernización de regadíos 2007-2013 e que na actua-lidade, xa se ten avanzado na sinatura do convenio marco con SEIASA. Paz retrucoulle que nos orza-mentos da Xunta de 2010 non existía a consignación dunha partida para asumir o 22% do orzamento da obra de modernización dos regadíos que lle co-rresponde á comunidade autónoma e pediu que“ non sigan botándolle a culpa aos demais para za-farse dos problemas”.

Finalmente, a deputada do BNG pediu ao goberno da Xunta que asine “sen dilación” o convenio mar-co cn SEIASA e comece as obras neste período de sesións e garanta que a declaración de ZEPA “non implique ningunha nova tramitación administrati-va nin impedimento para executar os proxectos de regadío tal e como foron concibidos”.

comarca. “Por iso, dende a Xun-

ta vaise asegurar o apoio a estas asociacións xa que queremos apoiar ás asocia-cións de mulleres dinámi-cas, activas, que apostan pola formación, pola in-formación, pola concilia-ción, que propoñen novos retos, que se implican na eliminación das discrimi-nacións e que impulsan a realización de actividades encamiñadas a mellorar a situación das mulleres do rural”, rematou a secreta-ria xeral de Igualdade a súa intevención en Sarreaus.

Igualdade defende o papel das mulleres na transformación económica e social do rural4 Durante a celebración do Día da Muller Rural en Sarreaus.

O PSdG únese ao BNG na petición de investigar o proxecto do aeródromoRedacción

O grupo provincial so-cialista únese á petición do BNG de que se realice unha investigación por parte da comisión de réxi-me interno da Deputación polo proxecto do aeródro-mo de Xinzo de Limia. Vén de coñecerse que unha sentenza xudicial obriga á institución provincial a pa-gar por este proxecto que nunca se executou 152.000 euros, cantidade da que máis da metade correspon-de a intereses.

O portavoz socialista na Deputación, Alfredo García, sinala que “habe-rá que esclarecer por quen se encargou ese proxecto, por que, para que e por que non se executou”, polo que solicitan a do-cumentación sobre este proxecto.

García engade que “to-dos os concellos encargan proxectos que ao final por distintos motivos non se executan, pero que hai que pagar, polo que non se entende que se encar-gara un dende o concello de Xinzo, non se sabe por quen, e non se pagara”.

O BNG pedira que a co-misión de réxime interno da Deputación investigue todo o proceso, que facili-te toda a documentación e que se depuren responsa-bilidades políticas.

O PP frea a modernización dos regadíos da Limia4 Vota en contra no Parlamen-to galego a unha iniciativa do BNG para axilizar os trámites.

Page 12: Outubro 2010 - BXV

12 BARRIOSOutubro de 2010

DEPORTES

4EN FORMA

Pilates para todosO método pilates, aín-

da que nos soe como algo moi recente e moderno, foi creado polo alemán Joseph Hubertus Pilates a principios do século XX seguindo diferentes coñe-cementos e principios de disciplinas como a ximna-sia, o ioga e a fisioloxía. É unha especialidade que engloba aspectos de for-za muscular co control mental, a relaxación e a respiración. Buscando un equilibrio corpo-mente. Joseph H. P. interesouse desde sempre pola anato-mía e a rehabilitación, foi nun campo de concentra-ción durante a Primeira Guerra Mundial cando montou nas camas un sis-tema de poleas e cordas para realizar exercicios de recuperación cos en-fermos, e ese foi a orixe dalgunhas das máquinas de pilates. Posteriormente en Estados Unidos mon-tou o seu estudo que se fixo famoso entre bailaríns para a recuperación de le-sións, pero o método po-pularizouse xa despois da súa morte cando en 1970 créase o primeiro estudo en Beverly Hills e púxose de moda entre os actores de Hollywood chegando a España nos anos 90.

Fundamentos do métodoAínda que é moi atre-

vido tentar sintetizar nun pequeno artigo toda a filosofía e metodoloxía deste método pódese re-sumir “na realización de exercicios físicos en chan ou ben nunhas máquinas especiais para o desenvol-vemento da musculatura interna que dá equilibrio, estabilidade e firmeza á columna vertebral?. Ba-

séase na realización exerci-cios moi controlados e co-ordinados coa respiración á vez que mentalmente se vai tomando consciencia das capacidades, as limita-cións, beneficios, etc. para desenvolver a mellora do estado físico e mental.

Os exercicios concén-transe na rexión central do corpo (“Powerhouse”), que inclúe os abdominais e glúteos, para a execución de posturas.

Tipos de pilatesO método orixinal cos

seus exercicios de chan e en máquinas deu lugar a múl-tiples e diferentes escolas e variantes como o Aqapila-tes, Fletcher Pilates, Sto-tt Pilates, Power Pilates, Winsor Pilates, Yoguilaes, etc. Todas elas teñen como fundamento o pilates orixi-nal ao cal se lle incorporan modificacións específicas.

Beneficios que achegaAchega todos os benefi-

cios que se lle poden atri-buír ás actividades físicas saudables de carácter ae-róbico, coa vantaxe de que son exercicios de baixo impacto e por tanto pouco proclives a causar lesións. Fortalece a musculatura sen causar excesivo aumen-to muscular. Corrixe a pos-tura, axudando á consabida hixiene postural e isto á súa vez prevé, reduce e alivia as dores de pescozo, costas e lumbares, non só pola toni-ficación muscular do abdo-me, glúteos e costas senón tamén pola concienciación en aspectos como as pos-turas, a respiración ou o equilibrio. Ao ser un exerci-cio en que se traballa tanto a mente como o corpo, co tempo o alumno chega a ter

un coñecemento moi alto do seu corpo, das súas sensa-cións, por iso tamén é ideal para traballar con nenos. Este coñecemento axuda a coñecerse a un mesmo, o que repercute nas relacións cos demais e na filosofía da vida. Sendo persoas máis positivas.

Reduce as tensións mus-culares e a tensión que xunto coa aprendizaxe do control da concentración e a respiración fai que po-damos durmir mellor ache-gando todos os beneficios que produce o tranquilo e pracenteiro soño.

Para toda a poboaciónDado que a súa orixe ten

relación directa coa rehabi-litación, iso supón que non se require unha condición física formidable para a súa realización, pódese adaptar a diferentes idades e niveis, pódese traballar con depor-tistas de alto nivel como con principiantes, con nenos e até con persoas da terceira idade, sempre individuali-zando e orientando o traba-llo para cada usuario.

Pilates e artroseO Pilates é moi recomen-

dado en casos de artroses xa que se realizan exerci-cios para favorecer o move-mento articular, irrigando e dando ton aos ligamentos e drenando a articulación. Así se logra mellorar a es-trutura de sostén da articu-lación, fortalecendo e flexi-bilizando todos os grupos musculares que amortecen a carga e aliviar as dores e mellorar a mobilidade da articulación afectada.

José Manuel Paredes Gon-zález, licenciado en Edu-cación Física e técnico de

Saudeter

Éxito de participación na ‘Rota do Presunto 2010’4 Corrérona máis de 1.000 ciclistas. Redacción

A VI Maratón BTT ‘Rota do Presunto 2010’, orga-nizada por o BTT Club de Chaves e enmarcada dentro do proxecto da Eurocidade Chaves-Verín, congregou a un total de 1.072 persoas procedentes de diferentes puntos do norte de Portugal e da comunidade autónoma de Galicia.

Esta proba contou con tres percorridos e niveis de dificultade distintos: ma-ratón (de 93 quilómetros), media-maratón (de 54 qui-lómetros) e paseo guiado

para acompañantes (de 22 quilómetros). Os tres per-corridos iniciaronse e fina-lizaron no forte S. Neutel en Chaves. O gañadores na proba de maratón foi Iván Nascimento de BTT Mato-sinhos (03:20:36), mentres que o primeiro en chegar na media-maratón foi Ruben

Alexandre Dias Nunes de Team Oliveira / Lapierre / Mavic (02:04:30).

A tradicional ‘Rota do Presunto 2010’ ampliou o seu percorrido este ano a territorio español atra-vesando os municipios de Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós.

Participantes da Rota do presunto 2010.

Correndo por Xinzo4 Segundo ano da Escola De-portiva Limiactiva.Redacción

A A. D. Limiactiva, en co-laboración coa Concellería de Deportes de Xinzo, pon en marcha, por segundo ano a Escola de Atletismo.

Os adestramentos son os martes e venres de 17:30 a 18:30, no Pavillón de De-portes, e están dirixidos polo atleta e adestrador li-mián Rubén Diz, do equipo Academia Postal. Para esta nova tempada Limiactiva xa conta con máis de 15 atletas, nados entre os anos 1996 e 2003. Esta activida-de, que comezou na tempa-da pasada, xa deu os seus primeiros éxitos deportivos, polo que o proxecto de Li-miactiva segue adiante un ano máis, esta vez co patro-cinio de Muebles Andrade.

Óscar Gómez, presidente

da A. D. Limiactiva, co-ordina todas as activida-des desta asociación, que ademais conta cun club de atletismo formado por at-letas de categoría xuvenil ata veterán, participando en máis de 60 probas ao ano, tanto nacionais coma internacionais.

O obxetivo marcado para esta tempada é au-mentar o número de licen-zas tanto escolares como de adultos, e acadar novos éxitos para o atletismo li-mián, que permitan que este deporte bote raíces dentro da comarca.

Os interesados en for-mar parte tanto da esco-la de atletismo como do club, podes solicitar in-formación a través da súa páxina web www.limiacti-va.com.

Escolas Deportivas en Verín e XinzoRedacción

170 alumnos confor-man as Escolas Deporti-vas de Fútbol municipais de Verín para a tempada 2010-2011, tras efectuar un acordo coa entidade Verín Club de Fútbol, nas categorías de benxa-míns, alevíns, infantís e cadetes -os xuvenís e primeiro equipo queda-rían ao cargo da entidade deportiva-.

Inscricións en XinzoPola súa banda, en

Xinzo son numerosas as actividades que se ofer-tanto para nenos como para adultos nas Escolas Deportivas e que teñen como data tope para ins-cribirse -as prazas son limitadas- ata o 15 de outubro.

Page 13: Outubro 2010 - BXV

BARRIOSOutubro de 2010

13OCIO E CuLTuRA

4AS IMAXES DO MES

Máis de 450 nenos visitan a mostra ‘Artes Plásticas e Actividades da Eurocidade Chaves-Verín’

Un total de 480 escolares verineses de infantil e primaria dos colexios Amaro Refojo, Princesa de España e María Inmaculada visitaron a exposición ‘Artes Plásticas e Activi-dades da Eurocidade Chaves-Verín’, organizada para amosar os cadros dos vencedores da primeira edición do concurso fotográfico ‘Recursos históricos e naturais da Eurocidade’ e do certame destinado a creación da mascota ‘Chavín’.

A visita a esta mostra permitiu ao alumnado coñecer as actividades culturais, educati-vas e deportivas que se están a realizar no ámbito da Eurocidade Chaves-Verín, así como os obxectivos últimos deste proxecto de cooperación transfronteiriza. Por este motivo, técnicos do Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade realizaron unha presentación inte-ractiva, na que se lle amosou aos presentes todas as actuacións realizadas, as futuras e as vantaxes que proporcionará este proxecto aos veciños de Chaves e Verín.

A exposición destes dous concursos viaxará nas vindeiras semanas a Chaves, onde será visitado por nenos dos seus centros educativos.

Á dereita, a directora de “Disca... que?”, Alba Pazos, xunto a unha das participantes no documental, durante a súa proxección no Festival de Cine de Ourense. /P.LODEIRO.

“Disca... que?” no Festival de Cine de OurenseA curtametraxe documental “Disca... que?” presentouse no Festival Internacional de

Cine de Ourense. A curta, rodada en Xinzo, está protagonizada polos usuarios da Asocia-ción de Discapacitados Intelectuais da Limia Limisi.

A orixe deste documental, explica a súa autora, a xornalista Alba Pazos, xurdiu coa intención de Limisi de crear un centro ocupacional na Limia “e aproveitaron para darse a coñecer” a través deste documental. “ O significado da curta é sair á rua para ver que pensa a xente da discapacidade intelectual, hai opinións de todas as clases, e para desmi-tificar a discapacidade e explicarlle á xente como hai que tratala”, resume a directora, que destaca o “especial” que foi a gravación para os rapaces de Limisi, cos que colabora ha-bitualmente. “Para eles a televisión é algo moi lonxe e de repente saían na tele, gustoulles un montón participar e verse protagonistas”, apunta.

Tras ser estreado en Xinzo e pasar polo festival de Ourense, a cinta foi enviada a outros certames e concursos, e a intención de Limisi é repartila en colexios para que os rapaces coñezan o que é a discapacitade intelectual.

Un grupo de escolares na Casa do Escudo de Verín./EUROCIDADE.

Page 14: Outubro 2010 - BXV

14 BARRIOSOutubro de 2010

AXENDA / PASATEMPOS / CLASIFICADOS

4CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@

ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos

despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

MOTOR

4EMPREGO

VIVENDAS E ALUGUERES

VENDAS

4Música- 23 de outubro - Espa-

zos Sonoros: Ars Atlántica - 18:30 h - Igrexa de Santa Mariña de Xinzo4Exposicións- Ata o 29 de outubro -

“Non queimes o teu futuro” - Casa do Escudo de Verín4 CinemaCine Club Nosferatu - -

22.45 h. - Casa da Cultura de Verín:

- 14 de outubro - "Y el mundo marcha"

- 21 de outubro - “Ro-Go.Pa.G”

- 28 de outubro - “Mouchette” 4 Conferencias- 25 de outubro - Colo-

quio sobre a raia e a lite-rautra coa obra “Arraianos” como motivo- 19 h. - Casa da Cultura de Verín

- 26 de outubro - Colo-quio co escritor Agustín Fernández Paz - 19 h. - Casa da Cultura de Verín

- 27 de outubro - Proxec-ción de “Mulleres da raia” e coloquio coa súa autora, Diana Gonçalves - 19 h. - Casa da Cultura de Verín

4AXENDA

Vendo Peugeot 206 XS 110 cv, tel. 627 60 60 62Véndense coches económi-cos. Tel. 619 10 63 91.Compro coches abandonados e averiados, boa tasación. Tel 662 069 431

4RELATOO sorriso que mata (parte inversa) (IV)

Alugo apartamento no casco antigo de Ourense, 210 euros. Tel: 637 005 910Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Tel: 637 005 910

Véndese camara de fo-tos de carrete nova e con bolso.(Werlisa Sport). 30 euros.Tel. 988 21 38 14Véndense coellos caseiros. 6 euros/kilo.Tel. 988 21 38 14.Aceptaría cachorro de pastor aleman ou similar. Preguntar por Juan. Tel. 659 494 272Vendo depósito de chapa para gasoil 1.000 l. tel. 661 334 118Véndese somier de láminas Moviflex 190x90 cm e col-chón ortopédico en garantía. Tel. 616 361 548.Véndese bicicleta estática. prezo a convir, sobre 60 euros. teléfono: 616752546.Vendo escritorio. Tel: 637 005 910Vendo sofá 3+2 seminovo. Tel: 637 005 910Vendo botelleiro de bar sen estrear. Tel: 637 005 910.Vendo noces e avelás 2.50 euros/kg. Tel.676 928 045

TRABALLO

Chámanos ao 988 239 634 ou escríbenos a

[email protected] e déixanos os teus clasificados. Servizo gratuíto para particulares.

4SUDOKU

Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse. Nestes dous sudokus, as dúas liñas diagonais longas (marcadas en gris) deben tamén conter cada un dos nú-meros do 1 ao 9.

Nivel medio

[Chame a Teleemprego Cimo - 988 39 15 25, de luns a venres de 8 a 14 horas. Máis información: www.cimoemprego.com]

Embriagado diríxome á rúa que tantos pesadelos me ten achegado durante estes vinte anos… vinte anos de desesperación por escapar das tebras… sen poder, sen atopar ca-miño de luz, sen calor…

Subo polos intermi-nábeis chanzos que me conducen ate o que será o miña despedida deste escuro pozo. Chanzo a chanzo penso como de-ben de ser os meus actos, sixilosos, con lóxica e destreza, pois non quero vela sufrir, non quero ver os seus ollos culpándo-me dos meus actos, non quero tampouco que saía ningunha voz de terror por medo a que esperte a meniña que de seguro descansa inocente na súa cama abrazada ao seu pe-luche favorito. Non quero ver cravado o medo nas súas pupilas e un interro-gante nas enrugas da súa fronte… pois o súa igno-rancia culparame da miña enfermidade traizoeira… pois son un enfermo.

Meto as chaves no bu-raco da porta, xíroas con delicadeza e empurro a porta…

Alí está ela, espertándo-se do seu sono enriba do que sería a miña cea… un brutal sentimento me exi-lia do meu corpo, da miña

enfermidade, a pena coa que me mira, as súas pupi-las cuestionando os meus actos sen compaixón… Nun segundo o sentimento escandalízame e mostro a miña chegada cun brutal golpe embriagado de líqui-do indomable…

Despois todo foi moi rá-pido… nun instante. Algo que non era ela, algo irra-cional, unha besta corrom-pida polas circunstancias do vivir que eu lle dera, ese algo inexplicábel empurrou o mostro no que me conver-tera, correu con ansia ate o caixón da cociña e sacou o utensilio asasino, arma branca que acabaría ca nosa realidade.

Asestoume vinte puñala-das con bágoas non ollos, vinte que desenterraban as etapas da súa penuria, vin-te por cada ano entregada a un corpo sen alma, a un corpo inerte, carente de sentimentos, de verbas ca-riñosas, de actos apaixona-dos, de vibracións positivas que lle fixeran sentir quen de posuír a ledicia.

Sentindo como se ía a luz dos meus ollos, olleina unha vez máis, Susa, miña Susa… con cara de pánico e voz tatexando, chamou a policía.

Pois sí, son un enfermo, a miña enfermidade é matar, e acabou comigo.

Bea Losada

Oferta Nº 976774 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axudante de cociña - Repartidor/a. Estable-cemento de restauración necesita persoal para a elaboración de pe-tiscos, tapas, etc, así como para a súa posterior distribución. Nece-sarios seis meses de experiencia previa en posto similar e permiso de conducir B. Ofrecen contrato a media xornada de 06:00 a 09:00 horas. A partir de 35 anosOferta Nº 976773 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axudan-te de cociña. Restaurante situa-do no barrio da Ponche necesita persoal para realizar as funcións de elaboración de petiscos, tapas, etc. Necesarios seis meses de ex-periencia previa en posto similar. Ofrecen contrato a xornada com-pleta en quenda partida. A partir de 35 anos. Oferta Nº 976771 Lo-calidade: Ourense Posto ofertado: Colocador/a de falsos teitos Colocará e reparará falsos teitos de aluminio, tellados e persianas en obras novas e reformas. Traballo a xornada completa de luns a ven-res. Imprescindible experiencia en posto similar. Necesario permiso de conducir B e dispoñibilidade para viaxar por toda Galicia. Oferta Nº 976770 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofer-tado: Camareiro/a de piso. Necesí-tase persoal para a realización de tarefas de atención a clientes e limpeza de habitacións nun hostal. Valorarase experiencia en lim-peza. Necesarios coñecementos

de informática e Internet a nivel usuario. Ofrecen traballo a xorna-da completa cun día libre pola se-mana. Imprescindible permiso de conducir B e vehículo propio. Oferta Nº 976769 Localidade: Ourense Posto ofertado: Perru-queiro/a. Barbaría necesita axu-dante ou oficial para realizar tare-fas de corte, lavado, peiteado, etc. Imprescindible experiencia previa en posto similar. _______Oferta Nº 976768 Localidade: Pereiro de Aguiar (Ou) Posto ofertado: Operario/a de fabrica-ción mecánica. Empresa dedicada á fabricación de compoñentes para vehículos industriais, necesita per-soal para o manexo das diferentes maquinas de mecanizado (torno, fresa, control numérico, etc). Ofre-cen traballo a xornada intensiva en quendas rotativas. Imprescindible experiencia mínima de seis meses no posto ou ter o Ciclo Medio/Su-perior de Mecanizado. Necesarios coñecementos de informática a ni-vel usuario, así como permiso de conducir e vehículo propio. Oferta Nº 976766 Localidade: Ourense Posto ofertado: Pintor/a de obra. Realizará traballos de pin-tura de interiores e exteriores de edificios, oficinas, etc. Imprescin-dible experiencia mínima de dous anos no posto, permiso de condu-cir B e dispoñibilidade para des-prazarse a obras por toda Galicia. Oferta Nº 976765 Localida-de: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Enxeñeiro/a Técnico/a

en Química Industrial. Necesítase Enxeñeiro/a Técnico/a en Quími-ca Industrial ou Licenciado/a en Física ou Química para prestar apoio no departamento de calidade dunha empresa. Ofrécese traballo a xornada partida a través dunha bolsa. Até 29 anos. Oferta Nº 976763 Localidade: Pereiro de Aguiar Posto ofertado: Empregado/a de o fogar (Interno/a). Necesítase persoal para a reali-zación de limpeza, cociña e axudar a un matrimonio de persoas maio-res. Imprescindibles coñecementos de cociña e experiencia acreditada de polo menos seis meses no pos-to. Ofrecen traballo como interno/a durante a semana ou soamente o fin de semana. Oferta Nº 976759 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofer-tado: Enxeñeiro/a Técnico/a ou Superior Industrial. Necesítase Enxeñeiro/a Superior ou Enxe-ñeiro/a Técnico/a Industrial, para prestar apoio no departamento de enxeñaría dunha empresa. Ofré-cese traballo a xornada partida, a través dunha bolsa. Valórase o ma-nexo do programa de deseño Catia V5 e un nivel alto de inglés. Até 29 anos. Oferta Nº 976757 Localidade: Pobra de Trives (A) Posto ofer-tado: Empregado/a de o fogar (Interno/a). Para realizar as tarefas de limpeza xeral dunha vivenda, cociña, ferro e acompañamento dunha persoa maior. Valórase ter experiencia acreditada no posto,

permiso de conducir B e vehículo propio. Ofrecen domingo libre e dúas horas ao día pola semana de 16:30 a 18:30. De 40 a 55 anos. Oferta Nº 976756 Localidade: Ourense Posto ofertado: Vende-dor/a por teléfono. Empresa dedi-cada á venda de mandos a distan-cia para garaxes, necesita persoal para realizar tarefas de venda dos seus produtos por teléfono e ampliar a carteira de clientes. Valorarase ter experiencia como televendedor/a ou comercial. Ofrecen traballo a xornada com-pleta, en quenda partida de 09:00 a 13:30 polas mañás, e de 15:30 a 19:00 polas tardes, de luns a ven-res. Necesarios coñecementos de inglés. De 20 a 35 anos. Oferta Nº 976755 Localidade: Ramirás Posto ofertado: Auxi-liar administrativo/a. Empresa do sector da madeira necesita persoal con formación mínima en Ciclo Superior de Administración e Finanzas e con dous anos de ex-periencia en posto similar. Ofre-cen xornada completa, a quenda partida de 8:00 a 13:30 e de 15:00 a 19:00 horas. Imprescindible co-ñecementos altos de contabilida-de e Office. Oferta Nº 976754 Localidade: Ourense Posto ofertado: Do-cente rama sanitaria. Precísase Diplomado/a en Enfermaría ou enfermeiro/a con experiencia, para impartir cursos de sanidade. Valorarase experiencia como do-cente. Horario a convir.

-28 de outubro - Proxec-ción do audiovisual “Fron-teiras, reflectindo sobre os límites da identidade (ga-lega)” e coloquio co seu autor Rubén Pardiñas

4 Outros- 16 de outubro - Festa

final da campaña da Fed. G. de Comercio - Todo o día - Carpa na praza Car-los Casares de Xinzo

- 17 de outubro - Ve-rín CF - Arousa - 16.45 h. - Estadio José Arjiz de Verín

- Desde o 25 de outubro - Cursiño técnicas de estu-do - De luns a venres ás 18 h. - Inscricións na biblio-teca ou Casa da Cultura de Xinzo

- 20 de outubro - Pre-sentación da Escola de Música de Trasmiras - 20 h. - Trasmiras

- 6 e 7 de novembro - XVI Feira da Castaña e do Cogomelo - Riós

- 6 de novembro - IV Carrada do Viño - Desde as 18:30 h. - Rúas de Ve-rínwww.mundourense.com

Page 15: Outubro 2010 - BXV

BARRIOSOutubro de 2010

15

4TELÉFONOS DE INTERESEComarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 002 Concello de Oimbra 988 426 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 425 032Concello de Castrelo de Val 988 419 002Concello de Laza 988 422 002Concello de Cualedro 988 424 004Comisaría de Policía Verín 988 414 123Policía Local Verín 988 411 612Guardia Civil 988 410 005Protección Civil 988 412 121Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 342Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 812Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 212IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 425CEIP Princesa de España 988 410 128Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 102Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmirás 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 002 Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 552Policía Local Xinzo 988 462 425Guardia Civil 988 462 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde 988 462 200Punto Atención Continuada 988 462 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 209Taxis - Parada 988 460 258Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 462 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 222IES Lagoa de Antela 988 462 454IES Cidade de Antioquía 988 461 271CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Sergio Mascareñas 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024ITV 902 309 000Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 222 222

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 e OU 186-2006. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Saudeter, Beatriz Losada, Joao Damiao, Borys Martínez

Nº47 - Ano: V - Outubro 2010 - Difusión: 10.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.500, Ed. Verín: 5.500) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

SERVIZOS / CARTAS

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN

Verín - Xinzo - OurenseLaborables: 06:15 - 08:00 - 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - 22:00 - Sá-bados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - 22:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - 22:00

Ourense - Xinzo - VerínLaborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 12:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - 20:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 - 20:15 (aut.) - Domingos e festi-vos: 06:30 (aut.)- 12:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - 20:15 (aut.)

Videferre - VerínSaídas: 09:00 - 12:30 - Regre-sos: 11:45 - 13:45 - 18:30

Campos - VerínSaídas: 07:45 - Regreso: 13:00

Viana - Gudiña - VerínSaída: 09:30 - Regreso: 13:00

Feces de Abaixo - VerínSaídas: 09:50 - 12:35 - 18:20 - Regreso: 12:15 - 18:00

Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 12:00 - 14:30Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 12:00 - 14:30

Verín - Videferre (feiras)Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 - 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:20 A Andorra: Saídas martes e ven-res ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xo-ves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZOA Madrid (Auto Res): Dia-rio: 00.25 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

4CARTAS AO DIRECTOR[Envíanos as túas cartas ou queixas por correo electrónico a info@ourenseporbarrios.

com, [email protected], ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. re-

sérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno]

4FOTO DENUNCIA

Denuncian o depósito ilegal de neumáticos en Xinzo O grupo municipal socialista de Xinzo denuncia o depósito ilegal de toneladas de

rodas nun baixo da rúa Rosalía de Castro e xa transmitiu as queixas dos veciños ao Con-cello, que aínda non lles explicou de cal é a situación dese baixo.

A voceira socialista, Elvira Lama explica que as alarmas saltaron cando os veciños dos inmobles e baixos contiguos notaron os fortes cheiros do caucho, o que provocou fortes dores de cabeza xunto con náuseas e mareos. Nos días previos a rúa Rosalía de Castro estivo cortada por mor da descarga de un vehículo de gran tonelaxe durante máis de 5 horas, provocando a indignación dos veciños.

Os socialistas denuncian a pasividade do Concello “nun asunto que afecta gravemente a saúde dos veciños, molesta aos comerciantes impide o tráfico rodado e pon en risco a seguridade viaria, nas inmediacións do colexio Rosalía de Castro”, e pregúntanse se as actuacións levadas a cabo no baixo en cuestión dispoñen dos permisos e licenzas reque-ridas para ese tipo de actividade. Esta formación política dubida da legalidade desta ac-tividade, ao non ter resposta dende o Grupo de Goberno e por non ser un establecemento de venda ao público e tratarse dun punto de almacenaxe e distribución. “Un deposito de rodas é un almacenamento altamente perigoso, insán e molesto para situalo nos baixos dunha céntrica rúa de Xinzo” afirma Lama.

As rodas están depositadas nun baixo da rúa Rosalía de Castro./PSDG.

Page 16: Outubro 2010 - BXV

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOSOutubro de 2010

Page 17: Outubro 2010 - BXV

BARRIOS - VERÍN volve estar no seu buzón a mediados de NOVEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

Número: 47 - Ano: V- Outubro 2010 - Depósito Legal: 0U 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

TEMA DO MES Páx .2 COMARCA Páx.5COMARCA Páx.3 VERÍN Páx.4

A D.O. Monterrei supera as expectativas de produción

A Antena Local enquisa sobre a crise aos comerciantes

O centro de día de Oímbra conmemora o Día do Maior

4 SUMARIOVerín e comarca_ [páx3-5]

Xinzo e comarca_ [páx.6-11]

Deportes______ [páx.12]

Ocio e cultura___ [páx.13]

Pasatempos, clasificados e axenda________ [páx.14]

18 establecementos de roupa, calzado e complementos participaron no desfile organizado por AEVER ./BORYS INTERFILM

Desfile de moda en Verín [páx. 4]

Os incendios forestais queimaron este verán 13.500 hectáreas

Page 18: Outubro 2010 - BXV

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOSOutubro de 2010