Manifesto cgt cut (24-02-2012)

2
A TODAS AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DÍA 24 DE FEBREIRO, ÁS 19:30 HORAS NA PRAZA DE PORTUGAL DA CORUÑA MANIFESTACIÓN CONTRA A DITADURA DO CAPITAL, LOITA OBREIRA E FOLGA XERAL MANIFESTO CONXUNTO DA CUT E DA CGT DA CORUÑA ANTE A REFORMA LABORAL oa colaboración dos gobernantes e par- tidos políticos, lacaios do capital máis cobizoso e coa pasividade cómplice dos sindicatos institucionalizados, a situa- ción da clase obreira non fai máis que empeo- rar: máis de cinco millóns de traballadoras e traballadores están no paro (240.000 en Gali- cia), case dous millóns de familias teñen todos os seus membros sen traballo e están condena- das á miseria e á exclusión social, centos de mi- lleiros están perdendo as súas vivendas, trece millóns de traballadores teñen ingresos anuais inferiores aos 12.000 euros, conxelación das pensións, posta en mans privadas e espolio do patrimonio de todos, os gobernos están recor- tando a educación e a sanidade públicas e pro- dúcese a agresión salvaxe á natureza, ao medio ambiente e á saúde das persoas. Como solución, os políticos só teñen unha recei- ta: hai que apertarse o cinto. Pero nese apertar- se o cinto nunca pensan no deles ou no dos po- derosos; sempre son os máis débiles e despro- texidos os que teñen que facer o esforzo, men- tres que os de sempre seguen gozando dos privilexios acada- dos co sangue e a suor do resto. Tamén nos dicían que o cambio de goberno nos ía axudar a saír do pozo, pero xa sabemos que estes que agora están no machi- to non darán un só paso que non lle veña imposto polo capi- talismo máis voraz, que é quen realmente ten o mando. A proba C

Transcript of Manifesto cgt cut (24-02-2012)

Page 1: Manifesto cgt   cut (24-02-2012)

A TODAS AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

DÍA 24 DE FEBREIRO, ÁS 19:30 HORAS NA PRAZA DE PORTUGAL DA CORUÑA

MANIFESTACIÓN

CONTRA A DITADURA DO CAPITAL, LOITA OBREIRA E FOLGA XERAL

MANIFESTO CONXUNTO DA CUT E DA CGT DA CORUÑA

ANTE A REFORMA LABORAL

oa colaboración dos gobernantes e par-tidos políticos, lacaios do capital máis cobizoso e coa pasividade cómplice dos sindicatos institucionalizados, a situa-

ción da clase obreira non fai máis que empeo-rar: máis de cinco millóns de traballadoras e traballadores están no paro (240.000 en Gali-cia), case dous millóns de familias teñen todos os seus membros sen traballo e están condena-das á miseria e á exclusión social, centos de mi-lleiros están perdendo as súas vivendas, trece millóns de traballadores teñen ingresos anuais

inferiores aos 12.000 euros, conxelación das pensións, posta en mans privadas e espolio do patrimonio de todos, os gobernos están recor-tando a educación e a sanidade públicas e pro-dúcese a agresión salvaxe á natureza, ao medio ambiente e á saúde das persoas.

Como solución, os políticos só teñen unha recei-ta: hai que apertarse o cinto. Pero nese apertar-se o cinto nunca pensan no deles ou no dos po-derosos; sempre son os máis débiles e despro-texidos os que teñen que facer o esforzo, men-

tres que os de sempre seguen gozando dos privilexios acada-dos co sangue e a suor do resto.

Tamén nos dicían que o cambio de goberno nos ía axudar a saír do pozo, pero xa sabemos que estes que agora están no machi-to non darán un só paso que non lle veña imposto polo capi-talismo máis voraz, que é quen realmente ten o mando. A proba

C

Page 2: Manifesto cgt   cut (24-02-2012)

témola na nova Reforma Laboral, unha reforma que permite que os empresarios decidan eles sos canto nos van pagar, que horarios imos ter, que traballos teremos que facer e que lles per-mite despedirnos libremente.

A cuestión é moito máis profunda; as raíces do problema están nun sistema económico e social podre no que a maioría está dominada por unha minoría, un sistema no que o seu fundamento é a explotación dos máis polos menos, un sistema depredador e cobizoso no que a destrución dos recursos naturais é a base do crecemento eco-nómico, un sistema no que os medios de produ-ción e consumo están en mans dos grupos de privilexiados. Por iso, calquera reforma que non ataque as raíces do problema non será máis que un parche para que este sistema de iniquidade continúe.

Para a CGT e maila CUT, só a transformación radical do sistema e a construción dunha socie-dade xusta e igualitaria é a loita que paga a pena emprender: unha sociedade sen opresores e oprimidos, sen privilexios, con xustiza social, cunha distribución xusta e equitativa do traballo e da riqueza e coa utilización racional dos recur-sos.

Por isto a CUT e a CGT mobilízanse e fan un chamamento aos traballadores e á sociedade en xeral para que non se deixe arrebatar as con-quistas que aínda nos quedan e que manifeste na rúa que xa estamos fartos de tanto ladrón, de tanto vividor e de tanto explotador e que non nos conformamos con recoller as migallas que sobran dos seus banquetes.

A mobilización é imprescindible e soamente se é contundente podemos chegar a deter os plans do capital de roubarnos os dereitos que nos quedan. A necesidade dunha Folga Xeral é evi-dente, pero non unha Folga Xeral de patacón que finalice antes de comezar, non unha Folga Xeral de pacotilla convocada para saír nos pe-riódicos, non unha Folga Xeral que non sexa máis que un paripé para xustificar unha nova traizón. Por iso, estamos pola convocatoria du-nha Folga Xeral que paralice realmente o país e que non se deteña ata acadar os obxectivos marcados. Calquera convocatoria que se faga desde outras bases está abocada, premedita-damente, á derrota e a desmobilización social interesada. Por isto, compañeiras e compañei-ros, chamamos á mobilización permanente ata conseguir a derrogación desta nova agresión.

VIVA A LOITA OBREIRA!

POLA DERROGACIÓN DA REFORMA LABORAL!

CONTRA AS AGRESIÓNS DO CAPITAL, MOBILIZACIÓN E FOLGA XERAL!

Confederación Xeral do Traballo R/ Simón Bolívar, 89, baixo - 15011 A Coruña Teléf.-Fax: 981 128 477 [email protected] www.cgtgalicia.org