Guía para pais/nais Audición Linguaxe

3
GUÍA PARA PAIS/NAIS PARA A PREVENCIÓN DE PROBLEMAS LINGÜÍSTICOS Especialista en Audición e Linguaxe: Tamara Freire

description

Guía para pais/nais Audición Linguaxe

Transcript of Guía para pais/nais Audición Linguaxe

Page 1: Guía para pais/nais Audición Linguaxe

GUÍA PARA PAIS/NAIS PARA A

PREVENCIÓN DE PROBLEMAS

LINGÜÍSTICOS

Especialista en Audición e Linguaxe:

Tamara Freire

Page 2: Guía para pais/nais Audición Linguaxe

É frecuente que os adultos nos preocupemos excesivamente polos problemas lingüísticos dos mais pequenos da casa que, na maioría dos casos non son tales, si non que se trata de etapas comunicativas normais que deben seguir un ciclo de desenvolvemento. Debemos de respectar o ritmo de cada un de eles pois, do mesmo modo que todos os nenos teñen diferenzas en canto a rapidez, forza... a unha determinada idade, igual sucede coa linguaxe.

A veces estas pequenas alteracións son culpa de nós os adultos, ben porque na casa usamos unha linguaxe moi infantilizada e falámoslles coma se fosen bebés ou ben porque mantemos patróns de conduta cara eles que limitan a súa autonomía: darlles o biberón ata os 3 anos, darlles pan de molde porque lles custa mastigar... recordar que a lingua, os labios... son músculos que temos que exercitar, se están débiles non teñen a suficiente tensión para que o neno articule aqueles fonemas que esixen un maior control da lingua, labios e respiración. So cando as dificultades persisten mais aló dos 6 anos, é cando deberemos consultar a un especialista.

Para que poidan axudar aos seus fillos, preparei unha sinxela guía que lles facilitará a estimulación da linguaxe. Sobre todo, moito ánimo! espero que lles sexa de utilidade:

MOI IMPORTANTE:

• A partir dos 18 meses debe de tomar alimentos sólidos para desenvolver a musculatura da boca e polo tanto para mellorar a articulación.

• Os nenos de esta idade xa non deben usar chupete, pois inflúe na deformación da cavidade oral e da posición dentaria.

• É importante ensinarlle a soarse correctamente A respiración debe ser nasal.

• Evitar responder por el, anticipándose a súa resposta.• Evitar abrumalo con preguntas.• Evitar obrigarlle que complete e repita as frases

• Contarlles contos. Pedirlles que identifiquen os personaxes e que expliquen o que fan.

• Aproveitar calquer momento cotidiano (facer a comida, ir o colexio, o supermercado, ir de paseo...) para entablar conversación.

• Evitar repetir ao neno as palabras tal e como el as pronuncia. En principio, cando pronuncie unha palabra incorrecta nós limitarémonos a

Page 3: Guía para pais/nais Audición Linguaxe

repetírllela de forma correcta e sen bromas ou enfados. Non podemos forzalo a que a diga ben.

• Ter moita paciencia no momento que esté a falar e non lle saia o que quere dicir; non acabarlle as frases, senón impulsado a que as remate por si mesmo.

• Xogar as onomatopeas, imitando animais e accións con sons similares, por exemplo:

1. (Z-C) imitar o zumbido dunha mosca “zzzzz”2. (CH) facer que esbirramos “aCHHHHHHiss”3. (J) o leon fai “JJJUUUUAAAAUUU”4. (F) imitar o bufido do gato “FFFFFFFFuuuuuu”5. (R) imitar o son dunha moto “RRRRRRuuumm”

• Deixar que fale só cando está a xogar.

Sen outro cometido, despídome de vostedes, esperando que estas indicacións lles sexan útiles e agradecendo de maneira anticipada a súa colaboración.