Recoñecemento lúdico aos maiores - nova-escola-galega.org · XENTE DE AQUÍ Crónicas da Comarca...

1
14 XENTE DE AQUÍ Crónicas da Comarca - Maio 2015 O IES participa na organización dun seminario sobre a guerrilla antifranquista MELIDE O departamento de Ciencias Sociais do IES de Melide par- cipou, xunto co mesmo depar- tamento do IES Félix Muriel de Rianxo e o movemento de reno- vación pedagóxica Nova Escola Galega, na organización dun se- minario sobre a guerilla anfran- quista liderada por Luís Trigo Chao ‘O Gardarríos’, que leva por tulo ‘O exilio, a muller e a guerrilla. O Gardarríos’. Nesta sexta edición dos Semi- narios sobre a Memoria, nos que colaborou o Instuto Galego de Historia, acudiu como invitado de excepción Francisco Marnez ‘Quico’, un dos úlmos guerrillei- ros vivos. Quico, de familia leo- nesa, parcipou desde os 17 anos nas acvidades anfranquistas, tanto en León como en Galicia. A boa saúde que conserva permiu- lle parcipar tanto na parte teórica do seminario como no percorrido polos espazos onde foi especial- mente acva a parda guerrilleira do ‘Gardarríos’, nos municipios de Rianxo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Lourenzá e Mondoñedo. Ademais de especialistas na resistencia anfranquista como Odee Marnez, Bernardo Maiz, Carlos Nuevo, Manuel Pazos ou Manuel González, acudiron ao se- minario Fernanda Cedrón, neta do ‘Gardarríos’, e Víctor García, fillo do ‘Brasileño’. A traxectoria vital de Luís Trigo Chao, da localidade lucense de Ourol, comezou emigrando desde moi novo a Cuba, traballando na hostalería e nunha fábrica de mo- bles. Despois iría a Arxenna e re- gresaría a Mondoñedo en 1921 como gardarríos, profesión que lle deu tamén o apodo. Foi pre- sidente da Agrupación Socialista de Mondoñedo e co golpe de Es- tado de 1936 fuxiu ao monte. Ago- chouse en casas de amigos e en 1939 iniciou a súa acvidade gue- rrilleira, no norte da provincia de Lugo. Case sempre actuou en so- litario e nalgunhas accións coa compañía de Roberto Alonso Díaz. Morreu a mans dunha contrapar- da en Vilanova de Lourenzá o 25 de xuño de 1948. O seminario contou coa cer- ficación oficial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ademais do perco- rrido sobre o terreo, incluíu o vi- sionado de películas e documen- tais, e un total de catro conferen- cias plenarias. A Festa do Melindre e da Reposta- ría Tradicional de Melide asómase ao seu primeiro cuarto de século, que cumprirá o ano que vén, gañando cada vez máis adeptos. É unha xor- nada dedicada aos doces que máis idenfican o municipio -os melin- dres, os ricos e os amendoados- e que ademais ofrece unha ampla pro- gramación paralela ideada para toda a familia. A xornada comezou coa música do grupo Os Melidaos, na Praza do Convento. Do pregón encargáronse os televisivos Benigno Campos e Lola Gesdo. De seguido entregáronse os tulos de embaixadores e embaixa- doras do melindre. Entre os dez no- meamentos deste ano, cabe citar o conselleiro de Economía, Francisco Conde, a directora de TurGalicia, Car- men Pita, ou a integrante do panel de cata e do Consello Regulador de Au- gardentes e Licores Tradicionais de Galicia, Sonia Otero. Música, cos Melidaos e con Froito Novo, a entrega dos premios sortea- dos do concurso de debuxo, un es- pectáculo musical e de narración para todos os públicos e o remate con Leirabuxo, Malvela-Uxía e Os Ca- runchos completaron a xornada, con múlples visitantes. A festa máis doce de toda a contorna MELIDE A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional gaña adeptos O acto de entrega das distincións aos novos embaixadores e embaixadoras da festa estivo moi concorrido A comarca acolleu nas úlmas se- manas celebracións para o colecvo da terceira idade, o sector de po- boación máis numeroso e que máis se ten gañado o recoñecemento so- cial e xornadas de festa polas dificul- tades que atravesou en tempos que, aínda que aos de hoxe lles chegue ben, tampouco eran nada doados. Hoxe crise, entón supervivencia. Unha das celebracións máis des- tacadas esvo en Sanso. A festa contou cun acto relixioso e despois un xantar no polideporvo, no que non faltaron a entrega de agasa- llos, o imprescindible xantar e ac- vidades de entretemento para unha xeira de encontro e diversión entre veciños e veciñas das diversas parro- quias do municipio. Tamén en Toques se celebrou xa a festa da terceira idade, cunha asis- tencia multudinaria e moita anima- ción. O Concello, ademais de ofre- cer a atención social coá, pretende con este evento, de carácter lúdico e periodicidade anual, que os maio- res poidan contar cunha xornada en compañía de persoas doutros pun- tos do municipio que non ven con frecuencia. Recoñecemento lúdico aos maiores COMARCA Santiso e Toques celebran as súas festas para a terceira idade Dous intres da celebración para o colectivo de maior idade en Santiso

Transcript of Recoñecemento lúdico aos maiores - nova-escola-galega.org · XENTE DE AQUÍ Crónicas da Comarca...

14

XENTE DE AQUÍ

Crónicas da Comarca - Maio 2015

O IES participa na organización dun seminario sobre a guerrilla antifranquista

MELIDE

O departamento de Ciencias Sociais do IES de Melide parti-cipou, xunto co mesmo depar-tamento do IES Félix Muriel de Rianxo e o movemento de reno-vación pedagóxica Nova Escola Galega, na organización dun se-minario sobre a guerilla antifran-quista liderada por Luís Trigo Chao ‘O Gardarríos’, que leva por título ‘O exilio, a muller e a guerrilla. O Gardarríos’.

Nesta sexta edición dos Semi-narios sobre a Memoria, nos que colaborou o Instituto Galego de Historia, acudiu como invitado de excepción Francisco Martínez ‘Quico’, un dos últimos guerrillei-ros vivos. Quico, de familia leo-nesa, participou desde os 17 anos nas actividades antifranquistas, tanto en León como en Galicia. A boa saúde que conserva permitiu-lle participar tanto na parte teórica do seminario como no percorrido polos espazos onde foi especial-mente activa a partida guerrilleira do ‘Gardarríos’, nos municipios de Rianxo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Lourenzá e Mondoñedo.

Ademais de especialistas na resistencia antifranquista como Odette Martínez, Bernardo Maiz, Carlos Nuevo, Manuel Pazos ou Manuel González, acudiron ao se-minario Fernanda Cedrón, neta do ‘Gardarríos’, e Víctor García, fillo do ‘Brasileño’.

A traxectoria vital de Luís Trigo Chao, da localidade lucense de Ourol, comezou emigrando desde moi novo a Cuba, traballando na hostalería e nunha fábrica de mo-bles. Despois iría a Arxentina e re-gresaría a Mondoñedo en 1921 como gardarríos, profesión que lle deu tamén o apodo. Foi pre-sidente da Agrupación Socialista de Mondoñedo e co golpe de Es-tado de 1936 fuxiu ao monte. Ago-chouse en casas de amigos e en 1939 iniciou a súa actividade gue-rrilleira, no norte da provincia de Lugo. Case sempre actuou en so-litario e nalgunhas accións coa compañía de Roberto Alonso Díaz. Morreu a mans dunha contrapar-tida en Vilanova de Lourenzá o 25 de xuño de 1948.

O seminario contou coa certi-ficación oficial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ademais do perco-rrido sobre o terreo, incluíu o vi-sionado de películas e documen-tais, e un total de catro conferen-cias plenarias.

A Festa do Melindre e da Reposta-ría Tradicional de Melide asómase ao seu primeiro cuarto de século, que cumprirá o ano que vén, gañando cada vez máis adeptos. É unha xor-nada dedicada aos doces que máis identifican o municipio -os melin-dres, os ricos e os amendoados- e que ademais ofrece unha ampla pro-gramación paralela ideada para toda a familia.

A xornada comezou coa música do grupo Os Melidaos, na Praza do Convento. Do pregón encargáronse os televisivos Benigno Campos e Lola Gestido. De seguido entregáronse os títulos de embaixadores e embaixa-doras do melindre. Entre os dez no-meamentos deste ano, cabe citar o conselleiro de Economía, Francisco Conde, a directora de TurGalicia, Car-men Pita, ou a integrante do panel de

cata e do Consello Regulador de Au-gardentes e Licores Tradicionais de Galicia, Sonia Otero.

Música, cos Melidaos e con Froito Novo, a entrega dos premios sortea-dos do concurso de debuxo, un es-pectáculo musical e de narración para todos os públicos e o remate con Leirabuxo, Malvela-Uxía e Os Ca-runchos completaron a xornada, con múltiples visitantes.

A festa máis doce de toda a contornaMELIDE A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional gaña adeptos

O acto de entrega das distincións aos novos embaixadores e embaixadoras da festa estivo moi concorrido

A comarca acolleu nas últimas se-manas celebracións para o colectivo da terceira idade, o sector de po-boación máis numeroso e que máis se ten gañado o recoñecemento so-cial e xornadas de festa polas dificul-tades que atravesou en tempos que, aínda que aos de hoxe lles chegue ben, tampouco eran nada doados. Hoxe crise, entón supervivencia.

Unha das celebracións máis des-tacadas estivo en Santiso. A festa contou cun acto relixioso e despois un xantar no polideportivo, no que non faltaron a entrega de agasa-llos, o imprescindible xantar e acti-vidades de entretemento para unha xeira de encontro e diversión entre veciños e veciñas das diversas parro-quias do municipio.

Tamén en Toques se celebrou xa a festa da terceira idade, cunha asis-tencia multitudinaria e moita anima-ción. O Concello, ademais de ofre-cer a atención social cotiá, pretende con este evento, de carácter lúdico e periodicidade anual, que os maio-res poidan contar cunha xornada en compañía de persoas doutros pun-tos do municipio que non ven con frecuencia.

Recoñecemento lúdico aos maioresCOMARCA Santiso e Toques celebran as súas festas para a terceira idade

Dous intres da celebración para o colectivo de maior idade en Santiso