outubro-decembro 2021

29
+60 online outubro-decembro 2021

Transcript of outubro-decembro 2021

Page 1: outubro-decembro 2021

+60 onlineoutubro-decembro 2021

Page 2: outubro-decembro 2021

Contarás cunha plataforma online que che permitirá:

• Acceder ás túas clases en directo.• Volver a ver as clases gravadas todas as veces que queiras.• Ter os materiais do curso á túa disposición.• Conectarte con outros participantes.

Acompañámoste de forma personalizada e gratuíta para resolver calquera dúbida, desde o proceso de inscrición á conexión ás clases online.

Prazo de inscrición: do 6 ao 17 de setembro.

Page 3: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

BenestarCoñecendo as emocións

Cultura dixitalNavega de forma segura e goza do que che interesa en internet. Iniciación

Sácalle proveito ao teu Mac e ás aplicacións do Apple Store

Sácalle partido ao teu iPhone e ao teu iPad

Sácalle partido ás aplicacións e funcións do teu móbil e tableta. Iniciación

Coñece e desfruta diferentes aplicacións para móbil e tableta. Avanzado

Sácalle proveito ao teu ordenador: configura e personaliza o teu equipo. Avanzado

Aprende a editar vídeo e potenciar as túas gravacións

Preme nos títulos dos cursos para ir á información

Page 4: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Aprendizaxe permanenteAprende a comunicarte en francés básico

Conversa en francés

Aprende a comunicarte en inglés básico

Conversa en inglés

Iniciacion ao xadrez: as súas tácticas e estratexias

Mellora o teu xogo coñecendo a historia do xadrez

Ciclo de apreciación musical. Historia da música clásica con audicións comentadas

Ciclo de historia da arte. Alegría de vivir: arte para saír a flote

Ciclo literario: poetas pioneiras do século XX

Gallaecia: descubrindo as nosas orixes. Ciclo de historia e patrimonio de Galicia

Exprésate a través da fotografía dixital

Preme nos títulos dos cursos para ir á información

Page 5: outubro-decembro 2021

Luns Martes Mércores Xoves Venres

10.00-11.00 hNavegación segura

10.00-11.00 hMac e Apple Store

10.00-11.00 hMóbil e tableta

(avanzado)

10.00-11.00 hInglés básico

10.00-11.00 hMóbil e tableta

(iniciación)

11.00-12.00 hFotografía dixital

10.30-12.00 hFrancés conversación

10.00-11.00 hXadrez (tácticas)

10.30-12.00 hInglés conversación

11.15-12.15 hConfiguración de PC

(avanzado)

11.15-12.15 hiPhone e iPad

11.15-12.15 hXadrez (historia)

12.00-13.00 hEdición de vídeo

12.00-13.00 hFrancés básico

17.00-19.00 hCoñecer as emocións

17.00-19.00 hMúsica clásica

18.30-19.30 hHistoria e patrimonio

18.00-19.00 hHistoria da arte

18.30-20.00 hMulleres poetas

Horario semanal

Page 6: outubro-decembro 2021

Benestar

Page 7: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Coñecendo as emocións

Sabemos que debemos coidar do noso corpo e o seu funcionamento biolóxico, aprendendo estilos de vida saudables, porén, non temos tan interiorizado o feito de prestar a mesma atención a coñecer como funciona a nosa mente ou sobre como aumentar o noso benestar emocional. Se che interesa coñecer e comprender o proceso emocional e adquirir habilidades e estratexias sobre como xestionar as emocións na nosa vida cotiá para mellorar o noso benestar, este taller é para ti.

Impartido por Ana Sabucedo, psicóloga e especialista en psicoxerontoloxía.

Datas e horarioDo 5 de outubro ao 30 de novembro, os martes de 17.00 a 19.00 hO curso consta de 8 sesións (16 h)

PrezoO prezo do curso é 50 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 8: outubro-decembro 2021

Cultura dixital

Page 9: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Navega de forma segura e goza do que che gusta en internetIniciación

Se xa usas Internet e queres mellorar as túas buscas de información, aprenderás a facer unha navegación segura, xestións en liña ou buscares información do teu interese.

Impartido por Francisco Fernández Bouza, técnico de sistemas informáticos de vídeo e son.

Datas e horarioDo 4 de outubro ao 20 de decembro, os luns de 10.00 a 11.00 h O curso consta de 10 sesións (10 h).

PrezoO prezo do curso é 30 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 10: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Sácalle proveito ao teu Mac e ás aplicacións do Apple Store

Se tes un ordenador con sistema iOS, un Mac, iMac, ou un portátil MacBook Air ou outro, aprenderás a configuralo, os trucos máis interesantes, e a aproveitar as aplicacións gratuítas que che ofrece o Apple Store.

Impartido por Diego Romero Oliveira, técnico superior en sistemas e experto en cultura dixital.

Datas e horarioDo 5 de outubro ao 14 de decembro, os martes de 10.00 a 11.00 h O curso consta de 10 sesións (10 h).

PrezoO prezo do curso é 30 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 11: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Sácalle proveito ao teu iPhone e iPad

Se tes un iPad ou un iPhone e queres sacarlle partido a todas a utilidades que che ofrece o seu sistema operativo, configuralo, sincronizar con outros dispositivos ou empregar as aplicacións gratuítas da Apple store.

Impartido por Diego Romero Oliveira, técnico superior en sistemas e experto en cultura dixital.

Datas e horarioDo 5 de outubro ao 14 de decembro, os martes de 11.15 a 12.15 h O curso consta de 10 sesións (10 h)

PrezoO prezo do curso é 30 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 12: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Sácalle partido ás aplicacións e funcións do teu móbil e tableta IniciaciónSe queres sacarlle todo o rendemento aos teus dispositivos e coñeceres as posibilidades que che ofrecen, aprenderás o funcionamento, a configuración, usos avanzados do WhatsApp, videochamadas e todas as utilidades dos móbiles e tabletas.

Impartido por Diego Romero Oliveira, técnico superior en sistemas e experto en cultura dixital.

Datas e horarioDo 8 de outubro ao 10 de decembro, os venres de 10.00 a 11.00 h O curso consta de 10 sesións (10 h).

PrezoO prezo do curso é 30 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 13: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Coñece e desfruta diferentes aplicacións para móbil e tableta Avanzado

Se xa participaches nos cursos de móbiles e tabletas ou xa tes un manexo avanzado, continuaremos afondando no coñecemento de utilidades, aplicacións e contidos interesantes que podes atopar en Internet.

Impartido por Diego Romero Oliveira, técnico superior en sistemas e experto en cultura dixital.

Datas e horarioDo 6 de outubro ao 15 de decembro, os mércores de 10.00 a 11.00 h O curso consta de 10 sesións (10 h).

PrezoO prezo do curso é 30 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 14: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Sácalle proveito ao teu ordenador: configura e personaliza o teu equipo Avanzado

Se xa participaches no curso da primeira edición e xa sabes como configurar o teu ordenador, pero queres afondar máis nos teus coñecementos, neste curso aprenderás a usar novas aplicacións e descubrirás novas utlilidades para sacarlle todo o proveito ao teu equipo.

Impartido por Francisco Fernández Bouza, técnico de sistemas informáticos de vídeo e son.

Datas e horarioDo 4 de outubro ao 20 de decembro, os luns de 11.15 a 12.15 h O curso consta de 10 sesións (10 h).

PrezoO prezo do curso é 30 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 15: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Aprende a editar vídeo e potenciar as túas gravacións

Se tes fotografías ou vídeos caseiros gravados con videocámara ou con teléfono móbil almacenados desde hai tempo, neste curso aprenderás a ordenalos e editalos engadíndolles música, aplicando transicións, filtros e outros trucos de edición para facelos máis atractivos e volver desfrutar do seu visionado ou compartilos con amigos e familia.

Impartido por Francisco Fernández Bouza, técnico en sistemas informáticos de vídeo e son.

Datas e horarioDo 5 de outubro ao 14 de decembro, os martes de 12.00 a 13.00 h O curso consta de 10 sesións (10 h).

PrezoO prezo do curso é 30 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 16: outubro-decembro 2021

Aprendizaxe permanente

Page 17: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Aprende a comunicarte en francés básico

Se sempre quixeches aprender francés ou o estudaches no seu día e queres refrescalo desde o nivel básico, aprenderás a manexarte neste idioma para podéreste comunicar, presentar, saudar, formular preguntas ou expresar os teus gustos.

Impartido por Laura Martínez González, graduada en Tradución e Interpretación.

Datas e horarioDo 7 de outubro ao 9 de decembro, os xoves de 12.00 a 13.00 hO curso consta de 10 sesións (10 h).

PrezoO prezo do curso é 30 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 18: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Conversa en francés

Se xa tes coñecementos de francés e queres practicar conversando cunha profesora nativa, porás en práctica as túas habilidades comunicativas nun grupo moi ameno e divertido.

Impartido por Camille Brault, profesora nativa e auxiliar de conversa na Escola Oficial de Idiomas de Lugo.

Datas e horarioDo 6 de outubro ao 15 de decembro, os mércores de 10.30 a 12.00 h O curso consta de 10 sesións (15 h).

PrezoO prezo do curso é 45 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 19: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Aprende a comunicarte en inglés básico

Se sempre quixeches aprender inglés ou o estudaches no seu día e queres refrescalo desde o nivel básico, aprenderás a manexarte neste idioma para podéreste comunicar, presentar, saudar, formular preguntas ou expresar os teus gustos.

Impartido por Concepción Bargiela, profesora de inglés Proficiency pola Cambridge University e guía oficial de turismo.

Datas e horarioDo 7 de outubro ao 9 de decembro, os xoves de 10.00 a 11.00 hO curso consta de 10 sesións (10 h).

PrezoO prezo do curso é 30 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 20: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Conversa en inglés

Se xa tes coñecementos de inglés e queres practicar conversando cun profesor nativo, porás en práctica as túas habilidades comunicativas cun grupo moi ameno e divertido.

Impartido por Nick Dutfield, profesor nativo de inglés.

Datas e horarioDo 8 de outubro ao 10 de decembro, os venres de 10.30 a 12.00 hO curso consta de 10 sesións (15 h).

PrezoO prezo do curso é 45 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 21: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Iniciación ao xadrez: as súas tácticas e estratexias

Se sabes os movementos básicos das pezas de xadrez, aprenderás as principais tácticas e estratexias, aperturas, medio xogo e finais, ao tempo que comentaremos algunhas das partidas emblemáticas dos grandes xadrecistas da historia. Tamén usaremos ferramentas online para xogarmos partidas e organizar quedadas.

Impartido por Lois Carril García, monitor profesional de xadrez e xogador federado con ranking internacional.

Datas e horarioDo 7 de outubro ao 9 de decembro, os xoves de 10.00 a 11.00 h O curso consta de 10 sesións (10 h).

PrezoO prezo do curso é 30 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 22: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Mellora o teu xogo coñecendo a historia do xadrez

Se xa participaches nun curso de xadrez ou xa coñeces as principais tácticas e estratexias, neste curso aprenderás Historia do Xadrez cun percorrido polas biografías e as partidas dos campións máis famosos. O teu xogo mellorará a través do estudo das partidas.

Impartido por Lois Carril García, monitor profesional de xadrez e xogador federado con ranking internacional.

Datas e horarioDo 7 de outubro ao 9 de decembro, os xoves de 11.15 a 12.15 h.O curso consta de 10 sesións (10 h).

PrezoO prezo do curso é 30 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 23: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Ciclo de apreciación musical. Historia da música clásica con audicións comentadasSe che gusta a música, neste ciclo aprenderás a gozar da escoita dalgunhas das obras máis significativas da historia da música, destacando os aspectos máis importantes para unha maior comprensión, contextualizándoas historicamente coa estética do momento e cos aspectos biográficos dos seus autores que influíron na composición.

Impartido por Manuel López-Benito Álvarez, musicólogo e divulgador.

Datas e horarioDo 5 de outubro ao 14 de decembro, os martes de 17.00 a 19.00 hO curso consta de 10 sesións (20 h).

PrezoO prezo do curso é 121 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 24: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Ciclo de historia da arte. Alegría de vivir: arte para saír a floteNeste ciclo exploraremos a arte como expresión do vitalismo, «a arte non cura, nin repara, senón que restaura a conexión coa alma, que sempre está agardando a ser chamada» (Kandinsky). Con este propósito buscaremos recuperar a ilusión a través da beleza, redescubrindo artistas que nos farán sentir vivos de novo, porque como ben sabía Vasili, a arte é un nutriente para o espírito.

Impartido por Marta Riera Táboas, doutora en Belas Artes, profesora, ilustradora e divulgadora.

Datas e horarioDo 6 de outubro ao 24 de novembro, os mércores de 18.00 a 19.00 h O curso consta de 8 sesións (8 h).

PrezoO prezo do curso é 50 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 25: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Ciclo literario. Poetas pioneiras do século XXSe aínda non descubriches a poesía, neste ciclo aproximarémonos ás poetas pioneiras do século XX en español que abriron un espazo inédito ao “eu” poético feminino. Como mulleres, escribiron de amor e de anhelo, de soidade e de dó, de arraigamento e desarraigamento, tamén de maternidade… O seu imaxinario abriu insospeitadas vertentes e a singularidade da súa voz culminou nunha nova perspectiva estética.

Impartido por Teresa Zatarai Martín, licenciada en Xornalismo, e experta en comunicación editorial.

Datas e horarioDo 7 de outubro ao 2 de decembro, os xoves de 18.30 a 20.00 hO 18 de novembro non haberá clase.O curso consta de 8 sesións (12 h).

PrezoO prezo do curso é 50 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 26: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Gallaecia: descubrindo as nosas orixes.Ciclo de historia e patrimonio de Galicia

Se che interesa a historia, a arte, ou simplemente descubrir os segredos do noso territorio ou redescubrir sitios que xa coñeces, propoñémosche unha viaxe por Galicia, pola historia, a arte, a cultura e o patrimonio, para aprender a mirar a paisaxe con outra ollada e con maior profundidade.

Impartido por Pilar Blanco Vidal, historiadora e autora de libros e artigos sobre o patrimonio.

Datas e horarioDo 4 de outubro ao 20 de decembro, os luns de 18.30 a 19.30 hO curso consta de 10 sesións (10 h).

PrezoO prezo do curso é 30 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 27: outubro-decembro 2021

+60 online. Outubro-decembro 2021

Exprésate a través da fotografía dixital

Se queres mellorar as fotografías que tiras co móbil ou coa réflex e aprenderes a narrar historias, neste curso empregarás as técnicas da composición, o encadre, a iluminación e algunhas das técnicas dos principais fotógrafos da historia. Se xa participaches na anterior edición deste curso, continuaremos ampliando coñecementos sobre a fotografía, procesado e edición.

Impartido por Begoña Pérez López, fotógrafa e técnica en produción audiovisual.

Datas e horarioDo 5 de outubro ao 14 de decembro, os martes de 11.00 a 12.00 h O curso consta de 10 sesións (10 h).

PrezoO prezo do curso é 30 €Programa detallado e inscricións en ataquilla.com

Page 28: outubro-decembro 2021

Prazo de inscrición: do 6 ao 17 de setembro.

As inscricións realizánse en ataquilla.com, con pagamento mediante tarxeta.

Unha vez que completes a inscrición, recibirás un correo de confirmación e porémonos en contacto contigo para acompañarte no proceso de alta na plataforma de formación.

Se tes calquera dúbida sobre como facer a inscrición ou o pagamento, podes contactar con nós. Contacta escribíndonos a [email protected] ou chamando ao 698 122 915.