Modelo de oficio

4
Modelo de oficio normalización_lingüística_cerceda Oficio Introdución É unha comunicación escrita que emite un organismo e que está integrada na tramitación dun procedemento. Serve, por tanto, para comunicar información oficial a outras administracións, a organismos ou á cidadanía. Existen dous tipos de oficios: 1 Os oficios internos está dirixidos entre órganos da mesma organización ou entre esta e o funcionariado ao seu servizo. 2 Os oficios externos informan sobre procedementos entre o Concello e a cidadanía. Trátase, por tanto, dun documento de transmisión. 1

description

Breve explicación para redactar un oficio administrativo

Transcript of Modelo de oficio

Page 1: Modelo de oficio

Modelo de oficionormalización_lingüística_cerceda

Oficio

Introdución

É unha comunicación escrita que emite un organismo e que está integrada na

tramitación dun procedemento. Serve, por tanto, para comunicar información

oficial a outras administracións, a organismos ou á cidadanía.

Existen dous tipos de oficios:

1 Os oficios internos está dirixidos entre órganos da mesma organización ou

entre esta e o funcionariado ao seu servizo.

2 Os oficios externos informan sobre procedementos entre o Concello e a

cidadanía.

Trátase, por tanto, dun documento de transmisión.

1

Page 2: Modelo de oficio

Modelo de oficionormalización_lingüística_cerceda

2

Page 3: Modelo de oficio

Modelo de oficionormalización_lingüística_cerceda

Estrutura

Cabeceira

Titulo. O título dos oficios é opcional e consiste, cando se usar, en resaltar

o tipo de documento de que se trata, OFICIO, neste caso en maiúsculas.

Identificación do destino. A identificación do destino farase de xeito

diferente a depender do tipo de oficio. Nun oficio dirixido a unha persoa

particular (externo) a identificación debe aparecer na parte superior do

documento após o título e debe conter o nome e os apelidos, o enderezo,

o código postal e a localidade. Nun oficio dirixido a un cargo público, a

identificación deberá facerse na última liña do texto en letra grosa ou en

maiúsculas.

Referencia. Se o documento constanse de referencia, porase despois do

destinatario e antes do saúdo

Asunto. Pode incluírse unha breve indicación sobre o que se trata no

oficio, precedida da fórmula Asunto:

Corpo do texto

Saúdo. O saúdo nos oficios é opcional e só se debe incluír naqueles que

se dirixan a unha persoa.

Corpo. Os oficios, polo xeral, son documentos monotemáticos en que se

debe procurar a máxima concisión e clareza. A súa extensión debe

reducirse, por tanto, a un parágrafo ou os estritamente necesarios para

desenvolver o tema. Neste último caso, a estrutura do documento debe

seguir a orde lóxica, con introdución, desenvolvemento e conclusión.

Despedida. Igual que o saúdo, a despedida é opcional mais só debe

aparecer en correlación á primeira.

Peche

3

Page 4: Modelo de oficio

Modelo de oficionormalización_lingüística_cerceda

Canto ao peche, temos tamén dúas formas de indicalo, segundo se tratar

dun oficio externo ou interno. No primeiro dos casos, se o oficio consta de

saúdo e de despedida, asínase logo desta e, a continuación poranse o

nome e os apelidos e mais o cargo. Por último, nun parágrafo á parte,

escribirase o lugar e a data.

Nos oficios internos e, por tanto, sen saúo nin despedida, a estrutura do

peche será a seguinte: o lugar e mais a data do oficio, o cargo da persoa

que asina o documento, a rúbrica e, por último, o nome e os apelidos da

persoa que asina.

4