Nadal en Ferrol...> Mercado de Nadal > A fábrica de Papá Noel Este ano a Praza de Armas albergará...

9
Nadal en Ferrol -Programa 2020-

Transcript of Nadal en Ferrol...> Mercado de Nadal > A fábrica de Papá Noel Este ano a Praza de Armas albergará...

  • Nadal en Ferrol

    -Programa 2020-

  • > Mercado de Nadal

    > A fábrica de Papá Noel

    Este ano a Praza de Armas albergará o primeiro Mercado de Nadal de Ferrol, que terá lugar do 14 de decembro ao 5 de xaneiro. Un espazo ao aire libre que encherá a praza de ambiente do Nadal. 10 postos de produtos artesanais, con ampla representación de artesáns de Ferrol, e nos que poderemos atopar desde unha florería ata un posto de doces do Nadal.

    Do 18 ao 24 de decembro, os máis pequenos da casa poderán gozar dunha divertida actividade na que se converterán en axudantes de Papa Noel. Tras 4 divertidos xogos, @s nen@ s finalizarán a actividade recibindo o seu diploma oficial de axudante da mesmísima man de Papá Noel, na súa cabana de Laponia.

    Para cumprir coa normativa COVID a actividade farase en grupos reducidos polo que será necesario reservar sesión na web www.cidadedonadal.org

    - Do 14 ao 20 de decembro, de 17 h a 21 h.- Do 21 de decembro ao 5 de xaneiro, de 10 h a 14 h e de 17 h a 21 h.

    - Do 18 ao 24 de decembro. A actividade realizarase nunha carpa situada na Praza de Armas en horario de 17 h a 21 h.

  • > Cartas reais

    > Animación de rúa e Pasarrúas

    Recolla das cartas de nenos e nenas, nas caixas de correo instaladas na Praza de Amboaxe, no Cantón e na Praza do Inferniño.

    Diferentes grupos de artistas con voluminosos atrezos, todos inspirados nos famosos desfiles de Disneyland, percorrerán as rúas de Ferrol coa intención de repartir maxia e ledicia á rapazada e maiores da cidade.

    Soldadiños de chumbo xigantes, cabalos de carrusel iluminados... e por suposto o gran protagonista destas festas, Papá Noel, que este ano visítanos dentro dunha burbulla da que non sairá para previr a Covid-19.

    24 de decembro. Durante todo o día.

    Do 14 de decembro ao 5 de xaneiro.

  • > Gala de circocon Desastronauts,Circo Chosco e Javi JavichiO circo é parte da tradición do Nadal en moitos lugares do planeta. Desde esa perspectiva propoñemos unha completa e variada gala de circo de Nadal con varias das compañías máis destacadas do momento. Veremos acrobacias aéreas, malabares e equilibrios nun espectáculo con música en directo e con moito, moito, humor.

    Presentado por Dani Blanco, coa participación das compañías galegas Desastronauts e Circo Chosco e co artista convidado Javi Javichi presentamos unha das citas ineludibles neste Nadal para toda a familia.

    TEATRO JOFRE > 26 de decembro, ás 18.30 h.ENTRADA DE BALDE > A recoller na billeteira do teatro o día da función, de 11 h a 13 h e de 16 h a 18.30 h.

    Fai clic aquí e sigue esta gala en streaming!

    https://youtu.be/Mz2BS8sS3a4

  • > A Gramola Gominola | Concerto

    > Pablo Méndez | Quimera

    A Gramola Gominola é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos).

    O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man. Premio Martín Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil.

    Quimera é un espectáculo circense inspirado nunha visión máxica da natureza, onde os soños e a mitoloxía entrelázanse.

    Espectáculo visual e acrobático de gran formato, nunha viaxe fantástica que estimula a imaxinación ata o final.

    TEATRO JOFRE27 de decembro, ás 18.30 h.

    TEATRO JOFRE29 de decembro, ás 18.30 h.ENTRADA DE BALDE > A recoller na billeteira do teatro o día da función, de 11 h a 13 h e de 16 h a 18.30 h.

    ENTRADA DE BALDE > A recoller na billeteira do teatro o día da función, de 11 h a 13 h e de 16 h a 18.30 h.

    Fai clic aquí e sigue este evento en streaming!

    Fai clic aquí e sigue este evento en streaming!

    https://youtu.be/lZIiJ7lYGxghttp://https://youtu.be/I4WfN2b01UE

  • > Porta Máxica. Edición especial

    OBRADOIRO (só en streaming) > 12.30 hOs fogares ferroláns converteranse nos anfitrións dun obradoiro de maxia impartido por varios magos profesionais.

    GALA > 20.30 h.· Samuel Moreno (Tomiño)· David Maestro (A Coruña) · Álex Louzao (Carballo)· Colectivo Máxico Lorc&Julit (Ferrol)

    · Martin Varela (Ferrol)

    TEATRO JOFRE > 30 de decembro.ENTRADA DE BALDE > A recoller na billeteira do teatro o día da función, de 11 h a 13 h e de 16 h a 18.30 h.

    Sesión dobre da man dos organizadores do Festival Porta Máxica.

    Fai clic aquí e sigue este obradoiro en streaming!

    Fai clic aquí e sigue esta gala en streaming!

    https://youtu.be/28DBbxVX4UMhttps://youtu.be/dw17wxqMMxg

  • > Visita dos Reis Magos

    Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, recibirán aos nenos e nenas na carpa da Praza de Armas.

    Para cumprir coa normativa COVID será necesario reservar hora para a visita, a partir do 21 de decembro, na web www.reismagosferrol.org

    O día 5 de xaneiro os Reis Magos dirixiranse a todos os nenos e nenas de Ferrol, nunha conexión en liña en directo que poderá verse desde a mesma web.

    - Do 2 ao 5 de xaneiro, de 17 h a 21 h.

  • Nadal en Ferrol2020

    Concello de FerrolPraza de Armas, s/n. 15401 FERROL

    n 981 94 40 00www.ferrol.gal