LUANOVA 55

56
LÚA NOVA LÚA NOVA Maio 2015 Nº 55 Maio 2015 Nº 55 Revista Galega de Cultura A.C.G. Rosalía de Castro Cornellà (Barcelona) Xuntanza de Catalunya [email protected] [email protected]

description

REVISTA

Transcript of LUANOVA 55

Page 1: LUANOVA 55

LÚA NOVALÚA NOVAMaio 2015 Nº 55Maio 2015 Nº 55

Revista Galega de CulturaA.C.G. Rosalía de Castro

Cornellà (Barcelona)Xuntanza de Catalunya

Departament de Governaciói Relacions Institucionals

Coa colaboración:

ASOCIACIÓN CULTURAL GALEGA ROSALÍA DE CASTROFederico Soler, 71 • Cornellá (Barcelona) • Tel: 933751103 Mail: [email protected] Facebook.com/acgrdecastro

Secretaria Xeral de emigración

[email protected]@gmail.com

Page 2: LUANOVA 55

27 anos

****Existe unha estación baleira no meu subconsciente

pendurada das miñas meniñasA imaxe dun tren pérdese no horizonte

iso é algo recorrenteque teima en fixarse coma unha calcomanía

Viro os ollos cara as vías do antontee a tépeda néboa

bate neste meu corazón de invernoque posúe a cor gris da melancolía

Escacha como unha folerpa e esvara inevitabelmente

cara os raís de ferrodesaparece

****Venme á cabeza

que a vida tamén desapareceMais, ás veces

faino á velocidade dun lóstregoEste pensamento déixame xélida

petrificadaante a certeza de ser, apenas nada

****Son unha figurante invisíbel

ao meu carónunha vella maleta fálame

da tremenda soidade que se sentenos compartimentos pola noite

e eu, voume Paso polas estacións da vida

cunha precisión exacta, minuciosa

****Os fotogramas sucédense

e medran argumentos que cría afastados esquecidos

Áchome no reverso varada fronte aos meus naufraxios

abatida Pero, acaso chovía

ou era unha bágoa impertinenteque abría o ceo do verso triste?

****Só sei con seguridade

que en ocasións a realidade semella ser un vagón pantasmaque percorre senlleiro os accesos do tempo

**** Esta mañá espertei coa mirada introspectiva

e nas miñas mans conservo agochado o billete da incerteza

**** Pegadas incrustadas nas plataformas

falan de múltiples existencias Elas, vagan entre chuvias

que decorren as tristes meixelasdos adeuses

****Ás miñas costas

o son monocorde dos altofalantes espértame dun flash back persistente

case persecutorio e inicio un tránsito orientador

polas agullas do sinxelo reloxochantado na parede de pedra

e descubroque quizais sexa a hora de partir

****As horas, probabelmente

son unha invención necesariaOu non?

****

Camiño coma unha autómata Achégome ao convoi que agarda quedo

Intérnome nel e non esquezo botar man

dos laios que me percorrensempre que me ausento

****Tras o vidro da xanela

ollo o frenético deambular de descoñecidos viaxeiros

Contemplo o proceso inevitábelda despedida

a inequívoca temporalidade das palabrase dóeme

a xeada que paraliza os meus pés nesta efémera estadía

****

Non sei porquemais existe unha estraña tristeza

que mira de esguelloe confirma na pel

todas as feridas das ausenciasque habitan trémulas na humedén do iris

Porque as pegadas incrústanse nas plataformas

falan de múltiples existencias Elas, vagan entre chuvias

que decorren as tristes meixelas dos adeuses

****

Certame de poesía en lingua galega “Rosalía de Castro”

26 edición 20121º premio

Autora: Cruz Martínez Vilas

CONTEMPLO O PROCESO INEVITÁBEL DA DESPEDIDA

Page 3: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

LÚA NOVARevista galega de cultural

Director Antonio Díaz Fernández

Consello de RedacciónCarlos de Torres, Xulio Couxil Váz-quez, Xulio Simón Rúa, A. do Neto.

Corrección: Vagalume Producións Culturais Xosé Carlos García González

Colaboran neste número:Xulio Cougil, Xulio Simón, Henrique Fernández Sánchez, Manuel Suárez Suárez, Xosé Lamela Bautista, Armando Fernández, Alfredo González, Amparo Centeno, Paco Ascón, Xosé Manuel Fernández, Mariano Goikoa Otero, Galiciaberta, Bartolomé Jiménez, A. Lombardía e Encarna Otero.

Capa: Igrexa de XARES Ourense.

Produción: ACEGA-Edicións

Impresión: Gráficas Rey

Dep. Legal: B-26.985-95R.M.: M-1296612-1.989

Autorízase a reprodución do conti- do desta revista sempre que se cite a súa procedencia e o autor, sendo comunicado á entidade que edita esta publicación.

LÚA NOVA non se identifica, nece-sariamente coas opinións recollidas nos artigos polos seus autores

Maio de 2015Nº 55

EditaA.C.G. ROSALÍA DE CASTROFederico Soler, 71, 08940-Cornellà Tel.: 93 375 11 03 Mailto: [email protected] de Catalunya

Presidente: ALFONSO RICO GARCÍA

Síguenos en: Facebook.com/acgrdecastro e Facebook.com/lua_nova

Balance de lexislatura: o tecido asociativo como motor de desenvolvemento. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4

Letras Galegas Xosé María Díaz Castro: nimbos (1961) . . . . . 7

Letras Galegas 2015. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9

Certame de poesía en lingua galega “Rosalía de Castro” . . . 12

Certame de narrativa “Rosa Reboredo” . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15

Actividades da Entidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 18

Albúm Fotográfico Actividades 2014. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 28

Alfredo González presenta en Cornellá “veritas mi” . . . . . . . 38

Camiño andado...A tolerancia nun Mundo Intolerante . . . . . 40

Forza Centro Galego de Bos Aires!. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 42

Fraseoloxía . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 43

Os viños das ribeiras do Miño, Arnoia e Avia: “O Ribeiro” . . 44

Liñares de Queiza - de a Proba de Suarna (Lugo) . . . . . . . . . . 46

A Ruta das Sombras: Un paseo polo principio de Galicia . . . 47

Crónicas da Emigración . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 49

El Món Associatiu. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 53

María Soliña . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 54

3

Índice

Page 4: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

4

Medrou coma persoa e coma cidadán nos movementos estudiantís daqueles incertos e engaiolantes anos 80, com-prometido en causas sociais, culturais e políticas. Antonio Balmón entendeu sempre a POLÍTICA con maiúsculas, un instrumento de transformación social, de desenvolve-mento da sociedade, de mellora común… Un instrumen-to, non un fin en sí mesma.

Malia a confianza que transmite e a cordialidade que amosa, Antonio Balmón, o noso alcalde, é algo comedi-do nos seus xestos ultimamente: afable aínda que auste-ro coma o despacho no que recibe, afectuoso aínda que aflixido coma a maioría dos cidadáns cos que conecta e departe cada día, animoso malia a pesada carga que leva ás costas con esta crise que tanto afectou á vila e aos seus veciños. Ocupado e preocupado nas solucións e nos pa-liativos, vexo nel moita capacidade de seguir liderando este proxecto de cidade, un gran compromiso coa xente e co seu equipo, moita e boa predisposición para enfrontar estes novos retos nesta nova lexislatura que en maio co-meza, pero saliento esa indignación que percorre cada un dos seus xestos, cada verba que pronuncia tanto en priva-do coma en público.

Pretendidamente austero e impersonal despacho, conci-bido para recibir visitas e non para traballar de diario (un alcalde debe patear as rúas e prazas da cidade, falar cos cidadáns nos mercados, nas entidades, nos moitos actos socioculturais que de cotío se proxectan), lonxe de para-fernalias e artificios decorativos, o alcalde fainos sentar preocupado por cada un de nós, pola entidade, polo noso día a día.

A excusa e boa… Unha entidade activa e comprometida de Cornellà, a nosa, a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà, nun barrio de Sant Ildefons con moita vida sociocultural e con moita pegada da inmigra-ción, cumpre 35 anos de compromiso coa Cidade, e pon en valor cada día o feito de compartir o progreso da vila e das dúas terras, a Galicia dos seus socios oriundos e a Catalunya de adopción e dos fillos e netos.

Antonio Balmón salienta ese orgullo de pertencer a estes colectivos que impulsan o desenvolvemento de Cornellà, do Barrio de Sant Ildefons. Son eses movementos que na-cen de ver dificultades e problemas que hai que solucio-nar. As entidades nacen da vontade das persoas que que-ren unir esforzos en materia social, cultural, asistencial. Calquera organización ou movemento asociativo nesta cidade corresponde a esa vontade de querer enfrontar os problemas e poñerlle solucións. Un traballo de moita im-

plicación, dinamización do tecido comunitario, non é un tecido endogámico e pechado nas catro paredes das enti-dades senón que transcende esas fronteiras particulares e conforman unha rede universal que ten como obxectivo común desenvolver e facer mellorar a cidade de Cornellà.

Así naceu Rosalía de Castro naquel ano 1980, de espírito galego pero vocación cívica, con raigame rural pero com-prometida co barrio e coa cidade. Promotora de centos de eventos nestes 35 anos, colaboradora en moitos proxectos de cidade e de país, sempre activa e comprometida, unha embaixada de Galicia en Catalunya ao tempo que un mo-tor sociocultural para Sant Ildefons e Cornellà. Por iso nunca foi soa senón que foi da man dos entidades do ba-rrio, das entidades da vila e, por suposto, das institucións públicas. En palabras do alcalde: Nese camiño de Rosalía e do resto de entidades de Cornellà o máis importante sempre foron as alianzas. Para iso o Ajuntament de Cor-nellà sempre quixo estar á beira das súas entidades, do seu tecido asociativo. Incluso nestes momentos tan duros e complicados, tempos nos que as prioridades cambiaron, o Ajuntament de Cornellà segue a ser o mellor aliado das entidades sociais e culturais da vila, do tecido asociativo de Cornellà. Aproximadamente 1 millón e medio de euros adicado a todos estes movementos e estructuras que ten un retorno incalculable en capital humano e en accións directas e indirectas das entidades cara a cidade que se-guro que se multiplica por 4, por 5 ou por 6 en desenvolve-mento e progreso, en melloras e en servicios.

É seguro que ese traballo desenvolvido polas entidades e o tecido asociativo é moi ben valorado polo conxunto da sociedade, entre todos xa nos ocupamos de poñelo en va-lor e de facelo visible, pero Antonio Balmón non deixa de salientalo e de repetilo alí onde vai: a sociedade debe ser consciente en todo momento do traballo do conxunto das entidades, debe saber analizar, contabilizar e valorar ese inxente traballo e valor, porque se hoxe mesmo ese tecido desaparecese ou deixase de prestar servicio, o Ajuntament de Cornellà non o podería suplir ou pagar con cartos. Ademais de non poder pagar nunca todo o valor emocio-nal que aportan as entidades desta vila. Podemos reco-ñecer pero nunca poderemos pagar toda esa contribución das nosas entidades e do noso movemento asociativo, tan rico e diverso, tan activo e comprometido, tan nobre e profesional. Motivación, implicación, compromiso e per-tenza non ten prezo nin se pode retribuír. Coido que o tra-ballo que a entidade vosa ten feito non só no ámbito da cultura galega senón como dinamizadora culturalmente e activa no eido social da cidade de Cornellà é un magnífico exemplo do que está a acontecer nesta vila.

ANTONIO BALMÓN

BALANCE DE LEXISLATURA: O TECIDO ASOCIATIVO COMO MOTOR DE DESENVOLVEMENTO

Page 5: LUANOVA 55

5LÚA

NO

VA

Antonio Balmón é un alcalde moi implicado cos casos re-lacionados coa crise. As familias que o están pasando mal son prioritarios para este concello e para todo o equipo de goberno. Son moitas e moi significativas as campañas polo recoñecemento da dignidade en todos os ámbitos: dignidade económica con recursos directos para paliar as necesidades dos cidadáns, a Botiga Solidària é un magní-fico expoñente deste tercer sector; a dignidade dos mal-tratados cos que o concello ten especial sensibilidade; os dependientes que deben ter uns mínimos para vivir con dignidade,… Este foi un impulso que dirixe directamente o alcalde como principal motivador do seu equipo de tra-ballo: fomos capaces entre todos de manter unha cidade forte nestes tempos tan complicados, mantemos boa mus-culatura e intentamos traballar pola dignidade de todos os cidadáns. O contexto económico foi a excusa de moi-tos para retallar en dignidade, en aspectos básicos que as institucións públicas debemos garantir. Cando as pa-labras non van acorde cos feitos alguén queda excluído, e aí é onde o Ajuntament de Cornellà ten que responder con accións, con feitos, con compromiso pola dignidade. Eu como alcalde podo facer un diagnóstico do sucedido nestes anos de crise, podo incluso buscar culpables e cóm-plices de agudizar as conscuencias negativas da crise, pero o que non podo é non contribuír á mellora de todos e todas, cidadáns e cidadás de Cornellà, dentro da medida dos recursos e posibilidades que unha cidade como Cor-nellà ten, pero co obxectivo de non deixar a ninguén atrás.

Más de 380 deshaucios paralizados, máis de 1.200 persoas contratadas temporalmente polo concello, investimentos, mantemento dos recursos e orzamentos de apoio a per-soas en risco de exclusión e de entidades sociais, incluso partidas excepcionais para paliar a pobreza: coa colabo-ración de todos os axentes implicados e comprometidos, sempre, con esa alianza entre todos, pero sempre desde unha posición moi sutil para actuar nese espacio de po-breza que ás veces non é moi visible pero que hai que ter ben localizado, hai que actuar e espremer os recursos neste ámbito onde máis se deixan ver as desigualdades e as consecuencias reais deste contexto económico. Es-tamos actualmente investindo as plusvalías do concello contratando temporalmente a máis de 150 persoas máis, actuando directamente contra a pobreza enerxética, coa

colaboración da Área Metropolitana. Hai que implicar a todas as administracións públicas pero non podemos dar palabras ou excusas ás necesidades das persoas e das fa-milias. Nestes tempos o noso compromiso desde o Ajun-tament de Cornellà é fabricar esperanzas para quen non as ten ou está en risco de perdelas.

O esforzo, o traballo, a imaxinación e a profesionalidade fixeron desta lexislatura un exemplo exportable a todo o Estado. Sen débedas e con novos recursos aplicados ás axu-das a quen máis o necesita, Cornellà é exemplo de xestión en todo o Estado. E non foi fácil. Iso si, foi un compromiso de Antonio Balmón con cidadáns de Cornellà, unha palabra dada que quixo manter en todo momento: non hai un só euro que non se destinase a tres cousas fundamentais. A primeira, cumprir as nosas obrigas; a segunda, colaborar cos nosos aliados, entidades e asociacións sociais, culturais, volunta-rios,… axudarlles a pasar esta travesía nun contexto eco-nómico complicado; e a terceira, paliar as consecuencias da crise económca, políticas paliativas. Se alguén me pregunta se estou orgulloso, digo que non, só un pode sentirse orgullo-so cando recupera a dignidade e deixa de sentir medo. Si me sinto terriblemente responsable e tremendamente útil, por-que non nos quedamos simplemente na denuncia senón que impulsamos ese servicio aos nosos cidadáns.

Non é mal balance nestes catro anos en que moitas ad-ministracións ademais de facer crecer a débeda deixaron moitas facturas por pagar e a moita xente necesitada sen axudas. Malia ese pequeno éxito, esa pequena victoria na batalla pola dignidade, este alcalde non está satisfeito e prepara unha nova batalla de catro anos para poñer en valor o traballo destes anos, os compromisos cos máis desvaforecidos e o lugar que merece unha cidade da gran dimensión económica e sociocultural: un responsable po-lítico que queira acceder a ser o máximo responsable dun-ha vila como Cornellà ten que ter moi claras as posicións que debe manter. Sant Ildefons e Gavarra són eixos prio-ritarios para esta nova lexislatura, onde vive o 65 % da poboación de Cornellà. Quen non teña un proxecto para estes dous barrios xa vai mal encamiñado. Estes proxec-tos son ambiciosos e moi custosos. E hai que ter novos proxectos para o conxunto da cidade, unha cidade ben madura xa, que ten concretada a súa política de servicios, unha vila que cada fin de semana ten programadas va-rias e moi interesantes actividades, impensable hai catro anos, e agora ten que dotarse das características que con-formaron a Cornellà actual e a Cornellà que intuíamos desde hai un tempo. Cal foi a nosa intuición?... Hai bases imprescindibles para esta nova sociedade, bases relacio-nadas coa cultura, co coñecemento, coa educación. Todo isto hai que amplialo, hai que apostar por estes proxec-tos. Nestes días estamos a presentar dous novos espacios de lectura de nova construcción e reforzaremos todo o que ten que ver con actividaes extraescolares e formativas.É moi importante contribuír a que a brecha non se am-plie, a reducila se é posible. Debemos construír un espacio público de convivencia, non deixando que se degrade. Le-vamos xa dous anos traballando nun proxecto que se vai presentar en breve que é unha proposta de transformar o noso espacio público nunca grande illa verde. Este é un proxecto a oito anos pero que podemos realizar con éxito. Hai unha oportunidade e temos que aproveitala. Enfron-tar o presente mantendo o que xa temos e realizar accións cara o futuro para que se respecte este espacio público, que convide a quedarse nel e axude a mellorar a calidade de vida dos nos cidadáns. Saber crecer e estar prepaparada para as novas oportunidades que aparezan, cohesionada en todos os seus barrios. Todos vencellados ao proxecto global de modernización. Hai que ter un proxecto, hai que ter claro qué queremos ser: máis e mellores coñecementos nun entorno que non sexa hostil, agradale. Defendible.

Page 6: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

6

A xestión eficiente e sostible dos recursos da cidade é a que permite facer un balance positivo destes anos nos que a crise destrozou todo o que semellaba inestable ou o que as malas prácticas e os abusos puxeron en risco. Non é o caso de Cornellà, non é a realidade desta cidade que hoxe en día está preparada para os novos retos, as novas oportunidades e a madre de todas as batallas: combatir a pobreza e a exclusión dos máis desfavorecidos. A nosa xestión implicou moita habilidade, moita presencia da cidade baseada no respecto e a boa imaxe que ten Cor-nellà fora das fronteiras que é a clave da captación de moitos novos recursos. Unha xestión totalmente diferen-te aproveitando as posibilidades da cidade sen deixalas unicamente en mans privadas. E por suposto non gastar máis do que se pode. Non me canso de dicir que a día de hoxe, co mesmo contexto económico actual, esta cidade pode soportar cinco anos máis incluso facendo cousas novas. A previsión é de mellora pero o importante é ter a seguridadde dunhas bases económicas sólidas, sen en-ganar a ninguén. Todos os equipamentos da cidade están xa pagos, todos, polo tanto os gastos de funcionamento xa están previstos nos gastos correntes da cidade, e aínda queda un excedente importante de recursos propios para pequenos investimentos e mantemento e para axudar ás familias que o necesitan. Este é o balance destes anos de esforzado traballo e xestión hábil e rigorosa. Ademais son contas públicas e están na web do concello.

O novo reto para Cornellà en palabra de Antonio Balmón é mellorar o Clima emocional da cidade de Cornellà. Que os espacios agradables e a natureza invadan Cornellà en zonas onde xa non se necesitan vías de acceso ao trán-sito de vehículos. Hoxe a vila ten xa moi delimitadas as arterias de entrada, de saída e de comunicación interna polo que a aposta é por zonas verdes onde a calidade de vida dos cidadáns sexa a premisa, zonas que inviten aos veciños a vivir Cornellà. É evidente que isto só se pode acometer cando as arcas están saneadas e a cidade é sosti-ble e madura. E iso é un dos grande méritos deste alcalde e do seu equipo de goberno, das empresas e institucións que apostan por Cornellà e do tecido asociativo que está implicado directamente no día a día da cidade, compro-metidos co desenvolvemento e o futuro dos cidadáns e cidadás de Cornellà.

E non falemos de modernización. Eu me resisto a empregar a palabra Moderno… sempre estamos a enfrontar vellos problemas, sempre, sempre,… A miña reflexión pasa por aí, estamos moi predispostos a deslumbranos polos grandes e luminosos aparadores. Pero detrás de todas esas luces hai sempre os mesmos problemas, vellos problemas. Está ben claro que quen se organiza é quen está ben motivado para encarar eses problemas e buscar solucións. Esa é unha von-tade particular ou colectiva que desde as administracións hai que apoiar. Calquera iniciativa de desenvolvemento social debe ser amparada polas administracións. Unhas estructuras desaparecerán e nacerán outras. Sempre hai espacios a cobrir e sempre o fan desde a vontade colectiva e decidida. O básico é o relevo xeracional, dar paso e pro-tagonismo á xuventude. Pero o traballo é o que queda e o que hai que facer visible. O escaparate está ben pero detrás hai moitas horas, moitos anos, moita xente que traballou comprometida. Ese é o mérito e o valor de entidades como a vosa, Rosalía de Castro, para os socios e para a cidade, como galegos e como cidadáns de Cornellà. O Ajuntament o que debe facer é estimulalo, promovelo, recompensalo, agradecelo e respectalo.

É ben certo o que pensamos entrevistadores e entrevis-tado. Hai demasiada xente que insulta ás entidades con demasiada facilidade. Semella que unha pequena sub-vención ou axuda que en calquera caso é importante pero ben pequena e que non paga como dicía o alcalde nin sequera unha pequena porcentaxe do que as entida-des aportan á cidade, semella que esa pequena cantidade nos faga prisioneiros políticos, vontades compradas ou estómagos agradecidos. Hai moita frivolidade, hai moito insulto. Unha entidade non é nin instrumento político nin cómplice de nada máis que de facer cidade, colaborar no desenvolvemento social e cultural da vila… e ese é un dos valores destes 35 anos de galeguisdade comprometida da ACG Rosalia de Castro, de compromiso co barrio de Sant Ildefons e a cidade de Cornellà.

Para Galicia somos embaixadores da cultura galega en Catalunya e en Cornellà somos exemplo de compromi-so e civismo, somos os que levamos fóra o nome dunha realidade multicultural que se chama Cornellà. Somos o orgullo do Ajuntament de Cornellà e para nós. Antonio Balmón e o seu equipo de goberno é e será por moito tem-po un grande apoio a todo o que significa compromiso, civismo, colaboración, solidariedade, complicidade.

Xa co micrófono pechado pero co mesmo ton irritado, An-tonio Balmón pormenoriza neses que predican en contra das entidades cando realmente moitos dos que falan vi-viron a conta dos cartos públicos durante moito tempo.

Como alcalde e como amigo da nosa entidade, Antonio Balmón sabe da importancia e repercusión de canto foi creado por esta alianza entre entidades e Ajuntament.

A tots vosaltres, des de l’Ajuntament de Cornellà, les nos-tres felicitacions per aquests primers 35 anys de comprimís amb la ciutat i amb la seva gent. Entitats com la nostra Ro-salía de Castro ha de ser per molts anys motor de desenvolu-pament i valor afegit en tots els projectes que posi en marxa i en els que tots els agents de la ciutat puguin col·laborar.

Per molts anys!Antoni Balmón

Entrevista de Antonio Lombardía eXosé Carlos G. González

Page 7: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

7

Juan Rulfo pasou á historia da literatura con 250 páxi-nas. Pedro Páramo foi a úni-ca novela que escribiu e dela dixo Borges que era unha das

mellores novelas da literatura universal.

Nas nosas letras son varios os autores que só publicaron en vida un libro: Luís Amado Carballo Proel, Manuel An-tonio De catro a catro ou Manuel Luís Acuña Fírgoas. Os tres son figuras senlleiras da nosa literatura.

Este ano cúmprese o centenario do nacemento de Xosé María Díaz Castro (1914 Os Vilares, Guitiriz; 1990 Lugo) a quen se lle adica o Día das Letras Galegas. Tamén é au-tor dun só libro, o poemario Nimbos, editado en Vigo por Galaxia no1961 e que tivo gran influencia na poesía pos-terior. Amosa nel unha fonda preocupación por Galicia así como polos problemas básicos do ser humano: a vida o tempo e a morte. Formouse Díaz Castro no Seminario de Mondoñedo, onde entrou en contacto con Aquilino Iglesia Alvariño, con quen se encadra dentro da chamada Xeración do 36, xunto con Carvalho Calero e Celso Emilio Ferreiro. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universi-dade de Salamanca, especializándose en linguas moder-nas. Adicouse á docencia, alternando o seu traballo coa investigación e a tradución, xa que dominaba máis dunha ducia de linguas.

En Nimbos fala dos seus poemas como anacos fuxidíos das súas lembranzas: “… Son fragmentos de min mesmo perdidos, coma ventos fuxidos, por antigos camiños esquencidos”.

O seu poema máis coñecido, “Penélope” foi recollido no ano 1970 por Alonso Montero no libro Os cen mellores po-emas da lingua galega (Ediciones Celta, Lugo) e dous anos antes figuraba no volume Terre d’Espagne / Tierra de España (Bruxelas, La Renaissance du Livre), primeira antoloxía bilingüe (galego-francesa), da poesía galega:

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,i a tea dos teus sonos non se move.A espranza nos teus ollos se esperguiza.Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanosche estrolla o sono mól coma unha uva.Pro ti envólveste en sabas de mil anos,i en sonos volves a escoitar a chuva.Traguerán os camiños algún díaa xente que levaron. Deus é o mesmo.Suco vai, suco vén, Xesús María!,e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,o Tempo vai de Parga a Pastoriza.Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

Este poema foi publicado por primeira vez no 1950, no número catro da revista “Alba” dirixida por Ramón Gon-zález-Alegre.

O tema central do poema é a esperanza sempre frustra-da de Galicia sometida a un falso dinamismo de carácter pendular “Un paso adiante e outro atrás, Galiza”, “Suco vai, suco vén”, “de Parga a Pastoriza”. A esperanza está adormecida “se esperguiza” e con respecto ao regreso dos emigrantes é moi inconcreta “algún día”. O mesmo que Penélope, esposa de Ulises, que destece pola noite o que tecía durante o día, Galicia espera ver como se cumpren os seus soños pero un pequeno adianto trae sempre canda si outro atraso. Este vaivén non leva consigo avance, senón atraso, xa que estamos nun mundo nun continuo proceso de cambio.

No mesmo ano que Nim-bos (1961) publica Mén-dez Ferrín: O crepúsculo e as formigas con prólogo de Ramón Piñeiro titu-lado “As andadas litera-rias de Méndez Ferrín”. O censor que avaliou o libro, Juan Fernández Herrón escribe con data de 2 de xullo: “Después de destacar, en el pró-logo, la personalidad humana y literaria de Méndez Ferrín, éste re-coge, en varios cuentos,

estampas reales de la aldea, en el ambiente y en el lengua-je propios de los protagonistas. Puede autorizarse”.

Na editorial Follas Novas de Buenos Aires ve a luz Me-morias dun neno labrego de Neira Vilas. Con data de 18 do antroido escríbelle Otero Pedrayo referíndose a Balbino, o protagonista do libro: “Chegou o rapaz cos seus contos e memorias. ¡Parés imposibile o que pode lembrar e contar un rapaz! Collino da man e como estaba mañán de ollar griseiro de mociña senteime co il ó pé do cameleiro branco onde hai un banquiño xeitoso. E púxenme a escuitar. O ra-paz falaba nun galego tan ben peneirado que mesmamen-te se espreitaban as peneiras da Nosa Fala danzando nas mans das Nais e os minutos do día e da mañán decorrían priguizosos como un rego no vrán pra non perdere chisco de aquila fala onde decorría o vivir da aldea e os medos e as [a]legrías e as chuscadas dun neno ouservador, e valen-te cos seus rautos de malenconía e hastra namoradeiro e sabendo disimulare aquil amoriño pola Eladia que outro, romanticamente houbera espallado en demoradas paxinas. Pro iste neno é xentil e moderno. Sabe as angueiras do cam-po e as doores e noxos da casa. Seu relato ten ulidos de corte, de fume, de mañán mollada sin ganas de traballar. De cando en cando as froles do camelieiro esfollanse de seu e van estrando o chan de unha fermosa neve vexetal”.

Ricardo Carballo Calero publica Salterio de Fingoi e Versos iñorados ou esquecidos de Eduardo Pondal.No prólogo de Villardevós de Sil-vio Santiago García escribe Otero Pedrayo: “Semella escrito de xo-enllos, coma Fra Anxélico pintaba as súas Madonnas”.

letras galegas. xosé maría díaz castro: nimbos (1961)Por: Xulio Simón Rúa

Neira Vilas

Ricardo carballo Calero

Page 8: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

Foi no 1961 cando 24 homes, asaltan o transatlántico por-tugués Santa María, cambiándolle o nome polo de Santa Liberdade e chamando a atención do mundo sobre a situa-ción política da Península Ibérica baixo as ditaduras salaza-rista e franquista. No barco viaxaban 650 pasaxeiros e 350 tripulantes. Responsabilízase da acción o DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación). A operación, que recibe o nome de “Dulcinea”, estaba dirixida por tres per-soas: o celanovés Xosé Velo Mosquera, o capitán portugués Henrique Galvão, e Xosé Fernández Vázquez, coñecido na Pobra do Caramiñal como O Noé e apodado na operación, comandante Soutomaior. Aos trece días o barco entrégase en Recife (Brasil) onde piden asilo político.

Álvaro Cunqueiro é elixido membro da Real Academia Ga-lega. Instálase en Vigo como colaborador fixo do “Faro de Vigo”. Na sección “Una ventana” dese xornal (25/01/1961) escribe: “Juan Perucho es una de las primeras figuras de

las letras catalanas actuales, permítaseme decir que a Perucho y a mi nos atraen, alguna que otra vez, temas parejos. Yo hubiese querido escribir el Llivre de cavalle-ries, de Perucho, y acaso al poeta de El país de les mera-velles le hubiese complacido escribir mi Merlín y familia.

Con respecto á literatura ca-talana, neste ano atopamos as seguintes publicacións:

Agustí Calvet “Gaziel”: La Península inacabada. Trilogia ibèrica e Seny, treball i llibertat.

En La Península ina-cabada, relata na súa primeira metade unha viaxe que fixo por Galicia no 1954. Baltasar Porcel: Sol-negre.Joan Brossa: Poemes civils e estrea Or i sal e El bell lloc.Jordi Pere Cerdà: Ocells per a Cristòfor.Josep Maria Espinàs: Carrers de Barcelona.Josep Maria Llompart de la Peña: Poemes de Mondragó.Marià Manent: La ciutat del temps.

Ramon Folch i Cama-rasa: La sala d’espera.

No número de novembro da revista “Papeles de Son Armadans”,fundada e dirixida por Camilo José Cela, Aquilino Iglesia e Celso Emilio Ferreiro publican, res-pectivamente “Nenia a Carles Riba” e “Pranto por Carles Riba”. No mesmo número Xosé María Álvarez Blázquez conta nun breve artigo que no 1954 Carles Riba lle comu-nicara que na súa mocidade compuxera uns poemas en galego.

En Portugal, publican libros entre outros:Agustina Bessa Luís: O Manto.António Ramos Rosa: Voz inicial e Sobre o rosto da terra.Eugénio de Andrade: Mar de Setembro e Antologia 1945-1961.Fernando Namora: Domingo à tarde. Traducido no 1978 ao castelán para a editorial Espasa-Calpe co título de Domin-go por la tarde.Jorge de Sena: Poesia I e O Reino da Estupidez I (ensaio).Maria Judite de Carvalho: As palabras poupadas.Sophia de Mello Breyner: O Cristo CiganoUrbano Tavares Rodrigues: Os Insubmissos.

En castelán temos a:

Ignacio Aldecoa: Caballo de pica.José Agustín Goytisolo: Años decisivos. José Luis Aranguren: La juventud europea y otros ensayos.José María Gironella: Un millón de muertos.Luis Felipe Vivanco: Lecciones para el hijo.Max Aub: La calle de Valverde.Rafael Sánchez Ferlosio: Dientes, pólvora, febrero e Y el co-razón caliente.

Xunto con Díaz Castro, neste 2014 en que se lle adica o Día das Letras Galegas, celebran o primeiro centenario do seu nacemento:

Avelino Pousa Antelo (Seoane, San Xoán de Bárcala, A Baña; 2012 Santiago).Celestino Fernández de la Vega Pardo (Friol; 1986 Lugo).Álvaro Salema (Viana do Castelo; 1991).Joan Vinyoli (Barcelona; 1984)Martín de Riquer i Morera (Barcelona; 2013),José García Nieto (Oviedo; 2001 Madrid).Hortensia Blanch Pita “Silvia Mistral” (La Habana; 2004 México). Viviu de pequena en Vilalba (Lugo), ata que en 1926 regresa coa súa familia a La Habana. No 1931 ao ins-taurarse a Republíca retornan a Barcelona.Adolfo Bioy Casares (Buenos Aires; 1999).Octavio Paz (Cidade de México; 1998).Nicanor Parra (San Fabián de Alico, Chile) e Julio Cor-tázar (Bruxelas; 1984 París) quen o 27 de maio de 1956 escribe ao poeta arxentino Eduardo Jonquières dende París: “… De Salamanca nos largamos nada menos que a Santiago de Compostela, deliciosa ciudad donde comi-mos unos pulpos gloriosos. ¿Te acuerdas del Pórtico de la Gloria, en la catedral? Y los soportales, las plazas por la noche, ese tono tan distinto de Galicia. Creo que para mi el gran descubrimiento, por inesperado fue el paisa-je. Cuando volvíamos de Santiago a León el tren anduvo toda la tarde junto al río Miño. Pegado a las ventanillas no podía creer que eso fuera verdad. Comprendí de golpe la poesía galaicoportuguesa, esa presencia del verde, de los ríos, del égloga.

Agustí Calvet “Gaziel”

Maria Judite de Carvalho

Josep Maria Espinàs

888

Page 9: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

9

Letras Galegas 2015

Non ía ser menos este 2015, unha nova controversia pola figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Nunha sociedade tan polarizada e tan radicalizada, calquera é susceptible de ser criticado, apoiado, aplau-dido ou lapidado. Tamén pode ser que todas as gran-des figuras das nosas letras xa teñan sido homenaxe-adas e agora sexan xa figuras salientables pero non universais. Aínda que teño a particular sospeita qué é máis a primeira opción: a ideoloxía política por riba da política cultural, do talento, das grandes obras e gran-des proxectos culturais, a subxectividade ideolóxica radical contra o humanismo e o academicismo, a cons-trucción dunha verdadeira conciencia cultural de país.

E ben, lonxe destes comentarios duns e doutros, lonxe de bandeiras ideolóxicas ilóxicas cando estamos a fa-lar dunha conmemoración cultural de primeiro nivel, poñamos o foco na obra, na carreira, na traxectoria cul-tural de quen foi elixido pola Real Academia Galega figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2015, Xosé Filgueira Valverde, polo seu traballo de divulga-ción e espallamento da lingua e a cultura galegas… un personaxe fundamental na cultura e a literatura gale-gas neste pasado século XX.

Escritor prolífico e dotado dunha grande erudición, a súa inxente produción abrangue unha ampla di-versidade de temas, tratados sempre con gran rigor intelectual, entre os que salientan as súas achegas á nosa historia e etnografía, así como ao estudo da literatura galega medieval. Firmemente cmpro-

metido na defensa e promoción da nosa cultura, o legado intelectual de Filgueira Valverde constitúe, pola súa amplitude e calidade, un dos máis impor-tantes da segunda metade do século XX.

[Real Academia Galega]

Estudiante de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e Ciencias Históricas na Uni-versidade de Zaragoza, Premio Extraordinario como Licenciado en Dereito tamén en Santiago e Doutora-do na Universidad Central de Madrid coa Tese sobre a Cantiga CIII de Alfonso X, El Sabio.

Unha formación extraordinaria ao tempo que un ta-lento extraordinario para a narración, unha dedicación vocacional aos estudios históricos de Galicia e un mag-nífico compromiso co país para traballar nos proxec-tos máis importantes para a Cultura Galega no Século XX: con 17 anos fundou cos seus amigos Lois Tobío e Fermín Bouza Brey o SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, aquel anceio de Antón Losada Diéguez de crear un instituto que puxese en valor os estudios de cultura galega e a formación de investigadores, dada a escasa presencia destes estudios na Universidade de Santiago. Foi a primeira institución cultural que em-pregou o idioma galego para estudios de investigación científica.

Unha iniciativa desta magnitude ben merece xa por si soa unha homenaxe, un premio, un ano enteiro de conmemoración, malia ser un proxecto truncado pola Guerra Civil. No ano 36 foi pechado polo Réxi-me. Cada sección de investigación estaba dirixida por grandes figuras da nosa cultura: Cotarelo Valedor, Cas-telao, Risco, Cabeza de León, López Cuevillas, Otero Pedrayo, Xesús Carro, Manuel Gómez Román, Luis Iglesias, Lois Tobío e o propio Filgueira na sección de Historia da Literatura. No ano 1944 creouse o Instituto de Estudos Gallegos Padre Sarmiento para ocupar o espacio que deixou o desaparecido S.E.G., e en 1978 fundouse o Novo Seminario de Estudos Galegos en Compostela para recuperalo.

De novo os bandos, de novo a intolerancia ideolóxica que fire de morte á cultura. Os inimigos irreconcilia-bles da cultura que non saben que non hai fascismo que mate a expresión cultural. Gocen cunha pingota de orballo dun conto de Filgueira Valverde, Xenreira (de Os nenos (1925), Quintana Viva):

Eu xogaba, senlleiro, no pazo de Brandobre; outro neno xogaba, senlleiro, no pazo de Briáns. Moitas veces, deitada a testa no peitoril das fronteiras so-lainas, fitámonos, longamente, degoirando axuntar os nosos xogos, como se mesturaban, saídas dos tor-nos, as augas cantareiras que, diante nós, brincaban. Mais… a fonte estaba alí, e un Temes non xogaría cun Mariño sen amenguar as loitas da súa alcuña.Tanto foi o anceio que tivemos, de nenos, por arre-

Xosé Fernando Filgueira Valverde

Page 10: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

10

luármonos que, chegados a idade, queimamos, no mesmo intre os pergameos apodrecidos das vellas contendas e xogamos xuntos.

Incansable, este promotor cultural quixo deixar pega-da na súa Pontevedra natal creando o Museo de Pon-tevedra en 1927, do que sería director entre o 1942 e o 1986. Un ano despois de fundar o museo gañou por oposición a Cátedra de Lengua y Literatura Españo-la del Instituto Jaume Balmes de Barcelona. Una eta-pa curta e productiva. Quería traballar e investigar en Galicia polo que permutou a praza de Barcelona pola de Lugo. Un tempo despois queda xa no Instituto de Pontevedra, sendo director desde o 1944 ata 1976, por xubilación.

Namentres, compaxinando a carreira docente, Filguei-ra Valverde segue no compromiso político e cultural, afiliado ao Partido Galeguista ata que saíu molesto por pactar coa esquerda, cousa que provocou que unha parte do PG fundase Dereita Galeguista. Chegou a ser Alcalde de Pontevedra nos primeiros anos do Fran-quismo.

A insatisfacción humana que leva ás persoas a devecer polo que non é seu, aínda que non o precise ou sexa necesidade son a excusa para un hermoso anaco deste conto, O Pomar (Quintana Viva):

Había froita a correr, para nós, para o abade, para os señores, para os veciños, para os pobres… unha en-chente, unha fartura. Endexamais do mundo vin froita coma aquela, tanta e tan clemente, tan doce, tan bo-nitiña.Só me ten gorentado máis que aquela a da horta do Freixal. Para collela tiña que choutar balancadas de silveiras e toxos, tiña que fuxir diante do fungueiro er-gueito do señor Ramiro, tiña que chorar logo cunhas boas azoutas da nai. De certo as periñas de San Beni-to, que tiña o señor Ramiro no Freixal eran malas, in-sípidas, pequenas, mais ¡era tanta a fartura de urracas do noso pomar!

Non somos capaces de transcribir nestas páxinas a in-xente e magnífica obra escrita, de creación e investi-gación, de ficción e científica, en castelán e en galego (por suposto), porque necesitamos un espacio que se-guro non temos. Esa maneira de traballar incesante e incansable queda recollida nunhas magníficas verbas de Olegario Sotelo Blanco no seu libro 88 Gallegos. Una Tierra a través de sus gentes:

… un especialista en determinada cultura se vuelca de tal modo en ella, se entrega tan completamente, realiza una labor tan densa, tan vasta, tan continuada, que aca-ba identificándose del todo con esa cultura, “diluyéndo-se” en la misma. Esa cultura es ya él –aunque no sólo él, desde luego-, él es ya –enteramente- esa cultura.

Creador, investigador, especialista cultural: intelectu-al, nunha palabra, é como o define Sotelo Blanco no seu libro, no que remarca ese labor científico e pedagó-xico que actualmente en Galicia pasa desapercibido e que gracias a esta distinción da R.A.G. vai ser recorda-da, recuperada e posta en valor.

Un conxunto de traballos magnífico e fundamental para Galicia, para a Cultura Galega, para a nosa Histo-ria como pobo, como posuidores dun patrimonio que sen as investigacións de intelectuais e científicos como Xosé Filgueira Valverde, teriamos perdido, esquecido ou nunca coñecido.

Mais eu sigo coa maxia das súas breves narracións de 1925, Os Nenos: Festas [Quintana Viva]:

Todos os anos degoraba aquel día, todos os anos aquel día choraba. Polo vieiro do ano, choutaba de festa en festa a ledicia do meu peito novo aínda, e na festa grande, cando tiña de encomendar a choutar de novo, choraba sempre.Diante min tiña todos os brinquedos, todas as lagoña-das que pedira, e aínda así choraba, porque chegara a telas. Foron dous, tres, catro anos de chorar na ledicia con saudade; deste xeito chegou un ano en que non tiven xoguetes, e chorei na mágoa. Mais dígovos de certo que nas miñas coitas tiña unha morna ledicia pola saudade dos tempos en que chorei sen ter por qué chorar.

En esencia, un poeta, un narrador de sentimentos e vi-vencias tan excelente como os grandes proxectos cultu-rais que puxo en marxa despois de soñalos, unha con-tribución incalculable para o que fomos, o que somos e o que queremos ser.

No cargo de Conselleiro de Cultura da Xunta de Gali-cia respostaba deste xeito a Sotelo Blanco cando lle pre-guntaba polos seus proxectos á fronte da Consellería:

Botar a andar o Consello Asesor da Cultura Galega (o actual Consello da Cultura Galega, do que despois sería presidente desde 1990 ata a súa morte en 1996) e o Fondo Cultural. Ampliar a rede de bibliotecas e dota-las de fondos galegos. Organizar feiras do libro e con-cursos escolares. Promover o Día das Letras Galegas e outras conmemoracións. Crear e pór ao día os censos de entidades culturais, fundacións, escritores, artistas, artesáns… Cooperar coas activas sociedades dos ga-legos da Diáspora. Lograr todas as transferencias de Cultura, Patrimonio Artístico, Arte, Teatro, Música, etc. Coordenar e estimular, máis que impoñer. Moita xestión e pouco decreto.

De novo esa visión de país, de científico e promotor cul-tural que quere e debe poñer en valor os alicerces da nosa cultura, os fundamentos das novas institucións públicas

Page 11: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

11

e culturais e unha política cultural moderna e dotada de recursos, tanto para os galegos de Galicia, desde a edu-cación primaria, como para os galegos da Emigración, tan implicados na cultura galega e no desenvolvemento de Galicia, tan importantes para o presente e o futuro da Terra, embaixadores no mundo dunha Galicia que ten nos seus emigrantes unha rica, potente e extensa rede social, cultural, económica,… Empresaria e profesional, creativa e comprometida socioculturalmente.

E por riba de todo a lingua, a lingua galega, lonxe da escola e da ciencia, lonxe da cidade e dos libros, pero un tesouro mantido polas nosas xentes, polos nosos paisanos:

Inda os pobres vestían de pobres e tiñan ditos requin-tados. Pedían con longas ladaíñas e nós tiñamos má-goa das súas laceiras e medo dos seus arrenegos. E cando bicaban a esmola, sabiamos que botaban unha beizón que valía pola mellor do Crego. Eran os tempos dos “pobres de Deus”.O tesouro dos pobres era a fala. Coxos, eivados, cegos que foran, a retesía das súas latricadas e o floreado das verbas eran a facenda que tiñan, unha facenda que se levaba en herdo, que se mercaba e inda, inda, qui-zais se alugase por tempo, como as cantigas dos men-digos da Porta Santa.

Os luns viñan pobres de pedir. E todo o día estabamos a escoitar as cantarelas que dicían. Viñan pobres que daba noxo velos, e pobres que era unha glora escoita-los; uns louleaban, outros alporizábanse co que se lles adiantaba. Había pobres choqueiros, pobres rosmóns, ladrupas que luxaban co mirar a cativos con ollos de ver visións. E mais aquela velliña que sempre andaba a pregoar gabanzas donairosas:

- Ai que señoritiña tan simpática, Deus lle traia unha enchoiada máis doce que a trepeza das mon-xas.

- Ai qué cativo de olliños reviretes, así me coma un grilo, que se eu tivese uns aniños menos…

- Todos, todos eran pobres, mesquiños, arranca-dos…pero todos tiñan un ben de Deus, o da fala. Para min, o pobre pobre, arregueixado, a quen de-biamos esmola dobrada era o Mudo.

A fala, a nosa lingua, a lingua galega que tanto ten coi-dado e investigado Filgueira Valverde. Nestes anacos de contos que veñen de ler está o Filgueira Valverde dos primeiros anos de creación. Os nenos é un conxun-

to de narracións breves de 1925 (tiña 19 anos), os seus primeiros contos de xuventude que salientan pola cali-dade literaria e a madureza que amosa desde o punto de vista da intención, das temáticas, dos valores.

Un ano máis tarde (1926) publica con Lois Tobío, Xuli-án Magariños e Cordal Carús un diccionario: Vocabu-lario popular galego-castelán, amosando ese enorme interese polos estudios filolóxicos e pola nosa lingua. Desde o cargo de Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia tamén actuou directamente na política lingüís-tica do país, aída que deixando traballar aos expertos:

Penso que urxe completar as normas académicas e te-mos que publicar un diccionario de dúbidas. Aceptarei o que dicten a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua.Hai moito que agradecerlle á prensa e á radio; cabe esperar moito da televisión (na tarefa de estallar e promover a lingua e cultura galegas). Coido que debe intensificarse en todos os medios, e por riba de todo en parcelas máis cotiás, como a noticia ou a reseña, o uso do galego.

Son centos os libros, ensaios, artigos, estudios científi-cos e obras de creación. Podemos destacar na creación Os Nenos, O Vigairo, Agromar. Farsa para rapaces, Quintana Viva ou Cinco pezas breves de teatro esco-lar. Sobre Galicia: Historias de Compostela ou Santia-go de Compostela. Guía de sus monumentos e itine-rarios; Guía de Pontevedra; Pontevedra. La Historia y sus gente; Miscelánea Pontevedresa;… e unha longa ringleira de estudos lingüísticos, históricos, pedagóxi-cos, artísticos, arqueolóxicos, toponímicos, antropoló-gicos, etnográficos… Un auténtico científico, compro-metido co país, coa recuperación e posta en valor da lingua, a cultua, a historia de Galicia. Un intelectual, Xosé Fernado Filgueira Valverde.

¡Que leda lembranza aquela da miña avoa! Tiña o ca-belo albeiro e acumulado cal un outeiro na xeada, tiña as meixelas albas de almafí tallado e as mans albas de albo veludo. Tiña un manto mouro, un libro e un rosario na man, e do brazo penduraba unha cadeira de tesoura. Esa é a lembranza que teño da miña avoa.Mais este relembro ten máis ledicias que doas tiña o seu rosario de acibeche, máis contos que follas o seu libro, máis bicos que anos tiña a súa vella cadeira.E anque me teña dado máis ledicias que rosas ver-mellas a roseira que ela plantou no pazo das Fragas, na casa dos meus pais, ¡Que dolor, que dolor meirande, ten para min!...

OsMembro Numerario da R.A.G. desde 1942, mem-bro correspondente da Real Academia de la Historia (1932), de la Real Academia Española (1953), das Bellas Artes de San Fernando (1971), das Bellas Artes de A Coruña e moitas outras grandes institucións interna-cionais que se prestixiaron coa aportación deste galego senlleiro, controvertido pola súa condición de político, sí, pero indiscutible como figura primordial da nosa cultura e das nosas letras.

Xosé Carlos G. GonzálezFilólogo e escritor

Page 12: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

12

28 anos

Aínda pintas nas gomas bonequiños de brazos longamente desproporcionados e os dedos son cinco grandes rañaceos que non atopan equilibrio. O mundo son lápises, gorriños, paus con roda, libretas con borróns, bolis sen tinta.

Sabes que son valentefortesuperheroína, que soletreo as palabras lentamenteque encho encerados de ecuacións clase tras clase cada día,que soño coa fórmula perfecta que nos regale un fío musical conectado coa esperanza -coa biotecnoloxía, coa ciencia ou coa Nosa Señora dos Milagros-

Sabes dicir martelo, bigornia, estribo -e ventá oval e tímpano-pero non consigues entender o que che digo cando poño a man diante da boca.

O que non sabes é que pasei as noites chorando a túa perda e que era actitude pouco grave, extirpar o meu pavillón coclear por ti,que peguei golpes contra un muro cando un parámetro económicomarcou a fronteira entre os decibeles e as formigas.

Daquela todos esperaban unha festa con foguetespara celebrar a cruel mentira do señor da bata branca -sorrío, maldigo e choro-que errara os seus cálculos xeométricos na métrica auditiva.

Non había erro, non había festa, non había carnaval fora de tempo.

-rezo, bendigo, creo- Agora o son do afiador entre as túas manscontrola os decibeles da inxustiza,sintonizas o mundo dende un aparatoe recolocas caracois onde o mar non chega.

Caerache a inocencia como che caeron os dentes , con moito medo e pouco sanguee nin cántico, nin deus, nin rezo irán de fóra a dentro.Presentirás que debes aprender a sinfonía lentamente, ata axustar os teus violíns á nova orquestra.

Aínda pintas nas gomas bonequiños de brazos longamente desproporcionados,o mundo son lápises, gorriños, libretas con borróns, bolis sen tinta,aínda sorrís despreocupado baixando levemente a la sobre as orellas.

Certame de poesía en lingua galega “Rosalía de Castro”

27 edición 20131º premio

Autora: Miriam Ferradáns Ferradan

(dB).

Page 13: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

13

I(Caen aves migratorias imitando choiva e esta soidade inscrita no xenoma.)

IIHai un silencio entre as paredes e nin sequera respiras.Non existe máis realidade que aquí dentro.Aquí dentro de pó. Aquí dentro de cen anos.

Aquí dentro vacas extintas.

Perder a conciencia e a linguaxe,posuír un cuarto baleiro e subxuntivo,este cuarto de laranxas podres e discos duros, este cuarto contemporáneo cuberto de musgo.

Levar no brazo un amante exagonal,esta autopsia repetida cen mil veces repetidae falar de guerras preventivas, orgasmosfabricados, nais suicidas.

Derramar un limiar para subxuntivos:un código xenético que conteñainfinitamente todas as palabras.

IIIDescodificar esta linguaxe taxidérmicacando non hai memoria que levarnos á boca. IVVivir máquina desperdicioamar este electrodoméstico sucio e ruído

saber que o percorrido entre ti e nósé un deserto de baldosas en pretérito

que o cambio horarionon resistirá aos próximos incendios.

VVelaí o paxaro detidoe a viscosidade fóra deste mundo.

Velaí este século decrépito, esta taxidermia infecciosa.

Levo un Matrix entre as coxase unha lingua enteira de palabras

xa mortas. VIAs rúas son residuos e conxugar lixo coma un verbo. Dentro desta gramática incómoda hai un espazo en branco que solidifica: unha caricia sucia que transita.

Débil e esquencida.

Queda un instante de sexo detido na túa boca

e restos de sintaxe manida.

VIIVelaí o paxaro detido, disecadoe a viscosidade fóra deste mundo.

Velaí estas rúas sen nome nin aire,esta gramática incómoda,estas flores nucleares.

Desmembrada a linguaxenada ficará gravadopara subxuntivos. VIIIEste corpo percorrendo a sintaxe,taxidérmico e descolorido,este corpo androide e descoñecido.Este implante de memoria errada,esta, tamén, visión do tristísimo diagnóstico. IX(As rúas dialogan e reclaman ruídoe cae xente dos edificios.

O resto tan só é tempoque unha vez ardeu sobre o asfalto.)

27 edición 20132º Premio- Autora: Cristina Ferreiro Real

Certame de Poesía Rosalía de Castro

GRAVADO PARA SUBXUNTIVOS

Page 14: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

14

27 Edición 20133º Premio - Autora: Arancha Nogueira

Certame de Poesía Rosalía de Castro

Livro de mais ninguém! Só meu! Só teu!Num sorriso tu dizes e digo eu:

Versos só nossos mas que lindos sois!

Ah! meu Amor! Mas quanta, quanta genteDirá, fechando o livro docemente

“Versos só nossos, só de nós os dois...”

Florbela Espanca

Esperto entre os teus esguellos.Non sei se estás,ou é outra bisbarra a que me estrela,non pode ser verdade,nunca coñecimos París.A vida estaba de costas e nós navegabamos nunha dornapequena, despenteadae cunha proa azul espelloque se esquecía co mar.

A esgrima das nosas linguas,

nunca coñecimos París.

A nosa alma vaga inconfundíbelcomo perdida e sen complexos.

Despégame os ollos.

É difícil mirar un cadro e comprender que non son eu.

Todas as estrelas brilan cando as pintan -penso, mentres revolvo a túa casa sen mirala,baleiro o tacto,que estructura tan allea e que poucas son as luces que se acenden. Estaba espida nese cuarto.Curiosas estanteríascheas de fotos importantes.

Non son eu.

Ti estarías no fondo de todo.Supoño.Na inmensa posibilidade de non posuírte,onde todas as paisaxes eran un ladrón de ti.

Sabía que remataban as sementes.Tamén os fentos se quedaban quedos,e non había brisa entre o teu ollar contentoe o mollado do meu corpo.

Porque tamén o meu corpo choraba,e el mesmo era ausencia e lentitude;estraña pausa que se conserva entre as imaxes.

Ti estarías no fondo, supoño.

Mirábate,como se miran as mapoulas a comezos de setembro.

Coitados,pequenas noites de mans dadas nunha rúa estremecida.Tremían as estrelas e eu,ás veces, como unha tola máquina de bar,e ti locías tanto coma ela,ou máis aínda.Pequeno atrezo de ollar pintado.

Aínda lembro as mans, quentiñas,repasando o estar místico das rúase se me enfría entre os dedos o estómago,e cheira a ti nalgunha parte dos pasos, cabalgo muda e atentacomo se a chuvia tamén me trouxera cartas,como unha efixie parada nunha fotoque nunca fixemos,nunca faríamos.As fotos non son remos,nin as áncoras axudan nas viaxes.

Pero eu sei que os paraugas tiritaban,e nunca fomos a París.

Talvez alguén nos recorde,cucuruchos de castañas nun portal descoñecido.

Page 15: LUANOVA 55

Certame de narrativa ROSA REBOREDO X Edición 2013

Autor: Farruco Graña

BADALADAS DE ANLLóNS

Escoita a voz dos teus devanceiros, Celtia. Non es-quezas os seus sons, as súas verbas. Para seres ti mesma precisas dun punto de referencia. Desde el poderás evolucionar ata límites insospeitados, pero sempre terás que volver sobre as túas orixes para emprenderes de novo outra senda. Xa sei que non hai esencias eternas e inmutábeis, que a nosa memo-ria vaise construíndo aos poucos. Éche como o océa-no no que verten as augas os ríos; todas as persoas damos ida a ese gran lago salgado gota a gota, verba a verba, co traballo de todos os días.

Desde ben cativiña fuches asimilando o nome de todo o que te rodeaba, dos lugares que habitabas, das xentes que te ían aprendendo, das cousas que faciades. Desde Cospindo tes percorrido a cabalo os camiños cara a Nemeño e Brantuas, cara a Corme e Gondomil; teste mostrado con lanzal andar pola pe-quena Ponteceso e chegaches a percorrer o curso do Anllóns tanto pola ribeira como en barca, observan-do con curiosidade as lontras ou os merlos rieiros. Sempre gozaches da emoción da viaxe en lancha nas festas da Barquiña. Na túa infancia fantasiosa non deixaches de andar á procura da vella moura e da súa galiña cos seus pitos de ouro no Bico da Ca-savella. Coñecedora da tradición, sabías que debías escoller o pano de man e deixarlle a tesoira á anciá. De moza, preferías subir ao monte Branco para con-templar o esteiro do Anllóns, a Barra, e despois dela o mar. Cos prismáticos que che regalou o tío Bello, despois da súa última viaxe no Luis Vives, comeza-ches a mirar con grande paciencia os lavancos, os patos cincentos, as cercetas reais, os parrulos pentu-meiros ou os mazaricos, pilros e píllaras. Coa Leica IIIa de teu pai fotografaches tanto o piñeiral de Tella como a xunqueira e o carrizal da marisma, o feo, a correola de praia ou a cebola das gaivotas na zona das dunas Ata que abandonaches Ponteceso vivías en plena simbiose coa túa terra, a súa paisaxe, os seus costumes, a súa lingua.

Pero cando marchaches para Nova York mudou todo. Non fuches quen de dar o salto do teu Cospin-do natal, de te elevar de entre o piñeiral de Tella e sobrevoar o monte Branco cara ao poñente sen levar no teu cabaciño unha piña, un pato asubión, un ovo de ouro da galiña da moura e os saloucos dos piñei-ros. Partiches coa alma vouga.

Un trebón de experiencias, a cada cal máis árida e gris, foite murchando. Se a estadea se cruzara con-tigo polos carreiros do monte Ardal gañaría medo ao contemplar a túa ánima sen nada que penar. A única maneira que tiveches de saír adiante foi tiran-do o cabaciño da acordanza cheo de lastros ao pe da ponte de Brooklyn. Mágoa de seixos labrados polas

augas do rego das Bouzas ou o Pelamio. Morrer así, afogado, prendido por unhas pedras cheas de fume e gases fedorentos! Se polo menos fora caer cabo da ponte que peitea as augas do Anllóns, preto xa da súa fin, para compartir leito con algún callao quen sabe se unxido das mans dos homes do César.

Nalgunhas tardes de outono agromaban na túa acordanza as lendas das Torres de Tallo, ou a lem-branza dos pazos da Buitureira e de Rebordáns, e a sensación de medo que te eivaba cando camiño de Corcoesto atravesabas a ponte de Xavarido, co-mesta pola brétema e velada polo can do urco. Un sorriso feble, pero brillante como as estrelas do fir-mamento, quería premer os teus beizos para que puidera xermolar unha chiscadela de felicidade. O golpe xélido do metro nos raís da ponte, que ben preto escoitabas desde a xanela, logo aterecía cal-quera raiola saudosa, axiña afogaba o tanxido das campás de Anllóns e escorrentaba as andoriñas que che puideran levar novas da enseada da Insua, con aromas dos seus carrizais. Vives apreixada entre rañaceos, entre ferros e corazóns sen alma. E non es quen de cantar as túas penas; nin tan sequera o rit-mo hierático dos trens á beira da ventá, nin os caóti-cos estoupidos das bucinas dos coches, nin os laios das sereas das emerxencias, che permitían imaxinar algún compás que te levara ao soar rapsódico das badaladas de Anllóns. Lembras o toque a defunto, Celtia? Sinte como soa o repique de campás da ca-pela de Santa Mariña! Escoita aos regueifeiros que desde Tallo e Xaviña, desde a Feira Nova, Xornes e Serantes, achegáronse ata o embarcadoiro para per-correren río arriba, revolta tras revolta, entre estou-pidos de palenque, pandeiretadas e alalás, as augas do Anllóns ata chegar ao serradoiro das Canceliñas. Atende ao rexoubeo que se traen entre si o merlo e o reiseñor; mira como pelexan as troitas por ver cal deles é o mellor. Serao o de Xaviña ou o noso veciño de Tallo? Barre para a casa, miña ruliña, que igual un día temos que botar man del ao pasarmos pola Bugalleira.

Cando de mociña fuches ata Carballo co teu avó para ver de tratar unhas balconadas novas para o pazo, quedaches sorprendida polo ambiente da fra-ga que visitastes preto de Pedras Brancas. As lecci-óns de arte do teu tío Cesáreo, xa maior pero cheo de vida no seu empeño por che proporcionar unha formación clásica, trouxéronche ao acordo a fraga de Vulcano. Sempre curiosa e con ganas de apren-der aproveitaches para preguntar como traballaban o ferro, de onde obtiñan o carbón Pois mira ti que non hai piñas por Tella e uces por Cabana de Ber-gantiños e as terras do Xaias! Pero non. Agora tan só escoitas o golpe seco e oco que os trens fan ao LÚ

A N

OV

A

15

Page 16: LUANOVA 55

pasar cabo da fiestra do teu cuarto. Os golpes de martelo dos ferreiros reproducían un suave eco que mesmo acariñaba a forza coa que batían na bigornia. No entanto, o son dos convois é baleiro, frío, mucio. Disolve a memoria. Se o día de mañá volveras visi-tar unha ferrería o máis que chegarías a ver sería un xunque; e quen sabe se mesmo lle preguntarías aos teus paisanos por que todas as vacas teñen nome de muller. Como vas poder escoitar aos teus compa-triotas cando che lembran a visita de Castelao a Ul-mer Park e as fermosas palabras que lles dirixira na nosa fala? Como vas poder espelir o teu maxín para comprenderes o dito de que a ponte de Brooklyn fora encofrada con ósos, moitos deles galegos?

En maio do 69 puideches asistir a unha conferen-cia que Ramón Piñeiro ía dar tamén no Ulmer Park. Quería facer unha retrospectiva do rexurdir da con-ciencia de Galiza como pobo desde o comezo cos precursores ata os anos escuros de dura superviven-cia na longa noite de pedra. Cando escoitaches dicir que ese señor miúdo de mirada tímida e retraída ante xente descoñecida se dedicaba a escribir sobre a saudade non puideches evitar que agromara a túa agreste e soberbia racionalidade da urbe: filosofía a son de gaita! Vaia parvada, pensaches. E aínda que fora falar do teu paisano, ao que tiveches ocasión de coñecer de cativa, pouco importaba. Pola Cova Céltica non chegaches a pasar (madía leva, cos teus anos e sendo unha muller), pero o seu espírito si que ten roldado o unllar da lareira do voso pazo de Cos-pindo.

Tres anos máis tarde, un gravador bergantiñán ex-puxo no Bank Street College. Ao veres o seu nome logo lembraches a inimizade da túa familia cos Fa-cal de Xornes por mor dunhas maceiras que desde a súa tenza facíanlle sombra a unha horta vosa. Que covarde teu pai encirrando nos seus criados para que se enfrontaran cos xornaleiros dos Facal. Can-to vos embruteceron o xugo e as frechas! Sen falta ningunha. O gravador carballés nada tiña que ver con esa familia pontecesán; e aínda que así for, que máis dá! Era tal a xenreira e a carraxe cara ao propio que todo o que lembrara a súa terra, a súa lingua, as súas xentes, víao como limitación. Vostede aspiraba a máis, a moito máis. Cada día que pasaba máis se-mellaba que nada quedaba por facer. Ata que á fin lle reprocharon que por moito que procurara ocultar as súas orixes sempre se lle ía notar de onde viña. E cortáronlle as ás.

Ao abeiro dos novos tempos que comezaban a agro-mar tras a longa noite de pedra, dou vostede sín-tomas de certa preocupación polo seu mundo da infancia. A fronteira dos sesenta fainos lembrar a

nosa cativeza e ter saudades dun tempo que se nos escorrega por entre os dedos das mans como axiña caen as augas pola poza da Forca. O ruído dos trens comezou a embargala e decidiu mudarse a Wa-shington Park. Mais non hai auga que poida rever-decer a terra murcha, nin árbore nin paxariños de abrente cantar rebuldeiro que animen un corazón de ferro que fendería en dúas calquera campá que por el repicara. Xa non é precisa a prisión de Orán; o recluso viu como caían os muros da fortaleza e foise agochar aló no medio do deserto no canto de regre-sar cabo da súa namorada. Celtia! Por que bateu tan forte na mesa cando estiveron a piques de estender un fedor a ovos podres por todo o embarcadoiro e o estuario? Preste atención ao son do martelo do fer-reiro, non ao ruído seco do convoi na súa troneira. Mire para os oleiros de Buño como souberon com-paxinar o saber facer dos seus devanceiros coas no-vas maneiras de traballar o barro. O xigantismo da metrópole cégalle os ollos e faille pensar que só é posíbel o progreso económico con sufrimento para o contorno e as súas xentes, como se nos tiveramos que resignar e aceptar o destino que outros nos que-ren impoñer e para eles non desexan. Decátase de cantos máis eucaliptos hai que piñeiros? Xa non lle falo de carballos nin castiñeiros nin bidueiros ! Para á fin seren pasto do lume. Ou do cemento. Ou do chapapote.

Des que habitamos estas terras fomos traballando o territorio a fin de podermos sacar adiante as no-sas familias. Os abades cistercienses de Sobrado que habitaban o mosteiro de Almerezo desecaron o Xungal, á beira do Anllóns, labrando os campos e proporcionando aos colonos que foron dando vida á Graña e a Cospindo ferramentas e técnicas para tra-ballar as terras. E incorporamos novos cultivos que hoxe mesmo semellan de sempre na nosa tradición, como é o caso do millo e da pataca. Pero ás veces, como no caso do eucalipto, non soubemos acoutar a súa extensión abusiva en tempos de bonanza. O egoísmo e a avaricia duns poucos, e a ignorancia e a cegueira da riqueza rápida duns moitos, levounos a inzar de eucaliptos os nosos montes. Ata o monte Branco os ten mestos! Cando construímos o embar-cadoiro e fixemos o recheo, esa obra acaboulle afec-tando a parte da enseada da Insua. Ben lembraría vostede, de dispor de novo da súa acordanza, que a enseada uníase coa zona pantanosa que forma-ba o Pelamio. Ademais, apostamos claramente por converter boa parte da marisma en terras de pas-to e labradío. E seguro que nada pasou en van, que todo tivo as súas consecuencias. Mais, en conxunto, o contorno sobreviviunos; aínda que a febre fera do cemento cego foi un pau moi forte. Iso si que vai custar moito máis superalo.

Certame de narrativa ROSA REBOREDO X Edición 2013

LÚA

NO

VA

16

Page 17: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

17

Acaban de lle rezar un rosario. Nove mulleres do lugar, vellas amizades da familia, ofrecéronlle unha misa en honor a Santiso e pola súa alma. Fai falta moita fe para poder espertala. É ben certo que as campás de Anllóns repican máis preto de vostede que nunca; que as andoriñas, axudadas polo ven-daval, tráenlle o arrecendo da enseada da Insua ata O Couto. Mesmo polas noites suspira ao ver nos cumios dos montes da contorna unhas pequenas luces; pero cando comproba que non se achegan ata o cruceiro da fontela de Tella, rompe en choros dos que non abrochan bágoas, en saloucos que non expiran lamentos. Como o son do tren cabo do van do seu cuarto. Non, señora Celtia. Nada podemos facer xa pola súa alma. Este seu vello mundo acába-se se nos deixamos levar. Como lle imos poder dar vida de novo se dunha dentada arrincamos o mon-te enteiro, se cun desprendemento se pode cubrir a contorna cun manto de veludo carmesí enchoupa-

do de lixiviados? Aquí lle deixo estes caraveis que lle traio da Bugalleira. Foron plantados na horta da casa onde estivo o primeiro axuntamento. Que despois pasou a Tella. E despois a Ponteceso. Non me veño laiar. Tan só a dicirlle que imos defender outra maneira de saír adiante. Non podemos matar a galiña dos pitos de ouro. Nin desterrar á moura que a coidaba nin tampouco destruír o Petón da Velliña. Xa sei que, de estar aquí connosco, quizás acabara facendo como cando o das celulosas, que nos reprendería por nos opoñer ao progreso. Pero é igual. Ou coidamos do noso medio, ou nunca máis poderemos volver a comezar. Polo que se ve, con vostedes non podemos contar. Viven máis alá do ultramundo. A onde non chegan as badaladas das campás de Anllóns. Soan agora, como as de Santi-so, igual que as das demais parroquias de Ponte-ceso e de Cabana de Bergantiños. Non para orar, senón para laborar.

Certame de narrativa ROSA REBOREDO X Edición 2013

ACTA CERTAMES 2014

Page 18: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

18

Actividades da EntidadeA. Díaz

Nesta sección da revista queremos amosar unha escolma das activida-des máis sobranceiras que a nosa entidade levou a cabo durante o ano 2014.

Comezamos o ano 2014 coa celebración de Fin de Ano e da festividade de Reis, participando nos actos organizados na cidade de Cornellà.

XOGOS de LECER

Celebración na primeira quincena do tradicio-nal Campionato anual de Xogos de Lecer, Car-tas, Dominó, etc., rematando as xornadas cun xantar entre tódolos participantes e a entrega de agasallos para os gañadores. OS PREMIA-DOS na modalidade de Tute foron: 1º. Serafín Prados e Alfredo Rodríguez 2º. Manuel Gon-zález e Félix Lozano 3º. Alfonso Rico e Estrella Rouco.

E na modalidade de Brisca foron: 1º. Jesús Gar-cía-Alfredo Rodríguez-Alfonso Rico; 2º. Pura López-José Álvarez-Lola Fernánmdez ; 3º. Se-rafín Prados-Manuel Prados-Julia López

A CALÇOTADA COS AMIGOS DO PSC DE CORNELLÀ

A calçotada é unha comida típica da zona oc-cidental de Catalunya, orixinaria de Valls, na comarca do Alt Camp, moi extendida xa por todo o territorio que, a finais do inverno e co-mezos da primavera, é un menú típico que apa-rece na gastronomía catalana, e que podemos ver como reclamo nos principais restaurante da Catalunya occidental. A súa orixe se remonta a finais do Século XIX, cando un campesiño de Valls, Xat de Banigues, preparaba unas cebolas brancas ao lume e se lle queimaron, descubrin-do así que o seu interior estaba moi tenro e sa-boroso. Aínda que esta é una das tantas versi-óns que hai sobre os calçots, parece ser a máis aceptada.

De tódolos xeitos o certo é que por estas datas son innumerables os xantares populares nos que os calçots son os protagonistas, e as institu-cións, colectivos e asociación asentadas en Ca-talunya conmemoran este evento gastronómi-co, de aí que celebremos cada ano esta festa con especial dedicación e agarimo xunto con outras entidades amigas, nesta caso e este ano foi cos amigos do PSC de Cornellà.Así o Sábado, 8 de febreiro, un bo grupo de so-cios da nosa entidade, despois dunha visita tu-rística á vila de L’Arboç, compartiu este evento no que se deron cita unhas 600 persoas de va-rias entidades socioculturais de Cornellà para degustar un xantar popular no que os Calçots foron os protagonistas, e tamén por qué non a excusa para xuntarnos unha vez mías as prin-cipais persoas que harmonizan a visa sociocul-tural de Cornellà, xunto ao Grup Municipal do PSC.

PRESENTACIÓN DOCUMENTAL CASTAÑO E NOGAL

O 22 de Febreiro tivo lugar na Sala de Actos da Entidade, o acto de presentación do documental “Castaño y Nogal, una experiencia única” reali-

Page 19: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

19

zado por Marc Fort (Técnico de Ràdio Cornellà e do noso programa de radio “Sempre en Gali-cia”), filmado durante a súa estancia no IV cam-po de traballo para voluntariado na localidade de Quintá de Cancelada (Becerreá-Lugo), no que amosa os labores dos mozos que acudiron á chamada dunha idea, a de conservar, limpar os carreiros, recuperar construcións e costumes ademais da experiencia de vivir e gozar coas xentes da zona, ideado pola Asociación “Castaño y Nogal” de Galicia. O documental está dirixido po este Técnico Superior en Son e Audiovisu-al, Marc Fort, quen participou como voluntario na última edición do CTI celebrado no mes de agosto de 2013, no que participaron voluntarios de Polonia, Bulgaria, Italia e España.

Unha película documental na que os actores son mozas e mozos que participaron no campo de traballo, acudindo desde miles de quilómetros, diversidade de procedencias e países, utilizando voos encadeados, pagando os seus propios gas-tos de viaxe, etc., que acabaron vivindo unha ex-periencia única, segundo eles mesmos narran no documental, ademais de participar nos traballos de acondicionamento, sinalización de carreiros, mergulláronse en coñecer os costumes da zona, intercambiando experiencias cos aldeáns sobre o seu modo de vida, cultura e costumes e mos-trándolles diversas tarefas tradicionais como a de facer unha fornada de pan ao xeito tradi-cional, e tamén viviron a experiencia de visitar lugares de Galicia como as cidades de Coruña, Lugo ou a Vila de Navia de Suarna.

O acto contou coa presenza do director de do-cumental, Marc Fort, quen agradeceu a colabo-ración de todos os participantes neste proxecto, tanto a nivel do traballo realizado durante a ro-daxe como na produción, así como á Asociación Castaño e Nogal, e tamén á A.C.G. Rosalía de Castro por organizar este evento, do presidente de CyN, Antonio Álvarez, quen sinalou a im-portancia do evento e os novos logros da enti-dade nestes últimos tempos. Participaron, ade-mais, o representante en Catalunya da entidade, Manuel Rodriguez Deiros, Xulio Couxil e o noso presidente, Alfonso Rico, e finalizou o acto o cantautor Alfredo González coa interpretación en directo do himno composto para Castiñeiro e Nogueira e coa súa versión composta de Adeus Rios, Adeus Fontes de Rosalía de Castro.

ENTROIDO O 2 de marzo ce-lebramos a festa do Entroido, como cada ano, os locais da nosa entidade estiveron ateigados de xente, un xantar de tradición e logo baile, ademais o noso gru-po participou na Cabalgata que o Concello de Cornellà organiza polas principais rúas da cidade.

ELECCIóNS Á XUNTA DIRECTIVA

O día 8 de marzo celebráronse eleccións para a Xunta Directiva da A.C.G. ROSA-LÍA DE CASTRO, segundo o establecido no regulamento estatutario da mesma. Pro-cedéndose ás votacións secretas durante o tempo establecido na convocatoria que se desenvolveron con normalidade.

Actividades da Entidade

Page 20: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

20

Velando polo correcto funcionamento unha comisión electoral composta por: Presidente Enrique Díaz López, Secretaria, Meritxell Ro-dríguez Rodríguez e Vogal, Ramiro Landeira López.

Unha vez terminadas as votacións, procedeuse ao reconto dos votos emitidos, resultado que deixou constituída a nova Xunta Directiva da Asociación para os próximos dous anos, com-posta das seguintes persoas.

Presidente: ALFONSO RICO GARCÍAVicepresidente: RICARDO PÉREZ ANTASecretario: ANTONIO DÍAZ FERNÁNDEZTesoureiro: MANUEL RODRIGUEZ JULIÁNVogal I: ANTONIO LOMBARDÍA FERNÁNDEZVogal II MERITXELL RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ Vogal III: XOSÉ CARLOS GARCÍA GONZÁLEZVogal IV: MANOLI GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ Vogal V: JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ BARRIO

HOMENAXES ÁS DONAS NA ENTIDADE

O día 15 de marzo tivo lugar o acto principal de homenaxe á muller, coa celebración dunha con-ferencia na que a nosa insigne escritora Rosalía de Castro foi a protagonista.

O profesor e presidente da Fundación Rosalía de Castro de Padrón, ANXO ANGUEIRA, foi quen de pronunciar unha conferencia e recital poético, moi divertida e interesante, que tivo ao numeroso público ben atento e entusiasmado durante toda a súa entervención. Versou sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, á que puxo como exemplo de loita polos dereitos da muller no eido literario, ben en galego ou castelán, e como exemplo de loita no medio dunha cultura dominada polos homes, tanto na vida literaria como na vida ordinaria e familiar. Suliñou a fa-cilidade de Rosalía para entroncar coa cultura popular e facela sublime para transmitila con inmensa sensibilidade galega .

Un acto moi ameno e cheo de cultura como non podía ser menos, dado o coñecemento apaixo-ante do conferenciante pola autora de Cantares Gallegos quen dixo, adeamais, sentirse como nunha aldea de Galicia estando en entre nós, emigrantes que non olvidamos as nosas raices.

Asistiron ao acto as autoridades do Concello de Cornellà, Aurora Mendo, Regidora del Dis-tricte IV, e Nelia Martínez, Regidora Delegada d’Acció Comunitària, Joventut i Solidaritat, así como a presidenta do Consell Municipal de la Dona, Judit Ibañez, quen agradeceron ao con-ferenciante a súa disertación tan propia para a loita da muller traballadora para conseguir a igualdade, e prometeron pedirlle que poidera vir de novo en datas futuras a expor esta con-ferencia nun acto a nivel xeral para Catalunya.

Despois da conferencia o cantautor Alfredo González ofreceunos un recital no que interpre-tou, entre outras cancións do seu repertorio, a súas versións de poemas de Rosalía.

Actividades da Entidade

Page 21: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

21

Aproveitando es celebración os directivos da A.C.G. Rosalía de Castro, en nome de toódolos socios da entidade, fixeron un recoñecemento a tres mulleres, socias da entidade, que leva traballando en proxectos da mesma desde hai moitos anos: Amelia López, Alibia Civeira e Manuela González.

E para rematar o acto as mulleres da Asociaci-ón convidaron aos asistentes a unha degustaci-ón de productos típicos da cociña e repostería galegas elaboradas por elas mesmas. Un éxito rotundo, un dos máis fermoso, emotivos e im-portantes actos da nosa entidade, dentro e fóra da propia A.C.G. Rosalía de Castro.

35 ANOS DE CONCELLOS DEMOCRÁTI-COS

Cornellà conmemora os 35 anos de restaura-ción da democracia nos concellos, acto no que participou unha ampla delegación da nosa Asociación xunto coa maioria de entidades de Cornellà

O 3 de abril de 1979 Cornellà de Llobregat votou por primeira vez despois da dictadura franquista nunhas eleccións municipais. Para conmemorar esta data, o Concello de Cornellà organizou un acto o 28 de marzo, no que con-memorou a importancia da chegada da demo-cracia e o impacto que estes 35 anos tiveron na evolución da cidade e da súa cidadanía.

Na cerimonia, que tivo lugar no Auditori, fi-xose entrega das medallas de ouro da cidade aos dous primeiros alcaldes de Cornellà desde a restauración da democracia, Frederic Prieto (1979-1985) e José Montilla (1985-2004). Tamén se fixo un recoñecemento aos cargos electos e aos rexedores e rexedoras que dedicaron parte da súa vida á responsabilidade da posta en fun-cionamento, consolidación e traballo da admi-

nistración municipal. Todas as cabezas de lista e persoas que formaron parte dos diferentes equipos de goberno como tenientes de alcalde e rexedores, recibiron a distinción de rexedores honorarios.

Durante o acto, proxectouse un vídeo que re-pasou os momentos máis significativos desta etapa democrática, así como a transformación que significou para a cidade de Cornellà.

ACTO SOLIDARIO “Un sorriso para Nerea”

O día 1 de Maio a nosa entidade participou, xunta a outras entidades de Cornellà no acto celebrado para recadar fondos para Nerea, cos que se lle mercou unha silla adaptada ás súas necesidades, o noso Grupo de Danza e Música actuou no evento, ademais numerosas socios colaboraron no reparto das Migas que a un pre-zo simbólico de 1 Euro fixeron posible que a vida de Nera sexa un pouco máis feliz.

O Parlament de Cataluñya acolleu ás en-tidades que compoñen Xuntanza de Ca-talunya na celebración do Día das Letras Galegas 2014

Actividades da Entidade

Page 22: LUANOVA 55

17 de maio, o Parlament de Catalunya acollía a conmemoración do Día das Letras Galegas 2014, un evento que foi organizado pola nosa entidade Xuntanza de Entidades Galegas de Catalunya, composta por catro das entidades galegas en Catalunya máis significativas: Casa Galega de L’Hospitalet, A.C.G. Rosalía de Cas-tro de Cornellà, A.C.G. Agarimos de Badalona e Amigos de San Froilán de Barcelona. As catro entidades celebraron o Día das Letras Galegas cunha visita ao Parlament, onde foron recibidos polas autoridades desa institución e máis polo delegado da Generalitat de Catalunya en Barce-lona, Fernando Brea, de orixe galega por certo. Por parte de Xuntanza, o seu presidente, Xosé Carlos García, fixo unha disertación da perso-nalidade do agasallado este ano, Xosé M. Díaz Castro, unha breve semblanza do valor e dos activos que teñen as entidades galegas de Cata-lunya, como motor económico e sociocultural, así como a presentación da Banda de Gaitas Xuntanza de Catalunya, composta por máis de cen mozos e mozas das entidades. Ataviados cos traxes galegos de gala fixeron a primeira actuación dunha banda de gaitas galegas no recinto do Parlament de Catalunya, remataron a súa actuación coa interpretación dos himnos catalán e galego. Por un día, os 135 escanos onde os diputados fan política, os nosos rapa-ces e rapazas acompañados dos seus familiares, foron os protagonistas.

CAN MERDACER 2014FESTA MAJOR DE CORNELLÀUn ano máis a popular Festa Galega que orga-niza a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, polo Corpus, Festa Major de Cornellà, volveu a recoller éxitos espectaculares. Tanto no tocante á participación cidadá que lle deu vida, coa súa masiva presenza, no mítico Parque de Can Mercader, como no apoio institucional de tódalas institucións: Xunta de Galicia, Generali-tat de Catalunya e Ajuntament de Cornellà.

O Parque de Can Mercader volveu a lucir o seu esplendor e cumpriu con tódalas expectativas, durante os días 20, 21 e 22 de xuño de 2014, milleiros de galegos e non galegos asistiron aos diferentes actos, facendo que esta Festa Galega siga sendo unha cita destacada dentro dos ac-tos programados en Cornellà, co gallo das súas festas patronais, e tamén como acontecemento no que se dan cita unha grande maioría de ga-legos residentes en Barcelona.

Actividades da Entidade

LÚA

NO

VA

LÚA

NO

VA

2222

CAN MERDACER 2014FESTA MAJOR DE CORNELLÀ

Page 23: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

23

HOMENAXE AOS SOCIOSOs actos festivos comezaron o venres pola tar-diña coa homenaxe aos socios da entidade me-diante a celebración, no recinto da festa, dunha Cea de Irmandade á que asistiron numerosos socios e amigos da Entidade, a Regidora del Barri onde ten a sede social a Entidade, Aurora Mendo, Rocio García, Teniente de Alcalde e Delegada de área de Políticas de Ciudadanía, Manuel Ceballos, Teniente de Alcalde, Dele-gado de Espacio Público e Medio Ambiente e Neli Martínez, Regidora Delegada de Acción Comunitaria, Juventud y Solidaridad, entre outras autoridades e representantes doutros estamentos socioculturais de Cornellà, e na que se lles homenaxeaba coa Insignia de Prata da entidade aos socios: Alfonso Rico e Cándido Rancaño que este ano cumpriron 25 anos de antigüidade na asociación. Este acto foi segui-do dun concerto a cargo do cantautor galego residente en Cataluña, Alfredo González, pre-sentando o seu novo disco Veritas Mi e a tradi-cional verbena amenizada pola orquestra Ma-nhattan.

OFRENDA FLORAL A ROSALÍA DE CAS-TRO

O Sábado pola mañá ao redor dun milleiro de persoas asistiron á “Ofrenda Floral”, un acon-tecer de identidade galega, nun emotivo acto no que o alcalde de Cornellà, Antonio Balmón Arevalo, xunto co presidente da Asociación, Alfonso Rico García, o representante da Gene-ralitat de Catalunya, Fernando Brea i Vide , e o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordena-ción Universitaria da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad, presidiron o acto depositando o tapiz de flores representando a Galicia e Ca-talunya.

Acto ao que asistiron outras autoridades como os portavoces do grupos municipais de Cor-nellà ademais da Corporación Municipal, e di-

versas entidades socioculturais de cornellá, os partidos políticos con presencia na cidade, de-positando cada un deles o seu correspondente ramallo de flores no busto a Rosalía de Castro, que convive con nós desde o ano 1990 nos xar-díns do devandito parque. Asemade, socios e amigos, entidades e institucións públicas ren-deron unha sentida homenaxe de Catalunya e Galicia á musa das nosas letras, ó son dos him-nos catalán e galego, interpretados pola Banda de Gaitas Rosalía de Castro, xunto cos grupos: Castellers de Cornellà, a Agrupación Folklòri-ca “Esbart San Feliu” e o Centro Asturiano de Barcelona que participaron no acto coas súas correspondentes actuacións.

Xa pola tarde, despoia do tradicional xantar campestre ao que asistiron duascentas perso-as, socios e amigos da entidade, representantes municipais e da vida asociativa de Cornellà, di-versas autoridades, así como representantes do resto de entidades galegas de Catalunya, o re-cinto da festa adornouse coas actuacións dos se-guintes grupos: A.C.G. Agarimos de Badalona, a Banda de Gaitas Sénior de Rosalía de Castro, o Grupo de bailes de salón de Rosalía de Cas-tro, o Grupo Cornellà per les Dones e o Grupo de Danza da A.C.G. Rosalía de Castro. Segui-do da gran festa rachada tarde e noite coas or-questras: “TARANTELA” e “GRAMOLA” que como é habitual, cada ano, concentrou no Par-que a milleiros de persoas.

Actividades da Entidade

Page 24: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

24

Actividades da EntidadeDomingo, 22 de Xuño:

Ás 12 da mañá comezarons as actuacións dos grupos: a Irmandade Galega de Rubí e a Asoc. Cultural Extremeña San Isidro La-brador de Cornellà. Xa pola tarde actuaron: a Banda de Gaitas Sénior da A.C.G. Rosalía de Castro, Cornellà per les Dones e o Gru-po de Danzas da A.C.G. Rosalía de Castro Ás 20.30 h. deu comezo a festa rachada coa or-questra “TARANTELA”. E ás 22h. a actuación do grupo de música celta “COMBO FOLK”. Ás 23h. Fos tradicionais Fogos Artificiais e fin de festa coa popular QUEIMADA GALEGA.

Ademais de tódalas actuacións que estiveron á altura que a festa merece, no eido gastronómi-co, numerosas familias se deron cita á sombra das centenarias árbores de Can Mercader, para

degustar xantares campestres e compartir unha fin de semana gozosa con amigos e familiares, unha xuntanza gastronómica e festiva na que se citan cada ano amigos e familiares da colec-tividade galega de Catalunya, que compartiron con socios e amigos da entidade organizadora unha gran festa galega nun dos máis fermosos parques de Catalunya como é Can Mercader de Cornellà.

Asemade os asistentes tamén puideron ollar exposicións de libros, pinturas, música, etcé-tera, así como información sobre turismo de Galicia e o Camiño de Santiago, e todo tipo de productos da gastronomía galega servidos con exquisitez por Exclusivas Casa Díaz de Lugo.

A FESTA SOLIDARIA

Conscientes da situación económica na que nos atopamos nestes momentos, nos que na cidade de Cornellà, malia ser a segunda cidade do Es-tado Español con menos débeda, hai familias que se atopan á beira da exclusión social, por iso, un ano máis, a A.C.G. Rosalía de Castro quixo que esta festa tamén tivese algo para es-tas familias, así que moitos dos productos que se consumiron durante a festa, o seu beneficio económico converteuse en alimentos solidarios que foron destinados a esas familias, distribuí-dos a través da “Botiga Solidaria” de Cornellà.

Page 25: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

25

VERBENA DE SAN XOÁN

O día 23 de xuño pola noite celebramos como cada ano, diante da entidade, a tradicional Verbena do San Xoán, á que acudiu numero-so público, socios, amigos da nosa Asociación e tamén veciños de Cornellà, especialmente do Barrio de La Gavarra que é onde se atopa a nosa entidade. Despois dunha multitudinaria Cea celebrada na rúa, fronte á entidade, come-zou a verbena que non pechou ata altas hora da noite, amenizada pola orquestra “Manhattan”.

DIADA DE CATALUNYA

Despois do parón estival, comezamos a nova andaina da entidade o día 11 de setembro coa participación na celebración da Diada de Cata-lunya que, a iniciativa do Concello de Cornellà, un día moi especial para todos os Cornellanen-ses que se suman a toda a sociedade catalana para celebrar o día grande, o Día de Catalunya.

Sobre as 11,30 horas da mañá bailáronse sar-danas organizadas pola entidade local Amics de la Sardana e amenizada pola Cobla Ciutat de Cornellà. De seguido realizouse a ofren-da floral namentres se interpretaba o “Cant dels Segadors” por parte de membros das di-ferentes corais da cidade de Cornellà.

Diante do monumento alegórico á Diada reali-zado por Jordi Serra déronse cita representantes dos partidos con representación no consistorio para realizar unha ofrenda conxunta. Así mes-mo, as entidades da cidade tamén homenaxea-ron os feitos históricos que converteron a Diada no símbolo das liberdades en Catalunya. Rosalía de Castro tamén participou neste acto de gran simblismo coa súa ofrenda a cargo do presidente da entidade, Alfonso Rico, así como a participa-ción no acto de numerosos/as socios/as.

FESTA DE LA GAVARRA

Os días 19, 20 e 21 de setembro celebrouse a Festa Major del Barri de La Gavarra organiza-da pola Coordinadora de Entidades Culturais do barrio, da que forma parte Rosalía de Cas-tro. As entidades que forman a coordinadora este ano presentaron un ambicioso programa de actividades que se desenvolveron durante a fin de semana, en cada unha delas así como os actos centrais no recinto da festa que cada ano se celebran na Praza de Europa, e nos que hou-bo numerosas actuacións musicais e folclóricas dirixidas a todos os sectores da poboación, ás que acudiu numeroso público. A nosa Entidade ademais de ser parte organizadora, participou no evento coa actuación do noso grupo de mú-sica e danza, así como a organización dunha multitudinaria Queimada Galega para todo o público, coa que se pecharon os actos festivos.

FESTA DA ROSA

No mes de setembro volvemos a Gavà para participar na Festa da Rosa que cada ano or-ganiza o PSC, onde se deron cita arredor de 40.000 persoas que pasaron o día nun ambiente festivo, con actuacións musicais e o acto políti-co. Ademais a nosa entidade participou activa-mente coa actuación do Grupo de Danza e Gai-tas, así como na organización dun Xantar no que participaron socios e amigos da entidade, que tiveron a oportunidades de compartir a vi-sita que nos fixeron as diferentes autoridades.

Actividades da Entidade

Page 26: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

26

Actividades da Entidade

XUNTANZA DE ENTIDADESOS DIAS 27 E 28 DE SETEMBRO A NOSA ENTIDADE PARTICIPOU NA “TROBA-DA D’ENTITATS” QUE ORGANIZA O CONCELLO DE CORNELLÀ, ONDE AS PRINCIPAIS ENTIDADES CULTURAIS E SOCIAIS DA CIDADE AMOSAN OS PROXECTOS QUE AO LONGO DO ANO LEVAN A CABO.

O evento celebrase cada ano no Parque da In-fanta no que a nosa Asociación estivo presente cunha carpa pola que pasou un importante nu-mero de visitantes que se interesaron polas no-sas actividades, así como por outros temas de interese de Galicia como o turismo e o Camiño de Santiago, ademais o noso grupo de danza a gaitas formou parte do elenco de artistas que durante a fin de semana ofreceron as diferentes actuacións musicais.

Unha iniciativa de convivencia e civismo en-marcada dentro do espazo “Cornellà pel Civis-me”, no que cada entidade amosa ao público as súas actividades, nunha gran mostra cultural e cívica á que acoden os cidadáns de Cornellà masivamente, un espazo ideal para captar a atención de persoas que queiran mergullarse en novas formas de compromiso cidadán para compartir, participar ou establecer lazos de re-lacións sociais.

MAGOSTO SOLIDARIO

O Sábado día 1 de novembro celebrouse a tra-dicional Festa do Magosto, como cada ano máis de 300 socios da entidade acudiron a esta ce-lebración que consistiu na degustación de 200 quilos de castaña asadas, traídas de Galicia e regadas con viños da terra. Despois do festín magosteiro celebrouse a tradicional foliada do Magosto con baile incluído coas dependencias da Entidade a rebosar.

Este ano a tradicional festa tivo un carácter so-lidario xa que con ela comezou a semana da recollida de alimentos para o Banco de Alimen-tos de Cornellà, unha acción solidaria coa que a nosa Entidade quere contribuír a mellorar a di-fícil situación de familias de Cornellà que máis sofren a crise económica.

Grupo de Baile de Salón

Page 27: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

27

CONCESIóN DOS PREMIOS DO CERTAME LITERARIO ROSALÍA DE CASTRO.

O Sábado 29 de novembro tivo lugar o acto de concesión dos premios do Certame Litera-rio Rosalía de Castro 2014, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà, que este ano acada a súa XXVIII edición, na modalidade de poesía en Lingua Galega e a XI na de narrativa, e no que foron galardoados cos primeiros premios: MIRIAM FERRADÁNS en poesía e ALBA SÁNCHEZ na modalidade de narrativa.

Xosé Lamela membro do xurado, Eli Ríos escritora, Alfon-so Rico presidente da Asociacion, Emilia Briones, Teniente de Alcalde de Cornellà, de espalda, Jordi García Presidente do xurado

O acto de concesión dos premios foi precedi-do dunha charla-coloquio a cargo da escritora, filla de pais emigrantes galegos en Londres e residente en Galicia, ELI RÍOS, quen presentou o seu último libro ANAMNESE, un poemario co que ven de gañar II Premio de Poesía Ma-nuel Lueiro Rey.

Pola noite e no transcurso dunha cea celebra-da na Sala de Actos da entidade e presidida polo alcalde da cidade de Cornella, Antonio Balmón, e o presidente da Asociación, Alfonso

Rico, á que asistiron numerosos socios e amigos da entidade, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a sociedade de Catalunya, ademais de representantes da Corporación Municipal de Cornellà e delegacións doutras entidades galegas de Catalunya.

O presidente do xurado do certame, JORDI GARCIA GUITART (Regidor Delegado de la Ciu-dad de la Lectura y Política Lingüística do Concello de Cornellá) e composto por persoas relevantes da Cultura Galega, deu a coñecer aos gañado-res da edición deste ano 2014.

Actividades da Entidade

O alcalde de Cornellà, Antonio Balmón, pecha o acto de concesión dos premios

OUTRAS ACTIVIDADES: Ademais das actividades referidas, na entidade celébranse outras que durante o ano levan a cabo os socios e colabora-dores como son:Programa de radio “Sempre en Galicia”, que se emite en galego tódolos sábados de 18 a 20 horas en Ràdio Cornellà. Este ano cumprimos os 27 anos de emisión contínua. Tamén a principios de 2012 comezouse un novo programa en Ràdio Sant Boi: “Galegos no Baix”, que se emite tódolos xoves de 16 a 18 horas en directo e reemítese os domingos de 10 a 12 horas en diferido. Curso de Informática, dous días semanais durante todo o ano para os que se queren iniciar no manexo das novas tecnolox-ías, internet, etcétera. Cursos de Galego e Catalán, Cociña Galega e Catalana. Talleres de manualidades e de pintura, dous días semanais, danse clases de manexo das artes plásticas e traballos manu-ais, pintura, etcétera.Relaxación, Taichí e Ioga, sesión semanal durante todo o ano, e de saúde corporal.Bailes de Salón, tódolos sábados e domingos con profesores, e nos que participan unhas 40 parellas de socios da entidade.Curso permanente durante todo o ano para os compoñentes do Grupo de Danza e Música Galegas, no que se imparten clases de danza, música, solfexo, coreografía a máis de setenta alumnos que van desde o catro ao trinta anos de idade, así como a maiores que forman a Banda de Gaitas Sénior da En-tidade

Page 28: LUANOVA 55

Albúm Fotográfico Actividades 2014Carnaval 2014Entroido 2014

Informática decembro 2014

Page 29: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

29

Festa do Pulpo

Page 30: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

30

Page 31: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

31

Page 32: LUANOVA 55

Campionatos Tute e Brisca 2014LÚ

A N

OV

A

32 LÚA

NO

VA

Page 33: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

33

Page 34: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

34

Campionato Tute 2014

Page 35: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

35

Page 36: LUANOVA 55

36 LÚA

NO

VA

36 LÚA

NO

VA

Page 37: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

37

Page 38: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

O Castelo de Cornellá de Llobregat, (Barce-lona) acolleu o acto de presentación do novo traballo discográfico, en CD+DVD co nome de “VERITAS mi” do cantautor galego residente en Catalunya, Alfredo González Vilela. Un disco trilingüe no que, con cancións nos tres idiomas, Catalán, Galego e Castelán, interpreta musicalmente poemas de autores como Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, María Manent, García Lorca, Alejandro Sánchez, Manuel Gó-mez e Sara Fernández, ademais doutros de au-toría propia.

Rodeado de amigos, e arroupado polo alcalde de Cornellá, Antonio Balmón, así como polas asociación Circulo Literario Semillero Azul e a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, cuxa Banda de Galitas fixo a apertura do acto e realizado no emblemático “Castell de Cornel-là” durante o cal diversas persoas, entre elas o presidente de Circulo Literario e por parte do “Ajuntament de Cornelllà” que colaborou na edición do disco, o seu alcalde Antonio Balmón dedicaron palabras de agradecemento ao au-tor de “VERITAS o mi” por este traballo que

reflicte o seu compromiso coa cultura popular, así como por toda a súa carreira artística na que leva batallando desde hai máis de tres décadas e sempre á beira da xente do pobo.

No acto de presentación e despois dos parla-mentos, o cantautor interpretou tres cancións incluídas no novo disco, con letras de Rosalía de Castro, Salvador Espriu e de autoría propia, finalizando o acto coa proxección do Videoclip que acompaña ao disco dedicado aos poetas.

ALFREDO GONZÁLEZ VILELA, Cantautor de orixe galega, (Becerreá, provincia de Lugo) residente en Barcelona, canta e acompáñase da súa guitarra e en ocasións con músicos ami-gos, (José Romeu, Mariano Alonso, Jesús Espín etcétera.) escribe e compón cancións con po-emas de fondo intimista e social, nas tres lin-guas, español, galego e catalán. Hai máis de 25 anos que se dedica a cantautor.

As súas primeiras actuacións como cantautor fixoas en Lugo, no ambiente estudantil de pro-testa e loita pola democracia de principios dos 70. Realiza as súas actuacións en centros ga-legos, casas de cultura, asociacións veciñais e culturais, concellos, festas de barrio, patronais, festivais, etc., tanto en Cataluña coma en Gali-cia.

Compartiu escenario con figuras importantes, como Andrés Dobarro, Fuxan os Ventos, Mª Manoela, Ana Kiro, Toxos e Xestas… etcétera. Formou parte do grupo “PETAPOUCO” no ano 1979, verdadeira revolución da música folk galega, co que incidiu na parte festiva e picar-esca do popular da terra, plasmando este estilo nun disco de longa duración que alcanzou moi-to éxito en Galicia.

Fundador do dúo “LEMBRANZAS” co tamén cantautor, Mariano Alonso, en 1985; co que re-

Alfredo González presenta en Cornellá “veritas mi”Antonio Díaz Fernández

38

Page 39: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

39

alizou diversos concertos e a gravacións do seu repertorio. Fundador do grupo de folk galego “ZOA” no Centro Galego de Barcelona 1998, co que se acompañou na gravación do seu disco “DIASPORA”, e co que conseguiu un re-coñecemento importante da crítica por lograr un entroncamento perfecto entre o tradicional e o máis avanzado dos sons musicais de nova xe-ración, adquirindo a Xunta de GALICIA unha boa parte da súa edición, declarada de interese sociocultural. Cofundador do grupo tradicio-nal galego “RAXA NA LOUSA” no ano 1999, co que conseguiu grandes éxitos nas súas ac-tuacións en directo non Tradicionarius de Bar-celona, nas festas populares da Mercé e outras.

Ten musicado a maioría dos poemas do poeta, Manuel Rodríguez López, do que foi amigo persoal. As súas cancións levan letras propias en moitos casos e noutros emprega letras de po-etas tan coñecidos como Rafael Alberti, Macha-do, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, García Lorca, Miguel Hernández, Salvador Espriu, Miquel Marti i Pol, Joan Vin-yoli, Joseph Carner… etcétera, nas súas linguas vernáculas, galego, catalán e castelán.

Os seus autores preferidos por afinidade aos seus poemas son: García Lorca, Miguel Hernán-dez, Antonio Machado, Rafael Alberti, Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Castelao, Joan Vinyoli, Joan Maragall, Salvador Espriu, Sara Fernández, Manuel Gómez, Alejandro Sánchez.

Ou seu lema é A DIVERSIDADE CULTURAL UNIDA de España e dos seus pobos e as súas intencións son as de producir discos nos que se inclúan temas nos tres idiomas nos que canta.

Na actualidade conta xa con 10 discos edita-dos e distribuídos pola editorial de Bruxelas JAMENDO, como música alternativa e de li-cenza copyleft. Ademais a súa musica pódese conseguir, con ofertas especiais de venda, de maneira que poden pedir o cd ou dvd por e-mail a = [email protected] ou por mensaxe de facebook, que lles fará envío postal cos dis-cos asinados. O prezo para envialo por correo será de 15 euros, e se piden varios só pagan un gasto de envío, o resto 5 euros por unidade .

Page 40: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

40

Dicía meu “amigo” Voltaire no seu tratado en-col da Tolerancia: “ Non estou dacordo co que dis pro defenderei coa miña vida o teu dereito a expresalo “ . Tamén nos dicía John Locke nun outro tratado tocando a mesma materia dados os enfrontamentos por mor da relixón á altura que, “a relixión era un asunto privado e propio que afecta só á relación de Deus co home … “. Mais isto, xa dende unha perspectiva calvinista é dis-tinta da voltairiana. A Tolerancia, como cerne da liberdade individual e colectiva, ocupou o tem-po de non poucos filósofos e pensadores dende a noite dos tempos, maiormente na contempora-neidade polos que inauguraron e fundamenta-ron a chamada Ilustración deica aos nosos días; e que sihomesí, puxeron os piares das chamadas democracias occidentais, logo das dúas guerras mundiais e demais episodios conflitivos acaídos no século pasado e no que vai diste. Democracias que substituían ao absolutismo e que arrincan e se formalizan case todas na revolución france-sa sendo fillas desta; democracia que en España entrou tarde, mal, e sempre tutelada por unha “ monarquía parlamentar “ , ou non, coa igrexa e os poderes escuros e caciquís sempre detrás.

Fonte natural en Navia de Suarna

Hoxe, niste mundo de Pensamento Único pro-movido polos “ Magnates Invisíbeis “ do Mer-cado Global que o mercan e venden todo, coa

Troika de dianteiro centro para controlar tanto as macro como as micro economías da humani-dade. Procuran e pretenden, dende os seus cuar-teis invisíbeis, un movemento mundial alienado e servil no que as xentes non pensen e sexan víti-mas delas mesmas sen que apenas se den conta, mergullándoos nun escravismo consumista tan exacerbado que os fai enfermizos miserábeis ao seu servizo. Sobor disto, xa escribira eu algo na Revista Lúa Nova aló polos anos oitenta e pico, logo do Tratado de Maastricht falando dos novos deuses e dos becerros de ouro que se aveciñaban e se estaban a instalar na Aldea Global atraveso dos medios de información e outras gadañas e fouces, controlados calculadamente, -ainda in-tranet e celulares non formaban parte da vida fa-miliar como hoxe-, pro sí que servidor xa falaba das TV e outros medios privados que agromaban con forza para intoxicar as mentes dunha socie-dade que tendía ao nihilismo; e que mesmo pou-co a pouco, se deixaba domear e ía perdendo a grandes velocidades sen decatarse, todos aqueles dereitos que conformaban o chamado Estado de Benestar gañado a pulso con moitos padecemen-tos e até con moitos mortos ás costas após da II Guerra Mundial e que en España tal Estado só foi unha Negra Sombra coa ditadura franquista.

Expoño todo o dito para situármonos nas coor-denadas e perspectivas actuais. Nos momentos, situacións e realidades. Realidades que superan a ficción que estamos a vivir no Mundo actual, nomeadamente no Estado Español, onde semella que “as castas “ dunha e da outra banda, ainda que bastante máis da que nos levou á guerra civil, seguen mandando e aplicando a xustiza ó antollo dos seus intereses. Tivemos unha Guerra Incivil e cruel na que morreu moita xente inocente. Con calculada intencionalidade e selección, se asa-sinou e mandou ao exilio ás persoas máis intelix-entes, máis capaces, máis preparadas e que tiñan unha visión progresista e de altura de miras no contexto europeo e mundial. Visión da que, dende logo, adoecían os persoeiros dirixentes aloucados durante a “ Longa noite de pedra “. Persoeiros mergullados nun patriotismo paifoco e cruel que se podería resumir na célebre frase do militar af-ricanista Millán Astray “ ¡ Abajo la Inteligencia ! ¡ Viva la Muerte ! , no famoso enferruxamento que tivera co intelectual vasco Unamuno, quen lle res-postou ( entre outras cousas ) “ Vencereis pero no Convencereis “. Pois velaí que nistes Novos Tem-pos, ou Vellos Tempos… a historia en certo modo repítese, dado que a xuventude máis capacitada

Camiño andado...A TOLERANCIA NUN MUNDO INTOLERANTEKike de Vidal Navia

Page 41: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

41

e preparada está sendo “ expulsada “ con escar-nio cara a outros Países para quedármonos ou fi-car aquí gobernados e mandados pola “ Medioc-ridade “ da picaresca e da chirigota, polos novos ricos, polos mesmos persoeiros quixotescos de sempre.

Expoño o dito para apelar nestes intres de con-fusión envelenada á Tolerancia e á Convivencia Social. Tolerancia e respecto pola diversidade de opinión e de acción pacífica. Apelo a convi-vir sen imposicións pola Razón da forza, que é o que hai; en troques de pola forza da razón, que é o que debería ser. A cada máis, o mundo está gobernado por uns poucos moi ricos en prexuizo de moitos millóns de persoas a cada vez máis probes e desfavorecidas, nun desequilibrio que olla ao abismo dado o aumento da poboación mundial, entre outros factores, e a falta dunha planificación socio-económica que conduce ir-remisibelmente ao caos. Xa non só non se tolera a disidencia, senón que mesmo calquer tipo de discrepancia coa Troika e cos “ Magnates Invisí-beis “ que controlan o Mercado, pasa automati-camente a formar parte da marxinalidade e da sospeita, do acoso demagóxico, psicolóxico, etc. en todos os aspectos. E se xurde un movemento social de calquer tipo en calquer recuncho do planeta, cae sobre el todo o poder mediático controlado actuando como un exército depre-dador. Atacando ferozmente ás reivindicacións sociais de extrema necesidade como poden ser a Sanidade, Ensino, Postos de Traballo dignos, Igualdade Sexual, Explotación Infantil, e pro-vocando todo o que abrangue á Precariedade Laboral e ás ataduras as que estamos sometidos. Temos un terrorismo fundamentalista e alouca-do de diversos tipos, si ; unha agresividade so-cial candente e desesperada, si; unha falta de solidaridade colectiva ateigada de egoísmo, si; e unha carencia de valores cívicos e morais sen precedentes, tamén. Todo isto dá que pensar que hai moito de provocación intencionada coa final-idade de rachar coa harmonía social, e mesmo individual ou íntima, de cara a inxerir o medo na sociedade e reforzar o Novo Orde Mundial sen contar coa cidadanía fundamentándose na imposición, na intolerancia, no desacougo emo-cional, no afogo do Libre Pensamento. Non hai máis que ver os derradeiros plans de edu-cación do goberno español encamiñados a facer das mentes das persoas unha ferramenta máis, esquilmando o ensino público, cargando con-tra a diversidade lingüística do Estado como no caso galego, impoñendo a relixión e facendo da filosofía, por exemplo, unha disciplina optativa en troques de ser troncal que é o que mal viña sendo. Todo isto ten a finalidade de privatizalo

todo, controlalo todo, e facer que a cidadanía non pense por ela mesma e se enfronte entre si, daquela edúcase por encargo. Xa que logo, se non hai unha revolta cidadán por riba do dual-ismo dereita - esquerda en todo o ámbito estat-al, europeo- occidental e mesmo mundial, esta pode ser unha viaxe sen retorno na Historia da Humanidade, pois ficaremos gobernados por Mediocres Intolerantes mergullados no caos.

Ora ben, cambiando de rexistro pro co mesmo fío, eu entendo que os Pobos da Humanidade coas súas linguas e culturas sobreviven ou de-saparecen dependendo do grao de auto-estima colectiva polo seu, por riba de fronteiras ou mar-caxes. O Pobo Galego está en horas moi baixas como tal; o sentido cooperativista e de orgullo polo noso está esnaquizado, e non se pode cul-par a este partido ou a aquel outro, inclusive ás agachas ( non vaia ser que ) quitándose balóns de enriba e logo cada quen por seu lado. Temos o que votamos e o que sementamos. Podemos e debemos ser intolerantes cos que gañan unhas eleccións ou o que sexa coa mentira e a dema-goxia, ben. Pro como di a máxima británica: Si te trabucas, a primeira vez é culpa do contrario, nemigo ou opositor; pro a segunda ou as que ve-ñan, a culpa éche túa. Tamén penso que algunha vez dixen aquí que Identidade Nacional-Loita Social camiñaban xuntas. Non se pode tapar o esnaquizamento dunha Identidade Nacio-nal co conto demagóxico de que o importante é resolver istes ou aqueles outros problemas e bla,bla,bla... Logo ises charlatáns, mercachifles, son os primeiros que rematan o conto cos petos cheos de diñeiro que non é de seu, sen impor-tarlles quen pasa fame e outras calamidades.

Page 42: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

42

Forza Centro Galego de Bos Aires!Por: Manuel Suárez Suárez

Non sei se ando un pouco desnortado. Poida que sexa así xa que nestes tempos tecnolóxicos disque é necesario po-suír un GPS para atopar o camiño. Coido que os meus irmáns uruguaios non votaron guiados por ningún asesor electrónico senón polo seu axeitado razoamento que os levou a escoller ao neto de Galicia, Tabaré Vázquez Rosas, para volver a poñelo no temón da xenerosa patria de don Xosé Artigas. Supoño que o aparelliño será de utilidade se sabemos onde imos ou sexa cando coñecemos o des-tino. No meu caso, de neno emigrante, cando o necesitei en novembro de 1958 non o puiden utilizar. Fixen, collido da man da miña nai, unha longa viaxe no “Cabo de Hor-nos” sen saber onde estaba aquel lugar máxico chamado Montevideo.

Naqueles tempos a miña orientación era máis sonora que visual. Os domingos pola mañá viaxaba ata a miña aldea de Tines [Vimianzo] enriba dos sons dunha gaita que saía da radio. Os demais días da semana era un neno máis dunha cidade que se movía co alegre candombe dos tamborís afro-montevideanos. Son da idea de que as sin-graduras emigrantes non teñen unha cartografía que as poida acoutar. Son sentimentais e son tamén, circulares. Se houbo unha viaxe de ida haberá unha de volta. O retor-no pecha a singradura. Sexa no montevideano “Cemen-terio del Norte” ou no porteño de “La Chacarita” ou no panteón da aldea parroquial; a unidade espiritual non a despraza o vento nin a frean as fronteiras. A emigración remata cando nós o decidimos poñendo o peche sen que para iso haxa que mover un pé.

A historia da nosa longa emigración recolle cifras e esta-tísticas. Foi moi negativo para Galicia que máis dun mil-lón dos seus habitantes buscasen abeiro lonxe da auga fresca do aldeán manancial. Aínda que non todo foi escu-ridade dentro da desfeita migratoria. Antes de embarcar recibimos unha vacina anti-morriña. No exterior o noso étnico ADN fíxose inmune a tres moi estendidas e duras enfermidades: a avaricia, a envexa e o orgullo. Cada alma emigrante viaxaba coa súa protección sanitaria e por tanto viviría sempre lonxe dos cativos intereses. Sendo posuí-dores dunha traxectoria de nobreza polos vieiros do mun-do cústame entender que agora mesmo estea a piques de desaparecer o Centro Galego de Bos Aires e non haxa re-acción ningunha.

Recollo unha observación de Roberto Arlt que vai ben para centrar un pouco o que quero reflectir nestas liñas. Nas crónicas da viaxe [publicadas en “Aguafuertes es-pañoles”] que o escritor arxentino fixo por Galicia antes da Guerra Civil expresa: “La República Argentina es la segunda patria del gallego porque la patria sentimental, la de la morriña, es Galicia”. Certamente que Arlt admira aos

galegos porque somos dignos das maiores consideraci-óns se miramos para a grande obra feita con esforzo hon-rado. Un exemplo exitoso témolo ---ou tiñámolo--- no Centro Galego de Bos Aires. Aquí é onde hai que corrixir é, por desgracia, falar case en pasado. Hoxe a histórica entidade socio-sanitaria está fóra do control das mans emigrantes.

O acolledor fogar da esquina porteña de Belgrano e Pasco foi intervido por orde xudicial e designouse un interven-tor que é a máxima autoridade. O diñeiro para manter o funcionamento sae das arcas públicas. O acontecido é o máis triste que podía suceder. Os asociados perderon o navío que ata entón era levado polos directivos que saían elixidos nas urnas. Algo grave tivo que pasar para que unha das máis importantes sociedades galegas do mundo caese no maior dos asulagamentos. A sucesión de erros na xestión fixo que o Centro Galego fose sumando débedas que se fixeron imposibles de pagar. Ningunha das últi-mas directivas quixo facer a reforma que se necesitaba para poder ir amortecendo a crise sen caer do pozo da iliquidez de fondos e por tanto na quebra dos servizos de asistencia médico-asistencial.

Aínda que hai responsables da desfeita –-ninguén deu a cara para recoñecer os erros--- o que máis me doe é a com-probación de que non hai ningún movimento para come-zar a estudar a recuperación da entidade. Non se fala do retorno das autoridades electas. Non se fala do remate da intervención. Non se fala de novas eleccións. Négome a crer que morreu o espírito loitador E innovador do emi-grante que encheu Bos Aires de suor honrado. A realidade quere facerme pesimista. Sigo sendo optimista pero o que vexo non me gusta nadiña. As agrupacións “Pro Centro Gallego” andan ensarilladas entre elas sen poñerse de acordo no asunto básico que non é outro que o futuro do Centro Galego. Non hai nin liderazgo moral nin tampou-co económico; estou a falar da ausencia de figuras repre-sentativas que puidesen empurrar do carro ou axudar a que empurren as novas xeracións de descendentes.

A intervención do Centro Galego de Bos Aires foi a peor noticia xerada na emigración –-despois da morte de Al-fonso R. Castelao--- e semella que non pasou nada. Unha gran riqueza patrimonial e inmaterial está en perigo pero os ex dirixentes soamente teñen voz para criticar ao goberno arxentino. Non entendo nada. Os ministerios competentes en sanidade e asistencia social non son os responsables da mala administración. Os traballadores cobran os seus salarios con cartos achegados pola admi-nistración pública. Algo non vai ben cando os nosos des-cendentes esquecen as orixes e deixan que se afunda unha sociedade emigrante se o seu partido político sae benefi-ciado. O Centro Galego foi caendo no descrédito porque non se administrou con criterio. Se agora vai indo –-aínda que sexa con respiración asistida--- hai que ser agradeci-dos con quen nos botou unha man. O pedido de axuda urxente tivo lugar nunha audiencia coa señora presidente da República Arxentina na Casa Rosada. Non teño a máis mínima dúbida de que a sensibilidade de dona Cristina diante do problema foi unha especie de homenaxe ao seu avó fonsagradino Pascasio Fernández Gómez. Forza Cen-tro Galego de Bos Aires!

Page 43: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

43

Fraseoloxía© Xosé Manuel Fernández Montes

“ANAR DE BÒLIT”Frase feita de uso xeneralizado en Catalunya para referirse á situación na que alguén anda estresado, con moitas cousas que facer e pouco tempo para dedicarlles. Pois ben, en galego atopamos tres frases equivalentes que se poden empregar para expresar présa, atafego e aceleramento:

“Andar a galope”.

“Andar ás carreiras”.

“Andar a escape”.

Hoxe en día estamos todos, en xeral, bastante estresados polo ritmo frenético do consumismo que nos aguilloa e por iso andamos a correr e con pouco tempo para dedicarlle a todo o que facemos. Ás veces cómpre andar ás carreiras ou a galope porque a situación o require pero non deberíamos deixar que este comportamento se converta no noso día a día.

En troques, para representar o lado oposto, situacións nas que se toman as cousas con calma e sosego, a fraseoloxía galega ten outras tres frases moi empregadas popularmente:

“A modo” ou “a modiño”.

“De vagar” ou “de vagariño”.

“Paseniño”.

Así, pois, xa sabedes, facede memoria e lembrade aquel tema do mítico grupo Siniestro Total: “Ante todo moita calma”.

“POÑER ENTRE A ESPADA E A PAREDE”

Significa poñer a unha persoa nunha situación extrema na que non lle queda elección.Esta expresión serve para representar un home desarma-do, cunha espada no peito e coa parede ás súas costas: non hai para onde escapar e, polo tanto, só cabe unha solución, renderse e aceptar as condicións da rendición, por moi al-draxosas que sexan.

Para referirse a este tipo de situacións apuradas, nas que se está nunha situación realmente comprometida e apertada escoitei a unha paisana de Santiago a frase: “Estar entre o eixo e a roda”. Sinceramente, gústame moito máis e reco-méndovos o uso dela.

Velaquí as equivalencias que atopei para o inglés e para o francés.

En inglés dise “To be betwen the devil and the deep blue sea”. Traducida ao galego sería: “entre o Demo e o profun-do mar azul”.

Poético de máis, é ou non é?

En francés dise “Être entre le marteau et l’enclume” que traducida ao galego viría a ser: “estar entre o mar-telo e a bigornia”. Esta gústame máis, moi enxebre!

Page 44: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

A Denominación de Orixe RIBEIRO é a máis antiga de Galicia e unha das primeiras de Es-paña. Ultimamente está a acadar unha gran-de exposición pública. Quizáis sexa pola nova proposta propagandística dos seus actuáis xes-tores, quizáis polo impulso de márketing que están levando adiante dende hai uns meses, pero o caso é que “O Ribeiro” está de moda. Coido que merecente. Dende a miña humilde opinión hai moitivos máis que abondosos para sentírmonos orgullosos deste produto galego de calidade.

Os éxitos que tiveron os monxes benedictinos do Mosteiro de San Clodio (Leiro) parece que os están acadando os actuáis colleiteiros de “O Ribeiro”. Nos escritos do Códice Calixtino fan referencia e mención ao viño de Ribeiro como produto de grande calidade e recomendable.

Hoxe en día con tanta competencia no mercado e con grandes colleiteiros en todo o mundo a proposta dos viñateiros das ribeiras do Arnoia, Miño e Avia, están a traballar dun xeito minu-cioso e profundamente escrupuloso para ofre-ceren un produto de calidade e prezo xusto.

Seica nas catas que se fixeron nos Estado Uni-dos de América o pasado ano 2014, xunto con moitos outros viños presentdos e nos que ti-veron como xuíces ao equipo do gurù do viño “Robert Palmer”, acadaron valoracións supe-riores a 90 puntos un 80% dos caldos presen-tados pola D.O.Ribeiro. Valoracións moi supe-riores a outros viños de grande renome euro-peo ou mundial.

Non é do caso desprestixiar outras marcas ou Denominacións para ensalzar este noso produ-to galego, pero é de razón recoñecer que este éxito acadado ven precedido dun traballo de investimento en investigación e laboura con-xunta de moitos e bos colleiteiros galegos. Boa proba delo é que nestes tempos de crise, en pago de pecharse adegas, aumentaron nunha cantidade moi respectable e ademáis moi parti-cipativos na Cooperativa do Ribeiro.

Hai pouco viñeron a Barcelona, concretamente ao Forum Gastronómico, convidados claro está, a ofreceren a mostra de 10 adegas en represen-tación da D.O., que ademáis fixeron unha pre-sentación espectacular no Hotel Marina, para profesionais, prensa e convidados. Moito mérito destes éxitos debemos recoñecérllelos ao equipo que dirixe don Miguel Anxo Viso Diéguez.

Na 20ª Edición do Concuors Mondial 2014 cele-brado na capital Europea de Bruxelas (Bélxica) do mes de maio pasado, os viños da D.O.Ribeiro acadron nada menos que 16 Medallas: 2 de Ouro e 14 de Prata. Hai que ter en conta que nesta competición creada por Louis Havaux no 1994, participaron nada menos que 8000 viños de todo o mundo, que representan máis de 500 millóns de botellas comercializadas. O Xurado está composto por expertos internacionais de 40 países diferentes. Se queredes máis informa-ción sobre este asunto e moitos máis, podedes entrar na páxina web: www.ribeiro.es.

Os viños das ribeiras do Miño, Arnoia e Avia:

“O Ribeiro”

44

Page 45: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

45

Tamén hai que mencionar o 20 Premios que acadaron estes viños do Ribeiro na 10ª Edici-ón dos premios DECANTER WOLRD WINE AWAARDS. Estes galardóns, entregados pola revista británcia Decanter, fan gala de que re-ciben nada menos que 15000 viños presentados a concurso e teñen a mellor selección de xuíces do momento, formado por 224 catadores pro-fesionais, entre os que se atopan 66 Masters of Wine e 18 Masters Sommeliers.

Os que me estades a ler seguro que pensades que estou a gavar un produto porque teño in-tereses partidistas, pois non. Certo que nacín nesa zona de Galicia chamada “O Ribeiro”, concretamente en Cortegada de Baños (frente mesmo de Ribadavia), certo que tamén acos-tumo a seleccionar algún viño desa D.O. nos meus xantares, pero o caso é que tan só estou a poñer en valor o que estas informacións nos

ofrecen e corroboran os éxitos acadados. Temos que gavar o que como galegos nos fai sentírmo-nos orgullosos dun traballo ben feito. Expertos e profesionais do tema están a darnos a razón coas súas valoracións e conclusións.

Así pois: Moitas Felicitacións e moitísims para-bens a todos estes traballadores de “O Ribeiro”. Que sigan a acadar moitos éxitos e moitas máis medallas, nas súas participacións e concursos.

Xulio Cougil

“SEMPRE EN GALIZA”En Radio Cornellà (FM 104.6)

Tamén nos pode escoitar en:

www.cornellaweb.com/Radio,

e no enlace:

http: //semprengalicia.blogspot.com/

O programa de radio

da A.C.G. Rosalía de Castro

Dirixe Xulio Couxil Vázquez

Todos os sábados, de 6 a 8 do serán

¡As noticias en directo dende Galicia!

¡Escóitanos!

28 anosSempre en Galiza

Desde o día 13 de marzo de 2012 emítese desde as ondas da emisora municipal de San Boi de Llobregat, o programa de radio en lingua galega, “Galegos no Baixo”.

Os encargados de levar adiante este proxecto de divulgación da Cultura Galega en Cataluña son Armando Fernández Ló-pez como director, unha persoa que foi dos pri-meiros que comezou nes-ta xeira de emitir e falar en galego na radio aquí en Cataluña, e Xulio Cou-xil, director do programa Sempre en Galiza, xunto cun equipo de colabora-dores que desde Galicia e Cataluña van debullando as novas de interese social, cultural e político de Galicia así como as da colectividade galega en Cataluña. Destacar a participación como correspondentes desde Pa-drón do xornalista e pintor, Masito Beiró, e desde as terras de Lemos, Xosé Manuel Fernández Montes. O programa conta ademais co soporte da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà. Este Pro-grama que xa se emitira nesta emisora nos anos 1995 e 1996.

O programa emítese tódolos xoves de 16 a 18 horas, en directo e os domingos de 10 a 12 en diferido, no dial 89.4 da FM/ Radio San Boi, tamén se pode escoitar por internet en:

http://galegosnobaix.blogspot.com/ ouwww.santboi.cat/.../CEEF47EC57C53B44C1257

Mail: [email protected]

Armando Fernández (no centro) Xulio Couxil e Antonio Díaz

galegos No BaIxo

Page 46: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

46

Liñares é unha aldea coma moitas que hai en Galicia agochada en vales fondos entre a arbo-reda, onde o seu sustento é a gandeiría e o agro.Dista oito quilómetros da Capital do Concello, A Proba de Suarna;sendo a ultima aldea polo norte, que limita co Concellode A Fonsagrada.Liñares é unha aldea de montaña que está si-tuada nun pequeno val entre a serra de Louxa-se a serra da Lomba. Pertence á parroquia de Queizán e a súa altitude é de 800 metros sobre o nivel do mar.

As construcións son de pedra de canteiría e tellados de lousa da zona. Liñares contou con 12 casas das cales catro están esmorecidas, con elas fóronse unha parte de recordos e vivencias; e esas pequenas historias, tanto de ledicia coma de tristura, só eses anacos de paredes, nos con-tan algo de historia, de pesares no silencio.

Liñares chegou a ter uns cen lugareños,que por mor da globalización no asfalto e a emigración para buscar melloras noutros puntos de Euro-pa e América, foi quedando sen veciñanza, des-poboada e á vez envellecendo, tanto é así que hoxendía tan só viven a cotío cinco lugareños, o resto como dixen, espallados fóra do lugar, á procura de mellor vida. As súas corredoiras preñadas de soidade e mudas, que por elas tan-to pasaron os que un día marcharon coa male-ta chea de ilusións, tristura e morriña, onde o silencio é a testemuña daquelo que pasou en Liñares.

A Liñares atravésao unha estradiña de terceiro orden, que dende Louxas, a un quilómetro de Liñares é o cruce que podes coller para ir cara Asturias e para Lugo. Tamén enlaza coa auto Es-trada de A Coruña-Madrid,e a outros puntos de Galicia e á meseta de Castela. O dito,Louxas a súa metade, e do Concello de A Proba de Suar-na á outra metade o Concello de A Fonsagrada.Liñares conta cunha capela neoclásica adicada a San Bertolameu, que a súa festividade é o vinte e catro de Agosto. Tamén conta no seu lado es-querdo cunha imaxe da Virxe de Luxan patroa de Arxentina, traída por un veciño dende Ar-xentina que a súa festividade é o oito de Maio.

Liñares é hoxe un remanso de paz, e de silen-cio, onde o vento e os paxariños fan a súa mu-sica co bruído das arbores, onde se escoita o seu latexo de tristura, ese ollar dende a serra de Louxas,ou a serra da Lomba. Pola súa fron-te, hoxe chea de piñeiros, que fica nun regueiro con varios nomes, cruzado por un camiño que nos conduce a pequenas aldeas, Fontes, Meixa-mo e Caboxo. Liñares conta no seu termo cun-ha Fonte de auga de ferro, nunha finca de pro-piedade particular, coñecida coma a Trabanca.

O nome desta poboación fai referencia ao Liño, polo que di a historia, polo que se di que era un dos sitios onde se colleitaba liño e que incluso se facían trocos deste produto con Castela, alá polo 1788. Hai que dicir que estes trocos eran a traveso da Igrexa, ou sexa da parroquia. Li-ñares conta cun castro coñecido como Castro da Corola, sito nun outeiro,á dereita da estradiña que ven de Queizán a Liñares, está nun terreo humanizado pola labranza, hoxe prado, no seu arredor arboredo con carballos, piñeiros, xestas,videiras e toxos; de forma ovoidal de 160 metros de longo. A pesares do paso do tempo aínda conserva un pequeno muro de pedra e terra que nalgúns tramos chega a medir dous metros de altitude, neste apreciase que puido ser unha fortaleza para a defensa, polo seu punto estratéxico para defensa deste terreo.

Liñares conta no seu arredor con Mámoas nos montes da redonda ou da poza o que hoxe co-ñecemos como a Redonda de Boi e a Poza dos Grilos, a primeira delas como a segunda contan que, fai 18 metros de diámetro por 0/40 de al-titude, aínda que nas datas de hoxe están semi tapadas ou esmorecidas polo paso de tempo e as labouras do agro.

LIÑARES DE QUEIZA - DE A PROBA DE SUARNA (LUGO)Por: Armando Fernández López

Page 47: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

47

Na parte oriental da parroquia de Riocaldo, no sur de Ourense, o Parque Natural do Xurés ten sinalizada unha rota pedestre dirixida ao corazón da serra do Xurés, seguindo por un trazado que participou dalgúns dos aspectos esenciais da historia e da etnografía local en épocas antigas, de cando a xente da serra aín-da vivía afastada da civilización constituíndo auténticas repúblicas de montaña con normas e leis propias.

Para iniciar a rota, nada mellor que seguir polo vello camiño sagrado da capela de Nosa Señora do Xurés que milleiros dos seus devo-tos utilizaron nos últimos seis séculos, e moi-tos deles, facendo o percorrido de xeonllos, en silencio, transportando unha carga, amortalla-dos e incluso levados en caixóns nos chamados “enterros de vivos”, para pagarlle promesas á Virxe. A mediciña popular de Riocaldo, de grande sona nos tempos pasados, baseábase precisamente na forza milagrosa desta Virxe, á que se engadía o coñecemento dos veciños no uso das propiedades das herbas do Xurés e na aplicación das augas termais que nacen no río Caldo.

No ano 1454, por revelación, foi a propia Virxe María quen se dirixiu persoalmente aos veciños de Riocaldo para ordenarlles que lle construísen a capela do Xurés, alí, no alto da serra; e foi obedecida a súa orde con tal pronti-tude e sacrificio que desde entón, esta ermida constituíuse na obra emblemática do comuni-tarismo tradicional do Xurés e, á vez, na única construción relixiosa de Ourense debida ex-clusivamente a piedade popular.

Os Calvarios xorden costa arriba polo vello camiño, e segundo din, intentan imitar fisi-camente o mesmo escenario real da Paixón que representan as súas imaxes, mantendo as distancias orixinais de Jerusalém; de aí que, a ruta debe realizarse seguindo o camiño antigo de lousas que vai por fóra da estrada. Os tres Calvarios son de estrutura cúbica de catro me-tros de lado e de cuberta piramidal formada por lousas sobrepostas, todo iso en pedra. Unha

A Ruta das Sombras: Un paseo polo principio de Galicia

Por Xosé Lamela Bautista

Capela do Xurés

Fonte do século XVIII

Page 48: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

48

fonte, que indica a data 1789, próxima ao úl-timo Calvario e situada fóra do vello camiño, completa o conxunto dos elementos sagrados que sinalan a ruta ata Nosa Señora do Xurés.

Dende a capela ata as Sombras, a rota segue polo vello camiño dos contrabandistas, que foi a súa vez, senda das veceiras das reses, verea dos carboeiros de urce e carreiro para as carre-tadas de estrume: ou sexa, por onde circulaba toda a industria secular dos veciños de Rio-caldo.

Nesta parte da ruta están comprendidos al-gúns dos máis significativos valores do Xurés natural, en que se dan cita a xeoloxía, a mito-loxía, a historia e a natureza, o que lle confire a propiedade de conciliar os tres obxectivos ide-ais a que aspiran as rutas pedestres senlleiras: camiñar, ver e pensar.

A importancia xeolóxica, venlle dada por estar comprendidos neste trazado os cinco niveis de erosión típicos do Xurés, e tamén porque se manifestan con toda intensidade os vestixios

da natureza glaciar que se extinguiu hai doce mil anos (Wurm) naquela serra. Debido á forte pendente da corga de Vilameá, a lingua gla-ciar descendeu ata as súas cotas máis baixas. Un observador perspicaz pode ir descubrindo neste percorrido a sucesión de rochas aborre-gadas, superficies pulidas con estrías, morrenas laterais, ata desembocar no vale glaciar en for-ma de U das Sombras con todo o seu esplen-dor.

O sitio das Sombras (final da ruta), adqui-riu moita fama polas minas de Volframio que explotaron furtivamente as poboacións locais durante a Segunda Guerra Mundial. Alí pódense ver aínda as casetas e as minas como restos de soños de riqueza abandona-dos. Sabíase que o Volframio (ou Tungsteno) lle comunica unhas propiedades mecánicas ó aceiro imprescindibles para a fabricación dos canóns, o cal ocasionou que, durante a Segun-da Guerra Mundial, este metal lle disputara o seu prezo ó ouro. Coas ansias de riqueza, un formigueiro de xentes seguiu esta ruta ata as Sombras en busca do prezado volfran, ocasio-nando escenas e violencias, homólogas ás da “febre do ouro” americano.

Nas Sombras danse a man a mitoloxía e a historia, e ambas están a servir de base para descifrar a orixe histórica do nome de Galicia, pois din algúns dos mais importantes investi-gadores, que era nestas alturas do Xurés onde a tribo de Calecia se defendía contra as aco-metidas dos romanos, e unha vez que foron vencidos os Calecos, en conmemoración da conquista, os romanos déronlle o nome da tribo a toda Galicia. Segundo os historiadores romanos, os habitantes tribais sacrificábanlle godallos ao seu deus Ares o que posiblemente xustifica que ó seu cumio máis próximo se lle chame Altar de Cabróns, por ser o lugar onde se realizaban estas prácticas.

O camiño de volta da ruta seguramente coin-cide co mesmo inicio do recorrido que tomou o xeneral romano Decio Juno Bruto tras ven-cer a dita tribo dos Calecos, e polo tanto, tivo que ser neste o sitio onde empezou a poñerlle o nome de Galicia a todas as terras que encon-trou a seu paso ata chegar o fin do mundo, ou sexa, ata Fisterra.

Camiño das Minas

Page 49: LUANOVA 55

Crónicas da EmigraciónPor Mariano Goikoa(Secretaría Xeral de Emigración, Xunta de Galicia)

60.000 PERSOAS EN EUROPA E AMÉRICA VISITARON ‘GALICIA, PóRTICO UNIVER-SAL’, SEGUNDO OS DATOS DO BALANCE PRESENTADO POR ANTONIO RODRIGUEZ MIRANDA NO PARLAMENTO.

A iniciativa da Xunta de Galicia en colaboración coas Comunidades Galegas, e que ten visitado Barcelona nas dúas edicións, xerou a participaci-ón de 1.313 especialistas en accións promocionais de produtos galegos, así como unha importante atención mediática

O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodrí-guez Miranda, presentaba no Parlamento de Gali-cia o balance do funcionamento da iniciativa ‘Ga-licia, Pórtico Universal’, que cumpre precisamente un mandato parlamentario emanado da cámara galega no Debate sobre o Estado da Autonomía do ano 2012, e que nos seus dous primeiros anos de funcionamento visitou Barcelona, mercé ao apoio das galegas e galegos residentes en Cataluña, e ás comunidades galegas que os representan.

Nesa resolución, a cámara autonómica instaba á Xunta a que elaborase, impulsase e executase “un plan de promoción de Galicia, en colaboración coas Comunidades Galegas no exterior. Dito plan articulará as medidas de colaboración da Xunta coas comunidades galegas, cara ás sociedades nas que estean encravadas, para a promoción dos produtos agroalimentarios, do mar, da acuicul-tura, da artesanía, así como de Galicia en xeral como destino turístico, nomeadamente na divul-gación do Camiño de Santiago”.

Así, a iniciativa da Secretaría Xeral de Emigra-ción, en colaboración coa Consellería do Medio Rural e do Mar, a Axencia Turismo de Galicia, e a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, dependente da Consellería de Eco-nomía e Industria, púxose en marcha este pro-xecto, aproveitando as diferentes actividades que os centros galegos realizan por diferentes motivos ao longo do ano. Deste xeito, os ga-legos da diáspora actúan como embaixadores da promoción da calidade de Galicia e os seus produtos.

En Cataluña, ese traballo en favor da imaxe exte-rior de Galicia, e de fomento das relacións sociais, culturais e empresariais entre as comunidades galegas e a sociedade na que se asentan, realíza-se arreo e durante todo o ano, pero tivo unha ex-presión senlleira na presenza de ‘Galicia, Pórtico Universal’ no Moll de la Fusta na última fin de semana de maio.

En Barcelona, Directivos das entidades que participaron na Exposición

LÚA

NO

VA

49

Page 50: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

50

Un proxecto que foi medrandoA área inclúe unha exposición de artesanía gale-ga, mostras de produtos alimentarios galegos non perecedoiros con denominación de orixe ou mar-ca de calidade, demostracións en vivo de activi-dades artesás galegas, área de información de Tu-rismo de Galicia, e unha aula profesional de cata.

Asemade, no seu percorrido foi incluíndo novi-dades, como diversas expresións culturais adap-tadas a cada cidade visitada, e tamén a venda de produtos de cadanseu consello regulador dos produtos agroalimentarios amparados por de-nominación de orixe ou indicativo xeográfico protexido que participan na iniciativa. Esta novi-dade iniciouse precisamente en Barcelona, onde os produtos propios de Cataluña e Galicia convi-viron e maridaron para potenciar os sabores das respectivas gastronomías.

Segundo os datos expostos por Miranda, a área expositiva sobre a actualidade e calidade galegas ten concitado a atención de en torno a 60.000 vi-sitantes, nas súas estancias en Barcelona, Ham-burgo, Vitoria, Córdoba e Bos Aires, primeira vez que daba o salto ao outro lado do Atlántico.

Impacto moi positivoO secretario xeral da Emigración tamén salientou que se acadou a cifra de 1.313 participantes nas accións especializadas de promoción do produto galego (empresas importadoras, comercializado-ras, restauradores, sumilleres, etc...), máis de 150 aparicións en prensa escrita, radios e televisións xerais –tanto locais como autonómicos, nacionais e mesmo estranxeiros-, e se contabilizaron máis de 1.700.000 impactos en redes sociais. No caso de Barcelona, cómpre salientar asemade a relevante presenza de bloggers especializados en cociña, dietética e gastronomía, que deron pulo nas redes á iniciativa, favorecendo o seu espallamento por todo o mundo.

Canto aos retornos acadados por esta acción, e aínda que matizou que “é aínda moi cedo para coñecer o seu alcance definitivo”, Miranda ex-

puxo unha afluencia de público local moi im-portante –especialmente no caso de Barcelona, Vitoria e Bos Aires-, e o máis relevante no plano económico, diversos encontros de negocio entre empresas galegas que presentaban produtos na área expositiva con empresas importadoras e co-mercializadoras das localidades, Comunidades Autónomas e países destino desta acción.

O Secretario Xeral tamén destacou neste capí-tulo o importante éxito das catas de productos galegos para profesionais acadado en tódalas cidades visitadas, a ampla aceptación destes productos entre o público xeral e especializado, a estreita colaboración coas administracións de tódalas cidades receptoras, e sobre todo a defini-tiva implicación das comunidades galegas cola-boradoras no éxito da iniciativa.

Miranda tamén salientou que “sería imposible ter ubicado a área no Moll de la Fusta do Port de Bar-celona sen o apoio claro e decidido das comuni-dades galegas en Cataluña, que fixeron decidida-mente seu o éxito do proxecto”. O secretario xeral gaba asemade que “esta actividade é percibida polas nosas comunidades como un paso funda-mental para recoñecer o papel da galeguidade na proxección exterior de Galicia. Está a favorecer a tan necesaria coordinación e unidade de acción das nosas colectividades no exterior. A galegui-dade saíu reforzada desta primeira experiencia, en Cataluña e no resto dos lugares”.

Potenciais turistasOutro aspecto salientable do balance que reali-zou o Secretario Xeral da Emigración é o retor-no previsto no tocante á promoción turística de Galicia. A promoción de Galicia como destino turístico a través do stand institucional Galicia Pórtico Universal é altamente satisfactoria, xa que se prevé un elevado retorno en termos de potenciais visitantes a Galicia.

O perfil da persoa interesada é de un turista cun nivel cultural elevado, alto poder adquisitivo e cunha media de idade entre os 30 a 50 anos. Prin-cipalmente casados e con familia, que buscan en Galicia un lugar para unhas vacacións de calidade a un prezo razoable. “Neste apartado, a natureza, o Camiño de Santiago e a gastronomía seguen a ser os grandes motores na atracción que exerce Galicia sobre os seus potenciais visitantes”, se-gundo lembrou Miranda na cámara galega.

Para o Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o funcionamento de ‘Gali-cia, Pórtico Universal’ demostra “a capacidade e eficiencia na unión de esforzos entre distintos departamentos administrativos, optimizando os recursos, así como a posibilidade mesmo de tender pontes de colaboración con outras admi-nistracións. Pero, ante todo, pon de relevo a pro-

Page 51: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

51

funda vontade de colaboración das comunidades galegas co progreso e desenvolvemento de Gali-cia, e a capacidade asombrosa das mesmas para facer atractiva a súa terra ante os ollos dos seus respectivos veciños”.

Asemade, proba a capacidade de Galicia, e sobre todo das comunidades galegas asentadas fóra do territorio, de integrar esforzos e captar a co-laboración das institucións das zonas onde radi-can, como quedou claro no caso de Cataluña. Por parte da Generalitat, a inauguración de ‘Galicia, Pórtico Universal’ no Moll de la Fusta contou coa participación do delegado do Govern catalán en Barcelona, Fernando Brea; o director dos Servi-zos Territoriais do Departamento de Agricultura, Gandería, Pesca, Alimentación e Medio Natural, Marià Morera; a directora de Relacións Cidadás e Institucionais do Concello de Barcelona; o di-rector de Mercadotecnia da Axencia Catalá de Tu-rismo, Jordi Secall; e o responsable de Relacións coas Casas Rexionais do Departamento de Gober-nación e Relacións Institucionais, Xavier Cortés; entre outras personalidades locais.

OS GALEGOS RESIDENTES FóRA DA GA-LICIA TERRITORIAL BENEFICIARANSE DO INCREMENTO EN PROGRAMAS SOCIAIS

As actuacións derivadas da Lei de Galegui-dade increméntanse nun 6’78%

Blíndanse as axudas individuais e tamén a colaboración con entidades que prestan ser-vizos aos cidadáns na diáspora: Emigraci-ón dispón de máis de dous millóns de euros para colaboración directa coas Comunida-des Galegas

Continuarase desenvolvendo o Plan Inte-gral de Emigración 2014-2016

O orzamento xeral da Secretaría para 2015 ascende a 7.783.171 euros

A Secretaría Xeral da Emigración continúa, un ano máis, intensificando o seu esforzo orzamen-tario cara a todas aquelas políticas destinadas á atención da cidadanía galega residente fóra do territorio autonómico. Así, a colaboración coas comunidades galegas asentadas fóra da Galicia

territorial consolídase cunha achega de 2.000.000 de euros, cos que o Goberno galego axuda e dá pulo á importante actividade dos centros e casas espalladas polo resto de España e do mundo.

Asemade, as actuacións derivadas da Lei de Gale-guidade, que engloban a maioría dos programas de acción social, proxección exterior e apoio á mul-ler e xuventude, da Secretaría Xeral, aumentan o seu orzamento para o ano 2015. Así, dos 1.700.380 euros destinados o ano pasado a este apartado, auméntase ata os 1.815.653, “sendo o incremento máis notable que se rexistra nas nosas contas, e que dá fe do esforzo nesta materia que está a realizar o Goberno galego, mesmo en tempos de dificultades económicas”, segundo destaca o secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda.

Trátase duns investimentos de marcado carácter social, dirixidos a manter e desenvolver os pro-gramas socioculturais e de carácter formativo destinados aos emigrantes galegos e os seus des-cendentes fóra da Galicia territorial, así como ás súas comunidades. Entre estes programas, cabe salientar os de fomento do retorno, Escolas Aber-tas, ou os distintos cursos e seminarios organiza-dos por centros e casas de Galicia, e que contan con axuda económica por parte de Emigración.

Plan Integral de Emigración

O orzamento de 2015 continúa garantindo un axeitado desenvolvemento do Plan Integral de Emigración 2014-2016, que potenciará as actua-cións por parte das comunidades galegas non só na súa coñecida vertente de promoción cultural e social, senón tamén como colaboradoras das relacións exteriores económicas de Galicia. Con-tribuirase así á proxección económica de Galicia no Exterior incentivando a participación das Co-munidades Galegas, e dos axentes económicos galegos no Exterior, nesta tarefa común.

Dentro desta proxección exterior de Galicia e a presentación das súas potencialidades e rique-zas a través do proxecto ‘Galicia Pórtico Univer-sal’, seguirá estando presente nestes presupostos como actividade transversal coordinada con di-versos departamentos da Xunta de Galicia e cuns resultados positivos no que se refire á experiencia do último ano, con máis de 60.000 visitantes en tres países de dous continentes distintos.

Ao abeiro do Plan, desenvolveranse accións no tocante á protección do patrimonio das entidades galegas, e de incentivo da participación máis ac-tiva da muller e da xuventude na vida social da diáspora galega, e tamén no seo das Comunidades galegas.

Os programas de contido formativo, difusión da nosa cultura e da nosa lingua, contémplanse nes-

Page 52: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

52

ta liña, así como os socio-asistenciais que atenden a maiores (Reencontros na Casa, Reencontros na Terra), xuventude (Conecta con Galicia) ou mul-ler (celebración de actividades específicas). Deste xeito, consolídase a premisa de antepoñer as per-soas fronte calquera outra consideración.

Axuste interno

Co obxectivo de continuar centrando a atención en todas as políticas dirixidas a accións de carác-ter social e formativo, a Secretaría Xeral dá Emi-gración axustou, un ano máis, os seus gastos de funcionamento para favorecer o desenvolvemen-to das actuacións derivadas da aplicación da Lei de Galeguidade, e a execución do Plan Integral de Emigración, reducindo aquelas partidas que non afectan directamente ao cidadán.

Os maiores son beneficiarios do 50% dos orza-mentos efectivos (presuposto total agás persoal) totais dos que disporá Emigración para 2015, tan-to a través das preto de 8.000 axudas económi-cas individuais que reciben nos diferentes países onde residen, como dos programas específicos para o seu achegamento a Galicia, ou a colabo-ración a través das entidades que prestan axuda socioasistencial dirixida aos máis desfavorecidos.

Todo iso suma unha partida de en torno aos 3 mil-lóns de euros, con beneficio directo para unhas 10.000 familias, ou uns 30.000 individuos.

Miranda tamén salienta o feito do mantemento da mesma cantidade que o ano pasado (máis de dous millóns de euros) para axudas individuais, tanto asistenciais como de emerxencia. “Unha proba máis do compromiso do Goberno galego, e nomeadamente deste departamento, con aqueles en situación máis precaria. Temos dito que o or-zamento da atención aos colectivos en situación máis precaria era intocable, e estamos cumprin-do”, afirma o secretario xeral da Emigración.

Como dato significativo, no exercicio 2014 re-sultaron beneficiarias directas das axudas eco-nómicas individuais 7.732 persoas (ás que ha-bería que engadir as perceptoras de axudas de emerxencia social, para achegarnos a cifra dos case 8.000 individuos beneficiarios directos), polo que o cálculo sobre ratio medio de indivi-duos por familia permite falar de 24.000 galegas e galegos do Exterior beneficiados por esta liña de actuación da Secretaría Xeral da Emigración. Cómpre salientar asemade que a media de idade do ou da titular da axuda é 77 anos, o que reflicte en grande medida as necesidades socioasisten-ciais deste colectivo.

OS ESTUDOS GALEGOS NA UNIVERSITAT DE BARCELONAA Universidade de Barcelona ofrece estudos de lingua e literatura galega dende 1969 e ao longo destas décadas a oferta experimentou moitos cambios. Este curso produciranse tamén modificacións importantes na oferta de estudos galegos, por iso vos explicaremos onde e como podedes facer materias de galego como complemento de diversos graos ou masters.

Para comezar, no primeiro curso de calquera grao de Filoloxía pódese escoller “Introducció a la llenguagallega” dentro da materia de “Idioma modern”. Unha materia que resultará moi próxima e motivadora para quen parte dun coñecemento do país e da lingua por orixe familiar.

Pero sobre todo os estudos galegos desenvólvense no novo grao de LLENGUES ROMÀNIQUES I LES SEVES LITERATURES, de nova implantación este curso 2015-16, que ofrece un plan de estudos baseado na combinación do estudo de dúas linguas románicas e permite cursar diferentes materias de lingua e literatura galega. Deste xeito mantense a proxección profesional con combinacións como Hispánicas, Catalán, Latín ou Francés con Galego-portugués, de xeito que este título permitirá acceder a postos de traballo destas especialidades igual ca as titulacións específicas.

Ademais, aínda escollendo outros graos, como ESTUDIS LITERARIS ou FILOLOGIA CATALANA hai a posibilidade de achegarse aos estudos galegos a través dalgunha materia optativa. O mesmo sucede nos programas de dousmasters da Facultade de Filoloxía, que son os titulados “Construcció i Representació de IdentitatsCulturals” e “Estudisliteraris i literatura comparada”.

Toda a información encóntrase dentro da pàxina web de Estudos Galegos e Portugueses da Universitat de Barcelona: http://www.ub.edu/filgalport/Aquí encontraredes tamén outra moita información sobre posibilidades de achegamento á nosa cultura, actividades puntuais, cursos e seminarios, enlaces d’interese e moitas cousas mais. O mesmo ca no Facebook da Sección: “Estudisgallecs i portuguesos - UB”Se pensades na posibilidade de achegarvos aos estudos galegos na UB e tedes algunha dúbida, sempre podedes preguntar directamente dirixíndovos á coordinadora da Sección de Estudos Galegos e Portugueses, Mª Xesús Lama: [email protected]

E aínda todos aqueles que estudan outras especialidades ou traballan en Cataluña, pero precisan formación en lingua galega para poder trasladarse un dia a Galicia, teñen a posibilidade de prepararse para os exames de CELGa en Barcelona a través dos cursos que agora se ofrecen na EOI de Drassanes: https://www.eoibd.cat/cursos/cursos-no-oficials/gallec/.

Page 53: LUANOVA 55

53

Les entitats associatives realitzen una tasca im-portantíssima en totes les poblacions. El treball que, dia rere dia, en fan enriqueixen la vida so-cial, cultural, esportiva, etc, de la ciutat, essent un referent de cohesió i integració.

Per aquest motiu han de realitzar projectes con-crets que responguin a les necessitats visibles de persones, grups concrets de població amb objectius realistes i amb unes finances adequa-des.

Actualment, degut a la crisi econòmica, les as-sociacions han patit les retallades en les sub-vencions i s’han tingut que adaptar a la nova situació cercant noves fonts d’ingressos per duu a terme els projectes, les activitats i mante-niment de les pròpies organitzacions.

Molt important és comptar amb socis i sòcies que amb les seves contribucions econòmiques permetin finançar les activitats. També cal des-tacar la funció dels col·laboradors/es que amb la seva dedicació fan possible realitzar-les.

Si les associacions són capaces d’establir re-lacions entre elles, compartint recursos i pro-jectes, facilitaran el camí per assolir el sosteni-

ment de les organitzacions i les seves activi-tats, transformant la relació govern – societat. Per aquest motiu és necessari que hi hagin unes normatives de funcionament participa-tiu i de convivència comunes, per ambdues parts, per tal que hi hagi un grau d’implicació que beneficií a la ciutadania, tenint en compte les diferents opinions per arribar a un consens constructiu.

Les entitats socials i associacions són de dife-rents tipus: culturals, esportives, educatives, veïnals, gent gran, joventut, comercials, etc. To-tes elles haurien de tenir, com objectiu, donar continuïtat a les seves accions per aconseguir un permanent desenvolupament comunitari.

El valor de les associacions és que són properes a la ciutadania, creant un ambient de comuni-tat de pertinença a una societat compromesa i diversa.

Bartolomé Jiménez Cazorla

El Món Associatiu

Trobada d’Entitats, Cornellà

Page 54: LUANOVA 55

LÚA

NO

VA

54

María SoliñaPor: Encarna Otero Cepeda

Cangas 1601 - Cangas 1680

Desta muller, que aparece reflectida na literatura poética e tamén musicada en numerosas ocasións, temos poucos da-tos persoais para reconstruír a súa vida. A fonte máis fidedigna é o “Memorial al Rei” (enviado en 1617 por Jerónimo Núñez, procurador de Cangas).

Tanto nos arquivos notariais como no arquivo da Inquisición non se atopan documentos que permitan ter datos con respecto ao xuízo inquisitorial que a con-denou nin das súas riquezas e propieda-des, que se estenderían polas freguesías de Aldán e Moaña. Os datos históricos sinalan que entre os anos 1599 e 1639 os corsarios, que reciben este nome por teren licencia real, e os piratas, que nor-malmente traballan pola súa conta pero que poden repartir beneficios coa coroa, tanto de orixe holandesa coma francesa, atacan, asaltan, rouban as costas de Vigo e a península do Morrazo. No ano 1617

Un tribunal Inquisitorial condenouna e converteuse no símbolo do sufrimento do pobo

Vigo foi atacada por naves turcas berberiscas; a península do Morrazo sufrirá tamén estes ata-ques. As mulleres, igual que ocorrera na Coruña con María Pita, defenden as costas dos ataques piratas e moitas veces son violadas e torturadas, ademais de roubadas, nestes ataques. Poste-riormente a estes feitos varias das mulleres que organizaron a resistencia nas costas do Morra-zo foron acusadas de bruxería ante o Tribunal da Inquisición. Unha delas sería María Soliño, apelido seguramente moito máis real que Soliña, derivación daquel. A Inquisición confiscaba, previamente aos xuízos, os bens das persoas procesadas e partía sempre da base da culpabili-dade, tendo que ser a acusada a que demostrase a súa inocencia. Ademais, a denuncia ante a Inquisición podía ser anónima. María Soliña, xunto con outras compañeiras, foi encarcerada, torturada; os seus bens foron confiscados polo Santo Oficio e ela condenada por bruxería. Malia que é certo que non foi queimada viva, como moitas outras mulleres desa época, a loucura, a fame e a miseria foron as que remataron coa súa vida; pasou a converterse no símbolo do sufrimento do pobo, e moi especialmente das mulleres, perante o poder e o despotismo. Culturagalega.org

Ilustración de María Soliña: Uqui Permui

Page 55: LUANOVA 55

27 anos

****Existe unha estación baleira no meu subconsciente

pendurada das miñas meniñasA imaxe dun tren pérdese no horizonte

iso é algo recorrenteque teima en fixarse coma unha calcomanía

Viro os ollos cara as vías do antontee a tépeda néboa

bate neste meu corazón de invernoque posúe a cor gris da melancolía

Escacha como unha folerpa e esvara inevitabelmente

cara os raís de ferrodesaparece

****Venme á cabeza

que a vida tamén desapareceMais, ás veces

faino á velocidade dun lóstregoEste pensamento déixame xélida

petrificadaante a certeza de ser, apenas nada

****Son unha figurante invisíbel

ao meu carónunha vella maleta fálame

da tremenda soidade que se sentenos compartimentos pola noite

e eu, voume Paso polas estacións da vida

cunha precisión exacta, minuciosa

****Os fotogramas sucédense

e medran argumentos que cría afastados esquecidos

Áchome no reverso varada fronte aos meus naufraxios

abatida Pero, acaso chovía

ou era unha bágoa impertinenteque abría o ceo do verso triste?

****Só sei con seguridade

que en ocasións a realidade semella ser un vagón pantasmaque percorre senlleiro os accesos do tempo

**** Esta mañá espertei coa mirada introspectiva

e nas miñas mans conservo agochado o billete da incerteza

**** Pegadas incrustadas nas plataformas

falan de múltiples existencias Elas, vagan entre chuvias

que decorren as tristes meixelasdos adeuses

****Ás miñas costas

o son monocorde dos altofalantes espértame dun flash back persistente

case persecutorio e inicio un tránsito orientador

polas agullas do sinxelo reloxochantado na parede de pedra

e descubroque quizais sexa a hora de partir

****As horas, probabelmente

son unha invención necesariaOu non?

****

Camiño coma unha autómata Achégome ao convoi que agarda quedo

Intérnome nel e non esquezo botar man

dos laios que me percorrensempre que me ausento

****Tras o vidro da xanela

ollo o frenético deambular de descoñecidos viaxeiros

Contemplo o proceso inevitábelda despedida

a inequívoca temporalidade das palabrase dóeme

a xeada que paraliza os meus pés nesta efémera estadía

****

Non sei porquemais existe unha estraña tristeza

que mira de esguelloe confirma na pel

todas as feridas das ausenciasque habitan trémulas na humedén do iris

Porque as pegadas incrústanse nas plataformas

falan de múltiples existencias Elas, vagan entre chuvias

que decorren as tristes meixelas dos adeuses

****

Certame de poesía en lingua galega “Rosalía de Castro”

26 edición 20121º premio

Autora: Cruz Martínez Vilas

CONTEMPLO O PROCESO INEVITÁBEL DA DESPEDIDA

Page 56: LUANOVA 55

LÚA NOVALÚA NOVAMaio 2015 Nº 55Maio 2015 Nº 55

Revista Galega de CulturaA.C.G. Rosalía de Castro

Cornellà (Barcelona)Xuntanza de Catalunya

Departament de Governaciói Relacions Institucionals

Coa colaboración:

ASOCIACIÓN CULTURAL GALEGA ROSALÍA DE CASTROFederico Soler, 71 • Cornellá (Barcelona) • Tel: 933751103 Mail: [email protected] Facebook.com/acgrdecastro

Secretaria Xeral de emigración

[email protected]@gmail.com