Crónicas da Comarca

24
Crónicas da Comarca Alimentos Lácteos, un proxecto cooperativo que loita por revitalizar o sector lácteo Seralia, a empresa que ten contratado o servizo de limpeza dos edificios públi- cos de Melide, podería ser víma da delicada situa- ción financieira da súa com- pañía matriz, Begar. A prin- cipal firma do grupo, dedi- cada ás construcións e ás contratas, está en concurso de acredores desde xuño de 2009 e o plan de viabilidade presentado condiciona “en gran medida” a superviven- cia do grupo a “un coidadoso e acertado labor de desin- vesmento parcial ou, de ser preciso, total do seu actual patrimonio” para atender os seus créditos. Mensual independente do interior coruñés A empresa da limpeza de Melide, abocada a ser vendida polo dono Fomento aproba o estudo informativo da autovía entre Arzúa e Palas de Rei Custará 188,9 millóns de euros e mello- rará as comunicacións por estrada de toda a comarca. COMARCA Pachi Vázquez: “a comarca ten mellorado cos gobernos de progreso” COMARCA Páx. 13 Páx. 12 Ano 1. Núm. 0 ECONOMíA Páx. 3 A Festa do Queixo completa o seu cartel para a segunda fin de semana de marzo ARZÚA Páx. 16 Os dirixentes da comarca expoñen a súa lista de bos propósitos para 2011 COMARCA Os Gaiteiros do Balado, tres anos animando a música galega TOQUES Páx. 24 Páxs. 5-7 A comarca sae na defensa do Noitebús Mesía e Frades forman e dan traballo a 31 persoas nun obradoiro de emprego MESíA Páx. 17 Páx. 4 As Cabalgatas de Reis poñen o broche de ouro ás festas de Nadal na comarca ESPECIAL Páxs. 18-19

description

Mensual independente do Interior coruñés

Transcript of Crónicas da Comarca

Page 1: Crónicas da Comarca

Crónicas da ComarcaAlimentos Lácteos, un proxecto cooperativo que loita por revitalizar o sector lácteo

Seralia, a empresa que ten contratado o servizo de limpeza dos edificios públi-cos de Melide, podería ser vítima da delicada situa-

ción financieira da súa com-pañía matriz, Begar. A prin-cipal firma do grupo, dedi-cada ás construcións e ás contratas, está en concurso

de acredores desde xuño de 2009 e o plan de viabilidade presentado condiciona “en gran medida” a superviven-cia do grupo a “un coidadoso

e acertado labor de desin-vestimento parcial ou, de ser preciso, total do seu actual patrimonio” para atender os seus créditos.

Mensual independente do interior coruñés

A empresa da limpeza de Melide, abocada a ser vendida polo dono

Fomento aproba o estudo informativo da autovía entre Arzúa e Palas de Rei

Custará 188,9 millóns de euros e mello-rará as comunicacións por estrada de toda a comarca.

COMARCA

Pachi Vázquez: “a comarca ten mellorado cos gobernos de progreso”

COMARCA

Páx. 13

Páx. 12

Ano 1. Núm. 0

eCOnOMíA

Páx. 3

A Festa do Queixo completa o seu cartel para a segunda fin de semana de marzo

ARZÚA

Páx. 16

Os dirixentes da comarca expoñen a súa lista de bos propósitos para 2011

COMARCA

Os Gaiteiros do Balado, tres anos animando a música galega

TOQUeS

Páx. 24

Páxs. 5-7

A comarca sae na defensa do noitebús

Mesía e Frades forman e dan traballo a 31 persoas nun obradoiro de emprego

MeSíA

Páx. 17

Páx. 4

As Cabalgatas de Reis poñen o broche de ouro ás festas de nadal na comarca

eSPeCiAl

Páxs. 18-19

Page 2: Crónicas da Comarca

2

PUBliCiDADe

Crónicas da Comarca - número 0

Page 3: Crónicas da Comarca

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - número 0 3

Cando sae unha nova publicación existe unha norma non escrita que obriga aos seus impul-sores a expresar os motivos polos que sae á rúa o devandito proxecto. Semella que debera ser doado atopar un puñado de palabras coas que describir o por que do nacemento de Crónica da Comarca, pero segundo imos avanzando, máis traballo nos costa.

Emprendemos unha aventura ilusionante: a de dar a coñecer o que acontece nos nosos con-cellos aos nosos veciños e veciñas. E pretendemos tamén ofrecer un soporte para que as persoas nos poidamos comunicar. Queremos que Crónica da Comarca sexa un medio onde a comunicación se

produza en ambas direccións e a participación da veciñanza nos aporte opinións, noticias e críticas que enriquezan a nosa propia concepción da reali-dade local, a máis próxima, a do acontecer cotián.

Crónica da Comarca quere converterse nunha referencia da información local e nunha reflexión sobre o que pasa ao noso redor mes a mes (de momento, xa veremos se non podemos achegar-nos a vostedes cada quincena).

Crónica da Comarca nace coa vocación de contribuír ao avance da nosa comarca, dos nosos concellos. Co desexo de promover o progreso dos nosos veciños e veciñas, de ser un foro aberto

ás ideas que nos fagan mellorar. O ideario non é outro que o de estar a carón dos que traballan, dos emprendedores, dos que loitan día a día polo futuro. Do mesmo xeito que estaremos en fronte dos que pensen ou actúen ao contrario.

Benvidas e benvidos. Con vostedes contamos para seguir saíndo, para seguir medrando e ofre-cerlles un produto de maior calidade. Espero que este primeiro número sexa do seu agrado e con-tamos coas súas colaboracións para os seguintes.

Un saúdo.Antonio Vázquez, director Crónicas da Comarca

Un novo medio aberto a todos os veciños

MELIDE O Grupo Begar, dono da adxudicataria do servizo de limpeza municipal, afectado por un concurso de acredores

As dificultades da empresa matriz poderían obrigala a desfacerse de Seralia

O Grupo Begar, de orixe castelán leonesa, podería verse obrigado a desfacerse da empresa Seralia, que tiña adxudicado o servizo de limpeza dos edificios municipais de Melide. A empresa matriz arrastra serias dificultades económicas, derivadas sobre todo da súa división princi-pal, de construcións e contratas, que entrou en concurso de acredores no verán de 2009.

Esta situación estalle complicando o futuro ás demais filiais, aínda que estas por si soas presenten unhas contas saneadas. No caso de Seralia, en 2009 obtivo case catro millóns de euros de beneficio, cuns ingresos que superaron os 93 millóns de euros. Pero o acordo asinado cos acredo-res inclúe un plan de viabilidade que podería conlevar a venda das empre-sas rendibles.

Neste sentido, no plan de viabili-dade pódese ler que “o cumprimento do convenio [cos acredores] vai depender, en gran medida, do aco-metemento, por parte da sociedade matriz do grupo, Begar S.A., dun coi-dadoso e acertado labor de desinves-timento parcial ou, de ser preciso, do seu actual patrimonio para a satis-facción dos créditos que Begar Cons-trucciones y Contratas S.A. ostenta fronte a ela”.

O alcance deses desinvestimen-tos, aos que a propia empresa lles dá gran relevancia para asegurarse o cumprimento dos acordos, é o que determinará se Seralia cambia ou non de mans, se é que aparecen ini-ciativas dispostas a mercala.

OBSTÁCULOS BANCARIOSTodo este panorama condiciona

xa o día a día de Seralia. A pesar de ter beneficios, un fondo de manobra positivo e un endebedamento dun 73%, que economistas consultados por Crónica da Comarca consideran razoable e non preocupante, ten difi-cultades financieiras polas trabas que as entidades bancarias lle poñen á hora do que se coñece na xerga como “descontar papel”. É dicir, os bancos evitan anticiparlle diñeiro a pesar de que a empresa, se se observa á marxe do grupo ao que pertence, tería avais máis que suficientes.

E por que as entidades financiei-ras non estarían dispostas a aceptar as letras de Seralia? Ademais de que é a súa tendencia xeral nos últimos anos de crise económica, non se fían dos pagos das institucións oficiais e sobre todo espántaas que a principal empresa do grupo estea nunha situa-ción tan grave como o concurso de acredores.

Os expertos que analizaron para Crónica da Comarca a situación de Seralia consideran que este é o prin-cipal problema da compañía, e “con moita diferencia” porque “retrasos nos pagos como os que tivo o Con-cello de Melide non son tan gran-des como para que a empresa non lles adiante eses pagos aos seus tra-balladores”. A nai do año, insisten, é a situación concursal da división de construcións e contratas.

A conclusión que se extrae é que, para unha empresa que ingresou máis de 93 millóns de euros en 2009, un retraso de catro mensualidades como o que chegou a ter co concello non ten practicamente relevancia, en volume económico, para que cumpra os compromisos cos seus emprega-dos. Máxime cando, como compa-ñía con concesións en diversas admi-nistracións públicas, está afeita a demoras medias de noventa días nos

pagos, cando non peores. UN GRUPO VARIADOO Grupo Begar, que participa a

Seralia nun 100%, é unha de tantas vítimas do estoupido da burbu-lla inmobiliaria. Entre as súas acti-vidades están a construción, a edi-ficación e os cementos. Pero tamén conta con participacións noutros sec-tores como o dos medios de comu-nicación, o sanitario, e concesións administrativas. Así, é propietario do Diario de León, accionista de Elsema-naldigital S.L., e accionista do Hospi-tal de Vallecas, entre outros investi-mentos de envergadura.

Son estas outras actividades, nas que aínda ten marxe de rendibili-dade, as que se están vendo máis prexudicadas pola decadencia da principal compañía, e por tanto as primeiras que podería poñer no seu escaparate de “desinvestimentos”.

Folga á vista en Melide se a negociación non avanzaO plantel de Seralia en Melide, composto por sete

traballadoras, non descarta un “paro total” no servizo para finais de xaneiro ou comezos de febreiro se as actuais negociacións sobre a xornada non lles dan resul-tados satisfactorios.

Tal como explica David Barrio, asesor sindical de UXT no sector servizos, a súa principal reivindicación é un aumento do 50% no volume de horas de traballo, ante o que o concello lles estaría ofrecendo só un 20%.

Ata agora, as sete empregadas realizan case 25 horas de traballo diarias, tempo que Barrio valora como a todas luces “insuficiente” para atender a limpeza de, entre outras dependencias dos colexios, os polidepor-tivos, a gardería ou o Punto de Atención Continuada, “altamente sensibles” no relativo á hixiene e nas que

habería serias dificultades para cumprir os protocolos mínimos de limpeza.

O representante da UXT considera inaxeitado que o concello poña a crise como “desculpa”, cando o incre-mento que piden equival a uns 1.400 euros mensuais, segundo os seus cálculos. “Non entendemos as excu-sas que nos dan cando no concello en cargos políticos gastan uns 120.000 euros ao ano”. Barrio conclúe que “aquí sempre se lle aplica o machete aos mesmos, aos traballadores ata fundilos”.

Polo de agora, Seralia segue encargándose do ser-vizo de limpeza das dependencias municipais cunha prórroga, á espera de que o concello o saque de novo a concurso. Os retrasos nos pagos do pasado verán xa se solucionaron a comezos do outono.

Page 4: Crónicas da Comarca

4

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - número 0

Mentres algunhas das zonas máis significativas de ‘movida’ nouturna de Galicia acusan o golpe da reti-rada das axudas ao servizo de “Noi-tebús” por parte da Xunta, en Melide os hostaleiros tomaron a iniciativa e, poñendo cartos do seu peto, mante-ñen practicamente todas as liñas que remataban na vila.

A idea partiu da presidenta da Asociación de Empresarios Terra de Melide (AETEM), Sonia Valiño, quen reuniu a boa parte do sector tras coñecer que co inicio de 2011 o ser-vizo ía desaparecer tras a supresión do apoio aplicada polo goberno de Núñez Feijóo.

Unha vez fixeron unha estima-ción de custos, decidiron poñer en marcha “Móvete a Melide”, coa cola-boración de preto de corenta esta-blecementos da localidade. Vano manter en probas durante uns meses para avaliar o resultado, pero xa na primeira semana en que se prestou o novo servizo -a posterior ás festas de Reis- tivo usuarios, a pesar de que nin sequera lles dera tempo a publicitalo.

FINANCIACIÓNPara cubrir os gastos do servizo,

estableceron unha cota de 40 euros cada fin de semana para os locais tipo ‘pub’, 20 euros para os estable-cementos de viños e cafeterías, e 50 euros para as discotecas. Por parte da administración, a pesar do aban-dono da Xunta, o Concello de Melide mantén a achega que xa facía para

o “Noitebús”, equivalente ao 10% do custo total. No pleno muninicipal aprobarase unha proposta para que a Xunta non suprimise o anterior ser-vizo. A iniciativa contou unicamente co apoio do BNG e PSOE, integrantes do goberno melidense.

A presidenta de ASETEM asume que para os establecementos “é un custo semanal un tanto elevado” pero agarda que teña os resulta-dos previstos e contribúa a aumen-tar a afluencia de xóvenes a Melide. Con todo, Sonia Valiño matiza que “non só queremos que veña xente, senón tamén evitar accidentes, que é

máis importante que calquera outra cousa”.

Precisamente ese fora o obxec-tivo co que o anterior goberno auto-nómico creou o “Noitebús”, un trans-porte colectivo que ofrecía a posibi-lidade de non ter que depender do vehículo particular nos despraza-mentos de ocio nouturno. Evitábanse así os riscos do alcol ao volante, como demostra o feito que durante a vixencia do “Noitebús” se reduciron os sinistros de circulación mortais entre a xuventude galega nas fins de semana. Por eso, a supresión deste proxecto está sendo moi contestada.

Os hostaleiros de Melide manteñen o noitebús ante o abandono da Xunta

MELIDE Sonia Valiño: “queremos que a xente veña e, sobre todo, evitar accidentes”

Numerosos xóvenes utilizaban o “Noitebús” como alternativa segura na movida

Concellos, sector, asociacións xuvenís e a oposición critican a supresión do Noitebús

A supresión das axudas autonómicas ao “Noitebús”, que equivale na práctica ao desmantelamento deste servizo coa desaparición da inmensa maioría das rutas, ten xerado un forte rexeitamento en boa parte dos concellos afectados, que lle reclamaron á Xunta unha recti-ficación.

Porén, o Goberno da Xunta escudárase en que non era un servizo “imprescindible” e o propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, chegou a califi-calo de “adicional” e “innece-sario en momentos de dificulta-des económicas”.

O rexeitamento non tardou en chegar, desde todas as fron-tes. Entidades tan representati-vas no eido da seguridade vial com “Stop Accidentes” lembra-ron que o “Noitebús” é “necesa-rio” porque “salva moitas vidas” e evita non menos feridos graves en accidentes. Esta asociación entende que é un grave erro eli-minar as accións preventivas en materia de viaria. No mesmo sentido téñense pronunciado as autoridades da DGT. Tampouco no sector empresarial vincu-lado ao ocio nouturno gustou a perda do “Noitebús”, tanto porque prexudica á seguridade nas estradas como porque lles pode restar clientes.

INICIATIVA LEXISLATIVANo plano político, as queixas

de PSOE e BNG son innumera-bles e suman xa deceas de ini-ciativas en distintos municipios galegos instando á Xunta a que reconsidere a súa decisión. O Partido Popular rexeitounas todas, pero o asunto está lonxe de pecharse.

O último paso acaban de dalo as Xuventudes Socialis-tas de Galicia, que preparan unha iniciativa lexislativa popu-lar que, entre outros aspectos, incluirá a protección por lei do financiamento público das liñas de transporte colectivo noc-turno e a aspiración de acadar “un pacto nacional por un ocio nocturno responsable”, din as XSG.

Para que esta iniciativa lexislativa poida chegar ao Par-lamento de Galicia, precisa o apoio de cando menos 15.000 cidadáns galegos coas súas sinaturas.

O prezo do novo servizo é prac-ticamente idéntico ao anterior. Cada usuario ten que pagar tres euros pola viaxe de ida, e o retorno saelle de balde sempre que tome algunha consumición nos locais que toman parte na iniciativa. Nestes estable-cementos sellan o billete correspon-dente.

En canto aos horarios, os auto-bueses comezan a circular cara Melide ás 22 horas e teñen fixado o retorno ás 5:30 da madrugada. Des-eñáronse tratando de adaptarse tanto aos hábitos da mocidade como ao tipo de oferta da hostalería de Melide, que inclúe desde os clásicos

bares de viños ata actuacións musi-cais en pubs de estilo convencional ou de aspiracións renovadoras, e tamén unha discoteca con renome en todo o ámbito de influencia da vila.

RUTASDo mesmo xeito, con “Móvete a

Melide” permanecen case todas as liñas que ofrecía o “Noitebús” para a vila, e engádese unha nova que parte desde Touro. Así, hai auto-buses desde Lalín, Friol, Teixeiro, Toques, Antas de Ulla, Vila de Cruces e Arca.

Os únicos itinerarios que non se

conservan son os que partían desde Lugo e desde Betanzos, porque o seu longo percorrido resultaba dema-siado caro para ser asumido polo sector. Sen embargo, a cobertura territorial da nova iniciativa é en esencia a mesma que a do “Noite-bús”, que levaba unha media de 400 usuarios cada noite a Melide.

Por outra parte, algunhas empre-sas amosaron o seu interese por seguir operando pola súa conta nal-gunhas liñas nas que xa circulaban os seus vehículos ao amparo do “Noi-tebús”. Consideran que poden con-seguir que sigan sendo rendibles a pesar de non contar con subvención.

Os usuarios só teñen que pagar tres euros por unha noite sen preocupacións

MELIDE Seguen case todas as liñas e engádese unha nova desde Touro

Page 5: Crónicas da Comarca

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - número 0 5

Cando comeza un novo ano é tra-dicional que cadaquén elabore unha lista de bos proxectos e intencións que acometer nos doce meses. Outra cousa distinta é que, finalmente, cheguen a realizarse. Os alcaldes da comarca non son alleos a esta reali-dade, polo que Crónicas da Comarca decidiu ofrecerlles a posibilidade de presentar a súa particular “carta aos Reis Magos” ou relación de bos pro-

pósitos para este 2011 que comeza.Unhas peticións que teñen

dous denominadores comúns en todos os concellos: máis obras e máis servizos para os veciños neste ano que comeza. Por exemplo, o alcalde de Arzúa menciona a xera-ción de emprego e a revitalización económica como prioridades e a súa homóloga de Melide engade o obxectivo de rematar infraestruturas

de uso social como a Casa da Cultura ou a Residencia de Maiores, ademais de facer avanzar o tramo da autovía A-54 ao seu paso por Melide.

Os dirixentes das tres principais formacións políticas na comarca tamén coinciden na importancia de relanzar a economía, crear emprego e superar a crise, ademais de mello-rar os servizos municipais e ampliar a súa calidade. Por suposto, todos

amósanse satisfeitos do seu traba-llo á fronte dos concellos. Socialistas e nacionalistas agardan reafirmar os gobernos de progreso, e o PP conta con manter os que ten e acceder aos das dúas principais vilas da comarca.

A única ausencia nestas páxinas é a do alcalde de Sobrado, que rexei-tou contestar ás reiteradas invita-cións a participar que lle fixo este periódico.

COMARCA Os alcaldes e partidos políticos da comarca expresan os seus desexos e proxectos para 2011

Máis obras e máis servizos para os veciños centran as peticións da comarca para 2011

Presentaremos aos vindeiros comicios un pro-grama de propostas que continuará a liña de traballo marcada nos últimos 8 anos e que ten contribuído ao maior crecemento e auxe deste concello cabeceira de comarca.

Impulsaremos as políticas sociais e centraremos o noso programa de goberno na xeración de emprego e no auxe e revitalización da eco-nomía local. Éstas foron as claves deste goberno nos últimos 8 anos nos que fomos quen de aprobar un Plan Xeral de Ordenación Municipal ou de levar adiante a reurbanización das principais rúas da vila creando espazos máis seguros, cómodos e transitables para todos os veciños. O tratamento das augas residuais mediante a construcción dunha nova depuradora, as melloras na rede de abastecemento de auga potable grazas á renovación da Estación de Tratamento xunto coa ampliación das redes de saneamento e abastecemento de auga potable a diversas parroquias centraron boa parte das accións deste goberno.

Na procura de mellorar a calidade de vida da veciñanza dun conce-llo eminentemente rural, adicamos parte dos esforzos á construcción e rehabilitación de locais sociais, á mellora das comunicacións e á conser-vación do noso patrimonio arquitectónico e natural. Apostamos polo coidado do medio ambiente coa erradicación dos vertedoiros incon-trolados, o impulso da reciclaxe ou a construcción dun punto limpo. Importantes foron tamén as medidas na atención ás persoas maiores, coa posta en funcionamento dunha residencia ou a renovación das ins-talacións do clube de xubilados. Así mesmo, conseguimos importantes servizos para os mozos: a nova biblioteca, o telecentro de comunica-ción, o local de ensaio ou o Centro Sociocultural María Mariño.

Xaquín García, alcalde de Arzúa

ArzúaComo alcalde de Boimorto é para min un pracer

e un orgullo o feito de poder realizar este saúdo. Un novo ano comeza para todos e con el unha nova andaina con moitos propósitos e iniciativas para levar a diante. Isto supón moito traballo, esforzo e o afán de mellorar día a día. Pero este traballo é un dos máis gratificantes que un pode levar a cabo xa que forma parte do avance e das melloras da terra que amas.

A vós, os meus veciños e veciñas, teño que agradecervos en pri-meiro lugar o ánimo que continuamente me mostrades e ofrecedes, ademais do respecto e consideración cara á miña persoa. Este apoio axúdame a seguir loitando e traballando polo noso Concello como o primeiro día.

Estamos satisfeitos co traballo realizado e de como vai avanzando a nosa vila. Paseniñamente imos conseguindo grandes melloras. Desde aquí quero tamén agradecer o traballo realizado por todo o equipo de goberno. Boimorto é unha pequena vila do interior de Galicia pero estou convencido de que ten moito futuro. A nosa aposta polo desen-volvemento cultural, polas infraestruturas de calidade e as novas tec-noloxías son, sen dúbida, prioridades no avance económico e social de Boimorto.

Aproveito a ocasión para invitar a todos aqueles que nos queiran visitar e así coñecer un Concello que merece a pena, non só polas súas paisaxes, a súa cultura, a súa gastronomía, senón polas súas xentes. Sen máis, despídome de todos vós cos mellores desexos, no meu nome e o de toda a corporación. Recibide un cordial saúdo.

Ignacio Portos Vázquez, alcalde de Boimorto

Boimorto

Crónicas da ComarcaChegamos a todos os rincóns da comarca!!!

O teu mellor escaparate.Chámanos ao 679 21 21 40

Page 6: Crónicas da Comarca

6

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - número 0

O ano 2011 será en Melide o da completa recupe-ración da nosa maior área recreativa, a do río Fure-los. Por iso, un dos propósitos para este novo ano é ter un verán no que os veciños e veciñas de Melide dispoñan de máis e mellor coidadas zonas verdes, maior número de espazos públicos para a conviven-cia e novas instalacións municipais.

É tamén o meu desexo que este sexa o ano no que abramos por fin as portas da Casa da Cultura, cuxas obras impiden que, dende o ano 2003, Melide forme parte dos principais circuítos culturais por carecer dunha instalación axeitada.

Noutro ámbito de cousas, queremos que o ano novo sexa o da completa posta a punto da Residencia de Maiores, que está pendente dende o ano pasado da achega de mobiliario por parte da Xunta de Galicia para poder empregar a súa planta alta e dar así un servizo tan demandado como é o da atención aos nosos maiores.

A nivel de infraestruturas e comunicacións, agardo que 2011 sexa tamén o ano no que se dean os pasos definitivos para a posta en fun-cionamento do tramo da Autovía A-54 ao seu paso por Melide, xa que esta comunicación será unha arteria fundamental para o desenvolve-mento económico e empresarial de Melide.

Finalmente, pido tamén ao novo ano que medre entre os galegos galegas a autoestima, o respecto e o compromiso coa nosa lingua e cultura. Desexo que Galiza deixe de ser o único país do mundo cun goberno que lexisla en contra do idioma propio do País.

Socorro Cea Vázquez, alcaldesa de Melide

MelideA especial conxuntura económica que toda a

sociedade está vivir vai marcar enormemente a maneira en que todos os dirixentes locais teñamos que planificar os obxetivos a levar a cabo ao longo de 2011. Non por elo imos renunciar a unha serie de obxetivos que consideramos necesarios para seguir mellorando a calidade de vida dos nosos veciños. Así, en datas próxi-mas poremos en funcionamento a primeira rede de auga potable muni-cipal, con capacidade para dar servicio a 831 veciños en nove parro-quias de Mesía. Tamén poremos en marcha a primeira rede de sanea-mento do concello, coa súa estación depuradora de augas residuais.

Seguiremos a dotar as nosas parroquias de infraestruturas básicas para o uso e disfrute dos nosos veciños, desde parques infantís, acon-dicionamento de locais sociais a creación de zonas dotadas de elemen-tos biosaudables. Por suposto, todo esto sen esquecer servizos bási-cos nos que estamos a traballar diariamente como son os nosos viais, a nosa rede de alumeado público ou o servizo de recollida de lixo. Así mesmo, nos primeiros meses do ano aprobaremos o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello, en aras a dotarnos dos medios necesarios para fixar poboación e intentar atraer investimentos.

Pero, ante todo, imos imprimir a nosa xestión dun marcado carác-ter social, volcándonos especialmente nos sectores máis vulnerables da nosa poboación como son as persoas dependentes, os maiores e os nenos. A eles dedicaremos no noso presuposto unha porcentaxe supe-rior a ningún dos concellos da comarca. Porque para este equipo de goberno sempre será máis importante arrancar un sorriso dun neno que poñer unha placa máis sobre un muro de formigón.

Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía.

Mesía

En breve comenzarán as obras de desanche, afir-mado e aglomerado da estrada Cruceiro de Visan-toña-Beigondo, cunha inversión de 350.000 €. Os dous primeiros proxectos destas obras, dende o Cru-ceiro ata un pouco mais adiante do ramal que vai a Vilanova, executaranse en días próximos; e o terceiro proxecto, ata Beigondo, contratarase de inmediato. En canto a estra-das, a Consellería de Medio Rural ten contratadas as obras do PEIM 2010, cun orzamento de 90.000 €, e que afectarán as parroquias de Mourazos e Rairiz. Medio Rural tamén está a contratar as obras do PDRS, cun orzamento de 155.000 €, que beneficiarán a Rairiz, Santiso, Belmil, Ribadulla e San Román. Ademais, asfaltarase a estrada Cruce de Lamas-Pezobrés, que será contratada no primeiro trimestre do ano.

Supeditadas á entrega das parcelas da concentración de Novela, Liñares e Pezobrés, temos tres obras de próxima execución: a construc-ción do depósito xeral da traída pública de augas, do tanatorio muni-cipal e do vial de media capacidade Penaposta-Moldes. O depósito da auga farase nunha parcela próxima a Casares, no punto mais alto do concello, para dar altura as casas. É obra máis relevante das que se fixe-ron no Concello e o importe da primeira fase é dun millón de euros.

Proximamente executaranse as obras de saneamento en Pezobre-Sa e en Mourazos. E construiranse de inmediato dous parques infantís, nos colexios de Visantoña e Arcediano. Ademais, procuraremos que se aprobe a concentración parcelaria de San Román, a través da cal tenta-remos construir un vial de media capacidade entre Boente e Maniño, a carón do enlace da autoestrada. E solicitaremos a parcelaria en Belmil e no que falta de Vimianzo, para rematar o mapa parcelario de Santiso.

Ovidio Leiva Pereiro, alcalde de Santiso

SantisoPara marcarse un propósito de cara al futuro,

lo primero que tenemos que tener en cuenta es el punto de partida. En este sentido, el ayuntamiento de Toques ha solucionado los problemas económi-cos que tenía, y se espera que durante 2011 no haya ningún problema económico reseñable.

Por lo tanto, ahora lo que toca es aplicar medidas de ahorro ate-nerse a lo que está presupuestado. Son dos premisas fundamentales. El ayuntamiento ha solucionado en los últimos años los problemas de pagos económicos que había. A día de hoy se puede decir que están todos al día y que se trata de una administración local solvente en la que se puede confiar. Por ello, el gobierno asume el nuevo año con esperanza y a la vez con realismo.

A estas alturas, el balance de este mandato es muy positivo. No es fácil resumir el trabajo de cuatro años en tan poco espacio, pero pueden destacarse los avances en los servicios sociales y sanitarios y en infraestructuras tan básicas y necesarias como los servicios de abasteci-miento de agua potable y de saneamiento de aguas residuales. Pero en general se ha hecho muchísimo trabajo en todos los campos en bene-ficio de los vecinos.

El objetivo para este año y para los siguientes es seguir ahondando en esta línea de trabajo. La aspiración es continuar aplicando y cum-pliendo el programa electoral en todos sus términos, tal como se ha hecho en los últimos años. A estas alturas, se da por cumplido más 70% del mismo.

Jorge Calvo, alcalde de Toques.

Toques

Page 7: Crónicas da Comarca

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - número 0 7

Este novo periódico é unha proba feacente de que late entre os nosos vales e ríos, unha vida activa e de exemplo para o resto da nación galega. Por estas terras trazouse ao longo da Historia un camiño de ofi-cios, traballos, tradicións, arte, romarías, natureza... que chegou aos nosos días. É a proba dun exemplo para Galiza enteira o posuír un coñecemento herdado para hoxe saber-mos conxugar TRADICIÓN e MODERNIDADE.

A modernidade que nos ofrece contar cun medio de comunicación para mostrar unha realidade vida e actuante. No eido da industria, como terra das mellores cerámicas, da cultura, con referentes como o Museo Terra de Melide. Nin que dicir ten que somos unha zona pun-teira na modernización do sector productor e transformador de leite, con numerosas cooperativas e empresas produtoras de queixo, iogur...

No campo político o BNG ten unha responsabilidade alta nesta tarefa, ao ser a forza política máis importante e que goberna a máis cidadáns. Ao frente das alcaldías de Melide e Arzúa, e na tenencia de alcaldía de Toques, no BNG ollamos o futuro con ilusión, mais con moito traballo.

Traballo colectivo que nos ten que levar a mellorar a oferta educa-tiva e non a recortala, como nos fixeron este ano en Curtis. Progresar como están a facer en Arzúa coa obra de mellora da travesía da prin-cipal rúa. Non claudicando ante atropellos como o que leva a cabo a empresa de residuos Gestan, en Sobrado, co apoio do PP no Goberno traendo o lixo d´A Coruña para a planta d´As Pías e facendo insalubre a vida dos veciños e agredindo o río Mandeo e contorno.

Manoel Bello Salvado, responsable-portavoz do BNG na Comarca .

BnG

Para os socialistas do Interior Coruñes o novo ano vén cargado de grandes expectivas e proxectos, con-dicionados en grande medida pola celebración da “Gran Festa dos Demócratas”: as eleccións munici-pais, as cales consideramos a máxima expresión da participación cidadá debido a que no ámbito munici-pal é onde os veciños se involucran máis na xestión do “Público”.

Este vai a ser o ano dos exames, cada veciño vai a valorar o goberno que ten e vai otorgar un voto de confianza nun grupo de persoas que deben xestionar importantes servicios e infraestructuras. No equipo do Interior Coruñes temos exemplos de xestión e goberno como Boimorto, Mesía, Toques (durante os dous anos de goberno encabezado por Miguel Buján) e a Tenencia de Alcaldía de Melide. Tamén temos un gran equipo que seguramente ha de merecer a confianza dos seus veciños en Arzúa, Santiso e Sobrado.

Neste ano, os cidadáns deben de ser quen de valorar equipos e de apostar fortemente por líderes que traballen en pro da colaboración entre municipios para a prestación de máis e mellores servicios. E nese sentido os socialistas temos vagaxe na xestión para mellorar a vida dos nosos veciños, na dinamización económica dos nosos concellos, na aposta por prestar servicios sociais como Centros de día, Residencias, Guarderías, Axuda a Domicilio….

É necesario que destas eleccións municipais saían gobernos que comprendan “A Comarca que os veciños queren” e, nese senso, os socialistas temos camiño avanzado porque somos o equipo que máis ten apostado pola colaboración entre concellos.

José M. Pazo García, membro da Executiva Provincial do PSOE

PSdeG-PSOe

Desde o Partido Popular afrontamos o 2011 con moitas ganas de traballar e con toda a seriedade que nos caracteriza para darlle unha mensaxe de alento aos cidadáns nunha situación tan difícil como a que atravesamos.

Unha situación á que a comarca non é allea. Como exemplo, en Melide nos últimos tres anos medrou nun 40% o número de para-dos, ata chegar aos 620. Ante esto, o PP quere trasladarlle á sociedade ánimo e estabilidade porque estamos convencidos de que temos moita riqueza e de que traballando entre todos podemos lograr saír desta situación.

É certo que este novo ano tampouco se presenta nada halagüeño e por eso é aínda máis importante o esforzo común. Coidamos que con este principio e coa nosa capacidade de traballo o PP está en condicións de conseguir cambios políticos en moitas zonas, apostando por proxec-tos que sirvan para que a xente consiga un posto de traballo.

Os nosos programas electorais van ser creíbles e adaptados á rea-lidade. Darémoslle prioridade e non escatimaremos recursos en servi-zos tan necesarios como os do eido sanitario, os centros de día, as esco-las infantís... Pero, insisto, a nosa mente está posta sobre todo na nece-sidade de xerar emprego, porque se non hai traballo dificilmente se poden manter todos eses servizos e facer avanzar a sociedade.

Dicía non hai moito un recoñecido premio Nobel que a xente nece-sita confianza. Eso e o que ofrece o PP. É o activo co que na comarca agardamos cambios políticos naqueles lugares onde non gobernamos.

Ángeles Vázquez, deputada no Congreso e voceira do PP en Melide.

PP

Colabora connosco, queremos saber de ti.

Envía as túas fotos, escritos, suxerencias, colaboracións... a:[email protected]

Crónicas da Comarca

Page 8: Crónicas da Comarca

8

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - número 0

Mesía reclámalle a Fomento a mellora nos accesos desde a n-634 a Boado

MESÍA O estudo previo das obras está feito pero falta redactar e licitar o proxecto

O Concello de Mesía está á espera de que o Ministerio de Fomento res-ponda á súa reivindicación de que redacte o proxecto de mellora dos accesos á parroquia de Boado desde a N-634. A proposta, presentada polo goberno municipal (PSOE) e que obtivo o respaldo de PP e BNG, pran-texa o redeseño da actual intersec-ción de acceso á parroquia, no punto quilométrico 685.

A reclamación fundaméntase na escasa visibilidade existente no cruce, que acumula varios incidentes de trá-fico. O goberno de Mariano Iglesias xa lle comunicara a problemática á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, que fixo un estudo para a rectificación do trazado, a constru-ción dun enlace con paso superior e a reposición de accesos, camiños e ser-vizos. Todo cunha valoración próxima

aos 2,4 millóns de euros.Porén, desde que se dese a coñe-

cer este estudo hai un ano, Fomento non avanzou na toma de deci-sións. Mariano Iglesias cre necesa-rio que “ese estudo se transforme en proxecto e se licite e executen as obras”, de gran trascendencia pois “é un acceso moi utilizado pola veci-ñanza para acceder á parroquia de Boado”.

ARZÚA - BOIMORTO - MESÍA Comenzan os traballos para dotar de senda peonil á estrada DP-1004

impulso ás sendas peonís das estradas provinciais da comarca con máis dun millón

As estradas provinciais están a gañar en seguridade para os peóns coa construción de sendas peonís en varios municipios da comarca. O investimento que está destinando a Deputación a este tipo de dota-ción nas súas infraestruturas viarias supera o millón de euros. O presi-dente provincial, Salvador Fernán-dez Moreda, visitou algúns dos trei-tos beneficiados por estas obras.

Así, en Arzúa construiuse unha senda peonil entre os puntos quilo-métricos 11,750 e 12,650 da estrada DP-0604, que chega ata o munici-pio desde a C-544 no Pino. Ademais, habilitouse un espazo para aparca-mento. O proxecto incluíu tamén bei-rarrúas desde este aparcadoiro ata o final da estrada. Estas intervencións supuxeron un investimento duns 238.000 euros e melloran a seguri-dade dos peóns nun treito moi con-corrido, ao estar próximo a varias vivendas e ao polígono industrial.

DE BOIMORTO A MESÍAPola súa parte, en Boimorto

comenzaron os traballos para dotar de senda peonil á estrada DP-1004, a que vai a Lanzá (Mesía), nalgo máis dun quilómetro de lonxitude, entre os pk 4,620 e 5,670. A senda, con 1,80 metros de anchura, conta cun orzamento de 112.000 euros para a súa execución.

Nesta estrada, esencial para as comunicacións entre Boimorto e Mesía e para a conexión coa estrada que leva ata Ordes, xa están remata-das as obras de ampliación e mellora do trazado. Son uns seis quilómetros que agora contan cunha plataforma de nove metros de ancho -distribuí-

dos en dous carrís de 3,50 metros e dúas beiravías dun metro-, firme mellorado e novos sistemas de dre-naxe e sinalización. O investimento achegouse aos 666.000 euros. Nesa

mesma estrada, a DP-1004, a Depu-tación adxudicou xa unha senda peonil na parroquia de Lanzá (Mesía) por un importe de 334.000 euros. As obras estarán rematadas nuns catro

meses e contemplan a senda desde o inicio da estrada no cruzamento coa N-634 nun percorrido de 860 metros no lado dereito e de 820 metros no lado esquerdo. Serán sendas de 1,80 metros de ancho e terán alumeado público ao longo de toda a recta, onde está o local social da parroquia.

Así mesmo, na estrada DP-4701 ao seu paso pola parroquia mesiense de Castro están xa en execución as obras de ampliación da calzada. Unha actuación que conta con 385.000 euros que farán que a estrada pase a ter un ancho de 6 metros e unha senda peonil lateral para facilitar o paso dos peóns con seguridade, á vez que se incrementa a facilidade de tránsito para o tráfico rodado.

Nas súas visitas a estas estradas, o presidente provincial estivo acom-pañado polos alcaldes de Boimorto, José Ignacio Portos Vázquez, e Mesía, Mariano Iglesias Castro. Ambos amo-saron a súa satisfacción polas mello-ras que a Deputación está a acome-ter nos seus municipios.

Fernández Moreda, cos alcaldes de Boimorto e Mesía e un técnico, na DP-4701

Adxudicadas as obras da estrada de Melide a SantisoPara finais de xaneiro está previsto o inicio das obras

de ampliación, mellora do trazado e acondicionamento do firme de 10,5 quilómetros da estrada provincial DP 4603, que une os concellos de Melide e de Santiso.

A Deputación da Coruña adxudicou os traballos por un importe próximo aos 1.230.000 euros, cun prazo de execución de doce meses. A empresa “Ponciano Nieto” foi a adxudicataria do contrato, que inicialmente con-taba cun orzamento de 1.868.000 euros, rebaixado no proceso de contratación.

Durante os derradeiros días de 2010, a administra-ción provincial culminou os trámites para a expropia-ción dos predios necesarios para executar os traballos,

co levantamento de actas previas de ocupación.O presidente da Deputación, Salvador Fernández

Moreda, expresou a súa satisfacción pola posta en marcha definitiva deste proxecto e reiterou o seu com-promiso coa súa execución, que segundo a entidade provincial “suporán unha importante mellora da segu-ridade do viario”.

Moreda considera que co inicio das obras cumpre o compromiso cos veciños de acometer as expropiacións con axilidade e adxudicar as obras en 2010. “Cando dou a miña palabra, é firme”, afirma o presidente provincial, remarcando que “foi o actual goberno da Deputación o que impulsou este proxecto”.

Soterran unha liña eléctrica de media tensión con financiamento europeo

O goberno municipal de Sobrado dos Monxes adxudicou as obras para o soterramento dunha parte dunha liña de media tensión na localidade. O importe da actua-ción é de algo máis de 109.000 euros. O contrato foille adxudi-cado á empresa Construcciones González y González, S.L. Trátase duns traballos cofinanciados con fondos europeos FEDER nunha convocatoria da Xunta de Galicia.

SOBRADO

Page 9: Crónicas da Comarca

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - número 0 9

O Ministerio de Fomento financia con dous millóns de euros as obras de humanización e reparación da estrada N-547 ao seu paso pola vila arzuana, que veñen de comezar hai uns días. Segundo se recolle nun con-venio asinado co Concello, o depar-tamento que dirixe o lucense José Blanco achega este ano un millón de euros e o resto en 2011.

As obras comezan coa demolición das beirarrúas e bordillos existentes, así como o fresado do firme actual. Os traballos terán lugar ao longo dos dous quilómetros da travesía de Arzúa, onde se utilizará unha baldosa de formigón vibrado. A única excep-ción será nun tramo de 1.080 metros xa que, ao coincidir co Camiño de Santiago, o pavimento será de gra-nito cunha pequena zona verde.

MELLORAS NA ZONABaixo as beirarrúas haberá

unha canalización para o alumeado público e nalgúns puntos mesmo está proxecta a substitución dalgun-has redes de pluviais e saneamento en mal estado. Finalmente, urbaniza-rase toda a travesía mediante a colo-cación de bancos, papeleiras e árbo-res. Ademais, nos pasos de peóns está prevista a instalación de sinaliza-dores viais de superficie LED solares para facilitar a súa visualización por parte dos conductores.

O acordo contempla que o conce-

llo dirixa o proxecto. Calquera gasto a maiores tamén será asumido polo erario local. Unha vez rematadas as obras, á administración municipal vaille corresponder o mantemento da zona exterior dos bordos nas dúas marxes da estrada e os traballos de rego e xardinería no casco urbano. Outras das responsabilidades do con-cello será a conexión eléctrica do alu-meado e o consumo enerxético que xere.

O portavoz do PSOE de Arzúa, Xabier Pintor, explica que este conve-

nio se acadou grazas á petición xes-tionada pola súa formación no Con-greso en 2009, a través do deputado Ceferino Díaz. Froito desta interven-ción, as obras foron recollidas nos orzamentos do Estado para 2010. Fomento aplicou esta consigna-ción orzamentaria, o que permitiu o inicio das obras. Pintor sinala que a enmenda dos socialistas “foi apoiada nun inicio polo BNG, aínda que pos-teriormente na votación final non votaron a favor por non apoiar os orzamentos”.

Fomento destina dous millóns de euros a humanizar a n-547

O POS 2011 servirá para acondicionar sete camiños e o acceso á potabilizadora

ARZÚA Mediante un convenio asinado coa administración municipal

O Plan de Obras e Servizos (POS) 2011 servirá en Mesía para acondicionar sete camiños en diversas parroquias e dar acceso á estación de tratamento de auga potable, en Castro. En concreto, a corporación municipal incluíu no plan os camiños do Cruceiro a Mou (Cabrui), desde o depósito ata O Pico (Cumbraos) e desde O Cru-ceiro a Santa Uxía (Cabrui), máis os camiños de Sobrado (Mesía), de Pontepereira (Olas), do Couto e de Reboredo (Xanceda).

O orzamento para as obras é de 119.000 euros. Os 112.000 euros restantes, ata completar os 231.000 do POS, destínanse á financiar servizos municipais.

Recreación virtual do resultado final das obras de humanización na parte de máis anchura da estrada nacional

Así quedarían as obras na zona próxima ás dependencias do Xulgado

MESÍA

Reparten o plan provincial en investimentos para as zonas rurais e para dúas rúas do casco urbano

Os 383.000 euros que o Plan Provincial de Obras e Servizos reserva para Arzúa en 2011 vanse investir tanto en rúas urbanas como en camiños e accesos do rural. Así, na rúa do Viso (desde o enlace con Baltasar Pardal ata o campo de fútbol) construiranse beirarrúas, arranxarase o firme e instalarase mobiliario urbano. E na rúa Basilio Carril está prevista unha nova capa de aglomerado e o correspondente pintado.

En canto ao rural, destaca o asfalto nos lugares do Chinelo, Agra da Tosta e San Salvador, na parro-quia de Santa María. En Boente, concretamente en Outeiro, acon-dicionarase un camiño, xunto coa pista entre A Pena (na Castañeda) e o límite con Melide, outro vial en Golán e o camiño entre a praia flu-vial e Ribadiso de Abaixo. Comple-tan o POS o enlace entre as aldeas de Tronceda A Nova e Aldea de Abaixo; e a reparación dunha serie de camiños en Maroxo e das pistas de Souto da Cal a Vilar e de Vilar ata Fonte da Vila, polo Penedo.

Ademais, o Concello incluíu a mellora do camiño entre A Pena e o cruce dos Catro Ventos, en Branzá, atendendo así unha peti-ción dos veciños, disconformes de como quedou a pista tras os tra-ballos feitos pola Xunta hai uns meses.

ARZÚA

Page 10: Crónicas da Comarca

10

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - número 0

O día que o cabalo branco de Santiago pasou por alí, deixou a súa pegada de ferro marcada na rocha. Eso é o que di a lenda sobre Pena Ferrada, no Camiño Primitivo entre Vilamor e Vilouriz (Toques). Sen embargo, a día de hoxe nin veciños nin visitantes nin peregrinos poden comprobar se da lenda hai algo de certo, ou cando menos ver a pedra que pisou o apostólico cuadrúpedo.

O motivo é que o treito do Camiño de Santiago correspondente a Pena Ferrada atópase abandonado, cuberto de vexetación e mesmo des-viado por un lugar alleo á traza orixi-nal. Así o acaban de denunciar a organización ecoloxista Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) e o Foro do Camiño Primi-tivo, que hai uns días reuniron unha vintena de voluntarios nun acto para reivindicar a conservación e o coi-dado do que definen como un dos enclaves máis simbólicos do roteiro peregrino.

CANCELAS E TALUDESADEGA afirma que o desvío “ofi-

ciado pola Xunta” é máis longo có orixinal e sobre todo carece de sen-tido. Explica que a sinalización colo-cada é “fraudulenta” e que unha nova pista de terra aberta recen-temente impide chegar a Pena Ferrada. Quen intentan acceder ata ese punto atopan unha frondosa vexetación e unha “sucesión de obs-táculos” como cancelas metálicas ou

taludes de terra, que para os eco-loxistas “aparentemente” coloca-ron os propietarios das parcelas que atravesa o Camiño. O obxectivo sería intentar que os romeiros desistan de ir polo traxecto histórico, ao que os veciños aínda lle chaman “camiño vello” e que en teoría debería ser o único válido.

A OBRIGA É PROTEXEROs ecoloxistas e o Foro do Camiño

Primitivo non dubidan en calificar de “inoperante, irresponsable, e falta total de sensibilidade e rigor cientí-fico” a actuación da Xunta con res-pecto á historia e ao significado da ruta xacobea. Por eso, lémbranlle a súa obriga de protexer e respectar o patrimonio do Camiño, algo que debería facer de forma aínda máis decidida en Ano Xacobeo.

Como teñen poucas esperan-zas de que a administración autonó-mica asuma a súa responsabilidade, os organizadores do acto de hai uns días xa anunciaron que nos vindeiros meses retomarán esta iniciativa para acabar de acondicionar e sinalizar de xeito correcto o tramo que conside-ran “malogrado” do Camiño Primi-tivo á altura de Pena Ferrada. Na pri-meira xornada non o deron conse-guido, porque a meteoroloxía non os acompañou e porque a maleza está tan estendida que, pese a ir equipa-dos con ferramentas de desbroce, non deron limpado todo para abrirse paso.

Pena Ferrada, onde o Camiño Primitivo sucumbe ante a deixadez da Administración

Reivindicación unánime para que a Xunta concrete o centro médico

MELIDE Piden prazos para a súa construción

Remodelación a fondo para o parque Rosalía de Castro

MELIDE Cun investimento de 130.000 euros

TOQUES Os ecoloxistas e o Foro do Camiño Primitivo denuncian a falta de protección da ruta entre Vilamor e Vilouriz

Os tres partidos políticos con representación en Melide (BNG, PP e PSdG) asinaron un acordo conxunto no que se piden á Xunta que solu-cione de forma “urxente” os proble-mas de espazo que lastran a calidade asistencial no actual centro de saúde.

A reivindicación chega despois de varios meses de silencio da Conse-llería de Sanidade ao respecto desta infraestrutura. En abril, a Xunta pro-puxera construír un novo centro a carón do actual, nuns terreos de 4.000 m2 aos que mesmo chegou a desprazar técnicos e o propio xerente de Atención Primaria. Así, desbo-taba a idea de amplialo, para o que

a anterior Xunta bipartita xa tiña un proxecto elaborado.

A preocupación no Concello foi en aumento, tanto pola falta de res-posta da Xunta como pola ausencia de Melide na relación de 19 novos centros de saúde aprobada polo Con-sello da Xunta en outubro. O acordo da corpoación solicítalle á adminis-tración autonómica que ofreza infor-mación oficial sobre os prazos para a construción do centro e que concrete os trámites para a cesión dos terreos municipais. A alcaldesa, Socorro Cea, considera que o novo consultorio é unha “necesidade urxente” pola que a vila “non debe agardar máis”.

O parque Rosalía de Castro de Melide vai experimentar unha pro-funda remodelación nos vindeiros meses, cun investimento de 130.000 euros financiado pola Deputación e o Concello. O obxectivo é que sexa un espazo máis humano e por iso vanse mellorar a zona axardinada, o arborado, o mobiliario urbano, os accesos peonís e a iluminación.

En concreto, vanse repoñer as baldosas das beirarrúas que rodean o parque. En vez da grava actual, colocarase un novo firme nos cami-ños centrais para que poidan circu-lar carros de bebé ou cadeiras de rodas e instalarase un rego automá-

tico cerca da pista de pádel. Ade-mais, as farolas serán reemprazadas por luminarias residenciais e outras con forma de bolardo baixo para o espazo de arborado, que farán o parque máis acolledor. Tamén está prevista a colocación de 21 bancos, sete papeleiras e dúas fontes.

O Concello considera que este proxecto servirá para que os cida-dáns de todas as idades teñan un punto de encontro. Lembran que o parque aumentou a súa activi-dade nos últimos anos cunha oferta de ocio que inclúe dúas pistas de pádel, unha pista multideporte, un parque infantil e un local de ensaio.

Chegar a Pena Ferrada é tarefa de expertos porque o Camiño foi desviado

Algúns treitos do Camiño Primitivo presentan cancelas ou taludes de terra

Page 11: Crónicas da Comarca

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - número 0 11

As enerxías renovables están cada vez máis presentes nas comarcas de Arzúa e de Melide. Ademais das ini-ciativas particulares para a instala-ción de equipos solares térmicos, as institucións están dotando a diversos edificios e espazos públicos de ins-talacións fotovoltaicas, para a xera-ción de electricidade, e fototérmicas, para a xeración de auga quente.

A medida de maior envergadura neste sentido é a emprendida pola Deputación da Coruña, cun proxecto financiado nun 40% polos fondos do Mecanismo Financieiro Europeo, o único de toda Galicia que conta con este finanzamento. O obxectivo é mellorar a eficiencia enerxética dos concellos mediante a promoción de enerxías limpas e renovables.

Os municipios beneficiados por estes investimentos na nosa zona son: Arzúa, Boimorto, Melide, San-tiso, Sobrado dos Monxes e Toques. En cada un acométese polo menos unha instalación térmica para auga quente en piscinas ou vestiarios e outra fotovoltaica para xerar enerxía eléctrica, ben para consumo propio ou ben para a venda á rede.

POR CONCELLOSEn concreto, en Arzúa instalarán

un xerador fotovoltaico conectado á

rede no recinto feiral. Os equipos tér-micos abastecerán de auga quente ás duchas do polideportivo municipal, do polideportivo do Viso e da piscina climatizada. Nesta última, tamén axu-darán a quentar a auga do vaso.

Boimorto contará con instalacións fotovoltaicas conectadas á rede no Museo da Tellería, nunha pérgola do colexio Armando Cotarelo e nunha cuberta na praza da Casa Consisto-

rial. En canto á fototérmica, os equi-pos servirán ás duchas dos vestiarios do campo de fútbol e ás da piscina municipal descuberta, onde tamén quentarán a auga do vaso.

En Melide, as instalacións fotovol-taicas ubicáronse no centro sociocul-tural e no pazo de congresos e expo-sicións. As térmicas utilizaranse para as duchas da piscina climatizada e do polideportivo municipal, ademais de

para quentar a auga da piscina clima-tizada e da descuberta de Furelos.

Santiso situou o seu equipo foto-voltaico nunha pérgola conectada á rede na área recreativa de Visantoña e na cuberta da ludoteca. Os paneis fototérmicos estarán no polidepor-tivo municipal e no campo de fútbol de Arcediago, no polideportivo muni-cipal de Visantoña e nas duchas da piscina municipal, para a que tamén haberá unha instalación que quen-tará a auga do vaso.

No que respecta a Sobrado dos Monxes, a biblioteca municipal e o colexio público Virxe do Portal alber-garán as instalacións fotovoltaicas, mentras que o polideportivo munici-pal e a piscina descuberta terán equi-pos térmicos para quentar a auga das duchas, ademais dun específico para a piscina.

Finalmente, en Toques o albergue de peregrinos terá un equipo fotovol-taico conectado á rede e a igrexa de Santa María da Capela contará con iluminación exterior. Os equipos tér-micos proverán de auga quente ás duchas do albergue de peregrinos, da piscina municipal descuberta, do campo de fútbol municipal e do poli-deportivo municipal. Tamén se quen-tará a auga da piscina cun equipo propio.

A instalación das enerxías renovables avanza nos concellos do interior coruñés

COMARCA A Deputación financia a instalación de equipos fototérmicos e fotovoltaicos

A Deputación financia con fondos europeos a instalación de equipos de enerxía solar

COMARCA Os investimentos nos sete concellos da comarca superaron os 7 millóns de euros en 2009 e 2010

O Plan e xerou 500 empregos na comarcaDiante da situación global de

crise económica, o Goberno de España puxo en marcha un conxunto de medidas dirixidas a impulsar a recuperación da economía e a crea-ción de emprego, así como a encau-zar o modelo económico español cara un patrón de maior sustentabi-lidade. Nace así, no 2009, o Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL), dotado con 8.000 millóns de euros para todos os municipios de España, dos cales preto de 500 foron desti-nados aos concellos de Galicia.

Un ano despois, o Executivo que preside José Luis Rodríguez Zapatero puxo a andar un segundo programa, o Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local (FEESL), con 5.000 millóns para toda España e máis de 300 millóns para os munici-pios galegos. Estes dous plans posi-

bilitaron a creación e consolidación de máis de 500 empregos nos con-cellos de Arzúa, Boimorto, Melide, Mesía, Santiso, Sobrado e Toques.

Entre o FEIL 2009 e o FEESL 2010, que se está rematando de executar, estes sete municipios recibiron un investimento total superior aos sete millóns de euros. Este importante volume de recursos fixo posible que eses concellos acometeran entre o ano pasado e o presente exercicio un total de 70 proxectos, actuacións moitas delas que, dadas as actuais limitacións financeiras dos entes locais, non terían cabida nos orza-mentos municipais.

O FEIL 2009 posibilitou un inves-timento de 4,54 millóns de euros na zona, que se traduciron en 41 proxectos que deron emprego a 342 persoas. Con este Fondo finan-

ciáronse actuacións tan importan-tes como a urbanización e dotación de servizos das rúas do Castro e Río Mera, en Arzúa (801.384 euros); a reforma do pavillón polideportivo municipal de Boimorto (180.312 euros); o acondicionamento da estrada de Mesía a Cova de Vales, en Mesía (176.747 euros); o centro multiusos de Toques (199.984 euros); a adecuación interior do centro sociocultural de Melide (599.877 euros); a mellora da capa de rodaxe do camiño de Penaposta a Arcediago, en Santiso (197.068 euros); ou o centro social de Pena-grande, en Sobrado (132.238 euros).

O FEESLPolo que atinxe ao FEESL 2010,

as cifras son tamén significati-vas. Este Fondo conleva un investi-

mento na zona de 2,57 millóns de euros, distribuídos en 29 proxectos de obra e de gasto social. Iniciativas que implican a contratación de 168 persoas. Entre os proxectos finan-ciados figuran: a renovación do alu-meado público na rúa do Viso, en Arzúa (169.944 euros); a renovación da cuberta do polideportivo munici-pal de Boimorto (202.967 euros); a modernización da rede de locais sociais de Mesía (136.407 euros); a ampliación do camiño interior en San Martiño, en Toques (78.319 euros); o proxecto de acondiciona-mento da praia fluvial do río Fure-los, en Melide (300.000 euros); a canalización de abastecemento de auga de Pezobres a Pezobre (77.031 euros), en Santiso; ou o sanea-mento en Vilanova, en Sobrado (142.524 euros).

Page 12: Crónicas da Comarca

12

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - número 0

- Cal é a “saúde” do PSdeG-PSOE na comarca da Montaña?

- Eu diría que moi boa. Cun intenso traballo, os socialistas estamos trans-formando unha comarca que tradi-cionalmente foi un dos bastións do PP. É evidente que hai unha forza polí-tica que está en retroceso, que é o PP, que xa só goberna en Sobrado e, estes dous anos, en Toques. Fronte a ela, hai outra forza, o PSdeG, en claro pro-greso e consolidación de apoios, pois xa gobernamos en Mesía, Boimorto e os dous primeiros anos en Toques, ademais de co-gobernar en Melide. Pero o importante non é tanto a saúde do PSdeG como a saúde da comarca. E hoxe é innegable que ten mellorado cos gobernos de progreso.

- Como valora a xestión feita polos seus alcaldes?

- O PSdeG está consolidando un proxecto que mellora a calidade de vida dos veciños, que está causando unha auténtica revolución na comarca e cuxos exemplos máis claros son os gobernos de Boimorto e Mesía, así como os 2 anos de goberno socia-lista de Toques. Os cidadáns destes concellos sábense o centro das nosas políticas.

- Cales son as aspiracións do PSOE na comarca, sobre todo en Arzúa e Melide, de cara ás municipais?

- En Arzúa temos un magnífico candidato, que é Xabier Pintor, e que conta cun equipo disposto a transfor-mar un concello clave nunha comarca que hai que capitalizar. Están reali-zando un traballo fantástico e de ser-vizo público, de control ao goberno local pero tamén de xestión e conse-cución de inversións. Temos deposi-tadas moitas esperanzas nas vindei-ras eleccións. En Melide, o PSdeG está no goberno e, polo tanto, aí está a súa xestión, na que o tenente de Alcalde,

Manolo Prado, fixo unha magnífica tarefa. Eu penso que as vindeiras elec-cións son claves para consolidar o noso proxecto.

- Na comarca a gandería ten unha enorme relevancia. Cales son as súas propostas para reactivar este sector?

- Non so é relevante, senón tamén un sector estratéxico para toda Gali-cia. E ante isto, que fai o goberno de Feijoo? Recortar. Voulle poñer só dous exemplos: rebaixou nun 57% a inver-sión real do servizo de desenvolve-mento rural e en 44 millóns de euros o diñeiro destinado ás concentracións parcelarias. Pero, por outra banda, os pensos galegos son un 25% máis caros que no resto do Estado e, dende hai meses, os nosos gandeiros reciben unha media de 0,5 céntimos menos por cada litro de leite que no resto de comunidades. Tivemos que ser os socialistas, dende o Goberno Cen-tral, quen apostamos polos contratos homologados que obriguen as indus-trias fronte aos produtores.

- A comarca ten un déficit de infraestruturas. Cales son as súas propostas nete eido?

- Somos cons-cientes do défi-

cit histórico que existe neste senso na comarca da Montaña, sobre todo se temos en conta a posición neu-rálxica que debería representar. Por iso, só podemos congratularnos de que, fronte á política de paralización permanente desta Xunta, o Ministerio de Fomento dirixido por un socialista galego non deixe de impulsar proxec-tos como a A-54, en concreto o tramo Arzúa-Palas de Rei cuxo estudo infor-mativo acaba de ser publicado no BOE. O resto dos tramos están xa en obras. A nosa aposta seguirá sendo a mesma: por esta comarca, como fixemos e estamos facendo, e pola súa xente, pola calidade de vida dos veciños.

ENTREVISTA Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdeG-PSOE

“A comarca da Montaña ten mellorado cos gobernos de progreso”

Desde a esquerda, Silvia Fraga, Mar Barcón, Pachi Vázquez e Xabier Pintor

A Agrupación Socialista de Arzúa propuxo a Xabier Pintor como candidato á Alcaldía para as eleccións municipais do 22 de maio. Na súa proposición, contou coa presenza do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, a secretaria de Política Municipal, Mar Barcón, e Silvia Fraga, depu-

tada autonómica.Xabier Pintor comprometeuse

a seguir desenvolvendo un “traba-llo constante e arreo” para inten-tar acadar a alcaldía. Sinalou que no poder continuaría “as mesmas directrices de traballo produtivo e rigoroso que seguiu desde a opo-sición”.

Xabier Pintor encabezará de novo as listas do PSOE arzuano

O secretario xeral dos socialistas galegos, Pachi Váz-quez, visitou hai uns días a nosa comarca co gallo da proclamación de Xabier Pintor como candidato á Alcal-día de Arzúa polo PSdeG-PSOE. Vázquez destaca que “os socialistas estamos transformando esta comarca” e asegura que “teño moitas esperanzas depositadas nas próximas eleccións”.

“Fronte á política de paralización permanente desta Xunta, o Ministerio

de Fomento impulsa o tramo Arzúa-Palas de Rei”

Page 13: Crónicas da Comarca

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - número 0 13

O Ministerio de Fomento que preside o galego Xosé Blanco vén de aprobar o estudo informativo do tramo Arzúa-Palas de Rei da auto-vía A-54 (Santiago-Lugo). Unha apro-bación que permitirá a próxima lici-tación das obras, que suporán un investimento duns 188,9 millóns de euros (IVE non incluido) e que permi-tirán mellorar de xeito importante as comunicacións viarias na comarca.

O trazado aprobado por Fomento (denominado Alternativa 4) contem-pla a construción dun tramo de auto-vía de 28 quilómetros, que discorre paralelo á estrada N-547, pasando ao sur de Arzúa, Melide e Palas de Rei. Terá as características propias dunha autovía, é dicir, dúas calza-das compostas por dous carrís de 3,5 metros cada un, con beiravías exte-riores (de 2,5 metros) e interiores (1 metro), así como unha mediana de 9 metros de anchura.

ENLACES Este proxecto, que xa conta coa

preceptiva Declaración de Impacto Ambiental, contempla as medidas correctoras necesarias para minimi-zar posibles afeccións medioambien-tais, especialmente ao paso da auto-vía pola Serra do Careón en Melide. Por iso, o percorrido inclúe a execu-ción de nove viaductos, que suman máis de 3,5 quilómetros.

Así mesmo, o vial que unirá Arzúa e Palas de Rei inclúe enlaces coas principais estradas e puntos estra-téxicos da comarca. Un dos enla-

ces terá lugar en Remonde, en Palas de Rei, o que o converterá na prin-cipal vía de comunicación co parque empresarial da Madanela. Outro dos enlaces ubicarase a uns 300 metros ao sur do campo municipal de fútbol de Melide e un terceiro terá lugar en

Visantoña (Santiso), á altura do cha-mado “cruce dos oitos”, na intersec-ción entre Santiso, Melide e Arzúa.

O anuncio de Fomento foi moi ben recibido na comarca, especialmente en Melide, onde o primeiro tenente de alcaldesa, Manuel Prado, amosou

a súa satisfacción por que “se estean dando por fin os pasos necesarios para que se desbloquee o tramo da autovía que afecta a Melide” e que “esta vila precisa urxentemente como un factor importante para o seu crecemento”.

Fomento aproba o estudo informativo do enlace por autovía entre Arzúa e Palas de Rei

COMARCA O orzamento base estimado de licitación deste tramo da A-54 ascende a 188,9 millóns de euros

A Deputación financia con fondos europeos a instalación de equipos de enerxía solar

Prado repite como candidato socialista tras vencer unhas primarias moi igualadas

MELIDE É o actual tenente de alcaldesa melidense

A Asamblea Local do BNG ratifica por unanimidade a Xaquín García como candidato á alcaldía

ARZÚA Afrontará as súas terceiras eleccións

O actual concelleiro e tenente de alcaldesa de Melide, Manuel Prado Puga, repetirá nas vindeiras eleccións municipais como candidato á Alcal-día polo PSdG-PSOE. Foi elixido polos militantes socialistas que participa-ron hai uns días nunhas primarias.

Manuel Prado competía por lide-rar as listas dos comicios locais co funcionario José Prado, de 44 anos. O resultado das primarias foron moi igualado, pero finalmente a militan-cia decantouse pola continuidade do

actual líder, que ten encomendadas no concello as responsabilidades de Medio Ambiente, Seguridade Cidadá, Servizos, Educación e Traballo.

Prado ten xa unha ampla expe-riencia na política melidense, ao formar parte da corporación local desde 2003. Fontes do partido con-sideran que o seu proxecto se carac-teriza pola “capacidade dinamiza-dora da sociedade de Melide” e polo potencial “integrador”, sen despre-zar a vocación de “continuidade”.

A Asemblea Local do BNG de Arzúa vén de confirmar por unani-midade a Xaquín García como can-didato á Alcaldía nas próximas elec-cións municipais, que se celebra-rán en maio. Deste xeito, García afrontará ás súas terceiras eleccións dende a chegada do seu equipo ao goberno arzuán.

Avalado por un arduo traba-llo e respaldado por dúas lexislatu-ras de goberno nas que foi capaz de lograr un concello saneado econó-

micamente e asentado para un des-envolvemento urbanístico e sosti-ble, Xaquín García presentará aos vindeiros comicios un programa de propostas que continuará a liña de traballo marcada nos últimos oito anos.

A Asamblea Local do BNG rati-ficou a valía do seu candidato co firme convencemento de que Xaquín García é “a mellor proposta para Arzúa, para o seu progreso e para o noso futuro”.

Page 14: Crónicas da Comarca

14

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - número 0

O Goberno central comprome-teuse a destinar 500.000 euros dos Orzamentos do Estado en 2011 a rematar a Casa da Cultura de Melide. Deste xeito, esta infraestrutura cultu-ral podería abrir todas as súas áreas ao longo deste ano.

Este investimento, froito dunha enmenda do BNG no Congreso dos Deputados, servirá para acondicio-nar a planta alta do edificio e rema-tar os distintos sistemas de instala-

cións, así como as dotacións de ele-mentos de seguridade, megafonía e telecomunicacións. Tamén se pavi-mentará e revestirá a zona do vestí-bulo, as gradas e os aseos da planta alta, reforzarase o sistema acústico do graderío, instalarase un ascensor e os aseos adaptados, e colocaranse butacas na parte alta do inmoble.

A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, afirma que “esta é unha exce-lente noticia, pois así poderase darlle

cumprimento a un dos principais obxectivos deste mandato, unha obra moi complexa e custosa na que se levan investido só nestes tres últimos anos 1,2 millóns de euros”, declara.

MÁIS DE 2,5 MILLÓNSIso nos últimos tres anos pero,

unha vez rematada, a Casa da Cultura terá suposto un gasto total de máis de 2,5 millóns de euros, desde que o anterior executivo municipal (PP) deseñara un proxecto “faraónico”, atendendo ao calificativo usado desde o actual goberno municipal integrado polo BNG e o PSdG-PSOE.

Así, tras a derruba da anterior Casa da Cultura e ata a paraliza-ción das obras en 2006, gastáranse 931.000 euros na súa reconstru-ción. Tras a súa chegada ao poder en 2007, o novo goberno local reactivou a obra cun investimento de 315.000 euros para acondicionar a entrada e habilitar a sala de exposicións. Des-pois, en 2009, o Concello aproveitou 600.000 euros do Plan E para os tra-ballos de electricidade, saneamento, climatización, fontanería e albanele-ría nos baños, no patio de butacas, nos despachos, nos camerinos e no escenario.

Nestes intres, está en execución unha nova fase do proxecto, que conta con 336.000 euros dun conve-nio coa Deputación. Co medio millón de euros que acaba de comprometer o Ministerio, o remate definitivo da obra está máis preto. Porén a alcal-desa matiza que “esta non era a idea que o equipo de goberno tiña para a Casa da Cultura, pero esa foi a her-danza do anterior goberno e ato-pándonos cun inmenso esqueleto en obras, quixemos sacalo adiante porque Melide non podía seguir sen Casa da Cultura máis tempo”.

Cartos para rematar a Casa da Cultura

Goberno e sindicatos tratan de achegar posturas sobre a relación de postos de traballo do concello

MELIDE Compromiso de 500.000 euros do Ministerio

A Relación de Postos de Traba-llo (RPT) do Concello de Arzúa está sendo nestas semanas motivo de negociación entre o goberno de Xaquín García Couso e os repre-sentantes sindicais dos traballa-dores. Polo de agora non chegou a haber conflicto como tal, pero si houbo momentos tensos coas crí-ticas iniciais dos sindicatos UGT e CC.OO. por non figurar o persoal temporal municipal na RPT.

Esa “carencia” segue exis-tindo, e os sindicatos insisten na súa pretensión de que o goberno as subsane, pero á vez recoñece-ron “unha vontade por parte do goberno municipal, manifestada en repetidas ocasións, de acadar un marco regulador das condi-cións laborais de todo o persoal do Concello”, tal como pode lerse nun comunicado conxunto de UGT e CC.OO.

Polo de agora non hai un acordo pechado, pero na reunión convocada polo alcalde unha vez feitas públicas as críticas dos representantes dos traballadores, García Couso teríase amosado dis-posto a incorporar un anexo ao convenio colectivo con melloras retributivas para o persoal tempo-ral. O convenio está tamén en fase de negociación e as melloras retri-butivas estarían baseadas na valo-ración realizada para os postos xa incluídos na RPT.

ARZÚA

Parte da Casa da Cultura xa está totalmente rematada desde hai tempo

OBRA CIVIL - EDIFICACIÓN - SERVICIOS

Rúa do Carme 16. 15.800. Melide (A Coruña) - Telf: 670 098 894 - 677 492 217Fax: 981 942 462 - E-mail: [email protected]

Transporte e aluguer de maquinaria de obra pública e estruturasExcavacións, zanxas entibadas, cimentaciónsRiegos asfálticos e aglomerados

Servizo integral de canalizaciónsSoleras de formigónTuberías, bordillos e baldosas

Page 15: Crónicas da Comarca

eCOnOMíA

Crónicas da Comarca - número 0 15

Hai un ano, cinco cooperativas gandeiras galegas decidiron dar un paso de xigante para enfrontarse á situación agonizante que atrave-saba do sector lácteo. A baixada de prezos do produto en orixe, a presión da industria e a distribución deixaron aos gandeiros ao borde, en moitas ocasións, da quebra.

Dispostos a seguir loitando polo sector se conformaba un ambicioso proxecto co que obter a verticalidade do sector, é dicir, situar o leite galega directamente no mercado, elimi-nando intermediarios, para retribuir o produto en orixe aos gandeiros-socios-proveedores ao mellor prezo posible. Cunha resposta cada vez máis positiva, este proxecto empeza a reforzarse baixo a idea de conver-terse no xérmolo dunha gran aso-ciación láctea que poda facer forza contra a presión da industria e da dis-tribución, reivindicando o traballo do gandeiro e o seu produto, que se tenta defender como 100% galego.

En 2009 cinco cooperativas gale-gas aglutináronse en torno a esta idea, que pouco a pouco foi callando baixo o nome de Alimentos Lácteos, SA. Conseguíuse chegar a un acordo con Pascual para facerse coa planta de Outeiro de Rei, unha das máis punteiras de Europa, e comezar a tra-ballar. Dous meses despois da súa constitución, xa eran oito as coope-

rativas integradas, e hoxe, oito meses despois de comezar a producir, están asociadas doce e continúan as nego-ciacións para seguir crecendo.

Así, máis de 2.500 familias están xa asociadas a Alimentos Lácteos a través da súa cooperativa. Entregan diariamente o seu leite, que se envasa baixo as marcas Deleite Galego e Muuu, e comezaron a recibir por ela un prezo moi superior á media del mercado, superando ampliamente os 0,31 céntimos por litro.

LOITA CONTRA XIGANTESAlimentos Lácteos aparece pola

necesidade de loitar contra as dificul-tades económicas que afectaban ao sector gandeiro, un dos piares funda-

mentais da economía galega, pero o panorama non facilitaba tampouco a súa entrada no mercado. Os núme-ros oficiais indicaban que máis da metade das explotacións gandeiras están en Galicia, xerando o 35% da produción nacional; porén, só o 30% do leite procesado en Galicia era de capital galego.

Certamente, a produción láctea de Galicia estivo condicionada polas esixencias de rendabilidade e com-petitividade que impoñen as gran-des compañías lácteas. Por todo iso, a importancia deste proxecto radica en acabar con esta situación e conse-guir que o leite chegue ao consumi-dor de forma direta, sen necesidade de intermediarios, eliminando costes

innecesarios e puidendo ofrecer un alto estándar de calidade sen incre-mentar os costes de produción.

Alimentos Lácteos é, polo tanto, un proxecto nado “do campo e para o campo”. Ten como accionistas uni-camente a cooperativas lácteas gale-gas (como a do Perpetuo Socorro ou a Arzuana) e, a través delas, aos propios gandeiros. O seu obxectivo tamén é servir a éstas como instru-mento comercial para a captación de novos socios. Pero queren ir más alo, coa harmonización de métodos e procedimentos dos seus asociados e buscando novas sinerxias entre eles para facerse cada vez máis fortes.

Por outra parte, esta empresa de base cooperativa apostou polo aproveitamento dos recursos natu-rais (pastos e forraxes) e humáns (o saber facer dos seus gandeiros dende hai moitos anos) de Galicia, para pro-ducir un leite de extraordinaria cali-dade e que se converte nunha mate-ria prima excepcional para multitude de produtos lácteos.

Alimentos Lácteos postúlase como unha iniciativa que pretende ser un elemento de cohesión, con-tribuíndo a compensar o débil poder de negociación do sector produtivo lácteo. Os obxectivos de 2010 eran chegar a unha facturación duns 40 millóns de euros, sendo a previsión para 2011 a de superar os 90 millóns.

Alimentos lácteos, un proxecto cooperativo que loita por revitalizar o sector lácteo

ARZÚA Dúas cooperativas de Arzúa, Perpetuo Socorro e Arzuana, participan nesta iniciativa

As Cantareiras de Ardebullo protagonizan o spot publicitario de Deleite Galego

As severas dificultades que vive o sector leiteiro en toda España son aínda máis graves en Galicia, que aínda tendo o maior número de explotacións e o maior volume de produción recibe case sempre os peores prezos en orixe.

A proba está nunha análise eco-nómica elaborada polo sindicato Unións Agrarias, á que tivo acceso Crónicas da Comarca. Nun estudo comparativo para unha explotación de leite con 300.000 quilos de cota láctea, conclúe que cada ano ingresa 14.466 euros menos que unha astu-riana, en igualdade de condicións. Os ingresos da granxa galega serían de case 93.800 euros, mentras que

os da asturiana ascenden a algo máis de 108.200 euros. A diferencia é superior ao 13%.

CONTRATOSEsta situación, á que se chega

despois de caer os prezos desde os case 45 céntimos de euro por litro desde xaneiro de 2008 ata os pouco máis de 30 do pasado outubro, dá pé a falar de novo no sector de medi-das para intentar normalizar o mer-cado leiteiro, ou cando menos arte-llar algún mecanismo de estabili-dade para o gandeiro.

Entre eles están os contratos homologados, recomendados polo grupo de expertos de alto nivel da

Comisión Europea e asinado xa por administración, industrias e sindica-tos agrarios en 2009. Sen embargo, ata agora non se deron pasos nin para aplicalo nin para cumprilo.

Neste sentido, Unións Agrarias ten as esperanzas postas no novo decreto do ministerio, no que agarda que como mínimo se contemple que os contratos sexan obrigatorios en todas as entregas de leite dun gan-deiro á industria, sancións para as industrias que non asinen contratos homologados, un sistema de refe-renciación de prezos (que está a des-eñar un equipo da Universidade de Santiago), e garantías ante as autori-dades de Competencia.

Unha granxa galega ingresa ao ano 14.500 euros menos que unha asturiana

COMARCA Reivindican aplicar e cumprir os contratos homologados

Unións Agrarias organiza xornadas técnicas para produtores e gandeiros ata o 25 de febreiro

O sindicato Unións Agrarias programou varias xornadas técni-cas na súa oficina de Arzúa, que se desenvolverán do 17 de xaneiro ao 25 de febreiro. Unha delas ver-sará sobre a xestión e o manexo de explotacións mediante progra-mas informáticos. Outra apren-deralles aos participantes a cal-cular o umbral de rendabilidade das granxas, co que poderán ava-liar se lles interesan determina-dos investimentos. Estas accións formativas tamén dedicarán parte do seu tempo á xenética avanzada e á transferencia de embrións. Os cursos serán de luns a venres de noite. Inscricións no 980 500 800.

ARZÚA

Page 16: Crónicas da Comarca

16

eCOnOMíA

Crónicas da Comarca - número 0

Por primeira vez en vintecinco anos, Arzúa non celebrou a Feira de Cans de Caza que se desenvolvía os dous primeiros domingos de outu-bro. A organización non recibiu sufi-ciente respaldo institucional para continuar coa que chegou a ser a mostra canina máis importante de toda España e que xa en 2009 se vira acurtada a unha soa xornada.

A preocupación na vila é evidente, ante a perda, cando menos provisio-nal, dun dos grandes reclamos de visitantes cos que contaba ao longo do ano, e que deixa un considerable baleiro tanto para os afeccionados ao mundo cinexético como nos sectores do comercio e da hostalería.

“BÓTASE EN FALTA”De feito, o responsable dun dos

principais establecementos de res-tauración da vila declara a Crónicas da Comarca que “notamos moito a cancelación da feira porque para nós era unha fin de semana moi boa, practicamente a mellor de todo o ano despois da da Festa do Queixo”. Este profesional engade que “para todo Arzúa era algo moi bo, e para o noso sector fenomenal, así que é todo un golpe económico”.

Por eso, lamenta a “falta de acordo entre os organizadores e o concello” e agarda que reconduzan

a situación para recuperar a feira en vindeiras edicións.

“Paréceme que é de sentidiño que se tes algo que funciona e che dá riqueza non o podes botar a perder nin deixalo desaparecer, tes que mirar de potencialo aínda máis”, ase-gura outro hostaleiro, molesto pola cancelación. Incluso se amosa dis-posto a “botar unha man” para recu-perar a feira e reclama unha implica-

ción colectiva para relanzala e recu-perarlle certo esplendor.

Noutro bar céntrico, matizan en cambio que non lles afectou en nada a supresión do evento porque “nos últimos anos esta feira xa non era moi boa, estaba moi abandonada e practicamente non nos beneficiaba en nada”. Sen embargo, agardan que se reactive porque “o bo sería que volvese a ser como era nos pri-

meiros anos”, cando a localidade se enchía de visitantes que tanto para-ban a tomar un café como quedaban a xantar e botar a partida, cos ingre-sos que eso supoñía.

ASFIXIAR A FEIRANo eido político, o grupo socia-

lista lamentou que non se celebrase o evento. O PSOE acusa ao goberno municipal, do BNG, de ir “asfixiando ano tras ano” a feira desde que goberna o concello. “Como pionei-ros, debería ser a mellor feira de España”, aseguran, cando en reali-dade levaba anos decaendo.

Os socialistas explican que os 4.200 euros que o concello lle asig-nou como axuda á organización son “a todas luces insuficientes para un evento desta categoría”, que precisa de fondos suficientes para a expo-sición, os controis veterinarios, as accións de promoción e publicidade e as distincións que se lles entrega-ban aos mellores exemplares.

Por eso, e para recuperar a feira “ante o perigo de desaparición”, o PSOE propón institucionalizala e que o Concello asuma a súa organización. Non sen antes facerlles un “recoñe-cemento aos fundadores dos que sabemos do esforzo que tiveron que facer ata agora para levar adiante nos últimos 25 anos”, aseguran.

A falta de apoio institucional deixa a Arzúa este ano sen a súa feira de cans de caza

ARZÚA Os establecementos hosteleiros reclaman que se recupere co vigor dos primeiros anos

Por primeira vez en vintecinco anos non houbo feira de cans de caza

Premian os mellores capóns na Feira de Nadal

Jorge Conde, veciño da parro-quia de Maroxo, gañou o pri-meiro premio a mellor parella de capóns na Feira de Nadal de Arzúa, que contou con numeroso público e reuniu a uns cincuenta criadores. A segunda distinción foi para Lucinda Sexto, de Viñós, e Marisa Penas, de Rendal. Os premios, entregados polo alcalde Xaquín García, foron de 150, 100 e 50 euros. Por primeira vez a feira celebrouse no primeiro andar do recinto feiral.

ARZÚAA Festa do Queixo de Arzúa 2011, que se celebrará na fin de semana do 11 ao 13 de marzo, ten xa perfilado o seu cartel de actividades paralelas, coa música como principal reclamo. A organización xa confirmou as actua-cións musicais do rapeiro andaluz Tote King e da gaiteira galega Susana Seivane.

Tote King presentará en Arzúa o seu novo disco “El lado oscuro de Gandhi”, que é o cuarto da súa carreira en solitario e está á venda desde o pasado outubro. O seu con-certo abrirá a primeira noite do fes-tival, o sábado 12 a partir das 21:30 horas. Os seus seguidores, e tamén quen aínda non o coñezan, poderán admirar o humor e a acidez das súas

letras, moi afiadas para deixar en evi-dencia á parte máis falsa da moral imperante e poñer en entredito aos poderes económicos que nos levaron á crise.

En canto a Susana Seivane, o seu concerto será o domingo 13 ás 19:30 horas. O horario é unha das novida-des este ano, xa que se adiantan os concertos do derradeiro día para faci-litar a asistencia dun maior número de público.

CONCURSO DE CARTEISO programa musical da Festa

do Queixo é un dos seus maiores reclamos, pero este evento conleva moitas outras iniciativas que incen-tiva a participación social e a creati-

vidade cultural. É o caso do concurso de carteis, que nesta XXXVI Festa do Queixo incrementa o importe dos seus premios.

As 106 propostas que se presen-taron, o que supón a mellor marca de aspirantes na historia desta convoca-toria, expóñense desde o 3 ata o 31 de xaneiro na Capela da Madalena. Este 14 de xaneiro coñecerase a deci-sión do xurado, cun primeiro premio de 900 euros e unha fin de semana de turismo rural, un segundo de 300 euros e un xantar, e un terceiro de 100, que se complementan con lotes de produtos propios da festa e cadanseu queixo tamaño XL do Con-sello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa.

A Festa do Queixo incorpora a Tote King e a Susana Seivane no seu cartel

ARZÚA O evento gastronómico está programado para os días 11, 12 e 13 de marzo

Page 17: Crónicas da Comarca

eCOnOMíA

Crónicas da Comarca - número 0 17

O concello de Mesía iniciou nas últimas semanas un obradoiro de emprego conxunto co concello de Frades, que durante este ano dará traballo e formación a un total de vintecinco persoas desempregadas dos dous municipios, trece de Mesía e doce de Frades.

O obradoiro forma ao alumnado nas especialidades de traballo fores-tal ou auxiliar de axuda a domicilio. No acto de presentación, o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, apelou á “responsabilidade” de todos os participantes para que se cumpran “escrupulosamente e con todo o rigor os obxectivos do obradoiro”. O seu homólogo fradense, Miguel Prado, animounos a aproveitar a for-mación, remunerada, para ter des-pois máis facilidades de inserción no mercado laboral.

O orzamento conxunto do obra-doiro é de 570.000 euros, dos que a

Administración Autonómica achega 540.000 e cada concello cadanseus 15.000. Nesta iniciativa, o conce-llo de Mesía exerce como promotor, mentres que o de Frades actúa como entidade colaboradora.

O obradoiro, denominado “Mesía-Frades I”, contratou tamén seis persoas para o equipo direc-tivo e docente, do que os dous alcal-des destacaron a súa “extraordinaria valía”, que lles dá confianza para que os resultados sexan exitosos.

TEORÍA E PRÁCTICAAs clases teóricas estanse impar-

tindo xa no antigo colexio de Lanzá (Mesía), que xa fora a sede formativa do anterior obradoiro de emprego de Mesía no ano 2006 e que conta cunhas instalacións o suficiente-mente amplas e equipadas.

As prácticas terán lugar nos dous municipios por igual e permitirán

acondicionar espazos naturais, áreas recreativas, prazas públicas, zonas verdes e elementos do patrimonio etnográfico dos dous concellos, no caso do módulo de traballo fores-tal. No módulo de axuda a domicilio, prestarase atención á terceira idade.

COLABORACIÓNIglesias e Prado consideraron

“exemplar” que o obradoiro se des-envolva de forma conxunta entre os dous concellos. O rexedor fradense lembrou que a Xunta só autorizou sete obradoiros de emprego na pro-vincia e que o proxecto de Mesía competía con municipios de maior poboación como Ordes, Arzúa ou Carballo. O primeiro edil de Mesía engadiu que “sen a colaboración de Frades, Mesía probablemente non tería este obradoiro, e sen a colabo-ración de Mesía, Frades tampouco o conseguiría”.

Mesía inicia un obradoiro conxunto con Frades que emprega a 31 persoas

MESÍA A iniciativa ten un orzamento total duns 570.000 eurosAlumnado do obradoiro de emprego, durante o acto de presentación no antigo colexio de Lanzá (Mesía)

��������������������������������� �������������������������������������� ��������­����� ��������������������������������

� � � � � � � � � � �

��������

��� �������

����� � ��� ����� �����

����� �������� � �

����� �������

�� �� �������� ������� ������� � �

���� ������ ������ ���

��� �

MELIDE

PP e goberno difiren sobre as finanzas municipais a raíz dun informe da Deputación

A voceira do PP de Melide, Ánxeles Vázquez, considera que o goberno municipal está “maqui-llando as contas e ocultando a ver-dadeira situación económica” do concello. A xefa de filas dos con-servadores lanza estas acusacións tras ter acceso a un informe eco-nómico-financieiro da Deputación da Coruña, que para o PP supón un “toque de atención ao goberno local e cualifica a súa xestión de suspenso rotundo”.

Vázquez destaca que o informe recolle un aumento “dun 100%” da débeda municipal coas entida-des bancarias, que tería pasado de 1,2 a 2,4 millóns de euros desde 2006 ata 2009. Segundo indica o PP, as facturas sen recoñecer mul-tiplicaron case por catro o seu volume, de 489.708 euros en 2006 a 1.611.065 en 2009.

Desde o goberno replican que a súa xestión é “positiva” e está per-mitindo “sanear pouco a pouco os estragos dos gobernos anteriores do PP”, que segundo din “levaron a Melide a estar entre os 40 con-cellos gtalegos en risco de insol-vencia económica en 2006”.

O concelleiro de Facenda, Antonio Díaz, pídelle á voceira do PP “que deixe de facer demagoxia e que deixe de ocultar nas súas declaracións públicas que deixou sen pagar máis de 1,8 millóns de euros a empresas e proveedores e dous préstamos bancarios por valor de 1,05 millóns de euros soli-citados polo PP”, di.

O goberno actual defende que, se non atopase os “centos e centos” de facturas pendentes da época anterior hoxe os pagos estarían ao día. E por non “hipo-tecar o benestar dos melidenses” optaron por pagar débeda e á vez acometer obras básicas penden-tes desde hai moito, argumentan.

Page 18: Crónicas da Comarca

18

XenTe DAQUí

Crónicas da Comarca - número 0

Gran participación nas cabalgatas de

Reis na comarca

ARZÚA. Os Reis Magos percorreron en carruaxes ben engalanadas as principais rúas da vila arzuana ante a mirada de numerosos espectadores

BOIMORTO. Os nenos agardaron aos Reis Magos con obradoiros lúdicos

MELIDE. Os Magos de Oriente foron moi aclamados polos veciños antes de recibir un a un aos cativos que se achegaron a velos

Page 19: Crónicas da Comarca

XenTe DAQUí

Crónicas da Comarca - número 0 19

MESÍA. A Festa dos Reis Magos contou con todo tipo de atraccións e roscón para todos os asistentes no polideportivo municipal en Xanceda

TOQUES. Melchos, Gaspar e Baltasar tamén se achegaron a entregarlles os primeiros agasallos aos nenos e nenas antes da noite na que visitaron todas as casas

BOIMORTO. O mal tempo fixo que a festa de Reis en Boimorto se limitase ao polide-portivo, pero non lle restou afluencia de veciños

Page 20: Crónicas da Comarca

20

XenTe DAQUí

Crónicas da Comarca - número 0

Veciños de Boimorto e Mesía peregrinan a Santiago

Veciños de Toques gañan o Xubileo

Un total de 52 veciños e veciñas de Mesía e Boimorto participaron na peregrinaxe organizada por ambos concellos nos sábados dos meses de setembro e outubro. Catro etapas nas que corenta veciños de Mesía e doce de Boimorto percorreron máis de cen quilómetros a pé, partindo de Sarria ata a Praza do Obradoiro seguindo o Camiño Francés..

Unha viaxe na que o máis desta-cado foi o bo ambiente xerado polo grupo, que soubo gozar das paisaxes e lugares con encanto que depara a rota xacobea ao tempo que coñecían aos compañeiros de peregrinación. E, por se isto fora pouco, todos eles conseguiron gañar o Xubileo.

Esta iniciativa foi organizada polos Concellos de Mesía e Boimorto, que dispuxeron un autobús para que os camiñantes puideran desprazarse tanto aos inicios das etapas como para volver aos seus fogares. Un transporte que foi financiado entre os propios peregrinos e os dous Con-cellos.

Un grupo de veciños de Toques visitou Santiago para gañar o Xubi-leo. Unha viaxe celebrada nun ambiente moi alegre e distendido na que os veciños participaron na Misa do Peregrino.

Tras escoitar a misa e pasear polos arredores da catedral, dirixíronse á Arzúa onde deron boa conta dun bo xantar en Casa Teo-dora. Despois foron de visitar o Museo da Mel, en Portodemouros,

onde fixeron unha visita guiada na que lles explicaron polo miúdo a vida dos enxames e os proce-sos de extracción do mel. Á fin, mesmo degustaron os productos da colmea.

Non podía faltar unha foto de familia no Monte do Gozo, minutos antes de rematar a peregrinación

O grupo, na praza da Quintana O bo ambiente reinou durante todo o traxecto Os 52 peregrinos conseguiron a Compostela

O traxecto fíxose en catro tramos

Os peregrinos percorreron 100 km

Page 21: Crónicas da Comarca

DePORTeS

Crónicas da Comarca - número 0 21

Como se dunha ave fénix se tra-tara o Toques CF nace das cinzas dun agonizante equipo de fútbol sala, que fora perdendo folgos e afeccionados tras militar varias campañas na liga provincial. Xentes da parroquia de Ordes (onde nacera o Toques FS en 2001) e doutros lugares do concello acudían a animar a este voluntarioso equipo, pero non foi suficiente para manterse a flote.

En 2006 algúns daqueles xoga-dores e afeccionados, nostálxicos das tardes de goles e do alboroto da grada, retomaron a idea. Pero esta vez con ganas de probar o campo grande, de loitar contra a choiva e contra o frío do inverno, ou baixo o bochorno das tardes de primavera e do verán. Sempre na procura da gloria deportiva. Xuntaron aos anti-gos amigos do fútbol sá, trocaron os tenis polas botas de tacos e saíron a defender a camiseta do novo Toques CF desde abaixo, ata acadar acomodo na liga e na copa provincial, onde che-garon a pasar eliminatorias de infarto con sociedades máis poderosas.

Tanto o primeiro adestrador, Pepe de Lorena, como o primeiro plantel xa deron paso a unha nova xeración que agora está nas mans técnicas de José Angel Penas “Molón”. E a direc-tiva tamén se renovou en 2008. Está presidida por José Manuel Miguélez Penas “Pistón”, con José Luís Penas García como vicepresidente. Comple-tan a directiva Jesús Cándido García Álvarez, tesoureiro; Antonio Vázquez Fernández, secretario; e os vogais Hilario Mella Cea, Alberto Buján Mos-teiro e Manuel Irago Soutiño.

Onde o fútbol-11 nace do fútbol sala

TOQUES O Toques CF naceu das cinzas do fútbol sá e mantén con a súa vocación dinamizadora da mocidade

Actividades deportivas á marxe do fútbol

O Toques CF nace coa voca-ción de fomentar o deporte de base entre a mocidade do seu concello e ofrecer, ao mesmo tempo, un entretido xeito de pasar a tarde dos domingos. E, aínda que de xeito maioritario se centren no balón, non deixa tampouco de buscar novas dis-ciplinas. No ano 2007 amplia-ron as súas actividades cara o Kick Boxing.

Pepe de Irago, na lembranza

O Toques CF ten consoli-dada a súa situación deportiva e conta con ampliar os 160 socios que sosteñen coas súas aporta-cións ao clube, que conta ade-mais co patrocinio de CELEGA. O dilema para directivos e afec-cionados sitúase no impulso cara metas deportivas máis altas ou optar por proxectos de base en fútbol e outras discipli-nas que ensanchen a base social do clube.Suceda o que suceda, de seguro que todos terán na memoria a “Pepe de Irago”, José Irago Soutiño, colaborador incansable, afecionado e direc-tivo que xa non está entre nós.

TOQUES C.F.

Page 22: Crónicas da Comarca

22

DePORTeS

Crónicas da Comarca - número 0

O Nadal é unha tempada pro-picia para todo tipo de eventos cos que reclamar o apoio dos cidadáns para todo tipo de causas altruístas. O mundo do deporte non é menos e con frecuencia organízanse torneos e competicións amistosas para reca-dar fondos para algún fin solidario. É o caso do torneo “Mesía Contra o Cancro”, que por terceiro ano orga-nizou o concello a beneficio da Aso-ciación Española Contra o Cancro (AECC).

Os resultados foron “todo un éxito”, segundo considera o goberno municipal, que detalla que se acada-ron 2.367 euros. Cantidade que foi entregada xusto ao remate do torneo polo alcalde, Mariano Iglesias, á pre-sidenta da AECC na Coruña, Elena Viturro, acompañada pola presidenta desta entidade na comarca de Ordes, Emilia Vázquez.

Os donativos chegaron co prezo

da entrada (un euro), achegas volun-tarias, e o patrocinio dunha empresa local, ademais da cota de inscrición dos dez equipos que se sumaron ao torneo (50 euros cada un). O torneo contou tamén coa colaboración de deceas de asociacións, establece-mentos e empresas da localidade. O alcalde agradeceu de forma persoal estes apoios e afirmou sentirse “orgu-lloso de representar un concello no que os veciños e veciñas posúen tanta bondade e xenerosidade cos demais, algo que en datas como estas moitos nomean pero non todos demostran”.

O ESPECTÁCULOEn canto á competición depor-

tiva, foi contemplada por arredor de medio milleiro de espectadores ao longo da xornada no polideportivo municipal en Olas. Coas entradas, tiveron ocasión de participar nun sorteo de produtos de Nadal.

Tamén os dez equipos participan-tes recibiron agasallos. En categoría masculina gañou o “Olas”, que com-petiu co “Castro”, o “Visantoña CF”, o “Do Pazo”, o “Peña de Olas”, o “Mesía

Tien21” e o “Mesía Junior”. En cate-goría feminina, a victoria corres-pondeulles a “As Trouts”, que xoga-ron contra os equipos “Concello de Mesía” e “Sobrado Xuventude”.

Goles con causaMESÍA A terceira edición do Torneo Solidario do Concello recada 2.367 euros para a AECC-A Coruña

Campus de fútbol 7 para formar tecnicamente á canteira de Mesía

O Concello de Mesía organizou un campus de fútbol 7 no campo de fútbol de céspede artificial en Visantoña para ensinarlles as técni-cas desta adaptación do fútbol de iniciación aos máis de trinta rapa-ces e rapazas que participaron.

O campus estivo dirixido polo persoal técnico deportivo do con-cello e distribuiu aos participan-

tes en dous grupos, un para meno-res de dez anos e outro para os que superasen esa idade.

Esta actividade buscou comple-mentar nas vacacións escolares de Nadal ás escolas deportivas muni-cipais de fútbol sala que se desen-volven ao longo do ano, e que xa levan seis anos competindo nas ligas comarcais.

O equipo “Olas”, gañador na categoría masculina do torneo O equipo “As Trouts” acadou o torneo na categoría feminina

Alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, e presidenta da AECC-A Coruña, Elena Viturro

Page 23: Crónicas da Comarca

OPiniÓn

Crónicas da Comarca - número 0 23

O 25 de novembro de 1960, tres das irmáns Mirabal, activistas da loita contra a dictadura dominicana, eran asasinadas a golpes por orde do Xeneral Trujillo. Trinta e nove anos despois a ONU convertía a efe-méride no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, reivindicación que se mantén vixente en todo o mundo.

No que vai de ano en España morreron 64 mulleres, dúas delas eran galegas. En 2010 só en Galicia dictáronse máis de 1.000 ordes de protección. Pero non nos quede-mos cos números, recordemos que detrás de cada un destes números hai un drama humano e familiar, e teñamos presente tamén que son moitas as mulleres que non denuncian e que viven un calvario todos os días da súa vida.

O día 25 fixemos un recordatorio e condea especial destes crimes e da violen-cia de xénero, pero o traballo na implemen-tación das políticas de igualdade débenos ocupar e preocupar durante todo o ano. Especialmente no caso da loita contra a vio-lencia de xénero, todos os esforzos e medios que empreguen as administracións públi-cas na erradicación desta lacra son poucos. Non podemos consentir que esta situación siga manténdose e debemos poñer todos e todas o noso máis enérxico empeño en romper esta dinámica criminal e en pro-texer as vítimas, a todas as vítimas.

Pois calcúlase que, aproximadamente, 800.000 nenos e nenas sofren tamén no seu entorno e con gran intensidade, a vilencia de xénero. Estes menores precisan dunha protección especial e o apoio de toda a cidadanía para saír da espiral de violencia que sofren, teñen sufrido e desgraciada-

mente sufrirán.As mulleres e homes

galegos non só debe-mos mostrar o noso recoñecemento ao coraxe e valentía de tantas mulleres un día ao ano, debe ser algo que fagamos todos os días. O recoñecemento de mulleres que, día a día, conseguen superar o medo e as barreiras levantadas ao longo de séculos de dominación machista para revelarse contra o seu maltratador e levalo ante a xustiza, para romper esas cadeas que as asfixian e en moitos casos as matan. A violencia machista reprodúcese todos os días, ao noso carón, todos e todas debemos de ser axentes de loita contra a violencia.

Os e as representantes dos e das cida-dáns, as persoas que estamos en política e tamén os medios de comunicación temos e teñen unha labor fundamental na erradica-ción desta lacra, por iso non se poden con-sentir nin amparar comportamentos, acti-tudes, nin comentarios machistas porque a base da violencia de xénero é o machismo. Cada vez que algúen manifeste pública-mente un comentario que resulte vexatorio, discriminatorio, que atente contra a digni-dade da muller estamos na obriga de con-denalo.

Non podemos consentir que se toleren, que se lle consinta a ninguén, pero moito menos a un cargo electo dun partido polí-tico, nin nun medio de comunicación, moito menos se é público, comentarios que ampa-ren, que agochen ou que expoñan actitudes machistas. Porque consentindo este tipo de actitudes estase consentindo que se cultive o xermen da violencia de xénero que é o machismo.

A Marcha Mundial das Mulhe-res articulou este ano a sua campanha do día internacional contra a violên-cia machista arredor da vindicaçom de recursos para a igualdade como meio para atalhar a violência contra as mul-heres. Num momento em que a acçom dos governos e as reclamaçons dos sec-tores sociais mais reacionários alenta-dos polos grupos políticos conservado-res alentam a supressom das políticas de igualdade baixo a justificaçom dos recortes económicos globais, as políti-cas de igualdade vem-se relegadas a um segundo plano e os instrumentos que as propiciam som eliminados da estrutura administrativa espanhola, se falarmos do Ministério de Igualdade, e galega, coa supressom do SGI (Serviço Galego de Igualdade).

Nom cabe dúvida, estamos a pade-cer umha crise da igualdade contextua-lizada numha crise económica e acom-panhada de um crescimento dramá-tico de mulheres assassinadas polos seus companheiros ou ex-companhei-ros. A violência de género está-se a dar agora num marco favorável propiciado polo abandono das políticas de igual-dade e alimentado pola ideia de que

em momentos de crise e desemprego, as mulheres deveriam retornar ao tra-balho reprodutivo, às tarefas de cui-dado, ao espaço privado, e “deixar” para os homens o trabalho produtivo. É umha boa estratégia para aforrar as despesas públicas das escolas infantis, dos centros de atençom às pessoas maiores, dos comedores escolares, etc... a custo da vida das mulheres.

Este estado de opiniom alentado por muitos meios de comunicaçom e criado propositadamente polos sectores sociais e políticos partidários dumha ordem social desigualitária, dá-se quando por exemplo se insulta as ministras em declaraçons públicas, quando se ridiculi-zou o Ministério de Igualdade em tantas ocasions, quando nom se respeita na actualidade a paridade nos órgaos de governo, quando nom se incorpora a co-educaçom nas escolas, quando nom se

protege o emprego feminino, e quando se limitam os direitos sexuais e reprodu-tivos das mulheres.

Todas estas acçons som um exercí-cio de perpetuaçom da sociedade tradi-cional (e patriarcal) e em si favorecem a desigualdade e a violência. É violência de género económica aquela que se mate-rializa quando as mulheres nom pode-mos ir trabalhar, ou o fazemos cobrando menos, e em condiçons precárias, e nom podemos garantir a nossa autonomia económica e pessoal; é também vio-lência contra as mulheres aquela que se dá quando nom se cumpre a legislaçom de igualdade ou se apresentam leis que atentam contra os direitos das mulhe-res. O “Projecto de Lei de Família” que o Partido Popular apresentará em breve no Parlamento Galego é um atentado contra a autonomia pessoal das mulhe-res e é um passo atrás nos seus direitos

como cidadás, por quanto recupera o modelo de família patriarcal, e com isto alimenta a violência de género.

O facto de que umha plataforma feminista internacional como é a Marcha Mundial das Mulheres reclame recursos para a igualdade no dia contra a violên-cia tem-nos que fazer reflexionar; nom podemos atalhar a violência de género se nom criamos umha sociedade igua-litária, um novo modelo social em que a subordinaçom das mulheres nom se dê. Precisamos recursos económicos, de acolhida, de atençom para aquelas que já padeçam a violência e para as suas filhas e filhos, mas precisamos acçons que nom nos expulsem do mundo labo-ral, leis com perspectiva de género, umha escola co-educativa, uns medios de comunicaçom respeitosos coas mul-heres, e propostas políticas e sociais que permitam avançar na igualdade.

Nom nos valem os minutos de silên-cio quando nos assassinam; queremos acçons, recursos, compromisos coeren-tes. Finalmente rejeitamos as decla-raçons que fomentam um estado de opi-niom social em contra da cidadania das mulheres, porque aboam o terreo do maltrato.

64 familias desfeitas

Recortar recursos é atentar contra a igualdade

Silvia B. Fraga Santos

Charo Fernández Velho

A todos os partidos políti-cos se nos enche a boca ao falar a favor da erradicación da vio-lencia de xénero, se ben é certo que hai partidos e partidos. E, se volvemos a vista atrás e quere-mos facer historia deste tema, debemos lembrar as leis sacadas adiante polo PP a prol das mulle-res. Pero tamén é certo que algo está fallando na sociedade e, día tras día, temos que lamentar víti-mas da violencia de xénero. E debemos ter claro que as vítimas non só son persoas a nivel indivi-dual senón que detrás da violen-cia de xénero ademais das mulle-res están 800.000 menores, que tamén son víctimas desta violen-cia. Menores que se vén someti-dos a asumir e, mesmo poida que reproducir, esa violencia. Polo que cada un de nós, dende onde estamos militando, temos unha responsabilidade; responsabili-dade que recae en nós compar-tida co resto da sociedade.

Todos somos conscientes de que non existe a variña máxica que solucione estes graves pro-blemas da sociedade. Por eso nos queda un longo camiño por per-correr e debemos traballar en serio e a longo prazo. Eu estou

convencida, e os estudios así o avalan, de que mentras non comecemos por unha educación en valores pouco podemos facer para erradicar a violencia de xénero.

Temos que incorporar aos menores, moitos deles orfos e incluso vítimas mortais á lei inte-gral, por ser víctimas directas. E debemos intentar mellorar a vida a aqueles que sufriron a traxe-día de convivir coa violencia nun fogar.

Asistimos a unha desme-dida burocracia para que unha muller, que de por si se sinte mal, ten medo e está perdida. Unha muller maltratada o que quere e atopar un camiño corto para alcanzar o que quere, que previ-siblemente sexa que o maltrata-dor desapareza da súa vida e da súa vista.

Precisamos que se reforme o Código Penal e estou segura de que de pouco serve unha orde de aloxamento para un alcólico cando non se pode obligar a que ingrese nun centro para desin-toxicarse e supere esa adicción. Este é un pequeño exemplo do largo camiño que nos queda por percorrer.

Educación en valores, paso indispensable para a igualdade real

Ángeles Vázquez

Page 24: Crónicas da Comarca

Naceu hai case tres anos á calor dunha taberna de Toques para cubrir a carencia de grupos de música galega na zona. Neste tempo, “Os Gaiteiros do Balado” pasaron de ser unha aven-tura dun grupo de amigos a conver-térense nunha institución cultural no municipio, o grupo que non debería faltar en ningunha festa ou romaría que se prece.

“No noso pobo non había moitas lembranzas da nosa música”, asegura Isabel Varela, integrante do grupo, quen admite que desde o principio tiñan claro que “non sería traballo doado, pero tendo unha pequena axu-diña nada sería imposible”.

O primeiro foi designar un pro-fesor. Non tiveron que ir moi lonxe porque xa tiñan a Toño na casa, entre os amigos. “Ofreceuse a aguantar-nos un día á semana e con paciencia e empeño a sacarnos adiante” para que a gaita non desafinase máis da conta, explica Varela. Non se arrepentiu.

Os alicerces xa estaban postos e a partir de aí “Os Gaiteiros do Balado” foron sendo cada vez máis. Nun par de meses, ao grupo orixinal de amigos foron sumándose máis veciños, entre eles as primeiras mulleres. Compañei-rismo, confianza, amistade, trato fami-

liar e o afán por ir aprendendo máis consolidaron a agrupación.

“Co paso dos meses, as cancións

comezaban a rebulir na nosa mente, cada movemento de dedos era algo novo para nós, do que tiñamos que lembrarnos sempre”, confesa Varela.

A PROBA DO ALGODÓNO que tampouco esquecerán é

cando lles tocou actuar sobre un esce-nario. Porque non é o mesmo tocar para eles, ou para algún curioso que pase polo seu local, que demostrar o seu virtuosismo ante o público máis esixente: os seus propios veciños. “Comezamos tocando nas festas da nosa parroquia -indica Isabel Varela-, a xente agradecíanos que o fixeramos e nós estabamos encantados”.

Despexados os nervios do debut, “sen darnos conta atopámonos cos acolledores aplausos da xente”, di Varela. Proba do algodón superada!. Ese foi o empurrón definitivo para que, a partir do segundo ano do proxecto, o grupo sumase novos compoñentes e se multiplicasen as actuacións.

ANIMAN A PARTICIPAR“Os Gaiteiros do Balado” non se

conforman co que teñen. Por eso, queren ensanchar “este mundo que ao principio non era doado para nós e do que agora non somos capaces de saír”, no mellor sentido da expre-sión. Por eso, Isabel Varela anima a toda a veciñanza a sumarse á agrupa-ción porque “con empeño e paciencia todo se consegue, con gañas e espírito emprendedor nada é imposible”. Todo polo fomento da música galega.

TOQUES Un grupo de amigos que non deixa de medrar, aprender e divertirse

Crónicas da Comarca

Os Gaiteiros do Balado, tres anos animando a música galega

Actualmente compoñen “Os Gaiteiros do Balado”: Toño, o profesor; Noelia e Isabel, que lle dan ben a todo, sobre todo á pandeireta; Jorge, polifacé-tico; Maxi, o perfecto bombeiro; Suso, gaiteiro zurdo; e Ángeles, Jose, Montse, Sandra e Concha, as máis recentes incorporacións.

Crónicas da Comarca. Depósito Legal: C 3875 - 2010Director: Antonio Vázquez Fernández. Telf: 679 21 21 40Redacción: [email protected]:

Concello de Boimorto 981 51 60 20

Os paxariños da montaña

Pregúntase o estorniño de Toques cantas listas electo-rais aparecerán para as muni-cipais do próximo maio. Desde o seu niño, non dá contado cantos candidatos repetirán. De momento, só ve o ‘gaivoto’ Jorge. Nas outras árbores non saben se as pólas termarán de máis dun niño ou haberá que buscar novas árbores, sen cores marcadas. O cuco maior, que aínda se mantén ben de pico pero xa hai tempo que lle fallan as ás, non sabe se volver na pri-mavera ou marchar a África.

Escoitouse o outro día no alto dun carballo que hai un cuco nun concello da comarca que xa tratou de poñer os ovos en máis dun niño, tamén con vistas a ter a familia ben cebada en maio. Non é nada novo, dada a condición da especie. O que fixo que os ornitólogos se sor-prendesen foi que o tiñan cla-sificado noutra casta, máis próxima á do pavo real. Foi por eso que non o deixaron nin piar en niño alleo.

Unha cotorra queixeira anda doente por ir ao “Sálvame” porque lle dixo a súa veciña que había unhas fotos compromete-doras do pavo real (si, si, o que quería ser cuco) que lle poden arruinar a vida política. A coto-rra di que tamén hai un vídeo, porque as cámaras dixitais hoxe fanche de todo. O caso é que xa foi á televisión, pero como viron que era cuestión de ideoloxías e non había nin sexo nin drogas nin ‘rocanrol’ xa nin a quixeron escoitar. Agora a cotorra anda mirando o ‘güiquilix’ a ver se atopa o material. Quizais o pavo non chegue a catar o cocido...

Viña o outro día moi satis-feita a anduriña beata, tras com-probar como aínda queda xente de moita fe na comarca disposta a salvar a súa alma. Viuno no novo salón de plenos dun con-cello, que máis parece un altar pola cantidade de santiños que congrega e por certa iconogra-fía decorativa que lle colocaron, virxe incluída. A anduriña está ademais contenta porque viu alí moito realismo, nada de figuras que se venderían ao demo.